CADERNO DO PROFESOR

15
CADERNO DO PROFESOR

description

Caderno de apoio para traballar o tema dos bosques galegos.

Transcript of CADERNO DO PROFESOR

Page 1: CADERNO DO PROFESOR

CADERNO DO PROFESOR

Page 2: CADERNO DO PROFESOR

- 2 -

1.- AS NOSAS AMIGAS AS ÁRBORES

Ola amiguiños.

Chámome Pepiño, o

raposo, e vivo nos

bosques galegos…

… paso todo o día rodeado de plantas, e ainda que algunhas persoas

pensan que as plantas non son interesantes, se nos fixamos ben nelas

podemos comprobar que o seu mundo e apaixonante. Sen moverse do seu

sitio teñen que resolver moitos problemas para sobreviviren: deben

alimentarse, conseguir auga e luz, florecer, producir froitos e sementes,

crecer e convivir con outros seres vivos.

Todas as plantas teñen RAÍZ (con ela agárranse ao chan e absorben

auga e outras substancias), TALO ( sostén as follas e polo seu interior

circula a auga e os alimentos) e as FOLLAS ( encárganse de fabricar

alimentos e de respirar cando reciben a luz do sol) e algunhas, ademais,

Page 3: CADERNO DO PROFESOR

- 3 -

teñen FLORES. As flores teñen pétalos (son as follas de cores), sépalos (son

as follas verdes que suxeitan os pétalos), pistilo e estames.

1.- Pétalos

2.- Sépalos

3.- Talo

4.- Follas

5.- Raíz

Como hai moitísimas especies, se utilizan distintos métodos para

clasificalas.

Un dos métodos, é o que clasifica as plantas según o seu tamaño en

HERBÁCEAS, ARBUSTOS e ÁRBORES.

As plantas HERBÁCEAS son as que xeralmente coñecemos como

“herbas”, teñen un talo fino e flexible, non teñen troncos nin grandes

flores.

Page 4: CADERNO DO PROFESOR

- 4 -

Por outra banda, están os ARBUSTOS, que son plantas máis

pequenas que as árbores, pero máis grandes que as herbáceas. Teñen un

talo leñoso que se divide en pólas preto do chan. Exemplos de arbustos

galegos son : o toxo, a xesta, o tomiño, o romeo e o loureiro.

Pero entre todas as plantas destacan “AS ÁRBORES”, que teñen un

tronco groso e leñoso e pólas que nacen lonxe do chan. Son as plantas máis

lonxevas, é dicir, as que máis tempo poden vivir. Ademais, as árbores son o

fogar de moitos animais, ¡ como eu! que vivo nunha carballeira.

Todas as árbores se compoñen de raíz, tronco e copa. A copa está

formada por follas e ramas (poden ser circulares, ovaladas ou

triangulares), as ramas serven de conexión entre a copa e o tronco, que é

leñoso e áspero, e éste está unido as raíces.

Page 5: CADERNO DO PROFESOR

- 5 -

As súas follas son moi importantes porque nelas se fabrica o alimento

e para iso necesitan luz, auga e nutrientes. A este proceso se lle chama

FOTOSÍNTESE.

Hai moitos tipos de follas según pertenzan a unha árbore ou a outra:

haínas delgadas ou anchas, co borde ondulado ou dentado,…Se observamos

ben unha folla, poderemos ver que ten uns condutos moi finiños,que serven

para transportar a auga, os nutrientes e o alimento ao resto das partes da

árbore.

Algunhas árbores perden as súa follas no outono e inverno coa

chegada do tempo frío, como o castiñeiro, o bidueiro ou a faia. Chámanse

árbores de folla CADUCA. Nembargantes, outras árbores renovan as súas

follas pouco a pouco e nunca teñen o talo nú, como a aciñeira, o eucalipto

ou o piñeiro. Chámanse árbores de folla PERENNE.

Carballo faia castiñeiro

piñeiro aciñeira bidueiro

Pero as plantas non viven ailladas senón que conviven con outros

seres vivos formando unha gran familia que é “O BOSQUE”.

Page 6: CADERNO DO PROFESOR

- 6 -

2.- PASEANDO POR GALICIA…

Descubrín que había tres tipos de bosques con

diferentes plantas e animais.

Na zona de MONTAÑA, atopei árbores como

a faia, o castiñeiro e o carballo e arbustos como o toxo e a xesta. Nela

vivían mamíferos como o lobo, o xabarín, o corzo, a cabra montesa e

raposos coma min; aves como a aguia, a vacaloura (en perigo de extinción)

e a perdiz e réptiles como a lagarta e a víbora. Saqueilles moitas

fotos.¿Queres velas?

Faia Castiñeiro Carballo Toxo Xesta

Lobo Xabarín Corzo Cabra Raposo

Águia Vacaloura Perdiz Víbora Lagarta

Page 7: CADERNO DO PROFESOR

- 7 -

Despois fun polo LITORAL. Alí a paisaxe era completamente distinta.

Vin moitos salgueiros e amieiros así como grandes zonas de repoboación

con eucalipto e piñeiro. Tamén había arbustos como o loureiro e xuncos nas

zonas húmidas. En canto aos animais o que máis abundaban eran as aves

como a gaivota, o corvo mariño, o paíño e o arao e no mar atopei moitos

mexillóns, polbos, fanecas e sardiñas. Por suposto tamén lles quitei fotos.

Ollade…

Salgueiro Amieiro Eucalipto Piñeiro Loureiro

Xuncos Gaivota Corvo mariño Paíño Arao

Mexillóns Polbo Faneca Sardiñas

Page 8: CADERNO DO PROFESOR

- 8 -

E por fin voltei a miña casa, aos bosques do INTERIOR, onde vivo. No

meu bosque hai moitas árbores distintas como o carballo, o bidueiro, o

amieiro, a aciñeira e a sobreira. Tamén hai arbustos como a xesta, o

tomiño e o romeo. Viven comigo moitas especies animais: mamíferos como

o teixugo e o xabarín; aves como a perdiz, a rula, a laverca, o corvo, a

pega e a lavandeira; anfibios como a píntega e o tritón e réptiles como a

cobra bastarda. Aquí vos deixo as fotos.

Carballo Bidueiro Amieiro Aciñeira Sobreira

Xesta Tomiño Romeo Raposo Teixugo

Xabarín Perdiz Rula Laverca Corvo

Pega Lavandeira Píntega Tritón Cobra

Page 9: CADERNO DO PROFESOR

- 9 -

3.- FUNCIÓNS E BENEFICIOS DOS

BOSQUES

Despois de estudar os bosques e vivir neles,

aprendín que nos aportan beneficios e realizan

moitas funcións que nos favorecen a todos.

Estas funcións as podemos clasificar en tres grupos:

FUNCIÓNS SOCIAIS: os bosques son lugares de recreo e de ocio

(senderismo, pesca, caza, …), xeran emprego, ofrecen ás poboacións

rurais postos de traballo para que non marchen ás grandes cidades

en busca de emprego e ademais ofrécennos a posibilidade de

transmitir valores educativos e culturais.

FUNCIÓNS ECONÓMICAS: Os bosques son unha fonte xeradora de

recursos madeirables e non madeirables. Os aproveitamentos directos,

madeira, leña,… compleméntanse con outros asociados como son os

cogumelos, plantas aromáticas, medicinais e condimentarias; a caza,

a apicultura,…

Page 10: CADERNO DO PROFESOR

- 10 -

FUNCIÓNS AMBIENTAIS: regulan o ciclo da auga, producen osíxeno,

contribúen a conservación do solo, frenan a erosión e a

desertificación, protexen a diversidade da flora, da fauna e a paisaxe;

disminúen a contaminación e o efecto invernadoiro e suavizan o

clima.

En resumen, os bosques son unha fonte de vida para o planeta e para

a súa xente. Desempeñan un papel esencial no funcionamento do

sistema natural, protexen a vida sobre a Terra e fan desta un lugar

habitable para os animais e as persoas.

Page 11: CADERNO DO PROFESOR

- 11 -

4.- OS PERIGOS QUE ACECHAN AOS

NOSOS BOSQUES…

… Son moitos. Algunhas das ameazas ás que se enfrentan os nosos

bosques na actualidade poñendo en perigo o seu futuro son:

O LUME: Os incendios destrúen os bosques deixando un mundo gris

onde antes había vida. Eliminan a cuberta vexetal favorecendo a

erosión, producen contaminación ambiental a través do fume e

ademais fan que moitos animais coma min queden sen fogar ou o que

é peor atrapados nas lapas.

A DEFORESTACIÓN: A tala incontrolada de árbores fai cos bosques

queden desprotexidos favorecendo así a erosión e que os animais nos

quedemos sen fogar. As persoas cortan as árbores para facer pistas

forestais, cortalumes, construir vivendas, fabricar mobles, facer

papel,… Nembargantes, non sempre é malo a tala de árbores sempre

Page 12: CADERNO DO PROFESOR

- 12 -

que se faga de maneira equilibrada e responsable xa que as veces é

necesario cortar unha árbore vella para deixar espacio ás plantas

xóvenes e que o bosque se renove.

O ABANDONO: Outro dos perigos que sofren algúns bosques é o seu

estado de abandono. É importante que nas zonas nas que existe

perigo de incendio, se limpen os bosques de maleza e madeira morta.

Por outra banda, algunhas persoas desfanse de certos obxectos, lixo…

deixándoos no bosque. ¡NUNCA DEBEMOS UTILIZAR OS BOSQUES

PARA BOTAR O LIXO!

OUTROS PERIGOS: A sequía, as plagas de insectos como a pulga do

carballo, a contaminación, o desmonte para pasto e cultivo e a

introducción de flora e fauna non autóctona, tamén afectan á saúde

dos nosos bosques.

Moitas veces, o culpable de que o bosque se destrúa é o ser humano. É

por iso que debes concenciarte da importancia que teñen os bosques, dos

seres que vivimos neles e dos beneficios que nos aportan e que senón

perdemos. ¡POR ESTE MOTIVO TEMOS QUE COIDALOS, XA QUE ELES

NOS COIDAN A NÓS!

Page 13: CADERNO DO PROFESOR

- 13 -

5.- TI TAMÉN PODES COIDAR OS

BOSQUES ¿Cómo?

Participando en labores de reforestación, plantando árbores e por

suposto coidando as que xa temos.

Reciclando os produtos derivados da madeira que consumimos.

Utilizando preferentemente papel reciclado e usando só as follas que

precisamos e aproveitándoas ao máximo.

Separando o papel e o cartón para reciclalos.

Coidando a auga dos ríos e do mar empezando por aforrala na casa:

non deixando as billas abertas, dándonos duchas en vez de baños,…

Non permitir que ninguén acenda fogueiras no monte (sobre todo na

época de sequía) son ¡MOI PERIGOSAS! e poden causar incendios.

Denunciando se ves a alguén botando augas sucias ou aceites aos

campos ou ríos xa que contaminan os campos e as augas.

Page 14: CADERNO DO PROFESOR

- 14 -

Respetando o contorno e manténdoo limpo, sin deixar pegada da

nosa presencia e sen residuos de ningún tipo.

Respectando todas as especies vexetais e animais que viven nel.

Colaborando nas accións de limpeza, xa sexa de lixo ou de ramas

secas e follas para evitar incendios.

Evitando circular con vehículos motorizados ou que fagan moito ruído

xa que alterarían a tranquilidade do monte e dos seus habitantes.

licia vin estas árbores. Intenta dicir que forma ten a copa de cada unha

LEMBRA:

O BOSQUE É DE TODOS

¡CÓIDAO!

Page 15: CADERNO DO PROFESOR

- 15 -

Todos os materiais aquí expostos teñen propósito

educativo e están feitos sen ánimo de lucro tomando

imaxes de Internet. Si algún dos propietarios destes

recursos se senten perxudicados pola súa inclusión,

non dubiden en poñerse en contacto comigo para

proceder á súa rectificación:

[email protected]

PROXECTO OS NOSOS BOSQUES

C.E.E TERRA DE FERROL

CURSO 2011/12

Profesoras participantes:

Isabel C, Isabel D, Carmen, Rita, Patricia, Beatriz y

Ana M.