Baloncesto 2º ciclo

19
BALONCEST O

Transcript of Baloncesto 2º ciclo

Page 1: Baloncesto 2º ciclo

BALONCESTO

Page 2: Baloncesto 2º ciclo

Ola rapaces!

Vamos a aprender un pouquiño máis sobre o

baloncesto.

Prestádeme gran atención!!

Page 3: Baloncesto 2º ciclo

QUEN O INVENTOU?

James Naismith inventou o baloncesto no ano 1891.

Era o encargado de EF nun colexio de Springfield (EEUU), e mediante este deporte intentaba que os seus alumnos/as practicasen deporte pese aos fríos invernos do lugar.

E… como fixo? Pois mandou colgar un par de canastras dentro do ximnasio, a unha altura de 3,048 m (que aínda se mantén na actualidade).

Page 4: Baloncesto 2º ciclo

E...

EN QUE CONSISTE ESTE DEPORTE?

Page 5: Baloncesto 2º ciclo

É un deporte de equipo que se xoga nunha cancha delimitada e que consiste en meter a pelota, de arriba cara abaixo (MOI IMPORTANTE!), por un aro situado a 3,05 metros.

O obxectivo do xogo é anotar máis puntos que o equipo contrario no tempo de xogo.

Page 6: Baloncesto 2º ciclo

E LOGO...

CANTO É O TEMPO DE XOGO?

Page 7: Baloncesto 2º ciclo

Un partido está formado por 4 tempos de 10 minutos cada un.

No 1º e no 3º descanso, os xogadores só teñen 1 minuto para recuperar os folgos.

Pero durante o 2º descanso, entre o 2º e 3º cuarto, descansan 10 minutos.

O tempo cóntase a “balón parado”, é dicir, que cada vez que o balón sae fóra da pista ou o árbitro pita, detense o cronómetro ata que se volve iniciar o xogo.

Page 8: Baloncesto 2º ciclo

Se o final do tempo establecido ambos equipos terminan en empate... Que fan? Pois xogan unha prórroga de 5 minutos ata que haxa un equipo gañador.

O adestrador de cada equipo pode pedir “tempo morto” que é unha parada de 1 minuto, durante a cal lle pode dar instruccións de xogo aos seus xogadores.

Page 9: Baloncesto 2º ciclo

TÓDALAS CANASTRAS VALEN O MESMO?

Page 10: Baloncesto 2º ciclo

Non tódalas canastras valen o mesmo:

- Canastras de 1 punto. Aquelas que se conseguen dende a liña de tiro libre estando o xogo parado.

-Canastras de 2 puntos. Aquelas que se conseguen durante o tempo de xogo dende o interior da liña de triple.

-Canastras de 3 puntos.(Triples). Aquelas que se conseguen dende máis alá da liña de triple.

Page 11: Baloncesto 2º ciclo

E PODEMOS XOGAR TODA A CLASE A UN TEMPO?

Se facemos dous equipos de 7 xa está, non?

Page 12: Baloncesto 2º ciclo

Noooooooooon!!!

Cada equipo pode ter un máximo de 5 xogadores na pista de xogo, e outros 7 como reservas.

De maneira resumida as posicións destes cinco xogadores en MINIBASKET son as seguintes:

1. BASE: É o que se encarga de dirixir o xogo do seu equipo. Intenta levar o balón ao campo contrario, e intenta entorpecer o pase deste cando teñen a posesión os contrarios (intentando pillar tódolos rebotes posibles).

2. ALERO: Son os que se encargan de correr principalmente polas bandas axudando ao xogo do equipo. Son fisicamente fortes e altos para anotar ou axudar a collelo rebote.

3. PÍVOT: Soen ser os xogadores máis altos, encargados de tirar a canastra, polo que se sitúan preto do aro cando o seu equipo ten a posesión do balón.

Page 13: Baloncesto 2º ciclo

E ONDE PODEMOS XOGAR?

Page 14: Baloncesto 2º ciclo

Xógase nunha pista habilitada para elo. Pódela ver aquí:

Page 15: Baloncesto 2º ciclo

Pois... A que esperamos?

VAMOS A XOGAR!!

Page 16: Baloncesto 2º ciclo

Non, non... Esperade. Antes tedes que aprender unha serie de violacións e faltas que non debedes cometer.

Prestade atención!!!

Page 17: Baloncesto 2º ciclo

Algunhas das violacións máis importantes son as seguintes:

- Pasos: Dar máis de dous pasos sen botar o balón.

- Dobles: Despois de botalo balón, collelo coas dúas mans e volvelo botar.

- Pé: non podemos golpear o balón co pé.

- Campo atrás: Unha vez xa se cruzou o medio do campo para atacar, non se pode volver ao noso campo para que nos lancen o balón.

- Fóra: Considerase fóra cando o balón ou o xogador que ten o balón saen fóra dos límites de este.

Page 18: Baloncesto 2º ciclo

Algunhas das faltas máis importantes son as seguintes:

- Empuxar a un rival que lanza a canastra: Penalizase ao xogador co falta persoal. E o afectado tirará tiros libres:- Se a canastra que tirou ao facerlle a falta entrou, tirará 1 tiro libre.

- Se non entrou, tirará 2 tiros libres.

- Se era triple e non entrou, tirará, 3 tiros libres.

- Expulsión: Cando un xogador/a comete 5 faltas debe abandonar o campo de xogo.

Page 19: Baloncesto 2º ciclo

E agora, xa sabedes que como explicamos en EF, hai

diferentes tipos de pases (de peito, picado, de béisbol), de tiros a canastra (entrada, mate)... Que debemos empregar en función do momento do partido no cal nos atopemos, verdade?.

Pois a xogar!!!