Carta Marela

1
Unha paisaxe de paz, de inverno ou de outono, ou de calquera estación, un mar de paisaxe, de puntillismo, deportiva, paisaxes prehistóricas, xogos da paisaxe, paisaxes que falan, que contan, que soan, que fan pensar ou quizais soñar, paisaxes de aquí e acolá, andainas polas paisaxes, paisaxes para correr, para debuxar, para completar, para crear, para aprender, tamén para saborear, paisaxes para ler e escribir, paisaxes para investigar, para fotografar, paisaxes para unha e mil cousas máis, paisaxes para….CAMBIAR!!! Si, si, rapaces para cambiar! Despois do Entroido comezamos a cambiar a paisaxe do cole. Tal e como suxeriron moitos compañeiros e compañeiras imos transformar dous recantos do noso cole: o que está a carón do invernadoiro e o que vedes cando pasades ao ladiño da antiga casa do conserxe. Para isto, contamos coa axuda do papá dun alumno do cole que tamén nos axudará a realizar algún obradoiro para ir coñecendo mellor as plantas que nos rodean, as súas características e coidados. Estades xa preparadas e preparados? En breve, poñémonos mans á obra!!!

Transcript of Carta Marela

Page 1: Carta Marela

Unha paisaxe de paz, de inverno ou de outono, ou de calquera estación, un mar de paisaxe, de puntillismo, deportiva, paisaxes

prehistóricas, xogos da paisaxe, paisaxes que falan, que contan, que soan, que fan pensar ou quizais soñar, paisaxes de aquí e

acolá, andainas polas paisaxes, paisaxes para correr, para debuxar, para completar, para crear, para aprender, tamén para

saborear, paisaxes para ler e escribir, paisaxes para investigar, para fotografar, paisaxes para unha e mil cousas máis, paisaxes

para….CAMBIAR!!!

Si, si, rapaces para cambiar! Despois do Entroido comezamos a cambiar a paisaxe do cole. Tal e como suxeriron moitos

compañeiros e compañeiras imos transformar dous recantos do noso cole: o que está a carón do invernadoiro e o que vedes

cando pasades ao ladiño da antiga casa do conserxe. Para isto, contamos coa axuda do papá dun alumno do cole que tamén nos

axudará a realizar algún obradoiro para ir coñecendo mellor as plantas que nos rodean, as súas características e coidados.

Estades xa preparadas e preparados? En breve, poñémonos mans á obra!!!

Ata entón, envíovos un saúdo…eu xa estou pensando no meu disfrace de Entroido, e vos?