C.- A RELIXIÓN ISLÁMICA (páx.21) Sabías que? C.1.- A... · libro sagrado dos musulmáns, que...
-
Upload
nguyenthuy -
Category
Documents
-
view
214 -
download
0
Transcript of C.- A RELIXIÓN ISLÁMICA (páx.21) Sabías que? C.1.- A... · libro sagrado dos musulmáns, que...
C.- A RELIXIÓN ISLÁMICA (páx.21)
C.1.- Que é o Corán? Que importancia ten para os musulmáns?
Sabías que...?O Corán literalmente significa “a recitación”, é o libro sagrado dos musulmáns, que consideran que é a verdadeira palabra de Deus, en lingua árabe. Pensando nos crentes que non coñecen dita lingua foi traducido a moitos idiomas, pero eses libros non son considerados como un verdadeiro Corán.
C.2.- Copia e completa o esquema dos “piares” da relixión islámica.
Baseado en
Un único Deus:Un profeta:Un libro sagrado:
Obrigas
1:2:3:4:5:
Prohibe
1:2:3:4:
Autoridades
O califa é:O imán é:O ulema é:O cadí é:
O ISLAM
Permite
1:
Sabías que...?Os primeiros Califas foron escollidos entre os discípulos máis próximos a Mahoma. Convertéronse na máxima autoridade entre os musulmáns pois, ademais do poder relixioso, exercían tamén o poder político e militar.
O cadís son elixidos entre os musulmáns máis devotos para aplicar a xustiza seguindo as normas do Corán.
C.3.- Que é a Kaaba? Por que é importante para os musulmáns?
No centro da Gran Mesquita, na Meca, está situada a Kaaba, o lugar máis sagrado da relixión musulmá. É un monumento cúbico cuberto por un velo negro, nunha das súas esquinas exteriores atópase unha pedra basáltica negra. Considérase a morada de Deus na Terra.
C.4.- Que son as mesquitas? Indica o nome das súas partes principais e a súa función.
Sabías que...A arquitectura musulmá fai uso de materiais pobres, como o ladrillo, o xeso ou a madeira. Sen embargo non dá sensación de pobreza porque utiliza unha profusa decoración con mármores, mosaicos, azulexos ou pinturas. Como a representación da figura humana ou animal está prohibida, os motivos decorativos son vexetais, figuras xeométricas entrelazadas e inscricións.