Capitán Farturas (Candea)

37

Transcript of Capitán Farturas (Candea)

Page 1: Capitán Farturas (Candea)
Page 2: Capitán Farturas (Candea)

2

Capitán Farturas

O Ventomareiro

e catro contos mais

Page 3: Capitán Farturas (Candea)

3

Asociación de Ensinantes do Salnés. CANDEA

I.S.B.N: 84-920310-4-2

Depósito Legal:

Page 4: Capitán Farturas (Candea)

4

Indice:

O Ventomareiro 5

O Crocodilo, Don Sacho 15

Polióculo 21 O Rei Morcego 29 Lingüinfibulación 37

Page 5: Capitán Farturas (Candea)

5

O Ventomareiro

Premiado no concurso da Asociación Cultural “O Facho”

Page 6: Capitán Farturas (Candea)

6

Poti e Bebé eran dous bos amigos. Coñecéranse había

agora un ano, e só cunha sinxela ollada fixéronse compañeiros.

Poti era trobeiro e Bebé guitarrista. Sen dúbida unha boa

mistura. Actuaban polas rúas e durmían onde podían,xa que eran

moi pobres.

Mais ninguén parecía aprecia-la arte dos dous amigos e,

un bó dia, decidiron deixa-lo espectáculo.

Poti fíxose esmoleiro e Bebé convertiuse en trapeiro.

Construiron unha caseta cos restos de dous coches vellos e un-

has caixas.

Seguiron sendo pobres e a súa sorte parecía non querer

cambiar; ata que un día Bebé atopou na rúa unha gran maleta

negra con rodas. Levouna para a caseta e agardou por Poti. Ó

chegar díxolle:

-Mira o que atopei.

-!Vaia maleta¡ -exclamou Poti- Si que é grande. ¿Qué

terá dentro?

-Se queremos sabelo, xa sabes, hai que abrila.

Dito e feito, cun ferro vello forzaron a pechadura e …

¡Sorpresa, sorpresa! ¿Sabede-lo que había? ¡Non, non! Non pen-

sedes que diñeiro. Nin formigas. Nin roupa vella. ¿pensades que

estaba chea de reloxos? Pois non. Dentro había un home dur-

mindo.

Bebé ía espertalo e entón decatouse, ¡era increíbe!.

Realmente aquel home era moi extraño e os dous amigos dixe-

ron a un tempo:

-¡É un home de carne viva! ¡Non ten pel!

Dixérono tan forte que o “home sen pel” espertou.

Page 7: Capitán Farturas (Candea)

7

Ergueuse e dixo sinxelamente:

-¿Que hai? Son Grafo, deseñador e arquitecto, para servi-

los no que gusten.

Poti e Bebé quedaron calados, pero non podían deixar de

pensar que aquel home non tiña pel.

O señor Grafo decatouse de que o miraban con ollos ra-

ros e decidiu contarlle-la súa historia. O asunto era o seguinte:

Grafo era un famoso arquitecto nun lonxano país chama-

do “O País das Columnas”, pola teima que tiñan os seus habitan-

tes de ergueren columnas. Nese país a persoa que ós vintecinco

anos non tivera erguidas cento corenta columnas, era considera-

da coma unha persoa maleducada e que ademais non podía tra-

ballar.

Non era este o caso do señor Grafo, xa que gracias á súa

profesión erguera máis de cincocentas columnas.

Ben, o asunto era outro, Un dia o señor Grafo decidiu

construí-la casa do vento. Unha casa de máis de mil metros de

altura, e cun labirinto no seu interior para que o vento que entra-

ra non poidera saír.

Puxo mans ó avío e en trinta días e medio rematou a súa

obra.

O día 16 de setembro, a iso das sete do serán, inaugurou

a casa do vento. E o primeiro vento que caiu na trampa foi o

señor Ventomareiro.

Pero o señor Grafo non contara que hai moitas clases de

vento, e o Ventomareiro é dos máis pillabáns.

Meter meteuse na casa, e púxose tan furioso cando non

atopou a saída que, con gran forza, derrubou a parte máis alta.

Na súa fuxida bateu con Grafo, que observaba todo, e rouboulle

a pel cunha racha moi forte.

Dende aquela o prestixio do señor Grafo devalou. Pero o

problema meirande era o da pel.

Page 8: Capitán Farturas (Candea)

8

Grafo meteuse nunha gran maleta con rodas e deixou que

a xente que a atopaba levárao onde quixera. Máis non tivera

éxito, e seguía sen atopa-la pel.

Cando rematou a súa historia, Poti e Bebé decidiron axu-

dalo. Os tres puxéronse dacordo.

-Tés que saír da maleta e adicarte a buscar ben -dixo Po-

ti.

-Non, non quero saír da maleta. Se me axudades, algún

día sí que poderei saír.

Poti e Bebé seguiron coas súas ocupacións. Pero agora,

cando se atopaban con algunha persoas sempre lle preguntaban:

-¿Sabe vostede onde pode esta-lo Ventomareiro?

Pero a ignorancia da xente nestes asuntos é manifesta.

Certo día Bebé fíxolle a pregunta a un home vestido de

vermello que estaba percorrendo o mundo, porque disque se

perdera e estaba a ver se se atopaba nalgún sitio.

O home que non se atopaba respondeulle:

-Nos meus viaxes, dei cun país moi extrano onde o

primeiro luns de cada mes sopra o Ventomareiro.

-¿E cara onde cae ese país? -dixo Bebé.

-Ides andando cara ó Leste, e onde vexades que un cabalo

mouro estea fumando en pipa, ese é o país.

Bebé aledouse moito e foillo comunicar ós seus compa-

ñeiros.

Puxéronse en camiño inmediatamente. Despois de nove

días de andaren sen descanso, chegaron onda o cabalo.

Cansos como estaban -Grafo, non; pois ía comodamente

na maleta- foron a unha pousada.

-Bos días. ¿Teñen habitacións para dous? -Dixo Poti.

-Temos -respondeu unha señora moi vella- .Pero a maleta

ten que ir para o faiado.

Page 9: Capitán Farturas (Candea)

9

E Poti e Bebé durmiron moi ben esa noite. Grafo, no

faiado, non soñou cos anxiños; pois o faiado era moi escuro e

pasou moito medo.

Á mañá seguinte era o primeiro luns de mes.

Os tres amigos puxéronse na rúa principal da cidade e

agardaron ó vento.

E chegou. Pero, ¡Qué decepción! Grafo decatouse axiña

que aquel non era o vento que lle roubara a pel.

Tristes, decepcionados, foron paseando ata a praia.

Alí estaba reparando as redes un vello mariñeiro que, ó

velos tan tristes, preguntoulles:

-¿Que lles pasa señores?

E contáronlle a historia.

Entón si que tiveron sorte. O mariñeiro era entendido en

ventos. Contoulles que hai moitas clases de vento.

Ventomareiros, Ventos da Montaña, Xistral, Ventos de

Estornudos, Ventos da Tía de Euloxio, etc., etc.

E aínda máis: os ventos eran diferentes segundo o día.

Así, o Ventomareiro do luns era diferente ó do martes.

-¡Iso é! -dixo Grafo- O día que me roubou a pel era mér-

cores.

-Pois o que podes facer é ir falar co fabricante de ventos.

É un señor moi vello que se chama Eolo -dixo o vello mariñrei-

ro-.

-¿E onde vive? -dixo Bebé.

-Pois, mirade: ides sempre contra o vento que atopedes, e

chegaredes alí.

Alá se foron. De novo a camiñar. Días e días de cami-

ño… E a contravento.

Despois de sete meses de andaren, chegaron a un enorme

pazo.

Page 10: Capitán Farturas (Candea)

10

Era un pazo cunha porta redonda; cun altavoz enriba que

anunciaba a saída dos ventos e a chegada dos que xa cumpriran a

súa misión.

Os tres amigos, nunha pausa do altavoz, entraron no pazo

e dirixíronse á Recepción.

Amablemente atendeunos o Ventorrecepcionista.

-¿Que “ventodesexan” vostedes? -dixo.

-Desexamos falar co Ventomareiro dos mércores.

-¡Ai! Se é para iso teñen que ir ó despacho do Vento-

segredario.

E aló foron por un longo corredor. Chegaron a outro

despacho.

-¿Que lles ventotrae por aquí? - dixéronlles.

Volveron repeti-lo mesmo que dixeran e o Ventosegreda-

rio díxolles:

-Síntoo moito. Ventotrabucáronse de despacho. Teñen

vostedes que ventoir á ventosección do Ventovai.

E alá foron. Cando chegaron mandáronos á sección do

Ventoven.

E entre Ventovai e Ventovén estiveron tres días. Ata que

se cansaron e mandaron a tódolos ventos que foran a toma-lo

vento. E fóronse dalí.

Tristes, chegaron a unha pequena cidade.

Aquela cidade tiña unha emisora de radio.

A chegada de forasteiros sempre era unha novidade. Os

reporteiros da emisora fixéronlles unha reportaxe; e ó pouco

tempo de saíren polas ondas, os teléfonos da emisora non deixa-

ron de soar. Toda a xente quería axudalos. Sobre de todo man-

daban roupa, moita roupa. Xerseis, camisas, cirolas, camisetas,

etc., etc.

De súpeto, cando estaban os tres amigos pensativos, Poti

dixo:

-¡Xa o teño!

Page 11: Capitán Farturas (Candea)

11

-¿Que tes?, ¿Que tes?

-Por que non facemos isto: bissssssssssssss……..sssssss..

Estiveron traballando varios días. Só quedaba un para

que fora de novo mércores.

Esa noite tódalas emisoras do mundo, en contacto coa

pequena emisora da cidade onde estaban os tres compañeiros,

emitiron esta estraña noticia:

-“Mañá, se queren axudar a Grafo, o home sen pel, ás

once en punto da mañá, berren con tódalas súas forzas. Un berro

único:

“¡¡¡FUXE DE NÓS VENTO MAREIRO!!!”

“Somentes a zona da montaña Pirixela estará en SILEN-

CIO.

“REPETIMOS:

“ZONA DA MONTAÑA PIRIXELA EN SILENCIO”

Xa os nosos amigos rubiran ó cume da montaña cun es-

traño aparello. Agardaban ás once.

Chegou o día. No pazo do señor Eolo, anunciouse:

-¡Ventomareiro do mércores!, ¡Ventomareiro do mérco-

res!

¡Saída en cinco minutos!, ¡Saída en cinco minutos!

Ós cinco minutos, sen sabe-lo que lle agardaba, saiu o

Ventomareiro do mércores, con tódalas cousas que roubara na

súa existencia.

Aló se foi, a campar polo mundo.

Sopra que sopra.

De súpeto deron as once badaladas nos reloxos de todo o

mundo. E milleiros de persoas berraron con tódalas forzas:

-Fuxe de nós Ventomareiro” FUXE, FUXE, FUXE…..

Ventomareiro sufriu tal susto que, o primeiro que fixo foi

fuxir, tal coma pensara Poti. Fuxir daqueles berros arrepiantes.

Fuxindo foise refuxiar na única zona do mundo que estaba en

silencio: a montaña Pirixela.

Page 12: Capitán Farturas (Candea)

12

Pero como levaba tanta forza, polo pulo que collera para

fuxir, tivo que pasar por riba do cume.

E alí descuobriuse o aparello dos nosos amigos. Un funil

enorme de folladelata.

O funil meirande que vos poidades imaxinar.

A parte ancha cara ó vento. A parte estreita tiña suxeita

unha gran bulsa de plástico.

O coitado do Ventomareiro caeu na trampa e deu coas

súas foulas na bolsa.

Durante tres días estivo Grafo buscando pola súa pel. Por

fin puido atopala entre a gran cantidade de cousas que o vento

roubara nas súas pasadas.

Había de todo: dentes postizos, perrucas, máquinas de

escribir, estrelas do ceo, tellas, pantalóns, etc., etc.

Grafo puido volver ser un home con pel. Poti, Bebé e

Grafo agradeceron a axuda de todo o mundo. Ataron ben a bulsa

e remitíronlla ó pazo do señor Eolo cunha tarxeta que dicía:

“O ventomareiro

rouboume o pelexo;

aquí cho devolvo

e sen fumes cho deixo.”

Page 13: Capitán Farturas (Candea)

13

O Crocodilo,

Don Sacho

Page 14: Capitán Farturas (Candea)

14

PARIS

12 Nadal 1.954

Queridos sobriños:

Coma tódolos anos por estas datas lémbrome de vós. Es-

te ano tampouco as cousas van moi ben por aquí, pero coma

tódolos anos mándovos unha das tantas historias que teño garda-

das para cando chegue o día do retorno á Terra e á escola.

Vouvos conta-la historia dun home. Pero non pensedes

que este home,que é o protagonista da nosa historia, é un home

coma os demais. O “Crocodilo” era un homes disos ós que as

persoas maiores chaman parvos, só polo feito de seren diferentes

a eles.

O Crocodilo era amigo de tódolos nenos. Traballaba de

recadeiro na almacén do Cachafeiras, que foi o único do pobo

que lle deu traballo.

En canto non traballaba, o Crocodilo pasaba a maior par-

te do tempo co seu coelliño Tan; ou tamén se poñía a toca-lo

birimbau.

O Crocodilo adeprendera a falar co birimbau dende había

tempo. Agora tiña a teima de adeprender a falar ó coelliño Tan.

Tan era un coelliño pequerrecho que andaba sempre co

pelo encrechado. Como animaliño que era, falaba na linguaxe

animal. Esta linguaxe é belísima… segundo dín.

Moitas persoas pensan que un coello dun país fala coma

poidera falar un doutro país calquera. Istas persoas están trabu-

cadas. Os coellos, por seren de países diferentes, falan linguaxes

diferentes.

Page 15: Capitán Farturas (Candea)

15

O Crocodilo non foi capaz de adeprende-la linguaxe do

coelliño, emporiso agora desexaba que o coello falara coma el.

Tódolos nenos do pobo iamos sempre á casiña do Croco-

dilo, que estaba na beira do río e era moi vella.

Alí, o Crocodilo tocaba o birimbau e contaba unhas his-

torias que nos levaban a outros mundos.

Un día contouno-la historia dun home que fixo un burato

moi fondo.

-“¿Sabede-la historia de don Sacho”? -preguntounos o

Crocodilo.

-¡Non!, ¡Non a sabemos! -respostamos todos a coro.

… E escomenzou a contarnos:

… “Había unha vez un home chamado don Sacho.

Don sacho era un fortachón que tiña un ollo de vidro. Ti-

ña tamén unha filla que andaba coas mans, e un can que sempre

andaba con tos de can.

Don Sacho era o home máis traballador da vila. Sempre

andaba a sachar co seu sacho bulidor. Os veciños sempre vían ós

dous xuntos e traballando.

Don sacho era feliz; máis unha tristura moi fonda entraba

nel cando vía á súa filla andar coas mans e cos pés no aire.

Un dia, don Sacho, enterouse de que o mundo era redon-

do coma unha gran bola.

Don Sacho pensou, xa que logo, que a xente da outra

banda do mundo andaría coas mans. El decatábase que a súa filla

non se sentía moi leda onde vivía.

Don Sacho non tiña cartos para leva-la súa filla á banda

de abaixo do mundo. Pero DON Sacho tiña o seu sacho bulidor

e pensou:

-“Se eu cravo unha agulla nunha laranxa, a punta da agu-

lla sae pola outra parte. Entón se fago un burato, tan, tan fondo,

que atravese a Terra, sairei na parte de abaixo”.

Page 16: Capitán Farturas (Candea)

16

Don Sacho botouse a trafegar co seu sacho bulidor. A

xente que pasaba pola beira do burato escachaba a rir.

Pero Don Sacho seguía a traballar.

Pasaban os días e o gran burato cada vez era máis fondo.

Pasaron meses, pasaron anos, e ninguén volveu saber de don

Sacho.

A súa filla chorou e chorou. Os veciños ríanse dela, tanto

por ser filla dun tolo coma, tamén, por non saber adar coma a

xente.

Despois de moitos anos, cando xa poucos se lembraban

do tolo de don Sacho e a súa filla xa morrera había tempo, apa-

receu na vila un señor cuns bigotes enormes.

Segundo dixo, viña da parte dabaixo do mundo. Toda a

xente quedou abraiada; pois eles tamén pensaban que as persoas

de aló embaixo andaban coas mans.

Este señor traía unha caixiña. Nela, dixo que estaban as

cinzas de Don Sacho. Este señor tamén contou que o cadaver de

don Sacho fora atopado por uns mineiros. Tan só estaba a uns

cantos metros da superficie.

Dende aquel día toda a vila lembrouse de Don Sacho e

tivérono coma unha persoa de moito caletre.

Mais agora, despois de morto, pouco lle ha de importar a

Don Sacho.

Historias coma estas eran as nosas favoritas.

O Crocodilo endexamáis nos fallaba: él e os seus contos

enchían boa parte do noso tempo libre.

O Crocodilo, varias veces ó mes, facía unhas viaxes que

a todo o mundo daban risa.

Montaba no tren co seu birimbau e unha libretiña. Non

viaxaba porque tivera que ir a algures. Viaxaba só para anota-los

nomes dos pobos polos que pasaba o tren, as persoas que subían

nel, as historias que contaban os compañeiros de viaxe, etc.

Page 17: Capitán Farturas (Candea)

17

Todo esto que facía era moi raro para as persoas maiores.

Máis para nós, que eramo-los ouvintes das súas historias, era

algo marabilloso.

Sabiamos que cando voltaba dunha das súas viaxes, traía

unha historia canda él.

Cando o Crocodilo estaba doente, non visitaba ó medico.

Falaba co seu birimbau, e iste dicíalle o que tiña que facer.

A xente maior non podía aturar por máis tempo ó Croco-

dilo. Era un home moi raro para eles.

Falaron co Cachafeiros. Dixéronlle que se segúia a lle dar

traballo ó parvo do Crocodilo, eles non mercarían máis alí.

O Crocodilo quedou sen traballo. Durante algúns días o

crocodilo comeu aire de almorzo, xantar e cea.

Pero o aire tamén se cansou de que o Crocodilo se man-

tese só á súa conta.

Un día non lle quixo dar máis de comer.

Así, diste xeito, o Crocodilo morreu de fame.

O único delito do Crocodilo era o de ser diferente, ou mi-

llor aínda: de seren as persoas maiores diferentes a él.

O Crocodilo foi enterrado perto da súa casa. Puxéronlle o

seu birimbau dentro da caixa, con él.

O coelliño Tan foi parar ó forno dun veciño do pobo.

A xente anda a decir que, nas noites de luar, soa un bi-

rimbau por onde foi enterrado o Crocodilo.

Page 18: Capitán Farturas (Candea)

18

Polióculo

Page 19: Capitán Farturas (Candea)

19

Agora xa hai catro anos daquelo.

Daquela todo fora diferente. Xamáis lle contei a ninguén

o que pasara.

Sempre vin homes que posuían dous ollos. É ben certo

que moitas persoas son cegas, por desgracia. E outras tortas. E

moitas perderon algún ollo, ou os dous, nalgún accidente.

Tamén hai xente cun ollo birollo.

As persoas cun só ollo existiron hai centos de anos. A

estes seres que tiñan un só ollo chamabanos “monóculos”.

Pero a quen eu coñecía non lle podía chamar así.

Todo escomenzou cando fun de viaxe. Aquel inverno

tiña estado doente e fun repousar á beiramar.

Na beiramar, e no inverno, todo está moi tranquilo.

Unha mañá, cando estaba camiñando pola praia, apare-

ceu perante min un home que tiña visto outras veces por ali.

Coa súa aparición, tan de súpeto, fiquei branco. Por fin,

díxenlle:

-Pero…, ¿Quen é vostede?

E el, sen berrar, cunha voceciña moi sosegada, dixo con

melancolía:

-¿De onde ves? ¡Na miña terra non hai xente coma ti!

-¿Por que dis eso?

Entón fixeime nas súas mans. Levaba unha luvas amare-

las postas.

Page 20: Capitán Farturas (Candea)

20

O home botouse a rir.

-Se sabes gardar un segredo -díxome-, direiche por qué

levo luvas.

-Tamén eu teño luvas -dixen- e cando vai frío adoito le-

valas comigo.

-Mais…, ¿hoxe non vai frío, non é?

Xa vos podedes imaxinar que todo isto me tiña intrigado,

e dixen sorrindo con ironía:

-¡Ah! ¡Aquí tedes ó home con luvas! ¡E ten un segredo!.

Sorprendeuse da miña resposta e ficou de boca aberta.

-Terei que atura-las túas burlas -dixo-, máis, ¿Cando sai-

ba-lo meu segredo…!

Entón colleume da man e levoume cara a unha casa moi

vella. Era toda de pedra e o tellado estaba a piques de caer.

-¡Pasa! -díxome. Non penses que se vai derrubar.

Dentro só había unha mesa cun libro aberto.

-Nos libros -dixo- están tódolos segredos do Universo.

-¿E tamén está o teu segredo? -dixen irónico.

Esto non lle sentou moi ben, pero seguiu a falar:

-E ó chegares perante dun libro aberto terás que lelo.

Mirei o libro. Era de certo un libro moi antigo. Estaba

aberto por unha páxina onde había un debuxo.

-Este é un “monóculo” -díxome sinalando o debuxo do

libro, onde aparecía un home cun só ollo.

-Eso só existe na maxinación -dixen con bulra-. Todo eso

son invencións. ¿Quén vai nacer cun só ollo?

-¡Velahí está o meu segredo! Esas palabras túas fanno

maxestuoso.

Cando un quere ser gracioso semella ser parvo…, e eu

semellaba selo.

Page 21: Capitán Farturas (Candea)

21

As persoas maiores non van cre-lo que vin. O home sa-

cou as luvas que lle cubrían as mans e entón, entón fiquei sen

pinga de sangue:¡ aquel home non tiña uñas!. Debedes crerme:

tiña un ollo en cada dedo no lugar de cada uña.

-Os homes -dixo- teñen medo dos seus descubrimentos

-¿Cómo se poden ter ollos nos…?

-¿E para que che serven os teus? -dixo-.

-Pero eu teño dous…

-…Pois eu teño dez máis.

De seguro que aquel home era un “Polióculo”. Se te ato-

pas debaixo dun ceo estrelado pensas que as estrelas son ollos

que te miran; diante daquel home unha sensación semelllante

enchía todo o meu corpo.

Non obstante, o Polióculo e máis eu chegamos a facernos

bos amigos.

Aínda que él non o dicía, coñecía o mundo mellor ca cal-

quera de nós. ¡Levaba toda a vida ollando o mundo con dez ollos

de máis!.

-Un día cheguei ó fin do mundo -dixo o Polióculo.

-¿E que sitio é ese? -dixen.

-É moi fermoso -dixo-. Chámase Fisterra. Alí coñecín á

única persoa que, xunto contigo, é a miña amiga.

O Polióculo boquexou e seguiu a falar:

-É unha nena moi xeitosiña, ¡tan pequerrecha!

-¿E como se chama?

-Adeliña -dixo-, e aínda hoxe non podo esquecela.

E o Polióculo escomenzou a conta-la súa historia:

“Cando cheguei a Fisterra fun mira-lo mar. Estaba senta-

do no chan cando ouvín unha voceciña que me dicía: “¿Por qué

levas luvas?”

Page 22: Capitán Farturas (Candea)

22

“Mirei para quen falaba e vin diante de min unha cativa

fermosísima.”

“Díxome que se chamaba Adela e eu ensineille as miñas

mans sen luvas”.

“Cando viu os ollos dos dedos non colleu medo coma ti.

Díxome “Son coma estrelas”. Despois, foise.”

“Os días foron pasando e eu deixei medra-la barba. Un

día, estando ollando o mar, Adela voltou. “Os homes que teñen

herba no rosto son moi raros e a min góstanme”, díxome ó tem-

po que termaba dun espello e eu podía mirarme nel”.

“E era certo, pois non me mirara nun espello desde había

semanas: ¡a herba enchía o meu rosto!”

“Entón decidín sega-la herba”. Eu respondín :”Para non

sentir vergoña cando miren para min”. “¿E tiveche vergoña dei-

ca agora?,- díxome.

“Desde logo -pensei- iso é moi certo”. Pero daquela se-

guei a herba do meu rosto e aínda o levo así.

“Adela ficou moi triste, pois pensaba que co tempo, no

meu rosto cheo de herba chegarían a vivir vaquiñas, cabalos,

galiñas…, e outros animais moi pequerrechiños…”

O Polióculo choraba ó lembrar todo isto, e eu preguntei-

lle:

-¿Qué foi de Adela?

-Pois un día funme e non souben máis dela -dixo con me-

lancolía o Polióculo.

“Decididamente, -pensei- gostaríame coñecer a Adela”.

Eu non souben como puido sabe-lo que pensaba, pero díxome:

-¡Podemos ir visitala!

Dito e feito: puxémonos en camiño. Fisterra está no fin

do mundo e levounos certo tempo dar con ela. Máis alá de Fiste-

rra non había nada: o mar enche todo.

Page 23: Capitán Farturas (Candea)

23

Certamente o Polióculo non mentira: Adela era unha ne-

na moi fermosa, de cabelo preto.

“Góstame que fiquedes aquí por un tempo” -díxonos

Adela.

Daquela pasamos uns días cheos de ledicia. O Polióculo

amosouno-los seus poderes oculares, aínda que por veces era un

pouco ousado: acostumaba mete-lo dedo indicador polo buraco

das pechaduras e, deste xeito, vía todo o de dentro.

Certo día preguntoulle Adela ó Polióculo:

-¿Podes mira-lo aire?

-Podo -dixo: aínda que teño dificultades cando sopra o

vento.

-¿Pero o aire é invisible, non é? -dixen eu.

-O aire é invisible se ti queres que o sexa -dixo o Po-

lióculo-. O ollo do meu dedo meniño da man esquerda sérveme

para mira-las cousas invisibles.

-¡Ah…! -exclamou Adela-. ¿E podes mirar un home ma-

lo e distinguilo dun bó?

-Eso é segundo o ollo co que mire a ise home. Fíxate: se

rubes ó cume dunha montaña moi alta ves todo moi pequeno; e

se baixas, iso que era pequeno convértese nalgo moito meirande.

Pensa tamén nunha casa: é pequena dende a montaña e grande ó

pé dela.

-¡Pero a casa é a mesma! -dixen eu.

-¿E logo por que a ves diferente? Dixo o Polióculo.

-Xa que logo -dixen-, ¿Non podemos saber como son as

cousas de certo?

-Eso xa depende de tí e de que saibas mirar -dixo o Po-

lióculo-. Emporiso eu teño vantaxe, xa que dispoño de dez ollos

máis ca vos…

O tempo foi pasando. O segredo do noso amigo foi des-

coberto e centos de homes quixeron coñecelo.

Page 24: Capitán Farturas (Candea)

24

Houbo homes que quixeron prender ó noso compañeiro.

Outros querían metelo nun circo e levalo por aí.

-As persoas maiores, se ven algo fora do normal, des-

trúeno -dixo Adela.

Fiquei de boca aberta ó descubri-lo signifcado daquelas

palabras e parecéronme moi emocionantes.

O Polióculo tamén comprendeu o seu significado. Ó des-

cubriren o seu segredo a súa vida pendía dun fío.

Tres días despois estabamo-los tres mirando o solpor.

-O sol é coma unha língua que fala connosco- dixo moi

triste o Polióculo.

Fixeime nas súas mans e os seus ollos botáronse a cho-

rar.

Aínda engadiu:

-¡Teño medo!

E despois dun silencio, ó sol -a língua que fala- comeuno

o grande mar de Fisterra e ó Polióculo comeuno a escuridade

que caía do ceo.

Ó írmonos dalí, Adela e máis eu, pensabamos que o noso

amigo xa non voltaría onda nós. Daquela a noite encheu todo.

Page 25: Capitán Farturas (Candea)

25

O Rei Morcego

Premiado no concurso da Asociación Cultural “O Facho”

Page 26: Capitán Farturas (Candea)

26

Había unha vez un rei que vivía nun castelo, coma tódo-

los reis. Tiña un dragón de papel, unha muller moi alta e tamén

unha filla moi fermosa.

Mais cada vez que había lúa chea, un extraño morcego

saía dalgunha parte e facía barbaridades por todo o reino. Aterro-

rizaba ás mulleres que atopaba soas nas rúas, metíase nas casas,

rompía os coches e, despois, desaparecía.

-¡Esto é un desastre! -dixo o rei, furibundo. E chamou ós

seus conselleiros.

Cando tódolos conselleiros estiveron xuntos, escomenza-

ron a murmurar entre eles.

-Señores -dixo o Rei-, estou farto dese vampiro, ou mor-

cego, ou o que sexa, que nos está amolando. Temos que desfa-

cernos del.

-¡Horror! -exclamaron os Conselleiros-. Iso pode ser moi

perigoso para calquera de nós, e nós somos moi importantes para

o reino.

-Xa pensei niso -dixo o rei, pois sabía que ninguén de

vós ía aceptar. Estades todos tremendo de medo.

Tódolos conselleiros baixaron a cabeza. Ninguén ousaba

dicir pío. E o Rei continuou falando.

-Coñecendo o que ía pasar, adianteime; e xa contratei po-

la miña conta ó inspector Reiner.

Os Conselleiros ficaron de boca aberta. Reiner era coñe-

cido coma o meirande investigador do reino.

Un dos seus casos máis sonados sucedera na China. Rei-

ner fora chamado polo Emperador Li-Chintín para que lle solu-

cionara o problema que tiña cos seus xerseis de lá, que estaban

todos embolados; co cal deslucía tódalas cerimonias do protoco-

lo.

Page 27: Capitán Farturas (Candea)

27

E Reiner fora capaz de dar cunha solución ideal para re-

solve-lo problema: mandou facer unha navalla de afeitar moi

afiada; e con ella afeitou tódolos xerseis do Emperador, que fica-

ron coma novos.

Reiner estivo aínda varios meses na China, entrenando a

un chino no manexo da navalla, xa que os xerseis de lá que se

embolan e que se afeitan, cómpre coidalos tódolos días -igual

que fan os homes coas súas barbas-.

-¡Andando! -dixo o rei ós Conselleiros- Ide por aí a to-

ma-lo aire!.

Ós poucos días chegou ó castelo o inspector Reiner.

-Maxestade -dixo Reiner-, só quero saber cal será a miña

recompensa.

-Se vostede captura ó vampiro, morcego, ou o que sexa,

poderá casar coa miña filla.

Reiner puxo mans ó avío. Comenzou por visitar ás víc-

timas do vampiro. Todas ellas eran mulleres, agás un home, un

extranxeiro, que era guitarrista e estaba de xira polo reino.

Tódalas víctimas coincidiron nas súas respostas; ninguén

estaba ferido. E cousa extraña, todos eles levaban luvas.

¿Qué ocultaban?, ¿Cal era o seu misterio?

Reiner non sabía moito, os días ían pasando. O único que

sabía de certo era que a princesa era moi fermosa, e que se des-

cubría ó vampiro podería casar con ella.

-¡Ceos! -dixo un día-. Hoxe hai lúa chea e pode ser unha

boa oportunidade para capturar ó vampiro.

Esa noite saiu á rúa disfrazado de muller, e agardou a que

o vampiro fixera algo.

Pouco despois das dúas da madrugada, un enorme mor-

cego que estaba oculto na ponla dunha árbore, apareceu de súpe-

to perante del, convertíndose en home. Atacouno sen que poide-

ra respostar.

Page 28: Capitán Farturas (Candea)

28

Máis non creades que o home-morcego zugou o sangue

do pescozo de Reiner. ¡Non!. O seu obxectivo eran as mans. E

non polos dedos, non; pois todo o que lle fixo o estraño asaltante

foi comerlle as uñas.

Despois disto, que durou poucos segundos -pois Reiner

tamén comía as uñas e non lle medraban moito-; despois disto,

digo, o asaltante volveuse transformar en morcego e saiu voan-

do. Reiner tivo coraxe para seguilo e, claro, viuno entrar no pazo

do Rei.

O caso tomaba un camiño inesperado.

Reiner analizou os datos que posuía:

1º.- Un home-morcego que entra no pazo do Rei.

2º.- Unhas víctimas que ocultan as mans.

3º.- Él mesmo sofre un ataque, disfrazado de muller.

Pensa, pensa, pensa…

-¡Xa está! -dixo Reiner mentres todo o seu rostro era un

soriso.

Ó día seguinte, Reiner anunciou ó Consello -que estaba

presidido polo rei- as súas conclusións:

-O culpable é… -a curiosidade proía ós Conselleiros; ata

o rei non sabía que facer.

-¡O Rei!, ¿O culpable é o rei!

-¿Como dís? -exclamou o Rei, estupefacto- ¿Ti? ¿Ti? ¿Acú-

sasme a min?

Reiner, que agardaba algo semellante, aclarou:

-É certo que acuso ó rei; mais tamén afirmo que non era

consciente do que facía.

Os Conselleiros xa non sabían que pensar.

¡Qué escándalo! ¡Un Rei morcego!

Reiner continuou falando:

-Señores Conselleiros, o rei é un comeuñas terrible. Den-

de pequeño, segundo averigüei, comeu as uñas. E nos días de lúa

chea o rei sofre unha verdadeira transformación. Daquela todo él

é morcego. E ataca ás persoas. E só ataca as mans das súas víc-

Page 29: Capitán Farturas (Candea)

29

timas porque anda coa teima de come-las uñas. e prefire ás mu-

leres porque teñen as uñas máis longas que os homes.

-¡Horror! -exclamaron os Conselleiros- ¡Temos un Rei-

morcego-comeuñas!

-¡Certo, señores! O Rei só come as uñas das súas vícti-

mas.

O triste destino do rei é que come as uñas con tantas ga-

nas que os seus dedos están en carne viva.

De feito xa moitas persoas fixeron algunhas tentativas

para que o rei deixara aquel vicio; máis sen teren conseguido

moito.

Parecía que había unha forza que empuxaba ó rei a seguir

comendo uñas.

-¡Ai de min! -dixo o Rei.

-¡Maxestade! Eu tamén teño a solución para este proble-

ma.

-¡Pero se o intentei todo! Botei líquidos horribles, aceite

de San Bieito, baños de mar, samesugas… Todo foi inútil. ¡E

agora morcego-comeuñas!.

Reiner continuou falando, con emoción, botando faíscas

polos ollos.

-¡Maxestade! ¡Señores! O problema dos comeuñas é gra-

ve -e eu seino por experiencia, pois son un deles-. ¿Por que non

aproveitamo-los anaquiños de uñas que toda a xente tira cando

corta as láminas córneas, semitransparentes, que a nós tanto nos

gustan?

-¡Horror! ¿Fala vostede de come-las uñas dos demais?

-¡Falo dunha fábrica de conservas de uñas! Alí as uñas

serían hixienizadas e tratadas cuns métodos semellantes ó leite

esterilizado.

Despois dun feixe de discusións o proxecto foi aceptado,

e a nova fábrica entrou en funcionamento poucos meses despois.

Agora, cando o Rei tiña ganas de comer uñas, abría unha

latiña de uñas en conserva e ficaba satisfeito.

Page 30: Capitán Farturas (Candea)

30

-¡Polo demo! -exclamaba impresionado- ¡Son excelen-

tes!

Desde logo, a solución de Reiner deu resultado.

O Rei deixou de ser morcego-comeuñas, e deixou de te-

los dedos en carne viva.

Reiner foi nomeado Conde. E casou coa Princesa.

Tamén se fixo cargo da fábrica de conservas.

O Conde Reiner decidiu un día satisface-la demanda tan

enorme de comedores de uñas espallados polo mundo. Co per-

miso do rei ampliou o negocio.

Os suministros de uñas eran moi variados. Había uñas de

África, da India, do Brasil, e ata de Betanzos -que son as que

máis rabuñan-.

Na fábrica eran preparadas de moitas formas diferentes.

En curto tempo tódolos supermercados do mundo estive-

ron cheos de latas de uñas en escabeche, en aceite, en salsa de

tomate, picantes…

(A última novidade é o flan de uñas)

As cousas van ben. O Conde Reiner é cada vez máis rico;

o rei xoga co dragón de papel; e tódolos comedores de uñas do

mundo, comen uñas enlatadas.

Page 31: Capitán Farturas (Candea)

31

Lingüinfibulación

Page 32: Capitán Farturas (Candea)

32

Aquel día o Emperador Ásburi observou os planetas e

despois de sacrificar un teixugo forte, entrou con todo o seu exé-

rcito en Gobland.

A xente de Gobland loitou con forza, mais eran poucos e

o Emperador de Sataland conqueriu o país.

Gobland era o país dos misterios. A súa língua era un

misterio. Os petroglifos que enchían as pedras eran misteriosos

tamén.

Gobland foi conquerida pola axuda que recibiu o Empe-

rador Ásburi do seu servidor Indro.

Indro era un can rabilongo grande e forte. Non era un can

normal, xa que o seu corpo estaba cuberto de plumas de corvo,

pero o máis raro era o seu rabo: cando alguén miraba para el

quedaba cego por tres días.

Indro posuía de certo o rabo de Satanás, co que os seus

poderes eran os mesmos ca os do demno. Este extraordinario

rabo era, tamén, o seu único punto fraco.

Indro co seu poder dominaba por completo ó Emperador.

Ámbolos dous, despois de conqueriren o país, decidiron que

todo o mundo en Gobland falase a língua que eles falaban.

Indro podía transformarse en calquera animal; aínda que

sempre conservaba o rabo. Esta vez transformouse en home rabi-

longo e dixo:

-Temos de facer un bo escarmento para que esta xente

non fale máis a súa lingua.

-¿E que imos facer…? -dixo o Emperador con medo.

Page 33: Capitán Farturas (Candea)

33

-¡¿Que imos facer…?! -dixo Indro berrando-. O único

que vai facer cousas aquí son eu.

E Indro transformouse nun enorme animal con grandes

dentes. Abriu a extraordinaria boca e papou ó Emperador.

Agora Indro rabilongo era o novo Emperador e dictou

unha orde moi severa por todo o país .”Todos aqueles que non

aprendan a nova lingua irán ó cárcere”.

Os soldados de Staland axiña comenzaron a prender cen-

tos e centos de persoas. Os cárceres ficaban pequenos e os pro-

blemas aumentaban. A xente de Gobland amaba a súa lingua e

non renunciaba a ela.

Entón o Demo que vivía dentro de Indro puxo mans ó

avío. A maldade encheu todo o país. Os soldados recibiron unha

estraña orde:

¡Lingüinfibular!

A operación consistía en fura-las linguas dos desobedien-

tes e introducir unha fíbula ou anel por ese burato. Desta manei-

ra estas persoas ficaban coma mudas.

Unhas poucas persoas refuxiáronse nas montañas fuxin-

do da lingüinfibulación. Os soldados de Indro fixeron verdadei-

ros esforzos para dar con elas, mais non foron capaces. Estes

fuxidos conservaron a lingua e os costumes do pobo de Gobland.

Os fuxidos eran poucos e todos eles obedecían ó vello avó Ron.

Despois dalgúns anos, o vello Ron construiu unha enor-

me clepsidra. Cando a rematou xuntou a tódolos fuxidos e dixo:

-Vou morrer en pouco tempo e só vos pido que esteades

atentos á clepsidra. Cando a vasilla superior fique sen pinga de

auga, agromará aquí mesmo a nosa salvación.

O vello Ron finou despois destas palabras. A clepsidra

era enorme, pero ós catro días ficou sen auga. Os fuxidos agar-

daban naquel lugar polas misteriosas palabras do vello Ron.

Page 34: Capitán Farturas (Candea)

34

E ocurriu algo estrañísimo. Un enorme castiñeiro brotou

de súpeto. Os fuxidos comenzaron a coller tódalas castañas que

pingaron das ponlas. E entón a vella Traina berrou con forza:

-¡Mirade!, ¡Mirade!

Dentro da castaña que a vella Traina termaba había un

neno do tamaño dunha uña. O cativiño botouse a chorar. Traina

dixo:

-Veleiquí está o noso “Salvador”. Voume encargar do

seu coidado con todo o agarimo que lle saiba dar.

-¿Cal será o seu nome?, -dixeron algúns.

-Ron será o seu nome -dixo Traina, así sempre lembra-

remos ó home que o anunciou.

Co tempo Ron medrou e converteuse nun gran home.

Casou cunha muller moi fermosa chamada Lambera, un pouco

maior ca el, e que coñecera había uns meses.

Un día a vella Traina falou con Ron e contoulle todo o

lerio do seu nacemento.

Aquilo cambiou profundamente a Ron. Sabía que tiña a

obriga de ir matar ó opresor do seu pobo: Indro.

Lambera e Ron decidiron ir xuntos. Comenzaron a súa

longa viaxe coa esperanza que dá a verdade.

O pobo aínda estaba lingüinfibulado. A xente xa non tiña

esperanzas. ¿Quen podía matar a Indro?. Aquel rabo tiña un

enorme poder.

Ocurriron entón grandes cousas. Ron e Lambera chega-

ron á grande pedra de A Laxe e un lobo do tamaño dun touro

saiulles ó paso. O lobo transformouse en pomba; e a pomba en

galo; e o galo en neno. O neno termaba dun papel onde había un

debuxo dun labirinto. Despois dixo:

-O xelo está no labirinto. Descubre o segredo do labirinto

e tera-la chave do que queres.

O neno transformouse en po e o vento levouno dalí.

Page 35: Capitán Farturas (Candea)

35

Todos en Gobland coñecían o labirinto. Sabían da súa

existencia e do segredo que gardaba. Camiñaron a escondidas e

despois de dous días de viaxe chegaron á Cova do labirinto.

Lambera levou a Ron a unha enorme pedra que estaba a

uns metros da boca da cova. ¡Alí estaba o labirinto labrado na

pedra!.

No centro xusto do petroglifo sobresaía unha pedra

vermella, coma se fose un gromo do labirinto.

-Esta pedra vermella -dixo Lambera-, segundo a lenda da

cova que me contou o meu avó, pode cortar todo: pero ninguén

foi capaz de arrincala.

Ron botou a súa man e tampouco puido arrincala. Nese

momento oiuse unha voz moi forte:

-¡Aquí están!

Era Indro. Viña só.

-Eu ben sabía que nos fuxidos mandaría alguén. Mentres

falaba ía sufrindo transformacións de continuo: agora era merlo,

despois ran, agora era peixe, despois touro preto.

Entón Ron sentiu o seu corpo cheo dunhas palabras que

non podía gardalas máis. Cunha voz coma o xílgaro berrou:

-¡Lingua do meu pobo, fala!

A voz encheu toda a cova e ó mesmo tempo a pedra

vermella do labirinto voou coma un lóstrego ata a man esquerda

de Ron.

Indro comenzou a persecución. Ron e Lambera fuxían

del adentrándose na cova.

Chegaron ó máis interior da grande cova e non había

outra saída.

¡Estaban atrapados!

Daquela Ron e Lambera sentiron unha estrana sensación

que os obrigou a ergue-las cabezas cara ó teito.

¡E alí estaba! Unha enorme agulla de xeo penduraba do

teito.

Page 36: Capitán Farturas (Candea)

36

Indro chegou onda eles e cun sorriso burlón dixo:

-¡Xa vos teño!

Ron termou con forza da pedra vermella e dando un be-

rro, ceibouna. A pedra vermella voou a unha velocidade inusita-

da e cernou pola base a agulla de xeo, que se espichou coma

unha frecha no rabo de Indro.

Daquela, aquel animal foi todo e foi nada. As pedras fo-

ron ferro e un resplandor cegador pingou veleno no ar sobre o

rosto de Indro.

Cando miraron só ficaba alí unha pedra encadeada ó

chan, e o que fora rabo era agora caxato brillante de ouro.

Daquela as línguas dos homes de Gobland ficaron sen

fíbulas. A fala volveu a enche-lo aire.

Aínda nos nosos tempos o pobo de Gobland elixe ós seus

representantes na Cova do Labirinto, na pedra encadeada. O que

é elexido rei leva o caxato de ouro nunha man e a pedra vermella

na outra.

Page 37: Capitán Farturas (Candea)

37