Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

39
C a d e r n o d e a c t i v i d a d e s Literatura G aleg 4.º eso Primeiro terzo do século XX LÍRICA NARRATIVA TEATRO

description

Caderno creado pola editorial Rodeira como complemento aos seus materiais

Transcript of Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Page 1: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

C a d e r n o d e a c t i v i d a d e sLiteratura

Galeg

4.º eso

Primeiro terzo do século XX

LÍRICA

NARRATIVA

TEATRO

Page 2: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Primeiro terzo do século XX

A lírica entre dous séculos

A lírica das Irmandades

A lírica das vangardas

Lírica1900 1910 1920 1930 1936 1939

Partido Galeguista

Seminario deEstudos Galegos

Estatuto deAutonomía

Irmandade Nacionalista Galega(V. Risco)

AgrarismoSolidaridad Gallega

Fundación da RAG

Irmandadesda Fala

RevoluciónRusa

MussoliniStalin

Crise económica HitlerI GuerraMundial

Repúblicachinesa

1.º de maio Día internacional do traballo

II RepúblicaMaioría de idadede Afonso XIII

Rexeneracionismo(crise do 98)

Ditadura dePrimo de Rivera

Guerra Civil

Da terra asoballada Na noite estrelecida A rosa de cen follas

Vento mareiro

No desterro

A man da santiñaToxos e flores

Cantigas da terra

O fidalgoA carón do lume Cóxegas e moxetes

De Ruada

O mariscal

Do ermoMontañesasCantares Galegos(Leiras Pulpeirpo)

O porco de péDo caso que lle aconteceuao doutor Alveiros

Teoría doNacionalismo Galego

Os camiños da vidaArredor de si

Pantelas,home libre

Cousas Os dous de sempre

De catro a catro

Nao senlleiraO galo

Proel

Cantiga nova que se chama Riveira

Mar ao norde

O Drama do cabalo de axedrez

Teatro de máscaras

A fiestra valdeira

A lagarada

O bufón de El-Rei

Os arquivos do trasno

1900 1910 1920 1930 1936 1939

Automóbil (H. Ford)

Primeira emisióntransatlántica de radio

Teoría da relatividade (Einstein) Penicilina (Fleming)

Televisión (Bird)

Desintegración do átomo (Rutherford)

Filosofía (K. Jaspers: existencialismo)

A interpretación dos soños (S. Freud)

A vontade de poder (Nietzche)

Tipos psicolóxicos (C. G. Jung)

Cubismo

Fauvismo

Expresionismo Dadaísmo EstridentismoFuturismo Surrealismo

Creacionismo (V. Huidobro)Saudosismo (T. de Pascoais)Caligramas de Apollinaire

Ultraísmo (Guillermo de Torre)

NeotrobadorismoHilozoísmo ou ImaxinismoManifesto Máis aláNeovirxilianismoLírica paisaxística (Franciscanismo)

RevistaA Nosa Terra

Revista NósRevista Alfar

Revista Ronsel Revistas Cristal, Resol e Yunque

Revista Orpheu(Portugal)

Revista de OccidenteRevista A Águia(Portugal)

RevistaPrometeo III centenario da morte de Góngora

Vida de don Quijote y Sancho (Unamuno)

La deshumanización del arte (Ortega y Gasset)

Del sentimiento trágico de la vida (Unamuno)

Platero y yo (J. R. Jiménez)

Impresiones y paisajes (Lorca)

El señor Presidente (M. A. Asturias)

POES

ÍAM

ovem

ento

s e

vang

arda

sRe

vist

as e

pub

licac

ións

NARR

ATIV

ATE

ATRO

w Liña de tempo

rodeira

Page 3: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

1. Le este poema e responde as cuestións:

As froliñas dos toxos

¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!Eu venero as froliñas dos toxos.

Dos toxales as tenues froliñas,que sorríen, a medo, entre espiñas.

Entre espiñas que o ceio agasallacon diamante-las noites que orballa.

¡Oh do iermo o preciado tesouro!:as froliñas dos toxos son douro.

De ouro vello son, mai, as froliñasdos bravos toxales, ¡das devocións miñas…!

Antonio Noriega Varela

— No poema hai unha aproximación emotiva a un elemento da natureza, cal é?

— Como se chama esta aproximación emotiva? Por que recibe ese nome? Indá-gao.

— Analiza como se fai a aproximación emotiva nun cadro coma este.

— Indica que palabras do texto denotan a presenza do autor. Que efecto produceesta presenza?

— A partir das respostas anteriores, determina o tema do poema.

Antonio Noriega Varela

rodeiraLiteratura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |

CAMPO SEMÁNTICO DO

«APRECIO»

PALABRAS RELACIONA-

DAS COA XOIARÍAUSO DO DIMINUTIVO

OUTROS

PROCEDEMENTOS

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |rodeira

A lírica entre dousséculos

A lírica das IrmandadesA lírica das vangardas

A lírica entre dous séculos

Antonio Noriega Varela (1869-1947)

• Autor de Do ermo, obra que tivo varias edicións, cam-bios de título (inicialmente, Montañesas) e ampliacióne supresión de poemas.

• Dúas liñas temáticas: poesía costumista e lirismo danatureza.

— Poesía costumista: poemas centrados na duravida campesiña e nas alegrías festeiras.

— Lirismo da natureza: ausencia de anécdota e apa-rece só o poeta e a natureza: aproximación emotivaás cousas humildes da natureza (franciscanismo).

Dentro desta liña, inclúense os seus sonetos, coninfluencias dos poetas portugueses (Antero deQuental, Teixeira de Pascoães, Guerra Junqueiro...).Liña franciscana, pero cunha maior preocupaciónestética.

Características

• A maioría dos poetas seguen a temática e a estética das figuras do Rexurdimento: costumismo,sentido cívico, intimismo...

• Posteriormente, sufriron unha evolución influídos polo modernismo español e portugués.

Autores

Xosé Crecente Vega (1896-1948)

• Autor dun único libro, Codeseira,1919.

• Poesía ruralista e costumista pró-xima ao século XIX, pero con trazosformais que o achegan a autoresmáis modernos.

Page 4: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

— Agora compara os dous poemas tendo en conta estes aspectos:

• Temática.

• Tipo de poesía ao que pertence cada un deles.

• Recursos estilísticos empregados.

• Tipo de composición.

— Deseguido, completa un cadro coma este:

— Por último, elabora unha análise comparativa tendo en conta as respostas an-teriores.

3. Elabora un poema semellante ao de Noriega.

— Escolle un elemento da natureza.

— Bota man de diminutivos, de palabras do campo semántico do aprecio...

— Cos elementos anteriores, compón o poema.

4. Facede un recital poético na clase cos poemas compostos.

— Primeiro, lede en voz baixa o voso poema varias veces.

— Por orde, recitade cada poema con voz clara, pausada e imprimíndolle o sen-timento necesario.

5. Observa as reproducións destas dúas pinturas. Serías quen de dicir se son realis-tas, naturalistas, costumistas ou impresionistas? Razoa a túa resposta.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica | 7Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |6

rodeirarodeira

— No poema aparecen estes recursos estilísticos.

Localízaos e explica o efecto que se consegue en cada caso.

— Analiza a métrica e a rima do poema.

— A poesía de Noriega segue dúas liñas temáticas. Indica razoadamente a queliña pertence este poema.

2. Le agora estes dous poemas:

Responde estas cuestións.

— Que se describe no poema de Crecente Vega?

— Que momento do día é? Xustifica a túa resposta con palabras do texto.

— Que elementos caracterizan a paisaxe e en que orde aparecen?

— Quen é a protagonista no poema de Noriega Varela?

— Que trazos dela destaca Noriega? Que lle aconsella?

— Que recursos emprega para describila e aconsellala?

personificación - metáfora - anadiplose - hipérbato

VERSO SÍLABAS RIMA

Nin-ro-si-ñas-bran-cas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Anoitecer

Vai o sol na furada. Os sapos preguiceiroscansados baixo as pedras de estar acochadiños,saen tocar a frauta ás beiras dos camiñose escóitanse as regas os grau grau barulleiros

das ras. Pasan voando por entre os maciñeirosos roncós. E parellas de ledos paxariñosagrúchanse, piando, na quentura dos niñosentre a follaxe espesa de silvas e loureiros.

Unha nena nunha fonte cun rapaz parrafea.Enchendo as corredoiras vén a habenza prá casa.Ei, marelo, pra adiante —un labrego que pasa.

Toca ás Avemarías a campana da aldea...E no curral seus rezos murmuran dúas veciñase lámbense dúas vacas tocando as campaíñas.

Xosé Crecente Vega

Laverquiña

Laverquiña que te axotasdas degaradas gaivotasoíndo o salvaxe berro;musa que a mariña estrañas,olla as azules montañasdesde as praias do desterro.

Esquece o mar, lembra o gadomiúdo e o regaladovivir, as tumbadas festase as cantigas dos pastores,que fan grilandas coas floresamareliñas das xestas.

Antonio Noriega Varela

SEMELLANZAS DIFERENZAS

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Francisco Lloréns, Paisaje, 1920.

Col

ecci

on C

ova

Cai

xa G

alic

ia

Col

ecci

on C

ova

Cai

xa G

alic

ia

Manuel Colmeiro, Ponse o sol, 1928.

6. Agora compara o poema Anoitecer de Crecente Vega coa pintura de Colmeiro,Ponse o sol. Que aspectos teñen en común? Poden adscribirse ao mesmo move-mento artístico? Por que? Desde un punto de vista artístico sería máis doado re-lacionar o poema de Crecente coa pintura de Lloréns? Por que?

Page 5: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica | 9

rodeiraLiteratura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |rodeira

A lírica das Irmandades da FalaCaracterísticas

• Non renuncia ao legado das figuras do século XIX (Rosalía, Pondal e Curros).• Exploración de novos horizontes con resultados de gran calidade literaria.

Ramón Cabanillas (1876 - 1959)• Influencias: as figuras do Rexurdimento (Rosalía, Pondal e Curros); a poesía modernista iberoame-

ricana (Rubén Darío); os poetas románticos europeos (Heine, Bécquer, Baudelaire...).• Dúas liñas poéticas: poesía lírica e poesía narrativa.

Poesía lírica Poesía narrativa

Expresión do eu lírico mediante o intimismo, ocostumismo, a poesía social...

Relatos épicos ou didácticos cunha fortecarga lírica.

No desterro (1913); Vento mareiro (1915); Daterra asoballada (1917); A rosa de cen follas(1927); Da miña zanfona (1954)

O benito San Amaro (1925); Na noite estrele-cida (1926); Camiños no tempo (1949); Samos(1958)

LIÑAS POÉTICAS

• Poesía social: influencia de Curros. Cen-trada na loita anticaciquil e na denuncia dosufrimento labrego.

• Poesía intimista: influencia dos románticos(Heine, Bécquer ou Rosalía). Sensibilidadeamorosa, conmoción ante a natureza ousentimento dolorido da vida.

• Poesía costumista: indagación e reivindica-ción das raíces da nosa cultura, con novida-des formais e trazos de tenrura e humor.

• Poesía modernista: busca da evasión me-diante unha ambientación exótica ou medie-val e a primacia das cores, dos sons e damusicalidade.

• O benito San Amaro (1925) refire a lendadeste santo.

• Samos (1958), relato didáctico e descritivosobre a vida e a historia deste mosteiro.

• Na noite estrelecida (1926), composta detres partes ou sagas:— «A espada Escalibor». Conta como Artur

chega a ser rei e presenta a Merlín e oscabaleiros da Mesa Redonda.

— «O cabaleiro do Sant Grial». Busca doSanto Grial, que Galaaz atopa en Galicia.

— «O soño do rei Artur». Despedida do reiArtur.Carga ideolóxica nacionalista moi clara:partindo de elementos céltico-artúricosbúscase a dignificación do noso pasadoe da nosa cultura.

A lírica entre dous séculosA lírica das Irmandades

A lírica das vangardas

— Relaciona cada fragmento coa liña poética á que pertence. Razoa a resposta.

2. Velaquí o poema completo do que forma parte o fragmento B.

Na taberna

Os mozos mariñeiros de fiadalémbranse rindo alleos de coidadoscheira a aceite e pemento requeimadosrustrido de xurés en caldeirada.

Conta o patrón nun corro a treboadado ano setenta —historia de afogados—e empuxándose, inando, entran molladosos homes dunha lancha de enviada.

Ramón Cabanillas

A¡Axiña esperta Galiciaque xa se escupe ós caciquese fai ruxir-la inxusticia!

Ramón Cabanillas

B

Os mozos mariñeiros de fiadalémbranse rindo alleos de coidadoscheira a aceite e pemento requeimadosrustrido de xurés en caldeirada.

Ramón Cabanillas

C

Vereda, vereda tortaen duras laxes aberta,arrodeada de toxos,cuberta polas lameiras...

vereda torta,ti onde me levas!

Ramón Cabanillas

DNas follas dos salgueirospelexas e chilidos.Un trasno luxuriosoestala en gargalladasollando, sobre o espellodas augas, os espidoscorpos, cristal e nevedun fato de driadas.

Ramón Cabanillas

1. Le estes fragmentos.

Page 6: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |10

rodeira

Pasa de man en man a xerra roibade albariño, e namentres cae a choivae o vento fai tremer a casa enteira,

detrás do mostrador clarexa o ceonas trenzas de ouro, no mirar sereo,no sorriso de luz da taberneira.

— Que tipo de composición é? Un romance, unha silva, un soneto...? Razoa a túaresposta.

— Que recursos estilísticos destacan no poema? Que efecto se persegue concada un deles?

— Cal é o tema? Xustifica a túa resposta con palabras do poema.

3. Agora volve ler o poema de Crecente Vega Anoitecer e compárao con este de Ca-banillas. Ten en conta estes aspectos.

• Temática.

• Tipo de poesía ao que pertence cada un deles.

• Recursos estilísticos empregados.

• Tipo de composición.

— Deseguido, completa un cadro coma este:

— Por último, elabora unha análise comparativa tendo en conta as respostas an-teriores.

4. Le agora estoutro poema de Ramón Cabanillas.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica | 11

rodeira

SEMELLANZAS DIFERENZAS

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Camiño, camiño longo,camiño da miña vida,escuro e triste de noite,e triste e escuro de día…

camiño Iongoda miña vida!

Vereda, vereda tortaen duras laxes aberta,arrodeada de toxos,crebada polas lameiras…

vereda torta,ti onde me levas!

Camiño, camiño longo.A choiva, a neve e as silvasenchéronme de friaxe,cubríronme de feridas…

camiño longoda miña vida!

Vereda, vereda fondade fontes tristes, sin agoa;sin carballos que den sombra,nin chouzas que den pousada…

vereda fonda,ti cando acabas!

— No poema pódense establecer dúas partes. Indica que versos abrangue cadaunha e o seu contido.

— O poema ten unha estrutura paralelística. Sinala como está construída e cal éa súa función.

— No poema predominan dous campos semánticos: o do sufrimento e o da na-tureza adversa. Tira exemplos que xustifiquen esta afirmación.

• Con que finalidade empregou o poeta este léxico?

— Camiño e vereda son un símbolo. Que se agocha detrás deste símbolo? Paraque o emprega o autor?

— Ademais dos recursos anteriores, tamén hai estoutros. Identifícaos e explícaos.

— Sinala o tema. Xustifica a túa elección.

• Descrición dun camiño dunha montaña inhóspita.

• A vida vista como un longo camiño de sufrimento.

• A morte como final dunha vida desgraciada.

— Indica razoadamente a cal das liñas da poesía lírica de Cabanillas pertence.

— Busca un poema de Rosalía de Castro cunha temática semellante e elaboraunha análise comparativa con Camiño longo. Sigue estas pautas.

• Analiza aspectos coma estes nos dous poemas:

— Símbolos empregados.

— Campos semánticos utilizados.

— Os recursos estilísticos.

— O tipo de composición...

• Deseguido, establece as semellanzas e as diferenzas entre os dous.

• Por último, redacta a análise comparativa incluíndo todos os datos ante riores.

CAMPO SEMÁNTICO DO SUFRIMENTO CAMPO SEMÁNTICO DA NATUREZA ADVERSA

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

anáfora - quiasmo - antítese - hipérbato - enumeración - epítetos

PARTES VERSOS QUE ABRANGUE CONTIDO

Primeira . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Segunda . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Page 7: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica | 13

rodeiraLiteratura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |rodeira

A lírica entre dous séculosA lírica das Irmandades

A lírica das vangardas

As vangardas

Movementos ou ismos mundiais

Características das vangardas mundiais

• Antirromanticismo e antisentimentalismo: rexeitamento da natureza, do eu individual, do senti-mento...

• Deshumanización: o ser humano desaparece das creacións.

• Busca da arte pura: o artista é o creador dunha realidade autónoma, non é un imitador da reali-dade.

• Innovación da linguaxe figurada: ruptura da orde sintáctica lóxica, facéndoa irracional e automá-tica, e uso de metáforas sorprendentes e de difícil comprensión.

• Fauvismo: de orixe francesa; o seu obxectivoera a síntese forma-cor. Buscaba a representa-ción que resultaba da superposición de coresequivalentes á luz. Quería expresar sentimien-tos mediante a cor. Autores: Henri Matisse.

• Expresionismo: acentuación ou deformaciónda realidade para conseguir expresar adecua-damente os valores que se pretenden poñer enevidencia. Manifestouse como unha reacciónparcial ao impresionismo. Autores: GustavKlimt, Oskar Kokoschka y Egon Schiele…

• Futurismo: rexeitamento da estética tradicionale enxalzamento da vida contemporánea, condous temas principais: a máquina e o move-mento. No poema, destrución da sintaxe, polotanto, maior dinamismo e rapidez. Autores: Fi-lippo T. Marinetti, José A. Negreiros...

• Cubismo: ruptura da perspectiva tradicional.Orixinais disposicións tipográficas (caligramas),distorsións sintácticas, alusións a conceptosespaciais. Autores: Guillaume Apollinaire, PierreReverdy...

• Dadaísmo: proposta de destruír todo o exis-tente e negación da creación e do creador: o

azar é o creador da obra de arte. Autores: Tris-tan Tzara, Marcel Duchamp...

• Surrealismo: busca da creación a partir domundo do inconsciente: os soños. A poesíacomo liberación: escrita automática, imaxesirracionais e símbolos... Autores: André Breton,García Lorca...

• Creacionismo: o poeta é un pequeno deusque crea, coa palabra, unha arte que non imitaa realidade. A imaxe é o centro desa creación.Autores: Vicente Huidobro, Manuel Antonio...

• Ultraísmo: propón a redución da lírica ao seuelemento primordial: a metáfora. Supresión deadxectivos superfluos, ausencia de puntuacióne de rima, espazos en branco... Autores: Ge-rardo Diego, Jorge Luis Borges...

• Estridentismo: meestura de varios ismos.Apareceu en 1922 e caracterizouse pola súamodernidade, cosmopolitismo e aspecto ur-bano. Tamén polo seu inconformismo, humornegro, e esnobismo; foi moi irreverente e rexei-taba de todo o antiguo. O seu antecedente in-mediato foi o futurismo ruso.

1. Relaciona estas características e estes poetas coa vangarda na que se inscriben.

A. Busca, a través do escarnio, do azar e da irracionalidade, a destrución da cul-tura tradicional.

B. Presenta unha escritura irreflexiva e automática que reflicta o subconsciente, asvivencias oníricas, os delirios...

C. O poema é unha realidade autónoma, creada xustapoñendo imaxes baseadasen relacións arbitrarias, pero que son froito da intelixencia.

D. No poema empréganse imaxes visuais, mediante a disposición tipográfica dosversos, e distorsións sintácticas para reflectir a libre reconstrución da realidade.

E. Dinamízase a linguaxe (prescíndese, por exemplo, dos adxectivos) para reflectira civilización da velocidade.

1. Vicente Huidobro. • Futurismo.

2. Marinetti. • Cubismo.

3. André Breton. • Dadaísmo.

4. Apollinaire. • Surrealismo.

5. Tristán Tzara. • Creacionismo.

Maruja Mallo, Desnudo surrealista, 1927.

2. Observa as reproducións destas dúas pinturas. Serías quen de adscribilas a algúnmovemento artístico de vangarda? Investiga na vida dos autores e nos movemen-tos artísticos do momento para dar unha resposta razoada.

Carlos Maside, Lavandeiras, 1934.

Col

ecci

on C

ova

Cai

xa G

alic

ia

Col

ecci

on C

ova

Cai

xa G

alic

ia

Page 8: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

1. Le este texto.

Como moi ben sinala o escritor mexicano Octavio Paz, as raíces da vangarda partendo Romanticismo. Antes desta corrente a vida e a poesía eran dúas entidades bendelimitadas, disociadas cabalmente. O movemento romántico anula esta disociación:«Ao afirmar a primacía da inspiración, a paixón e a sensibilidade, o Romanticismoborrou as fronteiras entre a arte e a vida: o poema foi unha experiencia vital e a vidaadquiriu a intensidade da poesía.» [...]

A vangarda parte, pois, do Romanticismo como actitude rebelde; recolle del o seucarácter rupturista (segue, por tanto, unha tradición recente de ruptura) e disolve adualidade Vida/Arte. Sen embargo, a vangarda tamén é unha reacción contra o sen-timentalismo en que aquel movemento se asentaba. Os novos poetas rexeitan a di-recta plasmación dos sentimentos e propugnan, en consecuencia, unha obra máissofisticada ou, se se quere, máis imposible de definir sentimentalmente. [...]Dúas características definen inicialmente a vangarda: o seu cosmopolitismo e o seucarácter políglota. A extensión do movemento abrangue desde os Urais a Lisboa,aínda que o centro aglutinador de toda esta efervescencia fose París. Pero París seríamáis o centro dunha actitude artística que unha mera cidade capitalina. Por primeiravez na historia do continente europeo, despois da Idade Media, os movementos li-terarios adquiren un carácter transnacional ao compartillaren unhas idénticas inquie-tudes estéticas e, ás veces, ideolóxicas, superando as fronteiras dos diversosestados.

Román Raña: «Introdución» a Manuel Antonio, De catro a catro e outros textos

— Xustifica estas afirmacións con palabras do texto.

• Antes do Romanticismo, a vida e a poesía non tiñan nada que ver unha coaoutra.

• O Romanticismo uniu a arte e a vida, ao incluír na arte o sentimento e a sen-sibilidade.

• A vangarda, igual que o Romanticismo, presenta unha actitude de ruptura coanterior.

• A vangarda rexeita o sentimentalismo no que se baseaba o Romanticismo.

• As obras vangardistas realizáronse nas principais cidades europeas e nos dis-tintos idiomas do continente.

— Este texto pode dividirse en tres partes. Indica o que abrangue cada unha e oseu contido.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica | 15

rodeiraLiteratura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |rodeira

As vangardas galegasFermín Bouza Brey

Luís Amado CarballoManuel Antonio

Álvaro Cunqueiro

As vangardas galegas

Movementos ou ismos galegos

Características

• Carácter individualizador determinado por unha serie de condicionantes:

— O espírito nacionalista herdado das Irmandades da Fala.

— A influencia do saudosismo de Teixeira de Pascoães: unha actitude de culto ao sentimento.

— A presenza do sentimentalismo, pois non hai unha total deshumanización na obra de arte.

• Tendencias na poesía galega:

— Renovación + tradición: neotrobadorismo e hilozoísmo.

— Vangarda pura: creacionismo e surrealismo.

• O manifesto vangardista ¡Máis alá!, asinado por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro: manifesto esté-tico + político con crítica ao ruralismo e aos escritores do pasado; defensa afervoada da nosa linguae do individualismo da nosa literatura, e chamamento á mocidade galega, para romper co pasadoe afrontar o porvir.

• As revistas foron os principais medios de difusión das vangardas galegas: Alfar (A Coruña, 1920-1929), Ronsel (Lugo, 1924), Resol (Santiago de Compostela, 1932-1938) ou Cristal (Pontevedra,1932-1933).

• Hilozoísmo, animismo ou imaxinismo: o tema principal é a paisaxe, recorrente na historia danosa literatura, pero é unha paisaxe humanizada: os elementos da natureza (animais, ríos, árbores,o Sol, a Lúa...) aparecen personificados. No poema, hai unha sucesión continuada de imaxes plás-ticas, visuais e auditivas. Autor: Luís Amado Carballo.

• Neotrobadorismo: grande influencia dos Cancioneiros medievais; así, recréanse temas (amo-roso...), recursos formais (paralelismo, refrán, leixaprén...) e ambientes (paisaxes primaverais, fontes,ríos...). Autores: Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro.

• Creacionismo: creación dunha realidade autónoma, xustaposición de imaxes... Autor: Manuel An-tonio.

• Surrealismo: inxenuo, sentimental, que desbota o automatismo poético e a carga dramática ca-racterística dos textos surrealistas. Autor: Álvaro Cunqueiro.

PARTES ABRANGUE... CONTIDO

Primeira . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Segunda . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Terceira . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

— Responde:

• Cales son os dous movementos de ruptura dos que se fala no texto?

• Que ruptura provoca o Romanticismo? E as vangardas?

• Por que se di que as vangardas proceden do Romanticismo?

Page 9: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

• En que se diferencian as vangardas do Romanticismo?

• Cales son as dúas características das vangardas? Explícaas.

— Tendo en conta as características que viches das vangardas, estás de acordoco que se di no texto? Razoa a túa resposta.

2. Le estes fragmentos de poemas e clasifícaos, nun cadro como o que vai des e-guido, segundo o ismo vangardista do que forman parte.

3. Le o poema U... ju juu... (poema futurista) de Vicente Risco. Podes atopalo na an-toloxía final deste caderno.

— O poema presenta características do cubismo. Extrae exemplos de:

• Disposicións tipográficas orixinais: ......

• Distorsións sintácticas: ........

• Alusións a conceptos espaciais: ........

— Ten, ademais, un trazo do futurismo. Tira exemplos de:

• Destrución da sintaxe para que o poema gañe en dinamismo e rapidez: ......

— Por último, presenta trazos do ultraísmo. Exemplifica:

• Metáforas: .................

• Desaparición de adxectivos superfluos: ...........

• Ausencia de puntuación e de rima: ...........

• Espazos en branco: ...............

— Este poema é vangardista? Xustifica a túa resposta.

Fermín Bouza Brey (1901-1973)

• Produción poética: Nao senlleira (1933), Seitura (1955)• Iniciou unha liña poética marcada pola influencia da tra-

dición medieval: o neotrobadorismo.• Os seus poemas presentan unha lograda conxunción de

recursos formais da lírica medieval (paralelismo, leixa-prén, refrán...) con estrofas e ritmos propios da literaturapopular (versos octosílabos, pareados, tríades...).

1. Le o poema e extrae exemplos das seguintes características da lírica medieval.

O pumariño da noite quer froitificar estrelas.O tanxer de ista cantiga é a siñal para alcendelas... —ai, meu amor— ...e a siñal para alcendelas.

Agárdanos na ribeira, sob o descordo do mar,no seo dos cons, o leito de herbiñas de namorar... —ai, meu amor— ...de herbiñas de namorar.

As nove ondas do ensoño espreita co seu engadopra enguedellar a toleira desta noite de noivado. —ai, meu amor— ...desta noite de noivado.

Así ao fontegal da espranza, antes de que saia o díairemos enguedellados catar a flor da auga fría... —ai, meu amor— ...catar a flor da auga fría.

¡O alén! No pumariño madurecen os luceiros,nosos dous corazóns bailan tolos nos ledos turreiros, ¡Ai, meu amor!

No labradío das ondas albea a flor do luarlámpada para o teu leito de herbiñas de namorar. ¡Ai, meu amor!

Se algún malfado nos fere, axotaremos o mala bicos, ou caramiña dun virxe caramiñal... —ai, meu amor— ...dun virxe caramiñal.

Fermín Bouza-Brey

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |16

rodeira

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica | 17

rodeira

CS.O.S.

¿Que dan os almanaquespra esta media-noite?

pero aínda non sabemosde que banda vai chegar a media-noite

E o faro extraviadovai esgotar o seu clock de S.O.S.

Manuel Antonio

NEOTROBADORISMO HILOZOÍSMO SURREALISMO CREACIONISMO

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

AAs nubes choutan á combacoa corda do arco da vellae polo monte os camiñosfoxen co medo das tebras.

Luís Amado Carballo

DCegoñas xeográficas no meu noivado noivo.Un tempo craro coma un illó de vidro.Eu no meio de litoráis e avións platino,cidadán de correntes submariñas color morno.

Álvaro Cunqueiro

CARACTERÍSTICAS DA LÍRICA MEDIEVAL EXEMPLOS DO TEXTO

• Temática amorosa.• Refrán.• Locus amoenus ou paisaxe idílica.• A ribeira do mar como lugar de encontro dos amantes.• A noite como momento do encontro dos amantes.• A auga como símbolo do encontro amoroso.

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

BNo niño novo do ventohai unha pomba douradameu amigo!Quen poidera namorala.

Álvaro Cunqueiro

Page 10: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica | 19

rodeira

2. Le o seguinte poema e busca no dicionario o significado das palabras que desco-ñezas.

Gándara

Naquel biduído dos bidos louzanoso páxaro Sol non pía seus raios,

e morre de amor.

Naquel biduído dos lanzales bidoso páxaro Sol non criba seus píos

e morre de amor.

Non criba seus ritmos, non pousa seus raiose albean de frío os albres delgados

e morre de amor.

Non ceiba seus raios, non tece seus fíose albres e mámoas albean de frío

ca poldra que morde no mato cativo.

3. Sinala o tema do poema e xustifica a túa elección.

a. Na gándara brilla o sol en todo o seu esplendor.

b. A friaxe invernal domina a gándara ante a ausencia do sol.

c. Un paxaro morre de amor no seu niño situado nun bidueiro.

4. No poema aparecen varios recursos formais recuperados da cantiga de amigomedieval. Sinálaos e coméntaos.

5. Tamén hai elementos léxicos comúns coa cantiga de amigo: louzanos, lanzales oudelgados.

— A que campo sémico da cantiga de amigo pertencen estas palabras?

— O uso destas palabras é o mesmo aquí que na cantiga de amigo medieval? Calé a diferenza?

— Que outras diferenzas atopas con respecto á cantiga de amigo medieval?

6. Ademais das pegadas da cantiga de amigo, no poema hai trazos vangardistascomo imaxes visuais, sinestesias, personificacións moi plásticas... Identifícaas eexplícaas.

7. Este poema é unha mestura de tradición e vangarda. Estás de acordo con estaafirmación? Por que?

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |18

rodeira

Luís Amado Carballo (1901-1927)

• Produción poética: Proel (1927), O Galo (1928) (póstuma)• Creou unha escola, o hilozoísmo ou imaxinismo, moi ben

acollida pola crítica do momento e con continuadorescomo Euxenio Montes, Manuel Luís Acuña...

• A paisaxe é o tema fundamental da súa poesía, en con-creto, a paisaxe das terras do Lérez, natural, rural e hu-manizada, mediante o recurso da personificación edunha sucesión de imaxes plásticas, visuais e auditivas.

• Canto á forma, Amado Carballo é conservador na mé-trica e vangardista no uso das metáforas.

1. Le este poema de Luís Amado Carballo e busca no dicionario o significado daspalabras que descoñezas.

Abrente

Ant’os teixos piñeiraleso rexoubante camiñocingue os chorosos herbalesen feixes amañecidos.

No mar derretiuse a lúa.No peitoril da montañaestá o sol a madurarant’unhas nubens de palla.

A campía aterecidaabre os olliños molladosno dondo berce do abrentecon tenro mimo dourado.

2. Indica brevemente cal é a idea esencial de cada estrofa.

3. Agora sinala o tema do poema. Xustifica a túa resposta.

• Descrición obxectiva de diferentes elementos da natureza.

• Visión humanizada da paisaxe rural ao amencer.

• Descrición da paisaxe rural ao amencer.

4. Busca e anota as palabras que nos permiten deducir que o momento do día é oamencer.

5. Ese amencer é frío e chuvioso. Copia todas as palabras do poema que fan refe-rencia a iso.

As campanas da parroquiabrincan na alma do campocomo puchos rebuldeirosna esponxa dos toxos bravos.

No río desperto aboyamorta a paisaxe calada,na corrente van as coresdesfeitas y esnaquizadas.

O mozo vento mareirofunga un cantar esquecidoque chove frores nas leirasentumecidas de frío.

ESTROFA CONTIDO

Primeira Descrición do camiño

RECURSO PALABRAS DO TEXTO

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Page 11: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica | 21

rodeira

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |20

rodeira

6. O poema é unha sucesión de personificacións. Búscaas e analízaas nun cadrocoma este.

— Explica razoadamente que sentimentos che provocan as personificacións an-teriores.

7. Identifica que recurso hai en cada unha destas expresións do poema e explica oefecto que se consegue.

metáfora - epíteto - comparación - sinestesia

• Nubens de palla: metáfora

• Dondo berce: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Dondo berce do abrente: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Tenro mimo: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Mimo dourado: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• As campanas da parroquia brincan na alma do campo como puchos re-buldeiros: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Na esponxa dos toxos bravos: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Toxos bravos: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

8. Agora razoa se este é un poema hilozoísta ou non.

9. Observa esta fotografía e elabora un poema hilozoísta a partir dela.

— Fíxate ben nos elementos da imaxe e anota os nomes.

— Deseguido, inventa unha personificación e unha metáfora con cada un deles.

— Redacta o poema incluíndo as personificacións e as metáforas.

— Revisa o poema e corrixe o que non te acabe de convencer.

— Lelle o teu poema ao resto da clase.

10. Entre todos, comparade os poemas e comentade como, a partir dunha mesmaimaxe, se poden elaborar poemas moi diferentes.

PERSONIFICACIÓN ELEMENTO PERSONIFICADO CALIDADE HUMANA ATRIBUÍDA

Rexoubante camiño Camiño Rexoubar, murmurar

Manuel Antonio (1900-1930)

• Produción poética: Con anacos do meu interior (1920-1922), Foulas (1922-1925), Sempre e máis dispois (1923),De catro a catro (1928) (única publicada en vida), Vilado-mar (1928).

• Tres etapas na evolución da súa poesía:— Primeira etapa ou de formación: poemas soltos e

outros integrados en Con anacos do meu interior, Fou-las e Sempre e máis dispois. Combinación de elemen-tos tradicionais (patriotismo, rima...), modernistas (tonmelancólico, ritmo...) e vangardistas (imaxes suxesti-vas, innovacións na disposición gráfica, na puntua-ción...). Temas: a noite, o mar, a morte, as tebras, ofatalismo...

— Segunda etapa, formada polo libro De catro a catro,cumio da vangarda galega. Estrutura circular, con de-zanove composicións que describen a viaxe marítimadun eu poético que vai da ilusión á saudade, pasandopolas experiencias cotiás dunha aventura. Presenzaconstante do mar, un mar fondo, serio, alumado polasestrelas, pola lúa, polo sol, dotado de realidade exis-tencial: a soidade, a monotonía, a saudade, o silencio,o desarraigamento, a vida e a morte. Na forma, rompecos esquemas métricos tradicionais e usa trazos van-gardistas: disposición irregular dos versos, espazosen branco, maiúsculas, humor, símbolos, xustaposi-ción de imaxes, mecanicismo (radiogramas, léxico es-pecífico do mar, código morse...).

— Terceira etapa, representada pola obra Viladomar.Recuperación do ton e da forma poética tradicionais,presentes nos primeiros libros do autor. O eu líricomóstrase nostálxico e saudoso coa infancia, co pa-sado...

1. Le estes fragmentos de poemas de Manuel Antonio e di razoadamente a que etapapertencen. Fíxate na temática.

Que dan os almanaquespra esta media-noite?

Pero aínda non sabemosde que banda vai chegar a media-noite

E o faro extraviadovai esgotar o seu stock de S-O-S.

Eu vintecidade convulsa

anestesiada unha noite:Chovía

no sedento da miña repulsae no sedento ermo do teu día.

TAMÉN esta horachegou a mirarse no espello do MarPor eso eu estou vendo—aínda era neno...—a miña fasquía verde e salgadaarrandeada polo vento dos naufraxios.

A.

C.

B.

Page 12: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica | 23

rodeira

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |22

IntenciónsEncherémo-las velas

coa luz náufraga da madrugadaPendurando en dous puntos cardinais

a randeeira esguíado pailebote branco

Coas súas mans loirasacenan mil adeuses as estrelas

Inventaremos frustradas descobertasa barlovento dos horizontespra acelerar os abolidos corazóns

dos nosos veleiros defraudados

Alaremos polo chicotedun meridiano innumeradoNa illa anónimade cada sigraduraesculcaremos o remorso da cidade

Ela noctámbula desfollarácomo unha margarida prostibulariaa Rosa dos Ventos do noso corazón

Encandearemos adeuses de escuma pra tódalas praias perdidas

Xuntaremos cadernos en brancoda novela errante do vento.

Pescaremos na rede dos atlasronseles de Simbad

E cazaremo-la velasobre o torso rebelde das tormentaspra trincar a escota dunha ilusión.

1. Consulta no dicionario o significado das palabras que descoñezas.

2. Este é o poema inicial de De catro a catro, o que presenta a saída da viaxe enbarco. Indica que sentimento predomina.

• Medo ante o descoñecido. • Sorpresa pola viaxe.

• Ilusión pola aventura.

3. O mar ten unha presenza constante no poema. Tira do texto todas as palabrasrelacionadas con el.

4. Exemplifica estes recursos formais vangardistas empregados por Manuel Antoniono poema.

A. Xogo cos espazos e coa disposición dos versos: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

B. Renuncia á rima: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

C. Imaxes visuais e suxestivas: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

D. Personificacións e comparacións plásticas: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

5. Busca o último poema de De catro a catro na antoloxía do caderno e comenta:

— Que sentimento predomina? É o mesmo que no primeiro poema? Cales sonas razóns do cambio? Xustifica as túas respostas con palabras do poema.

rodeira

Álvaro Cunqueiro (1911-1981)

• Produción poética: Mar ao norde (1932), Poemas do si enon (1933), Cantiga nova que se chama riveira (1933),Dona do corpo delgado (1950), Herba aquí e acolá(1980).

• Dúas tendencias na súa poesía:— Vangarda pura: en Mar ao norde, onde o mar é o eixe

central, hai trazos de cubismo e de creacionismo (es-quematismo, deshumanización...); en Poemas do si enon, poemas amorosos con trazos surrealistas, porexemplo, verso longo e imaxes irracionais.

— Neotrobadorismo: en Cantiga nova que se chama ri-veira ou en Dona do corpo delgado. Son poemas ele-gantes e sensuais, con gran musicalidade e unhaadxectivación suxestiva.

• Herba aquí e acolá recolle poemas de diferentes datas,estilos e temas: aproximación lúdica aos mitos clásicos,reflexións sobre o tempo ou a morte...

1. Le este texto:

Autopoética de Cunqueiro

Xeito de traballo: Non podo dicir ren. Coma se a luz fixese un redondel branquísimono escuro. Eu vou entrando nel e poñendo verbas, verbas. Cando xa me sinto eutodo naquela mesma luz, van saíndo outras verbas diferentes, case que un mundo.Este é o poema.

Obra: Quixera esquencer a feita. Paréceme comezar agora mesmo a dicir a primeiraverba dun verso novo. Se me din se eu escribín Poemas do si e o non ou Cantiganova, diría que non sei. Puido ser e ben puido non ser.

Poesía galega: Non teño criterio formado. Coido que non hai máis que Cancioneiros,Rosalía, Pondal, Carballo e Manuel Antonio. Entre todos eles percibo certo amor eparentesco, como o sinto entre Iglesia Alvariño e eu, sen que saiba ben en que pende.Quizabes: escuridade no oír, coñecencia dun trasentido do mundo e da contrafigurada Natureza, agudizamento da soidade, sobrerrealismo, preferencia do ritmo sobre arima. Que sei eu!

Autopoética e poesías (1935). Autógrafos e inéditos de Álvaro Cunqueiro.

— Responde estas cuestións:

• Como describe Cunqueiro a elaboración dun poema? Que recurso estilísticoemprega para describila?

• Que opina sobre a súa obra? Que sentimento lle provoca? Que recurso esti-lístico usa para falar das súas creacións?

• Segundo Cunqueiro, cales son os poetas máis significativos da nosa litera-tura? Que teñen en común?

2. Le estes fragmentos de poemas de Cunqueiro e determina a que ismo vangardistapertencen. Razoa a túa resposta.

A. No niño novo do vento Canta o luar i o mencerhai unha pomba doirada, en frauta de verde olivo.meu amigo! Quen poidera namorala,Quen poidera namorala. meu amigo!

Page 13: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

B. Noivado ICegoñas xeográficas no meu noivado noivo.Un tempro craro como un illó de vidro.E no medio de litorais e avións platinocidadán de correntes submariñas color morno.

3. Le agora estoutro poema e realiza unha análise comparativa con Gándara de Fer-mín Bouza-Brey.

A dama que ía no branco cabalolevaba un pano de seda bordado. Na verde fror as letras van de amor!O cabaleiro do cabalo negrolevaba unha fita colléndolle o pelo. Na verde fror as letras van de amor!No meio do río cambiaron as vistas,el para o pano i ela prá fita. Na verde fror as letras van de amor!As visas lles viron no río cambiare o pano e a fita por se namorar. Na verde fror as letras van de amor! Con amor vivirás!

— Sinala os trazos formais e de contido comúns nos dous poemas.

— Di a que movemento de vangarda pertencen os dous. Razoa a resposta.

4. Organizade unha audición de cancións baseadas en poemas de Noriega Varela,Cabanillas, Manuel Antonio, Cunqueiro...

— Podedes ir a esta páxina web: http://sondepoetas.blogspot.com

5. Inventa un poema vangardista. Elixe unha destas opcións.

A. Poema surrealista. Compón un poema sobre un soño teu. Ten en conta quedebes romper co mundo real e racional.

B. Poema cubista. Crea un caligrama. Fai un debuxo sinxelo e dispón os versosdo teu poema sobre as liñas do debuxo.

C. Poema dadaísta. Elixe, ao chou, seis palabras dun dicionario. Deseguido, creaun poema de seis versos. En cada verso, cómpre que coloques unha das pa-labras seleccionadas.

D. Poema neotrobadoresco. Crea un poema con temas e recursos propios dascantigas medievais.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a lírica |24

rodeira

Primeiro terzo do século XX

Grupo Nós

Xeración do 25

Narrativa

rodeira

Page 14: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |rodeira

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa | 27

rodeira

1. Le estes fragmentos:

A

Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo. Cada terra é como sefora o mundo enteiro. Poderala andar en pouco tempo do norte para o sul, do estepara o oeste noutro tanto; poderala andar outra vez e máis: non a has dar andado. Ede cada vez que a andes, has atopar cousas novas e outras has botar de menos.Pode ela ser pequena en extensión; en fondura, en entidade, é tan grande como quei-ras, e dende logo, moito máis grande de como ti a ves. [...] Do grandor do teu espíritodepende todo, canto máis pequeno sexa, máis terra precisará. Se o teu pensar éfondo, a túa terra, para ti, non terá cabo, nela estará o mundo con tódolos seus cli-mas. Se o teu pensar se detén na códea das cousas, non digas tampouco: Galicia ében pequena; es ti, que endexamais poderás concibir nada grande.

Vicente Risco, «Da medida das cousas», Leria

B

Adrián lía novamente aos poetas que de neno o fixeran chorar, non sabía por qué.Despois, en Madrid, tivera vergonza daquelas bágoas.

Agora Solovio sabe moi ben a razón das bágoas e non ten que se avergonzar delas.De noite, á luz dunha vela, acompañado pola música da chuvia nos vidros, Adriánpercorría un a un os poemas de Queixumes. En Europa, en cuartos confortables, aopé das rúas onde se fai a actualidade do mundo, Adrián lera aos poetas novos. Nonlle producían a impresión do pequeno libro esquecido na alcoba da casa vella, perdidana campía galega.

Ramón Otero Pedrayo, Arredor de si

— Resume cada fragmento.

— Comenta a relación entre os dous textos. Ten en conta o que sabes sobre aevolución ideolóxica do Grupo Nós.

A prosa entre dous séculos

Manuel García Barros, Ken Keirades (1876-1972)• En 1932 publicou Contiños da terra, relatos breves costumistas e cómicos de estética decimonó-

nica.• De forma póstuma, publicouse As aventuras de Alberte Quiñoi, que narra as aventuras dun rapaz la-

brego; son unhas memorias do propio autor.• A súa obra destaca polo seu galego próximo á fala popular, manexado con mestría e cun léxico con-

creto moi rico.

A prosa das Irmandades

A prosa do Grupo Nós

Periodización do Grupo Nós

Características• Grande avance da prosa:

— Pola aparición do ensaio,importante medio de difu-sión da ideoloxía naciona-lista.

— Polo desenvolvemento daprensa en galego: o xornalmáis importante é A NosaTerra (1916-1936).

— Polas diferentes colec-cións de narrativa: as daseditoriais Céltiga (1922-1936) ou Lar (1924-1927).

1.ª etapa: pregaleguismo• O núcleo do grupo naceu en

Ourense cara ao 1914 e eracoñecido como o cenáculoourensán: Vicente Risco, Flo-rentino L. Cuevillas e RamónOtero Pedrayo.

• De clase social acomodada, ti-veron acceso a unha educa-ción e a unha formacióncultural moi boas.

• Neste momento, estaban des-vinculados da nosa cultura edo nacionalismo. Eran indivi-dualistas e procuraban o exó-tico.

2.ª etapa: galeguismo• En 1917, os ourensáns entran

en contacto coas Irmandadese adhírense ao galeguismo.

• Cren na asunción e no coñe-cemento da propia culturapara acadar a universalidade.

• Desenvolven un intenso laborpolítico e cultural: no eido po-lítico, participan nas Irmanda-des e na fundación do PartidoGaleguista; no eido cultural,destaca a revista Nós (1020) eo Seminario de Estudos Gale-gos.

3.ª etapa: posguerra• O comezo da guerra en 1936

supón a ruptura da unidade dogrupo:— Risco renuncia ás súas

crenzas galeguistas.— Pedrayo e Cuevillas vense

obrigados ao silencio cultu-ral e político.

— Castelao exíliase.— Outros, como Ánxel Casal

(último editor da revistaNós), son executados.

Ensaístas• Johán Vicente Viqueira

(1886-1924): autor de numero-sos artigos publicados en ANosa Terra.

• Antón Vilar Ponte (1881-1924): artífice da renovaciónideolóxica das Irmandades eautor de numerosos artigos,discursos, ensaios..., recolli-dos en 1971 no volume Pensa-mento e sementeira.

• Ramón Vilar Ponte (1890-1953): o ensaísta máis brillantedas Irmandades. O seu libroDoctrina nazonalista (1921) é oprimeiro tratado teórico do na-cionalismo galego.

Prosistas• Leandro Carré Alvarellos

(1884-1976): autor de variasnoveliñas, algunhas publica-das na colección Lar: Naiciña(1926) ou O xornal de Mavi(1927).

• Xosé Lesta Meis (1887-1930):o narrador máis destacadodas Irmandades. É o autor dasnovelas Manecho o da rúa(1926) e Estebo (1927), de es-tilo realista e centradas naaldea galega e na emigracióna Cuba.

A renovación do Grupo Nós na prosa

Prosa de ficción: novela• Temática máis variada: novela realista urbana, histórica, psicolóxica...• Novas técnicas narrativas: introspección e monólogo interior, ruptura da secuencia temporal..., to-

madas da narrativa europea do momento (Virginia Wolf, Thomas Mann, James Joyce...).• Principais obras: Os dous de sempre de Castelao (realista); O porco de pé de Vicente Risco (rea-

lista); A romeiría de Xelmírez de Pedrayo (histórica); Arredor de si de Pedrayo (psicolóxica)...

Prosa de ficción: conto• Consolidación do conto literario, breve e sintético.• Diversificación temática buscando sempre a orixinalidade.• Principais obras: Cousas e Retrincos de Castelao; Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros

de Vicente Risco; Contos do camiño e da rúa de Pedrayo...

Prosa científica: o ensaio• Por primeira vez, úsase a nosa lingua para a expresión científica.• Abránguense todas as áreas do saber: política, historia, literatura, etnografía, arte...• Principais obras: Teoría do nacionalismo de Risco (política); Ensaio histórico sobre a cultura galega

de Pedrayo (historia da cultura); As cruces de pedra na Galiza de Castelao (arte)...

Page 15: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

— Elaborade un esquema coas características de cada etapa.

— Agora comentade:

• A que se refire o autor coa expresión «o valor da obra de Risco»?

• A que fai referencia coa expresión «as fraquezas da súa vida»?

2. Le este fragmento de O porco de pé:Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha queoutra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas,que semella que botan unto derretido; as nádegas e o bandullo vánselle un poucopara baixo.

O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no verán súdao en regueiros aceitosos e enpingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro.

Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de don Celidonio. Se lle escachasen atesta, que tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesada había atoparunto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por den-tro que por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmoadubo de ourego e pemento.

— Sinala as tres partes nas que se divide o texto.

— Define estas palabras do texto relacionadas co porco.

carrolo - serda (ou cerda) - unto - lardo - zorza

— Extrae do fragmento outras palabras que tamén se asocien a este animal.

— Explica a razón pola que Risco bota man dos termos relacionados co porco.

— Identifica estes recursos estilísticos no fragmento anterior e explica o efecto queproducen.

hipérbole - comparación - metáfora

— Risco ofrécenos unha visión caricaturizada de don Celidonio: como elabora acaricatura?, que pretende transmitirnos con ela?

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |28 Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa | 29

rodeira

Vicente Risco (1884-1963)

• Produción narrativa: Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919), relato; O lobo da xente(1925), relato; A trabe de ouro (1925), relato; A coutada (1926), historia dialogada; O porco de pé(1928), novela; Os europeos en Abrantes (1929), novela inacabada.— Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919), relato situado no mundo de ultratumba

ateigado dun humor macabro. Supón a ruptura temática cos tópicos do século XIX e introducena nosa narrativa o esoterismo e o mundo máxico e marabilloso, con continuadores como Cas-telao, Pedrayo, Dieste, Cunqueiro...

— En A coutada, o protagonista sofre a inadaptación á vida urbana e defende a volta á vella casafidalga, en consonancia coa ideoloxía de Risco.

— O porco de pé conta a historia de don Celidonio, un comerciante foráneo que se instala en Auria(trasunto de Ourense). Alí vai ascendendo ata chegar a ser alcalde e heroe local, pero impoñendoun sistema de valores baseado no culto á utilidade e á acumulación do diñeiro. O protagonista,caracterizado como un porco, serve para criticar a vulgaridade, o materialismo da nova burgue-sía, a perda de galeguidade...

• Produción ensaística: Teoría do nacionalismo galego (1920), «Nós, os inadaptados» (1933), Mitte-leuropa (1934), Leria (1961).— Teoría do nacionalismo galego, ideario das Irmandades e guía para as seguintes xeracións de

galeguistas, sinala os trazos diferenciais (históricos, sociais e culturais) que configuran Galiciacomo unha nación.

— En «Nós, os inadaptados» exponse a evolución ideolóxica do grupo Nós.— Mitteleuropa é unha crónica de viaxes que reflicte a visión de Risco sobre as grandes transfor-

macións que está a sufrir Europa.— Leria é unha recompilación de artigos xa publicados con algún texto novo.

1. Le este texto sobre Risco.Foi en Fingoi [...] onde souben da morte de Vicente Risco. [...]. Mais, con ser esperada,a noticia non deixaba de nos resultar impresionante. Don Vicente Risco non podíairse deste mundo sen que a nosa conciencia galega sentise un fondo abalón.

De volta de Fingoi para Lugo e mentres camiñaba na escuridade da noite véuseme ámemoria a imaxe do Risco que tiña ollado por derradeira vez na Rúa Nova compos-telá; era a imaxe dun homiño vello, enguruñado, moi cegarato, de andar indeciso, coque se ían cruzando ledos fatos de rapazas e rapaces sen repararen nel. Camiñaba,solitario e teimoso, cara á catedral. Contemplando aquela figura cativa, delongada,interiormente atariñante, máis inclinados nos sentiamos a pensar nos valores da súaobra que nas fraquezas da súa vida. ¡Con máis motivo debiamos de o facer agora,na hora da súa morte!

Ramón Piñeiro, Olladas no futuro

— Entre todos e coa axuda do profesor ou profesora, deducide as tres etapas dopensamento risquiano.

Podedes botar man dos esquemas do Grupo Nós e de Vicente Risco, buscarinformación en Internet, nos manuais de Literatura...

A sátira é o principal recurso literario desta obra.Pero este recurso xa o utilizou Risco en 1919 enDo caso que lle aconteceu ao doutor Alveirosonde o personaxe principal é un trasunto literariodo propio autor e, precisamente este mesmopersonaxe, o doutor Alveiros, vai ser ocontrapunto de don Celidonio en O porco de pé.

Page 16: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |30

rodeira

31

rodeira

Ramón Otero Pedrayo

(1888-1976)

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa | 3130

• Produción narrativa: Pantelas, home libre (1925), relato; O purgatorio de D. Ramiro (1926), relato;Os camiños da vida (1928), novela; Arredor de si (1930), novela; Contos do camiño e da rúa (1932),contos; A romeiría de Xelmírez (1934), novela.— Entre os relatos destaca O purgatorio de D. Ramiro, de temática de ultratumba, tamén nun ton

humorístico.— Contos do camiño e da rúa, sete narracións sobre as vivencias de personaxes da fidalguía desde

unha visión melancólica e, á vez, humorística.— Os camiños da vida, novela realista dividida en tres volumes, que conta o paso da fidalguía á

burguesía comercial.— Arredor de si, novela psicolóxica na que Pedrayo describe a súa evolución do individualismo da

mocidade ao compromiso con Galicia da madureza.— A romeiría de Xelmírez, novela histórica de asunto medieval. Destaca a reconstrución do San-

tiago do século XII, en pleno esplendor e nunha Galicia conectada coa cultura europea do mo-mento.

• Produción ensaística: Pelerinaxes (1929), Ensaio histórico sobre a cultura galega (1933).— Pelerinaxes, crónica da viaxe a pé desde Santiago ata Santo André de Teixido, con reflexións

sobre a vida aldeá e descricións da paisaxe galega.— Ensaio histórico sobre a cultura galega describe a historia e a cultura de Galicia desde a Prehis-

toria ata o século XX, destacando catro momentos de esplendor: céltico, románico, barroco eromántico.

1. Le estes dous fragmentos de Os camiños da vida. Un é do comezo da novela eoutro, do final.O dos Doncos era nomeado Pazo da Seara. Un dos mellores daquelas xurisdiccións.O corpo da casa, ergueito en fina cantería, obra limpa dos barrocos do dezasete, sóse franqueaba ós camiños pola grande fachada composta de capela barroca linda-mente tallada en pilastras. [...] Polo sur e poñente, o pazo, plantado como un señordominaba a larganza das mellores terras do seu patrimonio.

Seguindo os consellos de dona Ramoniña, foi visitar os Doncos. Vivían como lagartosnos cuartiños do poñente a Xenoveva e o trenco. [...] Das grandes salas húmidas, dooco baleiro da capela e das cortes viña un cheiro de balor, de tempo morno, acugu-lado, de cousa finada e cumprida. A Sabela casara cun señoritiño do Ribeiro. Aló vi-vían dunhas viñas e dunhas hortas. Inda conservaban un anaco da Seara, mal levadoá parcería por un parente da Tutana, e polas mañás o Laureano daba leccións de le-tras e números na solaina do norte, cunha grande vara de abelenda na mán. Pagá-banlle con legumanzas, porco, manteiga e algunha queipa de mariñas ou castañas.Unha grande fenda corría pola parede leste do pazo como o sinal dunha chispa doceo.

— Escolle o enunciado que mellor resuma a relación entre os dous textos. Xustificaa túa elección.

• O paso do esplendor á decadencia do pazo dos Doncos.

• A emigración cara a América na familia dos Doncos.

• O paso da decadencia ao esplendor do pazo dos Doncos.

— Con que léxico se describe o esplendor? E a decadencia?

— Localiza estes recursos estilísticos e comenta o seu valor expresivo.

personificación - comparación - enumeración - gradación

2. Le este fragmento:Lembrábase do celtismo dalgúns escritores galegos que o emocionaban: de neno,no derradeiro do Bacharelato. Máis adiante tivera vergonza daquela idea provincial eanticuada. Agora dicíase para si: «Tiñan razón. Comezo a percatarme do que hai dediferente en min e nos galegos. Porque non fun cidadán das culturas que ensaiei,porque atopaba aos galegos inferiores e desgraciados». Unha grea de pensamentospesimistas gallopaba implacable polo cerebro de Solovio. «É moi tarde. Estou e estácondenada sen remedio». Por primeira vez referíase á personalidade de Galicia. Lonxedela, lembrándose das paisaxes familiares e da morte de don Bernaldo, só ollara oanaco verdecente de terra.

Agora na noite antuerpiana, xa lle concedía un espírito magoado, dolorido, sen cura.Voltaba máis triste que nunca. Cando dun barco asulagado na noite negra xurdiu uncantar: «Santo Cristo do Fisterra —Santo da Barba Dourada—, dame vento pra pasar—A laxe de Touriñana». Desde unha proa invisible respondía unha voz de vello, ulintea todos os alcohois dos portos: «—Lanchiña que vas en vela —leva brusas e refai-xos— para a miña Manuela». Como nas Cousas de Castelao.

¿Que lle acontecía ó intelixente europeo? Sentiu Adrián os ollos queimados por bá-goas de neno e anulada toda capacidade reflexiva. Ao deitarse aquelas bágoas tiñanun sabor de perdón. E ditoso afundiuse no sono.

3. Busca no dicionario o significado das palabras que non coñezas.

4. Sinala o tema do fragmento. Xustifica a túa resposta con palabras do texto.

• A soidade dun galego en Anveres.

• O pesimismo do protagonista ante a realidade de Galicia.

• A paz experimentada polo protagonista ao asumir como súa a realidade da terranatal.

5. Este texto ten dúas partes diferenciadas. Le o contido e indica as liñas que ocupacada unha.Primeira parte

Reflexión do protagonista sobre a súa actitude cara a Galicia e pesimismo ante a re a-lidade galega.

Segunda parte

Reacción do protagonista ante as cantigas duns galegos e asunción da realidade ga-lega como propia.

6. Indica que acontecemento fai que o protagonista cambie de opinión sobre Galicia.

Page 17: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

7. Completa este cadro sobre os sentimentos do protagonista en cada unha das par-tes.

8. Indica que provoca eses sentimentos en cada caso.Vergonza: a idea de que os galegos son inferiores aos demais.

9. Razoa se se trata dun texto descritivo ou narrativo.

10. Sinala o tipo de narrador que hai no texto e xustifica a túa elección.

• Narrador omnisciente

• Narrador testemuña

• Narrador protagonista

11. Na primeira parte, o narrador emprega un estilo para reproducir os pensamentosdo protagonista. Indica que estilo é.

• Estilo indirecto

• Estilo directo

— Anota as palabras do texto que exemplifiquen o estilo anterior.

12. Analiza os recursos estilísticos do texto.

— Sinala cal é o significado desta gradación.

Un espírito magoado, dolorido, sen cura.

• Nos modificadores do substantivo espírito dáse unha progresión (magoado,dolorido) que remata coa idea de que a súa ferida e a súa dor son incurables.

• A ferida e a dor que sente Galicia reflicten a perspectiva dun futuro próspero.

— Na expresión anterior hai outro recurso literario. lndica razoadamente cal é.

— Tira da segunda parte do texto exemplos destas figuras e explica o seu uso.

hipérbato - epíteto - interrogación retórica

— Na segunda parte, establécese un diálogo entre mariñeiros a través dun sub-xénero lírico popular. Sinala razoadamente que subxénero é.

• Panxoliña

• Cantiga

• Cantar de reis

— Nun momento da segunda parte, hai metaliteratura, é dicir, hai unha referenciaa outra obra literaria. lndica en que treito se dá a metaliteratura.

— Busca esa obra á que se fai referencia e explica as semellanzas co que se contaneste texto.

13. Explica a relación deste texto cos fragmentos de Risco («Da medida das cousas»,Leria) e de Otero Pedrayo (Arredor de si) que xa comentamos antes.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa | 33

rodeira

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |32

rodeira

PRIMEIRA PARTE SEGUNDA PARTE

Vergonza da idea provincial e anticuadado celtismo.

............................................

1. Lede estes dous textos sobre a obra de Castelao.Castelao foi un escritor profesional, non, naturalmente, no sentido de que vivira deescribir, senón no sentido de que posuía unha elevada técnica como escritor, e eramoi consciente do que facía neste terreo. Non importa que amase as formas sinxelas.Esa sinxeleza supón unha grande perfección formal lograda a forza de correcciónconstante dos orixinais. Con todo o seu sentimentalismo, Castelao escribe nunhaprosa clásica, de ritmo moi coidado. Así, a arte literaria de Castelao é unha dobre sín-tese. Por unha parte de elementos populares e cultos; por outra de emoción e razón.Non hai en galego prosa máis equilibrada ca a súa.

Ricardo Carballo Calero, Homenaxe a Castelao.

A aguda e fonda sensibilidade humana de Castelao domina a súa extraordinaria sen-sibilidade artística. O lapis do artista non fai senón expresar o sentir do home. [...] Nosseus debuxos transparéntase a entrañable identificación coas xentes que malvivendo seu duro traballo e que sofren a inxustiza coma un desatino prefixado, inmutable.

[...] O seu lapis non se embirra de ira. Coincide, si, na intencionalidade moral conde-natoria —sempre patente—, pero inclúe, ao mesmo tempo, unha afervoada identifi-cación cordial coa víctima. Mesmo por iso, a súa obra ten unha riqueza de contido

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

(1886-1950)• Produción narrativa: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922), novela breve; Cousas (1926-

1929), relatos; Retrincos (1934), relatos; Os dous de sempre (1934), novela.— Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete: o protagonista é un esqueleto que narra as aventuras

dos seus compañeiros de camposanto. Castelao inclúe dúas constantes na súa obra: o com-promiso social e o humor.

— Cousas: considerada a obra máis orixinal de Castelao. Cada cousa consta dun debuxo e dunhapequena anécdota que ten como protagonista un tipo popular (un vello, un pobre, un mariñeiro...).Presenta, ademais, unidade perfecta entre debuxo e texto, carácter sintético e sen artificios ecombinación de realismo, lirismo e humor.

— Retrincos: cinco relatos con vivencias autobiográficas da infancia ata a madureza. En cada relato,hai unha reflexión implícita sobre a condición humana: a ilusión, o envellecemento...

— Os dous de sempre: desenvolve a vida de dous personaxes de forma paralela, Pedriño e Rañolas,prototipos de persoas diferentes: Pedriño é o home pasivo, acomodaticio, sen ambición; Rañolasé o home activo, inconformista e ambicioso.

• Produción ensaística: As cruces de pedra na Bretaña (1929), Sempre en Galiza (1944, no exilio),As cruces de pedra na Galiza (1950, póstumo)— As cruces de pedra na Bretaña e As cruces de pedra na Galiza son froito da súa investigación

sobre os cruceiros de Bretaña e de Galicia, feita para o Seminario de Estudos Galegos.— Sempre en Galiza é un ensaio histórico-político no que Castelao reflexiona sobre o autogoberno, a

defensa do idioma, o exilio, o sentimento de Galicia..., desde unha óptica nacionalista progresista.

Page 18: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa | 35

rodeira

humano que transcende dos lindeiros do laio e acada a súa plena expresión na sa-bedoría sutil do humor.

Ramón Piñeiro, Olladas no futuro.

— Respondede estas cuestións:

• Que características da obra de Castelao se indican no texto A? E no texto B?

— A partir destes dous textos, comentade entre todos esta afirmación:

«O Castelao artista plástico e o Castelao escritor son practicamente o mesmo».

2. Le esta cousa de Castelao.Cando Bieito quedou orfo de pai e nai chegou das Américas un parente e levounoconsigo.Na víspera de emprender o viaxe colleu o camiño do monte e alá enriba, no curutode todo, deixou ben agachado un ichaviño. Foi a idea sentimental dun neno de doceanos.Dispois, nas Pampas arxentinas, apurráronlle todos os cans, cando aínda non sabíagobernarse na sociedade dos campos sen camiños. E moito padeceu para deprendera encararse cos homes, rillando as ganas de chorar.A troco de anacos do espírito, Bieito conquireu un sentido novo e traballando sen acougoganou riquezas dabondo. Casouse, nascéronlle fillos e prendeuse en terra allea.Os trafegos da súa vida non lle deran lecer para lembranzas sentimentaes e foi ó cabode trinta anos de loita cando Bieito alentóu forte e pudo virarse cara o pasado. E nestepunto, a morriña metéuselle na caixa do peito.Cacheando nos currunchos da memoria as farraspiñas esquecidas do seu ledo vivirde neno, Bieito sempre remataba pensando no ichaviño que deixara gardado no cu-ruto do monte. E non podendo vivir máis tempo sen visitar os eidos nativos, meteusenun barco e chegou á Terra.As verbas esquecidas do noso falar, o musgo, os couselos, os fieitos e todas as cou-sas que ía topando no camiño enchían de ledicia o seu corazón. Cando chegou ócuruto do monte, os ollos revíanlle felicidade. No mesmo sitio en que o deixara en-controu o ichaviño, e non hai parolas no mundo que poidan darvos idea da emociónde Bieito naquel intre. Despois marchouse cabo dos fillos.Agora Bieito ten un ichaviño pendurado na súa leontina de ouro e ten unha mágoa naucha do peito.

— Consulta e anota o significado das palabras do texto que non coñezas.

— Indica cal é o tema do relato. Razoa a túa resposta.

— Este texto está estruturado en introdución, nó e desenlace. Indica as liñas queabrangue cada parte e o contido de cada unha delas.

— Explica como foi a vida do protagonista. Xustifica a túa resposta con palabrasdo texto.

— No texto hai dúas metáforas para se referir ao corazón. Extráeas e explica o seuvalor expresivo.

— Busca outras metáforas que haxa no texto e explícaas.

— Tamén hai unha enumeración. Cópiaa e explica o seu uso.

— Xustifica con palabras do texto estas características da escrita de Castelao:

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |34

rodeira

• Sinxeleza e claridade.

• Mestura de realismo, lirismo e humor.

— Busca este relato no libro Cousas e observa o debuxo que o acompaña. Queinformación nos achega? Esa información complementa o relato? Como o fai?

— Á vista do debuxo e do relato, comenta razoadamente esta afirmación: «Cas-telao emprega nos textos e nos debuxos de Cousas unha mesma técnica: ex-presar o esencial co menor número de trazos».

3. Le estes fragmentos de Sempre en Galiza.A ¿Ten Galiza un idioma propio? Estamos fartos de saber que o povo galego fala un

idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto eaxeitado para ser vehículo dunha cultura moderna e co que aínda podemos comu-nicarnos con máis de sesenta millóns de almas [...] pero abondaríalle ser a fala dopovo traballador para estar diñificado de por si, pois o galego é unha executoriaviva do traballo e unha cédula honrosa de cibdadanía e democracia. Non esqueza-mos que se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma.

B Algúns homes –galegos tamén– andan a falaren dun idioma universal, único paratoda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfeición baixando pola es-cada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. [...] Son os mes-mos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vidaascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa variedade de cultu-ras, é o siño distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animaes. Velahívai a demostración: un can de Turquía oubea igoal que un can de Dinamarca; uncabalo das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo de Bretaña. ¿E sabedespor qué? Porque os probes animaes aínda están no idioma universal...

— Indica o tema de cada fragmento.

A defensa da diversidade lingüística.

A perda de galegofalantes.

A normalización lingüística.

A dignidade e o valor da lingua galega.

— Elabora un comentario no que expoñas a túa opinión sobre o tema anterior.

— Establecede un coloquio onde expoñades as vosas opinións.

4. Formade grupos e creade unha cousa. Seguide estas pautas.

— Baseádevos nunha anécdota protagonizada por un personaxe ou un elementoda vosa localidade.

— Un membro do grupo fará un debuxo que ilustre o relato.

— Seguide, no texto e no debuxo, estes trazos propios da obra de Castelao: Sin-xeleza e claridade / Combinación de realismo, lirismo e humor.

— Por último, expoñede as vosas «cousas» no taboleiro da aula.

5. Vede a curtametraxe baseada en O pai de Migueliño (anexo final deste caderno) eestablecede un coloquio sobre a adaptación.http: //www.culturagalega.org/avg/extra_audiovisual_estreas.php?Cod_extrs=3011

Page 19: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa | 37

rodeira

1. Le Nova York é o noso e responde as cuestións seguintes.O neno tiña algo que lles dicir aos outros nenos que andaban a enredar con el nabeiramar. Tiña algo que lles dicir, pero non remataba de dicilo. Por veces poñía carade malo, cheo como estaba daquel orgullo que non certaba a deixar ceibe. Ata lle ra-buñou a outro, así nun pronto, a lle brincar na cara os lampos dunha fogueira íntima.Esbandallaba tódolos xogos con aquel seu desacougo, mesmo como de gato alpo-rizado por veciñanza de treboada. Era un raro rebuldar o seu, con súpetos enlevos.Seu pai chegara aquel mesmo día de Nova York e os demais nenos non lle pregun-taban nada, nin lle facían máis mimos e respectos que outros días. Quizais por iso,porque a pregunta non chegaba, foi polo que rabuñou a quen el coidaba que calabaadrede.Sacou do peto un asubío noviño, de forasteira feitura e moito rebruñido, e púxose achifrar cheo de coraxe. Non o quixo emprestar a ninguén e gardouno outra volta nopeto, domeándose moito o enfonda-la man para demostrar un peto fondo, coma ospetos en que se gardan as mellores cousas. Arredor dos seus ollos bulía unha sorrisadubidosa, ninguén sabe se mala ou suplicante. Mais non lle preguntaron nada.Seu pai chegara de Nova York aquel mesmo día. Vírao desembarcar no peirao vello.Traxe azul. Viseira de carei. A cara forte coma unha proa. Branco e grande o dentamio.E nos ollos, afeitos a longanías e grandes rumbos, ningunha fachenda.Houbo un intre en que o fillo do navegante andou a rentes de chorar. E as súas bá-goas dispararíanse como frechas quentes e coraxudas. Pero non chorou. Ergueusecon máis cara de malo aínda, o peito en arco, a manciña pechada, os labres a tremer.Ergueuse así, garboso, o neno e dixo soamente:—¡Nova York é noso!

— Este relato ten unha estrutura paralelística e simétrica, é dicir, cada parágrafovaise centrando de forma sucesiva nun personaxe: o fillo ou o pai. Completaeste cadro.

A prosa das vangardas

Rafael Dieste(1889-1981)

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |36

rodeira

• Produción narrativa: Dos arquivos do trasno (1926).— Dos arquivos do trasno son un total de vinte relatos que reflicten o carácter do home galego: sin-

xelo, bondadoso, nostálxico, orgulloso... Neles, tamén aparece o mundo real e o imaxinario e ma-rabilloso (os mouros, a Santa Compaña, a morte...) con elementos líricos e humorísticos.

— Indica como están descritos o fillo e o pai.

— Responde razoadamente: o fillo e o pai teñen caracteres antitéticos?

— Busca no texto estes recursos estilísticos e explica o seu valor expresivo.

anáforas - comparacións - metáforas

— O final é unha hipérbole. Cópiaa e explica o seu valor expresivo.

2. Le este relato de Dos arquivos do trasno e responde as cuestións seguintes.

O neno suicida

Cando o taberneiro rematou de ler aquela nova inquedante —un neno suicidárasepegándose un tiro na sen dereita— falou o vagamundo descoñecido que acababade xantar moi pobremente nun curruncho da tasca mariñeira, e dixo:—Eu sei a historia de ese neno.Pronunciou a palabra "neno" dun xeito moi particular. Así foi que, os catro bebedoresde augardente, os cinco de albariño e o taberneiro calaron e escoitaron con xesto in-quiridor e atento.—Eu sei a historia de ese neno —repetiu o vagamundo. E, tras dunha solerte e benmedida pausa, encomenzou:—Alá polo mil oitocentos trinta, unha beata que despois morreu de medo viu saír docamposanto florido e recendente da súa aldea a un vello moi vello en coiro. Aquelvello era un recén nacido. Antes de saír do ventre da terra nai escollera el mesmo esexeito de nacencia. ¡Canto mellor ir de vello para mozo que de mozo para vello!, pensousendo espírito puro. A noso señor chocoulle a idea. ¿Por que non face-la proba? Asífoi que, co seu consentimento, formouse no seo da terra un esqueleto. E despois,con carne de verme, fíxose a carne do home. E na carne do home aformigou a calo-riña do sangue. E como todo estaba listo, a terra nai pariu.Pariu un vello en coiro.De como despois o vello topou roupa e mantenza é cousa de moita risa. Chegou ásportas da cidade e como aínda non sabía falar, os ministros, despois de lle botarenunha capa enriba, levárono a diante do xuíz coma se tivesen sido testigos: Aquí lletraemos a este pobre vello que perdeu a fala coa tunda que lle deron uns ladróns malentrañados. Nin roupa lle deixaron.O xuíz deu ordes e o vello foi levado a un hospital. Cando saíu, xa ben vestido e man-tido, dicíanlle as monxiñas: Vai feito un bo mozo. Ata parece que perdeu anos.Daquela xa aprendera a falar algo e fíxose esmoleiro. Así andou moitas terras. Alá enLourdes estivo dúas veces; da segunda tan amoazado que, os que o coñeceran daprimeira, coidaron que fora miragre da virxe.Cando adquiriu experiencia dabondo pensou que o mellor era manter secreta aquelaextrana condición que o facía máis mozo cantos máis anos corresen. Así, non o sa-bendo ninguén —non sendo un ou dous amigos fieles— podería vivir mellor a súaverdadeira vida.Traballou de vello e fíxose rico para folgar de mozo. Dos cincuenta ós quince anos asúa vida foi a máis feliz que se pode imaxinar. Cada dia gustaba máis ás mozas eandou enliado con moitas e coas máis bonitas. E ata disque unha princesa... Perodisto non estou certo.

PARÁGRAFO CÉNTRASE NO PERSONAXE DO... CONTIDO

Primeiro Fillo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Segundo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Terceiro . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Cuarto . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Quinto . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

O FILLO O PAI

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Page 20: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Cando chegou a neno encomezou a vida a se lle ensarillar. Dáballe medo a sorpresacon que o vían entrar tan ceibe nas tendas a mercar lambetadas e xoguetes. Algúnrateiro de viseira calada teno seguido ó longo de moitas rúas tortas. E algunha vezten comido as súas lambetadas a tremer de anguria, coas bágoas nos ollos e o almi-bre nos beizos. A derradeira vez que o topei, tiña el oito anos, andaba moi triste. ¡Pe-saban, ademais, tanto no seu espírito de neno os recordos da súa vellice!Logo encomezou a lle escarabellar día e noite unha obsesión tremenda. Cando pa-sasen algúns anos recolleríano en calquera calexa extraviada. Quizais algunha señorarica e sen fillos. Despois... ¡Quen sabe o que pasaría despois! A lactancia, os paseosnun carriño, cunha sonalla de axóuxeres na manciña tenra. E o remate... ¡Ou! O re-mate poñía espanto. Cumpri-lo seu sino de home que vive ó revés e refuxiarse noseo da señora rica —poida que cando ela durmise— para ir alí devecendo ata se tro-car primeiro nunha sambesuga e despois en arumia e logo en pequenísima semente...O vagamundo ergueuse moi pensabundo, coas mans nos petos, e deu algúns pase-íños todo amargurado. Ó cabo dixo:—Explícome, si, explícome que se chimpase un tiro na sen o pobre rapaz.Os catro bebedores de augardente, crían. Os cinco de albariño sorrían e dubidaban.O taberneiro negaba. Cando todos desortían máis enfervoadamente, o taberneiro er-gueuse de súpeto nas puntas dos pés e púxose a mirar todo arredor cos ollos moiabertos. O vagamundo desaparecera sen pagar.

— Indica cal é o tema do relato. Xustifica a túa resposta con palabras do texto.

— No relato cóntanse dúas historias. Determina cales son e a relación que teñenentre elas.

— Establece a estrutura de cada unha das historias: indica as liñas que abranguecada parte e o contido.

— Cada historia ten un narrador diferente. Indica razoadamente cal é o narradorde cada unha delas.

2. Dieste definía a función do final do relato deste xeito:«O remate é unha imaxe que fai estoupar o conto nas verbas derradeiras, despois deinzalo poderosamente».

— Comenta se esta afirmación se reflicte ou non neste relato. Razoa a resposta.

3. A vida ao revés é tamén a protagonista da película El curioso caso de BenjaminButton, baseada no conto do mesmo nome de Scott Fitzgerald.

— Mirade esta película e establecede as semellanzas e as diferenzas con O nenosuicida de Dieste.

4. Por grupos, buscade «Chámanlle a marquesiña» de Alfonso D. Rodríguez Caste-lao, en Cousas, e o relato «Na morte de Estreliña», en Dos arquivos do trasno, deRafael Dieste.

— Lédeas devagar e buscade no dicionario as palabras que non coñezades.

— Establecede o tema de cada un dos relatos.

— Elaborade unha análise comparativa de ambos os relatos, indicando as seme-llanzas e as diferenzas entre os dous.

• Tede en conta estes aspectos:

— Descrición da protagonista. — Léxico empregado.

— Recursos utilizados. — Brevidade e sinxeleza.

— Lirismo. — Tipo de final.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: a narrativa |38

rodeira

Primeiro terzo do século XX

O teatro entre dous séculos

O teatro das Irmandades

O teatro do Grupo Nós

O teatro das vangardas

Teatro

rodeira

Page 21: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

O teatro entre dous séculos

rodeiraLiteratura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

O teatro entre dous séculosO teatro das Irmandades

O teatro do Grupo NósO teatro das vangardas

Os coros populares• Estrea de numerosos espec-

táculos en toda Galicia.• Os máis importantes: Toxos

e Flores (Ferrol, 1915), Can-tigas da Terra (A Coruña,1917), De Ruada (Ourense,1919)

Xesús San Luís Romero(1872-1966)

• Autor de numerosas obrasteatrais.

• A máis representada: O fi-dalgo (estreada en 1918), unlogrado drama anticaciquil.

Xavier Prado Rodríguez Lameiro (1874-1942)

• Autor de sainetes comoAlmas sinxelas, Estebiño ouOs trasacordos de Mingos.

• Teatro costumista e rural consátira contra os poderosos edefensa dos humildes desdeun punto de vista cómico.

1. Le este fragmento do sainete Estebiño, de Xavier Prado Lameiro.Fuco.- [...] Dios dea saúde e boa temperanza nos eidos, que vindo as cousas ben,

inda se ha de un ir gobernando.Ana.- Se Dios quer. Pior é dos probes; dos que non teñen unha miga dun terreo onde

coller un froitiño, e manter unha facendiña.Fuco.- Hai razón. Ises, inda tendo saúde e onde ganar o xornal, están xiringados. Os

cartos hoxe non teñen tripas ningunhas.Ana.- ¡Que han de ter, señor, que han de ter! Antronte foi mi padre á vila vender un

pouco centeo; pois dos catro pesos que lle deron por il, chegou á casa con vintereás, e soamente mercou catro cachafalladas que cumprían e leve Xudas se valíantodas outros vinte.

— Indica quen son os personaxes e que podemos deducir deles:

• En que medio viven: urbano ou rural?

• A que se dedican? Como o sabes?

• Que visión teñen do medio no que viven: optimista, pesimista, realista, resig-nada, crítica...?

— Xustifica as túas respostas con palabras do texto.

Page 22: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

O teatro entre dous séculosO teatro das Irmandades

O teatro do Grupo NósO teatro das vangardas

rodeiraLiteratura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

— No texto, podemos distinguir dúas partes. Completa un cadro coma este:

— Sinala cal é o tema do fragmento. Xustifica a túa escolla con palabras do texto.

• Visión pesimista do mundo rural.

• Descrición cómica do mundo rural.

• Visión realista do mundo rural.

— Explica se este fragmento presenta as características propias do teatro de La-meiro: costumismo, sátira contra os poderosos, defensa das clases humildese comicidade. Razoa a túa resposta.

— Indica que nivel de linguaxe empregan os personaxes.

• Culto, con gran precisión léxica e uso de cultismos.

• Coloquial, con expresións populares, uso de diminutivos, frases feitas, repe-ticións, exclamacións, léxico propio do medio no que viven...

• Vulgar, con incorreccións e numerosas palabras malsoantes.

Tira do texto exemplos das características do nivel de linguaxe escollido.

Responde: cres que o nivel de linguaxe usado é o adecuado para a temáticado fragmento? Por que?

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |42

rodeira

PARTES CONTIDO ABRANGUE DESDE ... ATA ...

Primeira parte ............ ............

Segunda parte ............ ............

O teatro das Irmandades

Autores

Novos temas• Intención propagandística.• Recreación de episodios singulares da nosa his-

toria, co enxalzamento dos mitos: Prisciliano,Pardo de Cela...

• Reivindicación social, coa emigración como prin-cipal problema do país.

• Recuperación cultural: a dignificación da lingua eda cultura popular.

Novas formas• Intento de normalizar e universalizar o noso te a-

tro, por iso conviven formas tradicionais con in-novadoras:— Formas dramáticas tradicionais: o drama

histórico e o teatro social-costumista.— Formas dramáticas innovadoras: o drama

simbolista, o teatro cómico e infantil, a co-media burguesa, a ópera...

Manuel Lugrís Freire (1863-1940)• Grande animador da vida cultural e política de

Galicia: cofundador da Escola Rexional de De-clamación, da Real Academia Galega, das Ir-mandades da Fala e do Partido Galeguista.

• Obras: A ponte (1903), Minia (1903), O pazo(1917), Estadeíña (1919)

• A ponte, primeira obra teatral en prosa do nosoteatro, contén unha importante carga reivindica-tiva: denuncia directa do caciquismo.

• Lugrís Freire apostou polo teatro social ou detese, cun claro afán didáctico.

Antón Vilar Ponte (1881-1936)• Fundador das Irmandades da Fala, nas que se

ocupou de impulsar o teatro galego.• Cofundador do Conservatorio Nazonal de Arte

Galego (1919) do que tamén foi director.• Teatro propagandístico e didáctico, destinado a

espallar a ideoloxía nacionalista das Irmandades.• Volume de tres pezas Tríptico (1928): A patria do

galego (ataque ao caciquismo), Almas mortas (oproblema da emigración) e Entre dous abismos(crítica da superstición).

• Outras obras: Os evanxeos da risa absoluta(anunciación do Antiquixote) (1934), Nouturnio demedo e de morte (1935).

Ramón Cabanillas (1876-1959)• O seu teatro é poético, modernista no estilo e

con tendencia á mitificación de ambientes epersonaxes.

• Compuxo dúas obras a instancias de AntónVilar Ponte: A man de Santiña e O Mariscal.

• A man de Santiña: composta para a inaugu-ración do Conservatorio Nazonal de Arte Ga-lego. Primeiro intento de comedia burguesado noso teatro, con personaxes ben caracte-rizados psicoloxicamente.

• O Mariscal: traxedia histórica en verso centradaen Pedro Pardo de Cela, símbolo da rebeliónfronte a Castela e das aspiracións de autogo-berno.

Armando Cotarelo Valledor (1879-1950)• Teatro realista, con personaxes de caracteriza-

ción psicolóxica complexa.• Variada produción teatral:

— Dramas labregos: Trebón (1922), Lubicán(1924)

— Dramas mariñeiros: Beiramar (1931)— Comedia sentimental: Sinxebra (1923)— Traxedia histórica: Hostia (1926)— Ópera: Ultreya (1932)

Compañía que representou o sainete, Almas sinxelas, de Xavier Prado Lameiro (circa 1933).

Page 23: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

• Que se nos di de cada un deles?

• Busca no dicionario o significado da palabra «vinculeiro» e anótao.

• Que figura social representa este personaxe na obra: o demo, o cacique, olabrego, o médico, o boticario...? Xustifica a túa elección a partir do tipo deteatro que cultivou Lugrís Freire.

— No texto teatral, podemos distinguir o diálogo e as acoutacións. Sinala que tipode información nos achegan aquí as acoutacións.

— O texto pódese dividir en dúas partes. Completa un cadro coma este.

— Indica razoadamente cal é o tema do texto.

— Determina que nivel de linguaxe empregan os personaxes: culto, coloquial ouvulgar. Xustifica a túa resposta con exemplos do texto.

— No texto, aparece dúas veces a palabra «ponte», unha delas con significadodenotativo e outra con valor simbólico. Explica en que consiste ese valor sim-bólico.

2. Le este fragmento de A man de Santiña de Ramón Cabanillas.Ó erguerse o pano son as nove da mañán dun domingo de sol roibo, no mes demaio, e atópanse no salón Rosario, Misiá Manoela e Marirrosa.Rosario: (Namentras axeita a mantilla, cara ó espello, axudada de Marirrosa) ¡Che-

garemos tarde! ¡Santiña sempre a derradeira! ¡¡Santa!! ¡¡Santiña!!Misiá Manoela: ¡Ai, que rapaza! ¡Para oír unha misa tanta compostura!Marirrosa: ¡Déixea, tía! ¡Que lle quere pedir a catorce anos!Rosario: ¡Imos entrar dimpois de mudar o libro! ¡¡Santiña!!Santiña: (Vén arranxando os cabelos, coa mantilla sen pór) (A Rosario) ¡Hoxe ergué-

chete de mal aire!

— Indica de que se fala no fragmento anterior.

— Identifica cal é o personaxe máis importante e sinala que se nos di del. Xustificaa resposta con palabras do texto.

— Completa un cadro coma este sobre as acoutacións.

3. Por parellas, inventade a continuación do texto de A man de Santiña.

— Pensade e comentade que lles pode suceder a estes personaxes.

— Escribide o diálogo entre eles e as acoutacións que consideredes necesarias.

— Buscade a obra A man de Santiña e comparade a vosa continuación coa ver-dadeira.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro | 45

rodeira

1. Le este fragmento de A ponte de Manuel Lugrís Freire.Antón: Boas tardes.Ánxela e Sabela: Santas e boas.Ánxela: ¿E o meu Pedro? ¿Saleu do cárcel?Antón: Saleu.Ánxela: ¿E daquela, por que non vén agora? ¿Pasoulle algo? ¿Está enfermo?Sabela: Si, Antonciño... ¿que pasou?Antón: (Sentándose) Acougue, Ánxela. Non está enfermo; vén sano e salvo.Ánxela: ¿E estonces?Antón: Entretúvose un pouco na ponte co fillo do señor Xulio, e virá axiña.Ánxela: ¡Xesús! Mesmo me ferve o sangue no corpo por velo.Antón: Férvelle tamén a el, comadre. Pero, de calquera maneira, el quixo que eu vi-

ñese diante para que non lle fixese mala vosté unha sorpresa. (Séntanse Ánxela eSabela)

Sabela: Antonciño, por estas (Fai a siñal da crus cos dedos da man direita), que sisaleu Pedro do cárcel foi por causa miña.

Antón: ¿E logo?Sabela: Encendinlle unha vela ó santo do teu nome, e recei corenta e nove padre-

nuestros tódalas noites, e mais...Antón: (Atallando) ¡Bah! ¡Bah! Dispense, miña tía; Pedro saleu do cárcel porque houbo

unha alma de ben que traballou por el.Sabela: ¿E logo..., os corenta e nove padrenuestros!...Antón: ¡Leria! Todo eso son cousas de vellos. Se con rezos e ceras se arreglase a

xusticia na terra, non necesitábamos leises, nin guardia civil, nin nada.Sabela: (Santiguándose) Dios che perdone.Antón: Estou por esas cousas moi perdonado. ¿Por que non reza para que Dios

mande un raio e fenda ó Vinculeiro, esa praga que tanto mal fai nas vidas e maisnas honras?

Ánxela: Eso é verdá.Sabela: ¡San Paio me valla! Non se pode meter un na xusticia do ceo.Ánxela: (Con enerxía) É certo, pero tampouco teñen direito esa casta de homes a

meterse na xusticia da terra. Sabela: ¡Ánxela, tamén ti?...Antón: ¡Ben, Anxeliña, ben! Miña tía aínda cre na Compaña, na Estadea, no mal de

ollo, nas figas e... nas pedras das agullas. Miña tía representa un tempo que dá asboqueadas. Vosté é a vítima que nos fai volve-los ollos buscando a xusticia, quenon quer vir. O Vinculeiro é un criminal, un xudío, un inquisidor como os que nospintan certos libros...

Sabela: (Atallando) O Vinculeiro é o demo.Antón: Será, señora, será. Tódolos vinculeiros que asoballan a nosa terra, que viven

do noso traballo, que trafican coa xusticia, son os que nos empuxan para que pa-semos pola ponte que separa o mundo da tiranía do mundo da libertá, da igualdá,da verdadeira redención.

— O diálogo establécese entre tres personaxes: Antón, Ánxela e Sabela. Res-ponde estas cuestións:

• Que relación teñen entre eles?

• Que podemos deducir de cada un deles?

• Ven o mundo do mesmo xeito? Que representa Sabela? E Antón? E Ánxela?

— No texto fálase doutros dous personaxes: Pedro e o Vinculeiro.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |44

rodeira

PARTES CONTIDO ABRANGUE DESDE ... ATA ...

Primeira parte ............ ............

Segunda parte ............ ............

ACOUTACIÓNS INFORMACIÓN QUE ACHEGAN

............................... ...............................

Page 24: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

1. Le este fragmento de O bufón de El-Rei de Vicente Risco.A raíña Yolanda camiña dediante. Ortruda, a azafata, que é moi vella vén detrás dela.Falan baixiño. Paran as dúas diante dun poial de pedra.Ortruda.- Eiquí é o sitio. (A raíña bota un salaio). Agora deixareivos.Yolanda.- Este querer pode máis ca min, Ortruda... Endexamais pensei ter tanta co-

raxe. Cegoume Guindamor, dende que eiquí chegou de cabaleiro errante, e ganouaquil torneio. Cegoume, e por il douno todo, e por il son valente... Ortruda, so-mentes hai unha cousa que me pon medo...

Ortruda.- O bufón?... Ise é o de menos... É un pobre tolo, i-anda ademais borrachotodo o día... Cando o voso esposo e señor non-o fai beber, embebédano oshomes de armas i os fidalgos de garda. Cando non, bebe cos criados na cociña...

Yolanda.- Non, non-o sabes ben: non víche-los seus ollos fitarme cando pensa quenon-o ven; relocen na escuridade coma os dos lobos... Din ademais que é moisabido, que non é o que pensan...

— Responde estas cuestións sobre os personaxes:

• Como está caracterizada Ortruda? E a raíña Yolanda?

• No texto, fálase doutros dous personaxes. Quen son? Que se di deles? Or-truda e a raíña Yolanda teñen a mesma opinión sobre un dos personaxes ci-tados? Cal é a opinión de cada unha delas?

— Xustifica estas afirmacións con palabras do texto.

A. A raíña Yolanda acode a unha cita secreta co seu amante.

B. A raíña Yolanda está moi namorada de Guindamor.

C. Ortruda non considera que o bufón sexa perigoso.

D. A raíña Yolanda só ten medo do bufón.

— Busca en Internet información sobre o rei Artur e os cabaleiros da Mesa Re-donda e establece as semellanzas temáticas con esta obra de teatro.

2. Le este fragmento.O Sanatorium do Doutor Sangrapitos. O Doutor que é un grande vello, peludo rexoe burleiro, sae cun serrón de operar sanguento e a blusa lixada de sangue. Óenseberros.Don Hixinio. (tremando) —Bos días, Doutor. Véñome a consultar. ¿E eses berros?O Doutor. —Pois pase á sala de agarde e teña paciencia. ¿Eses berros? Maiores

serán os que de vostede cando lle rabuñemos o estómago.Don Hixinio. —E logo a anestesia, os modernos métodos…O Doutor. —Seica é parvo. lso é bo para mediquiños madamitas e para doentes de

alfeñique. Eu traballo frente a frente co mal, sen tapuxos, ¿entende?Vaise.

Ramón Otero Pedrayo, Teatro de máscaras

— Indica como está caracterizado cada un dos personaxes. Razoa a túa resposta.

— Neste fragmento hai sátira e tamén humor. Explica como se consegue cada undeles.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro | 47

rodeira

O teatro entre dous séculosO teatro das Irmandades

O teatro do Grupo NósO teatro das vangardas

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |rodeira

Características• O teatro deixa de ter unha función propagandística; é unha arte en por si.• Elimínanse os elementos costumistas e realistas en favor dos poéticos e simbólicos.• Incorpóranse tendencias da dramaturxia europea.• O teatro concíbese como un espectáculo total, síntese de diálogo, música, danza, pintura...

O teatro do Grupo Nós

AutoresVicente Risco (1884 - 1963)

• Autor de O bufón de El-Rei, drama simbolista situado nunha corte medieval de tipo artúrico: unha raíñaadúltera e o seu amante son delatados ante o monarca polo seu bufón, ser deforme, envexoso e intri-gante.

• A través do bufón, Risco trata a relación entre a deformidade física e a moral, coma en don Celidonioen O porco de pé.

Ramón Otero Pedrayo (1888 - 1976)• Teatro moi experimental e novidoso, con didascalias moi elaboradas e de gran valor expresivo, espazos

simbólicos ou indefinidos, personaxes que poden ser persoas, animais, obxectos ou entes abstrac-tos...

• A lagarada contén elementos simbolistas: inclusión do universo mítico tradicional, o diálogo das pipasna adega...

• O desengano do prioiro é unha alegoría da vida fronte á morte: a vida representa o mundo tradicional,mentres que o mundo moderno identifícase coa morte.

• Teatro de máscaras: pezas breves expresionistas e acompañadas de ideas para a súa escenificación.

Alfonso D. Rodríguez Castelao (1886 - 1950)• Desde novo, amosa moito interese polas tendencias dramáticas europeas, o Teatro da Arte: orixinali-

dade, espírito popular, estilización escenográfica e síntese de múltiples artes.• Os vellos non deben de namorarse componse de tres lances que contan o tópico do vello namorado

dunha moza e os tres rematan coa morte do vello. Ten unha posta en escena expresionista con cabidapara o esperpento, os elementos parateatrais (as máscaras, por exemplo) ou os personaxes da culturapopular (o sapo visguento).

PROCEDEMENTOS SATÍRICOS PROCEDEMENTOS HUMORÍSTICOS

• A utilización da palabra Sanatorium.

• . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• O nome do doutor.

• . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Page 25: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

O teatro entre dous séculosO teatro das Irmandades

O teatro do Grupo NósO teatro das vangardas

rodeiraLiteratura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

2. Le este fragmento de Os vellos non deben de namorarse de Alfonso D. RodríguezCastelao.(O ángulo dun durmidoiro. Unha cama e, na cabeceira, unha fiestra pechada. Unhacandea acesa enriba da mesa de noite. O vello está despíndose. [...] Ao lonxe cantao mozo.)O mozo.- Ela casouse cun vello,

¡non sei que estaba pensando!O vello, funga que funga,toda a noite está roncando.

O vello.- ¡Roncar e fungar...! Sofrir, digo eu...(O vello rosma cousas que non se entenden. Sigue despíndose e, cando se quedaen camisa e vai sacar os pantalóns, sopla a candea e o teatro queda ás escuras.Aprovéitase a escuridade para meter no leito un moneco, idéntico ao vello, e cunhacareta igoal á que el leva posta. O vello agáchase. O mozo volve a cantar dendelonxe.)O mozo.- Dime, casadiña nova,

cómo che vai de casada.—O meu home está moi vello,non me sirve para nada.

(Ábrese a fiestra, pouco a pouco, coma se a empurrasen dende fóra, e o luar vai en-trando no durmidoiro, caendo enriba da cama. Aluméase a escea. Aparece o mo-neco, a durmir, coma se fose o señor Fuco. Na fiestra asómase a Morte, a ollar omoneco, abalando as manxadoiras. O vello, que se agachou, pega un pulo e ponseenriba do moneco. Bótalle as mans á gorxa e forcexea para afogalo. O actor que re-presente o vello imitará os estertores da morte que proveñen do moneco. O mozocanta por terceira vez.)O mozo.- Anque che vexo casada,

eu non che perdo cariño,que vas a quedar viuda,e podo casar contigo.

(Cando «morra» o moneco desaparecerá a Morte que axexaba na fiestra. O vello [...]vírase cara o público e sácase a careta que leva posta, guindando con ela. Entónaparecerá demudado de Morte, véndoselle a caveira que tiña debaixo da careta devello. Fuxe dispois pola esquerda, por diante do telón negro que cerra o cadro destaescea.)

— Indica razoadamente cal é o tema do fragmento.

— Explica o contido de cada unha das partes do texto.

— Observa o texto das acoutacións e comenta razoadamente e con exemplosesta afirmación.

Para Castelao o teatro é unha «arte total».

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |48

rodeira

CANCIÓN DO MOZO ACOUTACIÓNS

............................. .............................

Características• Concíbese o teatro como unha arte total.• Asume as tendencias das vangardas europeas do momento: simbolismo, expresionismo, saudosismo...• Presenta a influencia de dramaturgos como Ibsen ou Maeterlinck.

O teatro das vangardas

AutoresRafael Dieste (1899-1981)

• Obras: A fiestra valdeira (1927), O drama do cabalo de xadrez (1927)• A fiestra valdeira: comedia ambientada nunha vila costeira, con don Miguel, un indiano rico que fora

mariñeiro, como protagonista.Divídese en tres lances: exposición, nó e desenlace.— Primeiro lance: Don Miguel, un indiano rico, encárgalle un retrato seu a un pintor (Antonio). Cando

está rematado, a muller e a filla de don Miguel non aceptan o cadro porque reflicte elementos ma-riñeiros, signo da súa orixe humilde. Propoñen un xardín fidalgo como fondo do cadro.

— Segundo lance: O pintor e os amigos de don Miguel opóñense a este cambio porque amosaría undon Miguel falso.

— Terceiro lance: todos se reconcilian co pasado mariñeiro e recuperan a súa integridade e autentici-dade.

A obra trata as dúas posturas ante a identidade galega: asumila como propia e diferenciada ou rexeitalapor considerala marxinal.Mestura de ambientación naturalista ou costumista con finos apuntamentos psicolóxicos e funciónsimbólica do retrato.

Page 26: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

O vello que quería ver o trenEran de alá da montaña... Dunha desas aldeas de nome bravo e silvestre que repou-san perdidas entre calados cumios. ¡Longa viaxe fixeran —no rexo carro de bois, querinchaba, xemía e daba tombos polos agres camiños montesíos— para lle dar cum-primento ao antollo do vello.

Moito tempo tivera secreto aquel desexo. Un día, coa mimosa cortedade dun nenoque pide unha lambetada posta, como nun altar, nos máis altos andeis do armario, ovello tatexou o seu capricho. El nunca vira o tren. El non quería morrer sen ve-lo tren.A filla e o xenro riron boamente daquela tolería. O pobre vello, non tiña volta, estabaxa un pouquiño lelo. ¡Pasaba a vía tan lonxe! E ademais ¿que demos lle importaba ósseus anos ve-lo tren? En troques o neno púxose da parte do avó. E petou testarudocos zoquiños no chan. ¡Eu quero ve-lo tren! ¡Eu quero ve-lo tren!

Catro reflexións ao vello e catro azoutas ó pícaro e todo quedou en nada pola primeiravez. Pero repetiuse a escena, soubo o cura do conto e, con aquela sorrinte calma doabade experimentado que comprende e transixe, volveu polo avó e o neto. ¡Quediaño! O vello estaba rufo, curado polo sol e o arume dos piñeiros, e non había derendelo moito a viaxe.

Así foi que puxeron no carro un feixe de palla para asento do vello, meteron nun ga-rabelo unha forte merenda, e moi de matinada puxéronse en camiño, deica chegarenó iñorado e apodrecido apeadeiro onde agardan inquedos o miragre.

Coma un estraño rebuldar de gatos brancos —así lle pareceu ó neno—, correu, lonxe,por riba dun pinal, unha fumarada, e un primeiro asubío foise perder nalgunha ermapenedía. Outro máis furente foise espetar no ceo. E outro, imperioso e longo, axiñadenunciou, co tremer da terra, a veciñanza do Non Visto. ¡Alí viña xa o tren, unha riolade monstros ben mandados, co alteiro capitán de ferro ó fronte! ¡Medraba, medraba!

Salaios de condanado, sichos brancos, topadas, trasacordos, e de seguida todo ficouen gran silencio diante dos ollos aglaiados dun labrego vello e dun neno que aqueldía estreara uns zoquiños novos. Foi só un pequeno intre de repouso. Non baixouningún viaxeiro. Case que ningún abicou. Subiron moi á presa nun coche de terceiradúas mulleres atrancadas de cestos, máis torpes canto máis espavoridas polo apre-mio. O tren parecía sufrir a impertinencia das moitas cortesías cando se está apurado.E fuxiu de novo, cheo de indiferencia, como para non se lembrar máis do pobre ape-adeiro apodrecido.

COMENTARIO

rodeiraLiteratura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |

1. Le este fragmento de A fiestra valdeira e indica razoadamente a que lance da obrapertence.Dona Balbina.- ¿Ti queres ou non que lle quiten a fiestra ó cadro?Don Miguel.- Donosiña non me falou de lle quita-la fiestra.Dona Balbina.- (Fuxindo de pleitos.) Supoñamos que non. Fáloche eu. ¡Canto mellor

non quedaría un fondo de xardín fidalgo ou cousa de xeito somellante! Ademaisisa fiestra, véndose as lanchas, o peirán, as redes...

Don Miguel.- Gústanme moito.Dona Balbina.- (Seria, reconcentrada e garimosa.) Porque te-los ollos pechados.

Ninguén, non sendo ti, que si non es rudo es confiado de máis, iñora o que o pintorvén dicindo con isa fiestra.

Don Miguel.- ¿E que vén dicindo?Dona Balbina.- (Reprochadora e cariñenta.) Babián, babián... Vaia dunha vez: vén

dicindo que fuches mariñeiro. Eso é.Don Miguel.- (Asombrado pola dialéctica, pero comprendendo.) ¿E non o fun? ¿Non

o son aínda por dentro?

2. Por parellas, facede unha lectura dramatizada deste fragmento de A fiestra valdeirade Rafael Dieste.Don Miguel.- O único que eu quero pregarlle é que faga ise sagrifizo por un vello

que quer deixar contenta á súa filla, coa seguranza de que o vello non é desagra-decido e sabe responder aos favores alleos con folgura.

Antonio.- Algo mais teño ideia de lle haber dito que vostede esquence agora. Coaenmenda que me propón non soio estragoariamos a unidade do cadro senontamén a unidade espiritoal de vostede. Non sei se me entende. Eu non sei dicir ascousas como é debido.

Don Miguel.- Siga, siga, que algo entendo.Antonio.- Quero dicir o seguinte; ao dar da unidade que é vostede unha versión falsa,

pintando un cadro falso, un cadro que nin sequera é vostede, alá no fondo, querque se pinte, o don Miguel de don Miguel quizais non sofra alteramento –¡que eucoido que si!– pero o don Miguel dos demais sófreo, dinde logo, e perde armuñae gracia para se virar cousa torta e desvinculada.

Don Miguel.- (Con ansiedade) Fale, fale, que poida que niso que vostede está di-cindo haxa algo máis fondo que o capricho dunha filla. (Arrepentíndose) Pero noncoide que cío na miña teima.

Antonio.- A súa teima non é súa. Non é súa, ¿veo ben? Por iso non pode figurar noseu retrato. Sería –quero que me entenda ben– sería o retrato de outro. [...] É odon ninguén ausurdo, tortamente perifolado e desvinculado que a súa filla quixerapara fachendear. [..] Por cariño á súa filla non debe vostede ceder. ¿Pode un paiamostralo seu cariño a unha filla deixándolle o retrato de outro en troques do pro-pio? Un pai quer que, cando morra, lémbreno e síntano perto como era, e noncomo non era, e menos como non quería ser.

— Respondede estas cuestións:

• ¿Que relación hai entre os personaxes?

• ¿Como se manifesta o conflito central da obra neste fragmento?

• ¿Que argumentos empregan os personaxes para defenderen as súas postu-ras?

3. Coa axuda do voso profesor ou profesora, vede A fiestra valdeira de Rafael Dieste.

— Deseguido, establecede un coloquio para expresardes a vosa opinión razoadasobre a obra.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |50

rodeira

Page 27: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

— Quen son os protagonistas? E os personaxes secundarios? Que papeis des-envolven os personaxes secundarios?

— Os personaxes son planos ou redondos? Xustifica a túa resposta.

7. O relato está ambientado en dous lugares. Di cales son e como están caracteri-zados cada un deles.

8. No relato tamén se dá unha contraposición entre o mundo do vello e os que abe-sulla por uns momentos. Responde: Como é cada un deles? Que sentimentos lleprovoca abesullar esoutros mundos? Por que?

9. Desoutros mundos tamén é consciente o neto. Indica se el reacciona igual que oavó e por que.

10. Indica que tipo de narrador hai no relato. Razoa a túa resposta.

• Narrador protagonista.

• Narrador testemuña.

• Narrador omnisciente.

11. O relato comeza e acaba con esta expresión: «o rexo carro de bois, que rinchaba,xemía e daba tombos». Sinala os dous recursos estilísticos que hai nela.

• aliteración e metáfora

• hipérbato e personificación

• aliteración e personificación

— Explica o valor expresivo de cada recurso.

12. Relaciona estoutras expresións tiradas do texto co recurso que presentan.

— Explica o valor expresivo de cada un dos recursos.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro | 53

rodeira

O neto fala moito. ¡Como corría o tren! E non levaba cabalos. E había un neno comael que abicara pola ventaíña. Un neno ben vestido, de cara fina, que tiña nos ollosesa expresión dos ricos nenos das cidades, que andan en tren e viven en casas moialtas. Aquel neno non se asombraba de ir en tren. ¡Que secreta finura había naquelaindiferencia! E tamén ía unha señorita cunha teíña leviá coma as que fan as arañas,cubrindo a face... Unha teíña morada.

O vello fala pouco. Vai satisfeito pero un tanto tristeiro. Naquel mundo que lostregaraun intre diante del, abesullaba moitas cousas endexamais presentidas alá nas altastoxeiras. Había máis mundos có seu. Mundos embruxados, ledos e tentadores. Maisel, xa, malpocado...

De súpeto o rapaciño dixo:

—Eu cando medre tamén hei de andar en tren.

As enrugas do vello teceron unha sombriza tristura.

O rexo carro de bois voltaba rinchando, xemendo e dando tombos para a aldea denome bravo e silvestre perdida entre calados cumios.

Rafael Dieste, Dos arquivos do trasno

ANÁLISE DO CONTIDO E DA FORMA

1. Busca no dicionario o significado das palabras que descoñezas.

2. Indica cal é a estrutura deste relato.

• Redonda.

• Paralelística.

• Circular.

— Sinala a razón.

• Porque comeza e remata practicamente coas mesmas palabras.

• Porque remata de forma diferente a como pensamos.

• Porque o final é sorprendente.

— Explica que efecto pretende conseguir o autor con esta estrutura.

3. Observa as partes do relato e determina o que abrangue cada unha e o contido.

4. Explica cal é o conflito que se presenta no relato.

— Como se resolve a primeira vez?

— E a segunda? Quen axuda na resolución? Por que o fai?

5. Sinala razoadamente cal é o tema do relato.

6. Explica como están caracterizados os personaxes do relato.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |52

rodeira

PARTES ABRANGUE... CONTIDO

Introdución . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Nó . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Desenlace . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

PERSONAXE CARACTERIZACIÓN

O vello . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

O neto . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

A filla . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

O xenro . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

O cura . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

1. Dunha desas aldeas de nome bravo e silvestreque repousan.

2. Calados cumios.

3. Catro reflexións ao vello e catro azoutas ó pícaro.

4. Coma un estraño rebuldar de gatos brancos.

5. Erma penedía.

6. Unha riola de monstros ben mandados.

A. Paralelismo sintáctico.

B. Epíteto.

C. Personificación.

D. Metáfora.

E. Comparación.

F. Personificación.

Page 28: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

13. Amais dos recursos anteriores, hai outras personificacións, comparacións e me-táforas. Tira exemplos e explícaos.

14. No relato alterna a linguaxe culta e a popular. Extrae exemplos de cada unha e ex-plica en que momento e por que se usa cada unha delas.

15. Velaquí os trazos que Dieste consideraba esenciais nun relato.

1. Unha unidade emotiva conséguese no conto pola obsesión do que ten de so-brevir.

2. O remate ha de ter a virtude de facer simultáneas no espírito as imaxes queforon sucesivas.

3. A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonan-cia en todos os recunchos do relato.

4. O remate é unha imaxe que fai estoupa-lo conto nas verbas derradeiras, depoisde inzalo poderosamente.

5. O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todasmergulladas na mesma luz.

— Sinala que trazos se dan neste relato e como.

REDACCIÓN DO COMENTARIO16. Agora redacta o comentario. Sigue esta estrutura: introdución, exposición argu-

mentativa e conclusión.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: o teatro |54

rodeira

Primeiro terzo do século XX

Antoloxía

rodeira

Page 29: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

(31) Toda humilde belleza

Vago xirón de brétema, atavíosoberbio de irta xesta, reidora,fulgurante doíña de rocío(pazo do sol e lágrima da aurora)

raiola de lunar que bica o ríoflor mareliña que entre espiñas chora,ou das redes da a araña un tenue fío,toda humilde belleza me namora.

É un vermiño de luz o amigo carodo meu nume saudoso… Antes reparona nudez adorable dunha estrela

que nas rosas dos vales, que sorríen,que nos mantos dos pinos, que se engríen,que nas blondas do mar, que se rebela.

Antonio Noriega Varela, Do ermo

(56) A brétema

A brétema, ¿tu sabes?, é ceguiña,os piñeirales pouco a pouco explora,i anda sempre descalza, e si se espiña,sangrar, non sangra, pero chorar, chora…

¡Chora copiosamente a pobresiña!,como chorou Jesús, cal chora a aurora,i en maus do sol é cada lagrimiñaderramada, unha estrela briladora…

¡Lagrimiñas preciosas!, recollelasmil veces se me ocurre, pra con elasfacer… (si xa non soño, ¿que eu faría?)

rodeiraLiteratura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |

Page 30: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

son cal rosas cortadas das roseiras,estreliñas ausentes das alturas.

Lembranzas son de lindas pegureiras,de fascinantes, meigas criaturas,que en noites de lunar das Coruxeirasbaixan ó fiandeiro de Cesuras.

A lúa cheia bríndalles raiolas,mentras, solene, as ve camiñar solas,pero entóldase axiña… Coma bruxos.

aparecen arteiros rondadores…Elas cantan, i os bravos aturuxos,turba, a paz dos pinos fungadores.

Antonio Noriega Varela, Do ermo

¡Alma nacional e ardente,canta anque che custe bágoas!¡Teus cantares son semente!

¡Astra que os ladróns enxorden1

entre as cantigas que bicanpon as que feren e morden!

Está cativa a roseira,mais, despois de tanto inverno...¡Galicia ha ter primaveira!

¡Xa sei, xa sei que fan falla moitas fouces, moitos mistose moitos feixes de palla!

¡Axiña esperta Galicia que xa se escupe ós caciques e fai ruxi-la inxusticia!

¡Xa o novo día alumea! ¡Xa a Sociedá dos labregosten choza de seu na aldea!

¡A noite é fría e escurapro, ó fin, o amañecertráenos co sol a quentura!

¡Patriano, o meu rogo escoita! ¡Eu quero un posto á túa beirao roxo día da loita!

Ramón Cabanillas, No desterro (1913)

1enxordar: quedar xordo.

Himno de Acción Gallega

¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!¡Desde Ortegal ó Miñoa folla do fouciñofagamos rebrillar!

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía | 59

rodeira

¿Unha sarta me pides? Lograreina,¡como un rei a quixera pra unha reina!,como nunca se veu na xoiería.

Antonio Noriega Varela, Do ermo

(69) Túa divisa

¿Unha fouce? Mais… ¡non! Túa divisa¡unha cruz sinxeliña!, prenda caraque a Tradición ó Ermo lle legaracoas lágrimas da aurora i a sorrisa.

Mimosa pasión da alma é a pythonisaque á singular Galicia benfadaradoise do sol que morre, non reparana rudeza do déspota que a pisa.

Dun natural piedoso, que eu admiro,¡en presencia da Virxen é un suspiro!,i aínda esmagar un verme lle repuna.

Cos ánxeles das trebas non quer nada,e mellor que asistindo a unha asonada,se alcontra, amouchadiña, onda unha cuna.

Antonio Noriega Varela, Do ermo

(77) Como chove miudiño…

Vagaroso chover… Este zarzalloque alxófares espalla, de mansiño,é bendición de Dios i é un irmauciñodas lágrimas, da brétema e do orballo.

O ceio inda non ten outro agasallomellor pra demostra-lo seu cariñoás froliñas da urce i ás do espiño,i á ramaxe pomposa do carballo.

E Galicia, sin par, onde eu nacera,traio rico presente, quizá esperado irmau sol, rei da luz, unha raiola…

¡Quizá!, pois xa notou a ialma miñaque, si adoita de estar na cruz soliña.ó sentirse feliz, non quere ser sola.

Antonio Noriega Varela, Do ermo

(88) Lembranzas

¡Oh, divina Saudade! compañeirasche eu mostrara, si é certo que as precuras

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |58

rodeira

Page 31: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

durmíase nun leito de douradas areas,recendo de fiúnchos enchía o vento mole as lavercas voaban en circos cara ó sol.E Galahaz trunfante e cheo de lediciaentrou camiño adiante, en terras da Galicia.

Ramón Cabanillas, Na noite estrelecida (1926)

1zarrar: cerrar, atrancar.2baril: dotado de forza física e vigor.3arela: desexo moi forte de algo, anhelo, devezo.

O CARBALLOCando soio, ó serán, vou paseniñocara ó fogar, de volta do traballo,sempre detén meus ollos un carballoergueito nun mallón, sobre o camiño.

Lanzal o tronco, as ponlas alongadas,o follaxe de dosel, forte, senlleiro,ten a medosa traza dun guerreirovixiante de castros e valgadas.

O chegar ó pé na atardecida,da lexendaria edade saudoso,quixérao ver cadeira frerecida

dun rei celta, barbudo, fazañoso,ou soleada, verdecente ermidadun santiño aldeán e miragroso.

Ramón Cabanillas, Da terra asoballada (1917)

U..Jujuuu... (poema futurista)

TerraDuas áas diagonaladas d'azur baten no marSóbor do Atlántico a diastole imensa da razaVapor en todol-os motores do mundoAñudadol-os nosos ñervos á todol-os fíos eléctricosTerra.A Cruña fita ás brétemas d'IrlandaVigo os raña-ceos de Nova YorkGALICIA FOR EVERCRUÑAPuntos de tensión máxima da vidaVIGONudo de todol-os fiosenfiando todal-as vilas do mundoTodal-as aireñas a un tempo a sonarTres pintados de sol furando a terra.no cabo de todol-os paralelosTerraAs flechas das arelas solagadas da AtlántidaÑas nosas espadañas.-onde repican o bautizo dos séculos novosAntenas pra radiografial-os nosos himnos as estrelasTerra

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía | 61

rodeira

Que vexa a vila podre,coveira da canalla,a aldea que traballadisposta pra loitar.

Antes de ser escravos,¡irmáns, irmáns galegos!que corra o sangue a regosdesde a montaña ó mar.

¡Ergámonos sen medo!¡Que o lume da toxeiraenvolva na fogueirao pazo señorial!

Xa o fato de caciquesladróns e herexes fuxeó redentor empuxeda alma rexional!

Antes de ser escravos,¡irmáns, irmáns galegos!que corra o sangue a regosdesde a montaña ó val.

Ramón Cabanillas, Vento mareiro (1915)

Ó romper novo día, a barca milagreiraatracou antre as laxes dunha nova ribeira.Unha brétema escura desfacíase en bágoasno curuto das pedras e no limpo das ágoas,e zarraba1 o camiño á terra de arribada,como forte parede por xigantes labradaó longo da ribeira, impoñente penedosin rubida nin asalto nin buraco segredo.

Galahaz colleu terra levado do seu sino,o corazón escravo dun mandado divino,e mentras desparece o escuro neboeiroe a barquiña se alonxa guiada do luceiro,ollou, dunha raiola de sol dependurada,descer dos outos ceos brilante e longa espadaque abrindo no rochedo unha fonda ferida,ficou nel encravada, deica ó puño afundida.

Á vista do milagro, o baril2 cabaleiroaceso nunha sagra fervenza de romeiroe no peito unha arela3 que maior non podía,que lle acorra e lle vala pregou Santa María.E chegándose á pedra, de ánimo esforzadobotoulle man á espada e cingueuna ó costado.O penedo, a tal intre, foi por medio fendidodeixando aberto e franco un camiño frorido

que corría unha terra verdecente e mimosana que os pinos erguían a súa voz maxestosa,eran groria dos ollos rebrilos dos orballosnas herbiñas das leiras e as follas dos carballos,un río de ágoas limpas, azúes e sereas

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |60

rodeira

Page 32: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

¡Quen dera ser nao senlleiranaquel mar non presentidodas xa mergulladas terras!

Sen ceo, sen astros, sen vento,sempre á toa polas ondasdeitado no esquecimento,

nin andar nin desandar,nin ter outro coido acedoque leixarse ir polo mar...

¡Quen dera ser nao senlleira!Sen fito —estrela nin porto—ser eu a propia ribeira!

¡Quen dera...

Fermín Bouza Brey, Nao senlleira (1933)

VERSOS DO MEU SILENZOOllos na noite pensantesos das estrelas lonxanas,que ennovelados1 nas tebrastráenme a túa lembranza.

Antre o agarimo da lúasalouca o meu corazónque añora a surrisa túa.

Por camiños de luceirosenfondados na distancia,a túa voz sinfonizaos ecos da miña alma.

Estou a pensar en tie nas miñas mans saudosasate o mesmo delor ri.

Baixo a pregaria oxival do zarco2 mar dos teus ollos,afóganse as miñas verbasque van pousar no teu colo.

Tan outo cal un luceiro,porei o meu corazónpra que alume o teu vieiro.

Luís Amado Carballo, Proel (1927)

1ennovelados: velados, cubertos.2zarco: de cor entre azul clara e verde (castelanismo, en galego é gacio ou garzo).

INTENCIÓNSEncheremos as velas

coa luz náufraga da madrugadaPendurando en dous puntos cardinaes

a randeeira esguíado pailebote1 branco

Coas suas mans loiras

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía | 63

rodeira

Folgos de millos de peitosMananBrinco de todal-as vontadesEstralar de todol-os miólosTerraN.S.E.W.TerraChuvia d'estrelasAlboradaLostregoRayos XProfecíaTerraO ceo rachou d'arriba abaixoTerraHIP HIP HIPHURRA

Vicente Risco. Xaneiro, 1920.

MARIÑEIROEra un peixe e ficou presaa tua ollada sangalno aparello do hourizontesin poder ir máis alá.

Pigoreirodas mansas foulasque borracho de lua estás,nos teus ollos debalan os lonxescomo as foulas no horfo areal.

No Stadium do mar abertosintindo a marea ampearganache o Derby do ventoJockey en foulas pur sang.

Mariñeiro,— poeta das ágoas —o teu remo bravo e lanzalescribíu unha estrofa na ríapara un canto de libertá.

Teu corazón ao garetealgún día ancorarásnos portos sentimentaesque treman no teu ollar.

Mariñeiro de ollos viaxeiros— irmandado cô temporal —,o proel ispido da canzón tuano argazo balbo foi aniñar...

Nunha noite de galernaos ventos atoparán,como unha cruz, teu cadavrenas mans viudas do mar.

Luís Amado Carballo, O galo (1928),

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |62

rodeira

Page 33: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Eiquí bebe de incónitoo Mariñeiro Desconecido— sin xeografía nin literatura —A noite dos naufraxosco seu brazo salvavidasaferrará connosco unha vela de chuvascos

O vaso derradeiroestaba cheo de despedidasPolas rúas dispersasíbamonos fechandocada un dentro da súa alta mar

No repouso dalgún vasotódalas noites naufrga o Bar.

Manoel Antonio, De catro a catro (1928)

SÓSFomos ficando sóso Mar, o barco e máis nós.

Roubáronnos o Sol.O paquebote esmaltadoque cosía con liñas de fumeáxiles cadros sin marco.

Roubáronnos o vento.Aquel veleiro que se evadeupola corda floxa do horizonte.

Este oucéano desatracou das costase os ventos da Rosetaourentáronse ó esquenzo.As nosas soedadesveñen de tan lonxe como as horas do reloxe.Pero tamén sabemos a maniobrados navíos que fondeana sotavento dunha singladura.No cuadrante estantío das estrelasficou parada esta hora:O cadavre do Marfixo do barco un cadaleito.

Fume de pipa. Saudade.Noite. Silenzo. Frío.E ficamos nós sóssin o Mar e sin o barconós.

Manuel Antonio, De catro a catro (1928)

ADEUSAntre a calima

traspondo o meu ollaresquivou-se o velamioDeixou-nos a badía

chea d'a sua ausenza

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía | 65

rodeira

acenan mil adeuses as estrelas

Inventaremos frustradas descubertasa barlovento2 dos horizontes

pra acelerar os abolidos corazónsdos nosos veleiros defraudados

Alaremos polo chicote3

dun meridián innumerado Na illa anónima

de cada singladuraesculcaremos o remorso da cidade.

Ela noitamula desfollarácomo unha margarida prostibulariaa Rosa dos Ventos4 do noso corazón

Encadearemos adeuses de escumapra tódalas praias perdidas

Xuntaremos cuadernos en brancoda novela errante do vento

Pescaremos na rede dos atlasronseles de Simbad5

E cazaremos a vela6

sobre o torso rebelde das tormentaspra trincar a escota7 dunha ilusión

Manuel Antonio, De catro a catro (1928)

1pailebote: embarcación de vela con dous paus.2barlovento: lado de onde sopra o vento.3alar o chicote: tirar polas cordas da rede.4Rosa dos Ventos: figura en forma de estrela que sinala as 32 direccións do horizonte.5Simbad: mariñeiro que protagonizaba sete relatos das Mil e unha noites.6cazar a vela: tensar as velas para navegar máis rápido.7trincar a escota: amarrar os cabos que gobernan as velas.

NAVY BAREste bar ten balancesE tamén está listopra se facer á vela

Enchéronnos o vaso con toda a auga do Marpra compor un cocktail de horizontes

Pendurados das horasatlas xeográficos d'esperantosestán sin traduciónE tatexan as pipasco ademán políglota das bandeiras

Ese cantar improvisadoé o mesmoque xa se improvisou nalguresQuen chegou avisándonosdesa cita noiturna que temos co vento ao NEna encrucillada das estrelas apagadas?

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |64

rodeira

Page 34: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Rompéu a súa vida novae os seus relembros perdidos,ai amor!

Rompéu a súa morte fríae a luz crara dos seus picos,ai amor!

Álvaro Cunqueiro, Mar ao norde (1932)

NO NIÑO NOVO DO VENTONo niño novo do ventohai unha pomba doiradameu amigo!Quen poidera namorala.

Canta o luar i o menceren frauta de verde olivo.Quen poidera namoralameu amigo!

Ten ares de frol recentecousas de recén casadameu amigo!Quén poidera namorala.

Tamén ten sombra de sombrai andar primeiro de río.Quen poidera namoralameu amigo!

Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama Ribeira (1933)

O Alveiros tocou o timbre. Oíronse pisadas, oíuse un cerrollo, unha chave e logo o pestillo.

—Faga o favor de pasar e non se quite o sombreiro.

A entrada estaba ás escuras. O home de bata e gorro turco fixo pasar ó Alveiros a un despacho moicuriosiño, á americana cun buró, e enriba del unha lámpada con gran «Abat-jour» verde.

—Sente, faga o favor.

Entón viu o Alveiros que a face de aquel señor era unha caveira que o ollaba cos seus buratos mouros,e a man que lle mostraba o asento era un feixe de ósos da cor dos dentes dun elefante.

—Non me estraña que lle impoña o meu tipo —dixo Dehmel ó ver que se botaba para atrás—. Ténmeque dispensar, pero, xa ve... non tiña outro xeito de me presentar...

Os dous calaron.

—¿Trouxo o escrito? —dixo logo Dehmel para pegar a conversa.

—Velaquí está —respondeu o Alveiros mostrando o seu muíño de man... Tragou cuspe e comezou adicirlle ó outro a maneira como había que facer para conseguir o efecto que procuraba e a historia en-teira do rescrito.

—Paréceme ben —dixo Dehmel— e agora teño que polo a vostede en autos... E non sei como hei defacer para preparalo... ¡Téñolle dado mil voltas! Pero, ó conto... Afellas lle digo que vai vostede a semeter nun mundo que non sospeita seguramente a pesar dos seus estudios, porque é hoxe o día queos homes non se teñen ocupado del... Soamente na Idade Media... Mais a todas estas vostede nonsabe con quen está falando; voulle dicir denantes de nada e tamén como fun encargado desta an-gueira, para a que lle xuro que non tiña eu experiencia nin costume. Eu chámome Roberto Dehmel,son de Dusseldorff; hai 15 anos que vin aquí representando a unha casa de aparatos de óptica; aquívivín e tiven o meu despacho ata hai 5 anos que morrín dunha doenza crónica na gorxa, anque graciasá miña industria, a miña casa, como ve, áchase como cando a deixei para ir ó camposanto, e así é

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía | 67

rodeira

e a mañán sin perspeitiva

Agora en terraarredado de mín mesmo

por un oucéano de singladuraso vento da Ría

vai virando a folla de cada emoción

—O Sol indiferenteSirena augardentosa d'os vapores

Un retrayo de fumen-o rompeolas d'a paisaxe

Os engranaxes d'a gruaesmoen a mañán morna-

Debaixo d'os meus pasosxurde o ronsel d'a Vila natal

Ela c'os seus brazos cheos de sonoteima salvar-me d'un naufraxo antigo

E os meus ouvidos incautosqueren dormir n'o colod'as cantigas vellas

Eu cacheaba todol-os segredosd'as miñas mans baleiras

porque algo foi que se perdeu n'o Mar

alguén que chora dentro de mínpor aquel outro euque se vai n-o veleiro

pra semprecoma un morto

c'o peso eterno de todol-os adeuses.Manuel Antonio, De catro a catro (1928)

No mencer da herba molcaiéu unha estrela viva,ai amor!

Rompéu os ollos albeiroscoma o son da miña amiga,ai amor!

Rompéu os cabelos verdesneve de sal namorada,ai amor!

Rompéu seu ver de ladeiracolor de donda laranxa,ai amor!

Rompéu a súa voz de escumas,segredo de eclipse morna,ai amor!

Rompéu seu andar lixeiroe a mar longa da súa cola,ai amor!

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |66

rodeira

Page 35: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

—Meu fillo, vai ó despacho e descolga aquil mapa grande... Quero vélo dinantes de morrer... —O so-briño ca axuda do señor Pascoal trouxo á alcoba o mapa de Fontán. Pendurárono da parede. Os ollosdo enfermo reviviron. A man figuraba sinalar hourizontes. Unha pura alegría animaba a faciana murchiñae branca. Adrián cunha vela na man ía alumeando os lugares que o vello dicía con voz lonxana: Corme,Laxe, Camariñas, Niñós... Adrián non sabía sempre atopar os sitios. O enfermo falaba:

—Non, á dereita, á esquerda, un pouco ao norte —a vela alumeou longamente o nome e o sitio deCompostela. Adrián lía nomes de montes, de ríos, de pobiños, de ermidas. A luz ía seguindo os tra-zados dos camiños.

Naqueles instantes extraños e fondos figuraban locir no mapa agras marelas de centeo, ermos vestidosde frores de toxo e de piorno, serras penedosas, campanarios barrocos, xente que vai polos sendeirosós muíños e ás feiras, verdeceres de camposantos, fuxir de augas, praias douradas, galgar de ondasnos cons, velas que saen ronseleando a mar, orballeiras sobre os arboredos mestos, rúas de vellas ci-dades, soedades de esquencidos mosteiros.

Adrián sentíase conmovido ata o máis fondo do seu ser. Tremándolle a man foi alumeando todo o ca-miño de Santiago, a terra de Ourense, as dúas aldeíñas xemelas do val onde eles estaban, paróu uninstante como un cirio funeral no nome do pobiño no que morría D. Bernaldo e logo foi percorrendotodo o debuxo das fronteiras e costas de Galicia. Don Bernaldo xa non falaba. Sorría. Grosas bágoasqueimaban as fazulas do Adrián. Tivo que saír á sala e liberar os seus saloucos na fiestra, cara á noite.Logo, atendendo os signos do doente púxolle o crucifixo nas mans. Xa non o afastaba dos beizos.

Chegaba dona María co abade. Un feble suspirar fuxía aixiña do leito. O crego marmulaba as oraciósde agunía. Un rumor como o da derradeira auga dunha fonte que se enxoita. Don Bernaldo morríadocemente, e unha negra sombra corría sobre o mapa de Galicia.

Ramón Otero Pedrayo, Arredor de si (1930) (fragmento)

1galgar: saltar.2cachón: fervenza pequena.3angueira: tarefa, labor, faena.4benzón: bendición.

Leutor:

Certo día fitoume unha vaca. ¿Que coidará de min?, pensei eu; e naquel intre a vaca baixou a testa esigueu comendo na herba. Agora xa sei que a vaca somentes dixo:

—Bo, total un home con anteollos.

E ó mellor eu non son máis que o que coidou a vaca. Velaí a ledicia de pensar que cando a miñacalivera estea ó descuberto xa non poderá xuzgarme ningu-nha vaca.

A morte non me arrepía e o mal que desexo ó meu nemigo é que viva até sobrevivirse.

Eu son dos que estruchan a cara pra apalpa-la propia calivera e non fuxo dos cimeterios endexamais.

Tanto é así que teño un amigo enterrador nun cimeterio de cibdade. Iste meu amigo non é, de certo,amigo meu; é somentes un ouxeto de esperencia, un coelliño de Indias. Un enterrador sabe sempremoitas cousas e cóntaas con humorismo. Un enterrador de cibdade que dispe e descalza ós mortospra surti-las tendas de roupa vella, ten de sere home que lle cómpre a un humorista. Un enterrador quesaca boa soldada co ouro dos dentes das caliveras tiña de sere meu amigo.

Iste enterrador tense por home de ben e cóntame cousas tráxicas que fan rir e cóntame cousas de rirque arrepían, e coas sorpresas da súa conversa fuxen as horas sen decatarme.

Boeno; o conto foi que un día collín o camiño do cimeterio e atopei ó enterrador un pouquiño non seicómo, e dispois de falarmos moito díxome que tiña de contarme en segredo unha cousa, sempre queeu fose home de ben e amigo leal. Eu fiquei un pouco encorado polo medo á sorpresa descoñecidae, dispois de collerme polo ombreiro e arrechegarme os seus beizos podres á miña orella, díxome pa-seniñamente:

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía | 69

rodeira

como podo inda vir a ela cando me peta e esto veume moi ben para o asunto este... Está á súa dis-posición... e pobre como foi o dono... logo verá, pois de aquí a un pedazo imos cear...

—¡Ai eso non! —dixoo Alveiros—. Eu voume; tenme que dispensar, señor Dehmel. Estímollo, ben osabe Deus, pero non podo... Deus llo pague...

—¡Alto aí! —clamou Dehmel pegando na mesa cos ósos da man—. Vostede ten que pasar a noite camiña compaña. Non lle podo volver a liberdade ata romper o día. As ordes que teño non admiten des-culpa. Vostede queda, ou non leva o premio. Agora, vexa o que lle convén mellor.

—E que non sabía esto, meu santo. Arrepase que eu non podo faltar da casa... Xa ve... ¿que vai dicira miña xente?

—Non pase pena. Todo ten compostura neste mundo. E déixese de andrómenas, que os trinta milpesos ben valen que un pase unha mala noite. Non sexa tolo, e faga o que eu lle digo... Mire, no xantarnon se fixe, que inda que eu non coma senón caviar e pan de gluten, para vostede ha de haber doque comen os vivos. E na viaxe tampouco...

—¿Pero hai unha viaxe? ¡Vostede seica quere acabar comigo!

—Non, home, non. Eso non vale nada. O tren non sae ata dar os tres cuartos para as doce. Ás oncee media habemos estar na estación. Inda temos tres horas para que eu lle poida falar de todo...

E Dehmel deulle un cigarro ó Alveiros, acendeu el outro e púxose a fumegar por tódolos buratos dasúa caveira.

—Dicíalle antes que se ía meter vostede nun mundo que os vivos non sospeitan, e élle certo. Poucoou nada saben os homes do que agarda ó espírito atrás da morte, pero aínda menos é o que se sabedo que lle ha pasar ó corpo... Vostede vai ser o primeiro que estando vivo vai ollar de fronte ese mis-terio.

Vicente Risco, Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros (1913) (fragmento)

O gran sol do San Xohan afondía o verde brilar das viñas, dibuxaba en ouro o galgar1 dos piñeiráspolas costas, tremelocía no cachón2 do río. Tempo de espranzas xa calladas, de madureza de prima-veira, de torrón aínda fresqueiro baixo os longos días trunfantes. No pobo da outra banda badelan ascampás. Un istante paran as angueiras3 labregas, e vai correndo polo val a nova: Don Bernaldo estáa morrer. A procisión do viáteco baixa polas canellas do logar. O mordomo do enfermo, o señor Pascoaltan vello como il, vai ca testa núa, cos ollos mollados tocando a campaí-ña. As salas e os corredoresda casa énchense dunha moitedume axionllada. Dona María ten todo dispostiño: brancos panos sobreas mesas, acendidas as lámpadas das imaxes. O día figura máis raiolante, máis fondo e puro o azuldo ceo. Cantan os paxariños como aqueles que están engaiolados na dourada capela do Cristo deOurense.

Cando El señor chegóu á alcoba, todas as facianas se baixaron ó chan, e no silenzo ouvíase o tremardos curazós: o velliño desfeito e caducado, tan pretiño da morte tirouse do leito sin que houbera forzaspra retelo; botáronlle por riba un vello manteo e axionllado no medio da estancia, cos brazos en cruscomulgóu santamente. Dona María choraba nun recuncho. Logo don Bernaldo sentiuse mellor. Ben-diciu longamente a dona María e o Xacobe. Trazóu no aer unha crus ca man enrugada e serea. Aquilabenzón4 voaba coma unha pomba sobre o río e foise pousar na testa murcha da irmá tolleitiña. Candofalóu, foi para preguntar pra preguntar polo Adrián.

Decorreron cerca de dous días calados, fondos, atentos ó máis pequeno movemento do doente. DonaMaría soilo deixaba a casa pra ir un instante a bicar á velliña. Contáballe piadosos enganos. Ata lledixo que don Bernaldo desexaba un dociño de guindas, que había na casa. Dona María fitaba fría edescoñecida ó Xacobe, sin lle dicir palabra.

Anoitecendo o segundo día chegóu Adrián da estación. Viña máis fraco, desfeito da viaxe. A nai, re-fuxiándose no seu peito, chorou por fin bágoas consoadoras. Fuxía a derradeira inquietude da facianado doente e a súa man acariñaba a testa do sobriño axeonllado. Na noite ficaron soilos. Entón o do-ente faloulle ó Adrián:

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |68

rodeira

Page 36: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

—O meu fillo xa non precisa de médicos. Eu xa sei que o coitado non pasa da noite. E váiseme, señor;¡váiseme e non teño ningún retrato seu!

Ai, eu non fora chamado como médico; eu fora chamado como retratista, e no intre sentín ganas ace-das de botarme a rir.

E por verme ceibe de xeira tan macabra díxenlle que unha fotografía era mellor ca un deseño, asegu-reille que de noite poden facerse fotografías, e botando man de moitos razonamentos logrei que Mel-chor largase de min á cata dun fotógrafo. A cousa quedaba arrombada, e funme durmir, con mil ideasensarilladas na chola.

Cando estaba prendendo no sono petaron na miña porta. Era Melchor.

—¡Os fotógrafos din que non teñen magnesio!

E díxomo tremendo de anguria. A face albeira, e os ollos coma dous tetos de carne vermella de tantochorar.

Endexamais fitei a un home tan desfeito pola dor.

Pregaba, pregaba, e collíame as mans, e turraba por min, e o malpocado dicía cousas que me racha-ban as entrañas:

—Considérese, señor. Dous riscos de vostede nun papel e xa poderei ollar sempre a cariña do meuneno. ¡Non me deixe na escuridade, señor!

¡Quen teria corazón para negarse! Collín papel e lápiz, e alá me fun con Melchor, disposto a facer unretrato do rapaz moribundo.

Todo estaba quedo e todo estaba calado. Unha luz cansa alumeaba, en amarelo, dúas facianas arre-piantes que ventaban a morte. O neno era o centro daquela pobreza da materia.

Sen dicir nada senteime a debuxa-lo que ollaban os meus ollos de terra, e soamente ó cabo dalgúntempo conseguín afacerme ó drama que fitaba e aínda esquecelo un pouco, para poder traballar afer-voado, coma un artista. E cando o deseño estaba xa no seu punto a voz de Melchor, agrandada portanto silencio, feriume con estas verbas:

—Pola alma dos seus defuntos, non mo retrate así. ¡Non lle poña esa cara tan encoveirada e tan triste!

Confeso que ó volver á realidade non souben que facer, e púxenme a repasa-las liñas xa feitas do re-trato. O silencio foi esgazado novamente por Melchor:

—Vostede ben sabe como era o meu rapaciño. Faga memoria, señor, e debúxemo rindo.

De súpeto naceume unha grande idea. Rachei o traballo, ensumín o meu ollar nun novo papel brancoe debuxei un neno imaxinario. Inventei un neno moi bonito, moi bonito: un anxo de retábulo barroco,a sorrir.

Entreguei o debuxo e saín fuxindo, e no intre de poñe-lo pé na rúa sentin que choraban dentro dacasa. A morte viñera.

Agora Melchor consólase ollando a miña obra, que está pendurada enriba da cómoda, e sempre dicoa mellor fe do mundo:

—Tiven moitos fillos, pero o máis bonito de todos foi o que me morreu. Velaí está o retrato que nonmente.

Castelao, Retrincos (1934)

2.º ACTOÉ a noite do 7 de nadal de 1483, chove, trona e lostreguea. Sala de entrada e recibo no pazo de Cas-trodouro: â esquerda unha gran fenestra de vidros de cores ô fondo ancha porta que deixa ver o co-rredor en volta que leva ô patio de armas: â dereita unha pequena porta falsa.

O Mariscal -

Dende a Frouseiravin a cabalo, percorrendo os frentesô longo da montana contra o río,baixo o vento e a neve a tarde enteira,

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía | 71

rodeira

—¡Atopei uns papeles nunha caixa…! Nunha caixa que non sei de quen sería. O esquelete tiña na ca-livera un ollo de vidro que me fitaba con senreira.

E o enterrador sacou de a rentes do coiro uns papeles enrugados. O enterrador non sabía ler e doumosa min pra que llos lese. Eran cachos de periódico, papeles de fumar... todos numerados, e no primeirocampaban istas verbas: «Memorias dun esquelete».

Aquela letra era traballosa de ler i estaba feita cun garabullo.

Cando rematei a leutura xa escomenzara o antre fusco e lusco e o enterrador, moi amocado, xurouque se non fose por Deus íñase ó esquelete i escacháballe a calivera cun sacho.

Despedinme dil e cando xa iña pola estrada, camiño da cibdade, oín que me chamaba dende a portado cimeterio.

—¡Oia, veña acó!

E dispois quediño e moi solermiñamente deitoume na orella ista pregunta:

—Vostede, que é médico, ¿non sabería onde mercan ollos de vidro?

E por catro cartos fíxenme dono do ollo de vidro e das memorias.

As memorias do esquelete é o que ides a ler. Escoitade, pois, a un home do outro mundo, pregándovospor adiantado que non me fagades solidario das súas ideas.

Eu nascín, medrei e fíxenme home, e un bo día enfermóuseme un ollo. Fun aos médicos e lambéronmeunha manchada de cartos e no remate de contas o ollo sandar sandou, pero quedoume grolo. Poraquel tempo tiña un galo tan amante que viña comer na miña man. Chamáballe Tenorio.

Un día estando eu agachado cos graos de millo na cunca das maus, veuse cara min, paseniñamente,tripando a terra con aquel de señorón fidalgo. Plántase diante de min, ergue o pescozo pra fitar deperto, cicais bulronamente, aquel meu malfadado ollo grolo e, cavilando que sería cousa de manxar,axeitoume un peteirazo tan ben dirixido que me deixou torto. Agora si, os médicos, dispois de lam-berme outra manchada de cartos, puxéronme un ollo de vidro, tan ben imitado que bulía e todo.

¡A cantas mulleres engaiolei chiscándolles o ollo de vidro…!

Morrín antre cobertores como morren a cotío os bos homes, e ben afeitado e ben peiteado e co meutraxe dos días de festa —que por certo levoumo o enterrador ó día seguinte de enterrarme— fun pradebaixo dos terróns sen que ninguén se lembrase de quitarme o ollo de vidro. [...]

Foi unha noite de luar cando saín da cova por primeira vez. Traballiño custoume desentolle-las pernase cando me erguín e botei a miña cachola fóra da terra, fiquei pasmado... Aquel ollo de vidro que denada me servira na vida sírveme agora pra mirar.

Castelao, Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922) (fragmento)

O RETRATOPor amaina-la conciencia guindei co meu título de médico no fondo dunha gabeta, e busquei outramaneira de me valer. As xentes xa non sabían que eu era dono de tan tremenda licencia oficial; maisunha noite foron requiridos os meus servicios.

Era domingo. Melchor, o taberneiro, agardaba por min ó pé da porta. Deume as boas noites e rompeua chorar, e por entre os saloucos saíanlle as verbas tan estruchadas que soamente logrou dicirme quetiña un fillo a morrer.

O pobre pai turraba por min, e eu deixábame levar, enfeitizado pola súa dor. ¡Despois de todo eu eramédico titulado e non podía negarme! E tiven tan fortes anceios de compracelo que sentín xurdir nosmeus adentros unha grande ciencia...

Cando chegamos á casa de Melchor logrei arriarme das súas mans, e con finxido acoitamento con-feseille que sabía pouco da carreira...

—Repara que hai moitos anos que non visito enfermos.

E entón Melchor, facendo un esforzo, díxome quedamente:

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |70

rodeira

Page 37: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

novas que me deixaron amargoso,cousas de mais altura e de mais monta.

Esta mañán chegóu da Torre Augusta,onde meu sogro de tremor abalae soio ô medo seu vixir axusta,un criado c-un priego no que fala,como un vello que é laiando coitas,de que non xuzga tempo, - anque é xusticia,e ten de ser nosa mais forte arela -de botar de Galiciaos ladrós alleiros de Castela;que as súas penas son moitas (19...)e os seus días contados,e que no-agarde para as nosas loitasnin sua axuda ni-a dos seus soldados.

Non fora o sangue seu, ai! o que correnas veas do meu fillo e de Sabela.E as sombrizas paredes da súa torresaberían quen é Pardo de Cela!

Ramón Cabanillas – Antón Villar Ponte, O Mariscal (1926)

ESCEA III(Un apartamento cunha fiestra lateral. En principio termo unha cortina. Falan Micaela e o portugués.Dispois aparece Don Ramón).

Micaela.- Don Ramón anda toliño por min, e pouco a pouco irá caendo todo canto ten nas miñasmans.

O portugués.- E nas miñas. Non esquezas o trato.

Micaela.- O noso trato é casar dispóis. (Escoitando) Parece que abriron a cancela... ¿Será Don Ramón?

O portugués.- Será o rapaz.

Micaela.- Déixame axexar pola fiestra. (Vai mirar e vólvese alarmada) Ai, ¡nunca Deus me dera! Anda,condenado; agáchate detrás da cortina que velaí vén Don Ramón.

O portugués.- (Poñéndose diante da cortina) A ver si acabas dunha vez e o chimpas fóra deseguida.

Micaela.- Mira que o vello pode facer a nosa felicidade. Déixame a min e ten paciencia, corazón.

(Micaela séntase á beira da fiestra e axiña asoma por alí a figura de Don Ramón).

Don Ramón.- ¿Podo entrar, Micaeliña?

Micaela.- Vostede tolea, Don Ramonciño. ¡Xa ando na boca das xentes pola súa culpa e aínda mequer perder máis! ¿Non lle mandei decir que non viñese hoxe?

Don Ramón.- Non podo deixar de verte.

Micaela.- Pois o que é hoxe ben se podía quedar no pazo e non vir a comprometerme, que unha émoza solteira e a conducta logo se perde.

Don Ramón.- Se a perdes por min, estou disposto a pagala. ¿Ques todo canto teño por ela? Non chepodo ofrecer máis.

Micaela.- Aínda que son probe non me vendo por canto hai no mundo. [...] A min non me importan oshomes. ¡Que os leve a todos xuntos o demo! ¡Que os coma un carrizo!

Don Ramón.- ¿Tamén ques que me leve a min o demo? Pois non pases coidados, Micaela, que nontardará en levarme se sigues despreciándome...

Micaela.- Eu non o desprecio, Don Ramonciño, porque vostede non é coma os demais. ¡Boa proba lledin onte! ¡Boa proba lle din!

Don Ramón.- Total un bico. [.,..] Pois hoxe veño a por outro.

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía | 73

rodeira

e, si o cansazo non, tomóume o frío;mais xa todo pasou.

Don Alfonso -

Señor, termadeben da vosa saúde!O Mariscal -Non tiveraoutra punxente dor que me roerae, por Deus e en verdadeque sin medo poiderabotar fora de min toda inquedade!

Don Alfonso -

Libre e tranquía está toda a bisbarra.Tenme, con todo, a alma cavilosaa retirada estrana e silenzosadas tropas de Mudarra!

Pedro Mir -

Son do mesmo pensar!

O Mariscal -

Conezo abondoo bispo ruín, treidor, de Mondoñedoe sei que alá, no fondodo seu peito, apreixado pol-o medo,pasa os días compondoa negra traza de algún pran segredo.

A hoste castelán está acampadado Masma na riveira,a cousa todo o máis, d-unha xornada,ben en axexo de ocasión doadade asaltar a Frouseiraben agardando novas compañíasde lanzas e arqueirosque, ô fin Mudarra, ô camiñar dos díasdecatóuse que ten ô seu comandouns probes mesnadeirosfeitos â man para ladróns de gando,floxos para trunfar de cabaleiros.

Pedro Mir -

A mesma conta fago.Os peós que fixemos prisioneirosna liorta en redor do Cadramón,xa falaron de lanzas de Santiagoe xinetes de Burgos e León.

Pedro (fillo) -

Endebén! Somos fortese están con nós a honra e o dereito!

O Mariscal -

Cadran nos mozos os altivos portese as falas d-ese xeito,mais compre agora para o empeño nosomedir outras razós e ter en conta

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |72

rodeira

Page 38: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)

Antonio.- Ben, deixémolo aparte... Facendo, digo eu, ise arremedo de cadro, o don Miguel de donMiguel, poida que non se mova do seu ser...

Don Miguel.- ¡Supoño que non! O cadro dicirá o que queira. ¡Non por iso eu vou deixar de ser quen son!

Antonio.- (Seguindo) Pero o don Miguel dos outros, o de Matapitos, o do señor Baldomero, o dasgavotas, o do mar, o do seu nome vivo, ¿coida que non vai padecer nos seus alicerces?

Don Miguel.- Se ises que di saben quen son, non vexo que unha pantasía máis ou menos posta ahíen troques da fiestra, poida muschar pra iles o meu nome... Non, por ahí non me vai faguer cambiarna miña teima.

Antonio.- A súa teima non é súa. Por ahí empezo eu. E por iso non pode pasar ao seu retrato. Seríao retrato de outro ou, mellor dito, de ninguén. Vostede poderá, polo que sexa, pedirme que lle fagao retrato de don Ninguén como se fose o seu; cun fondo dun xardín, o xardín de Ningures, peroeu non podo tomar sobre min isa encomenda. ¿Quer saber por que? Porque lle quero ben.

Don Miguel.- Se me quixera, ¿non cedería, como eu cedín por cariño á miña filla?...

Antonio.- Xa sei, xa sei. ¿Como ía vostede a ceder por outra cousa? Pero ¿non ve tamén que, xus-tamente por cariño á súa filla, non lle está permitido ceder?

Don Miguel.- Sospeito que me estou liando. Imos por partes...

Antonio.- Eiquí non vexo partes.

Don Miguel.- Moi ben. Eu tampouco. O que ela quer é agora o todo para min... O demáis... Candoeu me vaia diste mundo...

Antonio.- Está lonxe ise día, don Miguel. Pero poñámonos no caso. Deixe voalo seu amor máis alá damorte. Veleiquí o pai, o pai disa rapaza que deberá lembralo...

Don Miguel.- É cousa súa.

Antonio.- ¡Non! ¡Hai que axudala dende agora a se lembrar ben de seu pai, i a sentilo e querelo nalembranza como il foi de verdade, e non como non foi nin quería ser!

Don Miguel.- Deixar voa-lo amor máis alá da morte é cousa ruda.

Antonio.- Pero fai vivir. ¡E ver!

Don Miguel.- Estou vendo, estou vendo. Cun pouco máis de pulso xa me parez que podería serpintor. Pero unha cousa é ver, e outra dicir si ou non, cando dicindo non se fire a unha rapaza no-viña, cheia de ilusiós.

Antonio.- A isa rapaza hai que educala.

Don Miguel.- Ter, ten estudios.

Antonio.- Adornos, adornos. Polo demais ela é quen fire ¿ou non?

Don Miguel.- [...] E ben, eiquí antre homes... Eu, certamente, non deixei de me sentir unha miga al-draxado cando isa rapaza...

Antonio.- Non me conte nada. Adeviño.

Rafael Dieste, A fiestra valdeira (1927)

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía | 75

rodeira

Micaela.- ¿De día? ¡Ai, que vergonza! (Tapándose a cara e, logo, descubríndoa) ¿Vostede pensa queeu son unha calquera, Don Ramonciño?

Don Ramón.- Se me das un bico, regáloche outra leira.

Micaela.- Nunca lle din un bico a ningún home, ¡Abofé que vostede levou o primeiro...!, pero eu teñomedo, ¿sabe? Teño medo de perder o sentido e que dispois vostede... que é un raposo... porqueunha tamén é de carne e ten corazón, ¿sabe? [...] Agora non llo dou. Agora non. Teño moita ver-gonza.

Don Ramón.- ¿E logo...? ¿Cando...?

Micaela.- Esta noite, á saída do baile. [...] E non se esqueza do ofrecido, porque unha é probe e nonquixera andar a pedir cando chegue á vellez.

Don Ramón.- ¡Quen sabe se todo canto teño será para ti!

Micaela.- Agora váiase, si, Don Ramonciño, que hoxe é domingo de Antroido e pode velo a xente edispois todas son faladurías.

Don Ramón.- Si, muller si, a xente deiquí é moi ruín. Xa me vou, e deica a noite, Micaeliña.

Micaela.- Vaia con coidadiño e xa sabe no que quedamos.

Don Ramón.- Adeus logo.

Micaela.- Adeus, ¿si?

(Vaise don Ramón, e Micaela queda un bocadiño na fiestra. O portugués sae da cortina).

Micaela.- (Volvéndose cara ó seu amante) Non te queixarás de min.

O portugués.- O que é a ese vello pódeslle arramplar con todo canto ten, e dispois nós... Ja, ja, ja.¡Non o traballas mal, non, abofé!

Micaela.- Todo esto fágoo por ti, ¡ladrón!

O portugués.- Cada bico unha leira... ¡non está mal! Pois o que é polos que me deches a min pódesllepedir o pazo.

Micaela.- (Abrazándoo) ¡Meu lacazán!

O portugués.- (Abrazando a Micaela) Meu repoliño. [...]

(O pano cai a modo, para mudar o cadro).

Castelao, Os vellos non deben de namorarse (1941)

[Vila mariñeira. Casa de Don Miguel, un indiano rico. Este fala con Antonio, un pintor novo que lle faiun retrato. Don Miguel quere, presionado pola súa filla, substituír a escena mariñeira que se ve polafiestra do fondo cadro por un xardíns]

Antonio.- (Serio pero con cordialidade) ¿Como lle vai, don Miguel? Non sei se adeviño para o que mechama...

Don Miguel.- Co que xa lle falei o outro día, pódese adeviña-lo principal.

Antonio.- Ah, xa entendo. Non é para segui-la nosa obra sen desvia-lo rumbo... Anublóuseme a poucaespranza que traguía. ¿E cal é entón a novedade?

Don Miguel.- Sempre se poden volver a considerar mellor as cousas... Non pense que non cavileiben no que me dixo. Si, ben sei que para un artista sinceiro como vostede ten que sinificar sagrifizo–non digo traballo nin dificultade: sagrifizo– poñer man nun cadro para estrangoar a súa unidade,como vostedes din. Pero ao mellor con algúns dises toques que o artista sabe... En fin, eu disonon entendo. Somente se pregarlle... Eu non son máis que un vello que quer deixar contenta á súafilla.

Antonio.- Por favor, don Miguel, lémbrese ben. Si lle falei da unidade do cadro, foi pra me referir á devostede...

Don Miguel.- Algo recordo, si. Pintando un falso cadro, mintireiro...

Antonio.- Un cadro que nin sequera vostede, alá no fondo, quer que se pinte...

Don Miguel.- ¡Dixemos iso aparte!

Literatura | Caderno de actividades | Primeiro terzo do século XX: antoloxía |74

rodeira

Page 39: Caderno de Literatura Galega. 1º TERZO (Séc. XX)