Boicot a China, Irán, Siria, Corea...

1
OPINIÓN 6 | GALICIA HOXE | 24.04.2011 Clausura das II Xornadas da Mocidade Galega “E para rematar esta pri- meira parte das II Xor- nadas da Mocidade Ga- lega, A nación 2.0, queremos par- tillar con vós, de xeito humilde, al- gunhas inquedanzas deste mundo decote confundido e aturdido por unha realidade, por veces, un tanto esquizofrénica. O noso deber, co- mo cidadáns e cidadás, é organi- zarnos e responder, como fixo e es- tá a facer a mocidade portuguesa de xeito exemplar. Como fixo e es- tán a facer os nosos irmáns e irmás da geraçao á rasca que se negan, en rotundo, a ser una xeración perdi- da; que se negan, en rotundo, a ser unha xeración tirada ao lixo. En de- finitiva, que se negan a converter- se no triste centro da depresión so- cial que sempre chega consecuen- cia dunha crise económica. A ninguén se lle escapa que vi- vimos tempos difíciles: seremos os primeiros e as primeiras que en moito tempo vivan en peores con- dicións materiais que os seus pais e nais. Mais non desfalecemos nin perdemos a esperanza, porque non estamos condenados a vivir nunha sociedade que camiña cara ó abis- mo. Non estamos condenados a sermos desempregados e desem- pregadas, a cobrar seiscentos euros por xornadas maratonianas. Non estamos condenados a sermos es- cravos disfrazados nin subcontra- tados, contratados a prazos ou fal- sas traballadoras independentes. Non estamos condenados nin tan sequera a ser traballadoras inter- PAULO CARLOS LÓPEZ mitentes, traballadores-estudantes ou bolseiros en precario. E porque non estamos condena- dos estamos aquí hoxe. Para sermos faísca pola que prenda un sentimen- to contestario e rebelde, para que prenda nesa mocidade galega farta, farta da situación estrema, preca- ria e abafante. Nun contexto, como di esa canción de loita en Portugal, onde a precariedade é este mundo parvo, onde para ser escravo é pre- ciso estudar (…). Polo tanto, pro- testamos ante todos os responsables da nosa situación de incerteza. Pro- testamos ante toda a clase política e empresarial que só pensa no cur- topracismo, no seu beneficio e no seu lucro sen pensar en xeracións vindeiras; protestamos e esiximos unha actuación conxunta para mu- dar esta situación; protestamos e esiximos solucións das que quere- mos ser partícipes. En caso contra- rio, defraudaremos o presente por botar ao lixo o noso potencial; in- sultaremos o noso pasado pola xen- te que traballou por darnos máis li- berdade e máis igualdade; e hipote- caremos o noso futuro, como pobo e como humanidade, conducidos á máis absoluta das miserias. Arestora, o neoliberalismo ram- pante do Goberno central e auto- nómico debuxan un panorama negro para a mocidade galega. A FOTO DE ESTELA SILVA DA PROTESTA DO 12 DE MARZO EN LISBOA aquelas persoas que nada tivemos que ver coa causa da crise econó- mica estannos facendo soportar todo o peso do seu desastre. No úl- timo bienio, destruíronse 75.000 postos de traballo, dos cales o 90% estaban ocupados por menores de 34 anos. A mocidade é unha cuar- ta parte da poboación, pero con- centramos a maioría dos contratos temporais no ano 2009 e duplica- mos a taxa de paro xeral e tamén a taxa de paro xuvenil europea. O salario medio xuvenil é un 23% inferior ao salario medio xe- ral, que é un 40% inferior ao sala- rio medio da Unión Europea. De- cenas de miles de persoas novas emigran anualmente pola caren- cia de saídas e futuro no noso país. O acceso a unha vivenda digna é imposible e soportamos recurtes en bolsas de estudos cunhas taxas universitarias altas e unha precaria mobilidade. Mais nós non estamos dispostos a aceptar ese futuro ao que nos condenan. Somos a xera- ción máis formada da nosa histo- ria. Non estamos condenados, nin condenadas. Por iso, non nos deixamos aba- ter polo cansanzo, nin pola frus- tración, nin pola falta de perspec- tivas. Acreditamos que temos os recursos e as ferramentas para dar un futuro mellor para Galiza e para o conxunto da humanida- de. Non lles botamos as culpas ás xeracións precedentes, senón que aceptamos a nosa parte de respon- sabilidade e tomamos, aquí e ago- ra, a determinación de ser parte esencial da solución. Como dicía Eduardo Galeano, hai un único lu- gar onde onte e hoxe se atopan, se recoñecen e se abrazan. Ese lugar é mañá. Que a mocidade galega loite polo mañá”. Vivimos tempos difíciles: seremos os primeiros e as primeiras que en moito tempo vivan en peores condicións materiais que os seus pais e nais. Mais non desfalecemos nin perdemos a esperanza REVIRAVOLTA E n primeiro lugar coido debe- mos ter claro antes de nada, que os boicots son (por defi- nición) destrutivos, algo que na mi- ña opinión é o que menos precisa a castigada rexión. Desde logo e aín- da que os seus promotores digan o contrario, non promoven a paz, nin conseguen que as partes en conflito sexan máis flexíbeis. Necesariamen- te flexíbeis. Pola contra os esforzos encamiñados a impulsar e promover o boicot dividen aínda máis as comu- nidades en litixio. O conflito palestino-israelí non é desde logo sinxelo, non é un de- buxo en branco e negro. Cada ban- do terá que traballar arreo na pro- cura das mellores condicións para a paz, culpar e sancionar un só ban- do non contribúe en nada á tarefa de achegar posturas, algo esencial O conflito palestino- israelí non é desde logo sinxelo, non é un debuxo en branco e negro. Cada bando terá que traballar arreo na procura das mellores condicións para a paz se realmente queremos ver algún día un horizonte pacífico e de boa convivencia entre palestinos e israe- lís. Boicotear os produtos israelís, a cultura israelí, o deporte israelí... non fomenta precisamente que os líderes palestinos vexan necesarias as negociacións, de feito, co boicot contra “o outro bando” móstrase- lles que non é precisa ou cando me- nos esencial a negociación, porque outros están xa dispostos a ferir o “inimigo”, económica e politica- mente. Boicotear a Israel non con- tribúe a axudar os palestinos na me- llora da calidade das súas vidas, nin a construír o seu futuro Estado, nin, xa que logo, a desenvolver as indis- pensábeis institucións democráti- cas palestinas. O boicot contra Israel é un mo- vemento no particular taboeiro de xadrez árabe-israelí, destrutivo, no canto dunha acción construtiva co- ma algúns teiman en presentar.. Se nós queremos en verdade facer un contributo positivo para a imprescin- díbel paz, colaboremos entón cos es- forzos e cos programas de apoio mu- tuo, de interrelación entre a socieda- de civil israelí e palestina, pero non engadamos incomunicación onde é precisa unha sobredose de interco- municación. Noutras palabras, in- vestir na paz e convivencia, non en enfatizar as diferenzas, na falta de cobertura e nas chamadas perdidas. O argumentario en apoio ao boicot ignora á mantenta o dificilísimo con- texto das accións de Israel, e busca só xustificar e deslexitimar o Esta- do de Israel. Os responsábeis dos es- forzos do boicot curiosamente nun- ca mencionan a ameaza terrorista permanente coa que convive Israel, e nunca teñen a ben mencionar gru- pos islamofascistas como Hezbollah, Hamas, Yihad Islámica... Ignoran a mantenta os máis de 60 anos de permanente acoso e derruba de Is- rael con guerras, terrorismo e un pe- rigoso horizonte nuclear iraniano. Castigar a Israel é un exercicio de suprema hipocrisía da esquerda de salón europea, algo que demostra o silencio destes mesmos promotores do Boicot, para con réximes como o chinés, o iraniano, o saudí, o sirio, o coreano, o cubano etc. Na axenda “humanitaria” dos sospeitosos pro- motores do boicot contra Israel só aparece merecente da súa xenerosa atención un estado no planeta... Is- rael. E non esquezamos que apoiar o chamado ao boicot contra Israel é darlles cobertura as forzas máis rea- cionarias da rexión e do mundo. Os promotores do chamado BDS (Boi- cot, Desinvestimento, Sancións) alí- ñanse de facto con Hamas ou Hez- bollah, dous dos movementos polí- ticos máis represivos, reaccionarios e fundamentalistas do mundo. Que organizacións supostamente progre- sistas ou de esquerdas apoien impli- citamente (e incluso explicitamente) grupos desta caste é unha delirante contradición cos máis fundamentais valores que seica din defender. Claro que é moito máis doado atacar, cri- minalizar e tentar deslexitimar a Is- rael que “convencer e persuadir” a Hamas, á Yihad Islámica ou a Hez- bollah de que deben respectar os dereitos humanos, os dereitos civís, os dereitos das mulleres, os dereitos das minorías.... Ligazón recomendábel: http:// contraboicotaisrael.blogspot.com/ SOBRE O CONFLITO PALESTINO-ISRAELÍ PEDRO GÓMEZ-VALADÉS Non hai boicot para China

description

Artigo de opinión publicado en GALICIA-HOXE

Transcript of Boicot a China, Irán, Siria, Corea...

Page 1: Boicot a China, Irán, Siria, Corea...

OPINIÓN6 | GALICIA HOXE | 24.04.2011

Clausura das II Xornadas da Mocidade Galega

“E para rematar esta pri-meira parte das II Xor-nadas da Mocidade Ga-

lega, A nación 2.0, queremos par-tillar con vós, de xeito humilde, al-gunhas inquedanzas deste mundo decote confundido e aturdido por unha realidade, por veces, un tanto esquizofrénica. O noso deber, co-mo cidadáns e cidadás, é organi-zarnos e responder, como fixo e es-tá a facer a mocidade portuguesa de xeito exemplar. Como fixo e es-tán a facer os nosos irmáns e irmás da geraçao á rasca que se negan, en rotundo, a ser una xeración perdi-da; que se negan, en rotundo, a ser unha xeración tirada ao lixo. En de-finitiva, que se negan a converter-se no triste centro da depresión so-cial que sempre chega consecuen-cia dunha crise económica.

A ninguén se lle escapa que vi-vimos tempos difíciles: seremos os primeiros e as primeiras que en moito tempo vivan en peores con-dicións materiais que os seus pais e nais. Mais non desfalecemos nin perdemos a esperanza, porque non estamos condenados a vivir nunha sociedade que camiña cara ó abis-mo. Non estamos condenados a sermos desempregados e desem-pregadas, a cobrar seiscentos euros por xornadas maratonianas. Non estamos condenados a sermos es-cravos disfrazados nin subcontra-tados, contratados a prazos ou fal-sas traballadoras independentes. Non estamos condenados nin tan sequera a ser traballadoras inter-

PAULOCARLOSLÓPEZ

mitentes, traballadores-estudantes ou bolseiros en precario.

E porque non estamos condena-dos estamos aquí hoxe. Para sermos faísca pola que prenda un sentimen-to contestario e rebelde, para que prenda nesa mocidade galega farta, farta da situación estrema, preca-ria e abafante. Nun contexto, como di esa canción de loita en Portugal, onde a precariedade é este mundo parvo, onde para ser escravo é pre-ciso estudar (…). Polo tanto, pro-testamos ante todos os responsables da nosa situación de incerteza. Pro-testamos ante toda a clase política e empresarial que só pensa no cur-topracismo, no seu beneficio e no

seu lucro sen pensar en xeracións vindeiras; protestamos e esiximos unha actuación conxunta para mu-dar esta situación; protestamos e esiximos solucións das que quere-mos ser partícipes. En caso contra-rio, defraudaremos o presente por botar ao lixo o noso potencial; in-sultaremos o noso pasado pola xen-te que traballou por darnos máis li-berdade e máis igualdade; e hipote-caremos o noso futuro, como pobo e como humanidade, conducidos á máis absoluta das miserias.

Arestora, o neoliberalismo ram-pante do Goberno central e auto-nómico debuxan un panorama negro para a mocidade galega. A

FOTO DE ESTELA SILVA DA PROTESTA DO 12 DE MARZO EN LISBOA

aquelas persoas que nada tivemos que ver coa causa da crise econó-mica estannos facendo soportar todo o peso do seu desastre. No úl-timo bienio, destruíronse 75.000 postos de traballo, dos cales o 90% estaban ocupados por menores de 34 anos. A mocidade é unha cuar-ta parte da poboación, pero con-centramos a maioría dos contratos temporais no ano 2009 e duplica-mos a taxa de paro xeral e tamén a taxa de paro xuvenil europea.

O salario medio xuvenil é un 23% inferior ao salario medio xe-ral, que é un 40% inferior ao sala-rio medio da Unión Europea. De-cenas de miles de persoas novas emigran anualmente pola caren-cia de saídas e futuro no noso país. O acceso a unha vivenda digna é imposible e soportamos recurtes en bolsas de estudos cunhas taxas universitarias altas e unha precaria mobilidade. Mais nós non estamos dispostos a aceptar ese futuro ao que nos condenan. Somos a xera-ción máis formada da nosa histo-ria. Non estamos condenados, nin condenadas.

Por iso, non nos deixamos aba-ter polo cansanzo, nin pola frus-tración, nin pola falta de perspec-tivas. Acreditamos que temos os recursos e as ferramentas para dar un futuro mellor para Galiza e para o conxunto da humanida-de. Non lles botamos as culpas ás xeracións precedentes, senón que aceptamos a nosa parte de respon-sabilidade e tomamos, aquí e ago-ra, a determinación de ser parte esencial da solución. Como dicía Eduardo Galeano, hai un único lu-gar onde onte e hoxe se atopan, se recoñecen e se abrazan. Ese lugar é mañá. Que a mocidade galega loite polo mañá”.

Vivimos tempos difíciles: seremos os primeiros e as primeiras que en moito tempo vivan en peores condicións materiais que os seus pais e nais. Mais non desfalecemos nin perdemos a esperanza

REVIRAVOLTA

E n primeiro lugar coido debe-mos ter claro antes de nada, que os boicots son (por defi-

nición) destrutivos, algo que na mi-ña opinión é o que menos precisa a castigada rexión. Desde logo e aín-da que os seus promotores digan o contrario, non promoven a paz, nin conseguen que as partes en conflito sexan máis flexíbeis. Necesariamen-te flexíbeis. Pola contra os esforzos encamiñados a impulsar e promover o boicot dividen aínda máis as comu-nidades en litixio.

O conflito palestino-israelí non é desde logo sinxelo, non é un de-buxo en branco e negro. Cada ban-do terá que traballar arreo na pro-cura das mellores condicións para a paz, culpar e sancionar un só ban-do non contribúe en nada á tarefa de achegar posturas, algo esencial

O conflito palestino-israelí non é desde logo sinxelo, non é un debuxo en branco e negro. Cada bando terá que traballar arreo na procura das mellores condicións para a paz

se realmente queremos ver algún día un horizonte pacífico e de boa convivencia entre palestinos e israe-lís. Boicotear os produtos israelís, a cultura israelí, o deporte israelí... non fomenta precisamente que os líderes palestinos vexan necesarias as negociacións, de feito, co boicot contra “o outro bando” móstrase-lles que non é precisa ou cando me-nos esencial a negociación, porque outros están xa dispostos a ferir o “inimigo”, económica e politica-mente. Boicotear a Israel non con-tribúe a axudar os palestinos na me-llora da calidade das súas vidas, nin a construír o seu futuro Estado, nin, xa que logo, a desenvolver as indis-pensábeis institucións democráti-cas palestinas.

O boicot contra Israel é un mo-vemento no particular taboeiro de xadrez árabe-israelí, destrutivo, no canto dunha acción construtiva co-ma algúns teiman en presentar.. Se nós queremos en verdade facer un

contributo positivo para a imprescin-díbel paz, colaboremos entón cos es-forzos e cos programas de apoio mu-tuo, de interrelación entre a socieda-de civil israelí e palestina, pero non engadamos incomunicación onde é precisa unha sobredose de interco-municación. Noutras palabras, in-vestir na paz e convivencia, non en enfatizar as diferenzas, na falta de cobertura e nas chamadas perdidas. O argumentario en apoio ao boicot

ignora á mantenta o dificilísimo con-texto das accións de Israel, e busca só xustificar e deslexitimar o Esta-do de Israel. Os responsábeis dos es-forzos do boicot curiosamente nun-ca mencionan a ameaza terrorista permanente coa que convive Israel, e nunca teñen a ben mencionar gru-pos islamofascistas como Hezbollah, Hamas, Yihad Islámica... Ignoran a mantenta os máis de 60 anos de permanente acoso e derruba de Is-rael con guerras, terrorismo e un pe-rigoso horizonte nuclear iraniano. Castigar a Israel é un exercicio de suprema hipocrisía da esquerda de salón europea, algo que demostra o silencio destes mesmos promotores do Boicot, para con réximes como o chinés, o iraniano, o saudí, o sirio, o coreano, o cubano etc. Na axenda “humanitaria” dos sospeitosos pro-motores do boicot contra Israel só aparece merecente da súa xenerosa atención un estado no planeta... Is-rael. E non esquezamos que apoiar

o chamado ao boicot contra Israel é darlles cobertura as forzas máis rea-cionarias da rexión e do mundo. Os promotores do chamado BDS (Boi-cot, Desinvestimento, Sancións) alí-ñanse de facto con Hamas ou Hez-bollah, dous dos movementos polí-ticos máis represivos, reaccionarios e fundamentalistas do mundo. Que organizacións supostamente progre-sistas ou de esquerdas apoien impli-citamente (e incluso explicitamente) grupos desta caste é unha delirante contradición cos máis fundamentais valores que seica din defender. Claro que é moito máis doado atacar, cri-minalizar e tentar deslexitimar a Is-rael que “convencer e persuadir” a Hamas, á Yihad Islámica ou a Hez-bollah de que deben respectar os dereitos humanos, os dereitos civís, os dereitos das mulleres, os dereitos das minorías....

Ligazón recomendábel: http://contraboicotaisrael.blogspot.com/

SOBRE O CONFLITO PALESTINO-ISRAELÍ

PEDROGÓMEZ-VALADÉS

Non hai boicot para China