Bases do III Concurso de cartas de amor en galego

2
BASES DO III CONCURSO DE CARTAS DE AMOR EN GALEGO Obxectivo O Concurso de Cartas de Amor en Galego, promovido pola Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ten por obxectivo fomentar a creación literaria e actuar como canle para a difusión de novos valores. Participantes Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 14 anos. Criterios de valoración Orixinalidade no tratamento da temática amorosa e no emprego de técnicas e figuras literarias Uso correcto da gramática e da ortografía Condicións de presentación das obras Cada participante poderá presentar unha única carta en lingua galega. Esta deberá ser orixinal e inédita, non téndose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.) A extensión máxima admitida é dunha páxina escrita a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e interliñado de 1,5. Os traballos deberán depositarse no buzón habilitado no mostrador de Información do andar baixo da Biblioteca. A carta de amor presentarase sen asinar e cun pseudónimo, e se introducirá nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir "Concurso de Cartas de Amor + o pseudónimo" e no seu interior, ademáis da obra, incluirá outro sobre pechado cos seus datos persoais (nome, apelidos, teléfono, DNI)

Transcript of Bases do III Concurso de cartas de amor en galego

BASES DO III CONCURSO DE CARTAS DE AMOR EN GALEGO

Obxectivo

O Concurso de Cartas de Amor en Galego, promovido pola Biblioteca Pública de

Santiago Ánxel Casal, ten por obxectivo fomentar a creación literaria e actuar como

canle para a difusión de novos valores.

Participantes

Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 14 anos.

Criterios de valoración

– Orixinalidade no tratamento da temática amorosa e no emprego de técnicas e

figuras literarias

– Uso correcto da gramática e da ortografía

Condicións de presentación das obras

Cada participante poderá presentar unha única carta en lingua galega. Esta deberá ser

orixinal e inédita, non téndose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo

de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.)

A extensión máxima admitida é dunha páxina escrita a ordenador con fonte Arial de

tamaño 11 e interliñado de 1,5.

Os traballos deberán depositarse no buzón habilitado no mostrador de Información do

andar baixo da Biblioteca. A carta de amor presentarase sen asinar e cun pseudónimo, e

se introducirá nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir

"Concurso de Cartas de Amor + o pseudónimo" e no seu interior, ademáis da obra, incluirá

outro sobre pechado cos seus datos persoais (nome, apelidos, teléfono, DNI)

Prazo

O prazo de presentación dos traballos iníciase o 2 de febreiro e remata o 14 de

febreiro de 2015 ás 14.00 h.

Premios

1º premio: lote de libros

2º premio: lote de libros

3º premio: lote de libros

Resolución e entrega dos premios

A resolución do xurado farase pública o venres 20 de febreiro ás 12.00 h no Salón de

actos da Biblioteca e comunicarase persoalmente aos premiados por medio do correo

electrónico e/ou teléfono. Os gañadores deberán asinar con anterioridade á entrega

de premios a cesión de dereitos de imaxe do acto de entrega (no caso de que un dos

premiados sexa menor de idade, requerirase a sinatura dos pais/titores) coa finalidade

de que a Biblioteca Pública de Santiago “Ánxel Casal” poida publicitar o resultado do

concurso, empregando para isto o nome e imaxe dos gañadores, sen que a devandita

utilización lles confira dereito de remuneración ou beneficio algún.

Os traballos gañadores (e, no seu caso, aqueles que o xurado considere máis

interesantes de entre os non premiados) poderán ser expostos na Biblioteca e en

diferentes canais da Biblioteca en Internet.

As cartas premiadas quedarán en poder da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

para pasar a formar parte dos seus fondos. A Biblioteca resérvase o dereito de

reprodución (por calquera medio), exposición e calquera outro dereito de explotación

que poidera corresponderlle de acordo cos obxectivos fixados no concurso. En todos

os casos a Biblioteca indicará o/a autor/a.