Asociacionismo cultural en Galicia...

2
Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975) Esta mostra ten como obxecto poñer en valor o papel que desempeñaron as asociacións culturais en Galicia e os seus axentes durante os últimos quince anos da ditadura franquista (1961-1975). Desde as primeiras inicia- tivas de rescate da cultura galega comezadas por Galaxia e a súa rede, as accións daqueles mozos e mozas foron determinantes para estender a lin- gua e a cultura identitaria mediante a fórmula asociativa, nun marco pouco propicio para este labor. A súa metodoloxía integradora, tendendo pontes co galeguismo de antes da guerra, e a súa penetración no tecido social foron determinantes para consolidar os pasos precisos no camiño da cons- trución dunha cultura nacional. Ricardo Gurriarán Comisario e coordinador da exposición CASA GALEGA DA CULTURA Sala de Exposicións Do 9 de outubro ao 11 de novembro de 2012 Horario Luns a venres: 18:00 a 21:00 h Sábados: 12:00 a 14:00 e 18:00 a 21:00 h Domingos e festivos: 12:00 a 14:00 h Díptico:Maquetación 1 02/10/12 11:12 Página 1

Transcript of Asociacionismo cultural en Galicia...

Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)

Esta mostra ten como obxecto poñer en valor o papel que desempeñaronas asociacións culturais en Galicia e os seus axentes durante os últimosquince anos da ditadura franquista (1961-1975). Desde as primeiras inicia-tivas de rescate da cultura galega comezadas por Galaxia e a súa rede, asaccións daqueles mozos e mozas foron determinantes para estender a lin-gua e a cultura identitaria mediante a fórmula asociativa, nun marco poucopropicio para este labor. A súa metodoloxía integradora, tendendo pontesco galeguismo de antes da guerra, e a súa penetración no tecido socialforon determinantes para consolidar os pasos precisos no camiño da cons-trución dunha cultura nacional.

Ricardo GurriaránComisario e coordinador da exposición

CASA GALEGA DA CULTURASala de Exposicións

Do 9 de outubro ao 11 de novembro de 2012

HorarioLuns a venres: 18:00 a 21:00 h

Sábados: 12:00 a 14:00 e 18:00 a 21:00 hDomingos e festivos: 12:00 a 14:00 h

Díptico:Maquetación 1 02/10/12 11:12 Página 1

Dúas décadas despois da desfeita cultural epolítica provocada pola Guerra Civil, as pri-meiras asociacións culturais fundadas nascidades e nas vilas de Galicia foron capacesde dar pasos pioneiros e determinantes paraa defensa e a promoción dos valores culturaisdo pobo galego, anunciando o que habería deser o programa cultural desenvolto polo sis-tema autonómico constituído a partir datransición democrática. Para o rescate daque-les valores, nun contexto histórico difícil queCelso Emilio alcumaría como unha «longanoite de pedra», foron necesarias moitas von-tades e moitos esforzos xenerosos e solida-rios daqueles que pensaron que era a hora deconstruír as bases dun programa culturalde noso para a Galicia do futuro. O rescate edignificación da lingua, en primeiro termo,como xenuína e feliz expresión popular. Ecomo método de acción, a formación de aso-ciacións, ateneos e agrupacións que comeza-ron a funcionar coa complicidade e co com-promiso dunha nova xeración de xentes queestaban a chegar ás aulas universitarias, quecomezaban a viaxar e que confiaban na cul-

tura como unha ferramenta axeitada para ocoñecemento da historia, a realidade socioe-conómica e os problemas máis estruturais deGalicia. Alborexaba a década dos sesenta dopasado século, aqueles anos que marcaronprofundamente os rumbos da sociedadeoccidental até a eclosión final das revoltas doano 68, tamén sucedidas de modo precoz naCompostela universitaria da primavera da-quel ano.Foi aquela unha tarefa difícil, marcada par-

ticularmente pola censura propia da ditadurafranquista, que dubidaba entre reprimir di-rectamente ou «tolerar» estas novas manifes-tacións de actividade cultural que se estabana afastar dos criterios e dos medios oficiaiscreados polo réxime. Pero tamén habíamoita confianza no futuro. Xa pasaran máisde vinte anos da Guerra Civil, xa algúns exi-liados, tal que Rafael Dieste, Silvio Santiago,Luís Soto ou Luís Seoane comezaban a retor-nar a Galicia de forma intermitente ou defi-nitiva. Xa había plataformas culturais sólidascomo a editorial Galaxia e movementos xe-racionais como o das Festas Minervais cele-

Conferencia de Camilo Nogueira, presidenteda Asociación Cultural de Vigo, no Ateneo deMoaña. Acompáñano Xan López Facal, conlentes, e directivos do Ateneo (ca. 1969)

O profesor Xesús AlonsoMontero, militante comunista,intervindo nunha das primeirasactividades públicas daAsociación Cultural de Vigo(maio de 1966)

Tarxeta-convite para o actoque organizou en 1968 oAteneo de Pontevedra o Díadas Letras Galegas

bradas en Compostela na segunda metadeda década dos cincuenta. Nese escenario di-ficultoso pero cada vez máis aberto á prác-tica cultural pensada e feita en galego, foronaparecendo as primeiras agrupacións cultu-rais que son obxecto central desta mostra.A primeira en Santiago de Compostela noano 1961 co nome de O Galo, que foi a quetentou abrir camiños que moi logo habíanseguir outros colectivos, bautizados connomes aurorais como O Facho, Abrente e al-gúns outros, dispostos a cambiar a paisaxecultural e canda ela a imaxe, a conciencia e aproxección do país.De todo iso e moito máis trata a exposi-

ción O asociacionismo cultural en Galicia(1961-1975), que o Consello da Cultura Ga-lega promoveu e organizou ao se cumprirencincuenta anos daquel primeiro paso im-prescindible para outras transformacións eavances. Mesmo para a democracia e a auto-nomía, que daquela eran apenas visiblesentre tanta bretemosa lonxanía. Mais algoviña movéndose naquel tempo de sombrase unha das probas está aquí, nesta mostra

que detalla o máis significativo do quefacercultural de moitas cidades e vilas galegas, deCompostela a Vigo, da Coruña a Ourense oude Ribadavia a Ribadeo. Foron os primeirospasos para unha necesaria regaleguización,plasmados nos cursos de lingua galega, nosciclos sobre a historia de Galicia ou nas con-ferencias e coloquios dedicados a reflexio-nar, argumentar e debater sobre o teatro, oespallamento da obra literaria, o achega-mento ao cinema e á música… Iniciativas eactividades que crearon novas redes de co-municación e abriron, así mesmo, relaciónse espazos aos contidos culturais nos mediosde comunicación, a saber, na prensa impresae na radiodifusión, pois daquela a televisiónaínda ficaba lonxe.A mostra foi ideada con dúas finalidades

importantes. A primeira, consonte cun dosmandatos básicos do Consello da Cultura Ga-lega, consiste en preservar este patrimoniocolectivo que estaba espallado en pequenosarquivos das asociacións ou mesmo en mansprivadas. Grazas á súa xenerosidade, puide-mos dixitalizar unha gran masa documental

que vai ficar como un referente para o estudodesta etapa histórica. A segunda finalidadeestá na propia exposición que resultou destetraballo previo: trátase de recoñecer e difun-dir o traballo das xentes e dos colectivos pio-neiros do asociacionismo cultural, poñendoen valor aquel legado e incorporando esesactivos a este tempo noso. Para cumprir eseobxectivo a mostra ten carácter itinerantepola Galicia que as entidades asociativas pro-pulsoras da cultura converteron en argu-mento para o estudo e o coñecemento etamén para a reflexión e a transformación dasociedade. En suma, queremos abrir un es-pazo para a nosa propia autoestima colectivae para a recuperación do papel central que acultura desempeñou na configuración da Ga-licia dos últimos lustros. A realización deste proceso de recupera-

ción patrimonial e de elaboración do catá-logo e da mostra O asociacionismo cultural enGalicia (1961-1975) non sería posible sen ocontributo de moitas persoas, como se reco-ñece no amplo elenco de agradecementos, ede forma especial sen o entusiasmo despre-

gado polo seu comisario, Ricardo Gurriarán,persoa xa ben bregada neste tipo de iniciati-vas, como se puxo de manifesto hai poucosanos coa mostra dedicada ás revoltas do 68.Grazas a iso, todo ten un ar de familia quepenso que lle cadra ben a esta nova activi-dade de reconstrución dun período esencialda historia cultural e política de Galicia. Deforma pioneira e mesmo emblemática, a pri-meira daquelas asociacións culturais leva onome dun galo e a segunda, dun facho. Ogalo que canta que unha nova xeira históricaestá amencendo no abrente de Galicia e ofacho que alumeou os pasos daqueles devan-ceiros son as mellores metáforas que pode-mos escoller como definición dos temposque corren hogano, nos que se segue a pre-cisar de galos que canten e de fachos quedean luz, aínda que agora actúen en platafor-mas dixitais e en redes sociais e non en hu-mildosas asociacións.

Ramón VillaresPresidente do Consello da Cultura Galega

Pasquín e fotografía da representación de Osvellos de Castelao na praza da Quintana(Santiago, 1961)

Conferencia de Vicente Risco«Galicia y la revolución estética», noHostal dos Reis Católicos emecanoscrito orixinal daconferencia, organizada polo Galoen 1961

Díptico da mostra 20 pintores gallegos,primeira actividade cultural organizada poloGalo (xuño de 1961)

Carteis da Mostrade Teatro Galegode Ribadavia,organizada porAbrente (1974), edo Festival FolkGalego, organizadopolo Galo e poloFacho en 1975

Díptico:Maquetación 1 02/10/12 11:12 Página 3