Campaña de vacinación antigripal 2019...Campaña de vacinación antigripal 2019 6 Introdución A...

28
Instrución Campaña de vacinación antigripal 2019

Transcript of Campaña de vacinación antigripal 2019...Campaña de vacinación antigripal 2019 6 Introdución A...

Instrución

Campaña de vacinación antigripal 2019

ASUNTO:

Campaña de vacinación antigripal 2019

ORIXE:

DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA

DIRECCIÓN XERAL DE ASISTENCIA SANITARIA

DESTINATARIOS:

Centros de saúde / hospitais públicos / hospitais e centros médicos privados /

residencias da terceira idade / centros penitenciarios / unidades asistenciais de

drogodependencias / centros de menores e colexios-residencias / residencias

de discapacitados / outros tipos de centros / xefaturas territoriais da Consellería

de Sanidade / EOXI

INICIO DA CAMPAÑA: 14 de outubro de 2019

FINALIZACIÓN: 27 de decembro de 2019

Edita: Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Saúde Pública

INSTRUCIÓN: 4/19

Deseño: idear.com.es

A información relativa a esta campaña pódese consultar na web temática de gripe da Dirección Xeral de Saúde Pública:

http://gripe.sergas.gal

ÍNDICE INFORMACIÓN BÁSICA DA CAMPAÑA ................................................................... 4

Introdución ................................................................................................................... 6

1. Obxectivos da campaña ............................................................................................. 8

2. Datas da campaña ....................................................................................................... 8

3. Administración da vacina fronte á gripe .................................................................... 9

4. Poboación diana .......................................................................................................... 9

4.1. Persoas con risco de complicacións ....................................................................... 9

n Persoas de 60 ou máis anos, realizando especial fincapé na vacinación das persoas de 65 ou máis anos ....................................................................... 9

n Persoas de calquera idade residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos) ............................ 9

n Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación ................................ 9

n Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) que reciben tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico, pola posibilidade de desenvolver unha síndrome de Reye ..................................................................................... 9

n Nenos de entre 6 meses e 2 anos de idade que naceran prematuros (< 32 semanas de xestación) .............................................................................. 9

n Persoas menores de 60 anos e maiores de 6 meses con algunha das patoloxías que presentan un maior risco de padecer complicacións derivadas da gripe ............................................................................................. 9

4.2. Persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de presentar complicacións ....................................................................................................... 10

4.3. Outras persoas nas cales se recomenda a vacinación ........................................... 11

5. Información técnica sobre as vacinas antigripais ................................................... 11

Composición .................................................................................................................. 11

Indicacións por tipos de vacina ..................................................................................... 12

Administración, pautas, doses e conservación ............................................................. 12

Conservación ................................................................................................................ 13

Inmunoxenicidade e efectividade .................................................................................. 13

Efectos secundarios ...................................................................................................... 14

Precaucións e contraindicacións ................................................................................... 15

Administración simultánea da vacina antigripal e outras vacinas ................................... 16

6. Xestión ......................................................................................................................... 16

6.1 Distribución de vacinas a puntos de vacinación ..................................................... 16

6.2 Recepción das vacinas e mantemento da rede de frío .......................................... 19

6.3 Rexistro das doses administradas ......................................................................... 20

7. Seguimento e avaliación da campaña. Informes ................................................... 22

8. Recollida de doses sobrantes .................................................................................. 23

ANEXOS .......................................................................................................................... 25

I. Coordinadores/as das EOXI .......................................................................................... 26

II. Xefaturas territoriais da Consellería de Sanidade ........................................................... 27

44

Campaña de vacinación antigripal 2019

INFORMACIÓN BÁSICA DA CAMPAÑAy Data de inicio: 14/10/2019 y Data de finalización: 27/12/2019

Novidades máis salientables

y Utilización de 3 tipos de vacinas:- Adxuvada para persoas de 65 e máis anos.- Vacina tetravalente cultivada en liñas celulares para mulleres

embarazadas e outras persoas de risco de entre 15 e 64 anos.- Tetravalente para poboación infantil de entre 6 meses e 14 anos.

y Vacinación en prematuros.y Vacinación en persoas con calquera trastorno da coagulación.

Administración da vacina fronte á gripey Esta vacinación realízase como consecuencia dunha decisión da autoridade sanitaria en materia de

saúde pública, por un risco epidemiolóxico e co fin de preservar a saúde colectiva e a das persoas cun maior risco de desenvolver complicacións por esta enfermidade, polo que non require diagnósti-co nin prescrición previa.

Poboación dianay Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as persoas de 65 ou máis anos.y Residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a

crónicos).y Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación.y Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico.y Nenos de entre 6 meses e dous anos de idade que naceran prematuros (< 32 semanas de xestación).y Persoas menores de 60 anos e maiores de 6 meses con patoloxías de risco (definidas na instrución).y Profesionais de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios.y Estudantes en prácticas en centros sanitarios.y Persoas que traballan en institucións xeriátricas ou en centros de atención a enfermos crónicos.y Persoas que proporcionan coidados domiciliarios a pacientes de risco ou a persoas maiores.y Conviventes (incluídos nenos) de persoas pertencentes a grupos de risco. y Persoas que traballan en servizos esenciais para a comunidade.y Traballadores expostos directamente ás aves domésticas ou porcos nas granxas ou explotacións

avícolas ou porcinas, e tamén ás aves silvestres.

Vacinas da campañay Chiromas® para persoas de 65 ou máis anos.y Flucelvax Tetra® para mulleres embarazadas e para persoas de calquera outro grupo de risco

con idade comprendida entre 15 e 64 anos.y Vaxigrip Tetra® para a poboación infantil entre os 6 meses e os 14 anos.

Pauta de vacinacióny Unha dose (agás os menores de 9 anos, que poden necesitar dúas).

5

Campaña de vacinación antigripal 2019

Distribución de vacinasCarga inicial:y Os centros pertencentes ao Sergas recibirán a carga inicial de doses sen ter que solicitala.y Os restantes centros deberán solicitar a carga inicial de doses das diferentes vacinas á xefatura

territorial da Consellería de Sanidade correspondente.

Distribución:Días de distribución

14-25 de outubro martes mércores venres

28 de outubro-8 de novembro martes xoves

A partir do 11 de novembro xoves

Sistemática de peticións:Vía web. Prema no seguinte botón:

Rexistro de dosesCentros pertencentes á rede Sergas: módulo habilitado en IANUS.

Restantes centros: vía web. Prema no seguinte botón:

Web temática de gripe da Dirección Xeral de Saúde Públicahttp://gripe.sergas.gal

ContactoXefaturas territoriais da Consellería de Sanidadey A Coruña: [email protected] 981 155 822 / 981 082 250y Lugo: [email protected] 982 292 117 / 982 292 113y Ourense: [email protected] 988 066 347 / 988 066 332y Pontevedra: [email protected] 986 885 881 / 986 885 824 / 986 885 826y Vigo: [email protected] 986 817 724 / 986 817 233

EOXI (estrutura organizativa de xestión integrada)y A Coruña e Cee: 981 178 000 Ext. 297 211 / 291 023

y Ferrol: 981 334 018 / 234 573

y Santiago de Compostela e Barbanza: 250 480

y Lugo, Cervo e Monforte de Lemos: 536 299

y Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras: 566 439

y Pontevedra e O Salnés: 986 807 011 / 287 011/ 649 475 785

y Vigo: 619 606 625

web https://n9.cl/fog5

web https://n9.cl/fog5

Campaña de vacinación antigripal 2019

6

IntroduciónA gripe é unha enfermidade transmisible e previble, que pode evolucionar desde leve a

grave e ser incluso mortal, sobre todo en persoas de risco. Por iso a Consellería de Sani-

dade realiza cada outono desde 1991, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública e do

Servizo Galego de Saúde, a campaña de vacinación antigripal.

A vacina da gripe reformúlase cada ano debido á variación constante dos virus gripais,

co obxectivo de que concorden os virus incluídos na vacina cos circulantes. Na vacina

recomendada para esta tempada 2019-2020 prodúcense dous cambios respecto á vaci-

na utilizada na tempada anterior:

y No caso da cepa A(H1N1) substitúese a cepa A/Michigan/45/2015 pola cepa

A/Brisbane/02/2018 (H1N1).

y O compoñente A(H3N2), que era A/Singapore/INFIMH-16-0019/2016, subs-

titúese por A/Kansas/14/2017 (H3N2).

Este ano preséntanse novidades con respecto á campaña anterior:

Usarase a vacina trivalente adxuvada, que ten unha maior inmunoxenicidade, para todas

as persoas de 65 ou máis anos, ingresadas ou non en residencias da terceira idade, re-

baixándose unha década a súa indicación respecto a anos previos.

Estenderase o uso de vacinas tetravalentes ao resto da poboación de risco. Estas va-

cinas conteñen, ademais das 3 cepas habituais, unha cepa a maiores do virus B (B/

Phuket/3073/2013, da liñaxe B/Yamagata/16/88). Dentro destas, contaremos cunha vacina

cultivada en liñas celulares que se destinará a aquelas persoas con idades comprendidas

entre os 15 e os 64 anos. Esta vacina achega unha mellora desde o punto de vista epide-

miolóxico e vantaxes derivadas do seu proceso de fabricación, xa que a súa multiplicación

en cultivo celular asegura que os virus resultantes sexan copia exacta do inicial, eliminán-

dose así o proceso de adaptación do cultivo en ovos embrionados que pode provocar,

nalgúns casos, diferenzas no resultado final e derivar nunha menor efectividade vacinal.

Outra novidade salientable é a inclusión dentro dos grupos de risco dos nenos que teñen

entre 6 meses e 2 anos de idade que naceran prematuros (< 32 semanas de xestación)

e aquelas persoas con calquera trastorno da coagulación.

Campaña de vacinación antigripal 2019

7

Dada a boa acollida e os bos resultados acadados na campaña anterior, este ano mante-

rase a oferta para o persoal sanitario dos centros sanitarios públicos de vacinarse unha

semana antes do comezo da campaña para a poboación xeral, ampliándose este ano aos

hospitais de titularidade privada. Manterase a singularización dos profesionais sanitarios

vacinados coas chapas co lema “Eu vacineime. E ti?” marcando o seu compromiso coa

vacinación e os seus pacientes.

Continuarase coa iniciativa comezada na campaña anterior de publicar informes perió-

dicos para os profesionais sanitarios de atención primaria pública sobre a cobertura

de vacinación antigripal da súa cota/grupo a través do aplicativo WPRESS para a au-

toavaliación e adopción de medidas de mellora, de considerarse oportuno.

Cómpre lembrar, como sempre, que esta é unha campaña de moi alto impacto no sis-

tema asistencial, xa que implica a participación dun importante número de profesionais

sanitarios que desenvolven o seu traballo en centros nos que se atenden as persoas per-

tencentes a grupos de risco e, de aí, a enorme importancia da colaboración de todos os

profesionais implicados nela.

Campaña de vacinación antigripal 2019

8

1. Obxectivos da campaña Os obxectivos que se pretenden acadar nesta campaña de vacinación detállanse a

continuación:

Obxectivo xeralDiminuír o número e a gravidade das complicacións derivadas do padecemento da

gripe, tentando minimizar o impacto na saúde mediante a súa prevención.

Obxectivos específicosy Conseguir unha cobertura na poboación de 65 ou máis anos igual ou superior ao

65 %.

y Conseguir unha cobertura na poboación de 60 a 64 anos igual ou superior ao 35 %.

y Conseguir unha cobertura vacinal nos traballadores sanitarios do Servizo Galego de

Saúde superior ao 50 %.

y Conseguir unha cobertura vacinal nas mulleres embarazadas igual ou superior

ao 55 %.

Obxectivos de xestióny Conseguir que a porcentaxe de doses recollidas ao remate da campaña sexa menor

dun 5 % das doses subministradas aos centros.

y Conseguir que a relación entre as doses rexistradas e as utilizadas sexa de máis do

97 %.

2. Datas da campañay Inicio: 14 de outubro.y Fin: 27 de decembro.

Ao persoal sanitario dos centros sanitarios públicos e dos

hospitais de titularidade privada ofertaráselle a vacinación

desde o día 7 de outubro, para afrontar a campaña protexi-

do fronte a esta enfermidade e evitar o risco de transmisión

da gripe aos seus pacientes, sobre todo a aquelas persoas

con alto risco de padecer as súas complicacións.

outubro

14inicio

decembro

27fin

Campaña de vacinación antigripal 2019

9

3. Administración da vacina fronte á gripeEsta vacinación realízase como consecuencia dunha decisión da autoridade sanitaria

en materia de saúde pública, por un risco epidemiolóxico e para preservar a saúde

colectiva e a das persoas con maior risco de desenvolver complicacións por esta enfer-

midade, polo que non require diagnóstico nin prescrición previa.

Estas recomendacións de vacinación formúlanse ao amparo do establecido na Lei

33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública, e na normativa das comunidades

autónomas nesta materia.

4. Poboación diana 4.1. Persoas con risco de complicacións

4.1.1 Persoas de 60 ou máis anos, realizando especial fincapé na vacina-ción das persoas de 65 ou máis anos.

4.1.2 Persoas de calquera idade residentes en institucións pechadas (resi-dencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos).

4.1.3 Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación.

4.1.4 Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) que reciben tratamen-tos prolongados de ácido acetilsalicílico, pola posibilidade de desen-volver unha síndrome de Reye.

4.1.5 Nenos de entre 6 meses e 2 anos de idade que naceran prematuros (< 32 semanas de xestación).

4.1.6 Persoas menores de 60 anos e maiores de 6 meses con algunha das patoloxías que presentan un maior risco de padecer complicacións derivadas da gripe:

y Enfermidades do sistema cardiovascular.

y Enfermidades respiratorias (inclúe asma, displasia broncopulmonar,

fibrose cística...).

y Enfermidades neurolóxicas.

y Persoas con diabetes mellitus.

y Persoas con obesidade mórbida (índice de masa corporal ≥ 40 en

adultos, ≥ 35 en adolescentes ou ≥ 3 DS na infancia).

y Enfermidade renal crónica e síndrome nefrótica.

Campaña de vacinación antigripal 2019

10

y Hemoglobinopatías e anemias.

y Persoas con trastornos da coagulación.

y Hemofilia e trastornos hemorráxicos crónicos, así como receptores de

hemoderivados e transfusións múltiples.

y Asplenia ou disfunción esplénica.

y Enfermidades hepáticas crónicas, incluíndo alcoholismo crónico.

y Enfermidades neuromusculares graves.

y Pacientes con inmunosupresión (incluíndo as inmunodeficiencias pri-

marias e a causada pola infección por VIH, por fármacos –incluíndo

tratamento con eculizumab–, nos receptores de transplantes e déficit

de complemento).

y Cancro e hemopatías malignas.

y Trastornos e enfermidades que implican disfunción cognitiva (síndrome

de Down, parálise cerebral, demencias…).

y Persoas portadoras de implantes cocleares ou en espera.

y Persoas con fístulas de LCR.

y Enfermidade celíaca.

y Enfermidade inflamatoria crónica.

Nestes grupos incidirase especialmente nas persoas que precisen segui-

mento médico periódico ou naquelas hospitalizadas no ano previo.

4.2. Persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de presentar complicaciónsy Todos os traballadores de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios,

tanto de atención primaria como de especializada, públicos ou privados, así como

persoal de oficinas de farmacia. Farase especial fincapé naqueles que atenden pa-

cientes de alto risco.

y Estudantes en prácticas en centros sanitarios.

y Persoas que traballan en institucións xeriátricas ou en centros de atención a enfermos

crónicos, especialmente as que teñan contacto continuo con persoas vulnerables.

y Persoas que proporcionan coidados domiciliarios a pacientes de alto risco ou a per-

soas maiores.

y Conviventes (incluídos nenos) de persoas pertencentes a grupos de risco.

Campaña de vacinación antigripal 2019

11

4.3. Outras persoas nas cales se recomenda a vacinacióny Persoas que traballan en servizos esenciais para a comunidade: forzas e corpos de

seguridade do Estado, bombeiros, protección civil, emerxencias sanitarias, traballa-

dores de institucións penitenciarias e outros centros de internamento por resolución

xudicial (centros de acollida de inmigrantes...).

y Traballadores expostos directamente ás aves domésticas ou porcos nas granxas

ou explotacións avícolas ou porcinas e tamén ás aves silvestres. A finalidade é

reducir a oportunidade dunha infección concomitante de virus humano e aviario

ou porcino, diminuíndo a posibilidade de recombinación ou intercambio xenético

entre ambos os virus.

5. Información técnica sobre as vacinas antigripais

ComposiciónVacina trivalente INACTIVADA que contén os seguintes antíxenos por dose:

y Cepa análoga a A/Brisbane/02/2018 (H1N1)pdm09.

y Cepa análoga a A/Kansas/14/2017 (H3N2).

y Cepa análoga a B/Colorado/06/2017 (liñaxe B/Victoria/2/87).

Vacina tetravalente INACTIVADA que contén ademais dos anteriores:

y Cepa análoga B/Phuket/3073/2013 (liñaxe Yamagata/16/88).

Campaña de vacinación antigripal 2019

12

Indicacións por tipos de vacina Nesta campaña subministraranse tres tipos de vacinas.

Nome comercial Idade Número

compoñentes Laboratorio Características Presentación

Chiromas® ≥ 65 anos Trivalente Seqirus Adxuvada

Flucelvax Tetra®

15-64 anos Tetravalente Seqirus Cultivo celular

Vaxigrip Tetra®

6m-14 anos Tetravalente Sanofi

PasteurCultivo en ovos embrionados

Administración, pautas, doses e conservación CHIROMAS®

y Esta vacina só está autorizada en adultos de 65 ou máis anos.

y Vía de administración:

- Intramuscular.

- O lugar de administración é o músculo deltoide.

y Dose: 0,5 ml.

y Pauta de vacinación: unha única dose.

FLUCELVAX TETRAVALENTE®

y Prepárase en cultivos celulares, polo que non contén ovo.

y Vía de administración:

- Intramuscular.

- O lugar de administración é o músculo deltoide.

y Dose: 0,5 ml

y Pauta de vacinación: unha única dose.

VAXIGRIP TETRA®

y Pode utilizarse en adultos e nenos a partir dos 6 meses de idade.

y Dose 0,5 ml.

Campaña de vacinación antigripal 2019

13

y Pauta de vacinación:

- En nenos de 9 ou máis anos, unha dose única de 0,5 ml.

- Nos nenos menores de 9 anos que se vacinan por primeira vez, débense adminis-

trar 2 doses de 0,5 ml separadas por un intervalo de polo menos 4 semanas.

y Vía de administración:

- Intramuscular ou subcutánea.

- O lugar preferido para a administración intramuscular é na cara anterolateral da

coxa (ou no músculo deltoide se a masa muscular é adecuada) en nenos de 6

a 35 meses de idade, ou no músculo deltoide en nenos desde os 36 meses de

idade e adultos.

Conservacióny Conservar en neveira, entre +2 ºC e +8 ºC, e coa súa embalaxe exterior para prote-

xela da luz.

y Non deben conxelarse.

A mellor estratexia para a prevención da gripe e as súas complicacións é a vacinación anual.

Inmunoxenicidade e efectividadeA eficacia e a efectividade da vacina pode variar entre un 30-80 % dependendo da

idade e da inmunocompetencia da persoa, así como do grao de similitude entre os

virus contidos na vacina e os virus circulantes.

Aínda así, a vacina da gripe ten un importante beneficio, xa que reduce a frecuencia de

complicacións secundarias e diminúe, así mesmo, o risco de hospitalización e morte

relacionada coa gripe nos maiores e persoas con condicións médicas de risco.

Despois da vacinación, a maioría dos nenos e adultos novos desenvolven títulos de

anticorpos que protexen fronte á infección de cepas similares ás incluídas nas vacinas.

A resposta de anticorpos pode ser menor en pacientes con inmunodeficiencia.

Campaña de vacinación antigripal 2019

14

Efectos secundarios

Os efectos adversos son pouco

frecuentes e, cando aparecen,

adoitan ser locais e autolimitados.

O efecto secundario máis frecuen-

te é a reacción local (dor, eritema,

induración) no lugar da inxección,

que dura menos de 48 horas.

Estas reaccións locais, polo xeral,

son leves e raramente interfiren

coas actividades rutineiras.

Con menor frecuencia (< 10 %),

poden ocorrer dous tipos de re-

accións sistémicas:

y Febre, cefalea, malestar, mialxias e outros síntomas sistémicos, que se inician ás

6-12 horas tras a vacinación, e persisten 1-2 días. Afectan máis a miúdo a aquelas

persoas non vacinadas con anterioridade.

y Con moi pouca frecuencia poden aparecer reaccións inmediatas (presumiblemente

alérxicas), que se manifestan como anxioedema, asma ou anafilaxe. Probablemente,

estas reaccións prodúcense por hipersensibilidade a algún compoñente da vacina.

Para máis información pode consultar as fichas técnicas das vacinas dispoñibles en:

http://gripe.sergas.gal

As vacinas antigripais son seguras e efectivas en todos os grupos de idade

As vacinas antigripais non poden oca-sionar a gripe, xa que conteñen soamen-te virus fraccionados non infecciosos ou antíxenos (inactivados).

Campaña de vacinación antigripal 2019

15

Precaucións e contraindicacións y A vacina non se lles debe administrar a persoas con antecedentes de reacción

anafiláctica a doses previas ou a algún compoñente da vacina.

y No caso de enfermidade febril grave concorrente, a vacinación deberá diferirse ata

que remitan os seus síntomas.

Non obstante, enfermidades menores, con ou sen febre, non contraindican o uso

da vacina da gripe, particularmente en nenos con infección leve do tracto respira-

torio superior ou rinite alérxica, polo que nestes casos a vacinación non se debería

pospoñer.

y Persoas que non sexan de alto risco e que padecesen síndrome de Guillain-Barré

(SGB) nas 6 semanas posteriores a unha dose previa de vacina antigripal.

Aínda que non existe unha clara evidencia da asociación causal entre a vacina anti-

gripal e a SGB, nese caso parece prudente non administrarlles a vacina.

No caso de persoas con antecedentes de SGB que teñen un risco moi elevado

de complicacións gripais graves, a maioría dos expertos cren que os beneficios da

vacinación antigripal xustifica o seu uso, xa que o padecemento da gripe implica

un maior risco de presentar recaídas respecto á SGB que a vacinación. As investi-

gacións realizadas indican que non existe un incremento substancial da incidencia

desta síndrome coa vacinación antigripal.

y A aplicación da vacina NON ESTÁ CONTRAINDICADA en persoas inmunodeficien-

tes calquera que sexa o motivo, dado que as vacinas dispoñibles son vacinas inac-

tivadas e, polo tanto, non existe risco de proliferación viral incontrolada. Tan só se

pode esperar unha menor resposta inmune.

y A vacinación tampouco está contraindicada no período de lactación materna. Ao

contrario, está recomendada, pois evita riscos á nai e ao neno.

y As vacinas Vaxigrip Tetra® e Flucelvax Tetra® están exentas de látex. Na vacina Chi-

romas®, aínda que non se detectou látex de caucho natural no tapón da punta da

xiringa, non se estableceu a seguridade do seu uso en persoas sensibles ao látex.

y As vacinas Vaxigrip Tetra® e Chiromas® están cultivadas en ovos; non obstante,

existe evidencia suficiente para recomendar que as persoas con historia de alerxia

despois da exposición ao ovo poden recibir vacinas fronte á gripe sen precaucións

especiais. As precaucións deben ser similares ás tomadas ante a administración

de calquera outra vacina. No caso de ter presentado reaccións alérxicas graves ou

anafilaxia ao ovo, será realizada a vacinación por persoal con experiencia e supervi-

sarase 30 minutos tras a administración.

Campaña de vacinación antigripal 2019

16

y No caso de persoas de alto risco con contraindicación á vacina, a utilización de

antivíricos é unha opción para previr a gripe, e igualmente débese lembrar a vaci-

nación dos seus conviventes.

y As persoas con trastornos da coagulación ou en tratamentos anticoagulantes po-

den desenvolver hematomas no lugar da inxección. Isto non contraindica a vacina-

ción e, de precisar unha vacina cuxa vía de administración sexa unicamente intra-

muscular, debe utilizarse unha agulla fina (calibre ≤ a 23 G) aplicando presión local

sen fretar durante 2 minutos. Se está con tratamento fronte á hemofilia ou similar,

aproveitarase para vacinar inmediatamente tras a administración do tratamento. En

todo caso, é aconsellable consultar co especialista.

Administración simultánea da vacina antigripal e outras vacinas As vacinas antigripais pódense administrar simultaneamente con outras vacinas, sem-

pre e cando a súa administración se realice en lugares anatómicos diferentes.

Para máis información, pódense consultar as fichas técnicas en:

http://gripe.sergas.gal

6. Xestión6.1 Distribución de vacinas a puntos de vacinación

Carga inicial

y Os centros pertencentes ao Sergas e os hospitais privados recibirán a carga inicial

de doses de Flucelvax Tetra® e Chiromas® na primeira semana de outubro, e a va-

cina Vaxigrip Tetra® na segunda semana, sen ter que solicitalas.

y Os restantes centros (centros médicos privados, residencias...) deberán solicitar

a carga inicial de doses das diferentes vacinas á xefatura territorial da Consellería de

Sanidade correspondente.

Campaña de vacinación antigripal 2019

17

Distribución de vacinas

As peticións deberán realizarse antes das 14.00 horas, para poder efectuar a súa tramitación.

1.ª-2.ª semana (14-25 de outubro)A distribución realizarase 3 días á semana:

y Martes: distribuiranse as vacinas solicitadas ata o venres anterior.

y Mércores: distribuiranse as vacinas solicitadas ata o luns previo.

y Venres: distribuiranse as vacinas solicitadas ata o mércores previo.

3.ª-4.ª semana (28 de outubro-8 de novembro) A distribución realizarase 2 días á semana:

y Martes: distribuiranse as vacinas solicitadas ata o venres anterior.

y Xoves: distribuiranse as vacinas solicitadas ata o martes previo.

A partir da 5.ª semana da campaña (11 de novembro)

y Xoves: distribuiranse as vacinas solicitadas ata o martes previo.

NON SE SERVIRÁN ENVÍOS EXTRAORDINARIOS(agás en casos moi puntuais e debidamente xustificados).

Campaña de vacinación antigripal 2019

18

Peticións

As peticións realizaranse á xefatura territorial de Sanidade correspondente, a través da

páxina web do Sergas, no seguinte enlace:

web https://n9.cl/fog5

Seleccionar a opción que proceda:

y Centros pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde: os usuarios accede-

rán introducindo o login e o password que utilizan habitualmente.

y Restantes centros: poderán introducirse no sistema mediante certificado dixital.

Ante algunha circunstancia que impida realizar a petición por esta vía, deberá poñerse

en contacto coa xefatura territorial de Sanidade correspondente.

A solicitude de doses terá que adaptarse ás necesidades reais do centro, tendo en conta as doses administradas en anos pasados, as estimacións para este ano e que nas primeiras semanas se entregarán doses tres veces por semana.

No caso de existir claras diferenzas entre as doses distribuídas e as rexistradas, os técnicos das xefaturas territoriais valorarán as cantidades a subministrar.

Campaña de vacinación antigripal 2019

19

Tipo de vacina e número de doses que se solicitarán

Tendo en conta o stock existente no centro e o número de persoas que se prevé va-

cinar ata o momento da seguinte entrega, estimarase o número de doses que se van

precisar de:

Chiromas® (solicitude en múltiplos de 10):y Persoas de 65 ou máis anos.

Flucelvax Tetra® (solicitude en múltiplos de 10):y Persoas de entre 15 e 64 anos.

Vaxigrip Tetra®:y Nenos de entre 6 meses e 14 anos.

6.2 Recepción das vacinas e mantemento da rede de fríoCando se reciban as vacinas, verificarase que o tipo de vacina e o número de doses

se corresponde co que figura no albará de entrega.

As vacinas deberán trasladarse inmediatamente á neveira, conservarse a unha tempe-

ratura de entre +2 ºC e +8 ºC evitando a súa conxelación e a exposición á luz.

A neveira deberá estar dotada dun termómetro de temperatura máxima e mínima, do

cal se deberán realizar dúas lecturas diarias: á primeira e á última hora da xornada

laboral, e rexistralas.

As incidencias na recepción de vacinas débenselle notificar á xefatura territorial de

Sanidade correspondente (vexase o anexo II), así como toda ruptura da rede de frío,

especificando a temperatura dese momento, a máxima e mínima acadadas, así como

o número estimado de horas de exposición ás ditas temperaturas.

Campaña de vacinación antigripal 2019

20

6.3 Rexistro das doses administradas y A vacinación das mulleres embarazadas durante a temporada de gripe deberá

rexistrarse na epígrafe “Embarazadas”, aínda que pertenzan a algún outro grupo de

risco, priorizándose o rexistro do embarazo sobre outros grupos.

y Durante a campaña, nos casos en que o persoal de enfermaría se desprace aos

domicilios para visitas proactivas ou de seguimento de enfermos crónicos, levará

consigo vacinas antigripais para ofrecerlles a vacinación e proceder a esta nese

momento. Lémbrase a importancia de que tras a vacinación se efectúe o rexistro

das dosis admnistradas.

Nos centros da rede do Sergas, as doses administradas débense rexistrar a través do

módulo habilitado en IANUS para a campaña.

Campaña de vacinación antigripal 2019

21

Os restantes centros rexistrarán vía web as doses que administren no seguinte enlace:

As vacinas débense rexistrar evitando demoras na súa informatización.

En caso de dúbida, os centros débense poñer en contacto coa xefatura territorial de

Sanidade correspondente.

Rexistro das renuncias

Existe un apartado específico para consignar esta información. En caso de que a per-

soa á que se lle indica a vacinación renunciase a ela, deberase consignar na epígrafe

correspondente.

Levarase un control das vacinas rexistradas, de cara a xestionar as peticións de reposición de doses vacinais.

web https://n9.cl/fog5

Campaña de vacinación antigripal 2019

22

7. Seguimento e avaliación da campaña. InformesComo na campaña anterior, os profesionais médicos e de enfermaría de atención pri-

maria terán dispoñible, a través da plataforma WPRESS, o informe da cobertura de

vacinación da súa cota/grupo e a súa comparativa co centro/unidade de atención

primaria e EOXI correspondente.

Previamente ao inicio desta, no mes de outubro, publicarase este informe cos datos

relativos á campaña pasada (2018) para que sirvan de punto de partida; posteriormente

poñeranse á disposición os informes mensuais relativos a esta campaña 2019, incluín-

do, como novidade, un informe a metade de campaña, que proporcionarán información

actualizada e permitirán avaliar o desenvolvemento da vacinación neste ano, posibilitan-

do levar a cabo as accións que se consideren oportunas.

Semanalmente e durante o transcurso da campaña, publicarase na páxina web temática de gripe a información sobre a evolución da vacinación, seguindo a mesma sistemática de anos anteriores.

http://gripe.sergas.gal

Logo de rematar a campaña, procederase á elaboración do informe final da campaña,

que, unha vez rematado, se publicará nesa mesma páxina web.

Campaña de vacinación antigripal 2019

23

8. Recollida de doses sobrantesAs xefaturas territoriais de Sanidade poñeranse en contacto cos centros no mes de

xaneiro de 2020 para solicitarlles o número de doses de vacina antigripal que cómpre

recoller no seu centro.

Os puntos que o precisen poderán quedar cun pequeno número de vacinas antigripais

para completar pautas.

A información relativa a esta campaña pódese consultar na web temática da gripe da Dirección Xeral de Saúde Pública:

http://gripe.sergas.gal

DIRECTOR XERAL DE SAÚDE PÚBLICA DIRECTOR XERAL DE ASISTENCIA SANITARIA

Andrés Paz-Ares Rodríguez Jorge Aboal Viñas

Anexos

26

Anexo I. Coordinadores/as das EOXI

A Coruña e Cee

Montserrat Cendán VérezTfnos.: 981 178 000 ext. 297 211 / 291 023 Correo electrónico: [email protected]

Santiago de Compostela e Barbanza

Montserrat Souto PereiraTfno.: 250 480 Correo electrónico: [email protected]

Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

M.ª Dolores Sánchez GonzálezTfno.: 566 439 Correo electrónico: [email protected]

Ferrol

Esther Vidal MaroñoTfno.: 981 334 018 / 234 573 Correo electrónico: [email protected]

Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Ángeles Dono DíazTfno.: 536 299Correo electrónico: [email protected]

Pontevedra e O Salnés

Dolores Otero AlarcónTfno.: 986 807 011 / 287 011 / 649 475 785 Correo electrónico: [email protected]

Vigo

María del Mar de la Peña CristiáTfnos.: 619 606 625 Correo electrónico: [email protected]

Campaña de vacinación antigripal 2019

27

Anexo II. Xefaturas territoriais da Consellería de Sanidade

A CoruñaTfnos.: 981 155 822 / 981 082 250 Fax: 981 155 725Correo electrónico: [email protected]

OurenseTfnos.: 988 066 347 - 988 066 332 Fax: 988 066 302Correo electrónico: [email protected]

LugoTfnos.: 982 292 117 - 982 292 113 Fax: 982 292 115 Correo electrónico: [email protected]

PontevedraTfnos.: 986 885 881 / 986 885 824 / 986 885 826 Fax: 986 885 802Correo electrónico: [email protected]

Unidade de VigoTfnos.: 986 817 724 / 986 817 233 Fax: 986 817 627Correo electrónico: [email protected]

A información relativa a esta campaña pode consultarse na web temática de gripe da Dirección Xeral de Saúde Pública:

http://gripe.sergas.gal

Campaña de vacinación antigripal 2019

Saúde Pública

Instrucións D

32

Consellería de Sanidade