Boletín verán 2015

2
Todas las hadas del reino Laura Gallego Montena, 2015, 480 páx. Camelia é unha fada madriña que leva trescentos anos axudando con grande eficacia a novas doncelas e aspirantes a heroe para que alcancen os seus propios finais felices. Todo empeza a complicarse cando lle encomendan a Simón, un mozo de corte que necesita a súa axuda desesperadamente. Por algún motivo, con Simón as cousas comezan a torcerse... Economix. Cómo funciona la economía (y como no) en palabras e imágenes Michael Goodwin, Dan E. Burr Lundwerg, 2013. 304 páx. Todo o mundo fala sobre economía, pero que sabemos realmente sobre ela? Como podemos avaliar a situación actual? Como podemos nós, a xente de a pé interpretar os movementos da bolsa de Wall Street? Unha novela gráfica para facelo comprensible para todos. Nas cousas humanas hai unha marea que se se toma a tempo conduce á fortuna; para quen a deixa pasar, a viaxe da vida pérdese en baixíos e desditas. William Shakespeare Héroe a mi pesar (Nunca seré tu héroe II) María Menéndez-Ponte SM, 2015. 240 páx. Andrés, o protagonista de Nunca serei o teu heroe, segue buscando o seu sitio na vida. Cando cre que todo empeza a ter sentido xorden novas situacións que o volven sumir no desconcerto. A amizade e, como, non o amor, serán as súas grandes bazas para encontrar o seu camiño. Todos somos Marcos Calveiro Xerais, 2013. 160 páx. A vida de Antón vese trastornada pola estraña desaparición da súa compañeira Natalia. As variadas reaccións do contorno da rapaza ante este desgraciado feito conforman un retrato da sociedade actual. Los fantasmas del paraíso (Las redes del silencio III) Alfredo Gómez Cerdá SM, 2015. 176 páx. Pablo é o fillo menor dunha poderosa e adiñeirada familia española. Actualmente estuda en Suíza, coñeceu a Bettina, namoráronse e a vida sorrilles. Ata que o pai de Pablo é detido e encarcerado pola súa implicación nun caso de corrupción. Será entón cando todos os principios de Pablo cambalean... Sombras de la Plaza Mayor Rosa Huertas Edelvives, 2015. 206 páx. A Gonzalo, un mozo de 17 anos, gústalle escribir, e acode con frecuencia á praza Maior en busca de inspiración para as súas historias. Unha tarde, encóntrase cun pintor habitual da praza, Rodrigo, que levará a Gonzalo a entender a vida daqueles sen fogar, a coñecer a historia da praza e a namorarse de Inés, que é irmá de Rodrigo.

description

Recomendacións de lecturas para o verán 2015

Transcript of Boletín verán 2015

Page 1: Boletín verán 2015

Todas las hadas del reinoLaura Gallego

Montena, 2015, 480 páx.

Camelia é unha fada madriña que

leva trescentos anos axudando con

grande eficacia a novas doncelas e

aspirantes a heroe para que alcancen

os seus propios finais felices. Todo

empeza a complicarse cando lle

encomendan a Simón, un mozo de

corte que necesita a súa axuda

desesperadamente. Por algún

motivo, con Simón as cousas

comezan a torcerse...

Economix. Cómo funciona la

economía (y como no) en

palabras e imágenesMichael Goodwin, Dan E. Burr

Lundwerg, 2013. 304 páx.

Todo o mundo fala sobre economía, pero

que sabemos realmente sobre ela? Como

podemos avaliar a situación actual?

Como podemos nós, a xente de a pé

interpretar os movementos da bolsa de

Wall Street?

Unha novela gráfica para facelo

comprensible para todos.

Nas cousas humanas hai unha

marea que se se toma a tempo

conduce á fortuna; para quen a

deixa pasar, a viaxe da

vida pérdese en

baixíos e desditas.

William Shakespeare

Héroe a mi pesar (Nunca seré

tu héroe II)María Menéndez-Ponte

SM, 2015. 240 páx.

Andrés, o protagonista de Nunca

serei o teu heroe, segue buscando o

seu sitio na vida. Cando cre que todo

empeza a ter sentido xorden novas

situacións que o volven sumir no

desconcerto. A amizade e, como, non

o amor, serán as súas grandes bazas

para encontrar o seu camiño.

Todos somosMarcos Calveiro

Xerais, 2013. 160 páx.A vida de Antón vese trastornada pola

estraña desaparición da súa compañeira

Natalia. As variadas reaccións do contorno da

rapaza ante este desgraciado feito conforman

un retrato da sociedade actual.

Los fantasmas del paraíso (Las

redes del silencio III)Alfredo Gómez Cerdá

SM, 2015. 176 páx.

Pablo é o fillo menor dunha poderosa

e adiñeirada familia española.

Actualmente estuda en Suíza,

coñeceu a Bettina, namoráronse e a

vida sorrilles. Ata que o pai de Pablo

é detido e encarcerado pola súa

implicación nun caso de corrupción.

Será entón cando todos os principios

de Pablo cambalean...

Sombras de la Plaza MayorRosa Huertas

Edelvives, 2015. 206 páx.

A Gonzalo, un mozo de 17 anos, gústalle

escribir, e acode con frecuencia á praza

Maior en busca de inspiración para as

súas historias. Unha tarde, encóntrase

cun pintor habitual da praza, Rodrigo,

que levará a Gonzalo a entender a vida

daqueles sen fogar, a coñecer a historia

da praza e a namorarse de Inés, que é

irmá de Rodrigo.

Page 2: Boletín verán 2015

Baixamar (ata 14 anos)

Diario de Greg 9. Carretera y

mantaJeff Kinney

RBA Molino, 2015. 224 páx.

Quen non foi de vacacións en coche

coa súa familia? Goza desta ruta

estival con GREG e cos seus.

Gargalladas aseguradas! Suponse que

viaxar por estrada en familia é moi

divertido...por suposto, a non ser

que se trate dos Heffleys.

El tesorero. Mortadelo y FilemónFrancisco Ibáñez

Ediciones B, 2015. 48 páx.

O ministro de economía precisa cartos para

gastos gubernamentais e descobre que

alguén se apropiou de fondos da tesouraría

do Partido Papilar...

Zac y MiaA.J. Betts

Salamandra, 2015. 288 páx.

Aínda que un hospital sexa o último

lugar onde dous adolescentes

agardan iniciar unha relación, nesta

novela demóstrase que todo é

posible.

El Viaje de NarayanJordi Sierra i Fabra

Obra Social Fundación ”la Caixa”,

2009. 41 páx.

https://obrasocial.lacaixa.es/deploy

edfiles/obrasocial/Estaticos/pdf/Coo

p_Internacional/Sensibilizacion/Nar

ayan_es.pdf

Explica a importancia dos

microcréditos como instrumento de

loita conta a pobreza, favorecendo o

desenvolvemento económico, a

creación de microempresas e a axuda

a mulleres.

Contos para ManuelaMario Pereira Fernández

Obradoiro, 2001. 136 páx.

Dezaseis historias cheas de imaxinación

que reclaman a participación dos lectores

ao ofrecer tres finais diferentes. Son relatos

divertidos que nos achegan historias,

reflexións e tamén algunha ensinanza.

Rebelión en VerneMarisol Ortiz de Zárate

Bambú, 2015. 208 páx.

Jules Verne está desanimado e

acaba de abandonar a súa novela.

Os protagonistas da historia

áchanse atrapados nunha illa do

Pacífico, onde o tempo se detivo e o

inverno se eterniza. Desesperados

porque a historia non avanza, Briant

e Doniphan deciden explorar que

hai máis alá do abismo escuro que

interrompe a súa aventura...

Preamar (a partir de 14 anos)

Los sueños de HelenaEduardo Galeano,

Libros del zorro rojo, 2011. 64 páx.

Eduardo Galeano foi transcribindo os

sonos de Helena, a súa esposa. Este

libro reúneos por primeira vez ao

xeito dun gran relato, ilustrado por

Isidro Ferrer, que interpretou toda a

beleza dunhas historias creadas para

soñadores de calquera idade. Amigos,

descoñecidos, viaxes, exilios e

reencontros entretécense nun

itinerario de aventuras.

StonerJohn Williams

Baile del sol, 2014. 246 páx.

Stoner, fillo duns campesiños de Misuri, é

enviado con grande esforzo polos seus pais

á universidade para que estude enxeñaría

agrícola e, para que ao rematar os seus

estudos, de volta á granxa, puxese en

práctica os coñecementos adquiridos. Pero

nesas clases descobre a literatura e de que

xeito pode cambiar a súa vida.

O gardián invisibleDolores Redondo

Xerais, 2015. 456 páx.

A aparición dunhas mozas mortas é

o punto de partida para unha

investigación que se entretece

cunha historia familiar. Unha

suxestiva mestura de intriga e

sentimentos nunha novela traducida

a dez idiomas.