BIOLOXÍA DE DRAGAL

31
ALUMNOS DE 2º E.S.O. CCNN CPI “VIRXE DA CELA” MONFERO

description

TRABAJO DE LOS ALUMNOS DE 2º DE ESO SOBRE LA BIOLOGÍA DE UN DRAGÓN

Transcript of BIOLOXÍA DE DRAGAL

Page 1: BIOLOXÍA DE DRAGAL

ALUMNOS DE 2º E.S.O.

CCNN

CPI “VIRXE DA CELA”

MONFERO

Page 2: BIOLOXÍA DE DRAGAL

ÁNGEL VARELA

Este é o meu dragón chamado dragón azul ou de xeo

(“Glaucus atlanticus”).

Tratáse dun dragón xa extinto, pero grazas aos seus restos

fósiles coñecemos as súas caraterísticas.

NUTRICIÓN

Alimentábase dunhas vacas, que xa non existen. Era polo tanto

carnívoro.

O dragón ao facer a dixestión producía gas metano; este gas

vai cara a gorxa a unha velocidade alta e produce lume ao

frotarse a grande velocidade coas paredes ásperas da gorxa.

Page 3: BIOLOXÍA DE DRAGAL

RELACIÓN

O meu dragón vai polas montañas, montes… Relaciónase con

outros dragón dalí, máis con outros seres vivos dese lugar.

REPRODUCIÓN

Poñen ovos nunha cova e os deixan alí, a femia incuba os

ovos durante catro meses. Logo rompen as súas cascas e

salen as crías.

Estes ovos son de cor azul, de forma ovoide e con pinchas

negras.

Page 4: BIOLOXÍA DE DRAGAL

TANIA GRUEIRO

ESTE E O MEU DRAGÓN, EN

LATÍN “LILAC IGNIS” EN GALEGO

“LUME AZUL”.

XA NON EXISTE, PERO PODEMOS

VER AS SÚAS CARACTERÍSTICAS

GRAZAS AOS DATOS QUE NOS

DAN OS SEUS FÓSILES.

NUTRICIÓN

O MEU DRAGÓN ALIMÉNTASE DE PLANTAS COMO A SOLLA E O XIRASOL QUE

SON PLANTAS OLEAXINOSAS.

AO DIXERILAS DESPRÁZANSE A UNHA VESÍCULA CHAMADA OLEAXINOSITA

QUE FORMA BIOCOMBUSTIBLES.

AO SENTIRSE ATACADO PODE EXPULSAR LUME POLA BOCA, DISTINTO

SEGÚN SEXA MACHO OU FEMIA.

AS CORES DO LUME PODEN CAMBIAR; SENDO FEMIA A COR É LILA E SENDO

MACHO: AZUL, ESTO DÉBESE Á COR DA BURBULLA OLEAXINOSITA, E

CAMBIA SEGÚN AS HORMONAS FEMININAS OU MASCULINAS.

OS DRAGÓNS TEÑEN UNHA ESPECIE DE GLÁNDULAS NA BOCA QUE

PRODUCEN UNHA SUBSTANCIA QUE CONTEÑEN NA SALIVA QUE OS

PROTEXE DAS QUEIMADURAS DO SEU PROPIO LUME.

Page 5: BIOLOXÍA DE DRAGAL

REPRODUCIÓN

O MEU DRAGÓN REPRODÚCESE DUNHA FORMA MOI ESPECÍFICA: O MACHO

VOA SOBRE A FEMIA A 1 METRO DE ALTURA APROXIMADAMENTE.

CANDO ESTA VOANDO SOLTA POLA BOCA UNHA SUBSTANCIA QUE CAERÁ

XUSTO NA BOCA DA FEMIA, ENTON AO DIXERILA CREA UNHA MOLÉUCLA NO

SEU ÚTERO QUE PRODUCE UN GRAN OVO.

ESTE ESTA NA BARRIGA DA DRAGOA FEMIA UNS 7 MESES NOS QUE O BEBÉ

DRAGÓN DESENVOLVE

PARTES DO CORPO COMO AS

PATAS, AS ÁS…

RELACIÓN

ESTE DRAGÓN VIVE EN COVAS DAS ALTAS MONTAÑAS E COMPÓRTASE DE

DISTINTAS MANEIRAS NAS DIFERENTES ESTACIÓNS:

NO VERÁN E NA PRIMAVERA MUDAN DE PEL

NO OUTONO E NO INVERNO IVERNAN.

Page 6: BIOLOXÍA DE DRAGAL

ANA GONZÁLEZ Dragón de aire

Este tipo de dragóns habitan en climas tropicais, xa que

necesitan aire cálido e non moitos líquidos para poder

sobrevivir.

NUTRICIÓN

Este dragón, aliméntase de cana de azucre, que é a principal

substancia para producir bioetanol. O aparato dixestivo do

dragón contén dous estómagos, que separan o combustible do

resto da comida que vai nutrir ó animal e que entra nun deles

gota a gota.

Page 7: BIOLOXÍA DE DRAGAL

RELACIÓN

O meu dragón ten moi desenvolvidos os sentidos da vista e do

olfacto, polo tanto iso permítelle localizar e ulir con maior

facilidade o alimento para poder producir ese lume que solta

pola boca.

REPRODUCIÓN

Os dragóns de aire femias, teñen dúas épocas de celo; unha

entre febreiro e marzo, e outra entre agosto e setembro, na

que, poden poñer dende 5 a 9 ovos, que serán incubados, ata

o seu nacemento, pola nai.

Á hora do nacemento, as crías saen de cor alaranxada e con

grandes ollos, e como non: moi, moi famentos; polo que o

macho terá que ter os alimentos preparados para ese día.

Cando van medrando, emigran dende o lado dos seus pais, e

crean de novo unha nova familia.

Page 8: BIOLOXÍA DE DRAGAL

IVÁN DEIVE DRAGÓNS NEGROS

(“Dragonus pantanosus negrus”)

NUTRICIÓN

Aliméntanse de animais do pantano como os caimáns. Aínda

que moitas veces desprázanse fóra da súa zona de caza para

comer remolacha dos campos dos campesiños, cousa que fan

para producir lume, e o fan da seguinte maneira:

Ao comer esa remolacha producen bioetanol no interior do

seu organismo. O bioetanol é un gas inflamable que ao rozar

coas paredes do esófago do dragón produce unha chispa, o

que fai que prenda o bioetanol nela e bote lume pola boca

cando el queira, xa que é o dragón o que regula o paso do

biocombustible polo seu esófago.

Page 9: BIOLOXÍA DE DRAGAL

RELACIÓN

O meu dragón ten moi desenvolvido o sentido da vista xa que

o necesitan para cazar eses caimáns tan escurridizos, pero

tamén teñen moi desenvolvido o do olfacto para ulilos.

Normalmente, vivían en pantanos, xa que hai máis humidade;

aínda que había algúns que soían habitar en goridas

subterráneas.

Despiadados por natureza, devastaban todo ao seu paso, pero

só atacaban si co ataque podían sacar algo para o seu

beneficio. Usaban un ataque poderoso que cubría os ceos de

escuridade, momento no que podían pasar inadvertidos e

atacar.

REPRODUCIÓN

Este ser vivo ten unha reprodución sexual vivípara, cando os

membros dos dous sexos atópanse no mes de cortexo; que é

Maio, o macho baila movendo a súa cola dun lado a outro, e

cando a femia o acepta, copulan. O período de xestación

dura de 8 a 9 meses, e soen ter de 3 a 5 bebés dragóns,

coidados pola nai.

Page 10: BIOLOXÍA DE DRAGAL

SERGIO GARCÍA Dragóns verdes.

“Dragonis terribilis bosquibilus”

NUTRICIÓN

Estes seres vivos habitan os montes de todo o mundo. Ahí

aliméntanse dunhas plantas que producen bioetanol.

Ao comeren estas plantas producen o bolo alimenticio na

gorxa, e nos seus cinco estómagos, fermenta. Ao pasaren

dúas horas, este bolo, pasa por un órgano especial que o

filtra, de maneira que os nutrientes van ó sangue, os

refugallos elimínanse e o gas vai dirixido polos “vasos

gaseosos” a unha vesícula situada na boca.

O dragón, ao ter unha língua bífida, coas puntas moi ríxidas,

cando quere, solta gas á vez que fai unha chispa batendo as

dúas puntas da língua, así produce o lume para defenderse.

Page 11: BIOLOXÍA DE DRAGAL

RELACIÓN

Estes dragóns son moi tímidos, solitarios e agresivos. Habitan

nos bosques, cando ven algún movemento no bosque ou lles

molestan algo, suben ao aire e queiman todo o bosque co seu

poderoso lume, de ahí ven o nome: “terribilis bosquibilus”.

REPRODUCCIÓN

Son animais ovíparos, poñen entre dous e tres ovos de cor

verde esmeralda, reprodúcense unha vez ao ano, o primeiro

macho que da coa femia, fecúndaa e vaise.

As femias coidan as crías, que teñen desenvolvemento

postembrionario directo, ata que aprenden a voar, despois

abandoan á nai.

Page 12: BIOLOXÍA DE DRAGAL

ADRIÁN MOSQUERA VARELA

DRAGÓNS VERMELLOS

NUTRICIÓN

Alímentanse dun biocombustible chamado biogás que se

obtén do esterco e da basura, que lles provoca unha reacción

inflamable no interior do seu estómago e que se produce unha

chispa mediante o riscamento dunhas especies de glándulas

que producen unha chispa e produce unha chamarada de

lume.

Page 13: BIOLOXÍA DE DRAGAL

RELACIÓN

Estes animais habitan nos bosques e nas covas das altas

montañas.

Son moi solitarios e só se xuntan varios da súa epecie para

procrear.

Co medio relaciónanse para obter comida, como coellos,

corzos, xabaríns…

REPRODUCIÓN

Estes animais teñen unha rara reprodución e as crías

desenvólvense dentro da nai nun ovo ata que están preparadas

para saír ao exterior, aínda que permanecen no ovo 3 meses

despois de saír do interior da nai.

A xestación dura en total arredor de 10 meses.

Page 14: BIOLOXÍA DE DRAGAL

VÍCTOR GÓMEZ VARELA DRAGÓN NARANJA DE FUEGO

“DRAGONIS NARANGIS FIRE”

NUTRICIÓN

Este dragón aliméntase de aceites vexetais ou graxas animais que producen un biocombustible chamado biodiesel. O seu lume sae do corpo e cando eructa pon o rabo diante da boca e xúntase o lume do biodiesel e sae unha gran laparada.

Page 15: BIOLOXÍA DE DRAGAL

RELACIÓN

O dragón vive nas montañas e entra nos volcáns. Logo durme

dentro dunhas covas cercanas aos volcáns é recupérase

tamén comendo os aceites vexetais e graxas animais.

REPRODUCIÓN

Para reproducirse manteñen unha pelexa coa femia e logo dun

rato a femia cánsase e el comeza a reproducirse con ela. Os

dragóns bebés son moi fráxiles. Os pequenos non nacen coa

capacidade de producir lume.

Page 16: BIOLOXÍA DE DRAGAL

MARTIN FERNÁNDEZ

Dragón lume fresco

“Dragonicus lumicus fresquitis”

NUTRICIÓN

Este dragón come de todo, polo tanto, é omnívoro; come tanto

animais como vexetación.

Este dragón ten un pedernal na súa campanilla. Ao rozar ese

pedernal coa língua, na parte de atrás desa especie de “pedra”,

ao rascar, fai lume.

Page 17: BIOLOXÍA DE DRAGAL

RELACIÓN

Apenas se relaciona co medio só para procrear, xa que vive no

subsolo e algúns nos mares.

REPRODUCIÓN

Só sae a luz da terra para reproducirse, xa que a luz quéimalle

a súa prezada pel. Sempre se atopan na mesma cova onde se

coñeceron de pequenos.

Page 18: BIOLOXÍA DE DRAGAL

ANA PENA

Dragón residueiro

(“Dracus rexidei”)

NUTRICIÓN

Os dragóns teñen no seu estómago unhas bacterias

anaeróbicas; isto quere dicir que, cando o animal come, os

restos non dixeridos da súa alimentación, fermentan, e forman

biogás.

Cando queren botar lume, usan este gas, xa que o lume lle sae

por unha perna, na cal ten o órgano de almacenamento dese

gas.

Page 19: BIOLOXÍA DE DRAGAL

RELACIÓN

Estes dragóns, relaciónanse con outros seres vivos mediante a

súa olor, e non é como nós cremos, canto mellor ulen, máis

enfadados se poñen.

REPRODUCIÓN

Non se reproducen por ovos, como sucede habitualmente, se

non que a súa reprodución é vivípara, e presentan dimorfismo

sexual (os machos son azuis, e as femias verdes).

A femia tarda 34 meses en xestar ao novo individuo, que

durante os 53 primeiros días vivirá coa súa nai, e despois,

independizarase, isto quere dicir, que se desprenden da súa nai

e do seu pai para sempre.

Page 20: BIOLOXÍA DE DRAGAL

ALBA RODRÍGUEZ PURRIÑOS Dragón europeo

(“Draco Montanus”)

NUTRICIÓN

O dragón europeo aliméntase de vacas, ovellas, cabras,

cabalos e humanos. Despois de alimentarse, os restos

orgánicos repousan nunca válvula na que fermentan. Ao cabo

dunhas horas transfórmase en biogás que é un biocombustible

que se forma a partir da fermentación de desfeitos

orgánicos. Cando o dragón se ve acurralado utiliza o biogás

para a súa defensa.

O biocombustible ascende polo pescozo do dragón chegando

ás amígdalas, onde se acciona un mecanismo que ao rozar o

biogás coas paredes da gorxa prodúcese una chispa. Cando o

dragón abre a boca sae o lume, que utiliza para defenderse.

Page 21: BIOLOXÍA DE DRAGAL

RELACIÓN

O seu hábitat natural son as montañas.

Presenta unhas escamas irregulares, de forma que na cabeza son

máis pequenas.

Ademais inclúe unha limitada gama de cores como o vermello, verde,

negro ou dourado. Combinándose entre si.

Ten un corpo robusto, forte e impoñente. Con catro patas e tres

poderosas garras en cada unha. Presentando una potente cola e uns

letais cornos.

Ademáis pode voar, xa que ten unhas enormes ás, coas que viaxa por

toda Europa en busca de novas presas.

Pode medir ata os 14 metros de lonxitude e os 5 de altura.

REPRODUCIÓN

O dragón europeo é vivíparo.

Pode ter dúas crías á vez.

As femias despois de ser fecundadas repousan un ano nun

niño que constrúen preto das montañas.

Ao cumprirse o ano as dúas crías comezan a alimentarse de

pequenos mamíferos e aves.

Aos seis meses o seu pai ensínalles a cazar para poder

sobrevivir, a defenderse e a voar. Este período dura dous

anos máis.

Cando acaba esa etapa, o dragón xa é adulto e ten que

sobrevivir sen a axuda dos seus proxenitores.

Page 22: BIOLOXÍA DE DRAGAL

ANDREA BRAGE

Dragón de auga (“Draconis Tremebundobulos Aquos”)

NUTRICIÓN

A súa alimentación ten coma obxectivo principal a fabricación de lume, xa que é a

súa principal defensa ante os perigos do seu redor.

Son vexetarianos, xa que (aparte de ser de estómago sensible) para producir lume

utilizan bioetanol, un biocombustible que se obtén mediante a fermentación de

biomasa rica en azucres coma por exemplo a remolacha.

O bioetanol prodúcese da seguinte maneira: Cando a remolacha (biomasa rica en

azucre) entra no organismo é mastigada polas fauces do dragón ata que está feita

papas. Desta maneira unhas glándulas que están na gorxa do animal poden

absorber as graxas.

O alimento restante queda fermentando unhas horas no estómago e o gas que se

produce é o chamado bioetanol. Este acumúlase nunha vexiga ata o momento no

que teña que utilizalo.

Para que o bioetanol prenda o dragón ten que facer uso dun dos recursos que lle

brinda o seu corpo: a língua ten unha parte de quina (coma a cuncha das

tartarugas) que se rexenera de cada certo tempo. Ao igual que a língua, os seus

dentes tamén son de quina, rompen facilmente, pero rara vez lle fan falta (utiliza

o lume) de maneira que só presenta beneficios.

O proceso é: o dragón libera o bioetanol da vexiga á vez que fai un “efecto

chisqueiro”, golpeando a língua coa cara interior dos dentes e producindo unha

chispa que produce a combustión do gas fabricando unha chama que pode chegar

a ser mortal.

Page 23: BIOLOXÍA DE DRAGAL

REPRODUCIÓN

O Dragón de auga ten unha reprodución ovovivípara, na que o embarazo dura ao redor dun ano. Na época de celo, os dragóns macho realizan un cortexo á femia. Consiste en voar ao redor dela e mover a cola tal e coma se bailara. A femia escolle un macho do que posteriormente quedará preñada. O ovo está entre catro e seis meses dentro da nai, cando se achega a época na que o ovo saia ao exterior, a nai forma, nunha árbore alta e frondosa, un niño composto por: lama, ramallas e herbas secas. Para conseguir estes materiais, a dragoa xa busca de formar un niño no lugar onde haxa este tipo de elementos. Cando o ovo sae ao exterior, está coidado ó calor pola nai os meses restantes e sempre esta no niño. Canda rompe a casca, o pequeno ou pequena dragón aprende todo sobre a vida da man da nai e nalgúns casos tamén do pai. Cando está preparada a cría, volve ao lugar onde viven os seus proxenitores.

RELACIÓN

Os Dragóns de auga viven en covas submariñas ou polo menos preto da auga, os

dragóns poden adaptarse á auga salgada ou á auga doce. Sempre viven nestes

medios, excepto cando van ter unha cría que se cambian aos árbores (véxase

reprodución).

A súa relación co medio varía dependendo da época do ano, en verán e en outono

é a época de máis movemento, xa que é a temporada do cortexo e necesitan

atopar comida para o inverno. En cambio, en inverno a relación é practicamente

inexistente, íllanse nas súas covas ou nos niños dependendo do seu estado e

aliméntase das reservas que recolleron en verán e en outono. En primavera, só

saen do seu refuxio por comida.

Page 24: BIOLOXÍA DE DRAGAL

CARLOS CASTRO RIVAS

Eu decidín escoller o dragón negro. Ahora vouvos falar un pouco deles.

NUTRICIÓN

O dragón negro alimentábase dunha pequena especie de

corzos que xa non existen.

Estes corzos, alimentábanse dunhas plantas as cales tiñan

unhas pequenas formigas. Estas formigas chamábanse

formigas do lume.

O dragón ao comer o corzo que se alimentaba destas plantas

con formigas, ao inxerilas, coa dixestión as formigas

producían un gas moi inflamable, rozando os dentes producía

chispas e expulsaba unha gran laparada de lume co cal se

defendían.

Co paso dos anos foron evolucionando e crearon dentro do seu

corpo uns “almacéns” nos cales gardaban ese gas e podíano

usar sempre que quixeran.

Page 25: BIOLOXÍA DE DRAGAL

RELACIÓN

O dragón negro, era un dragón que non se relacionaba con

ningún outro dragón, isto débese á súa gran agresividade,

todo o que lles molestaba e se podían desfacer dél, facíanno.

Normalmente, eran encontrados en pantanos, aínda que había

algúns que soían habitar en goridas debaixo do solo. Eran

despiadados por natureza, devastaban todo ao seu paso, pero

só atacaban si co ataque podían sacar algo para o seu

beneficio. Usaban un ataque poderoso que cubría o ceo de

escuridade, momento no cal podían pasar inadvertidos e

atacar.

REPRODUCIÓN

Os dragóns negros, reproducíanse moitas veces ata que a

“dragoa” empreñara, os dragóns negros eran fieis a súa

parella ata que esta paría, Son moi agresivos, pero se as

hembras teñen crías volvíanse moito máis agresivas.

Os dragóns ao non se poderen acercar a parella ían xunto a

outra dragoa e facían o mesmo, así continuamente.Cando as

“dragoas” tiñan os seus fillos, non deixaban que ninguén se

acercara a ela e aos seus fillos.

Cando os pequenos dragóns facían oito meses, xa se

separaban da nai e entre sí e tiñan que aprender a cazar e a

defenderse por sí solos.

Page 26: BIOLOXÍA DE DRAGAL

RAQUEL SUÁREZ ANTÓN

DRAGÓN DA NEVE

(“Draco Nubila”)

NUTRICIÓN

Aliméntase de: osos polares, leóns mariños, calamares

xigantes…

Para que saia o biodiesel, na punta da súa língua ten

unha chispa que cando se xunta co biodiesel bota o lume

pola boca.

Atacan co alento xeado e cunha enorme cola branca

Page 27: BIOLOXÍA DE DRAGAL

RELACIÓN

Mide 12 metros de largo e 4 de altura

Viven nunha cova subterránea dun iceberg ou glaciar.

Emigran do Ártico ó Ántartico cada ano e sobrevoan miles

de kilómetros

REPRODUCIÓN

Hai un mito que di que presentan algún tipo de

hermafroditismo e que están conectados coa maxia e coas

estacións do mundo.

Cando saen do ovo son dun tamaño dun gato e despois chegan

a ser moi grandes.

Se descoñece canto poden vivir, o que mais viveu foi 200

anos.

Page 28: BIOLOXÍA DE DRAGAL

ANTÍA LISTA RAMOS O DRAGÓN PRATEADO

NUTRICIÓN

Este dragon aliméntase de desfeitos orgánicos: a basura que

se pode encontar nos vertedoiros, como mazás podres e

outras cousas así.

A súa preferencia son os vexetais , pero tamén come carne.

Estes residuos orgánicos ao fermentar xeneran un gas

chamado biogás que proporciona enerxía.

Page 29: BIOLOXÍA DE DRAGAL

RELACIÓN

Estes dragóns son moi benvolentes, simpáticos e

colaboradores, xeralmente non son violentos e evitan o

combate sempre que sexa posible.

Teñen unhas escamas prateadas e moi flexibles que dan un

aspecto metálico. Este ton de prata faino case imperceptible

nas nubes, o que é unha gran vantaxe en duelos.

REPRODUCIÓN

A súa reprodución e ovípara e os seus ovos son dun tamaño

moi grande, poñen de 5 a 20 ovos dos cales soen saír

soamente unha décima parte das crías, das cales só

sobreviven 2 ou 3.

Page 30: BIOLOXÍA DE DRAGAL

LAURA RÍO

DRAGÓN DORADO

NUTRICIÓN

Este dragón aliméntase dun tipo de planta velenosa

chamada Adelfa que só a pode tomar el, porque se o

toma outro animal morre.

El pódea tomar porque ten unhas glándulas especiais que

o protexen.

Pode producir lume gracias a esa planta que contén un

producto químico. Cando a traga, roza coas glándulas e

prodúcese o lume.

Page 31: BIOLOXÍA DE DRAGAL

RELACIÓN

Soe habitar en lugares húmidos porque é onde crecen

esas plantas.

REPRODUCIÓN

Ten reprodución sexual.

É ovovivíparo e soe ter unha media de 10 ovos.

Quédase en celo cada 6 meses.