AURELIO AGUIRRE DE CONXO

15
AURELIO AGUIRRE DE CONXO CENTRO SOCIOCULTURAL PROGRAMACIÓN outubro 2021 xuño 2022

Transcript of AURELIO AGUIRRE DE CONXO

Page 1: AURELIO AGUIRRE DE CONXO

AURELIO AGUIRRE

DE CONXO CENTRO SOCIOCULTURALPROGRAMACIÓN

outubro 2021xuño 2022

Page 2: AURELIO AGUIRRE DE CONXO

ACTIVIDADES ESPECÍFICAS PARA NENOS/AS

• ARTES VIVAS PARA CRIANZAS Obradoiro (con Helena Salgueiro) Este obradoiro é un achegamento ás artes do movemento dende un punto de vista contemporáneo e participativo, aunando distintas disciplinas artísticas (como a danza, a literatura ou o folklore) e permitindo ás crianzas, a través do divertimento, tomar parte do proceso creativo cara a unha posta en escena final dunha obra. Venres de 17 a 18h • A partir de 6 anos • 54€/trimestre

• ACHEGAMENTO Á CULTURA E LINGUA XAPONESA con Jordão (voluntario europeo) De outubro a decembro Mércores de 17 a 18h • A partir de 6 anos

• GRUPO DE TEATRO INFANTIL (CLUB) Grupo 1 nados nos anos 2011-2013 • Venres de 17 a 17.45 h • 12 prazas Grupo 2 nados nos anos 2009-2010 • Venres de 18 a 18.45 h • 12 prazasGrupo 3 nados no ano 2008 • Venres de 19 a 19.45 h • 12 prazas5€/trimestre

• XADREZ (CLUB) De 5 a 8 anos • Venres 19 a 19.45h • 6 prazasDe 9 a 14 anos • Venres de 20 a 20.45h • 6 prazas5€/trimestre

• PINTURA SENSITIVA Xoves de 17 a 18 h • 6 prazas • (De 3 a 6 anos)• 25€/trimestre

• TALLER DE EXPRESIÓN A TRAVÉS DO DEBUXO E A PINTURA Xoves de 18.15 a 19.15 h • 6 prazas• (De 7 a 12 anos) • 25€/trimestre

• PRIMEIROS/AS LECTORES/-AS (CLUB): Somos un grupo de nenos e nenas que nos divertimos coa lectura, semanalmente xuntámonos para facer distintas actividades (xogos, lecturas, obradoiros, manualidades) relacionadas coas historias, os contos, as aventuras e a sabedoría que conteñen os libros para entreternos, experimentar e aprender. Mércores de 17.30 a 18.30h • (De 4 a 8 anos) • 6 prazas.

• VIVE A AVENTURA: Proxecto lúdico e de animación a lectura Actividade de animación á lectura na que se vive de maneira lúdica, a través de xogos, o mundo dos libros. Xoves 17.45 a 19.15 h • (De 5 a 7 anos) • 6 prazas (previa inscrición)Venres de 19:00 a 20.30 h • (A partir de 8 anos) • 6 prazas (previa inscrición)

• UN MUNDO POR PERCORRER Espazo no que os nenos e nenas darán renda solta á súa creatividade e imaxinación. Partindo dun gran mapa e de historias curtas iremos viaxando (en barco, tren, e incluso nunha máquina do tempo) e a través de contos, xogos e obradoiros coñeceremos a historia, curiosidades, costumes e tradicións dos diferentes lugares ou civilizacións que visitemos. Martes 17.45 a 19.15h • (De 5 a 8 anos ) • 6 prazas (previa inscrición)

• ESTRATEXIA: MÁIS QUE UN XOGO Espazo no que coñeceremos e aprenderemos a xogar a diferentes xogos de mesa de estratexia. Xoves de 19.30 a 20.30 h • (De 8 a 12 anos) • 6 prazas (previa inscrición)

• ESCOLA DE DETECTIVES Actividade na que xogaremos a ser aprendices de detectives , entrando no mundo da investigación e do misterio.Venres de 17.45 a 19.15 h • (De 7 a 10 anos) • 6 prazas (previa inscrición)

Page 3: AURELIO AGUIRRE DE CONXO

• TARDES DE XOGO ( XOGOS NA PRAZA) Mércores e venres de 19.30 a 20.30 h • (A partir de 7 anos) Sempre que o tempo o permita realizaremos xogos dirixidos e xincanas no exterior.

• ESTAMOS DE FOTO Coñeceremos e retrataremos diferentes lugares da nosa cidade a través de saídas lúdicas e culturais con exposición final no centro de todas as fotografías e aventuras. Terceiro sábado de mes a partir das 17 h • (A partir de 7 anos) • Prazas segundo normativa (previa inscrición )

• GRAND PRIX DO LIBRO Desde o espazo de lectura achegarémonos ao mundo literario a través das ilustracións e as boas historias. Trataremos en cada sesión unha temática concreta mediante un libro infantil realizando actividades complementarias como xogos cooperativos e xincanas. Sábados de 12.30 a 13.30h • (A partir de 6 anos) • (quincenal; 2º e 4º sábado de mes) • Prazas segundo normativa (previa inscrición )

• XOGA CO INGLÉS Martes de 18 a 19h • (De 5 a 10 anos) • 6 prazas • 25€/trimestre

• DINAMIZACIÓN DIXITAL NENOS/AS (Mecanografía, scratch, deseño 3D, aprender a usar a tablet)Grupo 1 Martes de 18.15 a 19.15h • 6 prazas Grupo 2 Mércores de 17.30 a 18.30h • 6 prazas

• CLUB D@S PILLAD@S Martes de 19 a 20.30 h ou Sábados segundo programación • (De 8 a 11 anos)• 5€/trimestre. Club de rapazada cun proxecto de actividades de tempo libre que desde un sustrato lúdico ten como obxectivo xerar unha proposta rica e diversa suxerida pola propia rapazada con base nos valores da ecoloxía, a igualdade, o medio natural e os valores comunitarios desde unha actitude activa e crítica.

• PROGRAMA DE REFORZO SOCIOEDUCATIVO De martes a venres • (De 6 a 16 anos) • (Proxecto en colaboración co voluntariado USC).

• PROXECTO HORTA ECOLÓXICA (A partir de febreiro 2022)O centro sociocultural de Conxo vai desenvolver un proxecto de horta urbana ecolóxica pensada para a rapazada do centro e cunha implicación das familias.Este proxecto presentarase en xaneiro.

ACTIVIDADES ESPECÍFICAS PARA MOZOS/AS

• FAITE MAKER (Comezo en xaneiro) (A partir de 12 anos) • Xoves de 19 a 20hCon ferramentas e coñecementos tecnolóxicos, fabricaremos diferentes obxectos para desenvolver proxectos deseñados polo propio equipo maker.

• ACHEGAMENTO Á CULTURA E LINGUA XAPONESA (de outubro a decembro). Con Jordão (voluntario europeo)(A partir de 12 anos) • Martes de 20h a 21h

• IMPRESIÓN 3D (A partir de 12 anos)• Xoves de 17 a 18.30 h • 6 Prazas

• DESEÑO 3DMaiores de 14 anos • Venres de 17 a 18 h • 6 Prazas

• EDICIÓN DE VÍDEO E AUDIO (Abril a xuño)A partir de 12 anos • Xoves de 19 a 20 h • 6 prazas

Page 4: AURELIO AGUIRRE DE CONXO

• GRUPO MOZO (CLUB) Mércores de 19.30 a 20.30 h (ou sábados/fin de semana, e outros días segundo programación)• A partir de 12 anos • 5€/trimestre.Club de rapaces/as entre os 12 e 16 anos que desenvolven un proxecto de actividades de tempo libre co obxectivo de vivir novas experiencias e favorecer o crecemento persoal, xogando, gozando e aprendendo. (Saídas lúdicas a talleres diversos, brigada ecolóxica, proxectos comunitarios, etc.).Ten como obxectivo principal que, desde unha actitude activa e reponsable, a rapazada sexa a protagonista no desenvolvemento das súas inquedanzas e intereses.

• CLUB XUVENIL DE CONXO “VELLAS GLORIAS” Proxecto de carácter comunitario e lúdico coa mocidade do barrio no que se realizarán encontros puntuais nos que se retome o contacto cos mozos e mozas pertencentes no pasado ao club mozo, pero tamén aberto a máis mozos e mozas, conformando así un grupo que nun futuro se constitúa coma asociación xuvenil. Sábados de 10 a 14 h

• GRUPO DE TEATRO DE MOZOS/AS* (CLUB) (Nados entre o 2002 e 2007) • Venres de 20 a 20.45h • 5€/trimestre

ACTIVIDADES PARA ADULTOS/AS

• CONVERSA EN PORTUGUÉS (Outubro a decembro)Con Jordão (voluntario europeo).Xoves ás 19h

• PETISCOS LITERARIOS (Actividade quincenal) Club de lectura breve, de temática e xéneros variados, destinado a persoas que non teñen moito tempo para a lectura de libros extensos. Mércores de 19.15 a 20.15 h • Prazas segundo normativa (previa inscrición)

• ESPAÑOL–GALEGO PARA INMIGRANTES Venres de 17.30 a 18.30h • De balde • 6 prazas. En colaboración co Servizo de Voluntariado USC.

ACTIVIDADES ESPECÍFICAS PARA MAIORES

• ACTIVA A TÚA MEMORIA (A proposta de memoria incorporará actividades puntuais con saídas culturais, visitas, ou encontros con outros grupos de maiores).Xoves de 17 a 18.30 h • 25€/ trimestre • 6 prazas

Page 5: AURELIO AGUIRRE DE CONXO

ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DIXITAL E INFORMÁTICA

•CIDADANÍA DIXITAL INICIACIÓN

Martes de 17 a 18 h • 30 €/ adulto trimestre • 25 €/ Sénior trimestre • 6 prazas

•DINAMIZACIÓN DIXITAL NENOS/AS

(Mecanografía, scratch, deseño 3D, aprender a usar a tablet)

Grupo 1: Martes de 18.15 a 19.15h • 6 prazas

Grupo 2: Mércores de 17.30 a 18.30h • 6 prazas

•DINAMIZACIÓN DIXITAL 1:

Creación e edición de imaxes con Gimp

Mércores de 18.45 a 19.45 h • 6 prazas

•MONOGRÁFICO DE INFORMÁTICA

Técnicas básicas de videoconferencia

Xoves de 19 a 20h (outubro a decembro)

•DINAMIZACIÓN DIXITAL 2:

Impresión 3D

A partir de 12 anos • Xoves de 17 a 18.30 h • 6 prazas

•MONOGRÁFICOS DE INFORMÁTICA MOCIDADE

MONOGRÁFICOS:

Xaneiro a Marzo: Faite Maker: Actividade que pretende achegar aos

participantes ao mundo Maker e o DIY (faino ti mesmo) desenvolvendo

proxectos en equipo a través de ferramentas e coñecementos tecnolóxicos para

fabricar diferentes obxectos en función dos intereses do grupo.

Abril a Xuño: Edición de vídeo e audio

A partir de 12 anos • Xoves de 19 a 20 h • 6 prazas

•DINAMIZACIÓN DIXITAL 3

DESEÑO 3D (Maiores de 14 anos) • Venres de 17 a 18 h • 6 prazas

•CIDADANÍA DIXITAL AVANZADO

Venres 18.15 a 19.15 h • 30 €/ adulto trimestre • 25 €/ sénior trim. • 6 prazas

SERVIZO DE AXUDA TECNOLÓXICATrae as túas dúbidas/o teu equipo. Axudarémoste no que precises.

Martes e venres de 19.30 a 20h e Xoves de 20.15 a 21 h • 6 prazas

Page 6: AURELIO AGUIRRE DE CONXO

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PUNTUAIS

S E T E M B R O

►XXXIV SEMANA CULTURAL DE CONXODo 6 ao 11 de setembro. Vid programación específica.

► EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA de Pepe Franqueira Inauguración o luns 6 de setembro ás 20h

►ENCONTRO CON LUIS PASÍN E PANCHO CANDELA arredor do libro “Pasín: memoria dunha resistencia” da Editorial Alvarellos conducido polo autor José Luís Estévez.Mércores 8 de setembro ás 20h

►A VIRXE DO SAR, Charla coa Asociación Apatrigal e os profesores Juan Manuel Monterroso Montero e Ramón Yzquierdo Peiró sobre a virxe gótica encontrada no río Sar. Presenta Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Conxo.Xoves 9 de setembro ás 20h na Capela do Cristo de Conxo.

►MÚSICA MIÚDA Cambia o Conto.Venres 10 de setembro ás 18.30hUn contacontos musical a partir de textos propios, que teñen unha perspectiva igualitaria.Centro Sociocultural de Conxo

►NOITES DE LÚA E CINEVenres 10 de setembro ás 21.30hProxección de Zombie: o regreso dos mortos vivos (1978) de George A. Romero + curtas.Organizan: Asociación Cultural Itinera e Centro Sociocultural de Conxona Carballeira do Banquete de Conxo

►CAXOTO (A TRASTENDA DOS CONTOS). Coas mans na masa. Contos de igualdade. A partir de 4 anos • Sábado 11 de setembro ás 12h Ao gran chef Caxoto sempre lle dixeron que cociñar era cousa de mulleres e, desta volta, quere propoñernos un menú elaborado por ingredientes de igualdade co que desmontar os estereotipos de xénero.Carballeira do Banquete de Conxo (Programa Ler Conta Moito - Xunta de Galicia)

►PAKOLAS PRESENTA RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPOChega Ramona Órbita coa súa máquina cargada de rock and roll, disposta a percorrer os tempos para aprendernos a protexer a natureza!!!. Público familiar.Sábado 11 de setembro ás 18.30h Carballeira do Banquete de ConxoPrograma Ler Conta Moito- Xunta de Galicia

►A COMPAÑÍA A TERREQUETÉ TEATRO PRESENTA Historias, unha de cal e outra de areaSábado 25 de setembro ás 19hCentro Sociocultural de Conxo

Page 7: AURELIO AGUIRRE DE CONXO

O U T U B R O - N O V E M B R Omes de outubro

►EXPOSICIÓN O Castro tamén na orixe da literatura infantil e xuvenil galegapola GÁLIX (Asociación Galega do libro infantil e xuvenil)

venres 15 e sábado 16 outubro ►XORNADAS MICOLÓXICAS DE CONXOVid. Programación específica.Necesaria inscrición previa

sábado 16 de outubro ►FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES GALICREQUES ás 12h

sábado día 30 de outubro

►A partir das 18h FESTA DAS CABAZASConcurso de Cabazas Terroríficas Túnel do Terror

►Ás 19.30h Magosto + ChocolatadaORGANIZA: Coordinadora das Festas Tradicionais

mes de novembro ►EXPOSICIÓN Contos de Lareira e Ultramar de Ana LombaoDeseños elaborados coa técnica de lapis de cores e grafito sobre papel de distinto gramaxe.

D E C E M B R O ►EXPOSICIÓN Mostra dos Traballos realizados no taller de terapia ocupacionaldo Psiquiátrico de Conxo

►PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE NADAL Vid. Programación específica

venres día 17 ►Ás 17.30h PEQUENO FESTIVAL DE INVERNO

sábado día 18 ►Ás 18.30h A XANELA DO MAXÍN Presenta O Apalpador e a nena sen medoRede Cultural da Deputación.

Page 8: AURELIO AGUIRRE DE CONXO

F E B R E I R O - M A R Z Omes de febreiro

►EXPOSICIÓN O Entroido de Conxo

mes de marzo

►EXPOSICIÓN Aurelio Aguirre e o Banquete de ConxoVenres e sábados pola tarde

►OBRADOIROS de preparación da Comparsa de EntroidoVid programación específica.

►Martes 1 de marzo Participación no DESFILE DE ENTROIDO de Compostela, 15h No Centro sociocultural de ConxoNecesidade de inscrición previa.

►Sábado 5 de marzo ENTROIDO do barrio de Conxo.Vid. programación específica de entroido

►Sábado 25 de marzo 19h HAPENING Día Internacional do Teatro Vid. programación específica

A B R I L - M A I Omes de abril

►EXPOSICIÓN Galiza nom esqueceDe A Gentalha do Pichel

►Do 19 ao 23 de abril SEMANA DO LIBROVid. programación específica

►Sábado 30 de abril ás 10h ROTEIRO MICOLÓXICO de primavera.Saída do Centro Sociocultural de Conxo. Necesaria inscrición previa.

►FESTA DO BANQUETE DE CONXOVid. programación específica

mes de maio

►EXPOSICIÓN Flores Silvestres de Galiciade Constantino González Pérez

►Do 10 ao 14 de maio SEMANA DAS LETRAS. Vid. programación específica.

X U Ñ O ►MOSTRA dos traballos do Concurso de ilustración de Vive o Verán 2021

►Sábado 17 de xuño ás 18h FESTIVAL FINAL Mostra dos traballos das actividades

►Xoves 23 de xuño ás 18h ROTEIRO DAS HERBAS DE SAN XOÁN Saída do Centro Sociocultural de Conxo. Necesaria inscrición previa. FESTA DE SAN XOÁN. Vid programación específica. Organiza: Coordinadora das Festas Tradicionais de Conxo

►Sábado 25 de xuño SAIDA DE CENTRO Excursións e xornada de encontro das familias. Necesaria inscrición previa.

Page 9: AURELIO AGUIRRE DE CONXO

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DAS ASOCIACIÓNS

E COLECTIVOS DO BARRIO

Actividade coa Asociación Causas Comúns. Proxecto utopía

• O IDIOMA DA GUITARRAMartes de 17.15 a 18.45h • 45€/trimestreClases técnicas e teóricas de guitarra impartidas por Marcos Salazar dirixido a persoas de todas as idades. Poñer en valor o idioma da música e o disfrute da mesma. Aprendizaxe das bases dos distintos xéneros musicais, con metodoloxías dinámicas.

ACTIVIDADES ESPECÍFICAS PARA NENOS/AS

Actividade coa Asociación de Veciños Conxo Aberto

• A MASA EN FAMILIAUn sábado cada mes ás 11.30h teremos unha proposta de elaboración de distintos tipos de amasado • Prezo segundo grupo e materiais • (comezo o 15 de xaneiro/ 12 de febreiro/ 19 de marzo)Obradoiros pensados para facer en familia de elaboración de diferentes tipos de pan, pasta, pizzas,... co obxectivo de que as familias poidan adentrarse na arte da cociña de maneira lúdica, e compartir coa veciñanza. Vid. programación específica.

• PERCUSIÓN Obradoiros pensados para facer unha banda para o entroido. Todas as idades.

Actividade coa Asociación de Música Tradicional de Conxo

• ARRANCA NO MUNDO TRADICIONAL. MÚSICA E GAITA PARA A RAPAZADALuns de 19 a 20h • Manu Pereira • 45€/trimestre

• PANDEIRETA PARA NENOS/ASVenres de 17 a 18h. Venres de 18.15 a 19.15 h • Lua de Sousa • 45€/trimestre

• BAILE TRADICIONALVenres de 19.30 a 20.15h • Lua de Sousa • Nenos/as (a partir de 5 anos)45€/trimestre

• GUITARRA PARA NENOS/ASLuns de 18 a 19h • Rafa Fernández • 45€/trimestre

• ACORDEÓN GRUPO MEDIO: Luns de 17 a 18hGRUPO INICIACIÓN: Luns de 18.15 a 19.15hCon Hadri Rei • Prezo segundo grupo

• PERCUSIÓN TRADICIONAL Luns 19.30 a 20.30h • 45€/trimestre

Actividade co Clube Tenis de Mesa de Conxo (CTM)

• TENIS DE MESA CON CTM Luns de 18.15 a 19.45 h

• APRENDE A XOGAR AO TENIS DE MESA Sábado de 17.30 a 18.30h. • Mario Nogareda.

Page 10: AURELIO AGUIRRE DE CONXO

ACTIVIDADES PARA PERSOAS MOZAS E ADULTAS

Actividade coa Asociación de Veciños Conxo Aberto* • APRENDE A COSER, con Beti Busto. Neste obradoiro aprenderás os recursos

necesarios do patronaxe e a costura para confeccionar a túa propia roupa . Pendente concretar horario • 25 €/mes

• GRUPO DE PERCUSIÓN DE ENTROIDO, con Pepe Sendón.Pendente concretar horario • 25€/mes

• DEBUXO E PINTURA Xoves de 19.30 a 20.30h • 25 €/mesAprenderás a ver os obxectos, a observar, a facer composicións e a xogar cos elementos. Poderás escoller a túa técnica e ir do debuxo á pintura con técnicas diferentes

• *AERÓBIC-ZUMBA ADULTOS/ASMartes e xoves de 20.45 a 21.45h• Isabel de la Rosa • 60€/trimestre

• *PILATES INICIACIÓN 1Mércores e venres de 10 a 11h • Elena Escrich • 60€/trimestre

• *PILATES INICIACIÓN 2Mércores de 20 a 21h e venres 20.30 a 21.30h • Elena Escrich • 60€/trimestre

• *PILATES MEDIO 1 Martes-xoves de 10 a 11h • Elena Escrich • 60€/trimestre

• *PILATES MEDIO 2 Martes-xoves 19.30 a 20.30h • Elena Escrich • 60€/trimestre

• BAILES DE SALÓN Sábados • Nadia MilenaIniciación de 18 a 19h Avanzado de 19.15 a 20.15h

• *HATHA IOGA Martes-xoves 16.45 a 18 h • Loli Negreira1 día 50€/trimestre • 2 días 84€/trimestre (As persoas ao inscribirse deben facer constar se o fan por un ou polos dous días)

• *TAI CHI Martes-xoves 18.15 a 19.15h • Jesús Alcaide • 60€/trimestre

• CHI KUNG-KIGONG + MEDITACIÓN Mércores e venres 11.30 a 12.30h •Jesús Alcaide

*Debido á redución do número de prazas, as actividades marcadas con * poden finalmente ser semipresenciais

Actividade coa Asociación de Veciños Doutor Maceira

• CLUB DE SENDERISMO. VIA LACTEA • Martes e xoves de 18 a 21h

Actividade coa Asociación de Música Tradicional de Conxo

• ARRANCA NO MUNDO DO BAILE TRADICIONAL. BAILE INICIACIÓNMércores de 18.45 a 19.45h • Marcos Franqueira • 45€/trimestre

• ACORDEÓN Luns (Horario segundo grupos) • Con Hadri Rei • 45€/trimestre

• GAITA Luns 19.30 a 21h • Manu Pereira • 45€/trimestre

• PERCUSIÓN TRADICIONAL Luns de 19.30 a 20.30h • 45€/trimestre

• PANDEIRETA AVANZADOMércores de 18h a 19h • Lua de Sousa • 45€/trimestre

• PANDEIRETA INICIACIÓNMércores de 19.15 a 20.15h• Lua de Sousa • 45€/trimestre

Page 11: AURELIO AGUIRRE DE CONXO

• GUITARRA MOZOS/AS E ADULTOS/ASSábado de 10 a 11 h • Rafa Fernández • 45€/trimestre

• BAILE TRADICIONAL ADULTOS/AS. MEDIOMércores de 21.15 a 22.15h • Marcos Franqueira • 45€/trimestre

Actividade coa Asociación Fonte da Virxe • MANUALIDADES Mércores de 16.30 a 18.30h • Carmina • 45€/trimestre

• ENCAIXE DE PALILLOS Xoves 17 a 18.45h • María Carmen • Prezo segundo grupo

• CORTE E CONFECCIÓN Venres de 17 a 18.45 h • Susa García • 28€/mes

Actividade coa Asociación Itinera en Saúde • OBRADOIRO ABERTO DE DEFENSA PERSOAL

Mércores de 19.15 a 20.15h • Gratuíto

Actividade co Clube Tenis de Mesa de Conxo

• MESA LIBRE PARA XOGAR AO TENIS DE MESA. Reserva a túa hora no Centro Sociocultural de Conxo • Sábado a partir das 18 h

Actividade da Coordinadora das Festas Tradicionais de Conxo

• FESTA DAS CABAZAS 31 de outubro

• FESTA DE SAN XOÁN 23 de xuño

Actividade Asociación Alecría • ENCONTRO SEMANAL GRUPO DE APEGO ALECRÍA

Luns de 17 a 19h. Vid. programación específica de actividades.

Actividade Os Conformistas de ConxoXUNTANZAS DE PREPARACIÓN DO ENTROIDOXaneiro a febreiro de 21 a 22.30h • Quico Fernández

Actividade Asociación o Parto é noso • ENCONTRO DE NAIS E PAIS para falar do parto, embarazo e dereitos do/-a

acabado/-a de nacer. Terceiro sábado de mes ás 11 h • Saray Fernández

Actividade co Grupo de fotografía

• GRUPO DE AFECCIONADOS/AS Á FOTOGRAFÍAXuntanza de traballo os mércores ás 20h

• CORO CRECENTE. Grupo de ensaio coral de voces graves Mércores de 20.30 a 22h • Con Xabier Freire Chico

• ASOCIACIÓN 99 WEST FACTORY. Horario pendente de concretar

• GRUPO DE MULLERES DE TEATROMulleres afeccionadas ao teatro • Luns de 19.30 a 20.30h

ACTIVIDADES ESPECÍFICAS PARA MAIORES

Actividade coa Asociación de Veciños Conxo Aberto*

• XIMNASIA PARA A SAÚDEMércores de 17.30 a 18.30 h e Venres de 18.15 a 19.15 h • 45 €/trimestre • 10 prazas

Page 12: AURELIO AGUIRRE DE CONXO

Part

icipa!!

Page 13: AURELIO AGUIRRE DE CONXO

SERVIZOS E HORARIOSESPAZO DE ENCONTRO, INFORMACIÓN E HEMEROTECA De luns a venres de 10 a 14hDe martes a venres de 17 a 21.30hSábado de 10 a 14h e de 17 a 20.45hPrensa diaria e revistas

ESPAZO DE XOGODe martes a sábados de 17 a 20.30h O espazo de xogo é un lugar de encontro para rapaces e rapazas de idades comprendidas principalmente entre os 5 e os 12 anos que queiran participar nun proxecto común no que se desenvolven centros de interese e temáticas diversas ao longo do ano. E facémolo de xeito lúdico a través de xogos e obradoiros con base nas propias ideas que van xurdindo dos rapaces e rapazas.Existe un pequeno espazo de xogo para os menores de 5 anos, que deben estar acompañados dos pais/nais. Na programación xeral atoparás tardes de xogo libre e dirixido, actividades de animación á lectura en colaboración co espazo de lectura, espazo de expresión artística a través de obradoiros temáticos nos que a rapazada poderá experimentar a súa creatividade creando xogos e xoguetes, murais, elementos de decoración, traballando arredor de temáticas variadas. Vid. programación específica.

ESPAZO DE LECTURADe martes a venres de 16.30 a 20.30hSábados de 11 a 14h e de 17 a 20hZona Wifi + terminal informático para consulta(Vid programación específica)Ven aos nosos Clubs de lectura! · Club de primeiros/-as lectores/-asPetiscos Literarios (club de lectura breve)

SALA DE DINAMIZACIÓN DIXITALSala dotada con 8 terminais informáticos. Programa de actividades de dinamización dixital para todas as idades, cursos, monográficos e actividades de dinamización dixital.

SERVIZO DE AXUDA TECNOLÓXICA(Se tes dúbidas e precisas aclaralas, aquí te axudamos). Sábados pola mañá uso libre.

REDE WIFI bAccede gratis.Deixámosche un portátil para utilización libre no centro sociocultural.

FACEMOS CONXOO Centro Sociocultural de Conxo ten a intención de ser un punto de encontro e reunión, un lugar onde poñer en común as ideas, as inquedanzas e os proxectos sobre o que seguir construíndo Conxo.A vontade de implicación e participación do centro sociocultural no día a día do barrio, define unha liña de traballo que aponta á participación na programación das festas tradicionais e populares. Dáse soporte a iniciativas e propostas de asociacións ou entidades do territorio, consolidando actividades do barrio de Conxo. Ofrécese tamén asesoramento e axuda na creación e execución de novas iniciativas de programación e participación.Algunhas das actividades nas que participa e colabora son: entroido, festa das cabazas, feira do barrio, festas tradicionais, ...

Page 14: AURELIO AGUIRRE DE CONXO

USO ESTABLE DE ESPAZOS POR ENTIDADES E ASOCIACIÓNS DO BARRIO

• Coordinadora das Festas Tradicionais de Conxo Esta coordinadora integrada pola Asociación de Comerciantes EspertaConxo, a Asociación de Música Tradicional de Conxo, a Asociación de Veciños Conxo Aberto e o Centro Sociocultural de Conxo coordinan un proxecto participativo para todo o barrio de Conxo.

• Asociación ITÍNERA de Voluntariado en Saúde Mental Mércores de 19.15 a 20.15h Obradoiro de Defensa personal De martes a venres de 10.30 a 12h Taller de dinamización dixital

• Os Conformistas de Conxo De setembro a marzo en horario de tarde

• Club de Tenis de mesa de Conxo. Luns tarde

• Asociación de veciños Conxo Aberto. Mércores e venres de 20 a 21 h

• Asociación de veciños Doutor Maceira. Club Vía Láctea. Martes e xoves en horario de tarde

• Asociación de Música e baile tradicional de Conxo.Mércores e venres en horario de tarde

• Asociación Fonte da Virxe. Mércores, xoves e venres en horario de tarde

PROGRAMAS DA REDE DE CENTROS SOCIOCULTURAIS

• DESCARBONÍZATE QUE NON É POUCO!

• VIVE O NADAL 2021

• VIVE O ENTROIDO 2022

• IMOS DE EXCURSIÓN 2022

• CONMEMORACIÓNS E SEMANAS TEMÁTICAS:

LETRAS GALEGAS 2022 · DÍA DO XOGO

• VIVE O VERÁN 2022

Consultar programación específica

Condicións de participación e pagamento:De maneira xeral o pagamento pola participación nos cursos programados anualmente  farase con carácter trimestral. A idade mínima para as actividades específicas sénior (maiores é de 60 anos)*Debido á actual situación de crise sanitaria, con carácter xeral, impleméntase unha redución do número de prazas na totalidade das actividades. Polo que en caso de ser posible, determinadas actividades marcadas (algunhas xa marcadas con *) poderían finalmente ser semipresenciais, con actividade alterna presencial e on-line cada 15 días.

*O programa de actividades do Concello de Santiago e das entidades usuarias dos centros socioculturais, pode variar en función da situación e medidas que se teñan que adoptar en caso de rebrote ou confinamento. *Todo o noso persoal estará preparado para poder seguir impartindo as clases vía telemática ou por medios que sexan axeitados para o seu correcto desenvolvemento. *Se eres persoa de risco, por favor, extrema as precaucións. *Solicita información a cada monitor ou monitora das actividades sobre a posibilidade de unirte ao grupo dende casa.

Page 15: AURELIO AGUIRRE DE CONXO

AURELIO AGUIRREDE CONXO

CENTRO SOCIOCULTURAL CSC2Praza Aurelio Aguirre nº 115702- Santiago de CompostelaGPS 42º 51’46’’N 8º 33’ 20’’OTlf. 981528740Fax [email protected] www.santiagodecompostela.galfacebook.com/centrosocioculturaldeconxo

COMO ME INSCRIBO?COMO ME INSCRIBO?A p re i n s c r i c i ó n re a l i z a ra s e A p re i n s c r i c i ó n re a l i z a ra s e preferentemente vía online a través preferentemente vía online a través do seguintedo seguinte enlace da web: da web:

www.santiagodecompostela.gal cubrindo o formulario.cubrindo o formulario.

Tamén será presencial, atendendo aos protocolos de acceso e atención ao público nos centros socioculturais.

PERÍODO DE PREINSCRICIÓNDO 7 AO 17 DE SETEMBROSORTEO, se procede, e publicación

LISTAS DE ADMITIDOSO DÍA 24 DE SETEMBRO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA E PAGAMENTO

DO 25 AO 30 DE SETEMBROCOMEZO DAS ACTIVIDADES

O DÍA 1 DE OUTUBRO

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO De luns a venres de 10 a 14 h De martes a venres de 16.30 a 21.30 hSábado de 10 a 14 h e de 17 a 21 h

*A participación nas actividades promovidas polos centros socioculturais supón a aceptación das súas condicións marcadas polas autoridades sanitarias, a obriga de información e consentimento informado mediante a sinatura do formulario dispoñible en

www.santiagodecompostela.gal *Esta programación poderá ser modicada ou suspendida por razóns sanitarias.