BiotecnoloxíA

9
BIOTECNOLOXÍA

Transcript of BiotecnoloxíA

BIOTECNOLOXÍA

• Como resultado de aplicar a enxeñaría xenética á obtención de productos industriais, en 1975 nace unha nova industria: a biotecnoloxía.

• O primeiro producto que se comercializou foi a insulina humana

CLONACIÓN DUN XENEEn 1972 Herb Boyer e Stanley Cohen fixeron o primeiro experimento de enxeñaría xenética, ou

clonación dun xene, ao introducir información xenética humana no interior dunha bacteria para que esta fabricase proteinas humanas. Inseriron un fragmento de ADN nun plásmido que despois

introduciron nunha bacteria usándoa como “factoria”. É dicir, como fábrica dunha proteína humana e non dunha proteína bacteriana

PRODUCIÓN DE INSULINAA enxeñaría xenética pode aplicarse para producir biosinteticamente proteinas exactamente iguaís ás que fabrica o noso organismo. Un exemplo é a insulina

empregada no tratamento da diabetes

ORGANISMOS TRANSXÉNICOSA biotecnoloxía permítenos xerar variantes de interese seleccionadas mediante mellora

xenética introducindo na especie un xene que non é propio dela. Os organismos transxénicos son organismos modificados xeneticamente (OMX) que portan un xene

estraño (transxene)

CÉLULAS NAI Son células non diferenciadas susceptibles de converterse en células doutros tipos de tecido: células cardíacas, da pel, etc. A importancia radica na posibilidade de fabricar tecidos e, no futuro, órganos coa mesma información xenética do individuo, co que se

evitarían así problemas de rexeitamento

REPROGRAMACIÓN CELULARAs células nai inducidas foron descubertas en 2007 por James Thomson a partir de

células adultas da pel porque estas teñen unha reprodución ´máis fácil e rápida. Ademais, son células de maior tamaño, o que facilita a súa manipulación. Isto evita a

utilización de embrións, que pode presentar problemas éticos

CLONACIÓNAs células adultas poden converterse de novo en células nai proxenitoras dun novo

organismo. Desta forma, en teoría, podemos facer copias de calquera ser vivo, que se denominan clons

• Esquema de clonación da ovella Doly:

TERAPIA XENÉTICAA terapia xénica está encamiñada a lograr curas definitivas das deniminadas

enfermidades hereditarias. Esta terapia consiste na inclusión de xenes no corpo do paciente co fin de solucionar algunha deficiencia do seu xenoma. Podemos dicir que un xene “normal” se insire nas células do órgano defectuoso do paciente para substituir un

xene que non funciona normalmente. Esta terapia xéica pode aplicarse de dous xeitos: in vivo ou ex vivo

Na técnica in vivo introdúcese no paciente o ADNrecombinante co xene correcto mediante un liposomaou un virus.

Na técnica ex vivo extráense células do paciente, cultivanseco ADN recombinante desexado e despois as céluls modificadasVólvense introducir no paciente.