Can gúia

19
AVANZAR CO MOUSE

Transcript of Can gúia

Page 1: Can gúia

AVANZAR CO MOUSE

Page 2: Can gúia

Ola!Son un can guía e quero ensinarte

como debes actuar cando te atopes

comigo en compañía do meu

amo cego.

Page 3: Can gúia

Antes que nada, déixame dicirche

que son un can de traballo,

non unha mascota. Canto máis me

ignores, mellor será para o meu amo e

para min.

Page 4: Can gúia

O meu comportamento e o meu trato son

totalmente diferentes aos doutros cans e

debo ser respectado na miña dobre función de

guía e fiel compañeiro do meu amo cego.

Page 5: Can gúia

Por favor, non me toques nin me aloumiñes cando me

encontre traballando, ou sexa cando me

vexas co arnés posto. Se o fas pódome

distraer e eu non debo fallar xamais.

Page 6: Can gúia

O máis axeitado, daquela, é ignorarme. Pero non por iso vaias sentir temor ningún! Os cans guía estamos adestrados e nunca seriamos capaces de facerche dano sen

motivo.

Page 7: Can gúia

Eso si.Se traes contigo

outro can, por favor, contrólao para evitar que

chegue a producirse algún accidente cando

pase ao meu lado ou ao lado do meu

amo cego.

Page 8: Can gúia

Por favor, non me ofrezas lambetadas nin alimentos: o meu amo

cego xa se encarga diso

con esmero. Estou ben alimentado

e teño un horario prefixado para ir

comer.

Page 9: Can gúia

Cando te dirixas a unha persoa cega que se acompaña por un can guía coma min,

fálalle directamente a el e non a min.

Page 10: Can gúia

Se un cego con can guía

chegase a solicitarche axuda,

achégate polo lado dereito, de modo que eu

quede á esquerda.

Page 11: Can gúia

Ordenarame entón que te siga, ou ben pedirache que lle

ofrezas o teu cóbado esquerdo.

En tal caso ha facerme un sinal para indicarme que estou temporalmente fóra

de servizo.

Page 12: Can gúia

Se un cego con can guía te

pregunta direccións, dálle indicacións

claras do sentido en que

debe xirar ou seguir para situarse no lugar ao que se

dirixe.

Page 13: Can gúia

Non corras nin tomes do brazo a unha persoa cega en compañía dun

can guía sen antes falarlle.

Tampouco toques o meu arnés, xa que o mesmo é só para o amo cego a quen

acompaño.

Page 14: Can gúia

Os cans guíatemos lugares e

horarios predeterminados para evacuar os nosos esfínteres.

Page 15: Can gúia

Eu, como can guía, estou habituado

para viaxar en todo medio de

transporte, colocado aos pés do meu amo

cego sen causar molestias aos

pasaxeiros, tanto dentro como fóra do país.

Page 16: Can gúia

En virtude do seu riguroso

adestramento, os cans guía están

habituados e capacitados para

acceder e permanecer xunto aos seus

respectivos amos en todo tipo de

establecementos, tanto de saúde como

en centros comerciais, restaurantes,

supermercados, cafeterías, cines,

teatros, centros de estudo ou traballo,

etc., sen causar alteración ao normal funcionamento dos

mesmos nin molestias ao persoal ou ao

público.

Page 17: Can gúia

Nos lugares de traballo,

os usuarios de cans guía encóntranse

capacitadospara exercer as súas funcións con eles ao

seu lado. Acorde ao

adestramento que reciben,

os cans guía nunca vagan ao seu arbitrio polos recintos, senón

que permanecen situados aos pés do seu

amo cego.Os cans guía teñen o mesmo dereito que estes para gozar de

libre acceso a todos os lugares públicos.

Page 18: Can gúia

Axúdasmea difundir todo isto?

Page 19: Can gúia

Graciñas,meu

amigo!