ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA-AGA 2011 Número 92 · [email protected] 8. Museo de la Miel de...

64
ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA-AGA 2011 Número 92

Transcript of ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA-AGA 2011 Número 92 · [email protected] 8. Museo de la Miel de...

ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA-AGA 2011 Número 92

Editorial p3

Apinovas p5

Apifotos p13

XXVI Mostra Galega de Apicultura p27

Reprodución do Apiario p37

S U M A R I O

EditaASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA - AGAFeira Nova. Santa María s/n15819 Arzúa • A CoruñaTels.: 981 508 142 - 630 069 637

www.apiculturagalega.orgwww.queixoemel.orgwww.rutadasabellas.com

[email protected]@[email protected]

Esta actividade foi realizada cunha axuda económica de:

DirectoraIsabel Sanjurjo

Consello de RedacciónPepe TorresX.L. MeixideIsabel SanjurjoSuso AsoreyMarcos VarelaPaula SoutoGonzalo Calvo ANO 2011 • N.º 92

ColaboradorMarcos Varela

FotografíaArquivo de AGA

DEPÓSITO LEGALC - 183 -1995

A apicultura como recurso educativo dentro dunha apicultura multifuncional

O sector apícola galego, entre outros, ten un problema de renovación e de entrada de xente nova neste mundo tan apaixonante.

AGA está ideando fórmulas para conseguir aproximarse á xente máis nova, a mocidade. O curso on line que se convocou este ano tivo unha boa demanda, máis de 140 persoas inscritas. Na primeira xornada de campo que se convo-cou para os inscritos en Quiroga participaron máis de 60 interesados. Facía tempo que non tiñamos unha xornada apícola con tantas mozas e mozos.

A nivel mundial estase dando un gran movemento ecolóxico. Tamén está a florecer unha apicultura urbana; apicultura que arranca con moito pulo en solidariedade cos abelleiros e coas abellas diante do problema da enorme desaparición de abellas en todo o mundo. E por que non en Galicia?

AGA ten elaborado un sinxelo dossier para promover esta apicultura. Se al-guén asociado está interesado en implantar un apiario urbano que se poña en contacto connosco que o informaremos do tema.

AGA tamén é a promotora do proxecto da nova Biblioteca Apícola Galega, para o que solicitamos a colaboración das persoas asociadas e demais abe-lleiras e abelleiros de Galicia coa súa doazón de publicacións para esta bi-blioteca, que será unha referencia internacional no Camiño de Santiago en Arzúa. Tamén será un legado de AGA ás xeracións vindeiras.

A captación de novos socios e socias de AGA tamén vai ser un tema prefe-rente cara ao vindeiro ano 2012. Imos incentivar esta afiliación coa campaña «Un socio un enxame». Alguén que se queira iniciar en apicultura e se faga socio/socia de AGA terá dereito a un enxame gratuíto de abellas procedentes do programa «Abellas resistentes á varroa», ata o remate de existencias.

Dentro dunha apicultura multifuncional ten cabida todo o que acabamos de enumerar e máis cousas que se nos vaian ocorrendo a todos os socios e socias desta nosa organización.

E D I T O R I A L

FÓRMULAS PARA ANOVAR O SECTOR APÍCOLA

3

Abellas = polinización = biodiversidade

O Plan Apícola 2011 tiña por obxectivos:

a) Promover unha apicultura multifuncional, destacando o papel fundamental das abe-llas como conservadoras da biodiversidade e imprescindibles para a polinización das plantas e a produción de alimentos.

b) Promover a produción e diversificación de produtos apícolas de calidade co obxectivo de elevar os prezos das nosas producións; cousa imprescindible para a incorporación de novos abelleiros.

c) Potenciar o asociacionismo e o cooperativismo, creando unha rede social da apicultu-ra galega, para a divulgación da importancia das abellas, dos seus produtos, a defensa das abellas e dos abelleiros fronte á síndrome de despoboamento das colmeas.

Actividades para conseguir estes obxectivos:

1.- Control integral de enfermidades das abellas e mellora das condicións de tratamen-tos co fin de desenvolver unha apicultura sustentable, por medio do programa sanitario desenvolvido no marco do Plan Apícola 2011.

2.- Programa de abellas tolerantes á varroa, co fin de obter produtos libres de residuos medicamentosos, que foi unha continuidade dos dous últimos anos, xa se comezou coa reprodución destas abellas.

3.- Formación de abelleiros para a obtención de meles monoflorais, de máis alto valor económico, para o que se fixo un grupo de traballo o Día do Apicultor (día 5 de febreiro, en Arzúa).

4.- Formación de abelleiros para os distintos modelos de comercialización, sobre todo os que suprimen intermediarios, co obxecto de obter mellores prezos por parte dos produtores, apoio ás feiras do mel, etc. Tamén se constituíu un grupo que ataviados co mandilón «Mel das miñas colmeas» colaborou na dinamización comercial durante a Feira do Queixo en Arzúa.

5.- Formación de novos abelleiros e abelleiras utilizando as ferramentas das novas tec-noloxías. Convocouse un curso on line coa matriculación de máis de 140 persoas intere-sadas; fixéronse prácticas en distintos lugares da nosa xeografía.

6.- Seguir incidindo na problemática da desaparición das abellas, xa que representa un grave inconveniente para o desenvolvemento da nosa apicultura.

Este foi o tema central da 26.ª Mostra Galega de Apicultura, que tivo lugar en Arzúa o día 4 de xuño e que publicamos neste número da revista Abelleira.7.- As Delegacións de AGA tamén realizaron unha boa morea de actividades: cursos, xornadas, feiras do mel, viaxes apícolas, etc.

A P I N O V A S , A G A 2 0 1 1

PLAN APÍCOLA 2011Asociación Galega de Apicultura-AGA

5

A P I N O V A S , A G A 2 0 1 1

TRANXÉNICOS E APICULTURA

O día 6 de setembro de 2011, o Tribunal de Xusti-za da UE, TXUE, ditou unha sentenza que nos vai afectar, tanto en gastos de análise do mel coma no non poder vendelo se aparece nel pole tran-sxénico.

Repercusións para o noso sectorEn Galicia, as abellas poden visitar e recoller pole de millo transxénico que pode ir para o mel.

Para cumprir con esta normativa haberá que facer unha análise antes de poñer o mel no mercado, analítica moi cara, sobre uns 150 € por mostra.

Se o resultado é negativo a OXM, entón o mel pó-dese vender sen outra análise, mais se aparece algún elemento transxénico, haberá que ter unha autorización previa e poñelo na etiqueta, cousa que fará inviable a súa comercialización coa con-seguinte perda económica.

O millo transxénico pode arruinar a nosa produción de mel

O día 6 de setembro de 2011, o Tribunal de Xustiza Europeo tomou unha decisión impor-tante no asunto do mel contaminado por pole de millo xeneticamente modificado. O Tribu-nal sinalou que o mel con pole que conteña organismos xeneticamente modificados (OXM) debe ser previamente autorizado, o cal fai que sexa ilegal a venda de mel contaminado.

Esta decisión ten consecuencias económicas importantes para o mercado do mel. Os pro-dutores de Galicia, onde os cultivos OXM están autorizados e son levados a cabo en varias comarcas, e ao ser España con moita diferenza o país con máis OXM, estarán sometidos á incapacidade de proceder á venda dunha boa parte da súa produción, co que sofren así un prexuízo considerable.

Por outra parte, os apicultores producen tamén a cada paso máis pole, produto cun mer-cado á alza, e a produción de pole está tamén condenada pola contaminación con material transxénico proveniente dos OXM.

A P I N O V A S , A G A 2 0 1 1

7

COMUNICADO DA ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA - AGA A PROPÓSITO DOS TRANXÉNICOS NO MEL

Este asunto pon en evidencia a inviabilidade de asegurar a co-existencia da apicultura e dos cultivos OXM no campo. Á contra da maior parte doutras producións, os apicultores non teñen a posibilidade de elixiren as fontes de alimento das súas abellas, e os apicultores non poden ser declarados responsables das prácticas doutros agricultores veciños.

Os apicultores que nós representamos, sexan profesionais ou afeccionados, están dispostos a defender o seu dereito a mante-ren a actividade apícola, xa que numerosos estudos e informes nacionais e internacionais amosaron a nosa contribución á pro-dución agrícola e á biodiversidade, e tanto nós coma as nosas abellas espertamos o interese en xeral da nosa sociedade.

Os apicultores non poden soportar o peso dunha crise na cal non temos ningunha responsabilidade. Por todo isto pedimos a indemnización dos apicultores prexudicados polo valor do seu mel non vendible, así como a devolución dos gastos das análises realizadas despois desta sentenza.

Os cidadáns non desexan consumir mel contaminado, mesmo debilmente; queren ser informados da calidade dos produ-tos que consomen. Os apicultores quérenlles ofrecer aos seus clientes mel e pole sen OXM, o que non é posible mentres estes sexan cultivados no campo.

Por todo isto pedimos unha moratoria dos cultivos de organis-mos xeneticamente modificados no agro galego.

Dentro dunha apicultura multifuncional, no Centro do Queixo e do Mel en Arzúa pretende-mos crear a nova BIBLIOTECA APÍCOLA GALEGA, de referencia internacional, no Camiño de Santiago.

Para a iniciación desta nova BIBLIOTECA APÍCOLA GALEGA propoñemos que todos os so-cios e socias de AGA que queiran e poidan colaborar doen publicacións a esta biblioteca, en calquera dos idiomas existentes ao longo do mundo.

O obxectivo desta nova Biblitoteca é que os novos abelleiros e abelleiras poidan usala como centro de información e formación apícola permanente, e tamén chegar a ser unha refe-rencia internacional no Camiño de Santiago, para ser visitada por persoas de calquera parte do mundo, que xa nos veñen visitar cada vez en maior número.

Esta BIBLIOTECA APÍCOLA GALEGA ten que ser un orgullo dos abelleiros e abelleiras de Galicia comprometidos coa nosa terra e un legado de AGA ás xeracións vindeiras.

Por todos estes motivos estades convidados a participar neste proxecto colectivo, que de seguro vai ser un pulo moi importante na achega de AGA ao mundo das abellas, con refe-rencia e transcendencia internacional.

A P I N O V A S , A G A 2 0 1 1

NOVA BIBLIOTECA APÍCOLA GALEGA

Colabora coa nova Biblioteca Apícola de Galicia, BAGA

A apicultura tamén se está poñendo de moda como un recurso turístico, así que se algún de vos quere visitar algún centro apícola dos existentes no Estado español pode facelo. Velaí algúns:

APITURISMO

9

1. O Enredo do Abelleiro de Arzúa, A Coru-ña. Tel.: 981508072, Isidro Pardo [email protected]

2. Casa das Abellas, Meangos, Abegondo, A Coruña. Suso Asorey, Tel.: [email protected]

3. Casa do Mel do Eume, As Pontes, A Co-ruña. Manuel Ferreira, Tel.: [email protected]

4. Pazo do Mel, Viana do Bolo, Ourense. Jesús Vizcaya Prieto, Tel.: [email protected]

5. Apipolis. Couso 10, Santo André de Xeve, Pontevedra. Nicolás Taracido,Tel.: 986879016 • [email protected]

6. Centro do Queixo e do Mel, Arzúa,A Coruña. Tel.: 981508142, Paula [email protected]

7. Casa de la Miel de Tenerife.Tel.: 922562711, [email protected]

8. Museo de la Miel de Málaga enColmenar. Tel.: [email protected]

9. Museo de la Miel de Lanjarón.José Orantes, Tel.: [email protected]

10. Museo de la Miel de Peñalver, Guada-laxara. Tel.: 949284333

11. Centro de Interpretación Apícola,Mel Muria - El Perelló, Tarragona.Rafael Muria, Tel.: 977490034móbil: 606995020, www.melmuria.co

12. Museo de la Miel La Casa del Herrero, en Tabuyo del Monte (León).Tel.: 987630450.

Abelleiros de AGA na

súa visita ao Museo de

la Miel de Málaga

A P I N O V A S , A G A 2 0 1 1

13. Museo de la Miel del Ayuntamiento de Fuenlabrada de los Montes (Badaxoz).

14. Casa Museo de la Miel en Alcover, Ta-rragona. Tel. 977846035 ou 675125820 (Joan María Jorens) • [email protected]

15. Herbolario Sierra Nevada de Rafael Ji-ménez, en Lanjarón (ten una tenda-museo). Tel.: 958772245 (Rafael Jiménez).

16. Casa del Cura, de El Rasillo de Cameros, A Rioxa. Tel.: 941 462 295 (Raquel Ortega) (Tintxu).

17. Carmele Aduri e Pedro Arrubarrena, de Zaldivia, Guipúscoa. Tel.: 943162510.

18. Casa Museo de Apicultura Ezkurdi, a uns 12 km de Pamplona, Navarra. Tel.: 948306619 - 677598636 (Isabel Tellería) • [email protected]

19. Apícola Cinco Villas, en Egea de los Caba-lleros, Zaragoza. Tel.: 976661439 - 629008780 (Carlos García) • [email protected]

20. Aula Apícola de Azuqueca del Henares, Guadalaxara. Tel.: 949263601 - 615238262 (Agustín Arias) • www.aulaapicolazuqueca.com // [email protected] // [email protected]

21. APIBORGE, en Biar, Alicante. Tel.: 965820374 - 619812266 (Pedro Antonio Bor-ge) • [email protected]

22. Casa Oregui, en Gorbea, que levaba Car-los Fernández. Tel.: 945430167

23. Museo de Harina y Miel en Olmos de Pe-ñafiel, Valladolid. Tel.: 653847711 www.turismorural-penafiel.com

24. Abejas del Valle, en Pollales del Hoyo, Ávila. Tel.: 920390213 [email protected]

25. El Rancho Cortesano, en Xérez de la Frontera. Tel.: 956237528 http://www.ran-chocortesano.net/ [email protected]

26. Aula de la Miel. Barrio El Pedrosu, Alles. 33578 Peñamellera Alta (Asturias). Tel.: 985415987 • [email protected]

27. Coop. Apícola Alcarria Conquense, Huel-ves (Cuenca). Juan Domingo y Julia, Tel.: 969136752, • [email protected]

28. AIKUR. Museo de las Abejas - Erle Mu-seoa. Tel.: 630702587 - Josune Epelde - 656785748; Elías Otegi E-mail: [email protected] Dirección: Carretera Santa Bárbara. 20700 Urretxu (Guipúscoa).

29. CENTRE D’INTERPRETACIÓ DE LA MEL de Arnes, Tarragona, planta baixa da Casa Municipal, chamar ao Concello para pregun-tar horarios de apertura ou concertar visita.

10

APICULTURA URBANA

A P I N O V A S , A G A 2 0 1 1

Nestes últimos anos estase a estender de forma imparable por todo o mundo unha no-vidosa e pequena, pero espectacular, apicultura urbana e multifuncional. O movemento, que amosa simpatía coas abellas e os abelleiros, arrancou a partir da situación alarmante creada polos pesticidas neurotóxicos empregados na agricultura actual, que provocan a desapación de miles de millóns de abellas no campo.

Distintos abelleiros, asociacións e empresas colocan as súas colmeas en xardíns públicos, parques, tellados e terrazas de edificios, e algúns incluso venden o mel no propio edificio, como é o caso da Ópera de París.

En Galicia tamén se empeza a dar este achegamento de xenta nova ao mundo das abellas. A Asociación Galega de Apicultura-AGA está tratando de encarreirar e darlle saída a este movemento tan positivo para a nosa natureza e medio ambiente, polo que estamos elabo-rando pequenos proxectos e pedindo a colaboración de moitos concellos que contan con espazos e instalacións moi axeitadas para apoiar esta imparable corrente ecolóxica.

De todos é sabido que a apicultura en Galicia é unha actividade tradicional con moita sona, tradición e antiguidade. Os galegos vivimos nunha terra única e especial: nunha terra de natureza virxe, rica en recursos naturais e cunha extraordinaria biodiversidade: un campo fértil para a actividade apícola.

Convén lembrar que...• A polinización asegura máis dun terzo da nosa alimentación (FAO). • A supervivencia de máis do 80% das especies vexetais dependen da polinización das abellas.• O 84 % das especies de cultivo dependen da polinización polas abellas.• Coa polinización de flores silvestres e cultivadas, a abella mantén a biodiversidade e favorece a produción agrícola.

Colmeal da Société Centrale de Apiculture instalado no xardín de Luxemburgo, no centro de París

Medioambiente san = abellas sanas

Viaxeiros pola Ruta das Abellas do

Courel-Quiroga

Abelleiros asturianos visitaron as nosas

instalacións en Arzúa

A P I F O T O S

APIFOTOSAbelleiros viaxeiros

13

A P I F O T O S

14

Visitando un apiario

de Benigno Basteiro

A Delegación do Eume organizou unha viaxe por terras de Ourense e Viana do Bolo

O grupo diante das instalacións do Pazo do Mel

15

A P I F O T O S

A DAGA da Coruña visitou aos nosos socios abelleiros da Gudiña e Sanabria

O grupo visitou as instalacións da nosa socia María del Carmen Domínguez Alonso en Lubián

Feira de Goente organizada ploa DAGA Eume e a Casa do Mel

Feiras do melAs feiras do mel xa forman parte da nosa apicultura multifuncional

A P I F O T O S

16

17

A P I F O T O S

Consumindo mel da túa contorna estás favorecendo que haxa abelleiros e abe-

llas que tamén polinizan as flores das túas plantas

Feira do mel en Porto do Son organizada pola

DAGA Barbanza (Apibar)

A P I F O T O S

18

A Feira do Mel de Oleiros alcanzou este ano a súa XXII edición convocando, unha vez máis, a centos de consumidores dos produtos das nosas abellas. Os nosos parabens a este concello pola súa inestimable laboura a prol da apicultura.

19

A P I F O T O S

Feira do Mel de Oleiros

O novo mandil ten por obxecto unificar a nosa imaxe e promocionar a marca común Mel das miñas colmeas

O Consello Apícola estrenou o novo

mandil feito por AGA¡Pono ti tamén!

Novo mandil

A P I F O T O S

20

NOTA INFORMATIVANOTA INFORMATIVA

A partir do 01 de xaneiro do 2012 comezaremos a enviar os correos apícolas en forma-to electrónico. Todos aqueles interesados en sustituir o correo apícola en papel polo

dixital que nos envíen un email a [email protected], indicando o seu enderezo de correo electrónico e a súa conformidade en recibir únicamente o formato electrónico.

Con este novo canal de comunicación os socios e socias recibirán, ademais de todos os correos apícolas de xeito mais inmediato, noticias de interese apícola, cursos, feiras e outras actividades que realicen as delegacións de AGA ou outras entidades. Gracias

a este cambio aforraremos os gastos do envío postal e o consumo de papel, pensando tamén no cuidado do medio ambiente.

Ademais recordamos a todos os que teñan acceso a Internet que poden acceder a toda esta información na nosa páxina web www.apiculturagalega.org.

Correo apícola electrónico

Participantes do curso on-line visitaron en Quiroga a Cooperativa Cauru e á familia Macía

Curso on-line

21

A P I F O T O S

Entre outras actividades, a DAGA de Ferrolterra organiza todos os anos

xornadas e cursos apícolas e realiza un importante traballo divulgativo

entre os rapaces da comarca.

Divulgación apícola

A P I F O T O S

22

CuriosidadesApiario tradicional

de Cornide(San Mamede - Carnota)

do socio de AGA José Manuel Chouza Lago

A P I F O T O S

23

Apiario do abelleiro Félix Souto de colmeas Layens implantadas en Galicia polo crego Benigno Ledo no Carrizo - Terra Chá

A P I F O T O S

24

O director galego Ignacio Vilar rodando unha escena da

película Vilamor, no xa céle-bre apiario de Murias de Rao.

Esta película poderase ver nos cines na vindeira primavera.

Apiyago conta cunha moderna sala de extración de mel en Santiago

En Galicia existen industrias e tendas que surten aos abelleiros de material e utensilios apícolas

Dous protagonistas á cap-tura do enxame colgado por Marcos e María, abe-lleiros de Lugo e coñeci-dos socios de AGA

Abellas de cine

Industria apícola

Galicia Apícola dispón dunha moderna fábrica de estampación

de cera en Ourense

A P I F O T O S

25

Apicultura en África

Cata

A Delegación de A Coruña realizou no outono a sú tradicional Cata de Meles. Este ano o premio ao mellor mel foi para o abelleiroAntonio García Gómez polo seu mel colleitado en Coiro-Laracha

Ovidio Fernández fixo estas curiosas fotos de colmeas colgadas en árbores durante a viaxe que realizou por Etiopía

Os nosos alimentos = os mellores medicamentos

26ª MOSTRA GALEGADE APICULTURA

27

A Asociación Galega de Apicultura-AGA, organizadora do evento, convocou a tres especialis-tas europeos encargados de lles transmitiren aos asistentes, maioritariamente apicultores e apicultoras de toda Galicia, os coñecementos sobre o tema. Claudio Porrini, da Universi-dade de Boloña (Italia); Jean Sabench, da Confederation Paysanne de Francia, e José Anto-nio Ruiz, de Apoidea, empresa de base tecnolóxica para a apicultura, de Córdoba, explicaron a importancia da abella na biodiversidade e a súa importancia na calidade dos ecosistemas, o despoboamento das colmeas e a súa relación co uso dos pesticidas e mais a innovadora experiencia de biomonitoreo a través da abella como bioindicador da saúde do medio am-biente.

Aproveitando a oportunidade de contar cos devanditos conferenciantes, convocáronse as mesmas charlas na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, co obxectivo de aproximar a apicultura e as súas problemáticas á xente moza universitaria, que tomarán o relevo na investigación apícola.

A xornada completouse con outros relatores de AGA, que expuxeron as súas experiencias e estudos: Alexandre Cendón e Martiño Nercellas presentaron o proxecto Abella Lupa, SAT, de Covelo (Pontevedra), sociedade apícola que integra criterios ecolóxicos coa conservación do patrimonio etnográfico relacionado coa apicultura. Pepe Torres, que falou das conse-cuencias da fumigación de eucaliptos na flora e fauna apícolas no concello de Cuntis, na provincia de Pontevedra. E Suso Asorey, secretario técnico de AGA, presentou a publicación da que é autor Da flor á mesa, historia dunha pinga de mel.

Abellas, praguicidas e medio ambiente, temas centrais da vixésimo sexta Mostra Galega de Apicultura celebrada e Arzúa

INVESTIGACIÓN, AS CAUSAS DO DESPO-BOAMENTO DAS COLMEASPorrini

O Dr. Claudio Porrini destacou a enorme im-portancia de manter a biodiversidade e o papel que xogan as abellas como polinizadores prin-cipias.

A polinización é primordial para a nosa supervi-vencia, o que a miúdo escapa á nosa conciencia. Os datos científicos corroboran a diminución de polinizadores a nivel mundial.

Un proxecto desenvolvido en Italia hai algúns anos mostrou un estudo que poñía de manifesto

a escaseza de polinizadores, xa que se atopa-ron só 355 das 900 especies existentes.

Segundo outro estudo enfatízase a importan-cia da abella como polonizador clave no man-temento da biodiversidade debido á fidelidade das abellas cara ás súas fontes de alimenta-ción, as flores.

O valor económico da polinización –engadiu– é un dato que hai que ter en conta nesta aná-lise, cuxa cifra alcanza os 153 mil millóns de euros, o cal demostra en termos económicos a relevancia do papel da abella como axente polinizador.En relación co despoboamento das colmeas,

2 6 ª M O S T R A G A L E G A D E A P I C U L T U R A

2 6 ª M O S T R A G A L E G A D E A P I C U L T U R A

28

o Dr. Porrini afirma que este é un fenómeno complexo multifactorial. O proxecto Apenet (un proxecto de investigación italiano no que parti-cipa o Dr. Porrini) persegue o estudo destes fac-tores para clarificar cal é o efecto de cada un deles. Un destes é a contaminación das abellas por pesticidas, o que provoca, segundo resulta-dos obtidos por Apenet, a mortaldade das col-meas.

No 2005-2006 observouse en Italia que coa pre-senza de cultivos de millo aumentaba a mor-taldade das colmeas. No 2008 disparouse esta mortaldade (185 casos), dos cales o 60 % pre-sentaba neonicotinoides. En setembro dese mesmo ano, o Goberno italiano decretou a sus-pensión cautelar do uso de tres neonicotinoides (imidaclopride, tiamethoxam e clothianidina) e do fipronil.

O estudo sobre o efecto do contacto directo ou indirecto das abellas co po de sementes trata-das con estes pesticidas revelou datos significa-tivos:

As abellas expostas directamente ao po, que as máquinas de sementar deixaban en suspensión no aire, morrían de inmediato (unha hora des-pois da sementeira).

Non obstante, o efecto letal do contacto directo viña acompañado por efectos subletais produci-dos polo contacto indirecto co devandito po de sementes tratadas.

No laboratorio realizáronse ensaios baseados no condicionamento e na posterior extensión da probóscide, que amosaron o efecto na capaci-dade de captar cheiros, tan fundamental nunha colonia, como os da ferhormona real ou o linalol da glándula de Nassanov. As abellas sometidas a pesticidas por contacto indirecto, en adestra-mentos en labirinto con alimentación, non re-cordaban o camiño de regreso. O efecto era di-ferente en función do principio activo utilizado.

Mentres con tiamethoxam e clothianidina os efectos eran maiores ás 24 horas que aos 60 minutos de inxerir o alimento, no caso do imi-daclopride e fipronil o efecto era maior aos 60 minutos.

Coas máquinas de sementar máis modernas redúcense nun 90 % as emisións do po, e com-

probaron se os seus efectos tamén diminuían. Porén, os ensaios determinaron que mesmo con cantidades inferiores se producen efectos subletais sobre as abellas.

Os efectos dos pesticidas nas abellas foron com-probados a través deste estudo; con todo, un dato clave para esta investigación é coñecer se realmente o uso de pesticidas é necesario para asegurar a produción das sementes. No caso do millo, un estudo de grande interese sobre a in-fluencia do uso de pesticidas na produción deste cereal cuestiona a validez da práctica deste tipo de tratamentos. Estudouse a diferenza entre a produción de millo en cultivos con sementes tratadas con neonicotinoides e cultivos con se-mentes sen tratar. Un dato previo que hai que resaltar, antes de entrarmos nos resultados da devandita comprobación, é que a densidade dos insectos terrestres aos que van dirixidos estes tratamentos en moitos cultivos é moi baixa ou inexistente. Os resultados mostran que en 20 campos da rexión Emilia-Romagna, sometidos a este estudo, as producións eran iguais en am-bos os casos.

Apenet –continuou– ten implementada unha rede de alertas de mortaldade de colmeas, con 143 estacións de 10 colmeas por todo o país. De cada estación recóllense e analízanse mos-tras de abellas vivas, larvas, mel, pole, cera... As alertas que rexistrou este servizo foron di-minuíndo radicalmente desde 2008, cando se produciron 185 casos, ata 2 casos en 2010, en áreas dedicadas ao cultivo do millo. Noutras áreas con outros cultivos, os casos tamén se reduciron desde a supresión do uso de pestici-

Claudio Porrini

2 6 ª M O S T R A G A L E G A D E A P I C U L T U R A

29

das. Na mortalidade invernal, fóra do período de sementeira, reduciuse tamén o número de aler-tas, desde 37,5 % no inverno de 2008-2009 ata o 14,27 % no 2010-2011.

En resumo:As perdas das colonias de abellas son atribuíbles a varias causas conxuntas, pero é que, ademais dos parasitos, dos poucos medios á disposición para combater a varroa e do escaso valor protei-co da alimentación que as abellas poden atopar no noso ambiente agrícola amplamente culti-vado co sistema do monocultivo, hai que contar tamén o uso e o abuso dos agrofármacos.

En Italia, a través da rede de monitoreo (Porrini et al., 2008) do proxecto «Apenet: investigación e monitoreo en apicultura», púidose determinar que a mortaldade de abellas nas áreas de mi-llo no período da sementeira (marzo-abril) des-apareceron despois da suspensión cautelar dos insecticidas sistémicos para a semente do mi-llo (clothianidina, tiamethoxam, imidaclopride e fipronil) decretada polo Ministerio da Saúde e polo Ministerio de Agricultura en setembro 2008 (Mutinelli et al., 2009).

Despois dos 185 casos rexistrados na primave-ra 2008 (Porrini et al. 2009), nos anos sucesi-vos non foron rexistrados máis danos ás abellas xusto despois da sementeira do millo (Apenet, 2009; Apenet, 2010).

Ademais, no mesmo período a perda de colmeas en Italia no período invernal, extraído tamén a través dos cuestionarios COLOSS, pasou do 37,5 % do 2007-2008 a case o 15 % do 2010-2011.

Cos outros experimentos levados a cabo no ám-bito de Apenet púidose determinar que o con-tacto directo coas abellas de pos emitidos polas máquinas sementadoras de millo é letal para a abella (Marzaro et al., 2011).

Nos dous anos do proxecto Apenet foi tamén de-mostrado que o tratamento das sementes non incrementa a produción do millo (Apenet, 2009, Apenet, 2010; Furlan et al., 2006; Furlan et al., 2007). Nos emprazamentos monitoreados (máis de 180) situados nas principais rexións de millo italianas, incluso en ausencia de tratamentos insecticidas na sementeira (tamén pola suspen-sión cautelar do tratamento), non foron obser-vados ataques graves de insectos no terreo, nun grao de influír sobre os niveis produtivos.

Confírmase entón a oportunidade de adoptar os principios da loita integrada adoptando as opor-tunas rotacións, como técnicas de contención dos fitófagos terrícolas do millo, e efectuando os tratamentos fitosanitarios (incluído o trata-mento pesticida) soamente no caso de efectiva necesidade.

PESTICIDAS E ABELLAJean Sabench

PESTICIDAS E MEDIO AMBIENTE

Os pesticidas ou os praguicidas son substancias químicas destinadas a matar, repeler, atraer, regular ou interromper o crecemento de pragas que prexudican a produción agrícola.

O uso intensivo de praguicidas ten consecuen-cias desastrosas para o medio ambiente. Hai unha contaminación significativa do solo, dos cultivos e das plantas silvestres, do aire e da auga.

En Francia, o 96 % dos ríos e o 50 % das augas subterráneas están contaminadas, e a choiva e a néboa están cargadas de pesticidas.

Cando se pulveriza cun pesticida, soamente unha parte do produto vai sobre o vexetal, pois unha parte moi importante vai ao aire e outra parte vai para a auga (por escorremento e filtra-ción polo chan).

30

2 6 ª M O S T R A G A L E G A D E A P I C U L T U R A

Os pesticidas úsanse para controlar unha pe-quena fracción das especies do noso planeta, mais así e todo afectan a case todos os da bios-fera.

Os praguicidas ou pesticidas atópanse en dife-rentes partes da cadea alimentaria. Afectan a todos os seres vivos, desde as bacterias ata os mamíferos, a través da inxestión ou inhalación, e acumúlanse nas cadeas alimentarias.

Os pesticidas son particularmente prexudiciais para a biodiversidade debido á súa toxicidade, a ausencia de selectividade, dispersión, persis-tencia e biodispoñibilidade.

PESTICIDAS E ABELLAS

Os insecticidas son os que presentan máis risco para as abellas, pero tamén hai que ter en conta os funxicidas e os herbicidas.

As abellas poden entrar en contacto co pestici-da de varios xeitos: directamente ao pulverizar, polo po ao sementar sementes tratadas con es-tes pesticidas (aquí en Galicia úsanse sementes tratadas no millo forraxeiro) e ao apañar pole, néctar ou auga contaminados por residuos tóxi-cos. O modo de intoxicación máis insidioso re-sulta do consumo de pole e néctar contamina-dos e almacenados na colmea.Existen varios niveis de intoxicación: aguda (coa morte a curto prazo) e crónica, cando a abella está exposta ao veleno durante un tempo máis longo coa posibilidade de morte final.

O pesticida pode danar a abella sen matala, trá-tase de efectos subletais.

As baixas doses de tóxicos poden actuar sobre

a abella de varios xeitos: neuronal, comporta-mental, fisiolóxico, bioquímico ou celular.

Os efectos subletais poden alterar o comporta-mento, a nutrición, a comunicación, a termorre-gulación, a aprendizaxe e a memoria... e provo-car o debilitamento da inmunidade da colonia, así como da resistencia a patóxenos e parasi-tos.

Os novos insecticidas son cada vez máis tóxicos para a abella. O Coumaphos e o Tau-fluvalinato son respectivamente 9 e 13 veces máis tóxicos que o antigo DDT. O fipronil 6.500 e o imidaclo-pride 7.300 veces máis tóxicos que o DDT.

INSECTICIDAS SISTÉMICOS

Nos anos noventa apareceu unha nova clase de insecticidas: os neonicotinoides e fenilpira-zoles. Son neurotóxicos, úsanse no tratamento de sementes e tamén son pulverizados. Teñen os seguintes nomes: imidaclopride (Gaucho e Confidor), tiamethoxam (Cruiser), clothianidina (Poncho), fipronil (Régent). Ao seren sistémicos permanecen na planta durante toda a súa vida, contaminando o pole e o néctar; persisten va-rios anos no solo e son altamente tóxicos para as abellas e os polinizadores.

Estes produtos son tamén altamente tóxicos para aves, peixes, organismos acuáticos, insec-tos útiles…

Por exemplo, o imidaclopride a DL50 (a doses que fai morrer a metade das abellas nun día) é de 3,7 ng/abella. Pero a toxicidade a longo prazo é aínda máis forte. Alimentando as abellas du-rante 10 días é suficiente un nivel de contami-nación de 0,1ppb, é dicir, 1 g/10.000 toneladas, ou máis claro: 1 gramo dentro do contido de 400 camións, para matar o 50 % das abellas.

Esta última dose hai que comparala co nivel de residuos atopados no pole de xirasol (3,3ppb de media) ou no néctar (1,9 ppb).

Para determinar a toxicidade hai que ter en con-ta tamén os metabolitos, que poden ser máis tóxicos que o produto inicial.

A introdución do uso do imidaclopride en tra-tamento de sementes coincidiu coa aparición

Jean Sabench

31

2 6 ª M O S T R A G A L E G A D E A P I C U L T U R A

de trastornos nas colmeas durante a floración e despois, coa importante baixa da colleita e o au-mento da mortaldade invernal.

Varios trastornos observados nas colmeas foron reproducidos experimentalmente: baixa de ali-mentación, problemas locomotores, mortalidade das abellas, efecto negativo sobre as crías de pri-mavera.

A persistencia no solo combinada coas propieda-des sistémicas son causa frecuente de contami-nación dos néctares e pole das plantas obtidas de sementes tratadas ou sen tratar (cultivos e malas herbas).

Bonmatin (laboratorio do CNRS de Orléans) ato-pa residuos de imidaclopride de 1,5 ppb (ng/kg) no pole de xirasol non tratado, pero onde houbera un cultivo tratado o ano anterior.

Neste sentido, nun estudo multifactorial que abarca dos anos 2002 a 2005, que levou a cabo o Laboratorio de Patoloxía da Abella da AFSSA, ob-servouse que a proporción de mostras que con-teñen imidaclopride ou ácido-6-cloronicotínico (metabolito) foi dun 69 %.

Os residuos de imidaclopride atopáronse no pole da primavera e verán, pero tamén no outono en plantas sen tratar, a un nivel máximo de 9 ppb e 1,2ppb de media.

Noutro estudo (Bonmatin) observou que as con-centracións medias de imidaclopride en 71 mos-tras de pole dos cultivos de xirasol tratados son da orde de 2 a 3 ng/g, é dicir, 20 a 30 veces maior que as que poderían inducir a mortalidade por envelenamento crónico...

Estes resultados poden ser discutidos: 1) en ter-mos de impacto directo nas colonias de abellas, e 2) en termos de debilitamento das colonias, o que favorece os efectos doutros axentes patóxe-nos (parasitos, virus, fungos, etc.).

Cedric Alaux e colaboradores (2009) demostraron que a interacción sinérxica entre os microspori-dios do Nosema e neonicotinoides (imidaclopri-de) debilita significativamente as abellas.

No curto prazo, a combinación de ambos os axen-tes causaron nas abellas taxas de mortaldade e estrés enerxético, e no longo prazo unha maior susceptibilidade da colonia aos patóxenos. É a primeira evidencia de que a interacción entre un organismo infeccioso e un químico pode poñer en perigo as abellas e os polinizadores.

A intensificación do uso deses insecticidas sis-témicos coincide co desenvolvemento dos dis-turbios das colmeas, que uns chaman CDD, nos países con agricultura intensiva.

AVALIACIÓN, AUTORIZACIÓN

É necesario ter unha boa avaliación do risco para a abella antes da autorización de venda do pesti-cida. Actualmente non é así o caso.As probas só avalían a toxicidade aguda e o des-envolvemento global da colonia, pero non:

- a toxicidade crónica- os efectos subletais (síntomas neurolóxicos, calidade da cría, etc.)- os efectos retardados no tempo (derivados dun consumo prolongado do pole e néctar contaminado)- os efectos sobre a cría de praguicidas sisté-micos- a capacidade inmune da colonia ou das abellas- os efectos sinérxicos que pode haber entre produtos ou entre produtos e outras enfermi-dades

A COORDINADORA APÍCOLA EUROPEA PRO-PÓN:

Cambiar o modo de avaliación e ter en conta a toxicidade crónica, os efectos subletais para as abellas (pero letais para a colonia), a capacidade

2 6 ª M O S T R A G A L E G A D E A P I C U L T U R A

32

inmune e os efectos sinérxicos entre produtos e entre estes e as enfermidades das abellas.

A molécula activa (imidaclopride) autorízase a nivel europeo, e os produtos a nivel de cada país (ministro de agricultura).

A avaliación faise unicamente cos estudos feitos pola industria fitosanitaria, sen ningunha valida-ción independente. Son eses mesmos industriais os que din que probas hai que facer para medir a toxicidade do pesticida para as abellas (ICPBR).

O industrial ten que proporcionar:

- métodos de análises- identificación dos perigos para o home e os organismos ambientais (mamíferos, aves, peixes, abellas...)- avaliación da eficacia- avaliación do risco para o home e os orga-nismos ambientais

A autorización concédese segundo o balance be-neficios/riscos, considerando un «risco acepta-ble». O risco resulta dunha exposición a un perigo (toxicidade do pesticida).

O que vemos cada día máis, como consecuencia do uso de pesticidas, obríganos a facerlles as pre-guntas seguintes aos políticos responsables:

É un risco aceptable a morte das nosas colmeas?

É un risco aceptable a morte dun campesiño por causa dos pesticidas?

É un risco aceptable a perda da fecundidade hu-mana?, a contaminación do ser humano antes do nacemento?, as enfermidades neurodexenerati-vas?...

A AVÉSPORA ASIÁTICA OU O ABÁZCARO VESPA VELUTINA

Jean Sabench dedicou a última parte da súa in-tervención á avéspora asiática Vespa Velutina, un abáboro grande do que explicou como é o seu comportamento e ciclo de vida.

Os seus niños poden chegar a 15.000 individuos e adoitan estar en árbores moi altas e de difícil acceso.

As mestras que invernan comezan a construír os niños en abril e a primeiros de maio aparecen as primeiras obreiras.

O niño vai medrando durante o verán e a princi-pios do outono e en outubro-novembro saen as mestras novamente para invernar e empezar un novo ciclo a primavera seguinte.

Para intentar minorar os ataques deste abábo-ro ou grande avéspora asiática sobre as abellas aconsellou instalar trampas preto dos niños en setembro-outubro, para capturar as mestras que saen, evitando así que formen novos niños. Na primavera as trampas débense situar nas proxi-midades do apiario de se detectar a súa presen-za. Como mínimo 10 avésporas ou abáboros sería o límite a partir do cal a súa presenza supón un risco para o apiario.

Aconséllase a mestura de cervexa cun pouco de mel para utilizar nas trampas.

BIOINDICADORES DA CALI-DADE AMBIENTAL, AS ABE-LLAS INFORMANJosé Antonio Ruiz, xerente de Apoidea, introduciu o termo de abella como bioindicador. Un bioindi-cador é un ser vivo que dá información sobre o que ocorre no medio ambiente. De entre os diferentes bioindicadores, as abellas posúen características que as converten nunha eficaz informadora, unha especie de «recolledora de mostras». As abellas ocupan de maneira natural todos os ecosistemas terrestres da nosa xeografía, pódense transpor-tar, e polo tanto este servizo pódese realizar en calquera rexión, cousa que non ocorre con nin-

José A. Ruíz

2 6 ª M O S T R A G A L E G A D E A P I C U L T U R A

33

gún outro bioindicador. A través das análises po-línicas pódense elaborar mapas de biosegurida-de nos que se sinalen aquelas zonas xeográficas con distintos niveis de risco ambiental.

Ademais, pódese coñecer a contaminación nun intre preciso así como a súa evolución mediante a acumulación nos produtos apícolas. Engadiu que convén distinguir o termo de «recolledora de in-formación», polo que fóra dos foros profesionais é conveniente falar de abellas como indicadoras da calidade ambiental e non como indicadoras de contaminación ambiental.

Apoidea naceu na Universidade de Córdoba no 2008. Nela teñen instaladas cinco estacións dife-rentes, coas que se logrou obter información so-bre partículas en suspensión no aire e de metais pesados.

Por exemplo, en Estremadura, nunha cooperati-va de produción agrícola integrada, as estacións de biomonitoreo permitiron detectar a presenza de praguicidas.

ABELLA LUPA, NATUREZA E CULTURAMartiño Nercellas e Alexandre Cendón explica-ron o seu proxecto de creación dunha Socieda-de Agraria de Transformación chamada Abella Lupa.

Formada por catro socios e situada na localidade de Covelo, en Pontevedra, a sociedade conta con 150 colmes localizadas na serra do Suído e as fragas do río Tea. Os criterios que guían a activi-dade da Abella Lupa son a ecoloxía e a sustenta-bilidade, por iso utilizan produtos biodegradables, reutilizables ou reciclables. Por outra banda, os seus apiarios están asentados en enclaves in-cluídos na Rede Natura 2000 ou en proceso de integración nela. Esperan chegar a certificar o seu mel ecolóxico nos próximos meses.

Esta iniciativa pretende fusionar medio ambiente con patrimonio etnográfico relacionado coa api-cultura. Por isto dirixen tamén a súa actividade cara á conservación de diferentes lugares da zona, como un antigo lagar de cera e unha eira de especial interese, na que se estendía a cera para que o sol a branquease. Neste momento

está en proceso de restauración para a súa pos-terior musealización.Ademais, estes novos emprendedores represen-taron a AGA dentro da reunión da Coordinadora Apícola Europea co Parlamento Europeo sobre os efectos dos produtos fitosanitarios. Preguntáron-lle á Comisión por que non se aplicaba o principio de precaución e por que non se tomaran xa me-didas contundentes contra os neonicotinoides. Segundo eles, os apicultores «debemos facernos oír» e actuar en favor das abellas, xa que nestes momentos se está discutindo a modificación da normativa para a autorización de pesticidas.

Concluíron cunha proposta: a creación dunha base de datos con localización de colmeas, aler-tas, etc., que sirva para ter una base de traballo para a investigación.

CONSECUENCIAS DA FUMI-GACIÓN NO EUCALIPTO PARA A ABELLA E A FLORA MELÍ-FERAPepe Torres Romar, socio de AGA, expuxo un es-tudo sobre os problemas causados en zonas de eucalipto debido á súa fumigación. O eucalipto está afectado, entre outros, polo Gonipterus, un coleóptero de orixe australiana presente en Gali-cia desde a década dos noventa, que se alimenta de follas e deixa defoliado o seu terzo superior, co que deixa a árbore descabezada e inservible como tal, sexa como madeira ou como produto-ra de flores. Nun primeiro momento tratouse con Confidor e na actualidade utilízanse insecticidas

Martiño Nercellas e Alexandre Cendón

34

2 6 ª M O S T R A G A L E G A D E A P I C U L T U R A

sistémicos. Aínda que existen protocolos de fu-migación, en xeral non se están respectando e utilízanse máquinas de fumigar inapropiadas. Tamén se comprobou como se están utilizando para a replantación de novas especies herbici-das como o glifosato, o cal provoca a ausencia de vexetación na zona tratada durante moitos meses. Mostrou, a través dun power point, como nestas zonas de eucaliptos tratados se producen casos de desaparición de abellas, así como este proceso de fumigación con insecticidas non ten termo nin coas novas castes de eucalipto que se están a plantar hoxe en día, porque non se está a aplicar toda a loita biolóxica necesaria contra o goníptero e estase a converter nun círculo vi-cioso de fumigacións programadas e temporais con praguicidas, que prexudican grandemente as nosas abellas.

PRESENTACIÓN DA PUBLI-CACIÓN DA FLOR A MESA, HISTORIA DUNHA PINGA DE MELUnha historia atractiva para todos os públicos, ilustrada cunhas fermosas imaxes, que pretende levar ao lector cara ao mundo das abellas. Esta publicación nace como resultado dunha expe-riencia de divulgación apícola durante oito anos na «Casa das Abellas».

Un paseo pola natureza acompañando as abellas desde as flores, coas que manteñen unha relación de necesidade e de colaboración, leva a percibir a

importancia do mantemento desta relación e da participación nela dos seres humanos, que a tra-vés da apicultura, son tamén protagonistas nesta historia de convivencia milenaria.

Xesús Asorey, autor da publicación, pretende con esta publicación que a sociedade tome concien-cia da necesidade de defender as abellas e os apicultores dos perigos da actual degradación da natureza e da redución da biodiversidade. Con este fin, o autor destina un euro de cada exemplar vendido á loita contra os pesticidas neurotóxicos.

O DEFENSOR DO POBO TA-MÉN DEFENSOR DAS ABE-LLASDurante as charlas que tiveron lugar na Faculta-de de Bioloxía da Universidade de Santiago, nas que interviñeron Claudio Porrini, Jean Sabench e José Antonio Ruiz, e a representante do Defen-sor do Pobo en Galicia (vicevaledora autonómi-ca), Lola Galovart, explicou a situación actual da queixa presentada por Rafael Díaz Nieto, delega-do de AGA en Ferrol, en relación co uso de pes-ticidas (imidaclopride e fipronil) nos cultivos de millo e a perda de colmeas.

En primeiro lugar, Lola Galovart explicou as fun-cións do Defensor do Pobo: defender os dereitos das persoas, tanto físicas coma xurídicas. Neste proceso as queixas dos cidadáns son sometidas a investigación e comunicadas ao organismo sobre o que se produciu a queixa, tendo este quince días

Pepe Torres

35

2 6 ª M O S T R A G A L E G A D E A P I C U L T U R A

para contestarlle ao Defensor. Se non se obtén tal resposta, considérase como actitude hostil ou entorpecedora, polo que o Defensor pode formu-lar advertencias, recomendacións e suxerencias.No caso concreto da queixa presentada pola DAGA de Ferrolterra, que fai referencia á reso-lución do Parlamento Europeo en apoio da api-cultura e considera que a prohibición do uso das materias activas citadas noutros países fixo que a súa utilización en España se multiplique, expón que os protocolos de autorización de produtos fi-tosanitarios non prevén ensaios de expertos e in-dependentes sobre a súa influencia no desenvol-vemento das colonias de abellas, e solicita polo tanto que se adopten medidas para prohibir os pesticidas neurotóxicos.

Unha vez admitida a queixa, o Defensor pídelle informacións á Secretaría Xeral do Ministerio de Agricultura (agora MARM), que son consideradas vagas e imprecisas, polo que repite en varias oca-sións a solicitude ao Ministerio. O Defensor, que se mostra de acordo coa queixa presentada por Rafael Díaz-AGA, fai unha «suxerencia en forma»

para que de acordo co principio de prevención e loita integrada revise as autorizacións do Gaucho e Escocet, restrinxindo o seu uso e prohibindo nas proximidades das colmeas e naqueles lu-gares onde deban protexerse os polinizadores silvestres. Ademais, aconsella que se revisen as autorizacións doutros produtos utilizados noutros cultivos.

Actualmente, o MARM aínda non contestou á de-vandita suxerencia do Defensor. Ante isto, unha vez que sexa presentada por terceira vez e se non recibe ningunha resposta, pode ser declarado hostil, o que figurará no informe anual do Defen-sor do Pobo estatal no Parlamento. Lola Galovart rematou aclarando que o Defensor do Pobo non ten facultades de execución e non é vinculante, pero a ningún organismo público lle gusta apa-recer como hostil ou entorpecedor, ante o que se abre unha vía de esperanza para conseguir al-gunha resposta a favor da queixa presentada.

Os conferenciantes da Mostra aproveitaron para visitar distintas instalacións apícolas de Galicia. Eiquí están no Castelo do Sobroso.

Apicultura tradicional = valor engadido

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

REPRODUCIÓN DO APIARIO

37

Marcos Varela

O ENXAME E OS SEUS PROTAGONISTAS

Para comprendermos ben o noso labor de abelleiros comezaremos dicindo que os animais cos que traballamos nas nosas colmeas non son cada unha das abellas illadas, senón que son as colonias de abellas. Esta colectividade é a que conta, non os individuos.

Esta opción pola vida en colectividade das colonias de abellas ten unha serie de características espe-cíficas:

• Dáse fluída comunicación entre todos os individuos do grupo.• Todas as abellas teñen unha nai común e ocupan un mesmo espazo físico.• Existen xeracións sucesivas de irmáns debido á lonxevidade da nai.• As funcións necesarias especialízanse ata o extremo de orixinar diferentes castes.

E todas estas características da vida social proporcionan vantaxes na loita pola supervivencia:• Lonxevidade máis prolongada que outros insectos.• Moita máis descendencia por cada nai.• Posibilidades de soportar as estacións adversas contando con refuxio e provisións.

Tecnicamente considérase a colonia como un superorganismo con dous compoñentes: o enxame e o niño.

O niño está formado pola vivenda que acolle ao enxame máis unha estrutura interior de panais ver-ticais de cera nos que as abellas labran celiñas hexagonais e que utilizan como soporte da cría, do alimento e do propio enxame. As características illantes da cera facilítanlles ás abellas manter o niño en boas condicións de humidade e cunha temperatura constante duns 34 ºC.

O enxame vén a estar formado por unha gran familia de irmáns e medio irmáns que viven colectiva-mente no mesmo niño cunha única nai: a abella mestra. É unha sociedade matriarcal e fundamental-mente feminina, xa que os machos unicamente chegan a representar a un 2-3 % da poboación total. Un enxame medio está composto por 30.000 a 50.000 abellas.

Seguindo o patrón da especialización funcional característica en moitos tipos de insectos, nas colo-nias de abellas existen dúas castes: a reprodutora, composta por mestras (raíñas) e abázcaros, e a traballadora formada polas obreiras.

OBREIRA ZÁNGANO

RAÍÑA

A naiÉ a única femia fértil de toda a colonia e nace aos dezaseis días da posta do ovo. Na alimen-tación que recibe antes do nacemento é fun-damental que non se interrompa a subminis-tración de xelea real, pois esta substancia é a responsable de afianzar os cambios físicos que a distinguen do resto de femias estériles da co-lonia. Na súa vida adulta xa non é precisa a súa alimentación constante con xelea.

Nace nunha celiña especial denominada realei-ra ou cela real, que sobresae verticalmente dos panais e é máis grande que o resto das celiñas para poder acumular abondosas provisións de xelea real.

Distínguese do resto das abellas pola lonxitu-de do seu corpo, especialmente o abdome. Ten aguillón de ataque pero normalmente só o uti-liza contra outras mestras, ademais ao ser liso non hai lugar a que se lle desgarre.

É a máis lonxeva das abellas, pois pode vivir ata cinco anos, aínda que a baixa de capacidade de ovoposición a partir dos dous anos fai recomen-dable a substitución por parte do apicultor.

Entre cinco e dez días despois do seu nace-mento comeza a época de celo, que dura outros dez-quince días. Durante este celo a mestra virxe terá que ser fecundada en voo por unha ducia de machos ata que o receptáculo no que garda o seme para a fecundación dos ovos es-tea cheo. Se pasa este período sen fecundarse converterase nunha mestra ou raíña abazquei-ra, que unicamente terá descendencia de abáz-caros.

Un dos seus principais roles na colonia é dirixi-la quimicamente ao dar cohesión á súa familia mediante a distribución da denominada fer-hormona real que produce nas súas glándulas mandibulares.

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

Abella mestra

Machos

Os abázcaros son as abellas máis volumino-sas corporalmente e as que máis días tardan en nacer dende a posta do ovo, vinte e catro días. Nacen de ovos sen fecundar, en celiñas horizontais máis sobresaíntes e anchas que as normais, ocupando normalmente a periferia do niño.

Debido a que carecen de glándulas odoríferas son normalmente ben aceptados en calquera colonia fora da súa, especialmente se está sen nai ou con mestra virxe. Nunha colonia normal adoita haber de 200 a 600 machos.

Tradicionalmente os apicultores considerában-nos unha carga inútil para a colonia por coidar que non realizaban labores prácticos e chega-ban a armar trampas para exterminalos. A rea-lidade é que eses labores non poden facelos por non ter un corpo especializado neles, xa que ca-recen de aguillón, cestas de pole… O apicultor que queira favorecer a boa reprodución apícola coidará a cantidade e calidade dos abázcaros na contorna dos seus apiarios.

Pódense clasificar como «abellas de estación» pois unicamente aparecen en primavera e ve-

38

39

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

rán, sendo sacrificados ou expulsados do niño polas súas medio irmás obreiras no decurso do proceso denominado «matanza de abázcaros». A súa principal misión é a de fecundar as mes-tras virxes en celo durante a época de climato-loxía favorable. Alcanzan a madurez sexual a partir das dúas semanas de vida.Outras importantes funcións que desenvolven son a de xerar calor para quecer a cría e a de colaborar na elaboración e distribución do néc-tar recentemente colectado.

Cría de machos

As obreiras

Son as femias estériles do enxame, do que case forman a práctica totalidade. Nacen dun ovo fecundado, vinte e un días despois da súa posta. En condicións extremas poden chegar a poñer ovos como a mestra, pero deles só nace-ran machos.

A duración da súa vida depende da época do ano na que se desenvolva: un mes e medio no verán e ata sete meses en inverno. Normal-mente morren de desgaste e esgotamento tras a súa incesante actividade na colonia.

Tarefas das obreiras

Son o tipo de abella coa anatomía máis espe-cificamente preparada para labores especiali-zados: cestiño para carrexar própole e pole no terceiro par de patas, aguillón defensivo, glán-dula de Nassanov para chamar ao resto da fa-milia, lingua longa, glándulas cereiras…

As obreiras desenvolven durante a súa vida di-ferentes tarefas segundo a súa idade ao ir mo-dificándoselles a súa fisioloxía.

Durante as tres primeiras semanas de vida ca-talóganse como abellas de interior, pois reali-zan traballos dentro do niño de cría, tales como limpadoras, nutrices e cereiras. A partir deses vinte e un días denomínanse abellas de exte-rior, apañadoras ou colleiteiras; atrófianselles as glándulas cereiras e as que producen xelea e comezan a voar pola contorna da colmea pa-sando a realizar labores de defensa ou de re-colección de própole, auga e alimentos ata o momento da morte.

. Limpar

. Quentar

. Alimentar larvas vellas

. Alimentar larvas novas

. Producir cera. Construir favos

. Gardar

. Vixiar

CENTRO APÍCOLAABERTO AOS SÁBADOSDurante a semana actividades para grupos logo de cita telefónica

MEANGOS - 15318 Abegondo (A Coruña) Tel. móbil: 630 069 635 • Tel/Fax: 981 58 95 34www.casadasabellas.com • [email protected]

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

41

A cría ten as súas cousas

As crías de abella poden estar en tres posibles estados de desenvolvemento: ovo, larva ou ninfa.

Unha abella mestra fértil, con capacidade de ovoposición, pode poñer dous tipos de ovos: ovos sen fecundar, dos que nacen machos, ou ovos fecundados, dos que nacen femias.

O fenómeno polo que un ovo sen fecundar (facilitado só pola nai) orixina un ser vivo denomínase partenoxénese.

Do mesmo ovo fecundado pode nacer unha obreira ou unha mestra, dependendo dos coidados que reciba e, sobre de todo, da alimentación. A formación dunha abella mestra require que a larva reciba unha proteína específica que só se atopa na xelea real.

Botando un ollo ao cadro co calendario da cría das abellas pódese observar que esta alimentación e coidados son fundamentais a partir das doce horas de vida da larva.

Ata esa idade todas as crías da colmea reciben o mesmo tipo de alimentación e a partir de aí é cando as crías de mestra comen unicamente xelea real e o resto de crías, obreiras e machos, co-men unha papa de xelea mesturada con pole e auga denominada «pan de abella».

Na columna correspondente á larva detállase o tipo de alimentación recibida en cada caso, resal-tando cun círculo a larva de doce horas de obreira, que será a que ten posibilidade de ser orien-tada a cambiar o seu proceso normal, pasando a desenvolverse como mestra no caso de recibir unha alimentación destinada exclusivamente ás nais.

Debido a isto, nos traballos de reprodución haberá que estar especialmente atentos a que no nú-cleo que estea sen mestra haxa un mínimo de larvas ben atendidas, de boa calidade e non maiores de doce horas de vida.

As crías permanecen nas celiñas abertas durante a etapa de ovo e a primeira metade da etapa de larva, posteriormente esas celiñas son tapadas cunha membrana permeable (opérculo) ata o momento do nacemento do imago ou insecto adulto.

Calendario da críaOrixe das abellas

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

VISITAS PROGRAMADAS:colexios,institutos,asociacións,amas de casa,mulleres rurais,terceira idade…

ASESORAMENTO:diagnóstico e tratamento de enfermidades, produtos de sanidade apícola,

manipulación das colmeas…

CURSOS FORMATIVOSTEÓRICO-PRÁCTICOS:iniciación,perfeccionamento, cría de abellas mestras…

MATERIALAPÍCOLA:accesorios, colmeas, enxames,publicacións especializadas…

MANIPULACIÓN DA COLLEITA:extracción,maduración, envasado, análise físico-química e encimática…

PRODUCTOS DA COLMEA:mel,mel con noces, xelea real, cera, própole, pole, hidromel, licor de mel,

caramelos, cosmética…

MUSEO VIVENTEDO MEL

PORTODEMOUROSARZÚA (A CORUÑA)TEL. E FAX: 981 50 80 72

Enxamía

En primavera, co aumento de todas as condi-cións favorables, prodúcese o fenómeno de re-produción natural da colonia, a enxamía. Basi-camente consiste na partición simple da masa de abellas que ocupa o niño. As abellas máis veteranas, xunto coa nai e unhas decenas de machos, vanse; deixando que o resto do enxame reorganice o seu traballo en torno a unha nova mestra, filla da anterior, que para dar continui-dade á colonia terá que aproveitar a época de celo para ser fecundada polos machos durante os voos de fecundación.

O habitual é que case a metade das abellas abandonen o niño emprendendo un voo en gru-po que as levará ata unha nova morada que previamente tiñan nunha listaxe de posibles vivendas.

O abelleiro debe entender a enxamía como o proceso enteiramente natural e previsible e terá que encaixar na axenda de manexo do apiario este feito programando o seu control, favorecendo ou entorpecendo a súa aparición, tendo en conta os seus efectos na produción e na sanidade…

Canto maior sexa a idade dunha abella nai, maior será a posibilidade de aparición deste fenómeno:

• Mestras de 1 ano: enxamean o 20 %• Mestras de 2 anos: enxamean o 50 %• Mestras de 3 anos: enxamean o 80 %

Previos á enxamía sempre aparecen unha serie de signos avisando dela. O máis ca-racterístico é a construción de celas reais. É importante ter en conta que o momento de operculado destas realeiras abre a luz verde no semáforo de saída do enxame, que sem-pre agardará ata ese momento para abando-nar a colmea.

O abelleiro debe ter todo isto en conta cando organiza as colmeas para reproducir ou criar abellas mestras.

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

43

NAIS: NON TODAS IGUAIS

Atendendo á orixe do seu nacemento todas as mestras ou nais pertencen a algún destes tres ti-pos:

Nais de enxamía

Son as que se orixinan a causa da reprodución natural. Aparecen, polo xeral, na primavera. Acostu-ma a aparecer unha abondosa cantidade de celas reais.

A colonia programa o seu nacemento con moita antelación e practicamente están asegurados to-dos os condicionantes positivos para que sexan nais de moi boa calidade biolóxica.

Tendo o coidado evidente de escoller a súa boa calidade xenética, son as mellores; nomeadamente para o traballo de formación de núcleos.

Nais de substitución

Aparecen na colonia cando as obreiras detectan que a súa mestra está vella ou enferma. Adoitan verse poucas celas reais, incluso ás veces unha soa, pero ben atendidas.

Se o enxame que as produce conta cunha poboación normal as obreiras esforzaranse en dar boa atención e condicionantes positivos para que a súa calidade biolóxica sexa moi boa, ou cando me-nos, bastante aceptable.

Bioloxicamente son boas pero dada a escasa cantidade que aparecen non é moi práctico contar con elas para os traballos de reprodución.

Tipos de nais

44

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

Nais de salvamento

Son as causadas pola orfandade repentina do enxame, por exemplo no caso de accidente ou cando o apicultor forma un núcleo orfo.

A preparación das celas reais é de súpeto, para solucionar unha situación de salvamento, polo que as mestras que se orixinan neste caso, a di-ferenza dos dous anteriores, son feitas a partir de celiñas de obreira e empregando larvas non destinadas dende o principio a seren nais.

Isto xa supón un límite de partida na calidade final das mestras e se logo non temos o especial coidado en fortalecer o enxame que as produza, e favorecerlle os condicionantes positivos máis relevantes, as abellas resultantes serán bioloxi-camente malas ou, cando menos, mediocres.

Dáse o paradoxo de que, aínda sendo as peo-res nais por ter gran variabilidade na calidade biolóxica, son as máis utilizadas polos abelleiros que fan reprodución apícola.

Para coñecer a idade dunha mestra e facilitar a súa localización durante o manexo adóitanse pintar no tórax con pinturas especiais de seca-do instantáneo e seguindo un código de cores segundo a cifra de terminación do ano de na-cemento.

SELECCIÓNSecularmente, o traballo de selección xenética foi un dos máis desatendidos na apicultura galega e española. E, por desgraza, segue a selo. Aquí as administracións públicas e as grandes organizacións deberían ser as que marcasen liñas mestras, o pequeno abelleiro pouco pode facer illadamente.

Os ecotipos galegos da nosa Apis Mellifera galaica presentan gran variabilidade de calidades e com-portamentos, polo que son susceptibles dun plan de mellora global que podería permitir estender as colonias con mellores resultados en canto a sanidade, producións, manexo…

Ata agora ao abelleiro valeulle todo. Calquera enxame atopado ou producido, por miserento en cali-dade que sexa, serve para poboar unha colmea de produción. Este enxame requirirá o mesmo esfor-zo e gasto que outro de mellor potencial, pero o resultado final evidentemente non será o mesmo.

Diante deste panorama o apicultor debe ter as ideas claras e ir mellorando o que modestamente estea ao seu alcance, coa conciencia de que cada vez que multiplica os seus enxames está, dun xeito ou outro, seleccionando.

Seleccionar non é só escoller o mellor, senón tamén rexeitar o peor, polo que ás veces pode ser re-comendable eliminar ou substituír abellas mestras deficientes.

A selección máis básica, ao alcance de todos, é o sistema de selección masal no que se escollen as

Cores das mestras

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

45

mellores colonias para clasificalas como «cabezas de cría» e a partir delas criar novas nais que substituirán ás peores. Para non perder os avances conseguidos habería que repetir sistemati-camente este ciclo todos os anos debido a que cada nai se cruza con quince a vinte machos que achegan xenes de liñas familiares distintas.

Para mellores resultados sería oportuno contar cun número de partida de colonias bastante alto para un abelleiro medio: de 100 a 200, pero isto non quere dicir que non sexa recomendable facelo sexa cal sexa o número de colmeas que se manexan.

Para o traballo previo de escolla das mellores colonias necesitaremos datos de todas. Aquí fanse imprescindibles as fichas de control individual, que poden ser dende simples anotacións no teito de cada colmea ata cartolinas nun ficheiro ou follas dun caderno de campo.

Á vista dos datos obxectivos aplicaranse diferentes criterios segundo a finalidade da selección. Os máis recomendables son:

• Supervivencia invernal á SDC (CCD)• Alta tolerancia á varroase• Ausencia de doenzas de cría. Principalmente podremia (loque)• Produción en mel• Arranque primaveral e cría compacta

Aplíquese ou non un sistema de selección máis ou menos programado, o que é recomendable é asegurar a mellor calidade das nais de todos e cada un dos enxames que se van formar.

Durante todo o traballo de selección non se debe descoidar a diversidade xenética, para non perder haplotipos que poidan ser valiosos. Aínda que dado o actual grao de dispersión e variabilidade dos típicos microasentamentos apícolas galegos este non é un problema relevante de momento.

Apiario

Elaboración artesana partindo de productos naturais• Mel enxebre• Mel con noces, abelás ou améndoas• Bombóns de mel “Vianos”• Hidromel• Augardente con mel

Casar Vizcaya,S.L. • Paraxe Piteira, s/n • 32550 • VIANA DO BOLO (Ourense) Tel/Fax: 988 34 03 07 • Móbil: 639 390 637 • [email protected]

PAZO DO MEL

VISITAS PARA GRUPOS LOGO DE CITATELEFÓNICA

Aut

or: S

uso

Aso

rey

47

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

REPRODUCIÓN

Importantes vantaxes

A problemática da apicultura actual en Galicia, e nomeadamente as dramáticas e estensas mor-taldades de colonias nos últimos anos, fan que a capacidade de reposición de baixas sexa deter-minante para manter unha mínima actividade produtiva. O abelleiro debe ser capaz de cubrir as baixas que ten no seu apiario dun xeito áxil. Hoxe cobra máis sentido que nunca coñecer e controlar o proceso de reprodución e de selec-ción dos enxames máis resistentes e con mello-res aptitudes.

É tempo de que o apicultor abandone unha ac-titude tradicionalmente pasiva, limitándose a apañar enxames naturais, para pasar a exercer o control directo da reprodución, converténdose así en protagonista activo, xunto coas abellas.

Existen suficientes coñecementos técnicos como para imitar satisfactoriamente a reprodu-ción natural das abellas e facela coincidir cos obxectivos do abelleiro. Neste caso fálase de reprodución controlada, que non artificial. Esta reprodución é a mesma que a que as abellas farían de xeito natural. A man humana intervén unicamente para inducir e canalizar os resulta-dos.

A reprodución controlada permite a utilización de excedentes de abellas, que na primavera adoitan orixinar a febre de enxamía. Deste xeito, retirando estes excedentes, evítase grandemen-te a saída de enxames naturais.

Outra vantaxe que se obtén é que as técnicas de manexo para a multiplicación apícola, ao supoñer retirada de abellas e cría das colonias en produción, axudan a manter baixos niveis de infestación por varroase, evitando a intensidade dos tratamentos varroacidas. Tamén facilitan a renovación de nais, que se debe favorecer en todo aproveitamento apícola.

Ademais, diante dos medos de moitos, cómpre recordar que as colonias están funcionalmente preparadas para ser capaces de enxamearen unha vez ao ano e mais acumularen mel (para elas e para o abelleiro).

Enxame

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

48

FORMANDO NÚCLEOS

Un núcleo, ou enxame controlado, é un grupo de abellas con alimento e cría que se organiza para dar lugar a unha nova colonia (novo enxame + o seu niño). Tamén teñen que contar con mestra, cela real ou cría en idade de poder evolucionar a mestra.

A multiplicación das colonias de abellas creando enxames controlados débese fundamentar nos mesmos principios nos que se basea calquera colonia vigorosa que produce un enxame natural. Só deste xeito se estará facendo ben o traballo.

A mellor época para este traballo é cando sobran abellas, alimento e coidados. Isto é, cando as pro-pias abellas fan enxames naturais, ou incluso máis tarde se estamos dispostos a axudalas un algo. Dende mediados da primavera ata mediados do verán (abril a xullo) pode ser boa época. Nas zonas máis occidentais de Galicia e en anos de boa climatoloxía poden adiantarse estas datas.

É moi importante que previamente á introdución dunha nai ou cela real (realeira) nun núcleo todas as obreiras presentes se sintan orfas, saiban que non hai outra mestra e estean motivadas para acepta-ren unha nova. Isto asegúrase mantendo un período mínimo de orfandade (ausencia total da mestra anterior) dunhas seis horas, aínda que o máis recomendable son vinte e catro horas.

Unha das preocupacións máis frecuentes do abelleiro ao reproducir é que os novos enxames perdan abellas ao quedaren no mesmo apiario no que se forman. Isto non debera de ser problema pois se ben é certo que a meirande parte das abellas de exterior regresarán ás súas colmeas, tamén hai que ter en conta que este efecto é beneficioso para este manexo reprodutivo.

As abellas que foxen son as que convén que o fagan, pois ao seren as máis vellas son as que poden ter máis problemas de agresividade coas compañeiras, destrución de celas reais, falta de aceptación da nova nai… O recurso recomendable para paliar esta falta de gando é o de superpoboar os núcleos recentemente constituídos coas abellas de interior de 2 cadros, mediante sacudida sobre os cadros e un suave afumado para obrigalas a entrar. Tamén hai que evitar situalos próximos a colmeas potentes con nai presente, pois atraerán ás abellas orfas e ademais poden saquear a estas novas colonias.

Cando a maioría de apicultores programan a reprodución das súas colonias normalmente pensan moito máis nas abellas que formarán o núcleo que na mestra que facilitará a descendencia. Isto é un

Apípolis é un centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humáns e as abellas, que se encadra dentro dos Equipamentos para a Educación Ambiental.

Couso, 10 • San Andrés de Xeve • 36150 PontevedraTel: 986 879 016 • [email protected] • www.apipolis.com

A P Í P O L I S

49

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

erro que cómpre solucionar cun cambio de obxec-tivos, posto que a futura nai é a que proporcionará a meirande parte das boas calidades que gustaría obter.

Polo tanto, a primeira tarefa do traballo reproduti-vo para conseguir unha nova colonia é solucionar a achega de abellas mestras de calidade aos nú-cleos que se formen. Posteriormente traballarase na constitución do resto do enxame orfo e do niño.

NOVA COLONIA = MESTRA + NÚCLEO ORFO

Aínda así hai moitos abelleiros que planean todo o traballo ao tempo: formar o núcleo e mais dar unha mestra ou a cría para que as obreiras a fagan. Ex-póñense, logo, en primeiro lugar algúns dos sis-temas de reprodución máis elementais, aínda que non son precisamente os máis recomendables, e logo outros sistemas máis elaborados pero que ta-mén proporcionan moito mellor resultado.

MÉTODOS DE REPRODUCIÓN SEN CRÍA PREVIA DE MESTRAS

Neste grupo de métodos non hai cría previa de mestras por parte do apicultor, que unicamente se limita a facilitarlle ao núcleo que se forma algún cadro con cría nova para que as obreiras desen-volvan celas reais de salvamento ao sentírense orfas. Como xa se comentou anteriormente, este tipo de nais non son as de mellores características biolóxicas.

División simple: dunha colonia facer dúas

Sen ver a nai. Método básico

Repártese o contido da colmea en dúas partes máis ou menos iguais. Non é un sistema moi be-neficioso, a non ser que o apicultor unicamente dispoña dunha ou dúas colonias de partida. Como non se sabe en que parte está a mestra, prestarase atención a que as dúas particións dispoñan de larvas o máis noviñas posible.

Para favorecer a calidade biolóxica das mestras que se producirán é importante preocuparse de agrandar as paredes dunhas cantas celiñas que conteñen esas larvas máis novas. Deste modo as futuras nais terán un corpo máis voluminoso.

Tendo en conta que as abellas apañadoras ou colleiteirasteñen gran memoria para recordar o lugar exacto da localización da súa colmea, se no lugar do seu fogar colocamos unha colmea dife-rente, entrarán nela. Isto é o que se chama «cambio de voo», e constitúe unha técnica de manexo que pode ser útil para a formación de novos enxames.

Unha vez realizada a división e colocadas as dúas metades nas colmeas, repártese o voo das abellas apañadoras retirando a colmea antiga e situando as dúas novas nese mesmo empraza-mento.

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

50

División simple sen ver a nai. Método básico

No caso de que se consiga localizar a nai, faise igualmente unha división da colonia pero non a partes iguais, senón deixando máis potente a que queda con mestra. Ademais colocarase a mes-tra na parte que queda máis preto do antigo emprazamento, para que non perda moitas abellas apañadoras de fóra e así garantir mellor a colleita. Loxicamente a esta parte non lle cómpre levar larvas pois xa ten a nai presente.

Sen ver a nai. Usando alza e excluídor para non retirar a mestra

É un sistema apropiado para os que teñan dificultades en localizar mestras. Fanse dúas metades, deixando unha na colmea de partida e colocando a outra nunha alza baleira situada por riba, cun excluidor de abellas mestras no medio.

Comézase o traballo situando a alza ao costado da colmea e colocando dentro os cinco cadros que interesen, collidos do niño de cría. Estes cadros levarán cría operculada, algo de cría aberta e alimento, irán sen abellas.

É importante comprobar que van algunhas larvas novas (de doce horas) polo centro dos cadros que leven cría aberta. Para facilitar a formación de celas reais, en parte destas celiñas agrándanse as paredes, por exemplo cun bolígrafo ou cunha ferramenta.

División simple sen ver a nai. Usando excluidor

Seguidamente ponse o excluidor por riba do niño de cría e sobre el a alza cos cadros baleiros. Des-pois dunha ou dúas horas de feita esta operación, unha boa cantidade de abellas (sen que estea a

División simple sen ver a nai. Método básico

División simple sen ver a nai. Usando excluidor

51

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

nai entre elas) terá atravesado o excluidor para cubrir os cadros da alza. Se as obreiras que subi-ron non fosen suficientes pódense subir máis afumando lixeiramente dende a piqueira, golpeando o corpo de cría dende o exterior e abrindo un pouquiño a entretapa ao mesmo tempo.

Cando se considere que a alza está ben poboada de abellas pónselle base e teito e trasládase a un novo emprazamento.

Nestes dous métodos citados terase en conta que, se todo vai ben, aos doce días de feita a división comezarán a nacer as mestras virxes e que ás cinco ou seis semanas haberá que comprobar a posta dunha nova abella nai na colonia creada.

Aqueles abelleiros que teñan habilidade para traballar enxertando celas reais en núcleos orfos poden aproveitar as realeiras sobrantes nestes sistemas de formación de núcleos. Estas celas reais estarán listas para ser manipuladas o día dez despois da división.

MÉTODOS DE REPRODUCIÓN CON CRÍA PREVIA DE MESTRAS

Para estes métodos é moi recomendable utilizar colmeas portanúcleos, preparadas para cinco cadros, pois os enxames recentemente formados son bastante sensibles ás posibles variacións de temperatura que se poden dar nun caixón máis grande, como é unha colmea normal.

Aproveitar a enxamía natural

Na época da enxamía natural revísanse as mellores colo-nias seleccionadas na busca das primeiras celas reais que se formen. Por cada un ou dous cadros con celas reais pódese formar un núcleo.

No centro de cada portanúcleos para encher colócase un ou dous cadros dos que conteñan celas reais, coas abellas que leven incorporadas e vixiando que non vaia a nai. Complétase con cadros de cría, alimento e abellas collidos doutras colmeas do apiario; de cantas máis variadas, mellor.

As caixas con estes novos enxames formados sitúanse arredados de colonias de produción.

Tendo coidado de que as celas reais procedan de colonias de boa calidade xenética, este é un dos mellores sistemas de multiplicación e dos máis seguros.

Cría de mestras + núcleos orfos

Neste sistema de traballo, que é o máis recomendable, faise primeiro unha cría de mestras coa finalidade de obter celas reais operculadas a dous días de nacer (catorce días dende a posta do ovo). Por outra banda, fórmanse núcleos orfos vinte e catro horas antes da introdución destas realeiras. Finalmente xúntanse celas reais e núcleo orfo para formar unha nova colonia.

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

52

MÉTODOS PARA OBTER MESTRASDeseguido propóñense varios sistemas para que cada apicultor poida adaptalos ao seu nivel de ex-periencia, así segundo o tipo de material co que se vai traballar pódense clasificar en:

• Método básico: manipular celas reais• Método medio: manipular cadros de cría• Método avanzado: manipular larvas

Manipular celas reais

O obxectivo é conseguir celas reais opercula-das para introducilas en núcleos orfos. Sempre será máis recomendable desenvolver os siste-mas que supoñan presenza de nai durante o proceso pois así obteranse nais de enxamía, de mellor calidade.

Introducir larvas

O máis elemental, pero non o mellor, é forzar a construción de celas reais de salvamento nunha colonia na que non haxa presenza da nai.

Neste caso, as obreiras en ausencia de mestra farán todo o posible por ter outra. Cando un enxame queda orfo as abellas tardan ó redor de seis a doce horas en darse conta da súa orfandade e saber que xa non teñen nai presente. Dende este momento comezarán a construír celas reais a partir de larvas de obreira novas.

O manexo do criador limitarase a separar a nai da colonia onde se criarán as celas reais e proporcio-nar un cadro de larviñas seleccionadas, no caso de que xeneticamente non interesen as que estean presentes.

Farase seguimento desta colonia criadora ata uns días despois da operculación das celas reais e nese momento xa se poderá dispoñer delas.

Método básico: manipular celas reais

GOENTE • AS PONTES • A CORUÑAABERTO AO PÚBLICO SÁBADOS E DOMINGOS POLAS TARDES

Durante a semana, visita logo de cita telefónica • Tel: 661 003 616

53

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

Colonia enxameando

Non é un sistema moi elaborado pois consiste basicamente en aproveitar a enxamía dunha colonia xeneticamente interesante e extraer dela algunhas celas reais que se utilizarán nos núcleos orfos.

Aínda que pareza un método simple e oportunista cómpre sinalar que é o máis recomendable para que o pequeno abelleiro dispoña doadamente de mestras de boa calidade. Ten o inconveniente de que hai que acertar nos días nos que as celas reais estean dispoñibles na colonia enxameadora.

Enxamía controlada

Este sistema é parecido ao anterior e conta coas súas vantaxes, aínda que presenta o inconveniente engadido de que require máis traballo de manipulación.

Pártese dunha colonia seleccionada, ao inicio da primavera, antes da enxamía. O apicultor ma-nexaraa facendo o contrario do que é habitual, forzando a que desenvolva o instinto de enxamía e constrúa celas reais. Deste xeito introducirá periodicamente cadros de cría operculada dende outras colonias, fará continua alimentación líquida estimulante, non colocará alzas…

Método múltiple

É un método reservado para os apicultores con máis alto nivel de experiencia. Ademais de conseguir unha nova mestra logramos tamén outros obxectivos: renovar a nai vella, evitar a inminente enxamía natural e aumentar a cantidade de abellas apañadoras.É óptimo para as colonias seleccionadas que o abelleiro atope en estado de enxamía, con celas reais comezando a formarse.

Consiste en situar por riba da primeira alza unha soleira separadora e unha nova alza. A soleira faise con un excluidor de mestras e un bastidor perimetral no que se deixa unha abertura que fará de piqueira (entrada de abellas). Esta piqueira situarase preferen-temente oposta á piqueira inferior.

Nesta segunda alza sitúanse varios cadros de cría con realeiras, dende o niño inferior e coas abellas nutrices que os cubran.

Pódese subir toda a cría que supere os tres-catro cadros. Tamén pode introducirse cría doutras co-lonias. É recomendable que no niño inferior non queden celas reais.

A evolución buscada é que a colonia, coa retirada das realeiras e boa parte do niño, abandone a idea de enxamear, proseguindo o seu traballo de apañar alimento fóra da colmea. Mentres no niño su-perior as celas reais darán lugar a unha nova mestra e un novo enxame. Ademais como segue dán-dose o intercambio de abellas durante todo o proceso, no momento en que a mestra superior estea fecundada e comece a postura, pódese eliminar a mestra vella e unificar toda a colonia retirando a soleira separadora.

Método múltiple

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

54

Manipular cadros de cría

Este tipo de métodos están indicados para os que queiran iniciarse na crianza de abellas nais máis profesionalizada. Pártese dun cadro con larvas noviñas e cera nova, máis manexable que a vella. Logo segundo o sistema prepárase o cadro, de varios xeitos distintos, para obter celas reais.

Iníciase o manexo acudindo a unha colonia potente e retirando nun portanúcleos (colmea de cinco cadros) un núcleo orfo formado con catro cadros de alimento e abellas nutrices como para cubrir axeitadamente cinco cadros. Déixase baleiro o oco para un cadro e péchase trasladándoo a un lugar escuro e fresco, preferentemente dalgunha construción próxima. Este núcleo denomínase iniciador.

Tras unhas dez-doce horas de reclusión, ábrese o portanúcleos para situar no centro o cadro de lar-vas que se prepara seguindo cada un dos sistemas expostos deseguido e logo continúase a reclusión vinte e catro horas máis.

Pasado este tempo devólvese o iniciador á colmea do que se retirou, situándoo no centro da primeira alza. Aos dez días de reincorporar o núcleo xa haberá celas reais operculadas a disposición.

Raspadura

Ráspase o cadro coa espátula deixando calvas sen celiñas xusto por baixo das larviñas que máis nos interesen pola súa idade.

Na parte superior de cada zona raspada escóllense un par de celiñas con boas larvas e destrúense o resto desfacéndoas coa punta dun coitelo. Rematada esta manipulación o cadro métese xa no ini-ciador.

Método Miller

Neste método fanse cortes en serra buscando as zonas de máis larvas novas. Posteriormente destrúense as celas que non interesen raspan-do cun coitelo e pásase o cadro ao iniciador para que inicie a construción de celas reais.

Técnica do raspado

Cortes do método Miller

55

Método Alley

Este sistema é dos máis recomendables polos bos resultados que se acadan. Pártese dun cadro con larviñas seleccionadas no que se cortan 2 tiras lonxitudinais de 3 celiñas de ancho.

Estas tiras cortadas xíranse 90º e suxéitanse, con arame, aos listóns superior e inferior dun basti-dor de cadro de media alza. Logo destrúense as celiñas sobrantes deixando unicamente unha cada polgada, co que quedarán sobre unha ducia de celas por listón e xa é o momento de introducir este cadro no iniciador.

MANIPULAR LARVAS

A manipulación de larvas corresponde aos sistemas actualmente máis avanzados nas técnicas de cría. Aínda que periodicamente aparecen propostas de sistemas alternativos, o máis recomendable e utilizado segue a ser o denominado Doolittle ou de transvase de larvas. É o método dos criadores profesionais.

Aquí tamén, igual que no caso da manipulación do cadro de cría, recórrese á axuda dun iniciador, que iniciará a construción das celas reais.

Método Alley. Tira de celiñas Método Alley. Tiras suxeitas Trasvase de larvas. Sistema Doolittle

Neste iniciador, tras o primeiro período de reclusión para que as obreiras se sintan orfas, introdúcese un cadro que en lugar de cera leva uns listóns cunhas celas reais preconstruídas. Nelas o criador terá que colocar unha larviña seleccionada facendo un transvase dende un cadro de cría.

Posteriormente faise unha segunda reclusión de vinte e catro horas e xa se pode pasar o cadro coas incipientes celas reais á colonia criadora ata o seu operculado aos dez días.

Núcleos orfos

Formar estes núcleos, tal e como se comentou anteriormente, debería de ser a segunda parte do traballo de reprodución. Os posibles métodos son moitos e variados e todos poden funcionar correc-tamente nunhas circunstancias específicas, porén o apicultor deberá ter presentes unhas normas básicas que debe aplicar en todos os casos, intentando no posible copiar sempre a estrutura dunha colonia normal:

• Equilibrio entre abellas de exterior e de interior: apañadoras-nutrices• Presenza de cría operculada, cría aberta e alimento• Adecuar o volume da colmea ao tamaño do enxame para gardar a temperatura• Coidar que haxa abázcaros maduros para a fecundación• Contar con boa climatoloxía para voos de fecundación das mestras virxes

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

APÍCOLA

GONZÁLEZ CARBALLAL

FÁBRICA DECERA LAMINADA

A PREFERIDA POLAS ABELLAS

TODO TIPO DE MATERIAL APÍCOLA

T. 988 25 85 78 • [email protected] nacional 120 - Km 578

32990 Untes - Ourense

57

R E P R O D U C I Ó N D O A P I A R I O

A composición típica destes núcleos podería ser de tres cadros de cría (dous operculados e un aberto) e dous cadros de mel e pole, no caso de contar con néctar no exterior e boas temperaturas nocturnas (máis de 10 ºC). Se o tempo ou a flora da contorna son máis mediocres sería máis conveniente usar dous cadros de cría e tres de mel.

Unha vez que os núcleos funcionen satisfactoriamente, poderán trasladarse a colmeas estándar de dez cadros, engadindo cadros de cría e alimento no caso de que interese.

Tras a formación, como xa se explicou, os núcleos déixanse vinte e catro horas orfos e logo introdú-cense neles as mestras ou celas reais obtidas na cría de nais descrita antes. Recoméndase colocar un mínimo de dúas celas reais por núcleo.

Sistema tres para un

Consiste en facer enxames orfos de cinco cadros: tres de cría e dous de alimento. Mestúranse abellas e cadros de tres colonias diferentes, vixiando que non vaia a nai. Dúas colonias aportan un cadro de ali-mento e un de cría operculada, máis todas as abellas que os cobren. A terceira colonia aporta un cadro de cría aberta con abellas, máis as abellas nutrices que se sacoden dun ou dous cadros de cría.

O núcleo trasládase lonxe de colonias potentes de produción. Pasadas vinte e catro horas, cando to-das as obreiras noten a orfandade, achégase unha abella mestra engaiolada ou un par de celas reais operculadas.

Tras cinco-seis semanas da formación contrólase a posta das novas nais. No caso de que falle non intentar recuperalo, é mellor desfacer e formar de novo outro núcleo polo mesmo sistema.

Unha vez que neste novo enxame comeza a posta dunha nova nai, pódese transfor-mar en colonia de produción, pasando os cinco cadros a unha colmea e fortalecen-do con outros cinco cadros de cría, abe-llas e alimento.

Portanúcleos

División múltiple 3 para 1

Feira Nova s/n. Santa María15819 Arzúa. A CoruñaTeléfono e Fax: 981 508 142e-mail: [email protected]

ACTIVIDADES. Atención ao socio 6 horas diarias de 10 a 14 e de 16 a 18 horas pola semana e de 11 a 18 horas os sábados . Revista Abelleira. Xestión do Plan apícola. Viaxes e visitas técnicas. Cursos de apicultura. Xornadas técnicas. Feiras do mel. Mostra galega de apicultura. Actividades das delegacións. Material e utensilios apícolas. Comercialización do mel e outros servizos por medio da Cooperativa Erica Mel

Nome e apelidos:

Enderezo: C.P.:

Poboación:

Provincia: Tel.:

Nº de colmeas: D.N.I.:

Pagos: xiro postal, talón bancario.Transferencia a AGA, Caixa Galicia -Urbana 7- Santiago. Nº de conta: 2080 0348 18 3000018210

Nome do asociado

Banco ou Caixa

Sucursal Enderezo da sucursal

Nº de conta (os 20 números)

Titular da conta

Sr. Director do Banco ou Caixa: Rógolle que tome nota, ata novo aviso, de cargar na miña conta con esa entidade os recibos que ao meu nome sexan presentados para cobro pola Asociación Galega de Apicultura, AGA SinaturaEnviar á sede de AGA: Feira Nova s/n. Santa María. 15819 Arzúa. A Coruña Telf. e Fax: 981 508 142

Feira Nova s/n. Santa María15819 Arzúa. A CoruñaTeléfono e Fax: 981 508 142e-mail: [email protected]

ACTIVIDADES. Atención ao socio 6 horas diarias de 10 a 14 e de 16 a 18 horas pola semana e de 11 a 18 horas os sábados . Revista Abelleira. Xestión do Plan apícola. Viaxes e visitas técnicas. Cursos de apicultura. Xornadas técnicas. Feiras do mel. Mostra galega de apicultura. Actividades das delegacións. Material e utensilios apícolas. Comercialización do mel e outros servizos por medio da Cooperativa Erica Mel

Nome e apelidos:

Enderezo: C.P.:

Poboación:

Provincia: Tel.:

Nº de colmeas: D.N.I.:

Pagos: xiro postal, talón bancario.Transferencia a AGA, Caixa Galicia -Urbana 7- Santiago. Nº de conta: 2080 0348 18 3000018210

Nome do asociado

Banco ou Caixa

Sucursal Enderezo da sucursal

Nº de conta (os 20 números)

Titular da conta

Sr. Director do Banco ou Caixa: Rógolle que tome nota, ata novo aviso, de cargar na miña conta con esa entidade os recibos que ao meu nome sexan presentados para cobro pola Asociación Galega de Apicultura, AGA SinaturaEnviar á sede de AGA: Feira Nova s/n. Santa María. 15819 Arzúa. A Coruña Telf. e Fax: 981 508 142

Panal de anuncios

Vendo• 15 colmeas con abellas

• Extractor 18 cadros 1/2 alza• Caldeira aceiro inox. fundir cera

• Capital social da cooperativa

Mª Blanca Muradás Barros608 98 99 06

Vendo100-150 COLMEAS

CON DEREITO A COLMEAROU SEN EL

José Antonio Castro988 420 337

VendoNÚCLEOS CON

5 CADROS

Uxío616 318 195

VendoMEL A GRANEL E

POLE DO PAÍS

Benigno Basteiro988 304 587

VendoCOLMEAS

POBOADAS

Manuel Ferreiro988 324 021

VendoPOLE GALEGO

PACO689 557 057

REVISTA DE APICULTURAAusiás Marc, 25-1º08010 Barcelona

93 318 20 82

FABRICANTE DE COLMEAS E OUTROS SERVICIOS AOS

APICULTORESFontao - Abellá

981 68 15 2115686 FRADES

VendoColmeas, enxamios

e raíñas

Alberto Juan Posada685 900 486 988 485 130

Vendo80 COLMEAS CON

ABELLAS

Antonio Silveiro982 580 316

VendoCOLMEAS CON

ABELLAS DO PAÍS

Manuel Rey686 785 474

VendoABELLAS DO PAÍS

Benito de Crecente667 647 805

Vendo100-150 COLMEAS

CON DEREITO A COLMEAROU SEN EL

José Antonio Castro988 420 337