Carlos Maside - Terra e Tempo. a Primeira · polo xeral a persoas do mundo da cul-tura e da...

15
xullo-decembro 2008 terra e tempo 35 Cultura ROSALÍA PAZO MASIDE É artista profesional desde 1981, data da súa primeira exposición. Publicou textos teóricos e de opinión, relacionados coa arte, en diversos xornais, revistas e catálogos de artistas. Colabora no gurpo I+D Fondo de Arte e Cultura Contemporánea, da Universidade de Vigo, no proxecto de arquivo audiovisual “Rexistro de Nós” Carlos Maside naceu na parroquia de San Lois de Cesures o 16 de marzo de 1897. O 10 de xuño de 1958, logo de case tres décadas de intermitentes crises de saúde a causa da diabete que padecía, finou en Santiago de Compostela, cumpríndose 50 anos do seu falecemento. Algunhas ideas sobre a figura e a obra de Carlos Maside

Transcript of Carlos Maside - Terra e Tempo. a Primeira · polo xeral a persoas do mundo da cul-tura e da...

xullo-decembro 2008 terra e tempo 35

Cultura

ROSALÍA PAZO MASIDE

É artista profesional desde 1981, data

da súa primeira exposición. Publicou

textos teóricos e de opinión,

relacionados coa arte, en diversos

xornais, revistas e catálogos de

artistas. Colabora no gurpo I+D Fondo

de Arte e Cultura Contemporánea, da

Universidade de Vigo, no proxecto de

arquivo audiovisual “Rexistro de Nós”

Carlos Maside naceu na parroquia de

San Lois de Cesures o 16 de marzo de

1897. O 10 de xuño de 1958, logo de

case tres décadas de intermitentes

crises de saúde a causa da diabete

que padecía, finou en Santiago de

Compostela, cumpríndose 50 anos do

seu falecemento.

Algunhasideas sobre a figura e a obra deCarlosMaside

Terra tempo147_48 3/2/09 13:25 Página 35

36 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

Lavandeiras. 1934 SANTIAGO DE Compostela sería a ci-dade que lle proporcionara a meiran-de parte das imaxes para a súa obragráfica e pictórica (os espazos arqui-tectónicos e os motivos popularesque, ao xeito dunha instantánea, re-xistraba en directo nos apuntes toma-dos nas rúas, na feira dos xoves naCarballeira de Santa Susana, ou bennas pequenas tendas de teas e nospostos de venda do mercado). Vigofoi a outra cidade que escolleu para re-

sidir durante tempadas alternas coasestancias en Santiago; de alí procedenos motivos industriais (escenas de es-taleiros, de fábricas de conservas, osdeseños para as capas das revistas In-dustrias Pesqueras e Industria Con-servera...), e os motivos mariñeiros,que tamén recolleu nas súas estadíasen Vilagarcía, Noia e Combarro. Tra-ballando de profesor de debuxo deensino medio residiu un tempo na Es-trada, onde pintou paisaxes, recantosvilegos, escenas rurais, retratos de ne-nos. Santiago, A Estrada, Noia e Vigoson as sucesivas prazas nas que exer-ceu a docencia entre 1931 e 1937, anono que foi destituído mediante expe-diente disciplinario dada a nova situa-ción tralo golpe de Estado.

Os sesenta e un anos que durou asúa vida comprenden un axitado perí-odo da historia española que vai desdeo chamado “Desastre do 98” ata me-diados da ditadura franquista. No ám-bito europeo e mundial sucédenseacontecementos que terán repercu-sións de índole diversa na sociedadeespañola (a Guerra Mundial, a Revolu-ción Bolchevique, a grave crise econó-mica desde o crac bolsista do 29, o as-censo dos totalitarismos europeos...).

Na obra gráfica de Maside publi-cada diariamente ao longo de casevinte anos en diversos xornais e re-vistas galegos e madrileños, reflíctesetodo tipo de cuestións relativas á ac-tualidade do momento: os problemasendémicos dunha sociedade ancora-da nos hábitos caciquís; a ausencia deliberdades durante a ditadura de Pri-mo de Rivera e anos anteriores; as es-peranzas iniciais de liberdade e demodernización social e cultural propi-ciadas pola República, moi logo en-sombrecidas polos conflitos desen-volvidos no seo do paréntese repu-blicano; as consecuencias da granguerra, da crise económica, a preocu-pación polo ascenso do nazismo, etc..A ideoloxía de esquerdas de Carlos,fundamentada desde moi novo enconviccións de índole marxista, a súaética rigorosa e esixente, a súa capa-cidade de observación e análise e o

Terra tempo147_48 3/2/09 13:25 Página 36

O realismo veraz na

pintura refuga a

imitación naturalista, a

idealización, o

pintoresquismo e os

tópicos costumistas

ateigados de

anécdotas non

significativas

xullo-decembro 2008 terra e tempo 37

Cultura

seu implacábel xuízo crítico unido aun humorismo complexo, imprimi-ron ás súas viñetas un interese que,alén da calidade do debuxo (este ad-quiriu unha singularidade novidosa,única no campo do xornalismo gráfi-co, ao incorporar nas viñetas e es-tampas a experiencia das técnicas degravado), permanece vixente polo va-lor de testemuño crítico dos aconte-cementos do seu tempo, tanto no ni-vel galego e español como no inter-nacional. Esa innumerábel obra gráfi-ca, xunto coa pintura, constitúetamén un rexistro histórico dos tra-zos culturais e da idiosincrasia colec-tiva da sociedade galega, afectada porunha acelerada transformación quepoñía en risco de desaparición os mo-dos de vida tradicionais por mor daprogresiva industrialización, causan-te da migración interior do ámbitorural ao urbano e dunha abrupta mo-dificación dos costumes.

O conxunto da obra publicada enprensa entre 1918 e 1936, nas súastres modalidades: viñeta (debuxo decrítica política e social enmarcado porun recadro de liña e cun breve textoao pé que completa o significado dodebuxo ou lle dá unha volta de senti-do); estampa popular (debuxos ou gra-vados representando escenas popula-res, case sempre de mulleres endiversas actividades e oficios) e carica-tura (máis ben retratos sintéticos, depoucas liñas, sen intención de esaxe-ración grotesca, senón destacando ostrazos máis expresivos da personali-dade do retratado e que representanpolo xeral a persoas do mundo da cul-tura e da política, entre elas as que in-terviñeron na elaboración do Estatutode Autonomía); todo este conxunto,dicía, constitúe, ademais dunha gale-ría de personaxes da época, unha per-manente incitación ao debate de idease un aguillón contra o conformismoda opinión pública e contra a autoxus-tificación que alimenta o statu quo.

En troques, na pintura desaparecea crítica explícita para dar prioridade áinvestigación estética, á resolución dascuestións pictóricas ou artísticas de

seu, como son os -para el fundamen-tais- problemas da representación. Car-los definiu a súa pintura como “repre-sentativa” e “realista”. E conxugar arepresentación veraz da realidade coainnovación artística leal a aquela repre-sentación, constitúe a tarefa investiga-dora na que, desde o principio, se vanconformando nunha única peza a éticae a estética masidianas.

Mais o concepto de “veracidade”na representación realista non res-ponde a criterio moral ningún. ParaMaside, como explicou en diferentesanotacións e máis tarde expuxo im-plicitamente, xunto a outros eixes dasúa teoría estética, no ensaio “En tor-no a la fotografía popular”, publicadopor Galaxia en 1950, “o verdadeiro”da realidade é “o substancial”, o in-temporal e eterno malia súa transito-riedade; o que, estando presente, re-sulta velado polo superfluo da apa-rencia e cómpre captar para a repre-sentación. E para esa captación dosubstancial é necesario un distancia-mento emocional que permita a “ob-xectividade” no proceso de síntese.

Así, o realismo veraz na pinturarefuga a imitación naturalista, a idea-lización, o pintoresquismo e os tópi-cos costumistas ateigados de anécdo-tas non significativas, o sentimenta-lismo que anubra a obxectividade. Ensuma, o concepto de “realismo veraz”ou “realismo obxectivo” rexeita a arteacadémica e ancorada en esquemascaducos que se practicaba en Galicianas primeira décadas do século XX,impermeábel ás achegas formais davangarda e compracente cun gustoburgués moldeado baixo as directri-ces da metrópole centralista. Daque-la, só o admirado mestre Castelao ra-chara co academicismo decimonóni-co cunha obra universalizábel e sin-gularmente galega, mais sen superaraínda o esquema modernista.

Este posicionamento ideolóxicorespecto da arte non é exclusivo deMaside, se ben a súa actitude atentaás correntes europeas de pensamentoe a contumaz análise intelectual dosproblemas da pintura a prol de aca-

Terra tempo147_48 3/2/09 13:25 Página 37

38 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

dar unha arte galega de calidade –ou,en palabras de Rafael Dieste, de “es-tablecer a categoría estética de Gali-cia”-, singularizan o seu pensamentoe o seu traballo artístico e o facultancomo dinamizador do cambio de pa-radigma no eido da plástica galega.

Xa antes de se consolidar colecti-vamente o ideario artístico que deulugar á xeración do trinta, Maside for-mara parte, con Manuel Antonio eRafael Dieste, do núcleo de xoves

amigos arredor de cuxa actividade -equizais a raíz do clima de rebeldía pro-movido polo manifesto Máis Alá, deManuel Antonio e Álvaro Cebreiro-,foi xestándose o grupo d’Os Novos,que representaría unha actitude inte-lectual e artística máis crítica coa rea-lidade política e social, máis implica-da cos problemas da sociedade, máisaberta, radical e vangardista que a daXeración Nós, con cuxos membros,aínda respectando o seu maxisterio,mantiveron públicos debates ideoló-xicos arredor da concepción da cultu-ra e o nacionalismo –cómpre salientara polémica con Risco que inicia Masi-de en 1925 a través das páxinas de ElPueblo Gallego e á que pouco despoisse incorpora Dieste cos seus artigosna sección Temas Galegos; manteraseo debate ata que en 1928 Carlos e Ra-fael marchan a Madrid1.

CONVERXENCIA COA ARTE EU-ROPEA. A de Maside, como a dos ou-tros artistas da xeración do trinta e ado movemento español de renova-ción cultural, é unha afirmación dorealismo na arte que coincide coas di-versas tendencias transnacionais devolta ao realismo –ou volta ao orde,como o denominou Cocteau– da épo-ca de entreguerras. Só que o que paranumerosos artistas europeos, e al-gúns estadounidenses, esgotada xa alinguaxe do futurismo, cubismo e ex-presionismo, era unha saída á primei-ra crise da vangarda a través de novasformas de representación do real2, noterritorio español consistía na mo-dernización serodia dunhas formasrealistas nunca abandonadas. Por ou-tra banda, se a recuperación de ele-mentos da cultura popular se dá si-multaneamente en manifestaciónsartísticas de varios países –especial-mente nas dos combativos alemánsda Nova Obxectividade, como Grosze Dix, ou do belga Maserel, dos queMaside recolle en París influencias nautilización da técnica tradicional degravado en madeira–, na obra dos re-novadores galegos a valoración dopopular se compromete coa dignifica-

Círculo baixo o paraugas. 1935

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 38

xullo-decembro 2008 terra e tempo 39

Cultura

ción da imaxe do pobo e dos seus va-lores culturais, converténdose, no ca-so particular de Maside, nunha mi-sión indiferenciada da práctica daarte. Así, as características antes alu-didas de representación da realidadeconfírenlles ás escenas populares un-ha presencia poderosa desprovista decalquera trazo de vulgaridade, unhacerta solemnidade que adoita relacio-narse coa “monumentalidade” atribu-ída á estética do granito –termo utili-zado para definir as obras dosrenovadores galegos que acharon asfontes formais da estética popular natradición escultórica dos canteiros edo románico do Mestre Mateo-, e queinaugura en 1930 o cadro de MasideMuller sentada, considerado desde oprimeiro momento a obra máis em-blemática das adscritas a esa denomi-nación. Pero, no meu parecer, a mo-numentalidade atribuída a esas obrasdebe entenderse unicamente en refe-rencia ao aspecto escultórico e sim-plificado das figuras. O certo é queMaside amosaba verdadeiro rexeita-mento polo concepto de monumen-to, por esa idea enfática e grandilo-cuente de permanencia inmutábelque leva asociada, pola xestualidadeampulosa e teatral das personaxesdas estatuas (diso dá fe a serie de vi-ñetas satíricas titulada O que din asestatuas, publicada en El Pueblo Ga-llego entre 1925 e 1927). De igual xei-to, a solemnización das imaxes nonprocede dun intento de magnifica-ción, senón do estatismo sereno, dodistanciamento emocional e da su-presión da temporalidade que resul-tan de eliminar todo elemento adxec-tivador e circunstancial, á maneirados retratos fotográficos popularesque Maside analiza no seu ensaio doano 50, nos que os campesiños retra-tados procuran a maior sobriedadenas poses hieráticas, carentes de afec-tación -en contraposición á buscadaaparencia de naturalidade típica doretrato burgués-, evitando toda ex-presión que indique accidentalidade,toda continxencia que remita ao mo-mento puntual da fotografía, pois se

trata dunha imaxe para o recordo fa-miliar que ha de representar o subs-tancial da persoa, o contido profundotranslucido trala aparencia. O resulta-do é unha imaxe solemne e intempo-ral que expresa a dignidade dos hu-mildes campesiños retratados. E esasensación de intemporalidade, detempo detido, non elimina a histori-cidade da imaxe, que, pola contra,conserva os trazos persoais e cultu-rais significativos.

A reflexión sobre todas estascuestións, que teñen íntima relacióncos problemas da representación naarte que tanto lle preocupaban a Car-los, definiu xa desde as primeirasobras o que Dieste denomina, co títu-lo dunha conferencia publicada en1975 no nº 4 dos Cadernos do Labo-ratorio de Formas de Galicia, “a esté-tica pictórica de Carlos Maside”.

É así como atinxe Maside unhapintura que, representando imaxesrecoñecíbeis pola xente galega do po-bo, constitúe unha linguaxe universalao transcender as particularidadesnon significativas. E porque tantoMaside como os pintores galegos dasúa xeración reclaman a contempora-neidade estética para a súa arte, dan-lle importancia prioritaria á innova-ción formal, pero manténdose dentrodas marxes que fan posíbel a repre-sentación do real naquela empresacolectiva de “estableceren a categoríaestética de Galicia”.

Isto abondaría para recoñecer acalidade dunha arte de grande vali-dez cultural para o seu contexto que,ao tempo, acada valores comunicati-vos universais. Pero o certo é, ade-mais, que a arte galega, partindo dun-ha elaboración propia, confluía coque, sen ser un movemento articula-do e uniforme, estaba a xeneralizarsepor numerosos países de Occidentecomo a arte representativa dun mo-mento histórico no que as condiciónssociais e a propia crise da idea de van-garda reclamaban un cambio no con-cepto de modernidade (cómpre ter enconta que moitos dos artistas queemprenderon esta “volta ao orde” fo-

Libro que percorre a comprometida obra de Carlos

Maside durante o período republicano

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 39

40 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

Maside desde moi novo publicou colaboracións

nos xornais ron anteriores abandeirados das van-gardas que, sen renunciaren aos lo-gros formais dos diferentes “ismos”,dirixiron a mirada innovadora sobrevalores clásicos, procurando novas in-terpretacións da figura e do obxecto).

En 1925 o crítico de arte FranzRoh escribiu un libriño sobre o pos-texpresionismo, a arte alemá de en-treguerras que el denominou “Realis-mo Máxico” (un termo que, des-prazado polo de Nova Obxectividade,logo derivaría nun uso comercial untanto arbitrario e se implantaría consignificado propio na literatura latino-americana). Roh define o postexpre-sionismo con lóxica ambigüidade,pois non se trataba dun movementoorganizado senón dun clima artísticoxeral; e o fai por oposición ao expre-sionismo, expondo unha serie de ca-racterísticas moitas das cales atopa-mos no ideario estético masidiano (re-presentación verista e depurada, dis-tanciamento emocional ou visión nonsentimental do tema, sobriedade notratamento do asunto, estrutura unifi-cada, dominio do estatismo, debuxovigoroso e contorno nítido das figu-ras, aproximación á esencia da reali-dade das cousas, etc.). Pero se na de-finición que Roh elaborara a travésdun listado de categorías de contra-rios había certa inxenuidade, na obrado pintor galego aqueles elementosestán procesados con rigor intelectuale coa depuración que, para o seu cri-terio, a función social da arte esixía.

Se Carlos Maside lera o libriño deRoh, nono sabemos. De que coñeceu

en París a obra dos alemáns, temoscerteza. Tense falado abondo da in-fluencia nas súas xilografías das deOtto Dix e de George Grosz, dos quetrouxo catálogos xunto ao do belgaMaserel. Da primeira e interesanteprodución pictórica realizada ao re-greso de París e da presencia nela doDadá berlinés ten falado admirativa-mente Luís Seoane. O porqué de quedestruíse esta obra tan logo rematoua súa primeira exposición individualten sido obxecto de especulacións; apatente influencia –visíbel na foto-grafía que se conserva– sería para elrazón abonda; pero coido, ademais,que a súa escrupulosa entrega á ela-boración dunha arte moderna basea-da na investigación e interpretaciónduns principios estéticos galegos,arraigados nunha sorte de clasicismopopular, fíxoo, quizais, desbotar esasobras por canto escapaban a talesprincipios (aqueles cadros estabaninspirados en motivos populares doscarteis de cegos, pero o tratamentopictórico deformando as figuras, emaila temática tremendista -crimespasionais-, saían da contención ex-presiva que Carlos procurou para asúa pintura. Sobre o tema do “cartelde cego” fixo outras obras, xa na liñapresentativa que lle interesaba).

Quer dicir que as concomitanciasque poidan observarse na obra de Ma-side coa doutros autores non sonnunca imitativas –nin sequera seme-lla que poida haber influencias in-conscientes de importancia-, senónproduto de decisións meditadas sem-pre acordes co seu ideario estético. Notocante a aqueles trazos coincidentescoa definición de Roh do postexpre-sionismo (moitos dos cales podenaplicarse á xeneralidade da arte de en-treguerras cualificada de “volta á or-de”, aínda coa escasa precisión quepermite a grande heteroxeneidadedesta arte), veñen constatar a actitudeatenta ao acontecer social e culturalque transcende o contorno inmedia-to, pero tamén, fixándonos na cohe-rencia con que encaixan na formula-ción filosófica da estética masidiana,

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 40

Na vontade de

dignificación do

popular que manifesta

invariabelmente Carlos

Maside, recibe unha

atención central a

muller galega

traballadora

xullo-decembro 2008 terra e tempo 41

Cultura

demóstrannos o rigor e a singularida-de con que se conforma esa estética.

Unha referencia implícita aos cita-dos trazos aparece nos textos de Álva-ro Cunqueiro e Ricardo García Suárez(“Xohán Ledo”) incluídos na monogra-fía sobre Maside que editou Galaxiaen 1954. Cunqueiro exponnos dunhaforma transversal, máis literaria. Xo-hán Ledo, máis exhaustivo e analíticona descrición da pintura, vai sinalan-do as características formais, pero ta-mén as de contido filosófico, ingre-dientes indispensábeis para acomprensión da obra masidiana.

Rafael Dieste, que viviu o procesode renovación da pintura acompañan-do, ou máis ben dinamizando, as con-versas sobre arte e achegando, xuntocon Maside, ingredientes teóricos aosdebates, na súa “Charla sobre CarlosMaside”3 fai referencia á faceta filosó-fica do pintor, no contexto das súasconversas con este e máis con Col-meiro, Souto, Laxeiro e Seoane: “(...)no que se refire ao diálogo, o meu diá-logo con Maside era mais metódico.Era, pudéramos decir, un diálogo caseplatónico, pero dos mellor organiza-dos, como pode ser o Parménides, ouun destes diálogos conceptuais; nonun diálogo como o Banquete, que estese parecería mais aos que podía tercon outros sofistas, con Seoane, oucon Colmeiro. Con Maside o diálogoparecia-se mais ao Parménides; así,perfeitamente levado. E algunhas ve-ces temos discutido –cousa que nonme sucedeu con case nengun dos ou-tros–, e poñiamo-nos sempre de acor-do, pero con unha lealdade comun aun mesmo fito, que era descobrir un-ha verdade que estaba alí.

(...) (Maside) estabelecía paseniñoas categorías pictóricas, é decir, as ca-tegorías da realidade en canto a reali-dade pode ser incitadora da pinturaou se pode brindar á pintura. (...) Deaí que a táboa das categorías da reali-dade, da realidade que correspondecontemplar ao pintor, se correspon-dese con outra táboa de problemas,ou sexa, con unha problemática pic-tórica. E Maside era o que tiña un em-

peño do mais teimudo en atopar iso(que, naturalmente, é imposíbel deatopar dun xeito absoluto).

(...) Maside era o mais racionalis-ta. Non é que fose mais racionalistaque os outros, pero era-o dun xeitoexplícito, manifesto. E non o era nunsentido maniático, terco, de quererargumentar, de querer facer trifulcaconceptual. Non; mais ben, e esta é apalabra mais nobre que se pode em-pregar, o mais filósofo, o mais explí-cita e direitamente filosófo.

(...)Aquel era un momento en quea filosofía da arte deixaba de ser cou-sa de filósofos unicamente, para sercousa de pintores”..

A REPRESENTACIÓN DA MULLERNA OBRA DE MASIDE. Na vontadede dignificación do popular que mani-festa invariabelmente Carlos Maside,recibe unha atención central a mullergalega traballadora. Poderíase dicirque, dado o marco de representaciónda realidade na que desenvolve a súaobra, o protagonismo destacado da fi-gura feminina responde a unha obvie-dade sociolóxica: a importancia do rolfeminino na sociedade galega. Nonobstante, nunha análise máis polomiúdo do tratamento que lle dá á mu-ller nos diversos campos da súa obra,descóbrense características que resul-tan novidosas e especialmente pro-gresistas para o seu tempo.

Tal afirmación resulta evidenteaplicada a esa vertente da súa produ-ción que el denominaba viñetas4. Xanunha primeira ollada reparamos na-quelas que amosan mulleres conver-sando sobre problemas políticos, so-ciais, económicos -o Estatuto deAutonomía, a lei de divorcio, a contri-bución agraria, as rendas forais…-;mulleres desenvaiñando a ironía críti-ca verbo dos abusos do poder caci-quil, da desigualdade clasista, da dis-criminación sobre a lingua galega, etc.

Algunhas viñetas son tan elo-cuentes como esta: o debuxo dunhalabrega sachando, que, baixo a lendaA Venus galega precisa dos brazos,constitúe, ademais do obvio recoñe-

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 41

42 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

Muller sentada cemento ao traballo da muller rural,unha réplica aos modelos hexemóni-cos de beleza, que sempre implicanclasismo, aquí aludidos ironicamentepola idea de “Venus”.

Entre as “viñetas electorais” (adoi-taba adxetivar as viñetas segundo otema que tratasen), son varias as diri-xidas a reclamar o voto feminino. En-tre elas destaca, pola caracterizacióndas personaxes, a publicada en ElPueblo Gallego o 19-XI-1933, na que

unha muller, personificando o votofeminino, ocupa o espazo central sen-tada nunha cadeira nobre e arrodea-da de galantes pretendentes masculi-nos en actitude solícita. É a única oudas escasas ocasións en que repre-senta á muller como obxecto de des-exo, e o fai servíndose dunha metá-fora desposuída de sentido sexualpara simbolizar a importancia da par-ticipación activa das mulleres co po-der do seu voto e facer unha sátira so-bre as ansias que este esperta nos“pretendentes” políticos.

No canto da tópica representaciónda “Maternidade”, presente ao longodos séculos na iconografía artística designo tanto tradicional como vangar-dista, os seus debuxos de mullerescon nenos evitan a imaxe idílica eadoitan aludir ás condicións de po-breza e soidade que afectan aos máisdesfavorecidos (ex.:As muñecas dasprobes, El Faro de Vigo. 10-II-1924).

Merece tamén comentario indivi-dualizado o cartel propagandístico doEstatuto de Autonomía (“El Pueblo Ga-llego”, 24-VI-1936), no que o debuxodunha muller con vestimenta populare en actitude decaída leva a lenda: sinon queres unha Galicia sempre abati-da e resignada, vota o Estatuto. Tráta-se dunha viñeta eficaz, de aparenciasintética e directa, pero con certa com-plexidade nas lecturas: por unha ban-da, identifica a imaxe da muller, “aba-tida e resignada”, cunha Galicia senpoder de decisión para resolver os pro-blemas de seu; por outra, semella cha-mar ao voto feminino como instru-mento contra a situación dedesvantaxe da muller e o intrínsecosometemento de xénero. Esta segundainterpretación sería indiscutiblementeprogresista; mesmo poderíamos inferira idea, un pouco aventurada, dun Ma-side feminista. Mais da primeira dedú-cese a influencia dun estereotipo con-servador, dominante tamén hoxe endía, que identifica a patria coa nai; amuller co ancestral, coa terra; o femi-nino coa natureza. O “natural” repre-senta o “instintivo” en oposición ao“intelectual”, ao “racional”, que se iden-

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 42

xullo-decembro 2008 terra e tempo 43

Cultura

tifica co masculino. Nesa lectura, a ar-te tería que ver coa creación, co pen-samento, coa intelixencia, e a artesaníaestaría ligada á tradición e á terra, aofeminino. Así, pasividade/actividade;intuición/intelixencia; tradición/mo-dernidade; natureza/cultura, etc., sonas oposicións sexistas que se agochantras o estereotipo muller/home produ-to dunha conceptualización androcén-trica. Pero, nesta viñeta, o propio lemaque a completa é unha incitación a ra-char coa pasividade da “resignación” eo “abatemento” e, polo tanto, conaquela identificación negativa. Por ou-tra banda, existe unha tendencia nasviñetas a facer unha asociación entre amuller e determinados conceptos porunha mera cuestión de xénero grama-tical. Así, conceptos como Liberdade,República, Constitución, e o nome depaíses como Alemaña, ademais do deGalicia, aparecen representados condebuxos de figuras femininas. Quer is-to dicir que habería que reconsiderar asignificación anteriormente atribuída?

Non obstante, a asimilación damuller coa natureza, coa terra ances-tral, é un tópico herdado da tradiciónde séculos que está presente, segundoas análises coincidentes de diversoshistoriadores e críticos, na obra de Car-los Maside así como na dos outros ar-tistas considerados renovadores da ar-te galega. Botaremos agora unha olladasobre esta cuestión na pintura de Ma-side e estabeleceremos comparativascoa obra dalgúns do seus coetáneos.

Se ben o tema da pintura de Ma-side é a pintura de seu, verbo da quepersigue insistentemente soluciónspara a problemática da representa-ción, no plano simbólico semellaconstituír unha homenaxe á mullergalega popular, síntese de Galicia e aclase traballadora (cómpre sinalarque xa nas primeiras estampas e vi-ñetas coas que Maside colabora dia-riamente en diversos xornais desde oano 1918, a idea do “popular” vai uni-do a esa concepción marxista do ter-mo “pobo” que reivindica o papel so-cial da xente traballadora e que máistarde orientará ao movemento cultu-

ral republicano encabezado por inte-lectuais e artistas da Xeración do 27).

A emblemática Muller sentada(1930), a obra máis representativa dachamada “estética do granito” na queconflúen os artistas galegos da xera-ción do trinta, resume esa idea de ho-menaxe nunha figura “monolítica”,de formas simplificadas, que non ex-hibe marcados atributos de feminida-de, senón apenas o esbozo de trazosculturais na indumentaria de mullerpopular. Da mesma época -décadados trinta- son Mulleres en roda, Pa-rolando, Lavandeiras; obras que pre-sentan mulleres en grupo, dispostasno cadro de forma circular ou articu-lando entre elas un espazo que pare-ce suxerir un mundo de seu, autóno-mo. Algo similar sucede nos cadrosque se titulan Tenda, ou nos Merca-do, A sorte do paxariño, ou en Mu-lleres na fábrica, que, pintados en di-ferentes épocas, teñen porprotagonistas a grupos de mulleresactivas, desenvolvendo traballos di-

Carlos Maside implicouse na defensa da nosa

lingua e cultura denunciando aos renegados

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 43

44 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

Libro de homenaxe a Carlos Maside

versos e que, ao carecer de caracteri-zación persoal individualizadora, fun-cionan como símbolo. En palabras deMaría Luisa Sobrino: “poderíase in-terpretar como se a muller para Masi-de encarnase o espírito de Galicia. Pe-ro Galicia simbolizada non comoetnia, senón como historia viva, co-mo sociedade á que a emigración va-cía de homes, quedando a muller co-mo base e prototipo do pobo”5

En consecuencia, se fose perti-nente a asociación do feminino coa“terra nai”, na simboloxía masidianarespondería a unha vontade de reco-ñecemento da dignidade da mullerenfrontada, soa, a unhas condiciónssociolóxicas especialmente adversas.

En xeral, na súa obra, tan diversaen técnicas e destinos, non se atopantrazos que revelen prexuízos conven-cionais asociados á representación ca-nónica da muller (afectado lirismo,pasividade, voluptuosidade…). Concerta vontade de rebuscamento pode-ríamos tentar achar signos desta ín-dole nas diversas versións dos goua-ches Primavera (1938) e no óleo Vera-no (1940), obras de carácter bucóliconas que o tratamento case inxenuístado tema, e formalmente elemental,afástaas dunha interpretación arque-típica e moralizante do paraíso (mu-lleres todas, espidas ou vestidas, serí-an “Evas” sen serpe e sen Adán).

En Rapaza na praia amosa unhamoza vestida, sentada na area, mi-rando ao mar de costas ao especta-dor. Non aproveita o tema para retra-tar carnalidade, senón unha escenade folganza contemplativa que indu-ce a poñerse na pel dunha rapaza entranso de gozo estético. Outra volta, amuller non é a musa; non é obxectopasivo de inspiración; é suxeito quepercibe o mundo en primeira persoa,e, cando Carlos a pinta, mantén a dis-tancia respectuosa que profesa a todoser con universo propio.

Rematamos este breve percorridopola obra de Carlos Maside poñendo aespecífica mirada que nos atinxe nosretratos. É neste xénero onde a carac-terización psicolóxica das personaxes

toma importancia relevante e ondeabundan os debuxos de nenas do seucontorno en actitude de estudo, lendoou escribindo. Pola contra, non lle co-ñezo ningún debuxo ou retrato de ne-no destas características, do que nonhai que deducir outra cousa que a se-guinte: na súa mirada de comunica-dor, a imaxe de xénero feminino nonestaba ligada exclusivamente ao que-facer doméstico e ao duro traballo dacampesiña ou da proletaria urbana.

Salvo Colmeiro, cuxa iconografíafeminina levada á pintura ten, cantoo que estamos a analizar, característi-cas similares á de Maside, nos de-mais coetáneos non atopamos a mes-ma asepsia no tratamento da muller,que adoita ser vista baixo o imaxina-rio conservador dominante. O casomáis manifesto é o de Arturo Souto,quen, nas súas escenas de prostíbulo,como tamén en Escenas de cabaré,Mulatas con cántaros, Muller deita-da, Dúas mulleres, Mulleres e peixes,Mariñeiros e nús, Contemplación,Maternidade, etc., retrata mulleresespidas ou ataviadas con panos queaderezan o cadro deixando os corposcompleta ou parcialmente nus, zume-gando erotismo, ás veces exhibidoante a mirada de personaxes mascu-linos de traxe e sombreiro elegantes.Por outra banda, as formas sinuosas epronunciadas das mulleres popularesde Manuel Torres (Regateiras, Vagar),así como o lirismo erótico, ou, en oca-sións, a caracterización abertamentesexual das mulleres pintadas por JoséFrau, falan dunha obxectualizaciónda muller vista como “o outro sexo”,corpo feito para a seducción. Podería-mos mencionar a moitos outros artis-tas, tanto galegos como de fóra deGalicia; pero citaremos só a MaríaBlanchard pola especifidade do caso:muller que transmite esquemas ideo-lóxicos fortemente conservadores en-cargados de perpetuar a dominaciónmasculina (véxase Mujer y niño, Laechadora de cartas, Niña cosiendo,Maternidad, La Toilette…).

Visto que non hai unha relación dedirecta consecuencia entre ideoloxía

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 44

xullo-decembro 2008 terra e tempo 45

Cultura

progresista e autodepuración de este-reotipos involutivos, podemos conclu-ír que a observancia ética de Masidevai máis alá dun pensamento sociopo-lítico e estético adoito nun intelectualde esquerdas: de forma deliberada ouinconsciente consegue eludir, en consi-derábel medida, ese sedimento esco-rregadizo que se filtra no imaxinario ena linguaxe de todos; ás veces, mesmode quen tenta combater a hexemoníada cosmovisión androcéntrica.

A MODO DE HOMENAXE. CandoRafael Dieste, na charla de inaugura-ción do Museo Carlos Maside, en1970, ao referirse á arte galega dosanos 20 e 30, alude a esa etapa –mes-mo aos anos nos que Carlos era aíndabasicamente debuxante- como “aépoca de Maside”, e en 1972 o críticode arte Fernando Mon escribe que“Carlos Maside é ademais de pintortoda unha época na historia da pintu-ra galega” (Maside”, colección Artis-tas Españoles Contemporáneos, ed.

Dirección General de Bellas Artes),ambos queren dicir algo que hoxe sefai difícil de comprender vendo o es-quecemento institucional ao que esteartista foi sometido.

Incomprensíbel é que en non pou-cas recensións de arte galega, sen dú-bida nesgadas, polos motivos que se-xan, se teña prescindido darepresentación da súa obra, mesmo dacita do seu nome, estando, porén, pre-sentes importantes artistas da súa épo-ca e máis outros non tan destacados.Unha directa consecuencia é o desco-ñecemento absoluto para as novas xe-racións de artistas, e xa non digamosda sociedade en xeral, que, en troques,non descoñece tanto a outros dos re-novadores cuxa obra ten sido máis di-vulgada. Sorprende aínda máis que pa-ra artistas menos xoves, os nacidosarredor dos anos da morte do pintor, aresonancia do nome “Maside” non vaiaunida máis que a un coñecemento su-perficial do seu traballo pictórico e ape-nas das súas outras facetas.

Mercado

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 45

46 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

Este esquecemento chama máis aatención se temos en conta o trata-mento case de mito que ao referirse ael lle aplican numerosas persoas queo coñeceron, e do que temos cons-tancia por escrito en textos de RafaelDieste, Álvaro Cunqueiro, Ramón Pi-ñeiro, Xoán Ledo, Luís Seoane, DíazPardo, Fernando Mon, Salvador Gar-cía Bodaño... e un longo etcétera.Lembro persoalmente de Uxío Novo-neira as palabras de sentida admira-ción dedicadas ao recordo de Carlosdurante un paseo en grupo por unharúa de Santiago -logo dun acto na sa-la Sargadelos nos primeiros anos oi-tenta, daquela aínda rexentada porChichi Campos-. É curioso como, entodos eles, as referencias de respectoe admiración á dimensión artística,intelectual e humana de Carlos Masi-de, van acompañadas da lembranzada súa imaxe externa; da descricióndo seu aspecto físico e a súa forma deexpresarse: o seu porte, os trazos doseu rostro, os seus ademáns, a caden-cia calma do seu falar e o seu cami-ñar; mesmo a súa indumentaria ade-rezada con chapeo de aba ancha,bastón e boquilla longa para os ciga-rros -por outra banda, nada inhabi-tual na época-, describindo a unhapersoa carismática na súa presenciafísica, esta indisolublemente unida aunha profundidade humana, artísticae intelectual.

Subliño isto, pese ao risco de caernunha observación superflua, poloparadoxo que suscita: unha figuradestacada da cultura, amplamente

valorada e reiteradamente descritacoas características dunha personaxefacilmente mitificábel e que, porén,resulta relegada, case esquecida fórado círculo das persoas coas que man-tivo contacto persoal.

(É de xustiza puntualizar o seu re-xeitamento manifesto de toda mitifi-cación, así como a repulsa que lle cau-saba o frívolo aderezo da imaxepersoal e a exhibición de xenialidade,do que dan proba algúns comentariosque ten feito sobre Dalí. Ao celo auto-crítico co que elaborou a súa obraacompañouno sempre a despreocupa-ción por promovela, pese a estar con-cibida para perdurar como testemuñohistórico, e pode ter certa responsabi-lidade no seu actual descoñecemento.Pero iso non exime ás institucións cul-turais da obriga que lles corresponde).

En 2008 cumpríronse 50 anos dasúa morte e, malia estarmos en tem-pos dados a celebracións conmemora-tivas de índole espectacular, o aniver-sario pasou practicamente desaperci-bido, coa insuficiente excepción dal-gunhas páxinas dedicadas a el naprensa. Vallan aquí como pequena ho-menaxe as palabras pronunciadas ouescritas por amigos seus, hai xa benanos, moi acaídas para ilustrar o para-doxo ao que veño de referirme.

Na conferencia “La estética pictó-rica de Carlos Maside” pronunciadano acto de inauguración da GaleríaSargadelos de Madrid, en 1975, Ra-fael Dieste fai a seguinte caracteriza-ción verbal da figura de Maside (otexto orixinal está en castelán por irdirixido ao público de Madrid):

“O máis ostensiblemente persoalde Carlos Maside atópase fondamentecompenetrado coa súa maneira de en-focar os problemas da arte e, ante to-do, os que lle saen ao paso no seu pro-ceso vital e no seu quefacer artístico.

Moitos dos presentes recordare-mos a súa planta señoril e á vez mo-desta, o seu rostro tan transparente,imaxe da máis fonda lealdade, o seuxesto comedido, algunhas veces va-gamente doloroso, pero sempreamistoso e aínda alegre, o seu modo

Terra tempo147_48 3/2/09 13:27 Página 46

xullo-decembro 2008 terra e tempo 47

Cultura

En 2008 cumpríronse 50 anos da súa morte e,malia estarmos entempos dados acelebraciónsconmemorativas deíndole espectacular, o aniversario pasoupracticamentedesapercibido

parsimonioso de falar, a súa lentitu-de buscando a palabra xusta, a súadistinción nativa, a súa actitudesempre cortés, rara vez subleva-da…Todo isto constitúe para cal-quera que o teña coñecido a sumade trazos máis notorios de Maside,que eran como o primeiro anuncio,nada enganoso, doutros máis reca-tados e profundos. Pero o que que-remos agora suliñar é que Maside,ademais de ter esta inesqueciblesingularidade persoal e, así mesmo,un modo tan seu de enfocar os pro-blemas, ten esta otra singularidade:que sendo tan persoal e tan distin-to, o seu exemplo ten unha validezpoderíamos dicir universal. Nonera, pois, un “raro” e máis ben lle te-ría desacougado este mote, aíndaaplicado coa intención máis loami-ñeira. Pero tampouco era, a saben-das, un modelo, e se de pequeno llehoubesen chamado “neno modelo”teríase rompido inmediatamente oscalzón para desmentir semellantedictame, e non por presunción anár-quica, senón simplemente por amoraos outros nenos, os bos e os malos.

Coido que indagando ben no fon-do dos propósitos, do designio deMaside, da súa preocupación funda-mental no que se refire á arte, ilumi-naríanse moitos problemas que nonsó afectan á arte galega, senón á saú-de da arte en xeral.”

En 1958, a revista “Galicia Emi-grante”, dirixida por Luís Seoane enBos Aires, recolleu no seu número35, de xullo e agosto, textos publica-dos na prensa española e latinoame-ricana con motivo da morte de Masi-de. Seguidamente, algúns fragmentosdeses textos, traducidos ao galego:

“Unha vez, fai xa tempo, vin a unhome na rúa que camiñaba baixo asombra dun ancho chapeu e levabana boca un xesto que non se parecíaa nada. Camiñaba de vagar e parába-se diante de tódalas cousas, porquetódalas cousas teñen a súa cor. Se-guín, sen darme de conta, aquel xes-to ata que desapareceu nun portal.

Despois souben que, ás veces, Masi-de baixaba da súa hermida e se per-día entre os homes.

(...) Un día Maside colleu unhapluma e escribiu apenas seis páxinas.Sen dúbida o mellor que se publicouen Galicia sobre arte. Non se erixiuen filósofo da arte, aínda que lle so-braba talento para iso, nin deitou osseus coñecementos bibliográficos,aínda que lle sobraban lecturas. Ninunha soa cita e moitas interrogantes.A interrogante é o segundo drama deMaside –o primeiro, segundo Mouru-llo, é a sinceridade–. Esa fouce cunpuntiño debaixo, que sega unha e ou-tra vez as ideas, para que ao fin agro-men con renovada vitalidade. A en-fermidade da autocrítica só a podenpadecer os homes superiores”.

(Gonzalo Rodríguez Mourullo)

“Falaba de vagar, con pausas etitubeos, como se temese non ato-par a palabra exacta ao seu exactopensamento. Pero o resultado erasempre o mesmo: unha correctaconclusión clarísima e airosa, quenon era home de tópicos, de con-vencionalismos, de fáciles ou fataisseguridades. Home obxectivo, pen-sando en alta voz. Asombrábanos oseu poder de ideación e a precisióndos seus discernimentos. E sempredicía algo lóxico, atinado, fondo. Undiscurso despexado e limpo, unhadialéctica directa. De aí a traza dasúa pintura: clara, honesta, clásica.Cada cadro seu é un explícito teore-ma, unha realizada lección concluín-te. Veraz, denso, noble”.

(Ánxel Fole)

“Naquel xesto inesquecible daman, naquel sorriso, naquel cello, ne-sa figura angulosa que verei paradafronte a un escaparate ao volver a es-quiña, seguirá vivindo, para mín e pa-ra cantos o amaron, esa vida de Ma-side que se furta ao sepulcro”

(Aquilino Iglesia Alvariño)

“Finou-nos en Compostela. Eraun ser humano dunha nobleza in-

Autocaricatura de Carlos Maside para

Vida Gallega

Terra tempo147_48 3/2/09 13:27 Página 47

48 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

Carlos Maside e unha representación conceptual

sintética da cuestión nacional no Estado Español

comparable. Era iso que Gracián di-cía que é o máis fermoso do mundo:“unha cabeza ergueita, os ollos que temiran, a boca verdadeira, o noble co-razón, é dicir, o gran duque de Albaou o príncipe de Condé”. Iso era,desa linaxe de fermosura esencial. Eera un enorme, xeneroso, fiel amigo.(...) Quero dicir tamén, polo que amín me toca, que perdín, coa súamorte, a un dos amigos para os calesfoi precisamente feita esta palabra, edunha fidelidade emocionante, irre-prochable”

(Álvaro Cunqueiro)

Dicir algo sobre Carlos Maside, áparte a súa poderosa personalidade, érelacionarse un pouco co suprafísico.É algo así como enfrentarse coas es-feras máis altas da humana perfecti-bilidade. Porque Carlos Maside erahome; ou, mellor, era humanidade.Cando dicía –e o repetía frecuente-mente- “eu pinto do lado do home”,exercitaba un íntimo artigo de fe.Sentía fe ante o que creaba, e todo elera fe ante a Creación”

(Fernando Mon)

Falábamos nun alto balcón,frente ao mar de Vigo. Oh, os no-bles rigores da reflexión, tan aresta-da e xuvenil, frente ao mar de Vigo,e con Carlos Maside!. Tal vez daque-la chegaba de súpeto un anxo, tantomáis grave e máis inevitablementegrande poeta canto máis circense,dicindo roucamente polo baixo e co-mo se berrase: Atopeina! Pasmosa,xusta, única! ¿Que? A palabra! (Xaos dous me deixáchedes, Carlos ma-side, Amado Villar). A reflexión e ascores e as liñas –pasmosa, xusta,única!- querendo ser buques, ser deverdade como os buques. Si, temospensado en grande, Carlos, sen ou-tros xestos que os da amizade sem-pre sorprendida.

E agora resulta que é verdade, quea nosa terra ámate, e que o teu exem-plo –o fondo exemplo da túa persoavalerosa, que é máis que valiosa, datúa ética profunda, do teu serio amor

á beleza, da túa tenrísima responsabi-lidade de artista- vai ser, xa se ve, ca-lada arenga alentadora para os nososmozos, os de agora e os que veñan.Con todas as xentes da nosa terra,que entenden de colleitas e de núme-ros –de estrelas, danzas e cántigas-,dicímoste. Grazas”.

(R. Dieste)

Maside é, fundamentalmente, unpintor galego. Ao noso xuízo o me-llor pintor galego de tódolos tempos.Agora ben: Maside é pintor galego namesma medida en que Goya é pintorespañol: sen mingua algunha da súauniversalidade, a cal, en pintura, ninradica nos asuntos, senón nos pro-blemas e os motivos. “Motivo” non éo mesmo que asunto ou tema; moti-vo, como denuncia o seu étimo, é in-citación, problema presentado aopintor pola realidade exterior, e estarealidade, no caso de Maside, é a re-alidade galega. ¿Que ten que facer opintor con esa realidade?. Redimilada súa fugacidade, salvala, facelatransparente para a eternidade. Esefoi o problema da arte de tódolostempos. Só nos nosos días se ten in-tentado esquivar ese problema: apintura non figurativa. Pero esa pin-tura, o perigo da abstracción extre-ma, é unha das cousas que Masidesoubo evitar”.

(Celestino Fernández de la Vega)

Lembrámolo, dicimos, no seuandar lento, señoril, co ademán sere-no, portando na man dereita perma-nentemente o álbum de apuntesxunto ás luvas e o bastón, e na es-querda o seu cigarro sempre unido aunha longa boquilla, dirixirse cara afeira onde trazaría unha e outra vez aliña que definiría a forma dun ser, unhome, un cabalo ou unha vaca, quelogo serviría á estampa, ao gravadoou ao cadro. Ou na mesa do café re-collendo en silencio trazo a trazo ascaracterísticas do rostro do amigocontertulio. Podémolo recordar noseu estudio da Rúa del Villar 42 ondeamoreaba soños, libros e cadros.

Terra tempo147_48 3/2/09 13:27 Página 48

Estamos nunha épocana que ao pasado se lleconcede só un valorinstrumental ao servizodunha industria comocalquera outra,esquecendo quepasado, presente efuturo forman parte dunmesmo proceso cultural

xullo-decembro 2008 terra e tempo 49

Cultura

Máis, recordámolo enteiro, en blo-que, mellor, como un dos fundamen-tais pintores galegos, unha das per-sonalidades máis importantes de Ga-licia, na súa actitude moral, na súagaleguidade, na profundidade dassúas convicións, no seu amor verda-deiro ao pobo de onde xurdira

(Fragmento da audición de Gali-cia Emigrante reproducida na revista

do mesmo nome. Luís Seoane)

Anos máis tarde, Salvador GarcíaBodaño fala do que significou Masidepara os xoves estudantes que o visi-taban na derradeira década da súa vi-da:

(...) “porque Carlos Maside funda-mentalmente foi testimuño de inte-gridade, presencia rotunda e firme,disciplina e rectitude –por riba da súaextraordinaria dimensión creadora-para aquel fato de mozos galegos uni-versitarios ou artistas coincidentesnas rúas ou nas aulas compostelanasuns anos por diante da morte de tansingular figura.

A súa rexa actitude clarificadora,a súa fonda significación humana e asúa xenerosa sabiduría cobraron uninterés revelador para aquela moce-dade –minoritaria aínda no nacentegaleguismo europeísta dos anos cin-cuenta- que medróu no contexto de-solador dunha guerra interminábel áque cómpre referirnos para compren-der a excepcional importancia decondutas tan exemplares e de maxis-terio tan valioso”

(Salvador García Bodaño, “Masi-de. Un pintor para unha terra”.C.O.A.G., 1979)

Trátase de xente que o coñeceue o quería; son por iso palabras quepoden soar desmedidas, ou retóri-cas, afagos para un desaparecido.Mais non é o caso. Coñecida é a re-lación de cálida admiración e res-pecto que en vida a súa persoa e asúa obra espertaban.

O augurio que facía Dieste deque o exemplo de Maside había ser“calada arenga alentadora para osmozos, os de agora e os que veñan”,

malamente se pode cumprir nunhaépoca na que ao pasado se lle conce-de só un valor instrumental ao ser-vizo dunha industria como calqueraoutra, esquecendo que pasado, pre-sente e futuro forman parte dunmesmo proceso cultural e que, polotanto, están intimamente entraña-dos e é imperdoábel falta desesti-mar as achegas anteriores para a ex-periencia do presente �

1 Sobre esta polémica, e para coñecer máisdatos arredor d’Os Novos, pódese consul-tar o libro “Carlos Maside”, de María Es-ther Rodríguez Losada (ed. Deputación daCoruña, 1993), o traballo máis completosobre a vida e a obra de Carlos Maside pu-blicado ata o momento.

2 Considérase que as razóns que motivan avolta ao realismo teñen relación coa nece-sidade de devolver á sociedade a confianzana cultura a través da recuperación daperspectiva histórica e dos valores clási-cos. A ruptura co pasado e a radicalidadeformal practicadas polas vangardas históri-cas levaran a relación entre arte e socieda-de a unha situación de fractura que erapreciso corrixir. Por outra banda, a debili-tada imaxe que tiñan de si mesmas as so-ciedades dos países derrotados na guerra,a crise de valores e de ideas orixinada nasconsecuencias da contenda e máis no des-encanto respecto do proxecto industrialpor mor da “deshumanización” asociada ámecanización, espertou o desexo de acou-go e de reconstrución e, por conseguinte, orexeitamento de todo cambio abrupto e doaxitado pulo vangardista.

3 Conferencia pronunciada na exposición-homenaxe a Maside organizada polo Cole-xio de Arquitectos de Galicia na Delega-ción de Cultura da Coruña en 1980,publicada en “Encontros e Vieiros” (Ediciósdo Castro).

4 O libro de María Esther Rodríguez LosadaA época da II República vista por CarlosMaside, editado pola Dirección Xeral dePolítica Lingüística , recolle unha impor-tante selección destas viñetas.

5 in Maside, un pintor para unha terra. Edi-ción do Colexio Oficial de Arquitectos deGalicia. Santiago, 1979.

Terra tempo147_48 3/2/09 13:27 Página 49