Cantiga de amigo

6
LITERATURA GALEGA I A literatura galego-portuguesa medieval. A cantiga de amigo. 3º ESO Acto Presentación do tema e esquema.

Transcript of Cantiga de amigo

Page 1: Cantiga de amigo

LITERATURA GALEGA I

A literatura galego-portuguesa medieval. A cantiga de amigo.

3º ESO

Acto

Presentación do tema e esquema.

Page 2: Cantiga de amigo

Esquema xeral (1)

1. A cantiga de amigo.

1.1. Orixe.

1.2. Contido. Características.

1.2.1. Tema.

1.2.2. Estrutura.

1.2.3. Simboloxía.

Page 3: Cantiga de amigo

Esquema xeral (2)1.3. Forma. Recursos de repetición.

1.3.1. Xustificación

1.3.2. Paralelismo.

1.3.3. Leixaprén.

1.3.4. Refrán

1.4. Subxéneros.1.4.1. Bailadas.

1.4.2. Cantigas de romaría.

1.4.3. Mariñas ou barcarolas

1.4.4.Albas ou alboradas

Page 4: Cantiga de amigo

A cantiga de amigo.

1.1 Orixe.-

Lírica autóctona popular de transmisión oral. Papel central da muller

1.2 Contido. Características:

1.2.1 Tema.- Poema de amor no que unha voz feminina xeralmente laméntase pola ausencia do seu amigo (amado)

1.2.2 Estrutura.- Con frecuencia aprostrofada. A moza diríxese a unha confidente (nai, irmá, amigas) ou a un elemento da natureza (ondas do mar, vento) que aparece personificado.

1.2.3 Simboloxía. Moitas veces tanto a moza como o seu amado, ou o relacionado co encontro carnal e a paixón amorosa, aparecen simbolizados por elementos da natureza. Así, a auga é símbolo da muller, da moza, o vento ou o cervo da virilidade, do amado, a fonte do lugar de encontro, a auga revolta ou o mar tempestuoso da paixón amorosa no encontro dos amantes.

Page 5: Cantiga de amigo

1. A cantiga de amigo.1.3. Forma. Recursos de repetición.

1.3.1. Xustificación. O feito de seren composicións para ser cantadas e, en consecuencia, escoitadas, condiciona a súa forma. A súa estrutura tan marcada e determinada polos recursos de repetición pretende facilitar a comprensión, ao que escoita, e a memorización, ao xograr, que debe coñecer un gran número de cantigas.

1.3.2. Paralelismo. A repetición dos versos dunha estrofa, con lixeiras modificacións , na seguinte.

1.3.3. Leixaprén. Repetición do segundo verso dunha estrofa como primeiro verso, non da seguinte, senón dunha máis adiante. P. ex.: O segundo verso da primeira estrofa, repetirase no primeiro verso da terceira estrofa, e así sucesivamente.

1.3.4. Refrán. A repetición de un, dous ou, ás veces, tres versos ao final de cada estrofa.

Page 6: Cantiga de amigo

1. A cantiga de amor

1.4. Subxéneros.Bailadas. A moza, contenta por estar namorada, invita as amigas a

bailar. Sempre con refrán.

Cantigas de romaría. Relacionadas coas romaxes e peregrinacións a igrexas, ermidas e santuarios nos que, nun ambiente festivo, se produce o encontro da moza e do seu amigo.

Mariñas ou barcarolas. Caracterizadas pola presenza do amr como elemento ambiental. Habitualmente a moza conversa coas ondas do mar.

Albas ou alboradas. Localizadas nas primeira horas do día.