Boletin do IES de Brión

4
B B o o l l e e t t í í n n t t r r i i m m e e s s t t r r a a l l d d o o I I E E S S d d e e B B r r i i ó ó n n Un proxecto do IES de Brión resulta premiado en “Sensores para todos” O proxecto "Xogando coa luz" elaborado por un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO, acadou unha Mención Especial no concurso "Sensores para todos" promovido por Igaciencia e patrocinado por educaBa rrié e pola Domus. Os alumnos e alumnas que participan no proxecto son: Christian Capeáns Pérez, Martín Manuel Chaves Fraga, Brais Cuns González, Carlos Manuel GarcíaNovio González, María Gra munt Cernadas, Lois Meira López, María Otero Anguiano, Xu lia Sánchez Rodrí guez e Daniel Eduardo Vila Mateus. O proxecto, enmárca do nas actividades or ganizadas ao redor do Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego, estivo titorizado nas súas diferentes fases polo profesorado dos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo. O éxito do proxecto, desenvolvido integra mente con software e hardware libre (S4A e Arduino), é unha agradable recompensa ao esforzo que supón a cada vez máis necesaria introdución da programación nas aulas. O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística en colaboración co departamento de Tecnoloxía organizan a Videoconferencia “A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego)” impartida por Manuel Caeiro Rodríguez, para o alumnado de 4º de ESO e o alumnado que curse a materia de TIC en 1º de Bacharelato. A videoconferencia tivo lugar o mércores 5 de novembro de 12:00 a 13:00 horas na aula de usos múltiples do IES de Brión respon dendo á proposta da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Linguística de celebración do V día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego. O alumnado participou activamente for mulando varias preguntas o poñente V día da ciencia en galego Saída ao Caurel O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha saída ao Courel do 29 de outubro ao 31 de outubro para o alumnado de Ciencias da Terra de 2º de Bacharelato e Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato. Na actividade fixéronse roteiros e a visitouse á estación botánica e museo xeolóxico de Quiroga Visita ao castro de San Cibrao Os departamentos de Lingua Galega e Latín, organizaro una visita ao Castro de San Cibrao de Las e Ribadavia o martes 28 de outubro para o alumnado de 3º de ESO. Visita a Sotavento Os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía organizaron unha visita co alumnado de 3º de ESO o pasado día 17 de outubro ao Parque eólico experimental de Sotavento para o estudo das enerxías renovables e coñecer o funcionamento dunha vivenda bioclimática.

description

Primer trimestre do 2014

Transcript of Boletin do IES de Brión

Page 1: Boletin do IES de Brión

BBoolleettíínn ttrriimmeessttrraall ddoo IIEESS ddee BBrriióónnUn proxecto do IES de Brión resulta premiadoen “Sensores para todos”

O proxecto "Xogando coa luz" elaborado

por un grupo de alumnos e alumnas de 4º de

ESO, acadou unha Mención Especial no

concurso "Sensores para todos" promovido

por Igaciencia e patrocinado por educaBa­

rrié e pola Domus.

Os alumnos e alumnas que participan no

proxecto son: Christian Capeáns Pérez,

Martín Manuel Chaves Fraga, Brais Cuns

González, Carlos

Manuel García­Novio

González, María Gra­

munt Cernadas, Lois

Meira López, María

Otero Anguiano, Xu­

lia Sánchez Rodrí­

guez e Daniel

Eduardo Vila Mateus.

O proxecto, enmárca­

do nas actividades or­

ganizadas ao redor do

Día da Ciencia e a

Tecnoloxía en Galego, estivo titorizado nas

súas diferentes fases polo profesorado dos

departamentos de Tecnoloxía e Debuxo.

O éxito do proxecto, desenvolvido integra­

mente con software e hardware libre (S4A e

Arduino), é unha agradable recompensa ao

esforzo que supón a cada vez máis necesaria

introdución da programación nas aulas.

O Equipo de Normalización e Dinamización

Lingüística en colaboración co departamento

de Tecnoloxía organizan a Videoconferencia

“A ciencia da programación de ordenadores

(tamén en galego)” impartida por Manuel

Caeiro Rodríguez, para o alumnado de 4º de

ESO e o alumnado que curse a materia de

TIC en 1º de Bacharelato.

A videoconferencia tivo lugar o mércores 5

de novembro de 12:00 a 13:00 horas na aula

de usos múltiples do IES de Brión respon­

dendo á proposta da Coordinadora Galega

dos Equipos de Normalización e

Dinamización Linguística de celebración do

V día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego.

O alumnado participou activamente for­

mulando varias preguntas o poñente

V día da ciencia engalego

Saída ao CaurelO departamento de Bioloxía e Xeoloxía

organizou unha saída ao Courel do 29 de

outubro ao 31 de outubro para o alumnado

de Ciencias da Terra de 2º de Bacharelato e

Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato.

Na actividade fixéronse roteiros e a visitouse

á estación botánica e museo xeolóxico de

Quiroga

Visita ao castro de SanCibraoOs departamentos de Lingua Galega e Latín,

organizaro una visita ao Castro de San

Cibrao de Las e Ribadavia o martes 28 de

outubro para o alumnado de 3º de ESO.

Visita a Sotavento

Os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía

organizaron unha visita co alumnado de 3º

de ESO o pasado día 17 de outubro ao

Parque eólico experimental de Sotavento

para o estudo das enerxías renovables e

coñecer o funcionamento dunha vivenda

bioclimática.

Page 2: Boletin do IES de Brión

Páxina 2 Boletín trimestral do IES de Brión

Luciano Fernández Rueda en radio emBriónUn grupo de alumnos e alumnas de 2º de

Bacharelato, unha alumna de 2º de ESO e o

actual director do IES de Brión entrevistan a

Luciano Fernández Rueda que, despois de

toda unha vida dedicada á docencia, déixao

para comezar outra etapa, a merecida

xubilación.

Brión homenaxea ao impulsor do Bacharelato no novo IES

Luciano Fernández Rueda xubílase tras 14

anos como director do Instituto de Brión,

primeiro no antigo de Esparís e logo no

novo IES, centro que axudou a impulsar e

no que conseguiu a implantación do

Bacharelato. Lucense de nacemento, o seu

labor docente está moi vinculado coa

comarca compostelá e di que se de algo se

sente orgulloso “é ter educado persoas, non

alumnos”. Como recoñecemento ao seu

labor toda a comunidade educativa quixo

homenaxealo cun xantar de confraternidade

no Hotel Balneario Compostela. O acto

contou ca presenza do alcalde de Brión,

Xosé Luís García quen destacou o labor

educativo de Luciano Fernández, dirixindo

primeiro o centro, que se atopaba en Esparís,

e levando a cabo o traslado ó novo IES no

lugar de Pedrouzos, ademais de conseguir a

implantación do Bacharelato. Luciano

Fernández Rueda, contaba cun ampla

experiencia que demostra xa na posta en

marcha dos Institutos de Sar en Santiago,

Cacheiras en Teo e Bertamiráns en Ames.

Luciano Fernández pronunciou un discurso

de despedida no que agradeceu a

colaboración de tódalas persoas que dunha

maneira ou outra o axudaron a levar adiante

todos estes proxectos.

Xornada de xogos populares

Os departamentos de Normalización

Lingüística, Educación Física, Vicedirección

e Orientación e Profesorado organizaron un­

ha xornada adicada ós xogos populares di­

rixida ó alumnado de 1º e 3º de ESO co

obxectivo de fomentar o uso do galego, me­

llorar a convivencia e cooperación entre o

alumnado, así como de dar a coñecer ele­

mentos da nosa cultura que son un reflexo

da idiosincrasia da nosa sociedade dunha

maneira lúdica e educativa. A actividade foi

coordinada baixo a supervisión do Departa­

mento de Educación Física e os titores dos

grupos que adicaron unha sesión a preparar

ó alumnado de 3º de ESO que actuou como

monitor dos xogos.

Tras catorce anos ao frente do instituto, o profesor Luciano Fernández Rueda xubílase

Eleccións ao ConselloescolarTal como correspondía no actual curso

escolar procedeuse a renovación parcial dos

membros do Consello Escolar do centro.

Nas votacións que tiveron lugar o día 27 de

novembro resultaron elexidos os seguintes

representantes:

SECTOR ALUMNOS/AS:

•Antonio Dubert Trillo

SECTOR PAIS/NAIS:

•Maria Margarido Basadre

SECTOR NON DOCENTE:

•Ana Cristina Maroño Vilaboa

SECTOR PROFESORES/AS:

• Pilar Moreno González

• Xabier Lorenzo Abalde

•Ana María Santos Vaamonde

• Santiago José Soliño Díez

Page 3: Boletin do IES de Brión

Páxina 32014/15 TRIMESTRE 1º

Biblioteca do centroPretendemos facer da Biblioteca un espazo

fundamental para a vida do Centro, un lugar

para a busca de contidos, para o intercambio

e a comunicación así como tamén para o

goce da lectura. Neste senso temos pensadas

unha serie de actividades que iremos

levando a cabo nos seguintes meses.

En outubro comezamos coa presentación da

Biblioteca ao alumnado de 1º ESO,

alumnado que chega por vez primeira ao

noso centro. Por outra banda, fixemos unha

actividade en colaboración coa librería

Aenea. Tratábase de presentar ao alumnado

de 2º ESO unha escolma de libros (novela,

banda deseñada, libros de divulgación…)

para que fosen deténdose neles levados pola

súa curiosidade e gusto persoal.

Remataremos o trimestre cunha semana

dedicada aos audiolibros e a volta do Nadal

xa temos programadas novas actividades das

que xa vos iremos informando na nosa

páxina web.

Cafetería do centroO servizo de xestión e explotación da

cafetería do IES de Brión foi adxudicado

novamente durante o curso escolar

2014/2015 a Ana Cristina Pérez Maroño.

Ao igual que o curso pasado está a teren un

grande éxito entre o alumnado e o

profesorado debido a esmerada atención e a

calidade dos produtos que ofrece, todos eles

elaborados dun xeito artesanal.

Este ano Ana, novamente, obsequiará o

alumnado que obteña o aprobado en todas as

súas cualificacións cunhas “piruletas de cho­

colate” que, como todo o demais, encárgase

de elaborar persoalmente. Unha

consecuencia da calidade dos produtos

ofrecidos é que practicamente non se venden

“chucherias”.

Tódolos martes un pequeno grupo de

profesores e unha parte do alumnado queda

a xantar. Nas últimas xornadas, con ocasión

das xornadas de mediación, quedaron ata 50

alumnos e alumnas, que ademais colabora­

ron voluntariamente xunto co profesorado

na atención das mesas

Contanto historias en galegoOs departamentos de Lingua Galega e

Orientación organizaron, para o alumnado de

4º de ESO e 2º de PDC, o 16 de decembro,

unha actividade na que Soledad Felloza,

uruguaia de nacemento e galega de adop­

ción, contounos historias en galego baseadas

en relatos de Isabel Allende. A escritora­

actriz­fotógrafa contounos como o galego

converteuse na súa lingua e indicou que

nunca lle pechou portas senón que llas abriu.

Page 4: Boletin do IES de Brión

Páxina 4 Boletín trimestral do IES de Brión

Equipo de Dinamización daLingua Galega

IES de BriónPaseo de Pedrouzos, nº 315865-Brión-A CoruñaTfno: 981-881817 Fax: 981-885899E-mail: [email protected]: http://edu.xunta.es/centros/iesbrion

Programa de “Mediacion entre iguais”

Ao igual que en anos anteriores estamos a

levar a cabo un programa de mediación

entre iguais.

Este é un servizo pensado para facilitar a

resolución dos pequenos conflitos que se

poden dar entre o alumnado.

Pártese da idea de que os mozos e mozas

deben ser os protagonistas na resolución dos

seus propios conflitos, por medio do diálogo

e da participación cooperativa.

Este curso académico o alumnado de 4º de

ESO está a ser formado os martes antes do

comezo das clases da tarde. Por este motivo,

o alumnado participante está a quedar, dun

xeito voluntario, a comer na cafetería do

centro, o que está contribuíndo a crear un

clima moi positivo entre todos eles.

O programa está dirixido polo Departamento

de Orientación do IES de Brión ca axuda da

responsable do Departamento de Servizos

Sociais do concello de Brión.

O pasado sábado 18 de outubro tivo lugar no

IES de Brión a primeira das sesións

formativas do Programa TEI (Titoría entre

iguais) para a prevención do acoso escolar,

que se implantará o presente curso 2014/15

para alumnado de 1º e 3º de ESO no noso

centro.

A sesión, a cargo do creador do programa, o

profesor Andrés González Bellido, estivo

dirixida a profesorado deste mesmo centro e

de centros da contorna.

A formación está organizada polo CAFI (

Centro autonómico de formación e

innovación) en coordinación coa

Vicedirección e o Departamento de

Orientación do IES de Brión.

Sesión formativa do profesorado do programa de “Titoría entre iguais”