As sombras dos templarios

14

Transcript of As sombras dos templarios

Page 1: As sombras dos templarios
Page 2: As sombras dos templarios

O mosteiro atópase escuro, alumeado unicamente pola luz

das longas candeas do altar, onde as fermosas figuras de

cera mostran rostros tesos e inanimados. Un cura está de

xeonllos diante da pía bautismal, rezando en voz alta,

suando, pasando rapidamente as follas dun libro antigo

mentres as súas mans tremen sen control. Nun intre, un

soprido de aire xélido penetra no interior da sala. O lume

desaparece, apágase, facendo que a néboa e a negrura da

noite se fagan cargo de ocultar o lugar. O cura comeza a

rezar latín en voz alta con todas as súas forzas. Escoita

como o seu corazón latexa… latexa depresa… sen pausa.

Óense unhas pisadas… cesan. Un berro inunda a calma da

noite, o cura morreu.

Todos os noticiarios e medios comunicativos da comarca

falaban do mesmo. Dende que o corpo do cura Don Arameo

aparecera na capela do mosteiro de Santa Catalina ninguén

permitía o paso á escena do crime, polo tanto, os

periodistas afogaban a preguntas aos detectives e

encargados do caso. A antiga construción de pedra estaba

rodeada por cinta policial e vallas metálicas, á vez que

vixiada as vinte catro horas do día. Unha marea de persoas

de todo tipo aglomerábase aos arredores do lugar,

esperando a oportunidade de burlar a seguridade e

infiltrarse no antro, mais era imposible conseguilo.

AS SOMBRAS DOS TEMPLARIOS

Page 3: As sombras dos templarios

De entre semellante multitude, un coche de cor negro fíxose

camiño pouco a pouco, ata chegar definitivamente ata a

entrada do mosteiro. Alí, un grupo de axentes esperaban

instrucións. O auto detívose e del saíu un home vestido

cunha gabardina marrón, coa mirada seria e as mans

metidas nos petos.

-¿Podo saír, papá?- Preguntou unha voz feminina dende o

interior do medio de transporte.

-Non, mellor queda dentro.- ordenou o detective.

-Porfa…- insiste ela.

-Non.- é a última palabra do pai antes de afastarse do

vehículo.

Ela desobedece e do interior do transporte sae unha

rapariga nova, duns catorce anos de idade, cos cabelos

longos e castaños. A rapaza odia que a deixen de lado,

sobre todo se é un caso deste tipo, dos que só ela e uns

poucos máis poden resolver. Ocúltase da mirada do seu pai

e avanza lentamente ao interior do edificio, pasando

desapercibida entre os gardas, pois é o bo de ser a filla do

mellor detective da zona. De forma imprevista, tópase co

xefe de policía: o señor Celestino. É un home novo, alto e

corpulento, pero con expresión amable e pintoresca,

incapaz de facerlle o mínimo dano a unha mosca.

-Deus santo, Tabria, vaia estirón que pegaches nos dous

meses que non te vexo!- saúda o bonachón.

Page 4: As sombras dos templarios

-Grazas, Cel…, por certo, sabes algo sobre este caso?-

Tabria sabe que sempre lle pode sacar información a

Celestino, debido a que é demasiado bo como para darse

de conta das intencións da moza.

-Non sei moito, a verdade… Don Arameo apareceu morto

esta mañá e punto. Non se sabe máis.- contestou o home.

-E non hai probas, nin testigos?- pregunta a rapariga,

atacando de novo.

-Non. O bar xa cerrara no momento do acto e os gardas

tiñan a noite libre, só estaba Don Arameo. A área do

asasinato está limpa, sen proba algunha, tanto visible

coma invisible. Ninguén sabe o que puido pasar durante a

noite.- remata o policía.

-E ninguén tiña problemas nin débedas con el?- volveu

Tabria.

-Arre demo, moito preguntas! Non. De feito, con el só

estaba un rosario, as chaves da súa casa, uns euros nun

dos petos e unha folla en branco. Nada máis. En resumo,

non hai pistas, estamos totalmente en branco.- concluíu

Cel.

-Grazas, Cel, se non che importa, voume. Ata logo.-

despídese a moza.

-Ata logo.- dille Cel, co seu eterno sorriso.

Page 5: As sombras dos templarios

Cada quen segue o seu camiño. Tabria recapacita as

palabras de Cel, aquela folla en branco… ao mellor

podería dicir máis do que todos os presentes eran

conscientes, todos excepto ela. A rapaza, grazas á súa

experiencia nos casos, sabía que o que o resto da xente

consideraba normal, para alguén coma ela non o era.

Parouse na porta da capela, e observou con agudeza a

escena do crime. Todo aparentaba ser inútil para o caso,

sen probas, sen pistas, todo en su sitio, unha mancha de

sangue sobre a pedra, en fronte a pía bautismal… Nada,

nada interesante. A Tabria dáballe a sensación de que

aquilo estivera feito por unha pantasma, pero non, pois

se fose un espectro xa se decatara había moito tempo,

polas seguras marcas de po que deixaría sobre o chan.

Enriba dun banco, cerca do altar, estaban as cousas do

cura, xunto co papel en branco. Tabria mirouno

fixamente, entón, o papel emitiu unha repentina luz

branca que durou uns segundos, pois logo desapareceu,

coma se nunca existise. A moza acababa de atopar a

pista clave do misterio. De súpeto, unha man agarrouna

pola camiseta e deulle a volta. Era o seu pai, que a

miraba de forma seria e enfadada.

-Dixen que esperaras no coche- atacou.

Page 6: As sombras dos templarios

-Sempre fas igual, eu tamén teño dereito a axudar!-

deféndese a moza.

-Esta noite quedarás na túa habitación, castigada. Xa

estou farto de que cada vez que teño un caso entre mans

ti intentes aventurarte nel, coma se de un xogo se

tratase- espetou o detective, á vez que levaba a Tabria

fóra e a metía no vehículo.

Pai e filla viaxaron no auto, mantendo unha intensa pero

breve conversa sobre o costume que tiña Tabria de fisgar

nos casos do seu pai. Ao chegar á casa, Tabria foi enviada

ao seu cuarto.

-Voume. Ás dez quero que xa esteas na cama. Volverei ás

dúas como moi tarde. Adeus- despediuse o home, á vez

que lle daba un bico a súa filla.

-E non fagas toladas na miña ausencia- insistiu antes de

pechar a porta.

A rapariga subiu o máis rápido que puido a súa habitación

e observou como o seu pai se afastaba pouco a pouco a

través da ventá. Pasados os dez minutos, baixou correndo

á entrada e intentou buscar as chaves para irse resolver

o caso, mais deuse de conta de que o seu pai acababa de

levalas con el para impedir que a moza lle volvera

desobedecer. Estaba encerrada. Enfadada, subiu ao seu

cuarto outra vez e mirou para o reloxo.

Page 7: As sombras dos templarios

Eran as nove da noite. Suspirou. Non quería quedar alí,

sen facer nada, sabendo que un misterio que só ela

podía resolver a estaba esperando. Podería baixar pola

ventá… pero non chegaría ao chan nin facendo unha

corda coas mantas da cama. Estaba demasiado alto. Ao

cabo duns cinco minutos, algo chamou á ventá. Tabria

aproximouse lentamente, con cautela, ata asomar a

cabeza por ela. Ao facelo, viu unha figura moi familiar,

enganchada á enredadeira que subía pola fachada da

casa. Un raparigo da mesma idade ca ela, ou incluso un

pouco máis novo, co pelo alborotado e vestido cunha

camisa a cadros e un pantalón vaqueiro sorríalle dende o

seu punto de escalada.

-Mito! Menos mal que vos destes de conta!- alegrouse a

rapaza.

-Home, o raro sería que non nos déramos de conta. Non

podes pasear pola rúa sen que alguén o comente.-

contestou o mozo.

-E os demais, a onde van?- preguntou Tabria.

-Phiro mandoume unha mensaxe, eles xa están na saída

de Ares dende hai moito. Parecíalles raro que non

apareceras, por iso avisáronme de que viñera por ti.-

contestou el.

-Vale, pois vamos alá. Déixame coller os meus utensilios

e vou.- dixo ela.

Page 8: As sombras dos templarios

Tabria puxo un cinto con diversas cousas colocadas nel e

sentouse na beira da ventá.

-Preparado?- preguntou Tabria.

-Xa sabes que si.- contestou Mito, confiado.

A rapariga saltou e, de forma veloz e instantánea, Mito

colleuna pola camiseta e no aire cunha soa man. Coa

outra man, baixou lentamente a enredadeira, ata chegar

ao chan. Unha vez sobre a herba do xardín, ambos

amigos acudiron ao encontro co resto do grupo, para

resolver así o misterio.

Phiro estaba sentado sobre unha rocha, sacándolle brillo

á folla da súa magnífica espada branca e prateada. Outro

rapaz, duns quince anos de idade, esperaba de pé xunto

ao seu amigo.

-Estás seguro de que enviaches ben a mensaxe?-

pregunta.

-Que si. É que nunca me pasarás por alto a vez que te

deixamos mangado porque non che chegou a mensaxe?-

di Phiro.

-Digamos que cho teño en conta.- respondeu el, á vez

que peiteaba a súa cabeleira rubia coa man.

Polo horizonte, apareceron dúas figuras, que pouco a

pouco foron achegándose ata chegar finalmente ao punto

de encontro.

Page 9: As sombras dos templarios

-Xa estamos todos.- dixo Mito, cansado pola corrida.

-Pois non perdamos máis tempo, debemos de darnos

présa, do contrario poden descubrirnos nas nosas casas.-

insistiu o raparigo de pelo rubio.

-E non podes conxurar algún paganismo dos teus para que

non nos descubran, Lero?- preguntou Phiro.

-Chámase maxia, e non, non podo, porque logo, se a gasto

niso non poderemos viaxar como imos facer agora.-

contestou Lero.

-Deixar de darlle ao pico e vaiamos a onde nos precisan.-

apurou Tabria.

Os rapaces colocáronse en círculo. Lero empezou a ler

unhas palabras latinas do seu libro, cousa que ninguén

entendía. Unha pantalla de luz branca envolveu ao grupo,

que desapareceu nuns instantes.

Un portal abriuse no ceo, sobre as árbores do monte,

cerca do mosteiro. Del caeron catro figuras, que baixaron

de forma brusca ata o chan. Tras golpearse con pólas,

engancharse coas follas e caer en picado, aterrizaron

sobre a alfombra do bosque caduco.

-Xa podías ir mellorando as coordenadas!- quéixase Phiro,

no chan, coas súas armas dispersas no solo.

-Vale… a próxima vez acertarei, seguro.- escúsase Lero.

Page 10: As sombras dos templarios

-Xa, o mesmo dixeches a última vez…- resalta Tabria.

Un gruñido interrompe a conversa.

-Mércores, caeume o colar!- ruxiu a voz de Mito.

De entre as matas de xesta, emerxeu Mito, pero algo

cambiado. Agora era máis peludo que antes, os seus

caninos eran de maior tamaño e lucía unhas grandes e

afiadas poutas nas mans. Tiña a camisa desabotoada e os

pantalóns rotos.

-Non te preocupes, xa o atoparemos logo. Agora a nosa

prioridade é acabar co caso antes de que o pai de Tabria

descubra algún dato importante.- dixo Lero.

Con cautela e coidado, os raparigos dirixíronse ao seu

destino pero, antes de entrar, déronse de conta de que

había demasiada xente como para poder penetrar sen

máis.

-Eu creo que é hora de que Lero traballe.-di Tabria.

O mozo sorrí e pronuncia outro de seus múltiples feitizos.

Esta vez, a maxia actúa para facelos invisibles durante un

tempo breve, pero suficiente como para chegar dentro.

-Lero… e eu que fago?- pregunta Mito.

-Anda, esquecín que a ti a maxia non che afecta, Mito!-

fala Lero.

-Espera aquí. Serás os nosos ollos e oídos fóra do

mosteiro.- di Tabria.

-Canciño guardián…- búrlase Phiro.

Page 11: As sombras dos templarios

Mito grúñelle, pois non lle gusta nada que a xente lle

chame can, cadelo ou canciño… élle incómodo, a pesar

de ser verdade. Acatando as ordes, Mito agarda aos

arredores do mosteiro, esperando algún sinal dos seus

amigos por se precisan a súa axuda. Phiro, Lero e Tabria

penetran no mosteiro, invisibles aos ollos humanos, pero

non aos doutros seres… Nun dos corredoiros do mosteiro,

un pequeno trasno delata a súa posición, facendo algo de

barullo. As súas agudas risas chegan lonxe, debido ao eco

formado polas paredes de pedra. Unha parella de gardas

aproxímase á posición dos mozos. Eles corren para evitar

ser descubertos pero, para a súa desgraza, o feitizo de

Lero gástase e volven a ser visibles.

-Que facemos agora?- pregunta Tabria, angustiada.

-Rápido, Phiro, avisa a Mito!- dille Lero ao seu

compañeiro.

Phiro obedece e emite unha especie de son parecido ao

dun moucho, pero máis forte e entrecortado, para que

Mito o perciba ben.

Mito foza nas follas secas do chan, mentres busca o seu

colar, que para el é moi importante debido a que é o

único obxecto que o pode devolver ao seu estado

humano.

De súpeto, un forte e coñecido son chega ata as súas

orellas de lobo.

Page 12: As sombras dos templarios

Ao darse de conta de que os seus amigos necesitan

axuda, non dubida ni un segundo en actuar. Como unha

bala, quita a camisa e remanga os pantalóns, logo

empeza a correr a catro patas e a ouvear nos arredores

do mosteiro, para chamar así a atención dos policías.

Un ouveo escóitase na noite. Os gardas, sorprendidos,

atenden a chamada dos seus compañeiros para mirar o

que ocorre. Os tres rapaces quedan aliviados, un pouco

máis e son descubertos.

-Ao final non foi tan malo que aquel bicho mordera a

Mito...- agradece Phiro, con xesto de alivio.

Sen perder o tempo, seguen a súa marcha ata chegar á

escena do crime, onde segue estando o papel en branco.

Lero recoñece a folla ao instante. De novo, recita un dos

seus conxuros e un texto escrito a pluma aparece sobre o

papel.

-Trátase dun texto do século XV, dun Libro das Sombras.

Parece que Don Arameo non era só un cura… tamén era

un bruxo.- opina Lero.

-Exacto…- interrompe unha voz tenebrosa, que fala

dende o altar.

Unha gárgola que estaba camuflada entre as imaxes de

cera dáse a descubrir, mostrando o seu corpo pétreo e os

seus ollos como tizóns candentes. Nunha garra leva un

Libro das Sombras.

Page 13: As sombras dos templarios

Phiro colócase en posición de ataque e desenfunda a súa

flamante espada.

-Os Novos Templarios… escoitara fascinantes historias

sobre vós, infalibles, invencibles, poderosos…, pero nunca

pensei que forades uns simples mocosos humanos…-

búrlase a gárgola, con malicia.

-Non somos simples humanos. Ante ti tes a Tabria, a

única detectora de sombras, a Phiro, o mestre das armas

dos templarios e a Lero, o último conxurador da orde

astral.- ameaza Lero.

Unha sombra móvese polo muros exteriores, pero

ninguén a detecta, só Tabria.

-Dáme igual o que sexades, matareivos de todas formas.-

di a gárgola.

-Din que as palabras valen caras… e a ti iso acábache de

custar a vida.-di Tabria.

Das costas da gárgola, Mito abalánzase sobre o monstro,

despois de ter entrado por unha das vidreiras. Dunha

mordida no pescozo, a gárgola morre no acto,

transformándose en po de cinza.

-Acábasme de roubar o meu momento.- di Phiro,

gardando a espada.

-Xa… Agora xa rematou todo.-opina Mito.

Page 14: As sombras dos templarios

-O libro será custodiado por min, e o asasinato

encubrirémolo coma se fose un suicidio. Gastarei o meu

último feitizo de hoxe en facer aparecer unha pistola coas

marcas dactilares de Arameo, para que pareza que foi un

suicidio.- anuncia Lero á vez que proxecta a pistola.

Outro Libro das Sombras, outro segredo que ocultar ao

mundo… Tabria non acaba de crer o que ve cos seus

ollos, como catro rapaces que eran normais puideron

volverse máis ca iso… puideron volverse gardiáns, os

novos Cabaleiros Templarios, que, como os seus

antepasados, loitarán agora e por sempre contra as

ameazas do mundo das sombras, pois isto é só o

principio…