Camiño de santiago

6

Click here to load reader

Transcript of Camiño de santiago

Page 1: Camiño de santiago

O CAMIÑO DE SANTIAGO

Hai moitas versións de cómo chegou Santiago a España. Unha delas di que tras o martirio, o corpo de Santiago foi levado nunha barca polos seus discípulos ata Iria Flavia (Padrón) subindo polo río Ulla. Ao depositar o corpo sobre unha rocha, esta convertiuse no sartego do santo. Os seus discípulos acudiron a unha raíña chamada Lupa pedíndolle unha parcela para o enterrar. Non lles fixo caso e mandounos ao rei Duio, que os fixo prisioneiros, pero un anxo liberounos. O rei mandounos perseguir, pero ao pasar o exército por unha ponte, fundiuse e morreron afogados. Volveron outra vez ata a raíña Lupa, que asustada, cedeulles un monte, e díxolles que alí atoparían uns bois mansos, pero en realidade eran touros, que ao velos achegarse, perderon a fereza e deixaronse poñer o carro. Os discípulos regresaron á corte de Lupa, que asombrada de que os touros non lles fixeran mal, ofreceulles o seu pazo como igrexa e sepulcro de Santiago.

Pasaron moitos séculos e o sepulcro quedara esquecido. Ata que no século IX, un ermitaño chamado Pelagio, viu brilar unhas luminarias na espesura do bosco. Avisou a uns veciños,que foron ata o lugar e atoparon o sepulcro. Avisaron ao obispo de Padrón,

Page 2: Camiño de santiago

Teodomiro, que vendo tales prodixios quedou a vivir alí. A primitiva edificación estaba formada por unha cámara sepulcral e un piso superior ou oratorio, que ao longo dos anos tivo numerosas modificacións e o nome de Compostela pode vir de “ Campo da estela”, polas luminarias que vira Pelagio.

Dende moitos anos antes, España estaba dominada polos visigodos, e máis tarde entran polo sur os árabes. Conta a tradición que Santiago axudou ás tropas cristiáns contra os mouros, de alí o sobrenome de “Santiago matamouros”.

Na Idade Media comezaron as peregrinacións. O primeiro en facela, según di a tradición, foi o emperador Carlomagno, pero a noticia mais fiable é a pereginación de Gontescalco bispo de Puy (Francia) no ano 950, acompañado de 30 soldados, iniciándose así as peregrinacións. No ano 1122 celebrouse o primeiro Ano Santo e de alí en diante celebraríase os anos nos que o día 25 de xullo fose domingo. Esto ten lugar en series de seis-cinco-seis-once anos.Compostela pasou a formar parte das cidades santas do cristianismo xunto con Roma e Xerusalén.

As peregrinacións contribuiron á comunicación entre os europeos e o Camiño de Santiago era

Page 3: Camiño de santiago

a estrada principal para a cultura da humanidade. A masiva afluencia de peregrinos, fixo que as igrexas que había ata entón, quedasen pequenas, encheron calzadas, poboaron lugares que ata entón estaban despoboados e impulsaron a primeira mostra do espírito cristián: O Románico. Construironse igrexas, hospederías, hospitais, pontes…, comezaron os Burgos medievais, o primeiro paso da cidade moderna. Os intercambios culturais motivados pola peregrinación, fixeron que o esquema tipo do románico se extendera por todo o continente: na vida económica e social, grupos de artesáns e mercaderes, na sua meirande parte estranxeiros, acudían aos mercados e ás feiras da ruta; floreceron as escolas de tradutores, onde se diron cita musulmáns, cristiáns e xudeus; as xentes dos lugares asimilou o traballo dos albaneis mudéxares…

O Camiño era un privilexiado modo de comunicación, non só no sentido do tráfico, senón tamén no da información: canto se dixera, predicara, cantara, contara, esculpira no camiño, alcanzaba a máis xente e a máis lugares. A febril actividade de enxeñeiros arquitectos de Europa crece ao amparo do Camiño.

A peregrinaxe era unha forma de devoción e de penitencia, e tamén unha maneira de

Page 4: Camiño de santiago

percorrer o mundo nunha Idade Media na que a meirande parte dos seres humáns non saían en toda a súa vida do entorno que alcanzaban a contemplar os seus ollos dende o lugar no que naceran. Son moitas as causas e os motivos que tiñan os peregrinos: curiosidade, afán de aventuras, intereses comerciais…A peregrinación tamén era un símbolo de vida do cristián, un camiñar inseguro cara a morada eterna.O peregrino vestía dun xeito especial: alforxa ou saco, sempre aberto para dar e para recibir, o báculo do que penduraba a cabaza coa auga ou o viño, a vieira cosida no vestido, unha capa e un sombreiro de aba ancha tamén cunha cuncha de vieira cosida na aba. Antes de iniciar a viaxe tiñan que pedir perdón a todos e facer testamento.

Un dos máis famosos e coñecidos peregrinos medievais é o francés Aymeric Picaud. A súa fama ven por ter escrito unha crónica da súa viaxe moi detallada e minuciosa, con consellos e recomendacións para os caminantes. Nela di: “ Hai catro rutas que levan a Santiago dende Europa e reúnense nunha soa en Puente la Reina,en territorio español, (…) a partir de alí un só camiño conduce a Compostela”.Hai outras seis rutas que conducen ata o Apóstolo. A máis importante é “ O Camiño francés”, que forma parte da equipaxe cultural que forxou Europa. “A Vía da Plata” ou

Page 5: Camiño de santiago

Camiño oriental, que entraba en Galicia polo leste de Ourense; “O Camiño Portugués”, que nacía en Portugal e encara o Norte por Tui, Redondela, Arcade, Padrón e Santiago; “ O Camiño da Costa”, procedente de Asturias, entraba en Galicia por Ribadeo; “O Camiño Inglés”, con punto de partida en Neda, A Coruña e o Burgo, preto da torre de Hércules, e por último o camiño que unía Muros e Noia con Santiago.