Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras...

22
Boletín do Ceesg

Transcript of Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras...

Page 1: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

Boletín

do Ceesg

Page 2: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

2

Neste boletín:

Tema do mes: Machismos: de micro nada. Sofía Riveiro Olveira.

CGCEES:

Implicación na campaña #PorunaleydeEducaciónSocial

Editada a revista RES nº 24

Actualidade:

V Premio Internacional en Educación Social.

Formación

Emprego

BloguES: Sobrantes (Alfa e Omega. Outubro). Pepa Torres.

http://pepatorresperezblog.blogspot.com.es

Para ler e reflexionar: Los derechos humanos en la educación y la

cultura. (José A. Caride)

Actuacións

Por que é importante colexiarse? Por que te colexiaches?

Documentos profesionalizadores

Avisos

Boletín do Ceesg

Nº 112 - marzo 2017

Page 3: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

3

Mónica Serrano Soto Presidenta Colexiada nº 3795

Lito Prado Vicepresidente Área de Comunicación e Participación colexial Área de Acción Profesional Colexiado nº 3089

Maite Sío Docampo Secretaria Colexiada nº 3850

Alfonso Tembrás López Tesoureiro Área de Desenvolvemento Profesional Colexiado nº 0103

Daniel Alves Rivera Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 3979

Antón Bouzas Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 0968

Beatriz Caneda Zamar Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3901

Leticia Castro Torres Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3892

Natalia Domínguez Galán Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 0398

Andrea Maroñas Bermúdez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 0118

Priscila Maximino Bento Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3999

Belén Piñeiro Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3286

Eva Moldes Casal Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3195

Sofía Riveiro Olveira Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3389

Laura Vilaboy Romero Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3873

2015 - 2019

XUNTA DE GOBERNO

Page 4: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

4

TEMA DO MES Machismos: de micro nada

Machismos: de micro nada. Obra coordinada por Fiadeiras, grupo de traballo

en Igualdade do Colexio Profesional de Educación Social de Galicia, Ceesg.

Santiago de Compostela. Edicións Embora. 2015

A presente obra é a recompilación dun proxecto artístico e reivindicativo (a

partes iguais) posto en marcha polo grupo de traballo en igualdade, Fiadeiras

-composto por educadoras sociais colexiadas do Ceesg-. Dito proxecto

comezou cunha entrada no seu blog que levaba por título: Micromachismos:

moito máis que micro, para denunciar “que as actitudes e os

comportamentos dominantes que os varóns seguen exercendo en relación ás

mulleres, por máis que estes teñan lugar de forma sutil ou case imperceptible,

son formas de violencia que reproducen a desigualdade de valor e

oportunidade en función do xénero” (8 de marzo de 2014,

http://fiadeirasceesg.blogaliza.org).

Fiadeiras vén facendo distintas actividades tanto formativas, como

reivindicativas, de sensibilización e/ou lúdicas desde o seu nacemento, en

2011. Esta obra poderiamos definila como un compendio de todas esas

accións, dando lugar ó que hoxe temos entre mans: un traballo colectivo a

prol da igualdade real e como elemento vertebrador da denuncia social

contra os machismos de todo tipo –na maioría das veces, incluso

inadvertidos-.

A lingua na que está escrita é o galego. E acompañan a esta exquisita escolla

de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis

chamativos e acertados. O resultado, unha mestura de calidade, para os

sentidos, desde a Educación Social, e nótase!

Sofía Riveiro Olveira

Vogal do Ceesg

Colex. nº 3389

Page 5: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

5

As fontes empregadas para este resultado foron do máis diversas, de aí a

polivalencia do documento e a multiplasticidade á hora do seu uso educativo,

reivindicativo ou por simple entretemento.

O método foi cualitativo e dirixido, pois contactaron con certas persoas ás que

lle propuxeron escribir arredor do que lles podía supoñer ou suscitar este

termo tan manido (e non por iso, ben identificado e eliminado da nosa

historia): os microMachismos. Aclarar, neste punto, que ó longo destes anos,

e ó investigar máis profundamente na temática, grazas a procesos de

empoderamento e sororidade, as Fiadeiras chegan a concluír que os

machismos non saben de tamaños, que todos eles danan e que todos eles

deben ser erradicados de raíz, de aí, o título do libro a proposta de Lola

Ferreiro; Machismos: de micro nada.

Deron un tempo prudencial para respostar e revisar o que lles foi chegando,

tanto de xente anónima como dalgunha outra personaxe máis coñecida. É

doado imaxinar as caras de sorpresa que porían ó atoparse co que se

atoparon: ideas, formas, palabras, do máis variado, pero cunha mensaxe

tanto no fondo como na forma común: chamarlle ós machismos polo seu

nome, Machismos. E desde persoas clave que aceptaron o reto e o encargo,

para profesionais e persoas comprometidas co feminismo en xeral. Chapó!

A obra está organizada en 30 capítulos (incluída a introdución feita polo

grupo, e non sumado o apartado de Agradecementos ó principio de todo que

tamén é extenso e xusto), ademais de contar cun prólogo e un epílogo

excepcionais, escritos por mulleres excepcionais, que abren e pechan con

cariño e inmensa sabedoría este pracer para a vista e o pensamento; unha

obra que só Ana Iglesias e Lola Ferreiro podían modelar de tal xeito que

quedase con esa figura, delicada e consistente, curva e resistente, permeable

e contundente, pequena (pero xa dixemos que non é cuestión de tamaños).

Aparecen 39 nomes propios, unha muller anónima e catro colaboracións de

colectivos (as propias Fiadeiras, Asociación Enriqueta Otero, Sacha na Horta e

Nós Mesmas). Aparecen aportacións a xeito de poemas, letras de cancións,

ensaios, protestas, fotos, mensaxes reivindicativas, as achegas recollidas do

blog, percepcións, experiencias contrastadas, situacións do día a día a modo

Page 6: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

6

de anécdotas... e podemos convidar a quen a lea que descubra quén é a

marquesiña, quen levaba os pantalóns, a quen llos baixaron, que fan tantas

mulleres xuntas, quen está a piques de chegar, quen lle toca o que e a quen,

ónde quedou valentón, que pasa cos tacóns, a quen lle arrebatan a inocencia,

que temos que ver, quen son as costureiras.

Menos mal que existen as costureiras, canté que hai Fiadeiras!

Que ben fixeron teus pais en facerte costureira, cando chove non te mollas,

cando vai sol non te queimas. (Porque son da Mariña, Cantadeiras do Berbés)

Fía no fía que fía, fiadora, miña roca,

fía no fía que fía, fiando fai mazaroca. Agora vouche contare, agora meu queridiño,

para que o liño sexa bo haise que meter no río. (Fía na roca, Versión dos Saraibas)

Page 7: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

7

Implicación na campaña #PorunaleydeEducaciónSocial

CGCEES

As Educadoras e Educadores Sociais de distintos territorios seguen presentan-

do solicitudes por unha Lei de Educación Social.

Chégannos noticias de que os Colexios Profesionais de Educadoras e Educado-

res Sociais veñen presentando igualmente solicitudes por unha Lei de Educa-

ción Social. Cónstanos tamén que estudantes e profesionais de Educación So-

cial, universidades, concellos, persoas relacionadas con profesións sociais, cul-

turais, educativas, entidades... van implicándose igualmente.

Entre todas e todos... por unha Lei de Educación Social...

Page 8: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

8

Editado o nº 24 da revista RES Tema da revista: VII Congreso Estatal de Educación Social. Sevilla, 2016.

E xa van 7! Probablemente ningún de nós o aseguraría alá por 1995 can-

do iniciamos a nosa andaina congresual en Murcia.

Reafirmamos que os Congresos Estatais de Educadoras e Educadores

Sociais, son os eventos profesionais máis importantes promovidos polo

Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais. E lem-

bramos como congreso vén etimológicamente da palabra latina

"gressus" (participio pasivo do verbo "grad", camiñar) xunto ao prefixo

"con" (xuntos), evocando unha referencia ao camiño feito conxunta-

mente que resulta moi sedutora: o congreso como percorrido, como

viaxe, como camiño. Pero tamén como etapa: un descanso no camiñar

xuntos para reflexionar sobre o andado e fixar novas metas.

Os días 21, 22 e 23 de abril de 2016 atopámonos en Sevilla máis de 650

persoas que sentimos que camiñamos xuntas para actualizarnos e seguir

debuxando proxectos cara a metas comúns.

http://www.eduso.net/res/

Page 9: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

9

V Premio Internacional en Educación Social Este premio naceu coa intención de render homenaxe a Joaquim Grau i Fuster, como persoa e como educador social, e tamén aos cidadáns e cidadás que coma el axudan a facer nosas cidades máis abertas, máis hospitalarias e respectuosas coas persoas que as habitan. Tamén quere ser unha homenaxe ás e aos profesionais que traballan no campo da Educación social e que achegan, dende a reflexión, novas maneiras de entender e de exercer a profesión. Con este premio, as entidades convocantes, entre as que se atopa o Col·legi d’Educadoras iEducadors Socials de Catalunya pretenden impulsar e motivar o traballo de reflexión no campo da Educación Social, e ao mesmo tempo contribuír coa tarefa de transmisión e difusión de experiencias que axuden a consolidar o patrimonio cultural da profesión.

Poderán participar neste premio as e os profesionais e equipos de profesionais que desenvolvan ou teñan desenvolvido á súa tarefa no campo da educación social. Os traballos presentados versarán sobre os distintos campos de acción profesional do educador e a educadora social coa infancia, adolescencia e mocidade en ámbitos profesionais como: residencias, xustiza xuvenil, servizos sociais, tempo libre, desenvolvemento cultural), inserción social e laboral, así como sobre técnicas e metodoloxías educativas: danza, traballo corporal, deportes, novas tecnoloxías, teatro, xogo, etc.

ACTUALIDADE

O premio rende homenaxe ao educador social Joaquim Grau i

Fuster

A dotación económica do premio é de 6.000 €, estando sometida ás condicións fiscais pertinentes.

Os traballos deberán remitirse antes do 31 de agosto de 2017.

Consulta as bases en www.premieducaciosocial.cat

Page 10: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

10

Información detallada

destas accións

formativas en

www.ceesg.org

Formación con desconto para colexiadas/os e amigas/os

Técnicas de Entrevista en Terapia Familiar.

Santiago de Compostela. 8 de abril. 180º Unidade de Psicoloxía.

Máis información

Implantación do modelo de Atención Integral Centrada na Persoa (AICP) dende o modelo

tradicional.

Santiago de Compostela. Sesións presenciais 28 e 29 de abril. Desenvolvemento do curso ata mediados de maio. Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.

Máis información

FORMACIÓN

Page 11: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

11

EMPREGO

Dinamizador/a do plan de inclusión dixital. Betanzos Estas son as ofertas de

emprego publicadas o mes

pasado na web do Ceesg.

Para ver a información

completa e actualizada,

recorda consultar

frecuentemente a web do

Ceesg

Educador/a social. Ourense

Educador/a social. A Coruña

Elaborador/a de materiais educativos. Ferrol

Educador/a social. Sanxenxo

Técnica/o de emprego. Begonte

Bolsas de práctica laboral. Pontevedra provincia

Coordinadoras/es da Cooperación Española. Madrid

Bolsas de prácticas de xestión cultural no exterior. Varios destinos

Orientador/a laboral. Vigo

Page 12: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

12

Técnica/o de xuventude. Santiago

Profesor/a de reforzo educativo. Lugo

Técnica/o de xuventude. A Coruña

Monitor/a de obradoiros de contacontos e títeres. A Coruña

Técnica/o de acollida. A Coruña

Programme Manager, Special Education. Oxfordshire, Reino unido

Corpo Europeo da Solidariedade. Varios destinos. Unión Europea

Educador/a social. Vigo

Técnica/o de programa de atención a persoas sen teito. A Coruña

Page 13: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

13

Orientador/a profesional. Vigo

Teleformador/a. Vigo

Técnica/o de Igualdade. Lugo

Estadías de prácticas remuneradas. Alemania

Educador/a social. Vigo

Técnica/o en participación. Vigo

Educador/a ambiental. Vigo

Técnica/o de programa de atención a persoas sen teito. A Coruña

Educador/a social. Oleiros

Bolsas de prácticas en xestión cultural no exte-rior. Varios destinos

Page 14: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

14

Bolsas de investigación en xénero e ciencias sociais. A Coruña provincia

Page 15: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

15

Sobrantes (Alfa e Omega. Outubro)

Os seres humanos somos capaces de grandes cousas e de grandes

mesquindades, de humanidade ou barbarie e de ambas á vez. Ía eu

reflexionando sobre esta idea camiño ao traballo hai uns días cando a

realidade veu de novo a confirmarmo. Camiñaba con présa, cando ao dobrar a

esquina na rúa Valencia, nas portas do Centro Dramático Nacional, rodeado

dunha chea de lixo, unha persoa sen teito durmía na rúa aniñado entre

cartóns. A mañá estaba fresca.

Quizais algúns viandantes, pese ao apresuramento con que nos dirixiamos ás

nosas “faenas”, percibimos que aquel vulto entre litronas e latas, non era un

“resto” da movida festeira da noite anterior na praza ou do botellón, senón

unha persoa, de nosa mesma carne e sangue. Aínda así seguimos camiñando

apresuradamente, pero houbo un xesto que nos fixo reaccionar e

transformou aquel non-lugar en lugar de humanidade: o xesto do garda do

teatro, que se achegou con moito respecto e ao comprobar que durmía

cubriuno cunha manta. Nun breve instante as nosas miradas cruzáronse e con

indignación oínlle murmurar: e tanta casa baleira e en poder dos bancos.

O seu xesto de proximidade e a súa

certeira frase quedáronseme dentro e

acompañaron o meu traxecto ata

chegar á estación de Atocha-RENFE

onde de novo outra escena me

encheu de estupor e asombro. Unha

Pepa Torres

Educadora social e teóloga.

El blog de Pepa Torres

Pérez

BloguES

Page 16: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

16

muller sen fogar, de mediana idade, enferma, desafiaba en xerras, con voz

crebada e sen perder a calma, a dous gardas xurados que lle esixían que

marchase daquel lugar. “Terédesme que sacar vós .Non vou marchar. Non

molesto a ninguén e non teño outro sitio onde estar. Non estou a facer nada

malo”, repetía con asertividade a muller.

Entón sucedeu algo inaudito, coma se dunha novela kafkiana se tratase, os

gardas sacaron do seu peto unhas luvas hixiénicas, collérona polas axilas e

polo aire puxérona na rúa. Quedei atónita, non puiden nin souben reaccionar

naquel momento e cando o fixen e saín á rúa para ver que pasaba coa muller,

tanto ela coma os gardas desapareceran.

Seguro que os gardas cumpriron os protocolos de actuación e os

regulamentos, pero a dignidade das persoas merece máis respecto que

calquera ordenanza ou papel. Un sentimento de malestar acompañoume

durante semanas na miña ruta cotiá cara ao traballo que só se aliviaba no

tramo da rúa Valencia, cando o garda do teatro e eu nos saudabamos con

chiscadela cómplice.

Artigo publicado o 22 de outubro de 2016 no blog

http://pepatorresperezblog.blogspot.com.es/

Page 17: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

17

PARA LER E

REFLEXIONAR

Los derechos humanos en la educación y la cultura. Del discurso político a las prácticas educativas.

José A. Caride (coord.) Edita: HomoSapiens

Ano: 2009

Cando todo parece indicar que a política está desbordada polas

forzas da economía e os seus mercados financeiros, restablecer a

confianza nos Dereitos Humanos forma parte dos propósitos

declarados para calquera cambio de rumbo que pretenda ser

verdadeiramente transformador, ética e socialmente liberador das

múltiples ataduras que atrapan á Humanidade dende hai décadas. A

educación e a cultura han de desempeñar un protagonismo clave na

construción dunha cartografía civilizatoria alternativa á dos nosos

convencionais modos de pensar, actuar e desenvolvernos, en

calquera cambio de rumbo que pretenda ser verdadeiramente

transformador, ética e socialmente liberador das múltiples ataduras

que atrapan á Humanidade desde hai décadas. Procurar outros

horizontes para unha convivencia local-global máis harmónica e

pacífica constitúe, sen dúbida, unha tarefa inxente e desafiante.

Publicación dispoñible na

Page 18: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

18

Participación no Consello Galego de Benestar Social.

Servizo de asesoramento xurídico presencial.

Asistencia a Xornada “Lidera. Avanzando en Igualdade”.

Presentacións do libro Machismos: De micro nada en Narón, Melide e Guitiriz.

Reunións de traballo de: Comisión Ética e de Benestar Profesional, Xunta de Goberno, grupo de traballo Ceesg en Diverdade, a Eira do Ceesg, servizo xurídico.

Reunión coa Asociación Asemblea de Estudantes de Educación Social Compostela para estudiar vías de colaboración.

Reunión coa Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica.

Reunión virtual do xurado da fase galega do 4º Concurso Memorial Toni Julià.

Asistencia aos actos do Día Mundial do Traballo Social organizados por “Contorna Social”.

Servizo de asesoramento xurídico, para persoas colexiadas.

Reunión do proxecto Mentoring, cun alumno de Educación Social da USC.

Xornada de traballo sobre a Lei de Educación Social

E tamén...

ACTUACIÓNS

Reunión coa Consellería de Política Social

En Santiago de Compostela reunímonos persoas chegadas de diferentes comunidades autónomas, para traballar no desenvolvemento do articulado da Lei de regularización da profesión de Educación Social.

Trasladámoslle a nosa demanda de modificar o convenio colectivo único de persoal laboral da Xunta de Galicia no tocante aos postos de “Educador/a. Pro-fesor/a especial”, a necesidade de establecer mecanismos de control para o cumprimento da dotación de persoal nos servizos sociais municipais, e trasla-dámoslle a información sobre a Lei de Regularización da profesión de Educa-ción Social.

Page 19: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

19

POR QUE CRES QUE É IMPORTANTE COLEXIARSE

POR QUE TE COLEXIACHES

Para que a nosa carreira profesional teña a visibilidade que se merece, xa que aínda non está recoñecida en moitos sectores profesionais como a educación regrada, prisión,... etc.

Eva Zas Gutiérrez colex. Nº 4868

A miña colexiación estivo

vinculada á necesidade de

habilitarme como educadora social

para o traballo con menores que

realizaba, pois non tiña esa

titulación. Sigo traballando neste

ámbito e por iso manteño a

colexiación, ademais de polo

interese pola profesión e polos

servizos que me aporta o colexio.

M. Elena Blanco Gallinal

Colex. Nº 164

Respostas de educadoras/es sociais

que se colexiaron no 2016

Respostas de educadoras/es sociais que se colexiaron no 2001

Por compromiso

coa profesión

Mª José Fernández

Barreiro,

colex. Nº 111

Page 20: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

20

Código Deontolóxico do educador e a educadora social.

Normas deontolóxicas xerais. O/A educador/a social en relación cos

suxeitos da acción socioeducativa.

Artigo 2

«O/A educador/a social, nas súas accións

socioeducativas, evitará o uso de métodos e

técnicas que atenten contra a dignidade das

persoas e o uso de nocións e termos que

doadamente poidan xerar etiquetas

devaluadoras e discriminatorias.»

DOCUMENTOS PROFESIONALIZADORES

Page 21: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

21

AVISOS

Colaboración co Boletín do Ceesg Podes enviarnos os teus artigos para publicar no Boletín do Ceesg. O prazo de envío é o día 20 de cada mes. A Área de Comunicación decidirá en cada caso se saen publicados, e resérvase o dereito a publicalos en boletíns posteriores. Todos os artigos se traducirán a galego ou castelán para publicalo en ambas linguas. Prégase axuntar fotografía do autor/a. Os artigos deben utilizar unha linguaxe non sexista.

Novo horario do servizo xurídico A partir de agora, o servizo xurídico do Ceesg atenderá presencialmen-te na sede do colexio os primeiros e últimos xoves de cada mes, en horario de 17:00 a 19:00h.

Peches puntuais da oficina do Ceesg Durante a Semana Santa, a oficina do Ceesg atenderá soamente en horario de mañá (de 9:00 a 14:00 h.) Xa no mes seguinte, o xoves 25 de maio estará pechada todo o día, por festividade local.

Page 22: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2017-boletin112g.pdf · de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis chamativos e

22

Rúa Lisboa, 20, baixo C (Barrio das Fontiñas)

15707 Santiago de Compostela

981552206

ceesg.gal

Colexio de Educadoras e

Educadores Sociais de Galicia

@GaledusoCeesg

Boletín do Ceesg

http://fiadeirasceesg.blogaliza.org/

Fiadeiras Ceesg

Geix Ceesg

Escaravellando Grupo de

Infancia e Adolescencia

aBeira Ceesg

A Eira do Ceesg