As nubes - MeteoGalicia...As nubes As nubes poden clasificarse de varios xeitos. O máis común é...

1
www.meteoroloxia.org Foto: Altega As nubes As nubes poden clasificarse de varios xeitos. O máis común é pola altura á que están. Pode haber subtipos e, a miúdo, resulta difícil distin- guir unha clase doutra. Os tipos principais de nubes son: Nubes baixas Chegan ata os 2.000 metros. Cúmulos , de base plana e cimas redondeadas en for- ma de coliflor. Algúns fórmanse con bo tempo, pare- cendo algodóns no ceo. Estratos , unha capa horizontal e gris con base uni- forme, a baixa altura. Estratocúmulos , a modo de sobrecama ou edredón gris abrancazado e algodonoso. Nimbostratos , difusa capa baixa, gris peluche, triste e chuviosa. Nubes medias Entre os 2.000 e 6.000 metros. Altocúmulos , rabaño de branquísimos años vistos no val desde a montaña. Ás veces presentan belísi- mas formacións como lousas nacaradas ou averme- lladas, regularmente colocadas no ceo. Altostratos , aspecto de saba gris inmensa que pode estenderse horizontalmente centenares de quilóme- tros. Ao seu través pode verse a luz do sol e da lúa pero nunca o astro. Nubes altas Por riba dos 6.000 m. Cirros , tenues plumas flotantes. Cirrocúmulos, semellan grumos de leite callado, pequenos cordeiros distribuídos polo ceo en forma- cións afastadas. Cirrostratos , esténdense polo ceo cubríndoo dun finísimo veo. Cúmulonimbos Suben ata 10 km ou máis. Nubes de tormenta. Responsables dos temibles pe- drazos, descargas eléctricas e grandes chuvascadas. Temidos na navegación aérea debido ás tremendas correntes verticais ascendentes e descendentes. Lenticular unha nube estacionaria con forma de lente ou améndoa, pode durar moitas horas no mesmo lugar con pequenos cambios de forma. Nubes raras 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Foto: Mick Petroff Morning glory de ata 1.000 km de lonxitude, fórmanse en sitios específicos como o Golfo de Carpentaria (Australia). Poden alcanzar velocidades de desprazamento de 60 km/h. Afeccionados de todo o mundo viaxan ex profeso para observalas. sabías que... Fotos: 1, 4, 5, 6 e 9 - Henrique Neira | 2 e 3 - Meteogalicia | 7 - NOAA/Carol Baldwin 8 - NOAA/Ralph F. Kresge | 10 - Fir0002/Flagstaffotos

Transcript of As nubes - MeteoGalicia...As nubes As nubes poden clasificarse de varios xeitos. O máis común é...

Page 1: As nubes - MeteoGalicia...As nubes As nubes poden clasificarse de varios xeitos. O máis común é pola altura á que están. Pode haber subtipos e, a miúdo, resulta difícil distin-guir

w w w . m e t e o r o l o x i a . o r g

Foto: Altega

As nubesAs nubes poden clasificarse de varios xeitos. O máis común é pola altura á que están. Pode haber subtipos e, a miúdo, resulta difícil distin-guir unha clase doutra. Os tipos principais de nubes son:

Nubes baixasChegan ata os 2.000 metros.

Cúmulos, de base plana e cimas redondeadas en for-ma de coliflor. Algúns fórmanse con bo tempo, pare-cendo algodóns no ceo.

Estratos, unha capa horizontal e gris con base uni-forme, a baixa altura.

Estratocúmulos, a modo de sobrecama ou edredón gris abrancazado e algodonoso.

Nimbostratos, difusa capa baixa, gris peluche, triste e chuviosa.

Nubes mediasEntre os 2.000 e 6.000 metros.

Altocúmulos, rabaño de branquísimos años vistos no val desde a montaña. Ás veces presentan belísi-mas formacións como lousas nacaradas ou averme-lladas, regularmente colocadas no ceo.

Altostratos, aspecto de saba gris inmensa que pode estenderse horizontalmente centenares de quilóme-tros. Ao seu través pode verse a luz do sol e da lúa pero nunca o astro.

Nubes altasPor riba dos 6.000 m.

Cirros, tenues plumas flotantes.

Cirrocúmulos, semellan grumos de leite callado, pequenos cordeiros distribuídos polo ceo en forma-cións afastadas.

Cirrostratos, esténdense polo ceo cubríndoo dun finísimo veo.

Cúmulonimbos Suben ata 10 km ou máis.

Nubes de tormenta. Responsables dos temibles pe-drazos, descargas eléctricas e grandes chuvascadas. Temidos na navegación aérea debido ás tremendas correntes verticais ascendentes e descendentes.

Lenticularunha nube estacionaria con

forma de lente ou améndoa, pode durar moitas horas no mesmo lugar con pequenos

cambios de forma.

Nubes raras

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

Foto: Mick Petroff

Morning gloryde ata 1.000 km de

lonxitude, fórmanse en sitios específicos como o Golfo de

Carpentaria (Australia). Poden alcanzar velocidades de

desprazamento de 60 km/h. Afeccionados de todo o

mundo viaxan ex profeso para observalas.

sabías que...

Fotos:1, 4, 5, 6 e 9 - Henrique Neira | 2 e 3 - Meteogalicia | 7 - NOAA/Carol Baldwin8 - NOAA/Ralph F. Kresge | 10 - Fir0002/Flagstaffotos