Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

19
Aventura Diminuta: Actividades e recursos para dinamizar o xogo no rincón da casiña/cocinita: co xogo simbólico tamén se aprende http:// aventuradiminuta.blogspot.com.es/search/label/coeducac i%C3%B3n

Transcript of Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Page 1: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Aventura Diminuta:

Actividades e recursos para

dinamizar o xogo no rincón da

casiña/cocinita: co xogo simbólico

tamén se aprende

http://aventuradiminuta.blogspot.com.es/search/label/coeducaci%C3%B3n

Page 2: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

“ Un neno que non sabe xogar é un pequeño vello e será un adulto que non saberá pensar”

Jean Château

Page 3: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Xustificación teórica Para dotar de significación á aprendizaxe, as teorías que existen

propoñen a necesidade de enlazar as experiencias previas do suxeito a educar cos contidos a transmitir empregando elementos de motivación axeitados á idade do educando.

Na educación formal dun individuo, debemos considerar a importancia do xogo.

O xogo é unha actividade que os seres humanos desenvolvemos desde o noso nacemento, sendo un elemento importante na vida dun neno que ve o mundo a través del.

Page 4: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

En si mesmos, os xogos son unha actividade cotiá, espontánea e que non é necesario motivar, que implica unha acción con inicio, desenvolvemento e fin suxeitos a unhas normas e regras fixas nalgúns casos, e adaptadas ó gusto dos xogadores, noutros.

En resumo, mediante o xogo trátase de aprender divertíndose.

Page 5: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Definición de xogo:

É unha actividade natural e espontánea, expresión de vida; xogar é vivir.

O xogo é a base

para acadar a madurez

e a preparación para a

vida.

Page 6: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

O xogo libre e o xogo dirixido

O xogo libre: metodoloxicamente, establece unha finalidade en si mesmo.

Se o utilizamos axeitadamente, proporcionaranos un coñecemento máis perfecto do neno, das estructuras e relacións do grupo, facilita un axuste entre o xogo e a idade e os intereses do neno e pode ser un “viveiro” de xogos dirixidos. Non obstante, obsérvanse unhas desvantaxes motivadas pola falta de: variedade (xa que se repiten moitos os xogos e os nenos soen querer xogar sempre a un xogo que lles guste; perseverancia, hai que motivar por non haber estabilidade emocional, organización nos xogos sociais polo que as estruturas son moi básicas, medida ó ser máis difícil o control da intensidade do xogo. 

Page 7: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

O xogo dirixido: desenvólvese mediante unhas regras e obxectivos marcados polo adulto.

Mediante a súa práctica pódense eliminar todos os defectos, hai maior variedade e ecuanimidade dos resultados e os efectos están controlados e planificados de antemán, non obstante está condicionado por unha limitación da autonomía e liberdade do neno e suprímese a pureza e espontaneidade do xogo libre.

Page 8: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Destinatarios da actividade

A actividade do Rincón da Casiña/Cocinita decidín dirixila ó alumnado de 5º curso da etapa de Educación Infantil.

Page 9: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Obxectivos que se pretenden acadar con esta actividade:

- Disfrutar do momento de xogo.- Respectar as normas e regras dos xogos.- Aplicar as normas, valores, e regras de convivencia dos xogos

para unha maior armonía social na aula.- Realizar xogos de cooperación incidindo no comportamento e

relación social.- Mellorar a autonomía persoal dos alumnos/as.- Fomentar a creatividade e imaxinación dentro do xogo simbólico.- Promover diferentes modelos de familia a través do xogo.- Fomentar a coeducación.- Valorar e mostrar respecto cara un mesmo e os seus

compañeiros/as, con independencia do sexo, raza, posibilidades, limitacións,…

Page 10: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Temporalización

Está actividade realizaríase ó longo do curso para dispoñer do tempo suficiente para que os pequenos poidan acadar todos os obxectivos propostos.

Ademais, así hai a posibilidade de que todos os nenos intercambien os diferentes roles.

Page 11: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Desenvolvemento da actividade emodificacións que eu faría

Comezaremos dividindo ógrupo-aula.

Despois, darémoslle a escoller a cada grupo os roles que poden desempeñar, tendo en conta que aínda que haxa varios roles que se repitan, iso non vai supoñer un

problema, xa que desta maneira traballamos os diferentes modelos de familia.

Page 12: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Darémoslle a cada neno unha tarxeta co rol que desexa desempeñar (pero as tarxetas farémolas con fotos reais, xa que será máis sinxelo para os nenos establecer similitudes coa realidade. Así mesmo, aínda que estemos na etapa de educación Infantil, non é preciso infantilizar todos os materiais).

Page 13: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Os nenos terán que escoller a tarefa doméstica que queren realizar, e, no caso de que dous nenos queiran a mesma tarefa, eles terán que chegar a un acordo. Intentaremos non mediar no conflito, deixando que os discentes empreguen estratexias e mecanismos de resolución. No caso de que o conflito non se resolva, os mestres/as actuaremos como mediadores.

Así mesmo, os darémoslle pequenas pautas de organización, para evitar un posible desorde durante o xogo (a autora do blog xa presupón a organización da actividade porque son os nenos os que elixen as tarefas).

Page 14: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Na actividade proposta pola autora, destinada a nenos de

3 anos, aparece unha ficha que os nenos teñen que cubrir. Segundo a miña opinión, vexo o uso desta ficha incorrecto para completar por nenos de 3 anos, xa que é moi probable que a esta idade non saiban nin ler nin escribir. Persoalmente, eu tampouco me decanto por empregala conn nenos de 5 anos (a miña actividade está destinada a esta idade), xa que a ensinanza da lectura e da escritura é propia do currículo do 1º curso do 1º ciclo da Etapa de Educación Primaria, non da etapa de Infantil, polo que moitos nenos/as non poderían realizala.

Page 15: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

En vez da ficha que emprega a autora do blog, eu proporía unha ficha individual de cada alumno/a a cubrir polo mestre/a por medio da observación directa.

Os ítems a valorar poden ser:- Atópase a gusto colaborando na actividade…- Amósase cooperante…- Amósase disgregante…- Concentra a atención no xogo…- Móstrase dependente do grupo ou do mestre/a…- Imaxinativo…- Asimila rapidamente variantes…- Empeza e remata a tarefa…

Page 16: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Despois da actividade

Colocaremos a todos os nenos/as nun círculo, para establecer contacto visual entre o mestre/a e o alumnado, e dos alumnos/as entre si.

As preguntas que lles podemos formular son:

- Gustouvos o rol que fixestes?- Disfrutastes coa tarefa do fogar que

escollestes?- Quedastes contentos/as co xogo

que fixemos? (preguntarémoslles por que si ou por que non)

Page 17: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Tamén lles preguntaremos se nas fichas que temos sobre as tarefas domésticas notan en falta algunha das que fan os seus pais e nais na casa.

Tentaremos que esta actividade faga que os nenos e nenas se poñan no papel de adultos responsables coas tarefas do fogar.

Page 18: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Conclusión

En resumo, o xogo é unha actividade necesaria xeradora de pracer, con finalidade en si mesma, que contribúe ó desenvolvemento integral do suxeito respecto á infancia, é a súa base existencial adaptada a características de continua evolución e cambio e a base do seu propio desenvolvemento creándose as bases de convivencia e cooperación social, está dotada de espontaneidade e non require aprendizaxe.

Page 19: Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Según PIAGET, “No xogo o neno realiza os seus desexos para obter pracer, mediante el, o neno encontra a súa identidade, establécese un mecanismo defensivo polo que, a través da interpretación dun cambio de rol, o suxeito pode liberarse de traumatismos sufridos pasivamente”.

Sheila Rodríguez Trigo

2º Educación Infantil