BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS DA UNIVERSIDADE … · Benvidos e benvidas! Estades ante o...

7
BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS DA UNIVERSIDADE DE GALES, BANGOR Número 1, outono de 2007 Benvidos e benvidas! Estades ante o primeiro boletín do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Gales, Bangor. Unha pequena fonte de información encamiñada a que o estudantado e o mundo da investigación interesado en Galicia e na súa lingua e cultura estean ao tanto das actividades e proxectos que desenvolvemos e pulamos dende o País de Gales. Quen somos? O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Gales, Bangor comezou a funcionar durante o pasado curso 2006-2007, integrado no departamento de Modern Languages de dita universidade. No seus primeiros meses de actividade, leváronse a cabo diferentes accións encamiñadas a fomentar e alicerzar o espallamento dos estudos galegos no estranxeiro e, concretamente, no Reino Unido. A pesar de que este foi o seu ano inaugural, o Centro funcionou como un activo punto de encontro entre estudantes e investigadores interesados en Galicia e na súa cultura. Por todo isto, este boletín quere ser o primeiro dunha serie de periodicidade anual na que se recollerán os diferentes eventos, congresos ou encontros pulados e proxectados dende o Centro de Estudos Galegos de Bangor. Ao longo das seguintes páxinas, inciaremos unha viaxe polos actos que ocuparon a nosa actividade durante esta xeira inicial: a inauguración do Centro, apadriñado polo profesor da universidade de Glamorgan Sharif Gemie e pola artista e experta en música tradicional Mercedes Peón; o simposio “Less Widely Taught Languages in the UK”, realizado conxuntamente con CILT CYMRU; e a participación do escritor Xurxo Borrazás no Festival Eisteddfod. Mais 1

Transcript of BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS DA UNIVERSIDADE … · Benvidos e benvidas! Estades ante o...

BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS

DA UNIVERSIDADE DE GALES, BANGORNúmero 1, outono de 2007

Benvidos e benvidas! Estades

ante o primeiro boletín do Centro de

Estudos Galegos da Universidade de

Gales, Bangor. Unha pequena fonte de

información encamiñada a que o

estudantado e o mundo da investigación

interesado en Galicia e na súa lingua e

cultura estean ao tanto das actividades e

proxectos que desenvolvemos e

pulamos dende o País de Gales.

Quen somos?O Centro de Estudos Galegos da

Universidade de Gales, Bangor

comezou a funcionar durante o pasado

curso 2006-2007, integrado no

departamento de Modern Languages de

dita universidade. No seus primeiros

meses de actividade, leváronse a cabo

diferentes accións encamiñadas a

fomentar e alicerzar o espallamento dos

estudos galegos no estranxeiro e,

concretamente, no Reino Unido. A

pesar de que este foi o seu ano

inaugural, o Centro funcionou como un

activo punto de encontro entre

estudantes e investigadores interesados

en Galicia e na súa cultura. Por todo

isto, este boletín quere ser o primeiro

dunha serie de periodicidade anual na

que se recollerán os diferentes eventos,

congresos ou encontros pulados e

proxectados dende o Centro de Estudos

Galegos de Bangor. Ao longo das

seguintes páxinas, inciaremos unha

viaxe polos actos que ocuparon a nosa

actividade durante esta xeira inicial: a

inauguración do Centro, apadriñado

polo profesor da universidade de

Glamorgan Sharif Gemie e pola artista e

experta en música tradicional Mercedes

Peón; o simposio “Less Widely Taught

Languages in the UK”, realizado

conxuntamente con CILT CYMRU; e a

participación do escritor Xurxo

Borrazás no Festival Eisteddfod. Mais

1

tampouco esqueceremos o que está por

vir, os actos programados para os

vindeiros meses. Da mesma maneira,

aproveitaremos para dar conta da

experiencia aprendendo galego en

Santiago de Compostela dunha das

alumnas do departamento de Modern

Languages.

Comezando o camiño: 1 de

novembro de 2006O 1 de novembro de 2006 foi sen

dúbida unha data singular para o Centro

de Estudos Galegos de Bangor, xa que

ese día comezou simbolicamente a súa

andaina. O acto consistiu,

primeiramente, nunha conferencia do

Doutor Sharif Gemie, da Universidade

de Glamorgan, titulada “Late

Nationalism in Contemporary Galicia:

Identity, Gender, and the Music of

Mercedes Peón”.

Nela, Gemie propuxo un achegamento á

historia da música popular galega dos

últimos anos centrádose nos traballos

discográficos dalgún dos grupos máis

relevantes de onte e hoxe. A través dos

sons de Fía na Roca, Berrogüeto,

Milladoiro, Luar na Lubre e, por

suposto, Mercedes Peón, Gemie visitou

as diferentes etapas coas que o

movemento nacionalista contou en

Galicia e reflexionou sobre o distinto

emprego da tradición musical en cada

unha delas.

2

Ás súas palabras poría despois imaxes e

sons Mercedes Peón, que nos acercou

“O son da nosa memoria” nunha

intervención en que as melodías tiveron

tanta importancia coma as palabras. O

público presente puido así gozar tanto

co canto e co estourido da pandeireta,

coma dunha demorada explicación da

rica tradición musical galega.

Peón tampouco desaproveitou a

oportunidade de reivindicar tanto a

existencia, dende ben antigo, de

mulleres gaiteiras, coma a necesidade

de que nas escolas do país se mergulle

ao alumnado na música de noso.

Reflexionando sobre o ensino de

linguas minorizadas: “Less

widely taught languages in the

UK”O 20 de xuño de 2007 o Centro de

Estudos Galegos da Universidade de

Gales, Bangor, en colaboración con

CILT Cymru e o Subject Centre for

Languages, Linguistics and Area

Studies, organizou un simposio arredor

das linguas menos ensinadas no Reino

Unido. Nel déronse cita diversos

expertos que, logo de facer un conciso

estado da cuestión sobre o idioma en

que traballan, reflexionaron en torno ás

dificultades, vantaxes e proxeccións de

futuro coas que contan estas linguas.

Interveu primeiramente, cunha breve

introdución ao tema centrándose no

caso galego, a Dra. Helena Miguélez-

Carballeira, directora do Centro de

Estudos Galegos e da Sección de

Español da Universidade de Gales,

Bangor. En segundo lugar, Dr. Antonio

Ibarz, da Universidade de Sheffield,

centrouse na súa experiencia de ensino

de lingua catalá no Institute for Lifelong

Learning de dita institución cun

achegamento titulado: “Towards

blended learning in LWTL?: an

experience of adults learning Catalan in

the UK”.

3

A continuación, Nagore Tolosa-Ustoa, a

profesora de euskera da universidade de

Birmingham (ata o de agora o único

centro de ensino superior do Reino

Unido en que se pode cursar este

idioma), centrouse en facer chegar aos

participantes no simposio as

particularidades sociolingüísticas da

lingua que imparte, namentres tamén

prestou unha especial atención á

escaseza de materiais dispoñíbeis para

tal fin. Deseguido, a quenda foi para o

Dr. Akin Oyètádé, director da School of

Oriental and African Studies da

universidade de Londres. Oyètádé

orientou a súa disertación na

aprendizaxe do ioruba, feito que quixo

encadrar relatando cal é a situación dos

inmigrantes nixerianos na capital do

Reino Unido.

Por último, Eugene Mckendry, director

do Northern Ireland CILT, explicou o

proxecto CRAMLAP, encamiñado

centrado na investigación de linguas

minoritorarias alén das súas fronteiras

nacionais. As intervencións dos catro

falantes deron lugar a unha mesa

redonda na que o público asistente

interaccionou cos mesmos, poñendo en

común as propias experiencias e

debatendo algúns dos temas propostos

con anterioridade.

Proxectándonos cara a Gales: a

presenza galega no último

Festival EisteddfodA comezos do pasado agosto celebrouse

na vila de Mold o xa mítico Festival

anual Eisteddfod, cita anual ineludíbel

da cultura galesa. O Centro de Estudos

Galegos da Universidade de Gales,

Bangor, quixo estar presente no grande

acto da man do escritor e tradutor

Xurxo Borrazás, quen o 6 de agosto

achegou unha breve conferencia

centrada na historia da lingua e da

literatura galegas. As palabras de

Borrazás, pronunciadas en galego, foron

traducidas directamente ao galés. A

continuación, o público presente puido

dirixirse ao escritor para formularlle as

cuestións que considerase oportunas.

4

Os primeiros falares con acento

estranxeiroAo longo de todo o curso académico,

polos corredores da Escola de Linguas

Modernas da Universidade de Gales,

Bangor, comezaron a poder escoitarse

as primeiras palabras en galego,

resultado das clases de lingua

impartidas neses meses. Non obstante, a

experiencia de Krisztina Hamori, unha

das nosas alumnas, no curso de verán

organizado pola Universidade de

Santiago de Compostela e o Instituto da

Lingua Galega, propiciou que por

primeira vez unha estudante de Bangor

se desenvolvese en galego con absoluta

fluidez.

Fotografía da catedral de Santiago tomada pola

propia Krisztina.

Ela mesma cóntanos a súa experiencia:

“Durante o meu primeiro ano estudando

castelán, tiven a oportunidade de pedir

unha bolsa para aprender galego. Fun

moi afortunada ao recibila e aprender

así unha lingua menos coñecida, pero

moi bonita. O curso gustoume moito

porque non só aprendín outra lingua e

unha nova cultura, historia e xeografia,

senón que tamén puiden coñecer a xente

de todo o mundo. Gustoume que todos

falásemos a mesma lingua anque non

fose a nosa lingua materna. Todos os

sábados leváronnos de excursión, nas

que puidemos descubrir a marabillosa

Galiza. Galiza ten unha natureza moi

bonita, hai montes, outeiros, ríos,

bosques e sobre todo, mar. O máis

divertido é que eu non sabía que podía

chover tanto en España. Teño que

mencionar tamén o riquísima que está a

comida e o agarimosa que é a xente. O

ano que vén, vou continuar aprendendo

galego na universidade porque quero

5

falalo moi ben. Recoméndolles ás

persoas ás que lle gusta estudar linguas

pouco coñecidas estudar galego. Espero

poder volver o próximo verán.”

Krisztina, na fila de enriba, segunda pola

esquerda, co seu grupo do curso.

O que está por virAgora que xa coñeces algúns dos actos

que ocuparon a nosa actividade durante

o último período académico, queremos

que sexas partícipe das actividades que

terán lugar no Centro de Estudos

Galegos da Universidade de Gales,

Bangor. O curso que comeza vén

marcado por tres econtros en que a

literatura e a tradución teñen un papel

senlleiro. O próximo 24 de outubro de

2007 a poeta e tradutora Erin Moure

disertará sobre a súa experiencia

traducindo a Chus Pato. A conferencia,

que se celebrará na sala Tricolore da

Escola de Linguas Modernas, virá

seguida dun recital poético da propia

Chus Pato, quen lerá os seus poemas en

versión bilingüe.

Por outro lado, o vindeiro febreiro a

poeta e académica María do Cebreiro

Rábade Villar inaugurará a Residencia

de Escritores, un proxecto do Centro

de Estudos Galegos de Gales

encamiñado a que o estudantado e os

investigadores da zona teñan contacto

cunha escritora ou un escritor

representativo da mellor literatura

galega contemporánea. Este 2008 é a

quenda de María do Cebreiro, a quen

esperamos ter axiña por estas terras.

Seguidamente, o mes de marzo,

concretamente os días 18, 19 e 20,

traerá o primeiro congreso

internacional organizado dende o

Centro de Estudos Galegos de Gales (en

colaboración coa Universidade de

Liverpool), que leva por título “Saíndo

da nación?: máis alá do nacional na

produción galega contemporánea”.

Este encontro entre xentes

especializadas nos estudos galegos

procura ser un activo foro de diálogo

aberto a todo tipo de propostas e a

investigadoras e investigadores de todos

os lugares do mundo. Para obter máis

información sobre o mesmo, preme en

http://www.bangor.ac.uk/ml/galician/C

FP_Galician.php

No segundo boletín daremos cumprida

conta de todas estas actividades, aínda

6

que o mellor é que procures non

perdelas! Esperámoste no País de Gales.

7