Cada folla do MTN recibe o nome do municipio máis...

3
Cada folla do MTN recibe o nome do municipio máis poboado que aparece cartografiado e ademais ten un número que o identifica no conxunto do territorio español. A análise e estudo do mapa topográfico é fundamental para a investigación de calquera territorio e para realizar saídas de campo. Tamén se se analiza a mesma folla do MTN publicada en diferentes anos, pódense observar os cambios e transformacións que se foron producindo no territorio. O comentario dun mapa topográfico Para realizar o comentario dun mapa topográfico pódense seguir os seguintes pasos: 1. Observación e lectura 1.1 Título do mapa. Adóitase referir ao núcleo de poboación máis importante que aparece representado. Tamén se observará o número de folla e a data de edición. Comentar un mapa topográfico e elaborar un perfil A cartografía é a disciplina que se encarga da elaboración de mapas. Para a Xeografía os mapas son indispensables, xa que a través deles se pode representar e analizar o espazo xeográfico. As representacións cartográficas permiten reflicter o territorio en dúas dimensións: utilizando un sistema de proxección cartográfica e unha escala. Existen dous grandes tipos de mapas, os mapas básicos ou topográficos e os temáticos. O mapa topográfico é un documento onde se representan con gran detalle os aspectos físicos (relevo, hidrografía, vexetación) e humanos (usos do solo, hábitat, toponimia) máis destacados dun territorio. O Instituto Xeográfico Nacional (IXN) é o encargado da elaboración e actualización do Mapa Topográfico Nacional (MTN). A serie principal, orixe de todas as demais, é o Mapa Topográfico Nacional a escala 1:25.000 (MTN25) que constitúe por lei, xunto co Mapa Topográfico Nacional a escala 1:50.000 (MTN50), a Cartografía Básica Oficial do Estado. Trátase, polo tanto, do mapa básico máis importante para o estudo do territorio español. A súa produción lévase a cabo por procesos íntegramente informatizados, e na actualidade publícase tanto en soporte papel como dixital. Por último, a elaboración de perfís topográficos permite representar a terceira dimensión do espazo, a altitude, polo que é de grande interese para a análise xeográfica.

Transcript of Cada folla do MTN recibe o nome do municipio máis...

Cada folla do MTN recibe o nome do municipio máis poboado que aparece cartografiado e ademaisten un número que o identifica no conxunto do territorio español.

A análise e estudo do mapa topográfico é fundamental para a investigación de calquera territorio epara realizar saídas de campo. Tamén se se analiza a mesma folla do MTN publicada en diferentesanos, pódense observar os cambios e transformacións que se foron producindo no territorio.

O comentario dun mapa topográfico

Para realizar o comentario dun mapa topográfico pódense seguir os seguintes pasos:

1. Observación e lectura

1.1 Título do mapa. Adóitase referir ao núcleo de poboación máis importante que aparece representado.Tamén se observará o número de folla e a data de edición.

Comentar un mapa topográfico e elaborar un perfil

A cartografía é a disciplina que se encarga da elaboración de mapas. Para a Xeografía os mapas son indispensables, xa que a través deles se pode representar e analizar o espazo xeográfico. As representacións cartográficas permiten reflicter o territorio en dúas dimensións: utilizando un sistema de proxección cartográfica e unha escala. Existen dous grandes tipos de mapas, os mapas básicos ou topográficos e os temáticos.

O mapa topográfico é un documento onde se representan con gran detalle os aspectos físicos (relevo, hidrografía, vexetación) e humanos (usos do solo, hábitat, toponimia) máis destacados dun territorio. O Instituto Xeográfico Nacional (IXN) é o encargado da elaboración e actualización do Mapa Topográfico Nacional (MTN). A serie principal, orixe de todas as demais, é o Mapa Topográfico Nacional a escala 1:25.000 (MTN25) que constitúe por lei, xunto co Mapa Topográfico Nacional a escala 1:50.000 (MTN50), a Cartografía Básica Oficial do Estado. Trátase, polo tanto, do mapa básico máis importante para o estudo do territorio español. A súa produción lévase a cabo por procesos íntegramente informatizados, e na actualidade publícase tanto en soporte papel como dixital. Por último, a elaboración de perfís topográficos permite representar a terceira dimensión do espazo, a altitude, polo que é de grande interese para a análise xeográfica.

1.2 Escala do mapa e proxección utilizada. Hai que mirar se a escala do mapa é 1:50.000 ondeaparecerá máis territorio cartografiado pero con menor detalle, ou 1:25.000 en que o espazo representadoserá menor, pero terá maior detalle. A proxección utilizada polo IXN é unha proxección cilíndrica(Universal Transversa de Mercator).

1.3 Coordenadas xeográficas. Nas follas aparece a lonxitude e latitude das zonas cartografiadas.

1.4 Lenda do mapa. É esencial para poder, en primeiro lugar, comprender o mapa e, despois, para saberexplicalo.

2. Descrición

Débese centrar na información que subministra o mapa. Para facilitar a descrición podemos analizar osdistintos elementos da seguinte forma:

2.1 Elementos do medio físico:

- O relevo aparece representado de diversas formas segundo o tipo de mapa utilizado. Tradiconalmenteutilizáronse as curvas de nivel, que son as liñas continuas que unen os puntos situados á mesma altitude.Canto máis xuntas estean, maior será a pendente do terreo. As curvas trázanse de 10 en 10 metros ou de20 en 20 segundo a escala do mapa. Cada 50 metros, no primeiro caso, ou 100 no segundo, a curva denivel será de maior grosor e indicará a cota ou altitude (esta curva denomínase mestra).

- A hidrografía: decribiranse as augas (mariñas e continentais) que aparezan no mapa e establecerase asúa relación cos asentamentos humanos, as distintas actividades económicas, a maneira de aproveitar esesrecursos, etc.- A vexetación adoita aparecer de cor verde e con diferentes símbolos. Débese relacionar co relevo, oclima, as augas e coa actividade humana.

2.2 Elementos humanos:

- O poboamento, é dicir como se distribúen as persoas no territorio. Analizaranse as formas que adopta opoboamento así como a súa relación co medio natural, etc.

- Os diferentes usos do solo: actividades do sector primario (agricultura, gandería, pesca ou explotaciónforestal), secundario (industria e construción) ou terciario (transportes con especial atención ásinfraestruturas de comunicación, diferentes tipos de servizos, etc.).- As vías de comunicación: os principais tipos e as súas características.

2.3 Toponimia: Os nomes dos lugares poden dar unha gran cantidade de información sobre ascaracterísticas do territorio (tipo de relevo, vexetación ou material dominante, abundancia ou ausencia deauga, etc.) e, tamén, sobre as actividades económicas que se desenvolveron no pasado, así como as queexisten na actualidade.

3. Explicación

É o momento de poñer en relación o que se obsrevou e describiu cos coñecementos que se teñen sobre otema, co obxectivo de realizar unha interpretación correcta do mapa. Hai que definir os conceptosxeográficos esenciais, relacionar diferentes datos, buscar as causas que poidan explicar os principaisfenómenos e a súa distribución espacial, sinalar posibles consecuencias e establecer comparacións con outrasáreas xeográficas. Tamén se poden analizar problemas relacionados coas variables, así como a súa posibleevolución no futuro.

4. Conclusión

Mencionaranse os aspectos máis importantes do tema ou temas representados nun breve resumo. Tamén sepode achegar a opinión persoal, sempre que estea ben xustificada e explicada con precisión.

■ P r o p o s t a d e t r a b a l l o

1. Busca a folla máis actualizada do mapa topográfico a escala 1:50.000 do lugar onde vives ou dun lugar próximo, e realiza un comentario do mapa, seguindo os puntos que se propuxeron anteriormente.A folla do mapa topográfico pódela atopar na web do Instituto Xeográfico Nacional: www.ign.es, entrando en Cartoteca, despois en Mapas topográficos e finalmente sinalando a opción Mapas MTN-50 – MTN25. Por último escribes o nome do lugar e accedes ao mapa.

2. Sinala dous puntos no mapa da actividade anterior, e realiza un perfitl topográfico utilizando a ferramenta “heywhatsthat” que podes atopar na seguinte web: www.heywhatsthat.com/profiler.html

3. Compara a folla do mapa topográfico, utilizada nas outras actividades, con outras follas do mesmo lugarque se publicasen en diferentes datas. Se non existen, busca unha mesma folla publicada en varias datas, por exemplo Benidorm 1938, 1952 e 2003. Que cambios importantes observas?