Carracedo Fala_Publicación 1

8
Carracedo non sería o que é sen o Camiño de Santiago. Dende sem- pre, os veciños da pa- rroquia viron pasar mi- les de peregrinos en dirección a Composte- la. Nos últimos anos incrementouse o nú- mero de camiñantes que nos visitan de ca- miño á capital, unha das razóns son as moi- tas melloras que se in- cluíron no traxecto, que tamén axudaron a repuntar a economía da aldea. Os carrace- denses abrímonos máis ao mundo, a escola in- fantil da zona puxo en marcha un proxecto para achegar aos máis pequenos esta parte da nosa cultura. Inclu- so actuamos de guías, axudando aos peregri- nos extraviados. Ao pasar pola Carballeira, os peregrinos contem- plan a nosa igrexa con admiración, senten un gran respecto pola tra- dición gravada nos seus muros durante tantos séculos. Non dubidan en facerse fo- tos diante da fachada do edificio, así coma no cruceiro de pedra. Dende as sombras e baixo a maleza, a que fora noutra época a “casa do cura” obser- va os peregrinos pasar e fotografiala, como recordo da súa estan- cia no noso fogar. ALGO MÁIS CA UN CAMIÑO UNHA FEIRA DE RECORDOS O 17 de agosto, entra- mos nunha máquina do tempo. O Concello de Caldas, por mor das festas da vila, rea- lizou unha feira tradi- cional. Carracedo non puido faltar. Alí puide- mos ver obxectos co- tiáns, eses de cando os nosos avós eran aínda uns mozos. Ara- dos, candís, sabas de liño, volveron durante un día á vida de todos nós. Ademais, tamén puidemos degustar, a un módico prezo, fillo- as, chulas e rabana- das. Dentro dun am- biente cómodo e fami- liar, todos puidemos gozar dunha feira de recordos. ASOCIACIÓN PARROQUIAL DE CARRACEDO PUBLICACIÓN Nº I PREZO: GRATIS SETEMBRO, OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO DE 2014 E TI QUE PENSAS? Entrevista a Carmen, a nosa presidenta. Entrevista a Quinín, mestre de varias xera- cións de carracedenses. ASOCIACIÓN Estado económico da Asociación e relación entre ingresos e gastos. Medidas e plans levados a cabo pola Asociación. PARROQUIA Reforma dos cemiterios parroquiais. Nova directiva da Comu- nidade de Montes. A primeira biblioteca de Carracedo CARRACEDO FALA

description

 

Transcript of Carracedo Fala_Publicación 1

Page 1: Carracedo Fala_Publicación 1

Carracedo non sería o

que é sen o Camiño de

Santiago. Dende sem-

pre, os veciños da pa-

rroquia viron pasar mi-

les de peregrinos en

dirección a Composte-

la. Nos últimos anos

incrementouse o nú-

mero de camiñantes

que nos visitan de ca-

miño á capital, unha

das razóns son as moi-

tas melloras que se in-

cluíron no traxecto,

que tamén axudaron a

repuntar a economía

da aldea. Os carrace-

denses abrímonos máis

ao mundo, a escola in-

fantil da zona puxo en

marcha un proxecto

para achegar aos máis

pequenos esta parte

da nosa cultura. Inclu-

so actuamos de guías,

axudando aos peregri-

nos extraviados. Ao

pasar pola Carballeira,

os peregrinos contem-

plan a nosa igrexa con

admiración, senten un

gran respecto pola tra-

dición gravada nos

seus muros durante

tantos séculos. Non

dubidan en facerse fo-

tos diante da fachada

do edificio, así coma no

cruceiro de pedra.

Dende as sombras e

baixo a maleza, a que

fora noutra época a

“casa do cura” obser-

va os peregrinos pasar

e fotografiala, como

recordo da súa estan-

cia no noso fogar.

ALGO MÁIS CA UN CAMIÑO

UNHA FEIRA DE RECORDOS O 17 de agosto, entra-

mos nunha máquina

do tempo. O Concello

de Caldas, por mor

das festas da vila, rea-

lizou unha feira tradi-

cional. Carracedo non

puido faltar. Alí puide-

mos ver obxectos co-

tiáns, eses de cando

os nosos avós eran

aínda uns mozos. Ara-

dos, candís, sabas de

liño, volveron durante

un día á vida de todos

nós. Ademais, tamén

puidemos degustar, a

un módico prezo, fillo-

as, chulas e rabana-

das. Dentro dun am-

biente cómodo e fami-

liar, todos puidemos

gozar dunha feira de

recordos.

A S O C I A C I Ó N P A R R O Q U I A L D E C A R R A C E D O

PUBLICACIÓN Nº I

PREZO: GRATIS

SETEMBRO, OUTUBRO, NOVEMBRO

E DECEMBRO DE 2014

E TI QUE PENSAS?

Entrevista a Carmen, a

nosa presidenta.

Entrevista a Quinín,

mestre de varias xera-

cións de carracedenses.

ASOCIACIÓN

Estado económico da

Asociación e relación

entre ingresos e gastos.

Medidas e plans levados

a cabo pola Asociación.

PARROQUIA

Reforma dos cemiterios

parroquiais.

Nova directiva da Comu-

nidade de Montes.

A primeira biblioteca de

Carracedo

CARRACEDO FALA

Page 2: Carracedo Fala_Publicación 1

E TI QUE PENSAS? ENTREVISTA A CARMEN

PÁXINA 2 | CARRACEDO FALA

“Temos tradición labrega, non renunciamos ás nosas raíces”

Tamén me considero unha de-

fensora das mulleres, e esas

diferenzas que eu vía, entre

homes e mulleres, sempre pen-

sei que tiñan que cambiar. Den-

de rapaza vía que o home mar-

chaba para a taberna e a muller

quedaba na casa cos fillos. Ás

mulleres prohibíanselle facer

cousas, ou xa nas facían polo

“que dirán”. Despois de cator-

ce anos vexo a moitas mulleres,

ir a ximnasia, ir a baile… Aínda

recordo cando empezamos co

deporte e decíannos "non ten-

des que facer, si forades sa-

char".

Quero darlle as grazas a todos

os veciños por colaborar, por

confiar en nós, e invitalos a

que compartan con nós ideas e

incluso críticas.

Como naceu a asociación?

Naceu no 2006 pola necesidade

que tiñan os veciños de

arranxar o cemiterio e facer

panteóns novos. Despois

tamén se centrou no desenvol-

vemento social, cultural e

económico da parroquia.

Implícanse os veciños na aso-

ciación? O feito de que en Ca-

rracedo haxa sobre 250 casas e

sexamos máis de 200 socios é

moi positivo. Os veciños que-

ren que haxa cousas, e que al-

guén tire para adiante pola Pa-

rroquia.

A asociación estivo presente

na Feira Tradicional de Caldas,

que tal a experiencia? Creo

que tanto nós como a Asocia-

ción das Mulleres Rurais deixa-

mos a Carracedo en bo lugar.

Somos unha parroquia de tradi-

ción labrega, non renunciamos

ás nosas raíces. Chamou moito

a atención o carro da entrada,

por exemplo. Tamén houbo

unha exposición de antigüida-

des. Eu non sabía que as pezas

que levamos se podían catalo-

gar polo Museo do Pobo Gale-

go. Eso si me sorprendeu por-

que son cousas que a xente ten

tiradas no faiado ou no corral e

poden ter valor. Espero que

para o ano os veciños partici-

pen máis activamente e poida-

mos ampliar a exposición.

Que cousas lle faltan a Carra-

cedo? Unha boa rede de sanea-

mento nos lugares que falta

sería o principal. Despois, un bo

centro social para facer activi-

dades para xente maior e para

os nenos, unha pista deportiva,

sitios públicos de lecer,

arranxar camiños…

E a idea da biblioteca? O da

biblioteca foi unha iniciativa da

nosa secretaria, que todos

aplaudimos e esperamos que

sexa un éxito; queremos que os

sábados pola tarde sexa un mo-

mento de reunión de veciños e

que non só se vaia ler senón

tamén a xuntarse e a falar.

Ti que es de Carracedo de toda

a vida, ves cambios na xente?

Si, hai cambios. A xente nova

vén con outra mentalidade. A

xente maior cambia moito po-

los netos, facendo cousas que

nunca imaxinarían facer cando

eran novos.

Ademais de formar parte desta

asociación foches unha das

fundadoras das Mulleres Ru-

rais, que che impulsou a face-

lo? Dende a asociación das mu-

lleres sempre falamos de facer

cousas polos nenos.

Page 3: Carracedo Fala_Publicación 1

ASOCIACIÓN

CARRACEDO FALA | PÁXINA 3

AS CONTAS DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS

RELACIÓN DETALLADA DE GASTOS DO ANO 2011

CONCEPTO CUSTO CONCEPTO CUSTO

ADOLFO PIÑEIRO 53,10€ MANTEMENTO DA CONTA 30,00€

ALIPROX PONTECESURES 3,79€

TOTAL: 86,89€

RELACIÓN DETALLADA DE GASTOS DO ANO 2012

CONCEPTO CUSTO CONCEPTO CUSTO

COMISIÓN ADMINISTRACIÓN 1,20€ IMPOSTO-990022363376 30,24€

COMISIÓN MANTEMENTO 30,00€ PAGO DAS CLASES DE APOIO GRATUÍTO 805,00€

REINTEGROS EFECTIVO (INGRESADO

POLO CONCELLO POSTERIORMENTE) 300,00€

TOTAL: 1166,44€

TOTAL DE GASTOS: 1580,81€

RELACIÓN DETALLADA DE GASTOS DO ANO 2010

CONCEPTO CUSTO CONCEPTO CUSTO

APARCAMENTO CAMPOLONGO 1,80€ INSCRICIÓN DA ASOCIACIÓN 35,38€

COLECT DIGITAL COPIAS 1,30€ LIBRERÍA FILGUEIRA, LIBRO 42,15€

COMERCIAL JAGREY 17,00€ MANTEMENTO DA CONTA 1,67€

COMISIÓN GASTOS CONTA 30,00€ PAGO km A PONTEVEDRA (3 VIAXES) 35,70€

CORREOS 2,15€ RECIBO A I.S.L 5,25€

GRÁFICAS ADOLFO PIÑEIRO 60,90€ TAXAS DE LICENZA DE FOMENTO 29,64€

GRÁFICAS INFORMÁTICAS 2,00€

TOTAL: 264,94€

RELACIÓN DETALLADA DE GASTOS DO ANO 2013

CONCEPTO CUSTO CONCEPTO CUSTO

ADOLFO PIÑEIRO 3,60€ LIBRERÍA FILGUEIRA, FOTOCOPIAS 6,90€

COMISIÓN ADMINISTRACIÓN 10,80€ NOTARÍA COMPULSAR 3,60€

COMISIÓN MANTEMENTO 30,00€ RECOLLIDA CORREO, DEP. PONTEVEDRA 4,02€

CORREOS 3,62€

TOTAL: 62,54€

RELACIÓN DETALLADA DE INGRESOS

CONCEPTO CANT. CONCEPTO CANT.

NÚMERO DE SOCIOS 2010: 207 1035,00€ NÚMERO DE SOCIOS 2013: 151 755,00€

NÚMERO DE SOCIOS 2011: 188 940,00€ INGRESOS 2012 POLO CONCELLO 300,00€

NÚMERO DE SOCIOS 2012: 164 820,00€ INGRESOS 2013 POLO CONCELLO 804,30€

TOTAL: 4654,30€

ESTADO DA CONTA: 3073,49€

Page 4: Carracedo Fala_Publicación 1

Cando chegaches a Carracedo?Cheguei o un de setembro do 93, fai 21 anos. Neste primeiro ano, tiven alumnos que agora son pais de dous dos nenos que teño agora na escola. Como te sentes despois destes anos? Eu síntome igual, doume conta de que o tempo pasou, pero teño as mesmas ganas que cando cheguei, e todas as veces que empeza o curso dá-me a sensación de que empezo de novo. Que che sorprendeu máis de Carracedo? Cando cheguei, sorprendeume como estaba a escola. Daba medo vela, asus-toume. Despois, pouco a pou-co, fómola arranxando: cambiá-ronse ventás, portas, baños... e agora está moi ben, hai que recoñecelo. Gústache o patio? Ten un pro-blema de deseño, nos días de choiva non se pode usar. Falei co alcalde e díxome que o ían arranxar, oxalá. Tamén din que van facer un parque infantil. Planteácheste vivir en Carrace-do? Si, estiven buscando casa. Falei con algúns propietarios, pero das 3 polas que preguntei, ninguén quixo vender. Non foi polo prezo, estaban pensando en fillos, e non houbo maneira. Non me apetecía facer unha

casa nova, a p e t e c í a m e restaurala. ¿Cantos nenos hai este cur-so?Dezasete, máis que nun-ca dende que estou eu só. Nun ano, che-guei a ter 7 alumnos, que foi cando me disfracei de Bran-

caneves e os Sete Ananiños, foi moi simpático. Ves futuro entón... si, sempre que esteamos por encima de 6 -7 alumnos a escola vaise man-ter. É unha pena que se perde-ra a escola de Arcos e a de Go-dos vai polo mesmo camiño.

Pensa que se fomentan ade-cuadamente as escolas unita-rias? Creo que non, incluso creo que se podería usar a es-cola pola tarde como centro, e así dinamizar un pouco o sitio. Que os ex alumnos a utilicen para actividades, de bibliote-ca... En Carracedo temos o Lo-cal Social ao lado, pero en moi-tos sitios non, e sería bo utilizar as escolas, daría vida a escola e vida a aldea. E usalas como garderías? Si, si. A Reforma Educativa da Xunta establece que a educación en

Galicia comece aos cero anos. Nós estamos dando tres, catro e cinco anos. Cal é o problema? Requírese unha inversión moi grande para converter a escola en gardería: aseos adecuados, sitios para cambiar ós rapaces, dotar de calefacción o centro...

Non tendes calefacción? Te-mos unha pequena estufa eléc-trica pero eso non é calefac-ción.

Ves algunha diferenza entre os alumnos de agora e os do prin-cipio? (pensa) Os nenos sem-pre son nenos. O que si cam-biou foi que os de agora non están afeitos a manter a aten-ción tanto tempo, seguramente porque están acostumados a videoxogos, anuncios da televi-sión... mensaxes moi curtas. Non se nota tanto con nenos desta idade, pero si con máis maiores, se falas con eles quin-ce minutos, dáste de conta que

“Os peregrinos que paran na nosa Escola sempre din que é a mellor parte do Camiño”

E TI QUE PENSAS? ENTREVISTA AO PROFE QUINÍN

PÁXINA 4| CARRACEDO FALA

Page 5: Carracedo Fala_Publicación 1

CARRACEDO FALA | PÁXINA 5

aos cinco xa non che fan caso. De feito, diagnostícanse máis trastornos de déficit de atención. Por su-posto non é culpa nin da televisión nin dos videoxogos en si, pero axudan. Sabemos que traballaches en EEUU, que diferenza atopas entre os nenos de aquí e os de alí? Como che dicía antes, os nenos son nenos, aquí e en calquera parte do mundo. O que cambia é o siste-ma educativo, polo tanto o comportamento é diferente. Alí o sistema é mais ríxido, e a disciplina é moitísimo máis ríxida. Por exemplo vaise en fila todas partes, perfectamente calados e coas mans de-trás. O primeiro día de clase vin castigar a un neno por non saber formar a fila, a min pareceume atroz, pero dinme de conta que funcionou, porque aquel rapaz aprendeu e non volveu ser castigado. Cústame pensar aínda coma un mestre ame-ricano, pero hai cousas que teñen que son fantásticas. O sistema educativo dos EEUU funciona moi ben, a pesar de que a poboación é moi cambiante; de feito teñen as mello-res universidades do mundo e os mellores High school. Cóntanos algo do proxecto dos peregrinos. Eso é a miña xoia. Empezamos a páxina web no 2005, para-bamos peregrinos e subíamos fotos a páxina web, pero le-vaba moito tempo e traballo. Eu non tiña facebook, pero un día descubrino, e era moi fácil, facía foto e xa a subía. O mellor é a resposta dos peregrinos e das familias. Preguntámoslles de onde eran e poñe-mos no facebook un enlace; e hai pais que todos os días fan clic nos enlaces cos nenos, e así aprenden xeografía e culturas diferentes. A resposta dos peregrinos é incrible, envíannos postais, libros, xogue-tes, e os comentarios no facebook son moi positivos. Hai unha frase que se repite por moitos peregri-nos de diferentes partes do mundo e que a min me emociona moito: "Sabes que Quinín? O tempo que pasamos na túa escola foi un dos mellores momentos do noso camiño". Qué sentes ó ver os teus primeiros alumnos? Gústame moito. Hai unha cousa que me enche de orgullo: cando me ven e din: “Ola Profe”. Iso encán-tame, porque a pesar de que tiveron moitos máis, aínda me consideran o seu profe. Sempre tiven moi boa relación tanto cos meus alumnos como cas súas familias - Desmentindo o mito sobre a xente de Carracedo… Recordo que os rapaces de Carracedo tiñan fama de ser moi trastes e asilvestrados, a min parecíame que non, simplemente eran rapaces.

Dámosche as grazas polo teu labor de mestre dos máis pequenos de Carracedo duran-te estes 21 anos. Axudaches á formación de moitas xeración, esperamos que sigas así

durante moitos máis anos!

Page 6: Carracedo Fala_Publicación 1

PARROQUIA

PÁXINA 6 | CARRACEDO FALA

mesmo centro social os días de

clase ou falar con algún mem-

bro da directiva da Asociación. As clases impártense os luns e

os mércores de 20.30 a 21.30 e

os martes e xoves de 18 a 19

horas. Os presos para os mem-

bros da Asociación son de 25

euros por dous días de clase á

semana e de 15 por un día á

semana. Os non socios pagarán

5 euros máis. Os interesados en

apuntarse poden facelo no

Os propietarios dos panteóns

dos dous cemiterios de Carra-

cedo foron convocados a unha

xuntanza o día 30 de novembro

coa fin de avaliar a situación do

proxecto de reforma dos dous

camposantos. A directiva da

Asociación comunicoulles que

xa se conta cos permiso perti-

nentes de Sanidade, Patrimo-

nio e Concello para levar a cabo

a citada reforma. A idea inicial

da Asociación era tellar os dous

cemiterios, pero segundo os

datos aportados polo aparella-

dor municipal a lexislación vi-

xente non o permite. Ante esta

situación a solución que se pon

sobre a mesa é o levantamento

das cruces para evitar os cita-

dos problemas técnicos. Para

iso hai que pedir un novo per-

miso a Patrimonio. Tamén se

plantexaba proceder ao illa-

mento dos nichos. Durante a

xuntanza valorouse a posibili-

dade de executar o proxecto

sen permiso da Xunta, algo que

se descartou. Os presentes op-

taron polo illamento.

asistentes.

Costura e bordado, 60€ ao mes

a repartir entre os asistentes.

Pandeireta e cantos populares,

coste mensual de 12€ por per-

soa.

Pintura ao óleo, coste mensual

de 14€ por persoa.

Zumba e step, coste mensual

Asociación da Mulleres Rurais

ten en marcha as seguintes ac-

tividades:

Curso de conservación de ali-

mentos, 6€ pola inscrición e

gastos a repartir entre os asis-

tentes.

Clases de instrumentos popu-

lares, 120€ a repartir entre os

de 15€ por persoa.

Pilates, coste mensual de 20€

por persoa.

Body-jump, 100€ a pagar entre

os asistentes.

Para máis información, contac-

tar ca directiva da Asociación

das Mulleres Rurais.

APÚNTATE AO CURSO DE PILATES!

REFORMA DOS CEMITERIOS PARROQUIAIS

ACTIVIDADES DAS MULLERES RURAIS

O pasado mes de novembro a

Asociación Parroquial puxo en

marcha un curso de Pilates

pensado para todas as idades.

As clases son impartidas por

unha profesora de Educación

Física con titulación oficial en

Pilates e nestes momentos hai

apuntadas arredor dunha vin-

tena de persoas.

Page 7: Carracedo Fala_Publicación 1

CARRACEDO FALA | PÁXINA 7

vado Freiría

VOCAIS: José Castromán San-

miguel (Casalderrique), Sonia

Carballo López (Cope), José Ca-

eiro Gándara (Cortiñas), Andrés

Cordo Iglesias (Cruceiro), Va-

lentín Torres Aboy (Fieitoso),

Manuel Fojo Vázquez

(Gorgullón) e Manuela Sanmi-

guel de la Torre (Outeiro).

O pasado 7 de decembro, os

veciños do Cope, co obxectivo

de financiar as festas en honra

a Santo Antonio, organizaron,

coa axuda do Concello unha

obra de teatro con merendola

e música no Casa Social de Ca-

rracedo.

A obra Os Xigantes tivo como

protagonista ao actor Miro Ma-

gariños, coñecido por aparecer

en series como Libro de Familia

e Mareas vivas.

Tanto os pe-

quenos coma

os máis adultos

puideron gozar

dunha agrada-

ble tarde do-

mingo, que

non puido ser frustrada pola

choiva nin polo frío.

NOVA DIRECTIVA DE MONTES

OBRA DE TEATRO

NACEMENTOS E DEFUNCIÓNS

O 12 de outubro de 2014 esta-

bleceuse a seguinte directiva:

PRESIDENTE: Constantino Ca-

rou Rodríguez

VICEPRESIDENTE: José Ramón

Ríos Gago

SECRETARIO: Javier Iglesias

García

TESOUREIRO: José Ramón Sal-

QUERES QUE O TEU NEGO-

CIO SE ANUNCIE NESTE BO-

LETÍN?

Ponte en contacto con nos:

Carmen: 625050898

Laura: 680716594

NACEMENTOS (bautizados)

José Manuel Bello Vilariño 26-01-14

Alejandro Lemos Fresco 18-05-14

David Vázquez Taibo 31-05-14

Hugo González Lorenzo 14-06-14

Breixo González Lorenzo 14-06-14

Mateo González Castro 20-07-14

Mikael Gallas Otero 03-08-14

Daniela Sineiro Caamaño 12-10-14

Iván Carballo González 19-10-14

DEFUNCIÓNS

Andrés Freiría Pérez 13-01-14

José González Duarte 19-01-14

Josefa González Bello 20-01-14

Manuel Pena Torres 06-03-14

Esclavitud Mª Luísa Esperón Couselo 24-05-14

Carmen Senín Couselo 01-06-14

Mª Carmen Frieiro Santos 04-08-14

Serafín García Somoza 24-08-14

María García González 02-09-14

Antonio Martínez García 22-09-14

José Martínez García 20-11-14

David González Barreira 29-11-14

José Sanmiguel Fariña 29-12-14

Recóllense tapóns de plástico

no centro social para fins be-

néficos, agradeceríamos a túa

axuda!

Page 8: Carracedo Fala_Publicación 1

BIBLIOTECA NO CENTRO SOCIAL

A principios deste mesmo ano os membros da Aso-

ciación Parroquial inauguramos a primeira bibliote-

ca de Carracedo, que contará con unha gran varie-

dade de libros tanto en galego como en castelán.

Os préstamos realizaránse os sábados pola tarde

aínda que eses días todos os que queiran poderán

ir alí a ler, falar ou xogar a xogos de mesa.

Se tes algún libro que non queiras, lévao á nosa bi-

blioteca e axúdanos a completala.

A longo prazo, temos pensado instalar unha rede

wi-fi, para que todos os que queiran teñan acceso

libre a internet.

CARRACEDO FALA Fundado no 2014 - Edita: Asociación Parroquial de Carracedo

REDACCIÓN

Laura Bello Magariños

Javier Frieiro Santaya

EMAIL

[email protected]

FACEBOOK

facebook.com/asociacionparroquialdecarracedo

O que ocorre en Carracedo, contámoscho nós

S A Í D A S

LUNS A VENRES SANTIAGO CARRACEDO CALDAS PONTEVEDRA

06:50h 07:35h 07:40h 08:30h

09:00h 09:42h 09:50h 10:30h

10:00h 10:45h 10:50h 11:30h

12:30h 13:12h 13:15h 14:30h

15:30h 16:12h 16:20h 17:00h

19:00h 19:42h 19:50h 20:30h

PONTEVEDRA CALDAS CARRACEDO SANTIAGO

06:45h 07:15h 07:20h 08:15h

09:15h 09:45h 09:50h 10:45h

11:30h 12:20h 12:05h 13:00h

13:55h 14:25h 14:35h 15:30h

15:15h 15:45h 15:50h 16:45h

12:50h 18:00h 18:05h 19:00h

21:00h 21:30h 21:40h 22:30h

HORARIO DE AUTOBUSES