Búsola nº 5

54
BúSOLA

description

Este é o número 5 correspondente ao ano 2009 que a Casa da Cultura do Concello do Valadouro vos presenta con moita ilusión e orgullo. Seguimos facendo unha clara aposta pola cultura galega cunha vocación universal, aberta a tódolos formatos de expresión e priorizado hacia os novos valores. Seguimos elevando a tiraxe física,en parte gazas ao patrocinio da Deputación de Lugo na súa Área de Cultura

Transcript of Búsola nº 5

Page 1: Búsola nº 5

BúSOLA

0003091-BUSOLA potada:Maquetación 1 15/01/10 18:28 Página 1

Page 2: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA potada:Maquetación 1 15/01/10 18:28 Página 2

Page 3: Búsola nº 5

busola.qxp:Maquetación 1 15/01/10 18:26 Página 2

Page 4: Búsola nº 5

quen

nº 4proxecto Búsola

www.busola.net

Dirección

Suso Rubio

Lingua

Isaac Ferreira

Colaboracións

Inés Liste

Isaac González

Saúl Rivas

Web

Patricia Saco

[email protected]

Ilustracións

Nuria Díaz

Capa

Hector Francesch

Deseño

Miguel Alonso

Impresión

Tórculo Artes Gráficas S.A.

Edita

Casa da Cultura do

Concello do Valadouro.

Rúa Feira Nova 1.

Ferreira do Valadouro.

CP. 27770 LUGO

Tfno. 982 571 516

Fax 982 574 036

DL: LU-332-05

ISSN: 1886-6131

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 18:27 Página 2

Page 5: Búsola nº 5

Héctor FranceshILUSTRADOR

Nace na Coruña no ano 1977. Empeza amanchar papeis alá polo ano 1998, ó mesmotempo comeza estudos de Socioloxía naUniversidade da Coruña e máis tardede Publicidade. No ano 2002 abandona a escolade publicidade para adicarse integramenteá pintura.

De formación autodidacta, realiza exposiciónsindividuais e colectivas que o levan por distintascidades e países, A Coruña, Vigo, Madrid,Barcelona, Alemaña, Australia, Portugal e USA.No ano 2006 establécese unha temporadaen Barcelona traballando como artista invitadonun estudio do Centro de Arte ContemporáneoPiramidón; desde ese momento a súa relacióncoa cidade catalana é cada vez máis intensa. Ennovembro de 2009 realiza a súa segundaexposición individual en BCN da man daGalería Hartmann.

Paralelamente á Pintura, traballa coa Serigrafíae o Deseño Gráfico. Actualmente traballa no seuestudio da Coruña e viaxa alá por onde vai a súa

obra.

Débora CamposXORNALISTA E PROFESORA

Xornalista e profesora na Facultade de CienciasSociais da Universidade de Buenos Aires (UBA).Naceu no hospital do Centro Galego de BosAires no ano 1973. Formouse na UBA e naescola de xornalistas TEA, e empezou a traballarnos xornais arxentinos Clarín, Página/12, El Díae nas revistas Noticias, Veintitrés e Mercado,entre outras. Pertence ao Foro de PeriodismoArgentino (FOPEA) e é editora de informaciónpolítica do xornal El Argentino, así comointegrante do Centro de Investigacións RamónSuárez Picallo. Xunto coa licenciada en LetrasAndrea Cobas Carral, coordina o ciclo LectoresGalegos en Buenos Aires (Café Tortoni, daAvenida de Mayo). En Galicia foi columnista doDiario Cultural da Radio Galega e agora o é doxornal A Nosa Terra. Colabora en diversosmedios de comunicación, é autora do blog Fíos

Invisibles.

Diana Mandiá

ESCRITORA

Diana foi afeccionada á lectura dende moi noviñae esa inxente absorción literaria levouna ácreación e o recoñecemento coleccionando todaclase de distincións literarias. Podemos destacaro 1º Premio do X Certame de Relatos CurtosTrapero Pardo en 2004, 2005 e 2006, unhamención especial no XV Certame de Contos Vilade Pontedeume, o 4º premio da campaña “EntreNós, En Galego”, o 1º premio no VI CertameLiterario Concello de Ourol, etc.

A vocación escritora de Diana Mandiácanalizouse nuns estudos de Xornalismo querematará este curso na USC; e albíscase unhagran profesional, como xa se reflicte nos artigosque publicou no prestixioso xornal El País,

onde estivo a facer prácticas este ano 2009.

Jerónimo PiñeiroILUSTRADOR

Despois de obter unha mención no certame denovos creadores GZCrea da Dirección Xeral deXuventude e Solidariedade na modalidade debanda deseñada, acada o segundo premio naedición do 2007 e un terceiro premio na do ano2008. No 2007 obtivo o máximo galardón no IIICertame de BD da OMIX Valadouro. Participoucomo debuxante en sendas historias curtas nostomos 1, 2 e 3 da colección “Historias de Galiza”(Ed. Difusora de Letras, Artes e Ideas), con guiónde Carlos Rafael. Na actualidade colaboraesporadicamente na revista de humor Retranca eestuda un master en Animación 3-D e Cine

Dixital en Madrid.

5

Estíbaliz EspinosaESCRITORANaceu humana. Dedícase principalmente á es-crita. Así mesmo, é cantante de jazz/lírico, profe-sora nun centro de publicidade e,ocasionalmente, actriz de teatro. Ten publicadoos libros de poemas Pan [libro de ler e desler], -orama, número e, e recentemente Zoommm. Tex-tos biónicos [Xerais], que tamén presenta unhaversión descargable na rede. Interésanlle o pers-pectivismo e a mutación de internet e leva variosblogs dende o 2005, entre eles ...mmmm...[www.estibalizes.wordpress.com]. Obtivo algúnspremios, poéticos e narrativos. É aficionada áciencia-ficción, a cosmoloxía, a filosofía... B+ para un xaponés. Tigre para un chinés

María LoureiroPROFESORAProfesora de Tecnoloxía enEducación Secundaria.IES Primeiro de Marzo. Baiona.

Bea LorenzoESCRITORA

Naceu en Ourense en 1982 aínda que residedende hai algúns anos en Madrid. Licenciouse enDereito (2005) e en Xornalismo (2007), ten tra-ballado na banca e colabora con prensa econó-mica. Ten acadado diversos galardóns literarios,como o I Premio A Peneira de Novela Curta, oFrancisco Fernádez del Riego, Ánxel Fole e ac-césit no Francisco Añón de poesía, así como envarias edicións do Certame de Contos Cidade deOurense. Tamén participou na obra colectiva“Primer Informe sobre la Transparencia en elSector Audiovisual Español”, como proxecto

dentro dos cursos de doutoramento.

Nuria DiazILUSTRADORA

Nuria Díaz naceu en Vilagarcía de Arousa en1982. Desde ben pequena, sempre recorda ter unlapis na man, razón pola cal decidiu encamiñar oseu futuro profesional cara ao mundo da arte.Despois de licenciarse en Belas Artes pola Uni-versidade de Vigo, comeza a súa formación nocampo do deseño gráfico realizando varios cur-sos e un máster de Arte e Comunicación en San-tiago de Compostela, cidade onde vive e traballa.Actualmente adícase á ilustración editorial e pu-blicitaria, compaxinándoa co deseño gráfico emaquetación editorial.Algúns dos seus traballos son publicados no seu

blog persoal www.krabismos.blogspot.com

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:19 Página 5

Page 6: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:19 Página 6

Page 7: Búsola nº 5

sumario

10. ILUSTRACIÓN.Hector Francesc

19. SAN CIBRAO, ANO 40.Diana Mandiá

21. BANDA DESEÑADA.Jeronimo Piñeiro

32. A TECEDORA DE PONTES.Debora Campos

36. I CERTAME DE ILUSTRACIÓN"Sociedad Valle del Oro"

38. RECENSIÓNS

43. A TECNOLOXÍA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA. María Loureiro

47. O SOÑO AMERICANO. Bea Lorenzo

50. EVGENI ONEGIN.Estíbaliz Espinosa

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:19 Página 7

Page 8: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:19 Página 8

Page 9: Búsola nº 5

Unha vez que definimos e perfeccionamos a personalidade de Búsola, virtude adquirida noanterior número, volvemos á pretensión orixinal de editar un catálogo de pezas marabillosas econcéntricas arredor do epicentro da cultura galega.

Nuria Díaz, ilustradora que se comunicou con nós mostrando as súas posibilidades e identi-ficándose co noso proxecto é un bo exemplo da nosa motivación e necesidade.

Precisamos una nómina de autores de talento, xuventude e enerxía que se precipiten sobreas páxinas de Búsola. Queremos tecer o fío comunicativo e sinxelo que una os creadores e opúblico. E podemos facelo nunha etapa máis intensa e eficaz, sen sacrificar independencia nintransixir con incómodas contrapartidas.

Simplemente seguir sendo nós mesmos. Máis instrumento de orientación detectando tendencias, vangardas, redes sociais… máis so-

portal de publicación, fixando o efémero ou o virtual.Necesitamos e agradecemos a axuda das institucións como a Deputación de Lugo, para me-

llorar o produto, e para multiplicar a difusión.Os grandes beneficiados: os autores e os destinatarios, que teredes máis e mellor Búsola a un

acceso universal (web) e gratuíto (revista física).

EDITORIAL

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:19 Página 9

Page 10: Búsola nº 5

BÚSOLA | HECTOR FRANCESH

hectorfranceschILUSTRACIÓN

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 10

Page 11: Búsola nº 5

11

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 11

Page 12: Búsola nº 5

BÚSOLA | HECTOR FRANCESH

12

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 12

Page 13: Búsola nº 5

13

BA HECTOR FRANCESH

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 13

Page 14: Búsola nº 5

14

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 14

Page 15: Búsola nº 5

15

BA HECTOR FRANCESH

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 15

Page 16: Búsola nº 5

BÚSOLA | HECTOR FRANCESH

16

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 16

Page 17: Búsola nº 5

17

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 17

Page 18: Búsola nº 5

BÚSOLA | HECTOR FRANCESH

18

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 18

Page 19: Búsola nº 5

Neste 2009 San Cibrao e o mar están de ani-versario, e son 40 anos os que fai que esta vilamariñeira da costa de Lugo acolle o primeirodos museos dedicados ao mar de toda Galicia.Semella confirmarse, alomenos neste caso, alei non escrita de que a xente da costa nonpode evitar a querenza por ese mundo que foipasado e tantas veces tamén o único futuro.No aniversario da creación do Museo do Marde San Cibrao (Cervo, Lugo) convén repasara andaina dun proxecto que naceu dos veci-ños da localidade, empurrados polo afán dunmestre de escola e a ilusión dun pobo quesempre mirou de costas á terra firme. E seureverso fai que o Mar n-a proa / sexa un misterionovo / novo e triste / onde se penetra c’as manstrincadas, dicía Manoel Antonio, o máis mari-ñeiro dos poetas galegos, o que fixo poesíadun diario de abordo e converteu o marnunha metáfora da vida, ou a vida nunha me-táfora do mar, que por ámbolos dous anda-mos, ou navegamos, sen coñecer sempre oporto. Ese porto, que tampouco coñecían noSan Cibrao de finais dos 70, acaba de facer 40anos, se cadra unha extravagancia para unmuseo pequeno e familiar que, con todo, teno que moitos outros quererían: a certeza deque o seu pobo o sente como seu.

Pódese pensar que no momento no que oMar se volve obxecto de museo, algunhacousa pouco común está a acontecer. Porén,hai corenta anos, o sector pesqueiro non eraexactamente o que hoxe todos coñecemos,marcado pola crise, os baixos prezos e o des-dén das novas xeracións, que xa non querenseguir co oficio dos vellos e son substituídospor tripulación estranxeira. O mar cambioude mans, de acentos e de formas e, na costade Lugo, os xigantes de Burela e Celeiro ago-

chan as pequenas historias sen as cales nuncapodería entenderse o resto. O Museo de SanCibrao é unha desas historias, non a única,pero curiosa no tocante á súa xestación: foi opobo de homes e mulleres anónimos o quedeu forma a un museo pequeno e familiar,que neste 2009 fai 40 anos gardando nostal-xias. Unha data sinalada que non é máis ca iso,pero que permite ao visitante – e son máisdos que podemos pensar, porque un dos acer-tos do Museo é precisamente o de prepararexposicións e actividades para todo tipo depúblico – apreciar os cambios na maneira detraballar e de vivir o mar.

Hai tempo que San Cibrao, principal núcleode poboación do concello de Cervo – cuns2.600 habitantes – pasou de ser unha vila ma-riñeira como outras tantas da costa galega aacoller a industria máis potente do norte daprovincia de Lugo, Alcoa, que dá traballo apropios e a estraños e sen a cal quizais nonpoida entenderse gran parte do crecemenoda comarca nas últimas décadas. San Cibraoé, dende os anos 70, a vila de Alcoa, a fabri-cante de alumunio que exporta a súa produ-ción ao mundo enteiro. Para iso tamén seserve do mar, sempre ás portas, sempre pre-sente e case por todas partes, porque ademaisSan Cibrao é unha sorte de península quedespunta ao norte, unha pequena rareza quea fai singular. Mais antes había xa moita vida

alén da liña da costa. Hoxe, como noutrastantas vilas mariñeiras, unha pequena efixiesituada enfronte do actual Museo do Mar –toda unha casualidade - lembra aos que mo-rreron lonxe da terra firme, facendo o quelles ensinaran sendo moi nenos, que o mar,para as vilas que o teñen a carón seu, era unhasorte de maldición irresistible. O cadavre d’oMar / fixo d’o barco un cadaleito, avisaba, outravez o poeta Manoel Antonio, en De catro acatro.

Irresistible o mar para gañarse o pan, parao xogo e a aprendizaxe. Foi o que soubo verFrancisco Moisés de Rivera Casás, mestre edirector da Escola Unitaria de San Cibrao.Corría o ano 1969 e os cativos da vila reco-llían con entusiasmo cunchas para levarllas aomestre, gran amigo da etnografía mariñeira.Así, entre o didactismo e o xogo naceu en1969 o Museo Provincial do Mar, o único daprovincia de Lugo e o primeiro de Galicia.Hoxe hai máis, pero o de San Cibrao foi o pri-meiro proxecto deste tipo que vía a luz, ade-mais dunha proba manifesta da vontade dopobo por conservar a súa memoria. O museode San Cibrao non sería o que é sen as doa-zóns dos veciños da vila, tamén doutras zonasda comarca, que recolleron cunchas, trouxe-ron enseres de pesca e cederon fermosas fo-tografías que son todo un testemuño da dobreidentidade, labrega e mariñeira, da costa lu-

19

BA SAN CIBRAO, ANO 40

sancibrao,ano 40TEXTODiana Mandiá

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 19

Page 20: Búsola nº 5

guesa. Fotografías e descripcións de embar-cacións, veleiros, galeóns, buques de gue-rra... A mostra do Museo do Mar amosaquerencia polas naves antigas e maxestosas,que sucaron as augas españolas nos últimosséculos. Nunha das dúas salas, expostas deforma permanente, varias cartas de navega-ción debuxan todo o litoral español.

San Cibrao, que di ver nunha serea, a Ma-ruxaina, un aviso de morte aos mariñeiros,fíxose forte na época moderna á sombra dacaza de baleas, unha actividade na que taméndescataron outras localidades pesqueiras deGalicia, como Cee ou Cangas. En 1985, a im-posición dunha moratoria para protexer estescetáceos, en serio risco de extinción, moti-vou o peche da factoría da vila, e a balea con-verteuse no mellor símbolo da prosperidadeque un día o mar trouxo a San Cibrao. Os pri-meiros documentos que certifican a prácticadesta actividade na Mariña datan do séculoXVI, aínda que é moi probable que as súasorixes se remonten á Idade Media. O que sidebeu de ser é un negocio “xugoso” que inte-resou a estratos moi diferentes da comarcamariñá: o deán da catedral de Mondoñedo eas agrupacións de pescadores chegaron acrear unha sociedade para a explotación docetáceo, do que se aproveitaba sobre todo agraxa, para fabricar aceites, e a pel. Os seususos foron diversificándose co paso dotempo, e tamén o fixeron as técnicas e apa-rellos da caza. Desta evolución dá conta oMuseo do Mar, que dedica unha das súas ex-posicións permanentes á balea e á cultura cre-ada arredor da súa caza. Nela o visitante podeatopar dende enseres de pesca a ósos ou ima-xes de barcos baleeiros que reconstrúen asrutinas dun oficio que debeu ser duro e moiperigoso. Conta a lenda que en tempos dobispo Gonzalo, o célebre Bispo Santo da Ba-sílica de San Martiño, unha balea moi agresivatiña atemorizados aos veciños de San Cibrao,sen que nada, a excepción do repenique dascampás da vila, poidese calmala e afastala dacosta. Ademais de amosar a omnipresencia docetáceo na vida diaria de San Cibrao, o contosemella evocar unha traxedia.

O visitante mariñán que entre no Museodo Mar e observe cunha pouca de atención acolección de fotografías expostas nunha dassalas mesmo pode levar unha sorpresa. Ima-xes en branco e negro, a gran maioría das de-cádas dos 50, 60 e 70, dan boa fe da dobreidentidade, mariñeira e labrega, da costa deLugo. Como en case todos os fondos domuseo, a implicación dos veciños foi esencialpara que hoxe o visitante poida contemplarestas fotografías, todo un testemuño dunhaépoca na que o mariñeiro, daquela unha sorte

de artesán, era o centro pero non a única pezaimprescindible. A muller mariñeira, moitasveces redeira, é o mellor exemplo da impor-tante labor dos que ficaban en terra.

Celebrar os 40 anos do Museo do Mar é omesmo que lembrar a ilusión e o compro-miso dun pobo co oficio que durante tantotempo lle serviu de substento. Iso foi o quedebeu de pensar a Deputación de Lugo, xe-rente dende 2004 (tras a asociación veciñal“Cruz da Venta”) do museo de San Cibrao edos outros que forman parte da Rede Muse-ística provincial. Os nenos da promoción1969/70 do colexio José María Fernández –indiano nado en San Cibrao que en 1931 fi-nanciou a construción da escola na que hoxese atopa o museo – foron convocados o 10 deoutubro a un acto de homenaxe aos fundado-res, entre eles o mestre Rivera Casás, duranteo que se leron textos dedicados ao mar, algoque quizais tamén facían cando o profesor lles

pedía que recollesen cunchas na praia paraobservalas nas clases. Poucas veces un museonace da iniciativa de tanta xente e menosveces aínda fai 40 anos gozando de tan boasaúde. E é que para unha localidade pequenacoma San Cibrao, contar cun museo pioneirono patrimonio do mar é case unha rareza, unexercicio de vaidade e de memoria. Hoxe xanon é o único, pero segue a ser o máis vellodesa Galicia dos portos e do salitre. San Ci-brao, dalgunha maneira, non podía escapardesa misión: encravado nunha pequena pe-nínsula que despunta ao norte, a Península daPaz, está rodeado de mar por todos os ladosmenos por un, como se lles di destes acciden-tes xeográficos aos nenos. Os daquela pro-moción fundadora de 1969 sabíano mellorque ninguén.

BÚSOLA | SAN CIBRAO, ANO 40

20

“conta a lenda que unhabalea moi agresiva tiñaatemorizados aos veciñosde San Cibrao... “

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 20

Page 21: Búsola nº 5

21

bandadeseñadaDEBUXO E GUIÓNJerónimo Piñeiro

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 21

Page 22: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 22

Page 23: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 23

Page 24: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 24

Page 25: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 25

Page 26: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 26

Page 27: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:20 Página 27

Page 28: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 28

Page 29: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 29

Page 30: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 30

Page 31: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 31

Page 32: Búsola nº 5

BÚSOLA | A TECEDORA DE PONTES

32

Dende hai algún tempo, Mona Imai non ne-cesita presentación ningunha. Un pouco polamúsica do seu nome, outro pouco pola refe-rencia cultural que evoca coa súa presenza, etamén pola repercusión do seu traballo, estamoza enlazou o seu presente ao mais salien-table da literatura contemporánea xaponesa:se os libros de Banana Yoshimoto, Haruki Mu-rakami ou Yasunari Kawabata falan galego égrazas a ela.

Moitas veces lle preguntaron polo prodixiodesta ponte idiomática sen conexións nin des-víos e moitas veces tamén ela respondeu quefoi case que por casualidade. Volve contaloaquí: “Ao rematar a carreira, non sabía o quefacer, e xusto unha persoa da Editorial Rino-ceronte estaba interesada en traducir A casadas belas adormentadas, de Yasunari Kawabata”.A persoa era Moisés Barcia e foi el quen lleofreceu o traballo. O desafío.

“Ao principio, pareceume unha idea caseimposíbel, que eu traducise unha obra litera-ria ao galego. El animoume e fixen unhaproba, algo que me sorprendeu. Non foicomo pensaba, algo moi difícil e duro. Máisben, facíame sentir ben porque estaba fa-cendo o que eu facía moitas veces na miña ca-beza, utilizar os dous “sistemas da lingua”, porchamalo dalgunha maneira. Sentínme comose as miñas vivencias desen froitos”, lembraagora.

Esas vivencias xurdiron lonxe. Lonxe da ci-dade de Bos Aires, cara a onde manda as súaslembranzas. Lonxe da Galicia, onde escribe asúa historia diante do ordenador. Mesmolonxe da Europa na que vive hai anos e anos. “Nacín nunha cidade chamada Kumagaya, naprefectura de Saitama, que está a menos de100 quilómetros de Toquio ao norte. Poloxeral, as cidades en Xapón son similares. Oque máis lembro é que no medio da cidadehabía un paso a nivel que estaba continua-mente a soar, e cando avisaba dun tren que-dabamos todos parados, do mesmo feito quefacemos diante dun semáforo”.

Mona Imai lémbrase do tren e do espazoestético que se configura: “En Xapón faisemoito uso do tren e tamén do metro comotransporte público e o centro dunha cidadeadoita estar ao redor da estación do tren. Defeito, o edificio da estación é, na maioría doscasos, un centro comercial grande onde a xu-ventude se reúne para divertirse e estar cosamigos e, de paso, facer compras de todotipo”, conta.

Tamén lembra o famoso tren bala xaponés,sistema modélico para o mundo: “Pasa porunha especie de “acueduto”. Ten o seu carrilespecial e vai por riba das cidades. De aí queno Xapón haxa moitísimos carteis publicita-

a tecedorade pontesENTREVISTA DEDébora Campos

TEXTO CORRIXIDO PORIsaac Ferreira

Gústaballe o mar e dalgunhamaneira pódese dicir que oseu traballo é o de achegar asbeiras afastadas. Mona Imaichegou ao mundo da tradu-ción sen buscalo pero non poriso é menos valioso o traballoque fai: a partir dos libros quetraduciu, esta moza tivo a ca-pacidade de construír unhaautoestrada que conecta Gali-cia co lonxano Xapón. Se enmoitas casas galegas sepoden atopar hoxe obras deBanana Yoshimoto, HarukiMurakami ou Yasunari Kawa-bata na lingua do país, iso tenunha protagonista. Ela.

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 32

Page 33: Búsola nº 5

rios rechamantes nos edificios, porque dendea altura na que pasa o tren bala pódense verperfectamente”. A explicación engade unpunto de vista: “Para o meu gusto e para moi-tos dos xaponeses non é agradábel, mais soncidades moi consumistas, nas que a compe-tencia está ao orde do día”.

A vida xaponesa de Mona Imai está inzadade lembranzas infantís. Non é estraño, xa quecon 12 anos marchou de alí e quedou a vivirna Galicia. Naqueles primeiros recordos davida hai unha escola, os deberes, os avós nasvacacións e a súa casa. “O colexio estaba pretoda miña casa e iamos un grupo de nenos ca-miñando en fila india todo o camiño. Eraobrigatorio acudir así ás clases por seguri-dade. Deste feito, non tiñamos a necesidadede ir acompañados polos pais. Os colexiosson parecidos aos de aquí, mais o sistemaeducativo é máis severo e rigoroso, comotodas as cousas en Xapón”, evoca.

A nena que foi facía os deberes pola tarde epaseaba cos amigos na bici mentres a nai es-taba na casa e o pai traballaba fóra todo o día.Se a patria é a infancia, ela volveu a ese terri-torio no verán. E sorprendeuse: “Os meuspais xa non viven na cidade na que crecín,mais este verán fun ver a unha amiga e estivenpaseando polas rúas onde facía a miña vida,no colexio e os arredores do noso piso. Cha-moume a atención realmente que todo aquiloera moi, moi pequeno. Cando es neno, todoche parece máis grande; con todo, eu quefacía tanto tempo que deixara aquilo, que nonvivín ese proceso gradual de medrar namesma cidade e ver os cambios, de repente,atopei todo case igual, mais con outra pers-pectiva. Non foi como agardaba e lembrabade nena, se non dende a miña perspectiva demaior. Gustoume a experiencia”, comparte.

DÉBORA CAMPOS: Como lembras a túavida familiar nesa época? MI: En Xapón as relacións familiares son unpouco máis frías. Xa empezando polo carác-ter e o costume dos xaponeses que é moi re-primido. Iso fai que, emocionalmente, nonsexamos libres. Daquela, aínda que o afectoque se ten polos pais é o mesmo que no restodo mundo, a expresión dos sentimentos caraa eles e o trato mutuo son totalmente dife-rentes. Non nos saudamos con abrazos amiúdo, e nunca con bicos. Sempre respec-tando a distancia tanto no físico como notrato coa xente cando se fala de algo. O cu-rioso é que hai algo no que os galegos se pa-recen aos xaponeses: non adoitan serentremetidos nos temas persoais se non seten aínda confianza. Ou responder con outrapregunta cando che preguntan algo, e ser mo-

destos. O pai de Mona tiña unha empresa de orde-

nadores de oficinas e logo foi percorrendooutros negocios, ás veces con máis sorte e ou-tras con menos, así como pasa en todos os si-tios. Nalgún momento, como só pasanalgunhas vidas, houbo un cambio, unhatransformación. “Unha vez viñemos a minairmá e mais eu a Galicia e ao final quedámo-nos para sempre”, di. Poucas palabras paraunha mudanza tan grande. Dende entón, a re-lación coa súa familia é por cartas. “Unha ex-periencia moi bonita, á vez que traumáticanalgúns sentidos, por aquilo de que os botasde menos”, comparte.

A emigración cara a Galicia ten unha histo-ria algo máis fonda: “A miña irmá, con ca-torce anos deixou de ir ao colexio porque atrataban mal os compañeiros -recupera Monae segue-. Un día, na television saía un colexiofundado por un cura en Ourense que acollíana nenos de todos os países e facían vida nesacomunidade. A miña irmá quixo vir e fíxoocon outro neno xaponés”.

Tempo despois, Mona e a súa nai chegaronpara visitar á rapaza. Pero só volveu a nai: “Eufun visitala coa miña nai e quedeime coa miñairmá. A nosa idea era pasar uns anos e apren-der o idioma, mais finalmente decidimos dei-xar ese lugar e facer a nosa vidaindependente, vivir xuntas, ir ao colexio nacidade de Ourense. Agora a miña irmá estáen Madrid e eu vivo en Vigo, onde penso que-darme”, asegura.

Di Mona Imai que lles encantou Galicia e asúa xente. Di que tiveron amizades moi boasque as trataron moi ben e que os seus paisestán moi agradecidos. E di que sempre ato-paron na súa familia o apoio necesario paraque puidesen decidir elas por si mesmas a súavida.

DC: Cantos anos tiñas cando aprendiches aler? MI: Eu cheguei con doce anos e, en vez decursar quinto de E.X.B, metéronme en ter-ceiro para aprender a escribir cos cadernos,aprender os verbos, o mapa de España, e esascousas. E o resto do día pasábao escoitando áxente falar en castelán e iso, queiras ou non,entra na cabeza como cando aprendes o teupropio idioma de pequeno. Din que é apren-dizaxe de inmersión. A verdade é que aos tresmeses podía, máis ou menos, comprender oque me falaban e aos seis meses xa falaba parapoder sobrevivir. É curioso o rápido queaprendemos cando somos nenos.

No Xapón, conta ela, os cursos comezancoa primavera. “Todos os cursos principiancando as flores florecen, como sinal do co-

33

BA A TECEDORA DE PONTES

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 33

Page 34: Búsola nº 5

mezo da vida. Niso os xaponeses somos moisensíbeis e todo vai acorde coa natureza”,apunta.

DC: Cando chegaches á adolescencia, que ima-xinabas cando soñabas co futuro? MI: Como a min me gustaba todo, semprepensei que quería ser de todo. Mais a reali-dade non é tan fácil. Eu licencieime en Cien-cias do Mar e agora estou traducindo. Pensoque a vida pon a un onde ten que estar, nomeu caso qué mellor que traducir xaponés ao

galego? porque a miña carreira real da vidaconsiste niso. Unha cousa é a carreira acadé-mica e outra cousa é a carreira das vivencias.Tamén é de dicir que este traballo non dá es-tabilidade nin moitos cartos, e polo momentoteño que compaxinar cun traballo de mediaxornada que non ten nada que ver coa tradu-ción. DC: Como é o amor de parella na cultura xa-ponesa? MI: Non sabería dicilo, considérome galega.Para eles, o amor é algo discreto. Iso sí, nonsoen beixarse nas rúas, polo menos cando euera nena, polos anos 1985-1990, nunca vinnada diso. Mais ultimamente pode que sevexa algo, ou polo menos velos abrazadospode ser. Os homes son moi machistas, sem-pre hai excepcións, mais como eles traballane moitas mulleres son amas de casa, pois oshomes mandan en xeral. Nalgunhas casas, atahai que lle servir o té cada vez que o pide el!

DC: Volvendo a ti mesma, lembras a primeiraimpresión que levaches ao chegar a Galicia? MI: As rúas, muros e casas de pedra impre-sionáronnos moito. A atmosfera limpa e a

xente moi arreglada que camiñaba polas rúas.As persoas paseando con tranquilidade, ocheiro a café nos bares, as panaderías, a plaza.Para min foi como estar na vella Europa quevía polos debuxos animados. O que máis megusta, aínda hoxe en día, é non ver carteis re-chamantes nas estradas entre aldeas. Todo énatural e rústico. Encántame iso.

DC: Como foi a transformación nos eidos dacomida e dos sons?MI: A comida é algo que te deixa marcadapara sempre. Refírome á comida de mamá.Nela vai implícita a comida xaponesa enxeral. Hoxe en día, digo de brincadeira:cando vou de vacacións a Xapón, faime máisilusión poder comer comida xaponesa quever aos meus pais. Para min, e para moitaxente xaponesa que vive aquí, é realmenteunha das cousas polas que queres viaxar devolta alá. Hai moitos pratos que soamente secomen alí. Só de pensalo fáiseme a boca auga.Claro que me gusta tamén moito a comidagalega. O caldo galego encántame! O cocido,o lacón con grelos, o polbo. O viño taménme gusta. Iso sí, o augardente, non aínda. Encanto aos sons, agora só se me ocorre o quecontei do tren. Aquí, en Galicia gústame o si-lencio polas noites. En Xapón, ata había ruídodos camións polas noites.

DC: Como é o mundo do amor para ti na Ga-licia?MI: Os meus pais son bastante modernos erespecto do amor pensan igual que aquí. Maisata a época dos meus avós, casaban por con-veniencia, non tan drástica, mais algo así. Nontiveron o que é o proceso de namorarse, co-ñecerse e decidir con calma. Era como se ca-sasen para coñecerse. Daquela, os meus paisdecidiron non facer o que fixeron os seuspais. Para nada pensan que deberiamos casarcun xaponés, se non con quen queiramos. Epor estatística, se estou en Galicia, abundanos galegos, e así estou cun mozo galego.

É galega e leva unha vida galega. Unha vidana que aínda garda pegadas da cultura xapo-nesa que a arrolou no berce: conta que cociña

cos palillos e ás veces come con eles, bebemoita infusión e di que toma as cousas apeito. “Unha das cousas que aínda me custamoito é coller os chistes. De verdade, dámevergoña dicilo, mais é algo que aínda me faltamoitísimo”, confesa.

Non lle custa nada, en troques, construírpontes. Pontes de verbas, de ideas, de imaxesque achegan recantos afastados do planeta.Faino cos libros que foi traducindo nos últi-mos anos: Do que estou a falar cando falo de co-rrer, de Haruki Murakami; Kitchen, de BananaYoshimoto; Tras do solpor, de Murakami; A casadas belas adormentadas, de Yasunari Kawabata.Sobre o seu traballo conta: “Como xaponesaque son, aportar unha parte de min nesaponte cultural é algo extraordinario. Teñomoitísimo que aprender aínda, tanto da cul-tura galega como da xaponesa”.

DC: Por que pensas que os autores e as autorasxaponeses gustan tanto aos lectores e lectorasgalegos? MI: Non sei se lles gusta moito, mais pensoque é algo novo para os lectores en galego eiso fai que chame a atención. O que si, a me-lancolía é algo que une aos dous pobos. A mo-rriña tamén é algo en común. Aínda terei queseguir traducindo para poder contestar esapregunta.

DC: O camiño de volta tamén é posible? O ca-miño que leva literatura galega a Xapón?MI: Eso xa se está a facer por un señor xa-ponés que ama a Rosalía de Castro. Que pa-rece ser que traduciu algunha poesía dela. Amin ofrecéronme na editorial Rinoceronte,mais agora que empecei coa tradución ao ga-lego, non me atrevo a facelo noutro sentido,ao xaponés. Si, gustaríame, mais polo mo-mento prefiro non facelo e perfeccionar oque estou a empezar. Penso que habería queestudar, que autores ou que obras deses au-tores galegos poderían ter éxito no Xapón. Éunha cuestión difícil. Mais estou segura deque os xaponeses collerán algún libro paralelo, xa que son amantes dos libros e de co-ñecer culturas diferentes.

“Pontes de verbas, de ideas, deimaxes que achegan recantosafastados do planeta.

34

BÚSOLA | A TECEDORA DE PONTES

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 34

Page 35: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 35

Page 36: Búsola nº 5

ilustraciónI Certame de Ilustración "Sociedad Valle de Oro"

ORGANIZAConcello de ValadouroConcello de AlfozFundación Comarcal A Mariña Central

36

1

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 36

Page 37: Búsola nº 5

37

1º premio

Emigración en serie

Sabela Peinado

2º Premio

Partida

Eduardo Pérez Baamonde

3º Premio

A xente que marcha, ou queda

Noel Pérez Fungueiriño

O gaiteiro mestizo

Cristian Iglesias Fernández

Agasallo para o cacique

Diego Mallo Ferrer

Morriña

Diego Puentes Diéguez

Pulpo á Feira

Esteban Fuentes Bernárdez

2

3 4

5 6

7

1

2

3

4

5

6

7

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 37

Page 38: Búsola nº 5

Projecto[‘Trepja]PROJECTO [‘TREPJA]

Gañaron o Gz Crea 08 apenas levandoxuntos un par de meses, abriron o My-Space con dous manifestos deixandoben claro que saben ao que veñen,que teñen perspectiva histórica da mú-sica tradicional e que son Projecto Tre-pia: non un grupo, un proxecto; nonmúsica; imaxe, danza e música (unhatrepia ou tres-pés).

Projecto Trepia é un colectivo de ra-paces moi novos chegados de distintosámbitos do folk (e non só) que beberonde fontes tradicionais e contemporáneasno musical, e que pretenden abrir unespazo interdisciplinar nunca ata o mo-mento acadado; cunha base musicalque vai de Bjork ás

Cantareiras (pero as de verdade,como eles din) ou do tecno ao maneo, édicir na “vangardización” do tradicional,esa fórmula tantas veces mencionada etan poucas executada tan valente-mente.

A formulación teórica é crear músicaelectrónica e tradicional ao mesmotempo, para despois reinterpretala aovivo (zanfona electroacústica, pandei-ros, baixo, sacho, samples de recollas...e moito computador, claro). Nos direc-tos/performances a danza aparece nonsó nos bailadores senón tamén no ter-ceiro pé: a videocreación, que ademaisde servir de soporte nos directos é uti-lizado como ferramenta artística de seu(tamén con premio no Gz Crea). Por úl-timo, e reforzando a visión de colectivo,comezaron case por acaso con perfor-mances de introdución de música e,máis importante, de danza tradicionalen contextos pouco afeitos a isto (sor-prendentemente), rúas, mercados ousupermercados foron espazos “invadi-dos” e filmados para posteriormentesubir o resultado á rede.

Toda esta estrutura conceptual arre-dor da arte sostense noutra trepia: aso-ciativa, escénica e reivindicativa; queaporta (aínda) máis interese a un pro-xecto no que moitos temos postos osollos para crear un necesitado punto deinflexión e ruptura, na creación artísticae nomeadamente namúsica.

ChorandoapréndeseEMILIO JOSÉ

A historia comeza con Apeiron, un grupomítico do indie estatal que non se puidoresistir ás creacións de tres rapaces ga-legos de menos de 18 anos de idade.Sacaron "Todo sigue intacto" no 2002 enada máis se voltou saber ata hai algomáis dun ano que un deles, Emilio Joséabre un myspace e comeza a subirpezas, un clásico na música destes tem-pos que non tardou en transcender áescena galega. A proposta eran can-cións de estruturas imposibles, de me-lodía e musicalidade diversas pero quedesprendían pos-modernismo e letrasextremadamente ocorrentes e próximasá nosa realidade.

De Emilio José sabemos que é deQuins (Concello de Melón, mal que llepese),que segue o panorama musical dexeito profundo nun espectro estilístico etemporal amplísimo, que ideoloxica-mente se define independentista ouren-sán, que cre que a estrutura clásica decanción debería ter xa desaparecido,que ve na ópera de Puccini o comezo dopop... Para alén disto (e do moito queaínda non sabemos) presentou o seuproxecto musical cunha xira de veránchamada "Amigos de España" que olevou por pobos do sur de España demenos de 200 habitantes nos que toca-ría apenas con guitarra as súas compo-sicións (todas en galego) e que lle deuaínda máis sona ao seu MySpace, puntocentral da súa produción musical no quecolgou diversas publicacións musicaisprevias ao seu debut "Chorando aprén-dese".

O disco ten formato duplo, canciónssen nome, pistas con varias cancións ecancións en varias pistas, e aínda porriba foi presentado con grande éxito notúnel da autovía próximo a Quins; todoisto non fixo máis que agrandar media-ticamentete a Emilio José, que ten entreos seus seguidores a

Julieta Venegas dende México. Maisnon collades o camiño fácil da etiquetafreak ou bizarra, o mellor de Emilio Joséestá na súa música, nas súas letras, noconcepto que sustenta o proxecto, noque xera arredor de si; en definitiva, nasúa proposta.

BÚSOLA

38

músicapor Isaac González

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 38

Page 39: Búsola nº 5

39

libros A perspectivadesde a PortaPATRICIA A. JANEIROEdicións Positivas

A Perspectiva Desde a Porta é dos pou-cos libros que nos falan do despois daTransición en Galiza poñendo esaépoca como punto de partida paratoda unha historia. Se Mario Regueiranos iniciaba nese camiño coa súa no-vela L´affiche Rouge, Patricia A. Ja-neiro fainos andar, seguir por esevieiro e dar pasos cara a adiante comoela mesma fixo para conseguir a publi-cación deste libro (non sen esforzos) epoder relatarnos unha revolución ideo-lóxica, que semella nunca acontecidaou cando menos esquecida ou ago-chada, nun país que non existe e queben podería levar de título o mesmo caunha obra doutro gran escritor galegocomo é Agustín Fernández Paz: Oúnico que queda é o amor.

A historia que se conta arrinca conNadia, unha avogada que traballa nadefensa dun preso independentista, e apartir daí vaise fiando toda a noveladando chimpos aos anos 50 e sobretodo parándose nos 70 para ir ofrecén-dolle ao lector as chaves que lle abrenas portas do presente. Patricia escribiuunha novela redonda no xeito de con-tala, chea de ideas, ideas que mesmo tepoden levar a prisión, e chea de realida-des: a sombra do franquismo, a emigra-ción, o movento nacionalista eindependentista, a manipulación da in-formación... Aínda así, por moito enfo-que político co que se observe APerspectiva Desde a Porta, por moitoque se saiba que a orixe da novela estána Operación Castiñeiras, ao remateunha ten a sensación de que o que lleestiveron a relatar realmente forongrandes historias de amor, cousa queadmite a propia autora nunha entre-vista.

A Perspectiva Desde a Porta é unhagran novela onde se narran feitos deonte e de hoxe sen tomar partido, peroo lector ten que ser consciente de queel si o vai tomar ou, polo menos, refle-xionar.

once máis 15.poemas musicadosVV.AA.Edicións do Cumio

Díxome hai uns anos María Lado quecando ela lía poesía, sempre a lía en vozalta. Sempre se reclamou o carácteroral da poesía e neste libro-disco, Edi-cións do Cumio coa colaboración de Mi-guel Alonso e a asociación MusicARTE,vai un paso máis alá: reclama a lírica dapoesía galega. Este camiño xa o explo-raron Amancio Prada, Luis Emilio Bata-llán, Suso Vaamonde, Voces Ceibes, AQuenlla e máis recentemente Dios Ke TeCrew , Fanny&Alexander, Marful oumesmo Xoel López, por citar algúnsnomes. A música achéganos ás letras,se non quen é o que non é quen de can-tar un anaquiño de Negra Sombra ouLela?

Once máis 15 é iso, once autores e 15cancións. Os poemas escollidos abran-guen versos do século XIX ata palabrasescritas neste século XXI e teñen un es-pecial protagonismo (e non sorprende)Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez,Manuel María e Rosalía de Castro, cadaun con dous poemas escollidos. Pode-mos escoitar así melodías coma as deMiguel A. Suárez e Xurxo Mares acordesco espíritu dos poemas de Celso Emilio,ser conscientes das dúas caras de Rosa-lía da man “da voz de cabaleiro inglés”de Fucoxabier e de Nao tomándose axustiza pola man. A Rosalía tamén llecanta Curros a través de Julian Ross, econ igual sentimento Miguel Alonso,Anxo Rei ou David Taboada cantan aspalabras de Cunqueiro, Darío Xohán Ca-bana ou Manuel María. De querer sonsescuros falariamos de Meiga do Norteou de Snail con Cunetas de Pimentel.

por Inés Liste

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 39

Page 40: Búsola nº 5

BÚSOLA

cineGran TorinoCLINT EASTWOOD

Pasado e presente, mito e realidade.Todo isto conforma o ideario e a pro-posta fílmica de Eastwood. A América dehoxe mudou máis rápido do que Ko-walski pode aturar. Consumido polos re-morsos e a nostalxia, non atura oscoches xaponeses dos fillos, a falta derespecto aos maiores e a multietnici-dade do seu barrio. É un racista e unrosmón que non soporta depender deninguén e que se sente capaz de arran-xar todo por el mesmo e ao seu xeito.

Eastwood recrea nun personaxe todosos mitos que encarnou na grande pan-talla, dende os pistoleiros dos filmes deSergio Leone até o sarxento ThomasHighway, pasando por Harry Callahan.Walt Kowalski é un ex-combatente daguerra de Corea, que traballou na Forde que non se afai a vivir nos EstadosUnidos actuais e que vive co rancor, aculpa e o medo.

Kowalski fica só no mundo tras a morteda súa esposa e non se deixa axudarpor ninguén. Pouco a pouco vai tra-bando amizade cos seus veciños asiáti-cos, en particular co máis novo, Thao, aquen intentará converter nunha persoade proveito e liberalo dos erros que elcometeu no pasado. Observamos opaso da intolerancia e desprezo iniciaisá comprensión das diferentes culturasda América contemporánea.

Ante o que puidese parecer unha colec-ción de tópicos moralistas, Eastwoodsaca todo o seu talento e bo facer cine-matográfico e crea unha historia moi in-tensa, entretida e con múltipleslecturas. Marcada, como vén sendo ha-bitual nel, pola sobriedade e pola faltade concesións aos sentimentalismos ba-ratos. Non se recrea en situacións conforza dramática, estas créanse mentresa película transcorre.

O deportivo que dá nome ao filme é osímbolo da liberdade agochada, enbusca dunha saída. Kowalski buscará aredención dos seus pecados, pero aoseu xeito. Non pode ser doutra maneira.

Unha vez máis o veterano director eactor demostra por que é un dos cine-astas imprescindíbeis das últimas déca-das.

O coidadorde GatosFERNANDO CORTIZO

O coidador de gatos é un marabillosoexemplo de animación stop-motion defiguras modeladas en plastilina. Os pro-tagonistas están modelados seguindo aimaxe dos actores que lles dan vida, An-tonio Durán “Morris” e Víctor Mosqueira.Os fondos, que reproducen en parte ocasco vello de Pontevedra, están moicoidados. Aínda sendo un espazo moireducido dá unha grande sensación deamplitude.

Trátase dunha pequena historia de sus-pense, con grande dose de misterio e undesenlace inquietante que lembra a va-rias películas (e recreacións) clásicas doxénero. Ten o aquel das clásicas histo-rias de terror gótico da Hammer etamén un aire ás producións animadasde Tim Burton, que xa se aprecian nostítulos de crédito, no alongado do mo-delado dos gatos e no xogo de sombras.

A historia narra a vida diaria dun perso-naxe gris e sen vontade que traballanunha cociña económica e que no seutempo libre, pola noite, alimenta osgatos da veciñanza. Un día descobreque outra persoa alimenta os gatos eque estes prefiren a outra comida. In-dignado, xa que os gatos representantoda a súa vida, comeza a investigar acomida para gatos da marca “Receitasda avoa”. Ao perseguir á persoa queestá afastando os michos da súa co-mida, descubrirá un terríbel segredo.

Ten varios momentos metacinemato-gráficos, un deles autorreferencial noque o protagonista, ao que dá vida Mo-rris, está a ver na televisión Leo, outraprodución de Cortizo.

A música, ao cargo do cantautor JoshRouse (que tamén escoita Morris na te-levisión), é magnífica.

É, en resumidas contas, unha boa his-toria de misterio realizada de xeito ma-xistral. O coidado posto na animación enos pequenos detalles fai desta curtaunha das máis interesantes propostasda animación galega do ano.

por Saúl Rivas

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 40

Page 41: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 41

Page 42: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 42

Page 43: Búsola nº 5

Unha das materias que se inclúen no currí-culo da Educación Secundaria Obrigatoria éa Tecnoloxía. A diferenza doutros países de-senvolvidos do noso entorno, esta materia érelativamente nova no noso sistema educa-tivo, pois comezou a impartirse coa LOGSEhai 15 anos, de xeito que moitas persoas queestudaron en sistemas educativos anterioresnon saben moi ben de que se trata ou que seestuda nesta materia. O obxectivo deste ar-tigo é dar a coñecer ao público o que é a tec-noloxía, as razóns da súa importancia nosistema educativo e como se leva a cabo a súaensinanza na Educación Secundaria.

O que é a tecnoloxía?

A Tecnoloxía defínese como o conxunto decoñecementos e técnicas que, aplicados deforma lóxica e ordenada, permiten ao ser hu-mano modificar a súa contorna material ouvirtual para satisfacer as súas necesidades.Para resolver un problema ou satisfacer unhanecesidade, as persoas transformamos a na-tureza deseñando, fabricando ou creandonovos produtos e sistemas que fan a nosa vidamáis doada e poñéndoos a disposición da so-ciedade. Logramos alumear as nosas casas ecidades, desprazarnos a altas velocidades,voar, escoitar música almacenada nunha pe-quena memoria, comunicarnos a grandes dis-tancias en tempo real, sacar fotografías evídeos, programar robots para realizar tarefasperigosas, compartir datos en internet, cons-truír longas pontes, e miles de exemplosmáis. Todo ese mundo artificial é produto datecnoloxía.

Ciencia e tecnoloxía

Non son poucos os divulgadores científicosque defenden que a tecnoloxía non é máis cáciencia aplicada aos procesos de produción,definindo a tecnoloxía como algo subordi-nado á actividade científica. Sen embargo,trátase dun dos tópicos máis estendidos sobrea natureza da actividade tecnolóxica.

É certo que a tecnoloxía utiliza coñecemen-tos científicos, entre outras moitas cousas,pero tamén cabe dicir que a ciencia taménutiliza a tecnoloxía, pois é necesaria paraavanzar na investigación. A relación non é desubordinación, senón de complementarie-dade e interdependencia. Non é posible o de-senvolvemento tecnolóxico sen o avance noscoñecementos científicos, así como tam-pouco é posíbel facer ciencia sen o aporte dosequipos e sistemas necesarios para a investi-gación.

As relacións de interdependencia entreciencia e tecnoloxía son moi elevadas, senembargo os campos de actividade dunha e daoutra son tamén moi diferentes.

O campo da ciencia responde ao desexo decoñecer e comprender racionalmente omundo que nos rodea, o que leva a investigarcientificamente os fenómenos que nel se pro-ducen. O resultado da investigación son aspublicacións científicas, e o incremento docoñecemento.

O campo da tecnoloxía responde ao desexodas persoas de transformar o seu entorno,buscando novas formas de satisfacer as súasnecesidades, o que leva a desenvolver novosobxectos e sistemas para poñelos a disposi-ción da sociedade.

A creación de tecnoloxía proporciona novasferramentas para a ciencia coas que estudarnovos conceptos, avances científicos que á súavez xerarán nova tecnoloxía. Deste xeitociencia e tecnoloxía fanse complementariase, xuntas, fan avanzar á humanidade. Tecno-ciencia é o nome que se lle dá á actividadeconxunta entre ciencia e tecnoloxía nun con-texto social.

A tecnoloxía é culturaDefínese cultura como o conxunto de coñe-cementos que adquire unha persoa comofroito do estudo ou da experiencia. Tamén éo conxunto de tradicións, formas de vida dunpobo, dunha sociedade ou de toda a humani-dade.

Non se pode concibir o mundo en que vi-vimos sen ter en conta o papel que xoga atecnoloxía. As nosas accións cotiás, as rela-cións sociais, o ocio, o traballo, o desenvol-vemento científico ou a creación artísticaarticúlanse nun mundo artificial creado polos

43

a tecnoloxíana educaciónsecundariaTEXTOMaría LoureiroProfesora de Tecnoloxía enEducación Secundaria.IES Primeiro de Marzo.Baiona.

Prototipos deseñados e construídos por alum-

nos e alumnas de 4º de ESO. Aplicación dos

contidos de mecánica, electrónica e sistemas

automáticos de control.

Alumnos e alumnas de 4º de ESO tiveron que

deseñar e programar robots para superar a

proba de rescate da competición Robocam-

peones 2009. Aplicación práctica dos contidos

de control e robótica.

Xoguete deseñado e construído por alumnado

de 2º de ESO. Uns coellos saltan nun bosque

e os ollos ilumínanse de xeito intermitente.

Aplicaron os coñecementos de mecánica e

electricidade nun proxecto propio.

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 43

Page 44: Búsola nº 5

seres humanos. A nosa vida sería outra sentodos eses instrumentos, procesos, máquinas,estruturas, instalacións e comunicacións queutilizamos día a día. Vivimos nun mundo ar-tificial, un mundo en que a tecnoloxía formaparte da nosa cultura.

Non hai razóns, por tanto, para que a tec-noloxía quede fóra do concepto de cultura oudos sistemas educativos. Debemos coñecelapara poder actuar neste medio tecnolóxicode forma crítica e construtiva, para poder va-lorar as políticas científico-tecnolóxicas, co-ñecer as repercusións do seu uso e desuso,poder valorar, elixir e decidir sobre o uso dosobxectos e procesos tecnolóxicos, ser usua-rias e usuarios conscientes e activos e nonmeros consumidores, ou ser capaces de ac-tuar sobre o noso entorno co fin de mellorara nosa calidade de vida.

A tecnoloxía na Educación Secundaria

A materia de Tecnoloxía na Educación Secun-daria ten como obxectivo achegar ao alum-nado unha serie de coñecementos ecompetencias tecnolóxicas que lle permitana comprensión do proceso tecnolóxico e acomprensión do funcionamento dos obxectose sistemas técnicos, a súa utilización e mani-pulación.

Abrangue contidos como electricidade,electrónica, tecnoloxías da información, dacomunicación, estruturas e mecanismos,pneumática, control e robótica, instalaciónstécnicas, etc., pero o máis importante detodo é o proceso de resolución de problemastecnolóxicos, ou tamén coñecido como mé-todo de proxectos, que actúa como eixe ver-tebrador da materia.

A pequena escala, dada a idade do alum-nado, desenvólvense proxectos tecnolóxicoscompletos. Comézase coa formulación dunproblema a resolver, e a partir dun procesoplanificado lévase a cabo o deseño, constru-ción do prototipo e avaliación do mesmo.Neste proceso o alumnado debe crear un dis-positivo que permita solucionar un problemaou desafío con múltiples solucións posíbeis,deberá utilizar tódolos recursos ao seu al-cance, como son aplicar na práctica os coñe-cementos específicos estudados (mecánica,electrónica, programación), utilizar correc-tamente as máquinas, ferramentas e instru-mentación da aula-taller, así como recorrer aaplicacións informáticas (CAD, simuladores,folla de cálculo, etc...) que facilitan a tarefa.

Dese xeito, o alumnado experimenta o pro-ceso tecnolóxico dende a súa raíz, coñecendoa súa forma de funcionar, e comprendendocomo chegan a nós todos eses obxectos e sis-temas que utilizamos día a día.

Outros aspectos importantes desta meto-doloxía son que o alumnado ten que traballaren equipo, tomar decisións ou solucionarproblemas que lles van xurdindo, non mar-cados inicialmente e para os que hai múltiplese imaxinativas solucións posíbeis.

Outra forma de traballar é mediante a aná-lise de obxectos. Trátase de investigar o fun-cionamento dun obxecto común, desmontaloe analizalo para coñecer as súas partes, comofunciona ou como se fabricou.

Por suposto que non pode faltar o uso dosordenadores como ferramenta de traballo ha-bitual para debuxar, deseñar, simular, calcu-lar, buscar información, elaborardocumentación, publicar e compartir.

O feito de realizar traballos prácticos me-diante a utilización dos ordenadores e ferra-mentas dispoñíbeis na aula-taller, permitepoder aplicar de forma concreta todos aque-les contidos que se ven de forma teórica, uti-lizar eses coñecementos para crear produtosfísicos ou virtuais, aumentando a motivacióne interese do alumnado.

Como prolongación da tecnoloxía da ESOexiste na modalidade de Ciencia e Tecnoloxíado Bacharelato a materia de Tecnoloxía Indus-trial, que proporciona coñecementos máisprofundos sobre tecnoloxías específicas da ac-tividade industrial, funcionando como orien-tación cara aos estudos superiores técnicos,como as enxeñerías e os ciclos superiores deformación profesional das familias tecnolóxi-cas.

Con todo, o ensino da tecnoloxía non estáexento de problemas. Ao longo da historia, atecnoloxía foi entendida como unha activi-dade menor polas elites culturais que defen-den a educación teórica e abstracta, afastadadas metodoloxías prácticas. A materia de tec-noloxía, dende a súa implantación no nososistema educativo, non foi ben vista por unamplo sector do profesorado e tampoucopolos asesores de educación.

Cada reforma do currículo de educaciónsecundaria que se fixo despois da implanta-ción da tecnoloxía veu acompañada dunha re-dución horaria para esta área. Tamén caberecordar a proposta de itinerarios que non sechegou a implantar na que a tecnoloxía que-daba relegada unicamente ao alumnado conmenos capacidades. A Tecnoloxía Industrialdo Bacharelato tampouco tivo sorte, pois cotempo foi arredándose ata o punto de que unalumno ou alumna podía non estudar tecno-loxía na anterior modalidade de Tecnoloxía,e agora, coa modalidade unificada de Cienciase Tecnoloxía da LOE, a maioría dos centrosgalegos non teñen permitido ofertar a mate-ria de Tecnoloxía Industrial, sendo a única

44

Alumnos e alumnas do grupo de Diversifica-

ción Curricular de 3º de ESO desmontaron al-

gúns obxectos de uso común para investigar

no seu funcionamento. Os traballos publicá-

ronnos en internet:

http://tecnobaiona.jimdo.com/

Mostra de proxectos do alumnado de tecnolo-

xía na Praza do Toural, en Santiago. Organí-

zase anualmente pola Asociación do

Profesorado de Tecnoloxía, APETEGA

Pancarta reivindicativa do profesorado por

mor da redución horaria para a materia nunha

das últimas reformas educativas. APETEGA

BÚSOLA | A TECNOLOXÍA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 44

Page 45: Búsola nº 5

materia do bacharelato nesa situación.Non sei con certeza cales son as causas dese

rexeitamento, pero atreveríame a dicir quenon é outra cousa que o descoñecemento, aincultura tecnolóxica, e tamén o feito de nonconsiderar a tecnoloxía como parte da cul-tura, tratala como unha actividade menor su-bordinada sempre á actividade intelectual.

O que non se coñece non se valora, e dar acoñecer o mundo da tecnoloxía, os seus ob-xectivos, elementos, procesos e técnicas ásvindeiras xeracións é clave para avanzar na súavaloración como elemento fundamental dacultura. O profesorado de tecnoloxía debe-mos superar tódolos problemas e prexuízos,e seguir traballando na difusión do coñece-mento tecnolóxico, dentro e fóra da aula,pois é tan importante ensinar á xente novacomo dar a coñecer o que facemos a toda apoboación. É un camiño longo, pero moi gra-tificante.

Referencias:

Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se

regulan as ensinanzas da educación secun-

daria obrigatoria na Comunidade Autónoma

de Galicia.

La ciencia, la técnica y la tecnología. Aqui-

les Gay. TecnoRed Educativa

Ensino da Tecnoloxía. Revista Iberoameri-

cana de Educación. nº 28

45

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 45

Page 46: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 46

Page 47: Búsola nº 5

O Brais palpebrexou, unha man calosa porriba dos ollos a xeito de pantalla. El apren-dera a ler na escola de don Miguel, pero aíndaasí custoulle descifra-las grosas letras verme-llas daquel enorme cartel:

WELCOME TO THE SUNSHINE STATE

WELCOME TO THE DREAMS’ FACTORY.

O Brais non sabía inglés, porque o inglésnon estaba no programa de clases de don Mi-guel; así que meteu as mans nos amplos petose comezou a camiñar pola beirarrúa, mentreso sol lle daba directamente na á do chapeunovo de feltro.

Non está mal o sitio, pensou mirando enderredor. Non che vive mal o Nemesio, non.O Brais camiñaba por unha beirarrúa enlou-sada, nova, limpa, a par da praia máis fermosaque vira na súa vida (en realidade era a pri-meira que vía), unha longa liña de area bran-quísima e coruscante, baleira a non ser porun garabal de gaivotas que voaban proxec-tando sombras sobre un mar calmo de corturquesa. O Nemesio dixera que aquela eraunha das praias máis importantes de Américae que no verán se enchía de estranxeiros atra-ídos pola area mol e branca e de mozos ves-tidos con traxes de goma de vivas cores quesaltaban as ondas subidos a unhas táboas pin-tadas... E velaí que agora estaba el, cami-ñando a par daquela praia tan famosa e tanimportante, malia que non lle interesaba aarea branca nin tiña intencións de pórse abrincar sobre as ondas montado nunha táboa,que xa lle chegara ben todo o mar que viradende o barco que o levara ata alí. A el cha-mábanlle máis a atención os fermosos edifi-cios do outro lado da estrada, altos,brillantes, bordeados de pequenos xardínsnos que apenas destacaban algunhas laranxei-ras abuadas. E, sobre todo, ó mozo escintilá-banlle os ollos ante aqueles automóbilesaparcados diante dos edificios: luminosos,cromados, longos coma autobuses. O Braisdetívose diante dun deles: un Cadillac corus-cante de cor rosada: o coche do Nemesio.

O Brais aínda lembraba o día en que o Ne-mesio chegara a Ourense montado naquelauto, co cabelo longo e a barba medrada, ves-

tido con pantalóns de perneira ancha e cin-guida camisa de floriñas que deixaba ó aire opeito penuxento onde escintilaba unha grosamedalla de prata. O Nemesio traía á súa beiraa unha americana loira e magra, coa face cheade pencas e un vestidiño miúdo cubríndolleapenas as estreitas coxas brancuxentas. A mu-cama Loliña, que viña de mercar ovos napraza de Abastos, correu deseguida coa novade que o señorito estaba de volta, e donaHerminia persignouse sete veces ó ver o fillocon semellantes guedellas e semellante com-paña. Pola contra, o pai, don Manuel, fixousemáis que nada no automóbil que traía o seuherdeiro, tan caro, tan fermoso. O bo dohome non puido por menos que abaloufa-lopeito, fachendoso ante aquel fillo que non sófora capaz de saír adiante nun lugar tan afas-tado como América, a onde partira movidopolo seu afán aventureiro, desoíndo as bagu-llas da nai, senón que se fixera con aquelamoza que, aínda que esgrouviada e fea comao demo, tiña un pai moi rico, dono, entre ou-tras cousas, dun edificio de apartamentos enMiami que, loxicamente, iría parar ás mansda súa fraca vinculeira. Finalmente dona Her-minia, non se sabe se contaxiada polo entu-siasmo do seu home ou convencida polosbilletes renxentes que o fillo lle metera nopeto, acabou perdendo todo receo e descon-fianza a adicouse a agasalla-la futura nora congrolos de ribeiro e lascas de xamón, quizaismovida polo afán de que a americana, quedixo chamarse Susan, gañase algún que outroquiliño.

47

o soñoamericanoTEXTOBea Lorenzo

Pois se un vai en negocios e atopacoxenos vólvese coma se atopara

un corvo ou oíra unha curuxa

Quevedo, Os soños

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 47

Page 48: Búsola nº 5

O Nemesio e maila amiga quedaron tres se-manas en Ourense, ó cabo das cales marcha-ron dende Vigo nun barco de tres pisos trasencargarse de que o auto viaxase san e salvonun buque de carga. Endexamais voltaron.O coitado do Brais, antes e despois da marchado irmán, tivo que aturar os sermóns retóri-cos de don Manuel e os queixumes e zafraña-das da nai, que non comprendía como tendosaído polo mesmo buraco có Nemesio, nonse fixera tan traballador e intelixente coma ele non tiña marchado cando menos a Alemañana busca e procura doutra moza dona dunMercedes Benz, como mínimo.

Ó Brais todo isto entráballe por un ouvidoe saíalle polo outro. A el non lle interesabanos negocios, nin as mozas de casa farturenta,nin sequera as leccións do rabisco do don Mi-guel, que recitaba en latín cunha voz tan mai-niña e tan xangal que era imposible nonquedarse trasposto. Ao Brais o que lle gustabaera ver pasa-la vida polas rúas empedradas dacidade, coa luz do sol pousándose morriñentana fachada lourida da Catedral, escoita-las pa-rolas infindas das velliñas que remollaban agota e a reuma na fervenza espesa das Burgas,sentarse nun tallo do Eironciño a degustarunha tapa de mexillóns oleosos mentres achuvia repenicaba nos cristais cheos de bafoe unha ledicia morna lle baixaba pola res,producíndolle calafríos coxegantes.

Don Miguel opinaba que esta non era vidade proveito para un mozo dunha boa familiaque, malia ter a renda xa moi minguada, go-zaba aínda do renome e a honra do avó mili-tar, que en tempos no lle chegara a tea dachaqueta para tanto galón.

Dese modo, ós dezaseis anos o mestredeuno por parvo e asegurou á familia que orapaz non lles sería nin avogado nin crego; easí, entre bruídos de don Manuel e salaiosfondos de dona Herminia, falouse de mandaro rapaz a América onde o Nemesio, na súaposición de señor bencasado, lle podería bus-car un traballo honroso que o espabilase e llesacase a nugalla do corpo.

E así foi como o Brais embarcou unha mañáde xuño, sen demasiada dor, sen excesiva ilu-sión; coa mesma sinxeleza e docilidade conque facía el todas as cousas da vida. Embarcoucunha maleta nova, brillante, e non puido evi-tar que lle escorregasen unhas bagullas ó des-pedirse da nai. Non chores, neno. Cantosquixeran estar no teu lugar; ir ó encontro dosoño americano...

E alí estaba agora, diante daquel edificio decemento borrallento sen unha soa mácula eventás cristaleiras relucentes coma a mesmaprata. Rebuscou no peto o papeliño coa di-rección escrita por ver de asegurarse que non

equivocara o camiño.Non foi necesario. De socato abriuse unha

das portas de madeira pintada de branco esaíu a Susan, con saia curta e botas ata os xe-onllos. A americana estaba máis xamona, ad-vertiu o Brais, seguramente por causa domatrimonio e do meniño que xa tiña uns tresanos e que aferraba fortemente o pescozo danai: un neno loiro e cheo de pencas, cos olli-ños dun azul enlamado. O Brais aínda recor-daba a inútil invitación para o bautizo querecibiran os pais, escrita estupidamente en in-glés con letras brancas sobre un fondo azulceo, con nubes empreñadas e anxos gorde-chos e nus que lucían a bandeira dos EstadosUnidos enrolada arredor dos grosos pesco-zos, a xeito de bufanda.

A Susan, que cargaba cunha avultada bolsade viaxe, cambioulle a color cando viu ó seucuñado, roxo e sorrinte, avanzar cara a ela. Amuller abriu unha boca coma unha roda e cei-bou unha enfiada de verbas carraxentas en in-glés, ergueito e ameazante o pescozo de galovello.

-Nemesi’s not here! Go! -espetoulle antes dese subir ó automóbil e arrincar cun forte chi-rrido de pneumáticos fardóns.

O Brais, asombrado, doído, ficou inmóbil,sen saber moi ben que facer ou pensar. Unhabágoa grosa e eslaiada esvarou pola súa fazulagordecha. Mirou en derredor, confuso. Unhatensión súpeta apoderárase da rúa tranquila esilenciosa. Varios grupos de persoas avanza-ban pola verea que subía da praia, e o mozovirouse de costas ó sentir as primeiras falas,incómodo sen saber moi ben por que.

Case todos eran mozos co peito ó aire ouen traxe de baño, pero tamén había nenos,vellos, mulleres de longas saias e cabelos cre-chos. Moitos berraban, asubiaban. Variosdeles exhibían carteis torpemente engoma-dos a pauciños curtos:

MAKE LOVE NOT WAR

MIAMI BEACH TOWARDS THE PEACE

WHY IS NOT NIXON IN VIETNAM?

Estas eran algunhas das frases que o rapazleu sen comprendelas, dificultosamente.Cada vez se xuntaba máis xente no medio daestrada: mozos, vellos, tollidos sen brazos epernas ou en cadeira de rodas que berrabancon especial fogosidade.

O Brais coidou ver ó Nemesio entre a mul-titude e correu braceando, ansioso de atoparunha man amiga. Alí estaba o irmán, efecti-vamente, pero non berraba nin asubiabacoma o resto dos manifestantes senón que,

axeonllado, trataba de se agochar detrás dunloiro obeso que bambeaba a enorme barrigaó compás dos berros.

-¡Nemesio! ¡Nemesio!

O Nemesio, mouro, fraco, a barba longa di-simulando apenas os ósos prominentes da ca-veira, tremelicou coma unha folla ó escoita-loseu nome, engurrando os ollos, incrédulo óver a galopante figura do irmán pequeno.

-¡Nemesio!-Non berres -sisou mentres se zafaba daaperta do Brais.-¿Pero que che pasa? ¿Non estás contento deverme?-Si, ho, si, pero tes que liscar. ¿Oíches? Nonpodes estar aquí.-Pero...-Escoita -o Nemesio, coa fronte perolada degrosas pingas de suor, falaba en voz baixa eurxente, mirando a cada pouco arredor de si-, xa sabes que a Susan e máis eu eramos donosdo Cadillac e dun edificio de apartamentos.-E non vou saber.-Pois o caso é que o coche e os apartamentosnon estaban... Ben, o que quero dicir é quenon... Ben, o caso é que me busca a policía.

O Brais tivo que matinar uns intres, engu-rrando o entrecello e rañando a caluga antesde alcanza-lo sentido daquelas verbas.

- Vós roubastes.

Era fonda, implacable a reprobación que oNemesio leu na mirada do irmán pequeno.Ergueu os ombreiros, esquecendo por unintre o seu nerviosismo.

-Para ti todo é moi fácil, toda a vida vivindoá conta dos pais sen facer nada de proveito.¡Vós roubastes! ¿Non che amola? Pero benque che gustaron os zapatos novos que che le-vamos de galano, e ben que reloucaron os ve-llos cos cartos e co coche novo...-¿E agora? -tatexou o Brais, abraiado.-¡Aínda o preguntas! Hoxe viñeron dous po-licemen a por nós  ; escapamos de milagrepero a Susan, esa candonga, marchou cocoche e co neno sen lembrarse de min paranada. Coido que agora están a rexistra-lo edi-ficio pero como se lles dea por mirar entreesta xente...-¿Irás ó cárcere?-¿Ó cárcere? ¡Quen me dera! ¡Irei ó inferno!-Pero...-Estamos en guerra, rapaz. ¿Ou é que asnovas non chegan a ese teu mundo de algo-

BÚSOLA | O SOÑO AMERICANO

48

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 48

Page 49: Búsola nº 5

dóns e merengues? Agora a todos os detidosenvíanos forzosamente a combater en Viet-nam, en primeira liña, ademais, onde sonpoucos os que se salvan... ¡Merda, ei-losveñen!

Tres ou catro xigantes de uniforme policiale lentes escuros fixaron a ollada na manifes-tación. Sería milagre que non reparasen na fi-gura derreada e medio escondida doNemesio.

-¡There!- berraron dous deles ó mesmotempo antes de botaren a correr coas pistolasdesenfundadas.-¡Estou perdido! -laiouse o Nemesio- Sei queteñen o meu apelido, pediranme a documen-tación e...-¡Stop! -berraron os policías. De pé ante amultitude comezaron a pedirlle documenta-ción ós manifestantes.-Apelido -repetiu o Nemesio. Unha luz in-quedante acendeuse nas súas meniñas- ¿Qué-resme axudar, irmán?-Eu... Claro que si -asegurou o Brais.

Os policías estaban cada vez máis cerca.

-Pois mira, eu voume pór no cabo da fileira,para despistar; e ti quedas aquí e ensínaslle opasaporte cando cheguen ó teu lado.

Ó Brais pareceulle tarefa fácil. Asentiu, con-tento de servirlle de axuda ó irmán.

Os policías, altos, longos, paráronse frontea el, ollándoo con ollos feros. O mozo entre-goulles o pasaporte con man tremelicante.Cal non sería a súa sorpresa cando os policíaso suxeitaron polos sobacos, levantándoo enandas e arrastrándoo en dirección a un furgónpolicial. O Brais berrou, debateuse, e recibiuun culatazo na caluga. O último que viu antesde mergullarse na máis mesta escuridadeforon os ollos moi abertos do Nemesio, fríoscoma láminas de vidro, negros coma pozas dechapapote.

Espertouno un traqueleo ruidoso. Un chei-rume acre encheulle as ventas do nariz. Ofurgón era vello e estaba suxo. A parte tra-seira, co chan cuberto por follas de xornal,estaba separada do condutor por unha redemosquiteira. O Brais sentiu a presenza dou-tros corpos a carón do seu.

-¿A onde imos? -asustouse.

Un dos homes, moreno, magro, volveusecara a el. Contestou con acento cubano:

-A Vietnam. A morir.-¡A morrer!

O home mirouno con ollos de espanto.Prendeu un pito que lle iluminou un intre acara torta e calou.

O Brais escondeu o rostro entre as mans,arrepiado. Empezaba a comprender. Nada eracomo lle dixeran, nada se correspondía coque tiña imaxinado. O seu propio irmán en-viábao a morrer. Nada tiña sentido. Todo oque os pais debullaran e teceran nos longosseráns de chocolate Chaparro e pernas enle-adas baixo a mesa camilla eran puras andró-menas, inútiles fantasías. A fortuna nonpendía das pólas das árbores coma as reinetasencarnadas que a Loliña traía da aldea para osseñores. O Nemesio e a Susan non eran no-bres e xenerosos, senón infames e abaixados.

¿E o soño americano? O soño americano eraun pesadelo.

49

BA O SOÑO AMERICANO

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 49

Page 50: Búsola nº 5

Diante de min camiña Minia. Vai vestida de labregarusa, igual ca min. Seguimos unha serpe azul quefosforece no chan para guiar os nosos pasos caraao escenario. Non falamos. Sentimos chist cons-tantemente. Chist do rexedor. Chist do director.Chist dalgún compañeiro que ordena calar. Entodo grupo social pretendidamente igualitariosempre hai algún compañeiro que, cobrando omesmo ca ti na fin da obra, inviste dunha autori-dade inventada para ordenar calar.

Sentimos chist malia non ter dito nada. Minianon dixo nada. Ela é calada, miúda, con esa curvano lombo de muller humilde, das verdadeiras la-bregas. Non sei se é humilde. Apenas a coñezo.Non é exactamente bonita, talvez graciosa ou en-trañable. O seu nariz, por exemplo. Éo. Entraña-ble. Arrezagado. Un deses exemplares da nosaespecie que, cun pequeno tic nos ollos e un airehonestamente despistado, fai segregar un cariñofugaz e fortuíto. Ela non dixo nada e eu tampouco.Camiñamos en silencio, como se naturalmente re-gresásemos dunha xeira baixo o glacial sol de todasas Rusias cun feixe de herba ás costas.

É mentira.Vimos de nos peitear abaixo, en camerinos. De

deixar a nosa cabeza en mans dunha perruqueiraque nos esculpe un tocado estilo Bañista de Val-pinçon. Non vimos de traballar para ningún barin.Non calzamos trapos envoltos que patinan naxeada endurecida do camiño.

Porén, dalgún xeito participamos desa colecti-vidade anónima, dese modo de camiñar en silen-cio. Cantar nun coro é volverse anónimovoluntariamente, perderse na manda, na bandada,no fato. Algo tan antimoderno. Minia é obediente.Non destaca demasiado, non leva moito no coro.Hai máis de dous anos que o deixei, pero volver10 días axiña che fai acordar de novo nesa correnteencontrada de forzas, críticas, sutís dominacións esometementos. Son inocuos, por suposto. O laborque desempeñamos non é en absoluto relevantepara o futuro da especie humana [seica si?] nin nosxogamos un emprego. Somos un grupo humano.Pequeno. Variopinto. Xeracións batidas. Temos en

común que sabemos cantar, facémolo con solven-cia e por amor á arte. Divertímonos. Inofensivos.Ningún xefe de estado empezaría por nós os seuspogroms. Tampouco nas douradas páxinas deselibro transparente, a historia con hache maiúsculo,hache historiado, tampouco aí figuraremos en ne-griña, como individuos sequera. Somos parte dunente superior a nós, o Coro, como as células quecompoñen o organismo da medusa ou os palesti-nos que compoñen os Territorios Palestinos ou asestrelas no enxame cósmico da Grande Nube deMagallanes. É dicir... unha nada imprescindible.Todo iso pode resultar ofensivo ás almas que pro-curan o sublime a través do eu. Eu mesma procuroalgo similar cunha metade. Creo que a esquerda.Sei que saín máis lograda no lado esquerdo. Parao outro elixo esa nada imprescindible. Son unhalabrega rusa que camiña cunha gavela de trigo nasmans. Para ofrendarlla á matushka-barinia.

Son unha figura amorfa que camiña pola partede atrás do escenario sen ganas de falar.

Unha mancha calquera, un vulto nin singular ninplural. Corazón a tantos latexos, x neuronas apa-gadas, proceso dixestivo ata as 5, respiración detalante melancólico.

Son un reforzo do coro en Evgeni Onegin, deTchaikovski. Dúas únicas funcións no Palacio daÓpera, setembro de 2008.

Chegamos ao noso lado escuro tras do escenario.A orquestra afínase e sempre o fai do mesmoxeito, a desmelodía da afinación idéntica en todasas orquestras irrompendo dende o la do óboe.Vemos o director e a escena nuns pequenos moni-tores. Arracimados homes con homes e mullerescon mulleres sumamos uns 60. Son eses momen-tos disonantes nos que vai comezar todo nos queaínda se pode tusir ou botar unha escuálida garga-llada de soprano.

Sen embargo non é a estrea. É un ensaio xeral eestán permitidas algunhas saídas de ton inxenua-mente transgresoras como cantarlle cumpreanosfeliz ao director musical. Unha especie de teletub-bies disfrazados, con esa capacidade de decisión.Así somos os coros.

Tras do pano granate, uns 50 ou 60 amigos e fa-miliares asisten a esta función privada tambori-lando como reis nas súas butacas vermellas.Privilexiados. Ven o que ninguén ve. A relaxacióndos músicos. A reserva dos cantantes, dosificandoproezas, gardando nunha recámara da gorxa ossons absolutos. O gusto do director polos xerseisde colo de cisne. O libro aberto no atril da arpista.Esa atmosfera pseudovienesa que faría as deliciasde T. Bernhard.

A ópera xa comezou, unha obertura e un dúo encaixas.

O coro -tamén Minia tamén Klaus e Liliana- olla-mos os uns para os outros, homínidos nunha cova.Na cova da parte de atrás do escenario. O rexedorten un brazo en alto, como se portase a bandeirolada fórmula 1. O rexedor é un home con vértices,fala con vértices, ordena os rotuladores, lapis echilindradas todas da súa mesa de traballo for-mando paralelepípedos perfectos. O rexedor falademasiado rápido, vese que non lle gusta ordenaren voz alta senón sobre unha mesa. Se puidese co-lleríanos cunhas pinzas un por un para colocarnosonde quixer. Todos pensan que é un borde. Eupenso que é un tímido ordenado. O rexedor estácondenado a falarnos para que procesemos menosdun 30% de contido. Así que co seu brazo en altomáis parece un profeta disposto a predicar no de-serto que o da bandeirola de fórmula 1. É difícilfacerse entender polas multitudes. Eu son partedunha multitude. Participo desa elemental xor-deira e celébroo.

Despois dunha intensa pasaxe descendente doscellos, un silencio musical [tacet] marca a entradado coro. Canta Ray, un tenor uruguaio. Fai de ca-pataz. Os demais repetimos en eco as súas últimaspalabras.

O rexedor baixa o brazo. Predica.E entramos a escena.A ópera avanza. Coñecemos aos personaxes, ao

falso protagonista [Onegin] e á auténtica [Tatiana].Onegin interprétao un barítono que a ninguén pa-rece gustar. Mr. Waxman, bromean. Non xesticulaen absoluto, non estraga os músculos faciais con

BÚSOLA | EVGENI ONEGIN

50

evgenioneginTEXTOEstíbaliz Espinosa

Imaxe tomada por Sandra G. Reywww.pequesquimal.flickr.com

ENSAIO XERAL

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 50

Page 51: Búsola nº 5

complicadas expresións que revelen algo de simesmo. Seica tragou un bote de cera cando neno.E se o Onegin de Pushkin era alguén así? Non setrataba dun tipo transversalmente fustrigado polakhandra, esa versión rusa do spleen decimonó-nico? A ninguén do coro parece simpatizarlle. Tale como acontece na ficción: aos convidados dafesta na facenda de Larina, que somos o mesmocoro no 2º acto, cáenos gordo. Segundo o libretopasaremos a velada criticándoo. Unha personali-dade melancólica, enfastiada... non será acertadoque este barítono ruso esperte en nós esas sensa-cións de repulsa? Non somos nós o coro que balaa un tempo e é a súa a voz que se alza por riba danosa directamente saída da súa alma, con spleenou sen el?

Non somos nós os cordeiros?Onegin é un antiheroe, un home orgulloso, des-

pectivo. Rexeita a unha muller e logo se arrepinte.Pero Tchaikovski preferiu poñerse no lugar da mu-ller e Pushkin, seica, no do home. Na vida real [de-fina vida real] Pushkin morrerá vítima dun duelo,igual que o amigo de Onegin morrerá ao final dosegundo acto sobre a neve artificial e baixo o luardos focos, cunha bala rusa saída directamente dakhandra do protagonista.

Tchaikovski optou por se casar cunha alumna trasdunha carta apaixonada desta, para eludir un des-tino similar ao do tormento de Onegin. O matri-monio fracasou. Nin era o primeiro homosexualnin o último que o faría.

No baño pregúntolle a Oksana -un reforzo docoro de orixe rusa- en que consiste a khandra. Ok-sana óllame, talvez sorprendida tanto pola pre-gunta como polo lugar onde lla fago. Khandrá[corríxeme] é preguiza, nostalxia. Algo moi ruso.Como a saudade? [insisto]. Mírame. Evidencia quenon sabe a que me refiro cunha sutil indulxencia.Ou como a morriña galega [prosigo], unha comocarencia de nonsesabequé. Si, responde. Seca asmans, enfeita os seus bucles de boneca loura emarcha.

Ten o rostro ancho e a típica ollada rusa, pareceescanear algo que sempre fica tras de ti. Ollosazuis de tundra, de afastamento. É guapa.A khandra conforma quizais o único aspecto inte-resante do argumento desta ópera demasiado sen-timental.

No camerino das mulleres. A letra repásase ma-quinalmente mentres se insiren os amallós dosxustillos nos seus buracos correspondentes, enformación de ringleira, as unhas ás outras comairmás de xeracións dispares. Alguén come un plá-tano coas botas chatoladas apoiadas sobre unhacaixa de cartón; as perchas pandan baixo quilos deroupa, enaugas, tafetás, veludos; cadaquén canta-ruxa, retoca o peiteado, pon morriños ante oúnico espello para 30 pares de ollos a se espreitar.A través dos monitores chéganos a aria do tenorantes de morrer no duelo. Ovacións. Dentro docamerino bisban pintalabios compartidos, sornas,complicidades, broches admirados, brincadeiras,sombras nacaradas para a pálpebra móbil espare-xendo sobre a páxina 107 da partitura. Somos osoño dun pintor de interiores, somos a clonaciónde centos de Degas, a nosa carne mestura o branco

do queixo do Cebreiro e o caviar vermello de SanPetersburgo, preferimos blinis ou filloas, conta-mos entre dezanove e sesenta anos, peitos que pre-cisan dende unha talla 80 ata unha 110,arrastramos noivados fracasados, netos adolescen-tes, fillos no ventre. Inclinámonos sobre a nosaroupa co peso de 180 anos de tradición. Bambea-mos bucles falsos. Agardamos a chamada do nosoeunuco, o rexedor.

[interésache en verdade esta narración? Debes se-guir léndome ou todo seguirá igual en ti unha vezo deixes de facer e me sepultes na primeira neu-rona que atopes cando o texto extinga?]

Hai varias solucións que non me convencen namontaxe. As mulleres saímos no foxo da orquestraa cantar unha peza bucólica nunha escena na queseica encaixaríamos mellor ao fondo dunha fiestrapechada, sombras chinesas a apañar moras. A es-

cenografía varía pouco. Nos bailes asemellámonosa sacos de patacas de Coristanco.

No terceiro acto pertencemos á aristocracia san-petersburguesa. Na que Onegin si parece sentirsena salsa. Así que esa khandra debe de cobreguear-nos a medula tamén a nós. Levo un vestido de ve-ludo verde escuro que me lembra ao célebrevestido das cortinas de Escarlata. Kniguinia Gre-mina, smatritie, smatritie. Tatiana é o parrulo feoda historia. A rexeitada nos primeiros actos e ocisne do derradeiro. A soprano leva chuletas deruso en papel fosforescente pegadas nas palmas dasmans. Gústame a súa voz, logra ser cavernosa ásveces. Agradezo esa capacidade nunha voz de so-prano. Agradezo que se me grite con certa remi-niscencia a eco de gruta.

O dúo final é -debe selo- apoteótico. Se é queeste adxectivo segue a significar algo.

Isto é un ensaio xeral.Ao final os aplausos resoan no eco dun patio de

butacas case baleiro. Todo acontece como se o au-ditorio se atopase cheo a fartar. Saudamos moitasveces. Unha farsa dentro dunha farsa, unha panto-mima de estrea. Respírase un aire tranquilo, triun-fante.

O pano estreita a escena con luxo e pesadez epéchaa: os coristas bolen a se fotografar cos solis-tas, o director seca a suor e sorrí, os tremoeirosagardan -camuflados de escuro- ao fondo do esce-nario, no seu escenario particular de poleas e fe-rraganchos. O rexedor dá ordes que ninguénescoita. O director de coro incide nalgunha pasaxeproblemática, repite palabras como dinámicas,ollar ao tempo do director, stacatto, notas calantese por favor. Alguén tira a perruca con aceno decansazo feliz, barállanse lugares para ir cear, haiunha flor tripada no chan que, non sei en que, pa-récese a Wilde.

Regresamos a nos despoxar da nosa identidadeefémera ao camerino común de mulleres. A rusa,Minia, Xonxa, Paloma, a chistosa, a que nonaturo... todas. Volvemos desabrochar e abrochar,suspirar, nos encrequenar sobre as botas, a bebera grolos longos de vasiños de plástico. Regresamosao noso século XX de roupa cómoda e casual eollamos con saudade [con khandrá?] os 10 quilosde baleas nos que volveremos inserirnos mañá.

Isto é, xa o dixen, un ensaio xeral.Iso que precisariamos no mundo real, no que as

palabras resoan para sempre. Ditas unha vez, ditaspara sempre.

Sen a benevolencia dos aplausos dos ensaios xe-rais.

Co triunfo ou co fracaso dunha estrea.

Estíbaliz... Espinosa, 2008

51

BA EVGENI ONEGIN

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 51

Page 52: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA anxo:Maquetación 1 15/01/10 12:21 Página 52

Page 53: Búsola nº 5

0003091-BUSOLA potada:Maquetación 1 15/01/10 18:28 Página 2

Page 54: Búsola nº 5

BúSOLA

0003091-BUSOLA potada:Maquetación 1 15/01/10 18:28 Página 1