BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra Xaneiro2016.pdf · No 2016 a festividade de Santa Baia de...

8
BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xaneiro 2016 • Nº 196 PARABÉNS Á SOLIDARIEDADE DE VEDRA QUE ESTÁ DE NORABOA!! GRAZAS a todos e todas as persoas que dun ou doutro xeito colaboraron coas campañas de recollidas solidarias que se desenvolveron en Vedra neste Nadal!! Grazas a quen contribuíu coa súa aportación na Campaña de Recollida de Xoguetes que reuníu na Casa das Artes de Vedra un importantísimo número de xoguetes que a ben seguro fará felices a moitos nenos e nenas. Sumámonos ao desexo “Non á infancia sen xoguetes”. Grazas á Gardería Municipal de Vedra por desenvolver as súas campañas de recollida solidaria e sumalas á nosa causa!! Grazas ás 397 persoas inscritas na I Carreira Nocturna So- lidaria de Vedra e a todas aquelas que formaron parte do noso Dorsal nº 0. Entre todos e todas recadamos 787 kilos de productos non perecedoiros!! Noraboa pola vosa so- lidariedade!! Con ela poderemos axudar a quen máis o necesita no noso concello!! Grazas A Asociación Cultural San Campio pola súa “Opera- ción Kilo” coa que un ano máis colaboran cos servizos so- ciais municipais. Nesta ocasión cuns 200 kilos de produtos non perecedoiros. VEDRA FESTEIRA No mes de decembro o Concello de Vedra repar- tiu en cada domicilio un calendario. Se por calquera circuns- tancia vostede non o re- cibiu, primeiramente des- culpe as molestias e que saiba que pode pasar a recollelo pola casa do Concello en horario de atención ao público ou se o prefire chame e levámosllo a casa. PARABÉNS A ODÓN COBAS GARCÍA Ex alcalde de Vedra, pola súa traxectoria política de máis de vinte anos traballan- do polo ben das xentes de Vedra á que lle puxo o punto e final o pasado 28 de decem- bro no último pleno munici- pal do ano. TODAS AS CASAS DE VEDRA CON CALENDARIO!! No 2016 a festividade de Santa Baia de Vedra coin- cide a sábado polo que os nosos festivos locais con- tarán cunha novidade neste ano: 5 de maio. Festividade da Ascensión. 19 de setembro. Festividade do Patio. FESTIVOS LOCAIS EN VEDRA PARA ESTE ANO FESTAS EN SAN XIÁN: 8 DE XANEIRO FESTA DO SAN SEBASTIÁN 9 DE XANEIRO VIRXE DAS DORES 10 DE XANEIRO SAN XIÁN

Transcript of BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra Xaneiro2016.pdf · No 2016 a festividade de Santa Baia de...

Page 1: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra Xaneiro2016.pdf · No 2016 a festividade de Santa Baia de Vedra coin-cide a sábado polo que os nosos festivos locais con-tarán cunha novidade

BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALXaneiro 2016 • Nº 196

PARABÉNS Á SOLIDARIEDADE DE VEDRA QUE ESTÁ DE NORABOA!!

GRAZAS a todos e todas as persoas que dun ou doutro xeito colaboraron coas campañas de recollidas solidarias que se desenvolveron en Vedra neste Nadal!!

Grazas a quen contribuíu coa súa aportación na Campaña de Recollida de Xoguetes que reuníu na Casa das Artes de Vedra un importantísimo número de xoguetes que a ben seguro fará felices a moitos nenos e nenas. Sumámonos ao desexo “Non á infancia sen xoguetes”.

Grazas á Gardería Municipal de Vedra por desenvolver as súas campañas de recollida solidaria e sumalas á nosa causa!!

Grazas ás 397 persoas inscritas na I Carreira Nocturna So-lidaria de Vedra e a todas aquelas que formaron parte do noso Dorsal nº 0. Entre todos e todas recadamos 787 kilos de productos non perecedoiros!! Noraboa pola vosa so-lidariedade!! Con ela poderemos axudar a quen máis o necesita no noso concello!!

Grazas A Asociación Cultural San Campio pola súa “Opera-ción Kilo” coa que un ano máis colaboran cos servizos so-ciais municipais. Nesta ocasión cuns 200 kilos de produtos non perecedoiros.

VEDRA FESTEIRA

No mes de decembro o Concello de Vedra repar-tiu en cada domicilio un calendario.

Se por calquera circuns-tancia vostede non o re-cibiu, primeiramente des-culpe as molestias e que saiba que pode pasar a recollelo pola casa do Concello en horario de atención ao público ou se o prefire chame e levámosllo a casa.PARABÉNS A

ODÓN COBAS GARCÍA

Ex alcalde de Vedra, pola súa traxectoria política de máis de vinte anos traballan-do polo ben das xentes de Vedra á que lle puxo o punto e final o pasado 28 de decem-bro no último pleno munici-pal do ano.

TODAS AS CASAS DE VEDRACON CALENDARIO!!

No 2016 a festividade de Santa Baia de Vedra coin-cide a sábado polo que os nosos festivos locais con-tarán cunha novidade neste ano:

• 5 de maio. Festividade da Ascensión.• 19 de setembro. Festividade do Patio.

FESTIVOS LOCAIS EN VEDRAPARA ESTE ANO

FESTAS EN SAN XIÁN:

8 DE XANEIRO FESTA DO SAN SEBASTIÁN

9 DE XANEIRO VIRXE DAS DORES

10 DE XANEIRO SAN XIÁN

Page 2: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra Xaneiro2016.pdf · No 2016 a festividade de Santa Baia de Vedra coin-cide a sábado polo que os nosos festivos locais con-tarán cunha novidade

De interese...

Presentación do libro Elos de Cinza. Xóvenes de Vedra presentan no EMAX un documental sobre o intercambio europeo deste verán.

Foi en... Decembro

DE IN

TERE

SE...

FOI E

N...

2

PASO PEATONAL NA CARRETERA N-525Á ALTURA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA

A petición da AA VV de Santa Cruz de Ribadulla e do Concello de Vedra ao Ministerio de Fomento contamos xa cun paso seguro para persoas nun dos puntos máis perigosos para atravesar a N-525.

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA REHABILITACION DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO AMBITO DA AREA DE REHABILITACION INTEGRAL DOS CAMIÑOS DE SANTIAGODOG nº 246 do luns 28 de decembro de 2015

O luns 28 de decembro de 2015 no DOG nº 246, foi publicada a convocatoria pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de reha-bilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do programa de rexeneración e renovación ur-banas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación e a rexeneración urbanas 2013-2016, e se establecen as bases reguladoras das subvencións deste programa.

PRAZO DE SOLICITUDE: O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación desta Orde no DOG e poderán pechar o prazo para a presentación de solicitudes de cualificación provisio-nal e definitiva, en atención ao número de solicitudes presentadas.

PARROQUIAS BENEFICIADAS POLAS ACTUACIONS DE REHABILITACION:CAMIÑO DA PRATA II: Ponte Ulla, Santa Cruz de Riba-dulla, San Pedro de Vilanova, San Fins de Sales e San Xián de Sales.

CONTÍA DAS SUBVENCIONS:A contía máxima das axudas non poderá exceder os 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilita-ción e determinarase atendendo ao custo subvencio-nable da actuación e que non poderá execeder o 35% do citado custo subvencionable.

MÁIS INFORMACIÓN: No Concello de Vedra, en ho-rario de atención ó público de luns a venres de 8.30 a 14.00 horas, reservando cita no teléfono 669 450801

Page 3: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra Xaneiro2016.pdf · No 2016 a festividade de Santa Baia de Vedra coin-cide a sábado polo que os nosos festivos locais con-tarán cunha novidade

NADA

L EN V

EDRA

O Nadal en Vedra

3

Concerto de Vaamonde, Lamas e Romero coa Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla.

Visita de Papa Noel á Ludoteca.

Obradoiros Oído Cociña na Casa das Artes de Vedra.

Xantar de Nadal 3ª Idade de Vedra. Nadal en Familia na Casa das Artes de Vedra.

Page 4: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra Xaneiro2016.pdf · No 2016 a festividade de Santa Baia de Vedra coin-cide a sábado polo que os nosos festivos locais con-tarán cunha novidade

NADA

L EN V

EDRA

4

O Nadal en Vedra

Gañadoras e gañadores do I Concurso de Tarxetas de Nadal Concello de Vedra.

I Carreira Nocturna Solidaria de Vedra . Foto da entrega de premios da I Carreira Nocturna Solidaria de Vedra.

Festival de Nadal de Corais.

Festival Panxoliñas Coral de Santa Cruz deRibadulla 2015.

Arredor de 40 nenos e nenas participaron do II Cam-pamento de Nadal da Asoc. Cultural San Campio que propuxo actividades de ocio para as mañás deste nadal!!Ademais a Asociación organizou unha nova edición das Cantarelas de Nadal e dúas sesións de Cine Infantil!!

AS ASOCIACIÓN TAMÉN NO NADAL!!

Page 5: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra Xaneiro2016.pdf · No 2016 a festividade de Santa Baia de Vedra coin-cide a sábado polo que os nosos festivos locais con-tarán cunha novidade

TURI

SMO E

CULT

URA

5

Turismo e CulturaCALENDARIO DE ENTROIDOS DOSXENERAIS DA ULLA EN VEDRA

SÁBADO 30 DE XANEIRO.Vilanova

• Campo da Festa de Picón.• 18:30 h.

DOMINGO 7 DE FEBREIRO.Trobe

• Campo da Festa - Localmultiusos.• 19:00 h.

SÁBADO 13 DE FEBREIRO. San Xián de Sales

• Campo da Festa.• 19:00 h.

SÁBADO 6 DE FEBREIRO.Entroido Municipal de VedraBaile - Concurso de disfraces

Un entroido con novidades e moita diversión.

A partir das 17h. no entorno do Pa-villón Polideportivo - Centro Social.

• Disfracemanía: todos/as disfrazados/as, senón facémolo ao momento.• Masterclass: Entroido DANCE.• Desfile de pasarela.• Actuacións varias e volun-tarias.• Baile Co Dúo Phantom.

...E para que teñas moi claro como participar, achegamos as bases do concurso de disfraces:

BASES DO CONCURSODE DISFRACES

PARRANDAS CANTAREIRASRequisitos:

Estar formada por un mínimo de 8 per-soas e contar con música e cantares.

1º premio:100 € e unha cacheira, dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.

2º premio:100 €. Dúas ducias de chourizos e un monllo de grelos.

COMPARSASRequisitos:

Estar formada por un mínimo de 8 per-soas e ter unha temática.

1º premio:100 €. Unha cacheira, dúas ducias de chourizos e un monllo de grelos.

2º premio:100 €. Dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.

DISFRACES EN GRUPORequisitos:

Ter entre 3 e 7 integrantes de calquera idade.

1º premio:50 € e unha ducia de chourizos e un monllo de grelos.

2º premio:50 € e unha ducia de chourizos.

DISFRACES EN PARELLAA mellor parella de disfraces de 10 a 16 anos: Un agasallo.A mellor parella de disfraces de máis de 16 anos: 30 € + agasallo

DISFRACES INDIVIDUAISO mellor disfraz de 10 a 16 anos: Un agasallo.O mellor disfraz de máis de 16 anos: 20 € + agasallo

Todas as persoas disfrazadas de entre os 0 e os10 anos recibirán o

seu agasallo de participación.

+ info no teléfono 981 814 691ou no correo

[email protected]

E TAMÉN EN FEBREIRO…XXI XORNADAS ARREDORDA CAMELIA

Moita atención no vindeiro número do boletín no que ato-parás todas as novidades da programación destas xornadas!

Para ir abrindo boca:

16º Concurso de Pintura Infantil.

14 de febreiro: VI Ruta btt da camelia polo Val do Ulla

e Maratón de montaña a Camelia.

28 de febreiro: Exposición das XXI Xornadas arredor da

Camelia

E en marzo mais actividades!!!!!!

Page 6: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra Xaneiro2016.pdf · No 2016 a festividade de Santa Baia de Vedra coin-cide a sábado polo que os nosos festivos locais con-tarán cunha novidade

XUVE

NTUD

EDE

PORT

E

6

Xuventude

Medio AmbienteDURANTE O MES DE FEBREIRO …CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE CARTUCHOS E TONER!!

No punto limpo de Vedra no hora-rio habitual de apertura:

• Martes de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h.• Sábados de 10:00 a 14:00 h.

No Concello de Vedra en horario de atención ao público: De luns a venres de 8:30 a 14:30 h.

Entre todos e todas podemos me-llorar o noso entorno!!

POSTA A PUNTO 2016

Un ano máis, arranca o programa “Posta a Pun-to” co obxectivo de xerar un espazo de encontro, lecer e formación para a mocidade do concello.

No mes de xaneiro realizaremos un encontro con xóvenes que estean interesados/as en participar en proxectos de mobilidade europea. Calquera mozo ou moza con idades entre os 14 e 25 anos que quei-ran informarse ao respecto deben achegarse ao:

• Obradoiro: INTERCAMBIOS EUROPEOS: “QUE NOS OFRECE EUROPA?” • Día: venres 15 de xaneiro.• Hora: 20:00 h. • Lugar de celebración: Centro Municipal de Formación (Casa da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla).• Nota: a idea e crear grupos para participar en intercambios tanto de acollida como de envío ao longo de 2016.

DeporteCAMPAÑA DE ESQUÍ 2016DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña pon en marcha a Campa-ña de esquí destinada os nenos/as nados/as nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005.

Este ano terá lugar na estación invernal de Leitaregos onde os participantes gozarán de cinco días con aloxa-mento, manutención e cursiños de esquí. A cota de inscrición da actividade será de 95,00 euros por par-ticipante. Haberá cinco quendas para os nenos/as de toda a provincia que se distribuirán a partires do 7 de febreiro, a entrada sempre será a luns pola mañá e a saída o venres despois da comida.

Se estás interesado podes pre-inscribirte no concello chamando ao teléfono 981 814 691. Cando nos adxu-diquen as prazas para Vedra realizaremos un sorteo público ante o Secretario municipal para seleccionar os rapaces/as participantes desta campaña.

PROXIMA ETAPADE SENDERISMO

O grupo de sendeiristas realiza unha nova etapa no mes de xaneiro.

• DATA: 16 de xaneiro.• RUTA: De Alberguería a Outorelo.

Inscricións no teléfono 981 814 691 ata o 14 de xaneiro.

Etapa de sendeirismo do mes de decembro.

Page 7: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra Xaneiro2016.pdf · No 2016 a festividade de Santa Baia de Vedra coin-cide a sábado polo que os nosos festivos locais con-tarán cunha novidade

EDUC

ACIÓ

N

7

Servizos SociaisACTIVIDADES TERCEIRA IDADE

Obradoiro de Teatro Venres 8 de xaneiro ás 18:00 h.Creación dun grupo para a montaxe dunha obra de teatro.Anímate e participa!

Obradoiro de lana, trapillo, fío...Mércores 13 de xaneiro ás 18:00 h.Creación dun grupo para este obradoiro. É gratuito. O mate-

rial será por conta de cada un. Contamos coa colaboración dunha voluntaria. Anímate e participa!

Baile con discoVenres 15 de xaneiro ás 21 h.

Circuíto Termal nas Termas de OutarizMércores 20 de xaneiro.Prezo: 22 € (Inclúe transporte,

comida e tratamento termal; prazas limitadas)Programa: pola mañá trata-mento termal, xantar e regreso. (O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 16 de xaneiro no Centro Social. As prazas e número de asento adxudica-ranse por orde de inscrición)

BingoXoves 21 de xaneiro ás 20:00 h.

ESCOLA DE FAMILIASo 14 de xaneiro ás 20:00 h. na biblioteca municipal

Neste mes Escola de Familias abordará unha temá-tica importante para todas as familias : AS RELACIÓNS DOS PAIS/NAIS E FILLO/AS NA ADOLESCENCIA.

Desenvolverase a través do programa Lisis centrado na adolescencia trátase dun programa de actividades para traballar coas familias os aspectos do desenvol-vemento dos fillos/as, potenciando os factores protec-tores familiares que demostran ser primordiais para previr condutas de risco na adolescencia, como o con-sumo de drogas e a conduta delituosa.

É un programa sistemático de actividades que permi-ten potenciar, no contexto familiar, recursos psicoso-ciais que facilitan o axuste do adolescente e da familia. Trátase dun programa que actúa sobre o microsiste-

ma familiar promocionando a función principal que ten esta contorna como axente de prevención en con-dutas de risco.

A Primeira sesión tratará sobre a “Adolescencia e re-lacións familiares”.

Poderán asistir todos/as aqueles/as interesados/as. Por razóns de organización aconsellamos que confir-medes a vosa asistencia no telf. 699041486 Mamen Sabio (Educadora) ou no seguinte enderezo:[email protected] .

Escola de familias organiza esta sesión sesión o 14 de xaneiro, de 20:00 a 21:30 horas na BIBLIOTECA MUNICIPAL.

ACTIVIDADES TERCEIRA IDADE

Continúa este proxecto dirixido a nais e pais con fillos menores de 3 anos do Concello de Vedra.

• Axenda para xaneiro: os luns 11 e 25 ás 17:30 h. • Na Escola Unitaria de S. Miguel de Sarandón.

PUNTO DE INFORMACIÓN EASESORAMENTO EDUCATIVO MUNICIPAL

Lembramos que está a funcionar o Punto de Información e Asesoramento Educativo Municipal, que ten como obxectivo:

• Asesoramento ó alumnado e ás súas familias sobre as posibles alternativas educativas.

Toda a información en calquera dos programas de educación no teléfono 699 041 486 en horario

de 9:00 a 14:00 h.ou a través do enderezo electrónico

[email protected]

Educación

Page 8: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra Xaneiro2016.pdf · No 2016 a festividade de Santa Baia de Vedra coin-cide a sábado polo que os nosos festivos locais con-tarán cunha novidade

ASOC

IACI

ÓNS

Iniciativas das Asociacións

ASOCIACIÓN CULTURALPAPAVENTOSTEATROFILIA 2016

Moita atención ao vindeiro número do boletín… nel coñe-cerás a imaxe desta nova edi-ción de Teatrofilia e todas as súas novidades!!

… Xa está aquí!!

ASOCIACIÓN CULTURAL SENUNPESOABERTA A INSCRICIÓN PARA O LAV016CON PRAZAS BONIFICADAS PARA REPRESENTANTES DE ASOCIACIÓNS

A Asociación Senunpeso organiza o LAV016, Labo-ratorio Audiovisual de Vedra, que se celebrará na fin de semana do 13 e 14 de febreiro de 2016.

A inscrición aos obradoiros para persoas adultas xa está aberto. Son 8 cursos dirixidos a afeccionados e profesionais:

• Realización de videoclips, con Mar Catarina e Rubén Domínguez.• Interpretación para televisión, con Mariana Carballal.• Dirección de actores e actrices, con Jorge Coira. • Escritura de guión de longametraxe, con Alfon-so Zarauza e Jaione Camborda.• Creación audiovisual en tempo real, con Oswal-do García.• Sonorización de eventos, con Xacobo Castro.

• O son, do low cost ao cinematográfico, con Xoan Escudero.• Kung fu fotográfico, con Paco Rocha.

Todos os cursos teñen unha duración de 14 horas re-partidas entre o sábado 13 e o domingo 14 de febreiro.

Hai 15 prazas dispoñibles en cada curso, cun prezo de 50 € para cada participante.

A matrícula formalízase online antes do 1 de febreiro a través da web da asociación: www.senunpeso.org.

PRAZAS BONIFICADAS PARA REPRESENTANTES DAS ASOCIACIÓNS

Grazas ao convenio asinado co Concello de Vedra, o LAV dispón de 8 prazas bonificadas para repre-sentantes das asociacións de Vedra (culturais, de-portivas, de festas etc) que queiran realizar algún curso. O desconto é do 50% no prezo da matrícula: pagarán só 25 €.

As persoas que queiran gozar deste desconto de-ben escribir a [email protected]. Teñen máis información na web www.senunpeso.org.

ESCOLA DE MÚSICASANTA CRUZ DE RIBADULLACONCELLO DE VEDRA

Esta asociación que xa conta con máis de 100 persoas inscritas, quere seguir medrando e difundin-do a música por todo o concello.

Para iso no 2016 propón clases de música en San Xián. Se tes interese

en xaneiro podes inscribirte no te-léfono 981 814 691 (Departamento de Cultura ) ou recibir toda a infor-mación no 616 440 482 (Presiden-te da Asociación Escola de Música Santa Cruz).

Edita Colaboran

PUBLICA A TÚA PROPOSTA:Se pertences a calquera das asociacións de Vedra e o que queres é que a túa actividade saia publicada no Boletín, fáinolo saber no teléfono 981 814 691 ou no correo [email protected] co asunto: NOVA PARA O BOLETÍN. A DATA LÍMITE PARA FACELO SERÁ O 20 DE CADA MES.