Biblioxogo entroido 2º e 3º ciclo

5
NOME: ………………………………………………………………….CURSO:…………… BIBLIOXOGO CEIP AGUIÑO

Transcript of Biblioxogo entroido 2º e 3º ciclo

NOME: ………………………………………………………………….CURSO:……………

BIBLIOXOGO

CEIP AGUIÑO

1.- AS ORIXES DO ENTROIDO Sabías que o Entroido se leva celebrando dende épocas descoñecidas? Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman que os comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos . Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de Ramos).

Poderías atopar o orixe da palabra Entroido ? …………………………………………………………………………………………………

…………………………………………………………………………………………………

…………………………………………………………………………………………………

2.- OS PERIODOS DA ESMORGA Estos son os costumes dos días de celebración do Entroido máis importantes. Sabes como se chaman cada un destes días?

COSTUME DÍA É costume que os veciños se manchen uns ós outros con "borralla" ou "farelo", a fariña de peor calidade.

As mozas fabrican un boneco ou varios bonecos que representan os homes e tentan queimalo, mentres os mozos loitan por llo roubar.

Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo; en Laza lánzanse formigas enriba da xente e faise a farrapada, loita con farrapos enchoupados en lama ou esterco. Na Praza Maior de Xinzo celébrase o xogo das olas, en que os participantes se pasan olas de barro, e a aquel que a rompa debe pagar unha rolda.

Os homes fan un ou varios bonecos con feitura de muller e son estas quen loitan por llelo sacar.

Comeza a festa maior. En moitos lugares celébranse os "Testamentos" do Entroido e entérrase a representación da festa.

É a data na que todo remata, e en moitas vilas e aldeas enterrase a sardiña ou quéimase o Felipe.

3.- AS PERSONAXES DO ENTROIDO En Galicia existen diferentes personaxes desta festa típicos en cada lugar. Aquí están. Poderías relacionar cada un co seu nome? Coloca as letras no seu sitio correspondente.

A B

C

D

E F

G H I

L

PELIQUEIROS EN LAZA CIGARRÓNS EN VERÍN

PANTALLAS EN XINZO OS XENERAIS DO ULLA

OS BOTEIROS E FOLIÓNS EN VIANA DO BOLO AS PITAS DE EIROÁS

OS MERDEIROS EN VIGO OS VERGALLEIROS EN SARREAUS

O OSO DE SALCEDO EN POBRA DE BROLLÓN OS VOLANTES EN CHANTADA

4.- OS LUGARES DE MAIOR CELEBRACIÓN Localiza e rodea neste mapa de concellos de Galicia os lugares correspondentes aos personaxes anteriores.

5.- A COMIDA NO ENTROIDO Nestas celebracións ademais de pasalo ben disfrazándonos e gastando bromas, degostamos con alegría comidas e postres típicos. Escribe un menú típico de entroido.

6.- CANTIGAS E REFRÁNS DO ENTROIDO.

Busca algunha cantiga ou refrán sobre o entroido e escribea aquí. Podes acompañala cun debuxo.

RESTAURANTE “ O APETITO”RESTAURANTE “ O APETITO”RESTAURANTE “ O APETITO”RESTAURANTE “ O APETITO”

DESFRUTA O NOSO MENÚ DE ENTROIDO

1º PRATO: ……………………………………...

2º PRATO: ……………………………………...

SOBREMESA:…………………………………….

……………………………………………....