Boletín das Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela - decembro 2011

10
Xuventudes Socialistas de Compostela reclama un verdadeiro xiro cara a esquerda Decembro do 2011 Sumario O tufo a corrupción > p. 1 Los tejidos rotos > p. 2 Os recortes > p. 3 A campaña > p. 4 Cooperación > p. 5 Educación > p. 6 JSE > p. 8 Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela www.facebook.com/xuventudescompostela facebook twitter wordpress http://twitter.com/xsgcompostela www.encompostelaticontas.wordpress.com Temos que facer desta agrupación e deste partido, un partido máis aberto e máis integrado… no que non importe quén, senón o como. Nunca foi nin é tempo de guerras in- ternas, senón de traballar todos xuntos. As guerras nunca conducen cara finais felices, senón cara a destrucción. E non serve de nada discutir sobre quen será o candidato senón temos un proxecto sólido que nos avale. > p. 7 En estos tiempos dificiles que nos esta tocando vivir a todos, creo que la solución a muchos de nuestros pro- blemas seria la cooperación, trabajar en grupo. El ser humano es un ser sociable por lo tanto hagamos eso una realidad, deje- mos a un lado los individualismos y co- mencemos a trabajar en equipo. > p. 5 Xuventudes na campaña electoral O papel da cooperación na actualidade O dia 17 de Novembro foi o día do noso acto central en Santiago de Compostela, no que estiveron os can- didatos o Congreso Francisco Caama- ño, Miguel Cortizo e Noemi Fernán- dez, apoiados polo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, e polo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Santiago Sánchez Bugallo. > p. 4 Hai que lembrarlle ao PP que o diñeiro que se destina a educación non é un gasto, senon unha inversión de fu- turo. Unha aposta pola igual- dade de oportunidades. > p. 3 Juventudes Socialistas de Es- paña (JSE) entregou os Pre- mios Violeta 2011 nunha cerimonia que tivo lugar no Auditorio e Palacio de Con- gresos Mar de Vigo (Vigo). Premios Violeta contra a violencia de xénero Os recortes en educación

description

Boletín das Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela - decembro 2011

Transcript of Boletín das Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela - decembro 2011

Page 1: Boletín das Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela - decembro 2011

Xuventudes Socialistas de Compostela reclama un verdadeiro xiro cara a esquerda

Decembro do 2011

Sumario O tufo a corrupción > p. 1

Los tejidos rotos > p. 2

Os recortes > p. 3

A campaña > p. 4

Cooperación > p. 5

Educación > p. 6 JSE > p. 8

Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela

www.facebook.com/xuventudescompostela

facebook twitter wordpresshttp://twitter.com/xsgcompostela www.encompostelaticontas.wordpress.com

Temos que facer desta agrupación e deste partido, un partido máis aberto e máis integrado… no que non importe quén, senón o como. Nunca foi nin é tempo de guerras in-ternas, senón de traballar todos xuntos.

As guerras nunca conducen cara finais felices, senón cara a destrucción. E non serve de nada discutir sobre quen será o candidato senón temos un proxecto sólido que nos avale. > p. 7

En estos tiempos dificiles que nos esta tocando vivir a todos, creo que la solución a muchos de nuestros pro-blemas seria la cooperación, trabajar en grupo. El ser humano es un ser sociable por lo tanto hagamos eso una realidad, deje-mos a un lado los individualismos y co-mencemos a trabajar en equipo. > p. 5

Xuventudes na campaña electoral

O papel da cooperaciónna actualidade

O dia 17 de Novembro foi o día do noso acto central en Santiago de Compostela, no que estiveron os can-didatos o Congreso Francisco Caama-ño, Miguel Cortizo e Noemi Fernán-dez, apoiados polo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, e polo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Santiago Sánchez Bugallo. > p. 4

Hai que lembrarlle ao PP que o diñeiro que se destina a educación non é un gasto, senon unha inversión de fu-turo. Unha aposta pola igual-dade de oportunidades. > p. 3

Juventudes Socialistas de Es-paña (JSE) entregou os Pre-mios Violeta 2011 nunha cerimonia que tivo lugar no Auditorio e Palacio de Con-gresos Mar de Vigo (Vigo).

Premios Violeta contra a violencia de xénero

Os recortes en educación

Page 2: Boletín das Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela - decembro 2011

Secretaria XeralConde Roa, a finda do Espiño e o

tufo a corrupación

Noemí Fernández | Estudante de Dereito

Perplexa, anonadada e sen palabras deixoume Conde Roa o pasado ven-res 28. «Hoy por Hoy» o programa da Cadena Ser de Carles Francino emi-tíase en directo desde o Hostal dos Reis Católicos en Compostela. Despois de que entrevistase, en-tre outros,a Feijóo, RAG-DOG, Maldita Nerea, Gema Mengual… tocába-lle a quenda ao alcalde de Compostela, Conde Roa. Francino preguntoulle cal era a última boa nova que recibira, e o noso querido alcalde non se lle ocorreu outra cousa que dicir que a mellor noticia que reci-bira nestas semanas fora o acordo pola finca do Espi-ño. Os apupos e os berros de «sinvergüenza» non se fixeron esperar por parte dun público que non po-día crer o que acababa de escoitar. A finca do Espiño, un parque de 26.000 me-tros cadrados, leva sendo obxecto de debate desde

o 2001. Conde Roa, sen ningún tipo de vergoña e sen ruborizarse, saía a rolda de prensa xunto coa Promotora Layetana o pasado venres 21 de ou-tubro para anunciar o seu

primeiro gran protocolo, protocolo que por certo, faise sen coñecemento nin firma de ningún téc-nico municipal, pois ese mesmo día e antes de que estes puidesen dar o seu visto bo (ou non) cesouse á cúpula técnica de Urba-nismo, catro funcionarios aos que nin tan sequera se lles comunicou cales ían ser as súas novas funcións.Nesta rolda de prensa anunciaron a bombo e

platillo que a promotora Layetana retirara o con-tencioso que mantiña co Concello e que se cons-truirán 120 pisos. Curio-so… pois como se pode retirar un contencioso

en outubro cando xa hai sentenza firme do TSXG de febreiro? Sentenza que condena á empresa a pa-gar máis de 2’2 millóns de euros máis intereses de demora. Boa noticia? si, pero para quen? para os cida-dáns? seguro que para eles non, pois por riba que non se vai a construír o xeriátrico acordado co go-berno do bipartito, non recibimos nada a cambio!

E é máis, perdoamos os intereses de demora. Aquí e polo que coñecemos ata o momento só hai un be-neficiario que é a promo-tora Layetana que pasa de estar condenada a pagar unha cantidade conside-rable ao Concello a poder construír libremente na finca en cuestión. Seguro que os partida-rios de Conde Roa pen-sarán que existe algunha boa razón para toda esta operación, que nos será revelada en breve e que algúns teremos que tra-garnos as nosas críticas… pero mentres as explica-cións non chegan cheira mal, moi mal, este asun-to… Espero que tanto Sánchez Bugallo como Rubén Cela non deixen pasar este tema e cumpran co que declararon de que esixirán responsabilidades políticas e que acudirán á fiscalía anticorrupción se esta operación consúma-se.

Page 3: Boletín das Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela - decembro 2011

Sº de OrganizaciónLos tejidos rotos

Adrián Ordóñez | Estudante de Dereito Nadie podrá ya reparar los tejidos rotos, aquellos que fueron agujereados por el gélido tacto del acero y abrasados por las llamas del averno. Tejidos que han dejado, con el paso del tiempo, huecos vacíos por los que aire se corta en pequeños círcu-los de proyección infinita.Han sido muchos los que han intentado enmendar los desgarros del odio y muchos otros los que se han afanado en entorpe-cer dicha labor con el úni-co fin de lucrarse bajo el imperio miedo. Por suer-te, la tela ha resistido el peso del servilismo y las fuertes puntadas del so-cialismo han sellado, por fin, las heridas que supu-raban un rencor que pa-recía irreconducible. Pero tras el veinte de noviem-bre, la tela de la serenidad se vuelve a resquebrajar abriendo de nuevo paso a una desesperante incerti-dumbre. El Partido Popu-lar, ganador de los pasados comicios, se niega a escu-char la voz de Amaiur, coalición política formada

por Eusko Alkartasuna, Alternatiba, Aralar e inde-pendientes de la izquier-da abertzale, que resultó ser la fuerza más votada en el País Vasco y la ter-cera en la Comunidad Foral de Navarra. Esta es la expresión de la sobera-nía popular y no atender sus peticiones equivaldría a cortar las mangas de la democracia, dejando al descubierto unos brazos demasiado frágiles y po-niendo en serio peligro el camino hacia la paz.Como ya saben, el desgas-te no es selectivo, sino que suele ser generalizado. Las urnas han castigado tam-bién a los socialistas en España, cosechando uno de los peores resultados de su historia. Aunque para algunos, era algo más que esperado. La crisis econó-mica había azotado a to-dos los partidos políticos que ostentaban el poder y el nuestro no sería una excepción. Nos solemos quedar con los fallos, pero no con los aciertos. Pro-bablemente haya pesado más la tardanza de unas

medidas efectivas que le-yes procuradoras de la igualdad, la sanidad y la educación públicas y que ya son borrosos objetos escondidos en el baúl de la memoria. Pero no resulta fácil navegar a contraco-rriente en un mar que des-emboca hacia la derecha y mucho menos resistirse a aplicar medidas que aten-tan contra un ideario ya mojado y del cual se ha escurrido la tinta. Resulta mucho más fácil ser vasa-llo de las crueles medidas capitalistas, aquellas que arañan de las políticas re-distributivas para inflar al sector privado. Pero, a ve-ces, la desesperación nos ciega de tal forma que aca-bamos tendiendo la mano al peor de los remedios.Quizás ya no sea hora de lamentarse ni de mirar atrás, sino de mirar hacia el futuro. No cabe duda que los cuatro pilares del Estado del bienestar están en peligro y sólo habrá una manera de ser compe-titivos para salvarlos: rei-niciando nuestro partido. Sólo, girando a la izquier-

da de verdad, apelando al espíritu de Pablo Iglesias y redefiniendo nuestros valores y objetivos podre-mos volver para recons-truir lo que otros deshi-cieron. Pero ya no sirven pactos de altas esferas. No pretendamos generar confianza, sino la desper-tamos en las redes que conforman nuestras en-trañas. No sólo se deberá contar con las bases, sino que han de ser las mismas que dirijan este proceso de reconversión donde la ju-ventud tendría que ser el núcleo del progreso.Sólo así, con unión y fuerza, podremos volver a tejer la gran bandera de nuestro partido y colgarla más alto que nunca en el mástil de la democracia. Aunque no olviden que hay cosas que no se po-drán empezar a tejer de nuevo y costará mucho enmendar los harapos que queden de estos próximos cuatro años. Años en los que la bandera de la igual-dad ondeará a media asta.

Page 4: Boletín das Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela - decembro 2011

ArtigoSOs recortes en educación

Laura Ferro | Estudante de Ciencias Políticas

Estamos presenciando, vivindo e padecendo o desmantelamento do Es-tado de Benestar que o Partido Popular está or-ganizando nas Comuni-dades Autónomas nas que ten o poder. Diariamente, se prestamos atención de-catarémonos da progresiva privatización de servizos básicos que, co traballo de todas e todos, consegui-mos que fosen públicos. Tanto a sanidade como a educación están sendo fortemente atacadas. E compre recordar, que son dous dos piares básicos da nosa sociedade. Unha educación pública de calidade é fundamental para garantir o progreso dun país, aínda que a moi-tos se lles esqueza isto. Hai que lembrarlle ao PP que o diñeiro que se destina a educación non é un gasto

se non unha inversión de futuro. Unha aposta pola igualdade de oportunida-des, na que sempre foi o Partido Socialista quen realizou un maior inves-timento para fomentala e mellorala. As vidas de todos nós; viñeron, veñen e seguirán vindo determinadas, en gran parte, pola forma-ción que recibimos. Por iso é tan importante que existan becas que permi-tan a todas as persoas que queiran, poder estudar independentemente da súa clase social. Igual de importante é que non se eliminen titorías e acti-vidades extraescolares… Estes últimos sete anos comprobamos como o Partido Socialista aumen-tou a cantidade de becas, e nestes últimos meses tamén vimos como o

Partido Popular rebaixou a calidade da ensinanza pública nas Comunidades Autónomas nas que go-berna. ¡Qué contraste!É moi curioso escoitar a Esperanza Aguirre dicir que quere transformar aos profesores en autoridades públicas e despois oíla chamándolles vagos. Este é o exemplo que nos da do que significa o respecto. Quizais si estudara neste período os seus modais fosen mellores…por que neste momento hai un bo sistema educativo pero que está en grave risco nas mans do PP. Si, hai necesidade de facer recortes, estamos en unha época de crise, pero non a calquera prezo, non a costa da educación nin da sanidade pública. Hai diferentes maneiras de saír desta crise, a que propón o

Partido Popular non fun-cionará e estará inevitable-mente unida a destrución do Estado do Benestar e ao aumento do poder das persoas con máis recursos económicos. Si vamos por ese camiño, a meta a que chegaremos será unha so-ciedade máis desigual na que os ricos serán máis ricos, e na que os pobres non terán a oportunida-de de avanzar, xa que non poderán acceder a unha educación pública de ca-lidade. Como vemos, son dous modos de entender a edu-cación totalmente dife-rentes ¿Cál preferides vós? Eu teño moi claro cal é o futuro que quero. Entre o público e o privado, eu quédome co público, eu quédome co que defende o Partido Socialista.

Page 5: Boletín das Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela - decembro 2011

A campaña electoral Ismael Sierra | Emprendedor O 4 de Novembro co-mezou a miña primeira campaña electoral, dende o meu comezo nas Xuven-tudes Socialistas de Com-postela. Foi unha campaña real-mente especial ao poder experimentar desde den-tro todo o traballo que se realiza para levar a cabo todo o proceso.

Representou unha cam-paña moi difícil na que tiñamos moitas cousas en contra, xa que todalas en-quisas nos auguraban un mal resultado para o día do 20 N, de todos mo-dos, o máis importante era confiar en aquilo no que criamos e como non defender con toda a forza o noso partido e o noso candidato Alfredo Pérez Rubalcaba, baixo o slogan “Loita polo que queres”. Pero dende a nosa aso-ciación tiñamos un mo-

tivo máis polo que loitar, a nosa compañeira e Se-cretaria Xeral das XSG de Compostela, Noemi Fernández, acudía como 4ª candidata nas listas o Congreso dos Deputados pola provincia da Coru-ña, o que supuxo unha motivación extra, ademais de supoñer un aire mozo dentro do partido.

A campaña desenvolveu-se con varias conferencias e charlas que se realizaron na provincia da Coruña, con motivo de dar a co-ñecer tanto os candida-tos o Congreso coma as propostas que o Partido Socialista tiña para saír de esta crise e escapar dos numerosos recortes que se están a producir por parte do Partido Popular e en concreto os recortes de Feijoo na nosa comu-nidade. Por outro lado o noso

traballo tamén consistiu en colaborar a repartir os cidadáns toda a informa-ción, panfletos.. na que se explicaba todas as pro-postas que daba o PSOE e o candidato Rubalcaba, para que ningún cidadán estivera desinformado. No transcurso da campaña ta-mén axudamos a pegada dos carteis nas diferentes

vallas e lugares destinados para tal actividade. O dia 17 de Novem-bro foi o día do noso acto central en Santiago de Compostela, no que estiveron os candidatos o Congreso Francisco Ca-amaño, Miguel Cortizo e Noemi Fernández, apoia-dos polo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, e polo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela Xose Sanchez Bugallo. Chegado o 20 N, em-

pezaba o día mais difícil despois da campaña elec-toral, tocaba acudir as me-sas electorais para intervir como interventores ou apoderados nas mesmas, para que todo o proceso de votación fora correcta-mente. Aínda sen acabar de todo o reconto xa em-pezaban a chegar as peores noticias, as enquisas non

se equivocan, o PP alcan-zaba a maioría absoluta. Pero agora chega o mo-mento máis importante do PSOE , chega o mo-mento de reestruturar o partido, de non renderse e seguir loitando mías que nunca, de non esquecer de todos os dereitos polos que loitamos e polos que debemos seguir loitando. E por iso, é polo que va-mos a loitar agora!

Page 6: Boletín das Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela - decembro 2011

Las ventajas de la cooperación

Marcos Ramos | Estudante de Economía ¿Podemos trabajar so-los?, una pregunta a la que muchas personas intentan dar respuesta, en mi opi-nión, No. Yo os quiero ha-blar del concepto de coo-peración y la importancia que creo esta adquiriendo en los ultimos tiempos.En estos tiempos dificiles que nos esta tocando vivir a todos, creo que la solu-ción a muchos de nuestros

problemas seria la coope-ración, trabajar en grupo. El ser humano es un ser sociable por lo tanto haga-mos eso una realidad, de-jemos a un lado los indivi-dualismos y comencemos a trabajar en equipo. Un buen equipo de trabajo puede solventar todo tipo de problemas, sera mucho mas efectivo y

utilizara mucho mejor los recuersos de los que dis-ponemos. Mientras que los individualismo no lle-van a ningun lado. Pero ¿por que es tan importante la coopera-ción?, en mi humilde opi-nión pienso que rodearse de las personas adecua-das le dara a tu empresa un tanto por ciento muy alto de triunfo, formar un

buen equipo es el futuro de la sociedad, es el futuro de la organizacion empre-sarial. El capital humano es el bien mas preciado del que dispone una sociedad porqué no aprobecharlo de la mejor forma, que es ayudandonos los unos a los otros. Me gustaria poneros un simple y cla-

ro ejemplo (salvando las diferencias) para entender el concepto que quiero ex-plicar, os quiero remontar al antiguo Egipto donde se realizaron grandes edi-ficaciones con escasos re-cursos, si estas edificacio-nes se pudieron construir fue por la gran organiza-cion del capital humano y la manera en que todos cooperaban.

Por todos estos moti-vos creo que tenemos que mirar un poco mas quien tenemos al lado para ver en que manera nos pode-mos ayudar y apoyar entre nosotros, solo asi crece-remos tanto profesional como personalmente. Un gran mal que pien-so que esta detras de la no cooperación es el ego,

pienso que mucha gente por su ego de pensar que pueden hacer todo tipo de tareas, no piden ayuda y por lo tanto la coope-ración es nula. Creo que estando en el siglo XXI debemos dejar atras esos prejuicios antiquisimos y pensar que nosotros no podemos realizarlo todo, puesto que como ya muy bien enuncio Ford, la di-

vision y cooperación en el trabajo hara mas efectiva una empresa. Por todo esto no lo olvideis la cooperación sera lo que distinga a las buenas de las mediocres empresas, y lo que le dara un añadido tanto a tu em-presa como a tu vida.

Page 7: Boletín das Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela - decembro 2011

Onde hai educación non hai distintión de clases

Noemí Fernández | Estudante de Dereito «Os profesores toman a rúa», «Educación recor-ta un 23% en abandono escolar», «En só dous anos recortouse un 26’7% en formación do profesora-do» ou «Educación pecha aulas públicas» son só al-gún dos titulares cos que os galegos almorzamos to-das as mañás. Este ano contaremos en Galicia con, nada máis e nada menos que 200 “aulas mixtas”, aulas onde se mesturan alumnos de distintos cursos cun úni-co profesor encargado de todos eles. Curioso o caso do colexio Ben-Cho-Shey, onde por «falta de presu-posto» estudarán xuntos alumnos de quinto e sexto a pesares de que os repre-sentantes da ANPA, co aval de profesores e sin-dicatos, ofreceron á Con-sellería a alternativa de renunciar a un dos dous titores a cambio de que evitasen esa clase mixta e mantivesen a aula que pecha. Curioso tamén porque nesa mesma loca-lidade si hai orzamento para abrir dúas aulas nun centro concertado, claro que con declaracións e opinións como as do De-legado da Xunta de Ou-rense, Rogelio Martínez, entendemos moitas cou-sas: «manter un profesor

impartindo dous cursos distintos ao mesmo tem-po e na mesma aula non afecta á calidade do ensi-no». Situación complicada tamén a que está a

vivir o colectivo de profe-sores e docentes. Os esfor-zos do Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, por desprestixiar e desacreditar sistematica-mente o profesorado, tra-dúcense agora en tratar de ocultar o descenso real de mestres. En varias declara-cións, Jesús Vázquez, re-coñeceu que este ano per-deranse en Galicia 422 prazas de profesores -pare-ce que o señor Conselleiro suspendeu en matemáti-cas- pois non son 422 se-nón que serán 923 as pra-zas de profesores menos cas que contaremos en Galicia este ano (1080 do-centes menos segundo

FETE-UGT). Creo, que neste punto é preciso re-cordar que o número de escolares lonxe de dimi-nuír aumentou. E tamén quero destacar a desaten-ción que sufrirán os nenos

con necesidades “espe-ciais” ao non lles poder dedicar a atención que precisan. E máis complicada aín-da se presenta este ano a promoción do uso da lin-gua galega e a edición de libros de texto en galego, pois as convocatorias pu-blicadas en marzo para as subvencións e axudas di-rectas quedaron sen efec-to. Todo isto lévame a pre-guntarme se realmente a educación pública en Galicia corre serio perigo, e a verdade é que as con-clusións ás que chego son nefastas. Ou verdadeira-mente non valoran a tare-

fa dos nosos mestres “non afectará á calidade do en-sino” “dúas horas na se-mana apenas se notarán”, ou declaracións como as de Mariano Rajoy (Sevi-lla, xaneiro de 2010)«no me cansaré de decirlo, este país será mejor y los niños del mañana serán mejo-res y los jóvenes también, cuanto más sepan, cuanto más formados estén, cuan-to mayor sea su visión del mundo, hablamos de la calidad de la educación, es inaceptable lo que está pasando en España, más del 30% de fracaso escolar y abandono escolar, en la cola de todos los índices de todos los organismos internacionales” se refiren a educación privada, por-que non imos a ser malos e a pensar que o candida-to do PP e un “falabarato” que sube a un atril e di cousas que non pensa. Só me queda por dicir que oxalá todos compar-tiramos a frase de Ángel Gabilondo, ministro de Educación, “investir en educación é caro, pero non investir é carísimo”. De feito os clásicos tíñano bastante claro: “O máis importante e principal negocio público e a for-mación da xuventude”, dicía Platón.

Page 8: Boletín das Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela - decembro 2011

Chegou o momento de reiniciar o noso partido

Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela Compañeiros e compa-ñeiras, pensamos que as videiras asembleas teñen que servir para falar de futuro, do futuro desta agrupación, e do futuro deste partido… Está moi ben analizar as causas dos malos resultados electo-rais para tratar de non caer nos mesmos erros, pero isto xa o fixemos fai seis meses despois das eleccións municipais. E isto é como a medicina. Podemos chegar a iden-tificar a presenza dun tu-mor, pero son lle facemos caso, se non lle aplicamos os tratamentos axeitados, o tempo empregado será tempo perdido e a dor converterase en insufrible. O que non fixemos nestes seis meses foi abrir foros de debate para plan-texar o noso futuro. E por suposto non nos estamos a referir a un debate so-bre persoas. As persoas levarán a cabo o proxecto decidido por todos nesta asemblea, estoume a refe-rir a un proxecto para esta agrupación e para a socie-dade. A sociedade leva be-rrando o seu descontento con este partido dende hai moito tempo e penso que chegou o momento de que escoitemos cas orellas ben abertas e que busque-

mos novas formas de cola-borar cos cidadáns... por-que no lo están a pedir e porque a realidade actual non se xestiona igual que fai 30 anos… Aínda que andemos ao redor dos 300 militan-tes temos que buscar as vías para que a sociedade perciba que somos unha agrupación local máis for-te que os 3.000 do Parti-do Popular, e de que nos interesamos máis e mellor polas súas necesidades do que o fai Rubén Cela. En definitiva, temos que facer desta agrupa-ción e deste partido, un partido máis aberto e máis integrado… no que non importe quén, senón o como. Nunca foi nin é tem-po de guerras internas, senón de traballar todos xuntos. As guerras nunca conducen cara finais feli-ces, senón cara a destruc-ción. E non serve de nada discutir sobre quen será o candidato senón temos un proxecto sólido que nos avale, porque aínda que teñamos o mellor candi-dato, senón temos un bo proxecto non chegaremos a ningunha parte… Os cidadáns casti-gáronnos nas urnas por-que esquecemos a nosa

identidade dentro desta ditadura económica or-questada pola dereita eu-ropea. É a hora de iniciar un xiro cara a esquerda, pero cada a verdadeira es-querda. É hora de que lle demos sentido a frase que está gravada no reverso dos nosos carnés de mili-tantes: Somos socialistas non para amar en silencio as nosas ideas, nin para re-crearnos na grandeza e co espírito de xustiza que as anima, senón para levalas a todas as partes. Non é hora de lamen-tarse nin de mirar atrás, senón de mirar cara o fu-turo. Non cabe duda que os catro piares do Estado do benestar están en pe-rigo e que só haberá una maneira de ser competi-tivos para salvalos: reini-ciando o noso partido. Só xirando a esquerda de verdade, apelando ao espírito de Pablo Iglesias e redefinindo os nosos va-lores e obxectivos podere-mos volver a reconstruír o que outros desfixeron. Pero xa non serven pactos de altas esferas. Non pretendamos xerar confianza, se non a esper-tamos nas redes que con-forman as nosas entrañas. Non só se deberá con-tar coas bases, senón que

han de ser as mesmas as que dirixan este proceso de reconversión. Só así, todos e todas, con unión e forza, podere-mos volver a bordar a gran bandeira no noso partido e colgala máis algo que nunca no mástil da de-mocracia. Ainda que non esque-zan que hai cousas que non se poderán empezar a texer de novo e costará moito enmendar os fa-rrapos que queden destes próximos anos. Anos nos que a bandeira da igualda-de ondeará a media hasta. A reforma dos estatu-tos do PSOE de cara o Congreso Federal é fun-damental, e para iso e pre-ciso que se nos convoque para traballar, e necesario que nos organicemos, que teñamos un plan de traba-llo no que contemos todos e todas, no que todos os militantes poidan aportar e sumar. Por que se seguimos coma ata o momento seguiremos analizando perdas e máis perdas de eleccións, adiantos auto-nómicos e demais pero non facendo o que real-mente se espera de nós. Chega o momento de traballar, chega o momen-to deixarnos a pel por este partido.

Page 9: Boletín das Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela - decembro 2011

Os mozos socialistas re-cordaron, no Día Interna-cional contra a violencia de xénero, que para loitar contra a violencia cara á muller é necesario que toda a sociedade se impli-que e colabore denuncian-do os casos que coñeza Juventudes Socialistas de España (JSE) conmemo-rou o Día Internacional de loita contra a violencia de xénero. Neste sentido, desde a organización, qué-rese recordar ás 54 vítimas mortais que faleceron a mans das súas parellas e exparellas ao longo deste ano, así como, animar a aquelas mulleres que so-fren este tipo de violencia a denunciar aos seus agre-sores. JSE recorda, ade-mais, que “para erradicar esta secuela que azouta a nosa sociedade é impres-cindible a colaboración de todos á hora de denunciar os casos de violencia de xénero xa que, en moitas ocasións, as vítimas ven imposibilitadas por medo ou coaccións a denunciar ao seu agresor e necesitan a axuda doutras persoas”. Os mozos socialistas están firmemente comprometi-dos na loita contra a vio-lencia de xénero, por iso, solicitan a todas as Co-munidades Autónomas a aplicación da Lei contra a

Violencia de Xénero pos-ta en marcha polo PSOE en 2004 que mellorou a axuda, atención e pro-tección ás vítimas; e, esi-xen ao PP, que non faga recortes na loita contra a violencia de xénero. Des-de a organización conti-nuarán traballando para evitar que centos de miles de mulleres sigan sendo vítimas da violencia de xé-nero. E esixirán ás admi-nistracións a ampliación das medidas de protec-ción, o desenvolvemento de canles que permitan ás mulleres saír da violencia e a mellora da política de coordinación entre as uni-dades que traballan loi-tando contra a violencia de xénero. JSE compro-métese a seguir loitando contra a violencia cara ás mulleres ata que desapa-reza totalmente da nosa sociedade e insiste en que “todos os días deben ser días de loita contra a vio-lencia de xénero porque todos os días hai mulleres vítimas deste tipo de vio-lencia”

JSE exíselle ao PP que non faga recortes na

loita contra a violenciade xénero

JSE celebrou a terce-ria edición dos Premios

Violeta contra a violencia de xénero

Juventudes Socialistas de España (JSE) entregou os Premios Violeta 2011 nunha cerimonia que tivo lugar no Auditorio e Pa-lacio de Congresos Mar de Vigo (Vigo). Con este evento, presentado pola xornalista Paula Montes (Cadea Ser), a organi-zación quixo recoñecer o traballo que levan a cabo organismos, enti-dades e asociacións para eliminar, dunha vez por todas, a violencia que se exerce sobre as mulleres. Neste sentido pretenden, ademais, concienciar á poboación de que “para erradicar este tipo de vio-lencia é necesario que a cidadanía comprométase e sexa consciente de que cando se exerce violencia contra unha muller estase exercendo violencia con-tra toda a sociedade”. Con estes premios, que van xa pola súa terceira edición, Juventudes Socialistas “quere non só recoñecer o labor que desempeñan as entidades que loitan contra a violencia cara á muller senón, tamén, ani-mar a todos os cidadáns a rexeitar as agresións deste tipo e axudar ás vítimas”. E, recordan que “a pesar de todos os esforzos que se están facendo para erra-dicar a violencia contra a

muller aínda queda moito por facer”. Nesta ocasión os premiados foron: - Pre-mio ao Compromiso So-cial: Asociación Rede de Abrandar Veciñais contra vos malos tratos de Vigo - Premio ao Compromi-so Cultural: Documental Nagore de Helena Taber-na (Lamia Producións) - Premio ao Compromi-so Internacional: Euroor-den contra a violencia de xénero. Zita Gurmai e Britta Thomsen. Os pre-miados recibiron unha escultura deseñada por Pepe Noja, quen descri-be a súa obra explicando que “a escultura aséntase no chan, na terra, expre-sión de onde vimos. Dela xorde a figura esvelta do cilindro, pero con rom-pimientos de parto difi-cultoso. A desigualdade de hoxe fronte á puxanza do espírito igualitario. A escultura que aquí se pre-senta quere responder a esa característica. Quere ser o recordatorio plásti-co de que a desigualdade existe e que pode superar-se. O conxunto, realizado en aceiro, material nobre e forte, está ideado para ser contemplado desde calquera ángulo, porque desde todos os puntos de vista a igualdade debe ser visión e aspiración”.

Page 10: Boletín das Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela - decembro 2011