Avaliación eso

9
IES TERRA DE SONEIRA - DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN RESUMO DA LEXISLACIÓN SOBRE CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN EN ESO LEXISLACIÓN VIXENTE: 1. Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 13 de xullo) 2. Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 7 de xaneiro 2008) 3. Corrección de erros.- Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria … (DOG 8 de Febreiro do 2008) 4. Orde do 23 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoira na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 24 de xuño). 5. Orde do 6 de setembro de 2007 pola que se desenvolve a implantación da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 12 de setembro). 6. Orde do 30 de xullo de 2007 pla que se regulan os programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria (DOG 21 de agosto). 1. PROMOCIÓN: - O alumnado terá dereito, con carácter xeral, a permanecer escolarizado no réxime ordinario cursando esta etapa educativa ata os dezaoito anos cumpridos no ano en que remate o curso académico. - O límite de idade establecido no decreto prorrogarase un ano para aquel alumnado que se incorpore a ESO cunha idade superior á establecida con carácter xeral, en aplicación das normas de promoción na educación primaria, e non se lle establezan medidas de adaptación ou diversificación curricular. Mónica Diz Besada Página 1

Transcript of Avaliación eso

Page 1: Avaliación eso

IES TERRA DE SONEIRA - DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

RESUMO DA LEXISLACIÓN SOBRE CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN

EN ESO

LEXISLACIÓN VIXENTE:

1. Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 13 de xullo)

2. Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 7 de xaneiro 2008)

3. Corrección de erros.- Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria … (DOG 8 de Febreiro do 2008)

4. Orde do 23 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoira na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 24 de xuño).

5. Orde do 6 de setembro de 2007 pola que se desenvolve a implantación da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 12 de setembro).

6. Orde do 30 de xullo de 2007 pla que se regulan os programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria (DOG 21 de agosto).

1. PROMOCIÓN:

- O alumnado terá dereito, con carácter xeral, a permanecer escolarizado no réxime ordinario cursando esta etapa educativa ata os dezaoito anos cumpridos no ano en que remate o curso académico.

- O límite de idade establecido no decreto prorrogarase un ano para aquel alumnado que se incorpore a ESO cunha idade superior á establecida con carácter xeral, en aplicación das normas de promoción na educación primaria, e non se lle establezan medidas de adaptación ou diversificación curricular.

- O alumnado promocionará ao curso seguinte cando teña superados os obxectivos das materias cursadas ou teña avaliación negativa en dúas materias como máximo.

- O alumnado repetirá curso cando sexa avaliado negativamente en tres ou máis materias.

- Excepcionalmente, o equipo docente poderá autorizar a promoción con avaliación negativa en tres materias, se considera que a natureza das dificultades non lle impide ao alumnado seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a dita promoción beneficiará a súa evolución académica.

- As decisións de promoción ao curso seguinte, do alumando con tres materias non superadas, requerirá o acordo favorable da maioría simple do equipo docente.

Mónica Diz Besada Página 1

Page 2: Avaliación eso

IES TERRA DE SONEIRA - DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

- O alumnado poderá repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da etapa. Excepcionalmente, unha alumna ou alumno poderá repetir unha segunda vez en cuarto curso se non repetiu en cursos anteriores desta etapa.

- Cando a segunda repetición se debe producir no último curso da etapa, prolongarase un ano o límite de idade establecido (ata os 19 anos).

- No cómputo das materias para efectos de promoción, considéranse tanto as materias non superadas do propio curso como as de cursos anteriores.

- O proxecto interdisciplinar non computará á hora de considerar o número de materias para os efectos de promoción ao seguinte curso. Proporcionará unha avaliación cualitativa, referida ao grao de desenvolvemento das competencias básicas e que estará presente na información ao alumnado e ás súas familias e figurará no informe de avaliación final.

- A materia de ciencias da natureza de 3º: Poderá desdobrarse en bioloxía e xeoloxía por un lado e física e química por outro. A pesar deste desdobre contará como unha soa materia a efectos de promoción. É dicir, se o alumno supera a bioloxía e a xeoloxía e non supera a física e química computarase como unha materia non superada a efectos de promoción. Se non supera ningunha das dúas tamén se computa como unha soa aos efectos citados. Se o alumnado promociona sen superar toda a materia ou unha das partes nas que se desdobra, deberá recuperar a materia completa no 1º caso e a parte non superada no segundo. En consecuenca a materia de ciencias da natureza de 3º curso só se considerará superada cando se aproben as dúas nas que se desdobra: bioloxía e xeoloxía e física e quimica.

2. TITULACIÓN:

- O alumnado que ao terminar a educación secundaria obrigatoria superase todas as materias e alcanzadas as competencias básicas e os obxectivos da etapa obterá o título de graduado en educación secundaria.

- Así mesmo, poderá obter o dito título aquel alumnado que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, finalice a etapa con avaliación negativa nunha ou en dúas materias, e excepcionalmente en tres, sempre que o equipo docente que imparte no grupo considere que a natureza e o peso destas no conxunto da etapa non lle impediu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

- As decisións de titulación do alumnado con materias non superadas requerirán o acordo favorable da maioría simple do equipo docente.

- O alumnado maior de dezaoito anos que non obtivese o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e non poida ou non desexe continuar escolarizado nun centro educativo ordinario poderá rematar os seus estudos polo réxime de ensinanzas para adultos. Poderá, así mesmo, incorporarse ás ensinanzas de adultos o alumnado que cumpra dezaoito anos no ano en que comence o curso académico ou, excepcionalmente, os maiores de dezaseis anos que teñan un contrato laboral.

- O alumnado con dezaoito anos cumpridos que non obteña o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e non teña avaliación negativa en máis de cinco materias disporá, durante os dous anos inmediatamente seguintes ao remate da escolarización, dunha convocatoria anual de probas para superar as materias pendentes de cualificación positiva, nos termos que estableza a Consellería. En todo caso as probas terán lugar no mes de xuño e serán incompatibles con estar cursando as ensinanzas de adultos e presentarse ás probas para obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Mónica Diz Besada Página 2

Page 3: Avaliación eso

IES TERRA DE SONEIRA - DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

- Probas para maiores de 18 anos: A Consellería convocará anualmente probas para que as persoas maiores de dezaoito anos poidan obter directamente o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

3. ALUMNADO DE DIVERSIFICACIÓN:

- O referente para avaliar as aprendizaxes do alumnado que cursa un programa de diversificación curricular serán as competencias básicas e os obxectivos xerais da educación secundaria obrigatoria, así como os criterios de avaliación establecidos para cada ámbito do programa e das materias que curse cada alumno/a, coas adaptacións curriculares que, se é o caso, lles correspondan.

- O alumnado que, ao rematar o programa, non estea en condicións de obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e cumpra os requisitos de idade establecidos (máximo 18 anos no ano en que remata o curso académico), poderá permanecer un ano máis no programa.

- O alumnado que curse programas de diversificación curricular obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria se supera todos os ámbitos e materias que integran o programa. Así mesmo, poderá obter o devandito título o alumnado que, tendo superado os dous ámbitos, teñan avaliación negativa nunha ou dúas materias, e excepcionalmente en tres, sempre que a xuízo do equipo docente alcanzasen as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

- O alumnado que acceda a un programa de diversificación curricular sen acadar os obxectivos dalgunha materia dos cursos anteriores, realizará as actividades de reforzo e de apoio que lle permitan recuperalos ao longo do desenvolvemento do programa, sendo a avaliación competencia do profesorado que imparte clase nel, coa colaboración dos departamentos implicados.

- AVALIACIÓN DO PROGRAMA: Os programas de diversificación e o seu desenvolvemento serán obxeto de seguimento e avaliación específicos, de acordo cos criterios establecidos en cada programa. A persoa titora elaborará, ao final de cada curso, unha memoria que inclúa:

Informe sobre o progreso do alumnado do programa de diversificación. Valoración do funcionamento do programa e, se é o caso, proposta de

modificación.

4. ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS E CON ADAPTACIÓN CURRICULAR:

- Enténdese por alumnado que presenta necesidades educativas especiais aquel que requira, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves da conduta.

- Para que este alumnado poida alcanzar o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais e os obxectivos da etapa, estableceranse as medidas curriculares e organizativas oportunas que aseguren o seu adecuado progreso (Adaptacións curriculares, fragmentación dos curso, apoio PT, AL, ...).

- Nas adaptacións curriculares a avaliación e a promoción tomarán como referencia os obxectivos e criterios de avaliación fixados nas adaptacións.

- Sen prexuizo das repeticións de curso previstas na lexislación, a escolarización deste alumnado na educación secundaria obrigatoria poderase prolongar un ano máis (19 anos), sempre que iso favoreza a obtención do título de graduado.

Mónica Diz Besada Página 3

Page 4: Avaliación eso

IES TERRA DE SONEIRA - DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

5. ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA:

- A escolarización do alumnado que se incorpora tardiamente ao sistema educativo, en especial o alumnado inmigrante, realizarase atendendo ás súas circunstancias, coñecementos, idade e historial académico.

- Os que presenten un desfase no seu nivel de competencia curricular de dous ou máis anos, poderán ser escolarizados nun ou en dous cursos inferiores ao que lle correspondería por idade, sempre que a dita escolarización lles permita completar a etapa nos límites de idade establecidos con carácter xeral. Os alumnos que en virtude desta escolarización non puidesen completar a etapa nos límites de idade establecidos con carácter xeral poderán continuar estudos nas ensinanzas de persoas adultas.

6. INFORMES DE AVALIACIÓN:

- Ao remate de cada un dos cursos da ESO, a persoa titora, coa información achegada polo profesorado que imparta docencia no grupo, elaborará un informe individualizado de cada alumno. Nel recolleranse os aspectos máis relevantes sobre o proceso de aprendizaxe, cando menos o grao de aprendizaxe en cada unha das materias e/ou ámbitos, o desenvolvemento das competencias básicas, a consecución dos obxectivos en cada unha das materias e/ou ámbitos, as decisións sobre medidas para a atención á diversidade que fosen adoptadas así como todos aqueles aspectos que permitan facer un mellor seguimento do seu proceso de aprendizaxe.

- Este informe, que se iniciará ao comenzo de cada curso cos elementos xurdidos na avaliación inicial, recollerá a información resultante do proceso de avaliación continua ao longo do curso, e completarase ao remate de cada un dos cursos.

- Ao comenzo do seguinte curso deberíanselle facilitar á persoa titora os informes dos seus alumnos que elaborou o titor do curso anterior.

7. INFORME DE AVALIACIÓN DAS ADAPTACIÓNS CURRICULARES:

- Cada adaptación curricular deberá ser avaliada tomando como referencia os criterios de avaliación fixados na propia adaptación curricular.

8. INFORMACIÓN DA AVALIACIÓN AOS ALUMNOS:

- Ao comenzo de cada curso, os departamentos didácticos, a través do profesorado, informarán a cada grupo de alumnos, dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación esixibles para obter unha valoración positiva das distintas materias, así como dos criterios de cualificación, os instrumentos de avaliación da aprendizaxe que se utilizarán, incluídas as materias pendentes de cursos anteriores, así como das medidas de reforzo e recuperación previstas.

- Así mesmo, a persoa titora de cada grupo informará ao seu alumnado dos requisitos que determinarán a promoción ao curso seguinte e, no caso do cuarto curso, a titulación.

Mónica Diz Besada Página 4

Page 5: Avaliación eso

IES TERRA DE SONEIRA - DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CADRO RESUMO DOS CASOS QUE SE PODEN PRODUCIR

CONDICIÓNS PARA PODER PERMANECER

ATA OS 19 ANOS.

CRITERIOS A TER EN CONTA

ACORDO DE DECISIÓN

Repetiu un curso de EI e/ou EP e incorpórase a 1º de ESO con máis de 12 anos.

Pode ter ou non medidas de atención á diversidade en ESO

É un dereito do alumno, polo que non decide o profesorado.

Tripite 4º de ESO Que non repetira nada máis en ESO

É un dereito do alumno, polo que non decide o profesorado.

Alumnado con necesidades educativas especiais

Que non repetira máis de dúas veces en ESO.Que iso favoreza a obtención do título de ESO.

As nee deberían estár avaliadas e recollidas nun informe psicopedagóxico.Debería haber un consello orientador que recomende esta opción por parte do departamento de orientación.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN

CRITERIOS A TER EN CONTA

ACORDO DE DECISIÓN

Con unha ou dúas materias suspensas

Promoción automática cun plan de recuperación no curso seguinte

É un dereito do alumno, polo que non decide o profesorado.

Excepcionalmente con tres materias suspensas

A natureza das dificultades no lle impide seguir con éxito o curso seguinte, e hai expectativas favorables de recuperación, e dita promoción beneficiará a súa evolución académica.Precisa un plan de recuperación de materias pendentes.

É unha decisión do profesorado que lle imparte docencia. Pódese propoñer á xunta de avaliación e require un acordo favorable de maioría simple.

CRITERIOS DE TITULACIÓN

CRITERIOS A TER EN CONTA

ACORDO DE DECISIÓN

Con unha ou dúas materias suspensas

A natureza e o peso das materias avaliadas negativamente non lle impediu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

É unha decisión do profesorado que lle imparte docencia. Pódese propoñer á xunta de avaliación e require un acordo favorable de maioría simple.

Excepcionalmente con tres materias suspensas

A natureza e o peso das materias avaliadas negativamente non lle impediu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

É unha decisión do profesorado que lle imparte docencia. Pódese propoñer á xunta de avaliación e require un acordo favorable de maioría simple.

ALUMNADO DE DIVERSIFICACIÓN

CRITERIOS A TER EN CONTA

ACORDO DE DECISIÓN

Promoción automática de 3º a 4º

En 3º non se decide a promoción posto que é un programa de dous anos.

É un dereito do alumno, polo que non decide o profesorado.

Titulación en 4º con unha ou dúas materias avaliadas negativamente

Ter superados os dous ámbitos.Que a xuízo dos profesores alcanzasen as competencias básicas e os obxectivos de etapa.

É unha decisión do profesorado que lle imparte docencia. Pódese propoñer á xunta de avaliación e require un acordo favorable de maioría simple.

Mónica Diz Besada Página 5

Page 6: Avaliación eso

IES TERRA DE SONEIRA - DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Titulación excepcional en 4º con tres materias avaliadas negativamente

Ter superados os dous ámbitos.Que a xuízo dos profesores alcanzasen as competencias básicas e os obxectivos de etapa.

É unha decisión do profesorado que lle imparte docencia. Pódese propoñer á xunta de avaliación e require un acordo favorable de maioría simple.

ALUMNADO DE ADAPTACIÓN CURRICULAR

Promociona de curso cos mesmos criterios que os demáis alumnos, tendo en conta que as Adaptacións Curriculares toman como referencia os criterios de avaliación da propia AC, e se ésta é positiva, a materia está superada.No caso de titulación, tomaranse como referencia os obxectivos xerais da ESO e o logro das competencias básicas (teranse en conta os criterios xerais de titulación).

Setembro 2012

Asdo. Mónica Diz BesadaXefa do Departamento de Orientación do IES Terra de Soneira

Mónica Diz Besada Página 6