Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda...

42

Transcript of Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda...

Page 1: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está
Page 2: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornadas das mulleres galegas Obstáculos que implica na incorporación e permanencia no mercado laboral

Marzo de 2020

Elaboración: Secretaría da Muller e Gabinete de Igualdade

Page 3: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

ÍNDICE

Presentación ............................................................................................................................... 5

Introdución .................................................................................................................................. 7

Poboación activa ....................................................................................................................... 8

Poboación ocupada ............................................................................................................... 11

Por idades ...................................................................................................................... 13

Por ramas de actividade ........................................................................................... 14

Segundo a ocupación ................................................................................................. 14

Segundo a xornada ..................................................................................................... 19

Segundo o tipo de contrato ..................................................................................... 22

Segundo o tipo de contrato e xornada ................................................................ 24

Fenda salarial .......................................................................................................................... 25

Poboación parada .................................................................................................................. 29

Conciliación .............................................................................................................................. 31

Excedencias ................................................................................................................... 32

Prestación por nacemento ....................................................................................... 35

Conclusións .............................................................................................................................. 36

Page 4: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está
Page 5: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

5

PRESENTACIÓN

Co informe que presentamos, «Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas», ofrecemos indicadores obxectivos da situación social, eco-nómica e laboral das mulleres en Galicia, co percorrido por varias áreas cun im-pacto de xénero determinante.

Un achegamento á realidade que guía as accións sindicais e sociopolíticas do noso sindicato, para situarmos no centro da axenda as demandas canto ás relacións so-ciais de xénero baseadas na igualdade de oportunidades e o avance nos dereitos das mulleres en todos os niveis.

Reflíctese que o sistema establecido continúa segregando en función dos xéneros,

sexos, etnias, xeracións e estratificación social á hora de ofrecer oportunidades de acceso ao mercado laboral e, en consecuencia, ao sistema socioeconómico predo-minante.

Malia igualaren e ata superaren o nivel educativo dos homes, as mulleres seguen estando sobrerrepresentadas en empregos con menor remuneración e baixa pro-dutividade. Especialmente segregados están todos os sectores dedicados ao coi-dado doutras persoas, como a educación, a sanidade, os servizos sociais ou o em-prego doméstico.

A segregación laboral continúa aumentando. Existe un conxunto complexo e a miú-do interrelacionado de factores que orixinan a fenda salarial de xénero. Á valora-ción das competencias laborais súmase a segregación no mercado de traballo, con diferente representación de homes e mulleres nos distintos sectores económicos,

as características da oferta de emprego feminino, a participación no traballo a tempo parcial e os mecanismos establecidos de retribucións salariais.

O xénero mantense como un factor desencadeante da discriminación e a vulnera-bilidade das mulleres no traballo fronte aos homes. As persoas continuamos in-mersas nunha sociedade que, malia mostrar avances, conserva a profunda pegada do patriarcado e que, a día de hoxe, apenas comeza a cambiar esta situación de falta de equidade pois, a pesar de actualizar os modelos sociopolíticos, en aparen-cia, con cotas máis humanitarias e igualitarias, seguimos batendo cunha realidade que nesga, diferencia e trata de xeito diferente as persoas que a compoñen en fun-ción da súa procedencia, nivel académico, sexo, orientación sexual, etc.

Cómpre deseñar mecanismos que faciliten a intervención neste ámbito, fomen-tando a análise e a crítica social do sistema patriarcal vixente, utilizando os recur-

sos de coordinación e resposta social.

É un feito que, no referente á calidade de vida, as mulleres aínda teñen menos oportunidades de mellora e de ascenso na escala social; e nas situacións de desvan-taxe ou exclusión, elas resultan peor amparadas. A pobreza e a exclusión, polo tanto, prexudican en maior medida as mulleres que os homes.

Page 6: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

6

Nese sentido, o dereito das mulleres ao emprego en igualdade cos homes —que

inconcibiblemente aínda atopa resistencias— é sen dúbida unha cuestión econó-mica e social, pero tamén política e ideolóxica. Unha cuestión que inflúe nas repre-sentacións e prácticas sociais, nas políticas económicas e nas lexislacións, na evo-lución do mercado laboral e nas relacións sociais de sexo no ámbito familiar.

O mundo do traballo aínda non é mixto. Está percorrido por todo tipo de segrega-cións e discriminacións. A feminización da poboación activa non desembocou nun verdadeiro cambio, e o subemprego, xunto co desemprego e o seu halo, é un dos indicadores da precariedade laboral; aínda que sexa un indicador discreto e desco-ñecido.

Como sindicato sociopolítico e de clase, estivemos, estamos e estaremos en pri-meira liña na consecución da igualdade para a clase traballadora. Todos os días do

ano, a nosa actuación diríxese a impulsar unha política sindical que redistribúa os recursos e inclúa a dimensión de xénero. É dicir, xustiza social con xustiza de xé-nero.

O avance das políticas ultraliberais e ultraconservadoras provoca unha involución social e unha perda de dereitos que custou moito tempo e esforzo conquistar.

As políticas de recortes e as reformas laborais son erróneas, inútiles e inxustas. Os recortes sociais xeran desigualdade, pobreza e exclusión, e non podemos permitir que se saia da crise creando desigualdade. A recuperación económica veraz e in-clusiva só poderá ser posible se é sostible, equitativa e democrática. A desigual-dade persistente entre homes e mulleres non é unha cuestión trivial que se poida relegar.

A negociación colectiva e os plans de igualdade son a vía para conseguir mellores

condicións laborais e eliminar as discriminacións entre homes e mulleres. Desde esta perspectiva, CCOO está dando pasos relevantes para priorizar nas mesas de negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está acordando medidas e plans de igualdade mediante a representación legal dos traballadores e traballadoras.

Neste sentido, apostamos por alternativas de cambio desde o sindicalismo: o apo-deramento sociolaboral de xénero.

Mamen SABIO SANZ

Secretaría de Muller e Igualdade Sindicato Nacional CCOO de Galicia

Page 7: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

7

INTRODUCIÓN

Coma cada ano, coa vista posta no 8 de marzo publicamos este informe para visibi-

lizar as persistentes desigualdades laborais e, xa que logo, sociais que sofren as

mulleres galegas no mercado de traballo. Enfocamos esta análise desde a perspec-

tiva de xénero, facendo fincapé nas fendas que permanecen no mercado laboral.

O informe analiza as principais categorías da poboación feminina en relación co

mercado laboral: activas, ocupadas, paradas e inactivas. Os datos manexados son

os da Enquisa de poboación activa (EPA) e tómase como referencia o cuarto trimes-

tre de 2019. No caso de comparar con anos anteriores, centrarémonos tamén nese

cuarto trimestre.

Como novidade, e coas restricións que supón a escaseza de datos ao respecto (ser-

vímonos dalgún recollido por comunidades autónomas na páxina do Instituto da

Muller), tentaremos mostrar unha fotografía xeral da coñecida como «dobre xor-

nada» que afecta ás mulleres no eido da conciliación, e faremos un apuntamento

sobre a necesidade de promover a corresponsabilidade para que a realidade dis-

criminatoria actual mude nunha situación equitativa na que, tanto o acceso como a

permanencia no emprego e os tipos de contratos e xornadas non se vexan restrin-

xidas polo papel que aínda se lle outorga ás mulleres como principais coidadoras.

Como veremos no marco deste informe, as mulleres seguen participando menos no

mercado laboral, ocupan máis postos de traballo temporais e, sobre todo, están

máis presentes na xornada parcial; perciben salarios e prestacións inferiores, man-

tense a segregación horizontal e vertical e, por riba de todo iso, continúan sendo as

principais implicadas no coidado das familias e os fogares.

Gráfico 1. POBOACIÓN GALEGA NO 2019

FONTE: elaboración propia sobre datos do padrón municipal de habitantes

Page 8: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

8

POBOACIÓN ACTIVA

Segundo o Padrón municipal de habitantes (PMH), a finais do 2018 as mulleres ga-

legas eran case o 52 % sobre o total da poboación da nosa comunidade autónoma.

Porén, durante o último trimestre de 2019, segundo datos da Enquisa de poboa-

ción activa (EPA), a poboación activa feminina1 era inferior á dos homes.

Táboa 1. POBOACIÓN ACTIVA POR SEXOS

IV TRIMESTRE MULLERES HOMES TOTAL

2015 599.500 655.700 1.255.200

2016 597.000 656.800 1.253.800

2017 594.600 643.300 1.237.900

2018 596.000 641.000 1.237.000

2019 598.400 643.400 1.241.800

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA

Iso si, a partir do 2017, a poboación activa feminina galega iniciou un crecemento

leve pero constante (no 2019 ascende ao 48,2 % sobre o total galego), mentres que

a poboación activa masculina sofre o efecto contrario: o descenso é sostido pero

constante entre 2015 e 2018. No ano 2019, a porcentaxe sobre o total sitúase no

51,8 % (medra un pouco desde o ano anterior).

É un feito que a poboación galega (que ascende a 2 699 499 de persoas) está enve-

llecida. É máis grave aínda que no rango de 85 ou máis anos a porcentaxe de mu-

lleres supere o 66,8 % fronte ao 33,2 % de homes, segundo o PMH do 2019. Por que

é grave? Porque se nos fixamos nos datos das pensións, observaremos que as das

mulleres, en xeral, son menos e de menor importe. É outro resultado negativo da

fenda de xénero traducida na dobre xornada que sofren as mulleres galegas ao

longo da súa carreira laboral, intercalando períodos de actividade con períodos de

desocupación nos cales cotizan menos (por xornada parcial ou redución que, como

veremos, asumen en maior medida as mulleres).

Nas franxas de idade entre os 0 e os 14 anos hai 9409 homes máis ca mulleres. A

medida que se ascende nos tramos de idades aumenta a cifra de mulleres. Pasados

os 15 anos, hai 7346 homes máis ca mulleres, pero a partir dos 40 anos a balanza

comeza a inclinarse a favor da poboación feminina, co cal se corrobora que o enve-

llecemento da poboación galega é un problema moi feminizado.

1 Defínese como as persoas en idade legal de traballar que traballan ou buscan un emprego.

Page 9: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

9

Ademais, as diferenzas palpables entre a poboación feminina total e as mulleres

que conforman a poboación activa definen un desequilibrio moi negativo para elas

no mercado laboral.

No tocante ás taxas de actividade,2 mantense a tendencia do ano anterior: no es-

tudo que realizou CCOO, observabamos que a taxa masculina de 2018 (57,4 %) era

a máis baixa desde que existen estatísticas (1996). Aínda que en 2019 aumenta

unhas décimas, hai case 6 décimas menos entre a taxa de actividade masculina do

2015 e a do 2019. Se comparamos coas cifras da taxa feminina, decatarémonos de

que non se trata de destrución de emprego, senón dun transvasamento entre em-

prego masculino e feminino.

Táboa 2. TAXA DE ACTIVIDADE POR SEXOS

IV TRIMESTRE MULLERES HOMES TOTAL

2015 48,9 % 58,2 % 53,3 %

2016 48,7 % 58,4 % 53,4 %

2017 48,8 % 57,6 % 53,0 %

2018 48,9 % 57,4 % 53,0 %

2019 49,1 % 57,6 % 53,1 %

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA

A táboa 2 tamén nos facilita moito a comprensión da situación discriminatoria que

afecta ás mulleres no noso mercado laboral, pois as diferenzas entre as taxas tri-

mestrais masculinas e femininas xa non se miden en décimas senón en puntos por-

centuais enteiros (no último trimestre de 2019 ascendían a 8,5). A pesar disto, a

tendencia na taxa de actividade feminina é crecente desde 2017, fronte á mascu-

lina que vén decrecendo ata o 2019, cando remontou un par de décimas.

Táboa 3. TAXA DE ACTIVIDADE POR SEXOS E GRUPOS DE IDADE

GRUPOS DE IDADE MULLERES HOMES TOTAL

De 16 a 19 anos 9,8 % 6,1 % 8,1 %

De 20 a 24 anos 49,2 % 42,8 % 46,1 %

De 25 a 29 anos 83,2 % 77,3 % 80,3 %

De 30 a 34 anos 90,9% 86,4 % 88,7 %

De 35 a 39 anos 93,4 % 86,6 % 90,0 %

De 40 a 44 anos 92,1 % 88,0 % 90,0 %

De 45 a 49 anos 89,5 % 83,9 % 86,7 %

De 50 a 54 anos 86,5 % 77,6 5 82,0 %

De 55 a 59 anos 75,9 % 65,6 % 70,6 %

De 60 a 64 anos 47,4 % 44,6 % 45,9 %

De 65 e máis anos 3,5 % 1,7 % 2,5 %

Total 57,6 % 49,1 % 53,1 %

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA. Datos do IV trimestre de 2019

2 Defínense como o cociente entre a poboación activa e a poboación en idade legal de traballar.

Page 10: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

10

O feito de que en Galicia haxa máis poboación feminina ca masculina en case todos

os rangos de idade é chocante fronte ás taxas de actividade recollidas na táboa 3,

onde apreciamos ben as diferenzas tan marcadas entre mulleres e homes, sobre

todo nos tramos de idade a partir dos 35 anos.

Trátase do tramo de idades coa taxa de actividade máis elevada para os homes

(93,4 %), mentres que as mulleres teñen a taxa de actividade máis elevada no se-

guinte (entre os 40 e os 44 anos acadan o 88 % sobre o total de tramo).

As mulleres menores de 25 anos teñen unha taxa de actividade baixa (no cuarto

trimestre de 2019, o 42,8 % fronte ao 49,2 % dos homes); nisto inflúe que moitas

están estudando e aínda non se incorporaron ao mercado laboral.

Gráfico 2. TAXA DE ACTIVIDADE GALEGA

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA

No gráfico 2 (que ilustra os datos recollidos na táboa 3), observamos que, en todos

os rango de idade que se analizan, as mulleres están subrepresentadas con res-

pecto aos homes.

Nalgúns casos, como nas persoas máis novas (menores de 19 anos) ou nas que te-

ñen entre 55 e 59 anos, as diferenzas en detrimento das mulleres son extraordina-

rias: no último trimestre do 2019, a taxa de actividade masculina nestes rangos de

idade foi, respectivamente, do 9,8 % e do 75,9 %, mentres que as femininas eran de

apenas 6,1 % e 65,6 %).

Á marxe do mercado laboral, atopamos moitísimas mulleres, todas elas con razóns

variadas (os estudos, a xubilación ou, na maioría dos casos, as responsabilidades

familiares). Son mulleres que nin teñen nin buscan un emprego remunerado, pois

as súas circunstancias persoais non llelo permiten. Na táboa 4 observamos que as

Page 11: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

11

cifras son enormes en comparación coas dos homes en situacións semellantes, so-

bre todo no tocante ás responsabilidades familiares.

Así, durante o último trimestre do 2019, case un 72 % da poboación inactiva galega

que non contaba atopar traballo era feminina; isto, en cifras absolutas, supuña

arredor de 12 000 mulleres fronte a escasos 4700 homes.

Táboa 4. POBOACIÓN INACTIVA POR SEXO E CAUSA

RANGOS DE IDADE MULLERES HOMES TOTAL

Cre que non o vai atopar 12.000 4.700 16.700

Está afectado por unha regulación de emprego 100 600 700

Por enfermidade ou incapacidade 52.500 68.000 120.500

Coidado persoas enfermas, discapacitados, maiores, nenas/os

32.700 4.500 37.200

Ten outras responsabilidades 48.600 4.600 53.200

Está cursando ou recibindo estudos 75.700 73.200 148.900

Está xubilado/a 110.300 161.600 271.900

Outras razóns 73.900 17.100 91.000

Non sabe 600 700 1.300

Non aplicable 215.100 139.000 134.100

Total 621.500 474.000 1.095.500

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA. Datos do IV trimestre de 2019

Dentro da poboación inactiva, son mulleres o 87,9 % das persoas que se dedican

aos coidados familiares e tamén son o 91,35 % das que teñen outras responsabili-

dades. Isto demostra o fortemente feminizada que está a faceta social dos coidados

(ampliaremos información ao respecto no apartado de conciliación).

POBOACIÓN OCUPADA

A comparativa entre os datos da poboación inactiva fronte á poboación ocupada3

corrobora o que vimos expoñendo: a desigualdade que sofren en Galicia as mulle-

res no mundo laboral é aínda moi esaxerada e a súa incorporación equitativa ao

mercado de traballo segue a necesitar un bo pulo das Administracións públicas (a

través da lexislación e a vixilancia) para seguir mellorando.

Sabemos que a evolución é lenta porque a crise arrasou co traballo durante estes

últimos anos e provocou unha destrución de emprego tan forte que aínda non se

recupera completamente; cómpren iniciativas públicas fortes e loita sindical para

volver aos parámetros anteriores e tratar de melloralos tanto para mulleres como

para homes.

3 Enténdese por poboación ocupada as persoas que se atopan traballando por conta propia ou allea.

Page 12: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

12

Táboa 5. POBOACIÓN OCUPADA POR SEXO

IV TRIMESTRE MULLERES HOMES TOTAL

2015 488.100 544.400 1.032.500

2016 495.500 554.100 1.049.600

2017 504.100 551.600 1.055.800

2018 519.800 568.300 1.088.100

2019 518.900 577.100 1.096.000

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA

Segundo os datos da EPA, no último trimestre de 2019 a poboación ocupada ascen-

deu en Galicia a 1 096 000 persoas, o cal implica unha medra constante desde o

último trimestre do 2015. Porén, se desagregamos esta cifra por sexos, observa-

mos que as mulleres experimentaron unha suba relativa durante todos os anos

analizados agás entre 2018 e 2019, cando se produce un decrecemento absoluto de

900 mulleres que deixan de estar ocupadas entre o cuarto trimestre do ano 2018 e

o cuarto trimestre do 2019. Ao mesmo tempo, a ocupación masculina experimen-

tou unha medra máis sostida e constante durante todos estes anos, que entre o

último trimestre de 2018 e o de 2019 se traduciu en 8800 homes máis ocupados.

Táboa 6. TAXA DE OCUPACIÓN POR SEXOS

IV TRIMESTRE MULLERES HOMES TOTAL

2015 39,8 % 48,3 % 43,9 %

2016 40,5 % 49,3 % 44,7 %

2017 41,4 % 49,4 % 45,2 %

2018 42,7 % 50,9 % 46,6 %

2019 42,5 % 51,6 % 46,9 %

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA

Se nos fixamos nas taxas de ocupación por sexos, observamos que a diferenza é de

case 10 puntos porcentuais a favor da masculina no último trimestre de 2019. Polo

tanto, de novo estas cifras representan a desigualdade patente nun mercado labo-

ral onde a cantidade de mulleres que habitan Galicia non se corresponde coa súa

menor participación na ocupación.

Outro dato importante é que a taxa de ocupación feminina no último trimestre do

2019 foi relativamente semellante á do último trimestre do ano anterior, pois só

sufriu unha perda relativa de 0,2 puntos porcentuais (fronte aos datos absolutos

que xa mencionamos, enténdese que a situación non é positiva pero que se pode

tratar dun feito conxuntural dentro da tendencia ascendente que se viña desenvol-

vendo; teremos que agardar a ter os datos do ano próximo para corroboralo).

Aínda así, aventurámonos a afirmar que, con respecto á taxa masculina, somos tes-

temuñas dunha lixeira pero constante recuperación desde o 2015.

Page 13: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

13

Por idades

Se facemos unha análise da poboación ocupada en Galicia por idades e sexos, te-

mos que ter en conta que de case 1 096 000 persoas ocupadas no último trimestre

do ano 2019, o 52,66 % eran homes.

Gráfico 3. POBOACIÓN OCUPADA POR SEXOS E GRUPOS DE IDADE

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA (IV trimestre de 2019)

Tanto mulleres coma homes concentran a maior ocupación entre os 35 e os 59

anos, pero sempre con cifras máis baixas para as mulleres (apréciase ben no grá-

fico 3).

O pico máis elevado do total da poboación ocupada por sexos sitúase no tramo de

40 a 44 anos (sobre o total da ocupación no trimestre analizado, o 8,76 % é para os

homes e o 8,02 % para as mulleres, non hai case diferenza relativa entre sexos).

Elas rexistran unha porcentaxe de ocupación sobre o total feminino do 16,94 %,

eles o 16,63 % sobre o total da poboación masculina ocupada no derradeiro tri-

mestre do 2019).

A fenda máis evidente entre mulleres e homes aparece nas cifras de ocupación de

maiores de 65 anos: diminúen as femininas de maneira espectacular en compara-

ción coas masculinas e, aínda que é un rango de idade que non concentra un nú-

mero absoluto forte da poboación ocupada (son 16 200 persoas ocupadas), é pre-

cisamente nesas idades cando resulta máis complicado manter o traballo ou atopar

un se o perdemos, por iso é máis flagrante para a fenda de xénero o feito de que

elas contabilicen as cifras máis baixas neses casos (0,58 % sobre o total da ocupa-

ción do trimestre, fronte ao 0,89 % deles).

Page 14: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

14

Por ramas de actividade

As cifras de poboación ocupada por rama de actividade, que non semellan moverse

moito na comparativa interanual, tamén ilustran as desigualdades a que se enfron-

tan as mulleres en Galicia dentro dun mercado laboral minguado polas circunstancias.

Táboa 7. TAXA DE OCUPACIÓN POR SEXOS

RAMA MULLERES HOMES TOTAL

Agricultura e pesca 24.100 42.600 36,1 %

Industria 52.900 130.500 28,8 %

Construción 6.400 68.100 8,6 %

Servizos 135.500 335.900 56,5 %

Total 518.800 577.100 47,3 %

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA. Datos do IV trimestre de 2019

Segundo os datos do último trimestre de 2019, a poboación galega ocupada na

rama industrial segue sendo masculina en máis do 71 %, fronte a un escaso 29 %

de mulleres. En cambio, na rama dos servizos elas supoñen máis do 56,5 % do to-

tal. É evidente que a diferenza máis palpable continúa estando no sector da cons-

trución, onde as mulleres non chegan ao 9 % da ocupación, fronte a máis do 91 %

de homes.

De todas as maneiras, tanto a rama de agricultura e pesca como a da construción

apenas supoñen un 6 % e un 7 % da ocupación total, respectivamente, mentres que

o peso en Galicia o leva a rama dos servizos, que representa máis do 70 % da ocu-

pación total para o trimestre. Nos servizos rexístrase a maior concentración de

empregos, tanto para homes como para mulleres; pero a comparativa por ocupa-

cións amosará a segregación palpable que sofren tamén nesta rama as mulleres,

pois nas ramas específica dos coidados a ocupación é maioritariamente feminina e,

como sabemos, trátase das actividades con peores condicións laborais e salarios

máis baixos.

Segundo a ocupación

Na táboa 8 recóllense as cifras absolutas de poboación galega ocupada segundo a

ocupación durante o último trimestre de 2019. Aquí apréciase claramente o nesgo

que diferencia entre mulleres e homes á hora de traballar por conta allea, pois ao

descender ás definicións descubrimos que as ocupacións seguen asentando nos

roles tradicionais de xénero. A única excepción dáse na categoría de ocupacións

técnicas, científicas e profesionais, onde as mulleres se fan notar grazas, entre ou-

tras cousas, a que cursan máis estudos e durante máis tempo que os homes. Así,

elas ocupan o 58,8 % de postos nesa categoría fronte ao 41,89 % deles.

Page 15: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

15

Táboa 8. POBOACIÓN OCUPADA POR SEXO E OCUPACIÓNS

OCUPACIÓNS MULLERES HOMES TOTAL

Ocupacións militares 900 5.100 6.000

Direccións e xerencias 11.000 22.100 33.100

Postos técnicos e profesionais científicos e intelectuais 111.100 80.100 191.200

Postos técnicos; profesionais de apoio 45.800 80.800 126.600

Empregos contables, administrativos e outros empregos de oficina

69.900 33.300 103.200

Traballo dos servizos de restauración, persoais, protección e vendas

155.300 82.600 237.900

Traballos cualificado no sector agrícola, gandeiro, forestal e pesqueiro

21.400 31.300 52.700

Artesáns e traballados cualificados das industrias manufactureiras e a construción (salvo operadores/as de instalacións e maquinaria)

18.600 132.200 150.800

Operadores/as de instalacións e maquinaria, e montadores/as

14.900 74.700 89.600

Ocupacións elementais 70.000 34.900 104.900

Total 518.900 577.100 1.096.000

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA. Datos do IV trimestre de 2019

O postos de traballo en servizos de restauración, persoais, de protección e vendas

rexistran as cifras máis elevadas durante o último trimestre de 2019 en Galicia

(237 900 persoas ocupáronse en traballos desa índole). As mulleres rexistran a

ocupación máis elevada aí, seguidas polas 111 100 ocupadas en postos de técnicas,

profesionais científicas e intelectuais. O gráfico 5 amosa moi ben a situación que

acabamos de describir.

Gráfico 5. OCUPACIÓNS POR SEXOS

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA (IV trimestre de 2019)

Das dez ocupacións analizadas para o último trimestre do 2019 na EPA, xa falamos

das dúas principais en cifras totais, pero é significativa a terceira: «artesanía e tra-

Page 16: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

16

ballos cualificados das industrias manufactureiras e construción (salvo operado-

res/as de instalacións e maquinaria)», que acumula o 13,76 % do total, pero na que

os homes supoñen máis do 87 % desa ocupación. Isto tamén acontece nas ocupa-

cións militares, onde eles suman máis do 85 % (pero esta ocupación apenas supón

un 0,55 % sobre o total de ocupacións).

As mulleres son clara maioría nas ocupacións denominadas «empregos contables,

administrativos e outros empregos de oficina»; representan o 67,73 % do total,

aínda que o seu peso sobre o total galego da ocupación apenas alcanza o 9 %.

Todas estas cifras non fan máis que corroborar a fotografía dun mercado laboral

galego evidentemente nesgado por xénero e no cal as ocupacións tradicionalmente

masculinizadas (empregos a tempo completo e mellores salarios, así como menor

temporalidade) continúan maioritariamente reservados aos homes, ao tempo que

o espazo reservado para as mulleres segue a ser o específico dos coidados e as súas

variantes (sanidade, servizos sociais, administración e educación).

Afiliacións nos servizos e coidados

O primeiro obstáculo que atopamos á hora de intentar unha achega á situación das

mulleres na afiliación á seguridade social nas ramas de actividade dos servizos e os

coidados da CNAE-2009 é que non existe unha recollida de datos exhaustiva por

sexos, así que só podemos facer estimacións baseadas noutras cifras e mais na

evolución do mercado laboral na sociedade galega.

Sempre, polo tanto, desde un punto de vista especulativo, podemos afirmar que

nas ramas de actividade dedicadas aos coidados e a limpeza dos fogares, a maioría

das persoas traballando ou afiliadas son mulleres. Tamén resulta evidente que nas

actividades de xardinería, dentro da rama de servizos a edificios, haberá unha

maioría notable de homes, ou que nas actividades administrativas e de oficina

adoitan ser máis as mulleres afiliadas ca os homes (como xa puidemos ver no ante-

rior gráfico das ocupacións por sexos).

Na táboa seguinte fomos quen de acumular os datos para os últimos tres anos,

pero da afiliación total. Facendo unha comparativa, observamos que entre 2017 e

2018 todas as ramas de afiliación nos servizos e coidados experimentaron unha

medra en termos absolutos, agás nas «actividades dos fogares como empregadores

de persoal doméstico», nas que a cifra descendeu. É significativo porque sabemos

que se trata dunha das ramas máis feminizadas (ademais da precarización que so-

fre) que existen no mercado laboral galego.

Page 17: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

17

Táboa 9. POBOACIÓN AFILIADA NAS RAMAS DA CNAE-2009 DE SERVIZOS E COIDADOS

AFILIACIÓNS POR RAMAS DA CNAE-2009 2017 2008 2019

Servizos a edificios e actividades de xardinería 26.227 26.851 27.506

Actividades administrativas de oficina e outras actividades auxiliares de empresas

12.460 12.845 13.498

Asistencia en establecementos residenciais 11.020 11.662 12.300

Actividades de servizos sociais sen aloxamento 12.712 13.600 14.677

Actividades dos fogares como empregadores de persoal doméstico

27.924 27.587 26.695

Actividades dos fogares como produtores de bens e servizos para uso propio

0 0 0

Total 973.812 997.776 1.015.254

FONTE: elaboración propia sobre datos do IGE

Aconteceu o mesmo entre 2018 e 2019: todas as categorías da táboa anterior pre-

sentaron medras nas súas cifras de afiliación agás a de actividades dos fogares.

En xeral, a afiliación aumentou nestas ramas específicas de actividade do CNAE-

2009 de servizos e coidados, en termos absolutos, en 41.442 persoas; isto tradú-

cese nun crecemento relativo do 4,26 %, fronte á caída que sufriu a rama dos foga-

res como empregadores, que rexistrou 1229 afiliacións menos en 2019 con res-

pecto a 2017, o cal supuxo en termos relativos un descenso do 4,40 %.

Réxime especial empregadas do fogar

Para este apartado só temos datos totais de ambos os sexos. En 2019 estaban re-

xistradas nese réxime 26 176 persoas, 860 menos ca no 2018 (un 3 % menos en

termos relativos).

Porén, sabemos que este réxime especial de afiliación á seguridade social está to-

talmente feminizado, así que a lectura que podemos extraer irá sempre enfocada

ás mulleres que o compoñen. Así, do seguinte gráfico tiramos un par de conclu-

sións: durante os últimos tres anos, a afiliación galega ao réxime especial empre-

gadas do fogar (REEF) representou máis do 6,5 % do total de afiliación estatal a ese

réxime.

A comparativa interanual resulta preocupante, pois mentres que a afiliación total

medra entre 2017 e 2019 (falamos de case un 6 % en termos relativos), a especí-

fica no REEF diminuíu arredor do 5,21 % para o conxunto de España.

Se falamos de Galicia, os datos son semellantes: aumentou a afiliación total (no

2019 rexistráronse 41 442 afiliacións máis que no 2017) pero no REEF o descenso

de 1171 persoas, en termos absolutos, traduciuse nunha caída relativa do 4,28 %.

Page 18: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

18

A afiliación ao REEF en España achegaba no 2019 ao 2,09 % do total, mentres que

en Galicia esa cifra era un pouco máis elevada, arredor do 2,6 % sobre o total. Non

se trata dunha diferenza moi elevada, pero si amosa a maior especificidade dese

réxime no conxunto galego e, polo tanto, a maior participación das mulleres gale-

gas na afiliación no devandito réxime especial.

Gráfico 6. AFILIACIÓN AO REEF ENTRE 2017 E 2019

FONTE: elaboración propia sobre datos do IGE

No gráfico anterior quixemos incorporar tamén as cifras por provincias en Galicia,

pois o feito de comparar a afiliación ao REEF desta maneira obríganos a falar tamén

da desproporción que existe entre as provincias do interior e as do eixe atlántico,

debida a varias causas, entre elas o despoboamento das primeiras a favor das cos-

teiras e mais ao envellecemento da poboación no interior, onde, a maiores, existe

un amplo abano de persoas en situación precaria por mor das baixas pensións.

Obviamente, nos tres anos de análise, na provincia máis poboada de Galicia é onde

maior afiliación se aprecia, tamén no REEF, tan minoritario. Trátase da Coruña

(achegaba ao total da poboación galega en 2019 o 41,47 %), seguida por Ponteve-

dra, onde a poboación ascendeu no 2019 a case o 35 % da poboación total galega.

Doutra banda, Ourense é a provincia con menos peso poboacional sobre o total

galego (apenas o 11,40 %), así que tamén é lóxico que conte coas cifras de afilia-

ción máis baixas.

Page 19: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

19

Segundo a xornada

Temos que sinalar que as ocupacións das persoas galegas acumúlanse en xornadas

completas en máis do 86 %. Tamén as mulleres galegas gozan dunha ocupación

máis elevada en xornadas completas. Os contratos a tempo completo ascenderon a

943 000 no último trimestre do 2019: 538.400 eran masculinos e 404.600 femini-

nos, isto é, as mulleres xuntan case o 43 % dese tipo de contratos e os homes máis

aló do 57 % (reflectimos os datos na seguinte táboa).

É unha realidade máis que amosa que a precariedade laboral aínda leva, en Galicia,

maioría de nomes de mulleres, pois se ben a xornada completa é a máis rexistrada,

a diferenza entre a masculina e a feminina é moi grande.

Táboa 10. POBOACIÓN OCUPADA POR TIPO DE XORNADA

XORNADA MULLERES HOMES TOTAL

Parcial 114.300 38.700 153.000

Completa 404.600 538.400 943.000

Total 518.900 577.100 1.096.000

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA (IV trimestre de 2019)

Ao mesmo tempo, a desagregación por sexos destas cifras amósanos que son

mormente as mulleres galegas as que se ocupan en xornadas parciais (acumulan

máis do 75 % deste tipo de xornada, mentres que os homes apenas chegan ao

25 %, como podemos observar no gráfico 7).

Gráfico 7. POBOACIÓN OCUPADA EN XORNADAS PARCIAIS

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA (IV trimestre de 2019)

Page 20: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

20

Isto quere dicir que, outra volta, cando analizamos o mercado laboral desde a

perspectiva de xénero e descodificamos os datos para entender as diferenzas exis-

tentes, atopamos que as mulleres levan as de perder na fenda salarial porque os

seus traballos son peor remunerados e contabilizan menos horas. Se arredor do

13 % dos contratos son parciais e son elas as que máis contratos parciais asinan, a

fenda nunca deixa de medrar, pois das persoas que traballan a xornada completa,

os homes superan as mulleres en máis de 133 000 en cifras absolutas.

De feito, no próximo apartado de conciliación veremos que a xornada parcial non é

voluntaria na maioría dos casos; máis ben elíxena as persoas (en xeral, mulleres)

que non conseguen atopar un traballo a xornada completa.

Táboa 11. POBOACIÓN FEMININA OCUPADA POR TIPO DE XORNADA

IV TRIMESTRE PARCIAL COMPLETA TOTAL

2015 108.300 379.800 488.100

2016 111.900 383.600 495.500

2017 110.200 394.000 504.200

2018 116.500 403.300 519.800

2019 114.300 404.600 518.900

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA

Na táboa 11 recóllese unha comparativa interanual desde o último trimestre do

ano 2015 ata o último do 2019. Vese unha evolución da contratación feminina a

xornada completa que se pode definir como moderada pero constante. Porén, a

ocupación a xornada parcial é máis errática e vai medrando e minguando case ano

a ano. Isto é, peor xornada e ademais con peores expectativas cando se trata das

mulleres.

A poboación feminina ocupada en xornada parcial medrou entre o último trimestre

do 2015 e o último trimestre de 2019 en 5,54 puntos en termos relativos.

Aínda que as mulleres con xornadas a tempo completo experimentaron tamén

unha suba de 6,53 puntos nese mesmo período, non podemos máis ca resaltar o

feito de que a xornada a tempo parcial aumenta decontino e, ademais, non deixa de

estar feminizada en ningún momento. Este feito, ligado a que a xornada parcial non

adoita ser unha elección da persoa traballadora, tradúcese nunha situación de pre-

cariedade laboral que lastra o salario, empobrece as familias e reduce a produtivi-

dade, desaproveitando o potencial traballador da persoa contratada desta forma.

A táboa 12 amosa o desequilibrio entre xéneros nas elevadas cifras de mulleres

con xornadas parciais fronte aos homes. As causas, como é esperable nun mercado

laboral que segue a primar o traballo masculino e que aínda considera que o papel

das mulleres está, maioritariamente, nas tarefas e coidados da familia e o fogar,

establecen ese patrón tan difícil de romper, no cal elas teñen que asumir esas ta-

refas e coidados reducindo a súa xornada laboral ou traballando a xornada parcial

Page 21: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

21

(en ambos os escenarios redúcese considerablemente calquera salario), e tamén as

sitúan na imposibilidade de atopar un traballo a xornada completa (esa categoría

afecta ás mulleres en máis do 35 % sobre o total da poboación ocupada a xornada

parcial).

Táboa 12. POBOACIÓN OCUPADA A TEMPO PARCIAL POR MOTIVO E SEXO

MOTIVO MULLERES HOMES TOTAL

Seguir cursos de ensinanza ou formación 4.900 5.900 10.800

Enfermidade ou incapacidade propia 1.600 1.700 3.300

Coidado de nenos ou de adultos enfermos, incapacitados ou maiores

300 14.600 14.900

Outras obrigas familiares ou persoais 1.900 10.900 12.800

Non atopar un traballo de xornada completa 12.000 43.700 55.700

Non querer un traballo de xornada completa 1.900 7.000 8.900

Outras razóns 6.800 11.400 18.200

Non sabe o motivo 100 — 100

Total 29.500 95.000 124.500

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA (IV trimestre do 2019)

O máis espectacular destes datos está no feito de que son elas, en máis do 97 %, as

que asumen traballar en xornada parcial por coidado de menores ou de adultos

enfermos, incapacitados ou maiores. Tamén na categoría de «outras obrigas fami-

liares ou persoais» atopamos que as mulleres con xornada parcial por esta razón

ascenden a un total de 10 900, fronte a só 1900 homes (traducido en porcentaxes,

representa o 85,16 % feminino do total desa categoría).

Ademais, temos que ter en conta que na categoría «outras razóns» seguramente se

camuflen todas aquelas que non declaran obrigas familiares e de coidados pero

que, finalmente, traballan a xornada parcial por ese motivo.

Tamén é significativo que máis do 54 % da poboación ocupada a xornada parcial

por «seguir cursos de ensinanza ou formación» son mulleres, o cal reflicte o que xa

mencionamos respecto a que elas se forman máis.

Xa sabemos que a rama «resto de servizos» xunta as maiores concentracións de

emprego en Galicia, sobre todo para as mulleres. O problema está en que o 53,80 %

das mulleres ocupadas traballan nesa rama a xornada parcial. Séguelle a «hostala-

ría», que ocupa o 27,71 % de mulleres a xornada parcial e é outro dos focos de em-

prego que concentran máis mulleres no mercado laboral galego dos últimos anos e,

como sabemos, onde se producen máis irregularidades contractuais e de salarios.

Pola outra banda, nas «industrias extractivas», sector fortemente masculinizado, a

finais do 2019 só traballaban 300 mulleres, das cales, curiosamente, todas o facían

a xornada completa (nos empregos específicos de administración).

Page 22: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

22

Táboa 13. POBOACIÓN FEMININA OCUPADA POR XORNADA E RAMA DE ACTIVIDADE

RAMA DE ACTIVIDADE XORNADA

COMPLETA XORNADA

PARCIAL TOTAL

TAXA OCUPACIÓN X. PARCIAL

Agricultura, gandaría, caza e silvicultura 18.300 2.100 20.300 10,34 %

Pesca e acuicultura 2.400 1.400 3.800 36,84 %

Industrias extractivas 300 0 300 0,00 %

Industria manufactureira 47.600 3.900 51.500 7,57 %

Enerxía, subministración de auga e xestión de residuos

900 300 1.200 25,00 %

Construción 5.800 600 6.400 9,38 %

Comercio por xunto e ao retallo; reparac. vehículos de motor e motocicletas 63.500 20.100 83.600 24,04 %

Transporte e almacenamento 7.800 2.700 10.500 25,71 %

Hostalaría 31.400 12.000 43.300 27,71 %

Activ. de información, financeiras, inmobiliarias e profesionais 55.200 15.900 71.100 22,36 %

Admón. pública e defensa; seguridade social obrigatoria

30.800 1.000 31.800 3,14 %

Educación 40.400 9.000 49.300 18,26 %

Actividades sanitarias e de servizos sociais 72.300 12.700 85.000 14,94 %

Resto de servizos 28.000 32.600 60.600 53,80 %

Total 404.600 114.300 518.900 22,03 %

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA (IV trimestre de 2019)

Segundo o tipo de contrato

A poboación de mulleres con contrato indefinido no último trimestre de 2019 en

Galicia ascendía a 312 700, fronte a 341 700 contratos indefinidos asinados por

homes no mesmo período.

Na seguinte táboa recollemos a taxa de temporalidade que veñen sufrindo as mu-

lleres galegas desde o 2015 ata hoxe.

Táboa 14. POBOACIÓN ASALARIADA FEMININA POR TIPO DE CONTRATO

IV TRIMESTRE CONTRATO INDEFINIDO

CONTRATO TEMPORAL TOTAL

TAXA

TEMPORALIDADE

2015 290.400 109.900 400.300 27,5%

2016 288.800 114.500 403.300 28,4%

2017 293.900 121.200 415.000 29,2%

2018 314.800 118.500 433.300 27,3%

2019 312.700 121.600 434.300 28,0 %

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA

Page 23: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

23

A finais de 2019, o número de traballadoras temporais por conta allea supoñía o

28 % do total de asalariadas; creceu case un punto con respecto ao ano anterior,

mentres que se perdían 2100 contratos indefinidos a mulleres no mesmo período.

A taxa de temporalidade vai fortemente asociada á precariedade laboral, e que du-

rante todos estes anos supere o limiar do 25 % é inescusable. Ademais, observando

as súas flutuacións, podemos admitir que non se prevé unha mellora estrutural da

situación no horizonte, pois a tendencia continúa sendo errática pero sobre todo á

alza.

Aínda que no último trimestre do ano 2018 parecía que xurdía unha tendencia fa-

vorable á medra da contratación indefinida, este pasado 2019 volveu caer.

A taxa de temporalidade das mulleres asalariadas en Galicia mide a proporción de

emprego asalariado temporal sobre o total de asalariadas no trimestre. Polo tanto,

que as mulleres galegas sufran unha elevada taxa de temporalidade sustenta a

nosa tese da súa peor posición no eido laboral, pois aínda que os homes tamén a

sofren, é moito máis grave no caso delas.

De feito, como podemos observar na táboa 15, no mercado laboral privado galego,

as mulleres rexistraron nos últimos cinco anos unha taxa de arredor do 28 %. O

pico de temporalidade alcanzouse no 2017, cando superou o 29 %, pero en 2019

volveu medrar. Isto amosa unha conxuntura sistémica tendente a manter unha

poboación feminina asalariada con contratos temporais e parciais, para promover

que sexan as mulleres as que renuncien ao mercado laboral a favor dos coidados

do fogar.

Táboa 15. EMPREGO ASALARIADO FEMININO NO SECTOR PRIVADO

IV TRIMESTRE

CONTRATO INDEFINIDO

CONTRATO TEMPORAL TOTAL TAXA

TEMPORALIDADE

2015 212.400 84.400 296.800 28,44 %

2016 215.300 86.800 302.100 28,73 %

2017 216.500 88.600 305.100 29,04 %

2018 235.500 86.300 321.800 26,82 %

2019 233.900 87.800 312.700 27,29 %

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA

Tanto é así, que a taxa de temporalidade da poboación asalariada en Galicia, du-

rante os anos do período estudado, non superou nunca o 27 %, mentres que para

as mulleres estivo sempre por riba desa cifra. E, comparativamente, no 2019 había

máis dun punto porcentual de diferenza (a xeral foi do 26,01 %).

Desagregado por sexos, o emprego asalariado no sector público lévanos á mesma

dedución, incluso algo máis pesimista. Na táboa 16 observamos que, malia que o

sector público presenta adoito cifras máis elevadas de estabilidade (obsérvase nas

taxas de temporalidade para a poboación asalariada galega durante os últimos

Page 24: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

24

cinco anos: case o 21 % no 2015 e alcanzou no 2019 arredor do 25,5 %, así que

tamén medrou, pero menos ca no sector privado), iso non afasta as asalariadas do

sector público das elevadas taxas de temporalidade. Máis ben, a evolución nestes

últimos cinco anos tende ao contrario: aínda que no 2018 pareceu frear un pouco a

súa medra, a temporalidade na contratación feminina no sector público elévase

desde hai cinco anos a un ritmo que a fixo superar en case 3 puntos porcentuais a

do sector privado.

Táboa 16. EMPREGO ASALARIADO FEMININO NO SECTOR PÚBLICO

IV TRIMESTRE CONTRATO INDEFINIDO

CONTRATO TEMPORAL TOTAL TAXA

TEMPORALIDADE

2015 78.000 25.600 103.600 24,7%

2016 73.500 27.700 101.200 27,4%

2017 77.400 32.400 109.800 29,5%

2018 79.300 32.300 111.600 28,9%

2019 78.800 33.700 112.500 29,96 %

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA

Ao mesmo tempo, o emprego asalariado feminino no sector público non deixou de

medrar nestes últimos cinco anos, mentres que o masculino experimentou subas e

baixas, non excesivamente significativas, pero dignas de mencionarse. Aínda así,

tiñan un emprego asalariado no sector público no último trimestre de 2019 arre-

dor de 76 200 homes máis ca mulleres.

En conxunto, a poboación asalariada feminina ascendeu en 2019 en Galicia apenas

ao 46,19 % do total.

Tamén resulta significativo que no tramo de idades entre os 25 e os 29 anos se

equilibre case ao 50 % a porcentaxe de asalariadas e asalariados, mentres que,

coincidindo co que xa falamos da maior e máis longa formación das mulleres, no

tramo entre 16 e 19 anos a porcentaxe de mulleres asalariadas apenas acada o 24 %.

Segundo o tipo de contrato e a xornada

A finais de 2019 había en Galicia un total de 434 300 mulleres asalariadas, das ca-

les 121 600 tiñan un contrato temporal e, desas, 42 600 traballaban a xornada parcial.

Con respecto ao ano anterior, a porcentaxe de mulleres asalariadas a xornada par-

cial e con contrato temporal subiu case 1 punto porcentual (o 2019 pechábase co

9,81 %).

Page 25: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

25

Táboa 17. POBOACIÓN ASALARIADA FEMININA POR CONTRATO E TIPO DE XORNADA

XORNADA/CONTRATO INDEFINIDAS TEMPORAIS ASALARIADAS

Parcial 62.200 42.600 104.800

Completa 250.500 79.000 329.500

Total 312.700 121.600 434.300

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA (IV trimestre de 2019)

Insistimos en que, a pesar de que a contratación a xornada completa e indefinida é

máis elevada tanto para mulleres como para homes, a comparativa entre sexos

amosa uns datos preocupantes con respecto á posición das mulleres galegas no

noso mercado de traballo.

FENDA SALARIAL

Segundo datos recollidos na Enquisa Anual de Estrutura Salarial (EES) —que che-

gan ata o 2017—, o salario medio das mulleres ese ano andaba arredor dos

18 833,53 € e o dos homes, 24 321,64 €. Isto supón unha diferenza bruta a favor do

salario masculino de 5488,11 €. Na contratación temporal, a diferenza ou fenda

salarial non foi tan forte pero, aínda así, as mulleres galegas cobraron no 2017 un

14,3 % menos ca os homes para este tipo de contratación.

Nunha comparativa interanual cos datos do ano 2016, observamos que a fenda

salarial entre mulleres e homes na contratación temporal diminuíu desde máis dun

18 % en 2016 a un 14,3 % no 2017. Porén, na contratación indefinida esa desigual-

dade segue sendo patente e non experimentou practicamente ningún cambio.

Táboa 18. GANANCIA MEDIA ANUAL POR SEXOS E TIPO DE CONTRATO

CONTRATO MULLERES HOMES DIF. SALARIAL HOME-MULLER

DIF. SALARIAL HOME-MULLER

Indefinido 19.597,17 € 25.806,46 € 31,7 % 6.209,29 €

Temporal 15.676,45 € 17.924,12 € 14,3 % 2.247,67 €

Total 18.833,53 € 24.321,64 € 29,1 % 5.488,11 €

FONTE: elaboración propia sobre datos das EES (2017)

O feito de que, en Galicia, os salarios dos homes se sitúen anualmente moi por riba

dos das mulleres é resultado de todas estas circunstancias que vimos relatando

desde a introdución deste informe: maior temporalidade, maior parcialidade e

menor tempo da contratación indefinida das mulleres con respecto á dos homes,

todo isto alimentado polos tradicionais roles de xénero que se lle adxudican aos

homes e ás mulleres.

Page 26: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

26

Gráfico 8. GANANCIA MEDIA ANUAL POR SEXOS E SECTORES

FONTE: elaboración propia sobre datos da EES (2017)

O gráfico anterior é unha achega visual para comprendermos mellor os datos da

táboa 19 e saber a que nos referimos cando falamos de desigualdade e fenda sala-

rial exactamente. Na construción nin sequera temos datos femininos, así que non

debera formar parte da imaxe, pero parécenos unha mensaxe o suficientemente

potente para apoiar a fotografía do mercado laboral galego que estamos a realizar,

pois recolle a fortísima diferenciación por sexos que este arrastra (e que se ob-

serva ben nos outros dous sectores que recollen tanto o gráfico como a táboa): os

homes cobran moito máis nos outros dous.

Táboa 19. GANANCIA MEDIA ANUAL POR SEXOS E SECTORES

MULLERES HOMES DIFERENZA SALARIAL HOME-MULLER

DIFERENZA SALARIAL HOME-MULLER

Industria 20.667,96 € 26.947,94 € 6.279,98 € 30,39 %

Construción — 21.982,35 € — —

Servizos 18.554,65 € 23.171,47 € 5.162,82 € 27,82 %

FONTE: elaboración propia sobre datos das EES (2017)

Na industria, a contratación é maioritariamente masculina pero nos servizos hai

unha taxa altísima de mulleres, así que o problema, como xa sabemos, está nun

mercado laboral que se sustenta en obsoletos estereotipos e roles de xénero.

Así, a táboa 19 amosa a gravidade da fenda salarial de xénero que experimenta o

mercado laboral galego: sendo o sector dos servizos o que maior contratación fe-

minina rexistra, é significativo que nel a diferenza no salario anual entre mulleres e

homes ascenda a case o 28 % a favor do salario masculino.

Page 27: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

27

Táboa 20. SALARIO MEDIO ANUAL POR SEXO E GRUPOS DE IDADE

RANGO DE IDADES MULLERES HOMES AMBOS OS SEXOS

DIFERENZA H/M

Menor de 18 anos 1.683 € 2.491 € 2.134 € 48,01 %

De 18 a 25 anos 5.955 € 7.801 € 6.924 € 31,00 %

De 26 a 35 anos 13.689 € 16.304 € 15.020 € 19,10 %

De 36 a 45 anos 17.585 € 22.232 € 19.992 € 26,43 %

De 46 a 55 anos 19.642 € 25.438 € 22.716 € 29,51 %

De 56 a 65 anos 21.401 € 26.957 € 24.468 € 25,96 %

Maior de 65 anos 11.614 € 18.915 € 15.996 € 62,86 %

Total 16.755 € 21.327 € 19.159 € 27,29 %

FONTE: elaboración propia sobre datos do AEAT4 (2018)

Tamén os salarios medios por rangos de idade e sexos amosan unha realidade pa-

tente de desequilibrio a favor dos homes. Con respecto á comparativa interanual,

unha mirada un pouco observadora apreciará que, en xeral, semella diminuír en

case todos os rangos de idade, pero tamén apreciará que as maiores diferenzas se

atopan nos rangos máis baixos da táboa e máis nos máis altos (en concreto, a fenda

salarial a partir dos 65 anos é un problema no cal indagar —máis do 62 % de dife-

renza a favor dos homes—), e que nos amosa a notable inxustiza que sofren as

mulleres galegas nos momentos máis vulnerables dos seus ciclos vitais (sabemos

que as pensións de moitas mulleres non chegan ás mínimas por mor do período de

inactividade que pasaron dedicadas aos coidados da familia e o fogar, entre outras

causas).

Táboa 21. ASALARIADAS E SALARIO MEDIO ANUAL POR IDADES

TRAMOS DE IDADE ASALARIADAS SALARIO MEDIO ANUAL

Menor de 18 anos 921 1.683 €

De 18 a 25 anos 40.211 5.955 €

De 26 a 35 anos 106.045 13.689 €

De 36 a 45 anos 152.291 17.585 €

De 46 a 55 anos 124.040 19.642 €

De 56 a 65 anos 67.507 21.401 €

Maior de 65 anos 4.836 11.614 €

Total 495.851 16.755 €

FONTE: elaboración propia sobre datos do AEAT (2018)

En xeral, falamos dunhas diferenzas tremendas que hai que abordar desde as polí-

ticas públicas e a normativa (o primeiro paso está na nova normativa que fala ex-

4 Axencia estatal da Administración tributaria, Mercado de Traballo e Pensións nas fontes tributarias.

Page 28: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

28

plicitamente de «traballos de igual valor», así como da obriga das empresas de rea-

lizar auditorías salariais que expliquen estas diferenzas e, se for o caso, as combatan).

Táboa 22. SALARIO MEDIO ANUAL POR SECTORES DE ACTIVIDADE E SEXOS

SECTORES MULLERES HOMES DIFERENZA

HOMES –MULLERES

Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 12.170 € 16.891 € 38,8 %

Industria extractiva, enerxía e auga 22.911 € 30.226 € 31,9 %

Industria 17.198 € 23.832 € 38,6 %

Construción e actividades inmobiliarias 16.238 € 18.784 € 15,7 %

Comercio, reparacións e transporte 15.008 € 20.529 € 36,8 %

Información e comunicacións 20.482 € 26.595 € 29,8 %

Entidades financeiras e aseguradoras 26.869 € 37.771 € 40,6 %

Servizos ás empresas 12.734 € 17.756 € 39,4 %

Servizos sociais 22.347 € 26.765 € 19,8 %

Outros servizos persoais e de ocio 8.314 € 11.518 € 38,5 %

Total sectores 16.755 € 21.327 € 27,3 %

FONTE: elaboración propia sobre datos do AEAT (2018)

Como se aprecia na táboa 22, no 2018 a maior fenda salarial por sectores atopá-

base no de entidades financeiras e aseguradoras, con arredor do 40,6 %. Sorpren-

dentemente, a menor diferenza entre os salarios das mulleres e dos homes rexis-

trábase o pasado ano no sector da construción e actividades inmobiliarias. Tamén

é certo que este último é un dos sectores onde menos mulleres traballan.

Táboa 23. PERSOAS ASALARIADAS POR SECTOR

SECTORES ASALARIADAS ASALARIADOS TOTAL

Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 4.673 19.848 24.521

Industria extractiva, enerxía e auga 1.931 8.905 10.836

Industria 41.650 93.224 134.874

Construción e actividades inmobiliarias 12.727 67.296 80.023

Comercio, reparacións e transporte 100.460 127.178 227.638

Información e comunicacións 7.360 13.078 20.438

Entidades financeiras e aseguradoras 12.185 10.899 23.084

Servizos ás empresas 72.510 60.851 133.361

Servizos sociais 168.160 96.576 164.736

Outros servizos persoais e de ocio 74.195 51.816 126.011

Total sectores 495.851 549.671 1.045.522

FONTE: elaboración propia sobre datos da AEAT. Ano 2017

De feito, na táboa 23 obsérvase no sector da construción esa diferenza da que fala-

bamos (neste sector as mulleres só acumulan o 15,9 % dos salarios), pois recolle o

dato máis baixo para as mulleres dos dez sectores analizados no 2018. Lembremos

Page 29: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

29

que nese sector a diferenza salarial entre homes e mulleres foi, o pasado ano, de

máis do 15 % a favor deles (de media anual, as mulleres gañaron 16 238 € e os

homes 18 784 €).

Como viñemos adiantando ao longo de todo este informe, o sector que acumula a

maior porcentaxe de asalariadas é o dos servizos sociais (cun 63,5 % de mulleres);

tamén acada a porcentaxe máis alta de mulleres do total de salarios galegos nese

ano, o 16,1 %. Pois ben, aquí a diferenza salarial entre homes e mulleres ascendía

no 2018 a máis do 19 % a favor deles (de media 22 347 € fronte a 26 765 €, res-

pectivamente)

POBOACIÓN PARADA

As mulleres tamén sofren cifras máis elevadas de paro ca os homes, como podemos

apreciar nos datos dos últimos cinco anos.

No derradeiro trimestre de 2019 había en Galicia 79 500 mulleres paradas, un

4,33 % máis ca no mesmo trimestre de 2018, pero un 12,5 % menos que hai dous

anos. De feito, a tendencia vén sendo á baixa desde 2015, pero ao remate do 2019

rebrotou o paro feminino.

Na comparativa interanual, no ano 2019 saíron das listaxes do paro 31 900 mulle-

res con respecto ao 2015.

Táboa 24. POBOACIÓN PARADA FEMININA

IV TRIMESTRE PARADAS TAXA DE PARO

2015 111.400 18,60 %

2016 101.500 17,00 %

2017 90.500 15,20 %

2018 76.200 12,80 %

2019 79.500 13,30 %

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA

A taxa de paro feminina situábase en máis do 13,30 % no último trimestre de 2019,

mentres que a masculina supoñía o 10,3 %. É certo que descendeu moito desde o

ano 2015, que se pechaba cun 18,60 % de paro feminino en Galicia, pero o feito de

que durante catro anos descendera e agora comece a remontar traerá, por exem-

plo, consecuencias futuras canto ao acceso ás pensións desas mulleres.

O 54,56 % do paro galego no último trimestre do 2019 soportárono as mulleres. En

cifras absolutas, os homes parados foron 66 200 e as mulleres paradas, 79 500.

Page 30: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

30

Táboa 25. POBOACIÓN PARADA POR GRUPOS DE IDADE E SEXOS

MULLERES HOMES TOTAL

de 16 a 19 anos 1.600 1.300 2.900

de 20 a 24 anos 6.600 6.100 12.700

de 25 a 29 anos 9.400 7.300 16.800

de 30 a 34 anos 6.500 9.000 15.500

de 35 a 39 anos 7.400 12.200 19.600

de 40 a 44 anos 6.800 11.300 18.100

de 45 a 49 anos 7.700 10.600 18.300

de 50 a 54 anos 8.300 9.400 17.700

de 55 a 59 anos 7.700 8.000 15.700

de 60 a 64 anos 4.000 4.300 8.200

de 65 e máis anos 200 — 200

Total 66.200 79.500 145.700

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA (IV trimestre de 2019)

A táboa anterior é significativa, pois observamos que o paro feminino é moito máis

elevado ca o masculino para o último trimestre do 2019 nos tramos de idade onde

se rexistra a maior contratación (entre os 25 e os 59 anos). Porén, tanto nos tra-

mos da mocidade como nos da vellez, a diferenza entre sexos é moito máis pe-

quena. Incluso se rexistraron menos mulleres paradas ca homes no tramo entre 16

a 29 anos, o cal, doutra banda, xa dixemos que ten unha explicación, máis aló da

evolución do mercado laboral, no feito de que as mulleres galegas estudan durante

máis anos e, polo tanto, se incorporarán máis tarde ás listaxes de demandantes de

emprego. O mesmo acontece cos rangos de idade máis elevados, onde a achega das

cifras de paro entre sexos dáse porque nesas idades hai máis mulleres que non

forman parte do mercado laboral por mor dos coidados familiares e do fogar.

Gráfico 9. TAXA DE PARO POR NIVEL DE FORMACIÓN ALCANZADO E SEXOS

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA (IV trimestre de 2019)

Page 31: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

31

Os datos sobre a taxa de paro segundo o nivel formativo no último trimestre de

2019 preferimos mostralos cun gráfico porque resulta moi significativo no relativo

á discriminación que sofren as mulleres galegas no mercado laboral. Como pode-

mos ver, agás no nivel de estudos primarios, no resto de categorías as mulleres

acumulan as taxas de paro máis elevadas.

O caso da categoría de analfabetismo é excesivo, pois é un impedimento absoluto

para as mulleres na procura dun traballo (a taxa de paro é do 100 %), mentres que

os homes sen ningún estudo rexistran unha taxa de paro do 31,6 %. De todas as

maneiras, xa sabemos que as cifras absolutas desta categoría son insignificantes no

total do desemprego, pero é moi representativo que apareza ese gran desequili-

brio, por iso queriámolo resaltar.

Doutra banda, sabendo que as mulleres cursan estudos superiores en maior pro-

porción ca os homes, tamén é significativo que a taxa de paro de mulleres con es-

tudos superiores alcance o 10 %, mentres que a dos homes non chega ao 7 %. Ou-

tra mostra da discriminación á que se enfrontan as traballadoras galegas nun

mercado laboral que segue a primar o masculino fronte ao feminino.

En xeral, tanto homes coma mulleres experimentan un descenso da taxa de paro

inversamente proporcional ao seu nivel de estudos. Así, estudos primarios acu-

mula o 29,5 % da taxa mentres que en educación superior é de 8,4 %.

CONCILIACIÓN

Na sociedade galega, en pleno século XXI, aínda persiste unha tremenda fenda de

xénero na asunción das tarefas domésticas e os coidados. As mulleres galegas ex-

perimentan acotío o que, desde as ciencias sociais, se vén denominando «a dobre

xornada», pois aínda que incorporadas masivamente desde hai anos ao mercado

de traballo, malia todos os avances e as novas lexislacións, o sostemento e organi-

zación do fogar (esa vertente do traballo considerada tradicionalmente «feminina e

improdutiva») continúa sobre os seus ombreiros.

Pero, para comprender mellor as cifras galegas reflectidas neste documento, temos

que falar tamén da poboación inactiva, que é esa parte do censo galego que non se

rexistra nin traballando nin en situación de demandar emprego (xeralmente por-

que as súas circunstancias vitais non llo permiten). Poden ser varias as causas,

pero nós quixemos focalizar esta análise nos coidados de persoas ao cargo e mais

no catalogado como «ten outras responsabilidades», pois sabemos que aí se atopan

as mulleres con situacións especiais de coidados ao seu cargo. O seguinte gráfico é

moi representativo disto.

Page 32: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

32

Gráfico 10. PERSOAS INACTIVAS POR COIDADOS FAMILIARES E OUTRAS RESPONSABILIDADES (2019)

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA (IV trimestre 2019)

Como vemos, a gran maioría das persoas que non están en situación activa en Gali-

cia durante o último trimestre de 2019 son mulleres. Unha simple ollada amosa as

fortísimas diferenzas con respecto aos homes. Traducindo isto en porcentaxes,

case o 75 % das persoas en situación inactiva foron mulleres durante o último tri-

mestre de 2019. As mulleres que se atopaban en situación de inactividade por coi-

dado de persoas enfermas, discapacitadas, maiores ou menores ascenderon a

32 700, mentres que os homes nesa mesma situación só foron 4500.

Por outra banda, máis do 50 % das persoas en situación de inactividade por estar

cursando ou recibindo estudos foron mulleres (un total de 75 700 fronte a 73 200

homes).

Excedencias

Para poder falar da conciliación e a corresponsabilidade en Galicia temos que

apoiarnos nos datos que recolle o Instituto da Muller desde o ano 2007.5

A comparativa interanual desde 2007 ata o 2017 suxire un cambio moi lento, polo

tanto, podemos extrapolar que durante os pasados 2018 e 2019 non se produciron

grandes variacións. Coa introdución dos novos permisos por nacemento e coidados

que lexisla o RDL 6/2019, entendemos que as cifras nese ámbito comezarán a

5 O último período recollido é o correspondente co 2017, así que eses serán os datos que analizare-

mos nestes apartados.

Page 33: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

33

equilibrarse en próximas achegas anuais. Mentres tanto, nos seguintes apartados

facemos unha breve análise das cifras de que dispoñemos.

Por coidado de familiar/persoa dependente

Lembremos que este tipo de excedencias contribúen á fenda nas pensións ao

tempo que repercuten na posibilidade de ascensos ou promocións, por quedar

completamente fóra do eido laboral a persoa que se acolle a elas (algo ao que se lle

empeza a buscar solución desde a lexislación actual, incluíndo a corresponsabili-

dade no articulado sobre a conciliación).

Na táboa 26 recollemos a porcentaxe de mulleres sobre as excedencias totais rexis-

tradas por ano no último quinquenio.

Trátase dun dereito —recollido no estatuto das persoas traballadoras (et), e mello-

rado nalgúns convenios— ao que as persoas se acollen para poder permanecer no

fogar a cargo do coidado dalgún familiar que require atención constante ou semi-

constante sen perder a posibilidade de volver ao seu posto de traballo cando as

circunstancias llo permitan. No artigo 46 do et recóllese o mínimo deste dereito,

que reproducimos a seguir:

Excedencias.

[…] terán dereito a un período de excedencia, de duración non superior a dous anos,

salvo que se estableza unha duración maior por negociación colectiva, os traballadores

para atender ao coidado dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afini-

dade, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poida va-

lerse en por si, e non desempeñe actividade retribuída.

Esta excedencia, cuxo período de duración poderá gozarse de forma fraccionada, consti-

túe un dereito individual dos traballadores, homes e mulleres.

Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o

dito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional

ou categoría equivalente.

Táboa 26. EXCEDENCIAS POR COIDADO DE FAMILIAR/DEPENDENTE SEGUNDO SEXOS

ANO EXCEDENCIA MULLERES HOMES % MULLERES/TOTAL

2013 105 23 82,03 %

2014 115 28 80,42 %

2015 130 33 79,75 %

2016 150 44 77,32 %

2017 215 60 78,18 %

FONTE: elaboración propia sobre datos do Instituto da Muller (Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social)

Page 34: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

34

Podemos percibir na táboa 26 que son as mulleres as que se acollen a este dereito

nunha porcentaxe altísima. Tanto é así que, en todo o período de análise (desde o

2013 ata os últimos datos publicados do 2017), esa porcentaxe de mulleres en si-

tuación de excedencia por coidados non descendeu do 77 %. O período rexistrou

unha caída moderada pero remontou de novo no último ano.

O dato positivo é que entre os traballadores se produce un incremento constante

que chegou case ao triplo se comparamos os anos 2013 e 2017 (as excedencias de

homes no 2013 apenas eran 23, mentres que no 2017 xa ascenden a 60). Iso si,

aínda que hai un incremento, seguimos a falar de cifras irrisorias en comparanza

coas das excedencias ás que se acollen as mulleres no mesmo ano.

Por coidado de fillas ou fillos

Táboa 27. EXCEDENCIAS POR COIDADO DE FILLAS/OS POR SEXOS

ANO DA EXCEDENCIA NAIS PAIS % NAIS

2013 506 31 94,23 %

2014 515 41 92,63 %

2015 621 62 90,92 %

2016 834 76 91,65 %

2017 863 72 92,30 %

FONTE: elaboración propia sobre datos do Instituto da Muller (Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social)

Cando as excedencias se piden no posto de traballo para coidar dunha filla ou dun

fillo, existe unha diferenza con respecto ás anteriores excedencias (tamén no artigo

46 do ET):

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a

tres anos para atender o coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza, como por

adopción, ou nos supostos de garda con fins de adopción ou acollemento permanente, que

empeza a contar desde a data de nacemento ou, no se for o caso, da resolución xudicial ou

administrativa.

As innovacións en temas de corresponsabilidade establecen tamén, para ambos os

tipos de excedencia, que:

O período no cal o traballador permaneza en situación de excedencia conforme ao es-

tablecido neste artigo será computable para os efectos de antigüidade e o traballador

terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, a cuxa participación deberá

ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Du-

rante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o dito

prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou

categoría equivalente.

Page 35: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

35

A innovación da normativa en materia de corresponsabilidade é a inclusión, para

todos estes dereitos, da especificidade de nomealo como dereito individual dos

traballadores e as traballadoras, insistindo no emprego da linguaxe inclusiva para

que non dea lugar ao erro.

A pesar de todo, o coidado de menores cae por completo nas mans das mulleres,

que xa vimos que traballaban a xornada parcial polo mesmo motivo, como queda

reflectido na táboa 27: no ano 2017, máis do 92 % das excedencias colléronas mu-

lleres (foron, en termos absolutos, 863 mulleres/nais fronte aos escasos 72 ho-

mes/pais).

Ademais, a comparanza interanual non resulta positiva, pois entre 2013 e 2015

semellaba descender a porcentaxe de mulleres fronte á medra que experimenta-

ban os homes, pero nos últimos dous anos asistimos outra volta ao aumento das

cifras femininas de excedencias por coidado de fillas/os.

Prestacións por nacemento

Os datos dispoñibles sobre os que puidemos elaborar este apartado do informe

recollen as prestacións por maternidade e paternidade ata o 2017. Pero, nun in-

tento de darlle forma e contido á nova denominación que achega o RDL 6/2019

(nacemento), recollemos aquí os datos baixo estoutra definición, na cal se incor-

pora a perspectiva de xénero e que trata de afastarse da adxudicación ás mulleres

dos roles tradicionais da crianza.

Malia a definición, os datos do período entre 2013 e 2017 amosan, en efecto, que

esa adxudicación de roles de crianza ás mulleres está aínda fortemente arraigada

na sociedade galega pois, como se reflicte na táboa 28, case o 98 % das prestacións

percibidas por nacemento corresponden ás mulleres, ademais sen variar case en-

tre un ano e o seguinte.

A cifra de homes comprometidos coa paternidade e os coidados que aquí se rexis-

tran ata 2017 non medra, ademais, como se esperaría tendo en conta os datos das

excedencias. Máis ben teñen unha evolución errática e, mentres que entre 2013 e

2015 houbo un baixón que remontou case por completo (329 prestacións no pri-

meiro ano fronte a 328 no último), entre 2015 e 2017 volveron aumentar, che-

gando ás 293 prestacións por paternidade/nacemento, para caer de novo en 2017,

ano en que se rexistraron 287. A conclusión é que aínda é moi complicado para os

homes acollerse a estes dereitos nun mercado laboral que non avanzou cara á

igualdade ao ritmo da normativa, e que, ancorada nos roles tradicionais, non ve

ben que os homes se acollan a estes dereitos.

Page 36: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

36

Táboa 28. PRESTACIÓNS PERCIBIDAS PRO NACEMENTO6

ANO Prestacións

percibidas pola nai Prestacións

percibidas polo pai % prestacións

percibidas pola nai

2013 14.554 329 97,79 %

2014 13.974 305 97,86 %

2015 14.114 328 97,73 %

2016 14.159 363 97,50 %

2017 13.592 293 97,89 %

2018 12.502 287 97,76 %

FONTE: elaboración propia sobre datos do Instituto da Muller (Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social)

CONCLUSIÓNS

O último gráfico pretende ser unha fotografía do momento actual que viven as mu-

lleres no mercado laboral galego.

Gráfico 11. SITUACIÓN DAS MULLERES NO MERCADO LABORAL GALEGO 2019

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA (IV trimestre 2019)

Recolle os puntos máis destacables deste informe e amosa a necesidade de reorga-

nizar o mercado de traballo galego para que sexa equitativo coas mulleres.

— Galicia conta cunha poboación feminina máis elevada ca a masculina: as mulle-

res galegas representan o 52 % da poboación total (1 400 535).

6 Anteriormente chamábanse e «maternidades e paternidades».

Page 37: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

37

— A poboación activa feminina só supoñía o 48,2 % en 2019 (598 400 mulleres).

A taxa de actividade masculina foise reducindo desde o 2015 ata 2019, cando é 6

décimas máis baixa (57,6 %), mentres que a taxa de actividade feminina foi me-

drando durante ese período (49,1 %). Falamos dunha diferenza entre a masculina

e a feminina de máis de 8 puntos e medio.

O tramo de idade coa taxa máis elevada para os homes é entre os 35 e os 39 anos.

Para as mulleres, a taxa de actividade máis elevada por tramos de idade dáse entre

os 40 e os 44 anos.

— Á marxe do mercado laboral (é dicir, en situación de inactividade) atopamos

unha gran cantidade de mulleres, o cal amosa o fortemente feminizada que está en

Galicia a faceta social dos coidados: o 72 % da poboación inactiva galega que non

contaba atopar un emprego era feminina a finais do 2019.

Todas estas mulleres non teñen nin buscan emprego por diversas razóns, pero a

fenda de xénero é máis palpable entre as persoas que non o fan por responsabili-

dades familiares; neste grupo, as mulleres representaban o 87,9 %.

— En Galicia había 1 096 000 persoas ocupadas a finais do 2019. Por sexos, tanto

as mulleres coma os homes experimentaron un incremento interanual constante.

Elas sumaron 518 000 e eles 577 100.

A taxa de ocupación por sexos foi do 42,5 % para as mulleres e do 51,6 % para os

homes (hai unha diferenza de case 10 puntos porcentuais entre homes e mulleres).

A taxa masculina vén experimentando unha suba lixeira pero constante desde o

2015; a feminina mudou ese rumbo positivo de medra en 2018.

Sendo as cifras sempre máis baixas no caso das mulleres, a maior concentración de

ocupación atopábase, tanto para elas como para eles, nos tramos de idade entre os

35 e os 59 anos, correspondendo o pico de ocupación para ambos os sexos ao

tramo de 40 a 44 anos (eles 8,76 %; elas o 8,02 %).

A ocupación por rama de actividade é masculina no 72 % na industria e nos servi-

zos é feminina no 56,5 %. A construción apenas rexistra un 9 % de mulleres ocupa-

das fronte ao 91 % de homes.

Con respecto ao peso dos sectores, en Galicia a maior contratación sitúase nos ser-

vizos, co 70 %.

Na categoría de ocupacións técnicas, científicas e profesionais é onde as mulleres

se fan notar (representaron o 58,8 %); pero son maioría nas ocupacións de empre-

gos contables, administrativos e outros empregos de oficina (67,73 %).

— A afiliación nas ramas específicas de actividade de servizos e coidados medrou a

finais de 2019 arredor do 4,26 %.

Page 38: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

38

— A ocupación en xornadas completas supuña para as mulleres o 43 % e para os

homes o 57 %.

As xornadas parciais están ocupadas maioritariamente por mulleres (acumulan o

75 % deste tipo de xornada).

Estas xornadas medraron para as mulleres en máis de 5,5 puntos porcentuais nos

últimos anos.

A xornada parcial non adoita ser elección da persoa traballadora e devén en situa-

cións de precariedade laboral porque lastra o salario e empobrece as persoas e as

súas familias. Medra constantemente e máis para as mulleres.

O 35 % das persoas que traballan a xornada parcial porque non atopan traballo a

xornada completa eran mulleres.

O 97 % das persoas que traballan a xornada parcial por coidado de menores ou

persoas enfermas, maiores, etc. tamén eran mulleres.

Traballaban a xornada parcial por outras obrigas familiares 1900 homes fronte a

10 900 mulleres, a finais do 2019.

Na rama dos servizos, que xunta maior emprego feminino, tamén traballan case o

54 % das mulleres ocupadas a xornada parcial.

— Os contratos a mulleres rexistraron unha taxa de temporalidade de máis do

28 % do total de asalariadas.

Perdéronse 2100 contratos indefinidos a mulleres na comparación interanual.

A comparación entre o emprego asalariado temporal feminino nos sectores público

e privado lévanos á mesma conclusión, incluso empeora un pouco na contratación

pública (case o 30 % de taxa de temporalidade feminina).

— A poboación asalariada feminina a finais de 2019 foi do 46,19 %.

Había 434 300 mulleres asalariadas, das cales 121 600 tiñan un contrato temporal

e 42 600 traballaban a xornada parcial.

— A fenda salarial de xénero: segundo a EES, o ano 2017 rematou cunha diferenza

salarial a favor dos homes de 5488 €: as mulleres gañaron 18 833,53 € de media,

fronte aos 24 321,64 € dos homes.

Na contratación temporal, a fenda salarial ascendeu ao 14,3 % a favor do salario

dos homes.

Interanualmente, esa fenda diminuíu, pero se falamos dos salarios da contratación

indefinida, a desigualdade segue sendo patente e practicamente non experimenta

cambios.

Page 39: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

39

O feito de que en Galicia os salarios dos homes superen os das mulleres de maneira

tan palpable é resultado da maior temporalidade e parcialidade na contratación

feminina.

No sector con maiores cifras de contratación feminina (servizos) tamén houbo

unha fenda salarial de xénero moi forte (a diferenza a favor dos salarios dos homes

ascende aquí case ao 28 %).

A maior fenda salarial rexístrase no sector de entidades financeiras e aseguradoras

(máis do 40,6 %).

No sector dos servizos sociais, no que as mulleres asalariadas representaban máis

do 63 %, a diferenza salarial foi do 19 % a favor dos homes, cunha media de salario

feminino de 22 347 € e de salario masculino de 26 765 €.

— As cifras de paro tamén afectan máis ás mulleres: 79 500 mulleres paradas a

finais do 2019, e medra con respecto ao 2018 en máis do 4 %. Os homes en paro

foron 66 200.

A taxa de paro feminina situábase no 13,3 % e a masculina no 10,3 %.

A taxa de paro para as mulleres con estudos superiores foi de arredor do 10 %,

fronte ao 7 % dos homes con estudos superiores.

En xeral, a taxa de paro descende tanto para homes como para mulleres a medida

que se sobe no nivel de estudos.

— A porcentaxe de excedencias femininas era no 2017 (ano dos últimos datos re-

collidos) de máis do 78 %.

O dato positivo é que entre os traballadores se observou un aumento interanual

constante que chegou a triplicarse entre 2013 e 2017. Aínda así, a cifra en compa-

ración coa das excedencias de mulleres resulta irrisoria.

As excedencias específicas por coidado de fillas/os recaeu sobre as mulleres en

máis do 92 %, sendo a comparación interanual moi negativa, e volven aumentar as

de mulleres fronte ás de homes.

— Case o 98 % das prestacións por nacemento corresponderon a mulleres no ano

2017. Ademais, a cifra de homes que solicitan estas prestacións non se incremen-

tou, senón ao contrario (en 2017 foi de 287, fronte ás 12 502 prestacións percibi-

das por nais).

As conclusións que presentamos non fan máis que corroborar a fotografía dun

mercado laboral galego aínda moi nesgado polos roles tradicionais de xénero, no

cal os empregos a tempo completo e con mellores salarios se atopan nas ocupa-

cións máis masculinizadas, mentres que o espazo reservado para as mulleres segue

a ser o dos coidados, e cuxa extrapolación ao mercado laboral se traduce en ocupa-

Page 40: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

Mercado de traballo e coidados: a dobre xornada das mulleres galegas

40

cións en sanidade, servizos sociais, administración e educación. Trátase dunha

conxuntura sistémica que provoca, ademais, esa dobre xornada das mulleres.

En definitiva, o mercado laboral galego aínda asenta en tradicións e costumes que

non se corresponden coa realidade que queren vivir as mulleres galegas. Daquela,

hai que seguir loitando e vixiando para que se aplique a normativa que pretende

reducir esas discriminacións, dándolle especial pulo á aplicación real da corres-

ponsabilidade e facendo fincapé na erradicación das diferenzas que levan á dobre

xornada das traballadoras galegas e á fenda salarial.

Page 41: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está

41

Page 42: Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia · negociación a erradicación da fenda salarial e combater a violencia de xénero, o acoso sexual e por razón de sexo; e está