Caldeira

1
ACTIVIDADE COMPETENCIAS A señora Vilanova recibiu esta carta na que a informan do próximo vencemento do contrato de mantemento da súa caldeira de calefacción e auga quente. CALDEGAL S.A. SERVIZO TÉCNICO Avda. Castelao, 1 Teléf.: 667111111 Fax 981222222 www.caldegal.com MARÍA VILANOVA LAMEIRO Rúa do Mar, 2 - esq. Muros Carballo, 4 de xaneiro de 2013 Estimado cliente: O próximo 17/02/2013 vence o seu contrato n.o 47SP/1997041983 (S) que ten subscrito para o mantemento da súa caldeira de calefacción e auga quente. O importe de renovación para unha nova temporada é de 94,52 euros e seralle presentado no seu banco segundo os datos de domiciliación que obran no noso poder (rogámoslle nos comunique calquera posible cambio na súa conta bancaria). Se a súa forma habitual de pagamento é outra, o recibo estará coma sempre á súa disposición nas nosas oficinas. Aproveitamos a ocasión para comunicarlle que, con esta renovación, incluímoslle totalmente gratis un seguro Multiservizo (reparacións urxentes de fontanaría, cerrallaría e electricidade). Tamén a informamos de que, co desexo de que os nosos contratos se adapten aínda máis ás súas necesidades, e en resposta ás súas peticións, incorporamos novas coberturas. Chámenos e informarémoslle amplamente. Interesaranlle. Grazas pola súa confianza. Reciba un cordial saúdo. DEPARTAMENTO DE CONTRATOS DEPARTAMENTO DE CLIMATIZACIÓN. AIRE ACONDICIONADO, INTERESANTES CONDICIÓNS ECONÓMICAS, IMPORTANTES DESCONTOS, FINANCIAMENTO. MÁIS INFORMACiÓN 667111111.

Transcript of Caldeira

Page 1: Caldeira

ACTIVIDADE COMPETENCIAS

A señora Vilanova recibiu esta carta na que a informan do próximo vencemento do

contrato de mantemento da súa caldeira de calefacción e auga quente.

CALDEGAL S.A.

SERVIZO TÉCNICO

Avda. Castelao, 1

Teléf.: 667111111

Fax 981222222

www.caldegal.com

MARÍA VILANOVA LAMEIRO Rúa do Mar, 2 - esq.

Muros Carballo, 4 de xaneiro de 2013

Estimado cliente:

O próximo 17/02/2013 vence o seu contrato n.o 47SP/1997041983 (S) que ten

subscrito para o mantemento da súa caldeira de calefacción e auga quente.

O importe de renovación para unha nova temporada é de 94,52 euros e seralle

presentado no seu banco segundo os datos de domiciliación que obran no

noso poder (rogámoslle nos comunique calquera posible cambio na súa conta

bancaria). Se a súa forma habitual de pagamento é outra, o recibo estará coma

sempre á súa disposición nas nosas oficinas.

Aproveitamos a ocasión para comunicarlle que, con esta renovación,

incluímoslle totalmente gratis un seguro Multiservizo (reparacións urxentes de

fontanaría, cerrallaría e electricidade). Tamén a informamos de que, co desexo

de que os nosos contratos se adapten aínda máis ás súas necesidades, e en

resposta ás súas peticións, incorporamos novas coberturas.

Chámenos e informarémoslle amplamente. Interesaranlle.

Grazas pola súa confianza. Reciba un cordial saúdo.

DEPARTAMENTO DE CONTRATOS DEPARTAMENTO DE CLIMATIZACIÓN. AIRE ACONDICIONADO, INTERESANTES CONDICIÓNS ECONÓMICAS, IMPORTANTES DESCONTOS, FINANCIAMENTO. MÁIS INFORMACiÓN

667111111.