Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña

4
ÓRGANO DE DIFUSIÓN DA CGT CORREOS –A CORUÑA Correos ven de facer unha ofensiva campaña publicitaria, cuns eslogans que ocultan as condicións de traballo e as irregularidades que se comenten nas unidades a diario, e a falta de respeto coa que Correos, por medio de xefaturas, servicios médicos etc… adoita tratar a persoal e cidadanía. Convidámosvos a ver esos vídeos e os comentar por medio de#CorreosMaltrata Aproveitamos para propor outras frases que ben poderían encaixar nesa campaña: Neste número falamos tamén... anuncios, denuncias, contrata- ción, bolsas, salarios...

Transcript of Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña

Page 1: Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña

Ó R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A

Correos ven de facer unha ofensiva campaña publicitaria, cuns eslogans que ocultan as condicións de traballo e as irregularidades que se comenten nas unidades a diario, e a falta de respeto coa que Correos, por medio de xefaturas, servicios médicos etc… adoita

tratar a persoal e cidadanía. Convidámosvos a ver esos vídeos e os comentar por medio de#CorreosMaltrata

Aproveitamos para pro por outras frases que b en pod er ían enca ixar nesa campaña:

Neste número falamos tamén...

anuncios, denuncias, contrata-

ción, bolsas, salarios...

Page 2: Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña

Vin o primeiro dos novos anuncios de Correos na tv de raspallón e non lle prestei moita atención, xa o segundo deixoume coa boca aberta. E logo xa os vin todos do tirón no youtube. Despois de ver o último levábame ou demo.

Si, macho. Volvérono a facer... os moi c...ocinillas

Outra macrocampaña publ ic itaria, pretendidamente informal e graciosa,e sobre todo, artística. Outra macrocampaña casposa e seguramente moi cara. Outra macrocampaña para enmascarar a realidade, para encubrir os recortes, as recargas, as trampas, as presións..

Outra labazada na cara, outra vez que Correos insúltate e se rise de ti. Tento buscar o látego da indiferenza para fustigarme a ver se me pasa pero non o atopo..

Volvo ver os anuncios no youtube.. Si, macho. Eu tamén teño big data

Outra labazada na cara, agora Conchi a do quinto quererá que lle entregue os paquetes sen autorización nin nada e con razón, porque o viu na tele, e o que sae pola tele é verdade.

Estanme a insultar. Claro que non teño vision de raios-x! pero é que tampouco teño superforza nin supervelocidade, nin son inmune ás doenzas como deben pensar na empresa

Rinse de min, de nos. Eu tamén quero ter unha vida, ir a Graná e aprender a bailar flamenco.. pero non podo, MALDICIÓN!!!. Talvez chámenme das bolsas para traballar uns dias se non hai idone@s dispoñibles

Para Correos non o sei, para min: #algomuynuestro: autoxestión, autodefensa solidaridade, apoio mutuo, loita de clases...

Fagamos nosa propia macrocampaña:

# c o m o e n C o r r e o s , # p e r d e r e l m i e d o #algomuynuestro

Logo de numerosas denuncias de CGT e sancións, e logo de que -no mes de Agosto de 2017-, a inspección de traballo instara logo dunha nova denuncia nosa a Correos a abrir “inmediatamente” a negociación das bolsas, por fin comezou ese proceso. Para comezar queremos destacar o feito de que a CGT foi, excluída, desta negociación. Correos e os sindicatos pasteleiros non queren testemuñas. Este grave feito atenta gravemente contra liberdade sindical, pois non debemos esquencer que CGT ten unha representabilidade do 12% estatal, isto e, unha de cada 8 persoas de Corres e votante da CGT, e as propostas e sensibilidades de esta importante porcentaxe quedaron fora de esta mesa. Acudiremos aos tribunais posto que entendemos que o pacto que saia de es mesa será ilegal.

A CGT foi excluída e ¿as nosas reivindicacións non foron escoitadas?, entre elas:

B u z ó n R eb e l d e 2 0

Unha nova burla: Formalízanse milleiros de contratos precarios por 12 meses a poucos días de abrir as bolsas.

A CGT ven de denunciar este feito, pois entendemos que é unha burda manobra para contratar a persoas sen necesidade de pasar pola selección que require a contratación no sector público. Unha vez máis, e desta volta de xeito aínda mais grave, Correos saca do peto criterios que non foron negociados nin publicados en ningures para contratar de forma opaca a persoas de fora de bolsas.

Correos, ademais, afirma que ten en conta os resultados da última proba de consolidación. Como é posible isto se eses resultados non foron publicas? Existe algún tipo de listado ordenado dos resultados? Que nos (e vos) saibamos, non. Co cal a transparencia imprescindible en calquera proceso de selección pública, unha vez máis, desaparecida.

Para completar todo isto temos que ter en conta que desde o punto de vista de CGT estes contratos poden resultar , incluso, fraudulentos. Estes foron confeccionados “por obra e servizo”, cando, en realidade, teñen como obxectivo levar adiante unha necesidade estrutural.

Desde a CGT queremos se creen prazas estables a xornada completa, unha vez que se está a demostrar que a eliminación da quenda de tarde fixa é unha auténtica chapuza!

Page 3: Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña

B u z ó n R eb e l d e 2 0

Recentemente tivemos distintas novas a través da prensa das estratexias coas que Correos afronta o seu futuro inmediato, e estas deixan en evidencia unha deriva mercantilista rumbo ao d e s m a n t a l e m e n t o e á privatización.

Por unha banda, celebramos o

cacarexado acordo comercial con amazon e wallapop que afianzará a wallapop e, din que, tamén a Correos no puxante sector do e-commerce (si, “commerce” é “comercio”) e celebramos moito produtos como os innovadores paqCastaña ou paqMochila, que responden a unha histórica demanda social

(?) e son produtos rendibles que garanten o noso futuro e o futuro da nosa familia. Énchenos de orgullo e satisfacción repartir o paqCastaña e o paqMochila, situar así á zona 1 na vangarda do emprendemento e encher os petos dos seus xestores, pois

claro que si wapi.. pero aspiramos a algo mais

Por outra banda, lamentamos e moito noticias como as que nos chegan desde Valencia, estoutras mais polo bajini. Alí, o goberno da Generalitat valenciana abrirá un proceso de licitación por 2 anos prorrogables a un terceiro, para a prestación dos servizos postais. Segundo informa o propio goberno e asi recollen diversos medios a SE Correos, actual adxudicataria do mesmo, "non estivo interesada no seu prorroga debido á obrigación imposta pola nova regulación do procedemento administrativo que obriga a realizar as notificacións

administrativas en quenda de tarde". A-lu-ci-nan-te

Segundo as mesmas fontes o prezo estimado desta licitación superaría os 25 millóns de euros.

Noutras palabras, esta ocasión perdida suporía para Correos un futuro inmediato ligado ao sector publico, cuantiosos ingresos e unha porta aberta á creación de emprego

É evidente que estas non son as bases sobre as que queremos construír o futuro da empresa, afastadas do servizo publico e a atención á cidadanía, a mercede dos caprichos do mercado e as ideas do iluminatti de turno.

Desde CGT defendemos o servizo postal publico e esiximos que sexa prioridade en Correos desde xa.

Difunde a idea!

Correos renuncia a un contrato público por non querer contratar persoal.

Recoñecemento da antigüidade TOTAL na empresa, non só dos últimos

Transparencia, que calquera persoa poida facer un control sobre a contratación, o seu lugar na lista en calquera momento e, así, poder levar a cabo unha previsión da súa contratación

Que todas as persoas que estaban na anterior bolsa pasen automaticamente á nova. O convenio afirma que formar parte da bolsa de traballo en vigor terá un valor específico no baremo de puntos das probas de consolidación.

Contratación a xornada completa, basta de crear traballadores/as pobres con salarios de 300 a 600 euros.

Non puntuación dos cursos porque estes non se lles ofereceu a todo o persoal (desde a empresa ofrecéuselle

unicamente ás persoas en activo e desde os sindicatos do convenio unicamente á súa afiliación) e, por tanto, xera desigualdades irregulares na contratación pública.

Nova definición das “bolsas colindantes” e o proceso para cubrir ausencias cando non exista persoal nas bolsas, superando o sistema de “idóneos” propiciador de enchufismo en Correos nos últimos anos. En caso de non existir candidatxs Correos dirixirase ao servizo público de emprego, non ao libro de familia nin ao carné sindical.

Eliminación das Avaliacións Negativas, basta de fórmulas que manteñen en período de proba permanente ao colectivo eventual baixo a ameaza de decaemento das bolsas.

Reforma do sistema de rotacións e posibilidade de indicar a non dispoñibilidade temporal sen xustificación.

Seguiremos investigando e denunciando ás persoas, e organizacións responsables e cómplices de que non se abriron as bolsas nestes últimos anos, feito que propiciou a formalización de milleiros de contratos a persoas sen ningún tipo de convocatoria coñecida, pública e moito menos transparente.

Page 4: Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña

Buzón Rebelde 20

O derradeiro 26 de outubro Correos volveu a dar que falar nas redes sociais.

Baixo o hagstag #CorreosMaltrata novamente o tweeter serviu de plataforma para que a cidadanía mais o persoal da empresa puxera de manifesto o seu malestar ca situación actual pola que atravesa a sociedade estatal,

Novamente, as deficiencias no servizo postal e a precarización das condicións laborais volveron ser trending topic a pesares das custosas campañas publicitarias de lavado de imaxe

¿Onde vai o Concurso Permanente de traslados?

As mobilizacións contra os recargos continúan.

As folgas indefinidas parciais que están a ter lugar en mais de 30 distritos de Madrid,

esténdese coma a pólvora e chegan tamén a Catalunya.

En L´Hospitalet de Llobregat @s traballador@s acaban de sumarse a esta exitosa estratexia na defensa das suas condiciones laborais e

pola calidade do servizo

Cobraremos en Outubro. E os sindicatos amarelos xa están a se sentar con Montoro para negociar outros insuficientes 2% (aprox) anuais até 2020.

Outra esmola en camiño: ¿7% en 3 anos?

Sabemos, polos medios de comunicación, que Montoro e os pseudosindicatos están a negociar un “aumento” de salario de, aproximadamente, un 7% en tres anos.

Desde a CGT vemos total e claramente insuficiente esta cantidade que se está a negociar.

Lembramos qu para recuperar o poder adquisitivo de tiñamos fai 10 anos (ou sexa, para cobrar o mesmo) teríamos que aumentar o noso salario en torno a un 25%.

Ademais pretenden que esta subida se vincule non as presos (IPC) senón ao IBEX (PIB)