AS MIL E UNHA IMAXES · 2020-01-03 · AS MIL E UNHA IMAXES Qué mellor que unha exposición de...

5
AS MIL E UNHA IMAXES Qué mellor que unha exposición de fermosos libros para conmemorar a Primavera do Libro! Fermosos non só polas palabras e sentimentos que agochan, senón tamén e sobre, todo polas súas ilustracións, que os converten en pequenas grandes obras de arte gráfico e pictórico. Son libros que non teñen idade, aínda que algúns poidan parecer para nenos. Esperamos que vos sorprendan tanto coma a nós. Libros para saber mais e comprender Historia de las imágenes Ed sm Un bonito e entretido libro para ler e manipular que pasa revista ó mundo das imaxes empezando cos gravados e pinturas rupestres, seguindo por as estampas xaponesas e chegando hasta as imaxes por ordenador. Tamén analiza materiais-soporte utilizados: papel, telas, madeira... STREET ART, Johannes Stahl Completo análise do sempre controvertido arte da rúa: graffittis, murais, perfomances, modas, artistas, controversias e curiosidades (por ex. litografía do XIX que representa a Napoleón debuxando nas paredes cando era alumno da academia militar). Para os interesados no tema é un libro moi útil cun texto ameno, con abundante información e abundantes reproducións (en color). , HARING Alexandra Kolossa , Analiza a vida e obra de Keith Haring que aínda que morreu 31 , , so con años ten unha extensa obra de debuxos murais e . obxectos pintados A pesar da súa xuventude deixou unha obra consolidada pola . crítica e querida polo público de calquera idade belio 20- 23- 27 REVOLUTION EXPERIMENTAL ART DESIGN MAGAZINE Revista de arte e deseño experimental aberta á colaboración de calquera persoa que queira pórse en contacto con eles e contarlles o que fan.: deseño, fotografía, ilustración, páxinas web, cine, perfomance... Para cada número faise unha selección entre todas as obras recibidas.

Transcript of AS MIL E UNHA IMAXES · 2020-01-03 · AS MIL E UNHA IMAXES Qué mellor que unha exposición de...

Page 1: AS MIL E UNHA IMAXES · 2020-01-03 · AS MIL E UNHA IMAXES Qué mellor que unha exposición de fermosos libros para conmemorar a Primavera do Libro! Fermosos non só polas palabras

AS MIL E UNHA IMAXESQué mellor que unha exposición de fermosos libros para conmemorar a Primavera do Libro! Fermosos non só polas palabras e sentimentos que agochan, senón tamén e sobre, todo polas súas ilustracións, que os converten en pequenas grandes obras de arte gráfico e pictórico.Son libros que non teñen idade, aínda que algúns poidan parecer para nenos. Esperamos que vos sorprendan tanto coma a nós.

Libros para saber mais e comprender

Historia de las imágenes Ed sm

Un bonito e entretido libro para ler e manipular que pasa revista ó mundo das imaxes empezando cos gravados e pinturas rupestres, seguindo por as estampas xaponesas e chegando hasta as imaxes por ordenador. Tamén analiza materiais-soporte utilizados: papel, telas, madeira...

STREET ART, Johannes StahlCompleto análise do sempre controvertido arte da rúa: graffittis, murais, perfomances, modas, artistas, controversias e curiosidades (por ex. litografía do XIX que representa a Napoleón debuxando nas paredes cando era alumno da academia militar). Para os interesados no tema é un libro moi útil cun texto ameno, con abundante información e abundantes reproducións (en color).

, HARING Alexandra Kolossa , Analiza a vida e obra de Keith Haring que aínda que morreu

31 , , so con años ten unha extensa obra de debuxos murais e .obxectos pintados

A pesar da súa xuventude deixou unha obra consolidada pola .crítica e querida polo público de calquera idade

belio 20- 23- 27REVOLUTIONEXPERIMENTAL

ART DESIGN

MAGAZINERevista de arte e deseño experimental aberta á colaboración de calquera persoa que queira pórse en contacto con eles e contarlles o que fan.: deseño, fotografía, ilustración, páxinas web, cine, perfomance...Para cada número faise unha selección entre todas as obras recibidas.

Page 2: AS MIL E UNHA IMAXES · 2020-01-03 · AS MIL E UNHA IMAXES Qué mellor que unha exposición de fermosos libros para conmemorar a Primavera do Libro! Fermosos non só polas palabras

Libros para practicar e ser un pouco artista

Quentin BlakcJohn Casidy

Catapulta editores

DIBUJO PARA ARTISTAS aún por descubrirDivertidos e útiles consellos e exercicios prácticos para perder o medo a debuxar e xogar a ser libre debuxando. “ Qué tes dificultades para debuxar ben uns brazos? Non te preocupes,basta con que estean unidos ao corpo. “ Todo elo acompañado de divertidas ilustracións.

Las chicas Pop-up. Aventuras en el país de papelANTJE VON STENN

Premio de Literatura Xuvenil en Alemaña no ano 2000

Divírtete e aprende a facer estupendos pop-up (desplegables). So necesitas a axuda deste bonito libro, pegamento e unhas tesoiras. Os resultados serán sorprendentes

QUIERO pintARTE, Ed SMCrea as túas propias obras de arte ao estilo dos grandes artistas

Ofrece unha breve reseña dos autores elixidos (Chagall, Miró, Cézanne Haring, Gris...ata un total de 26) y logo dáche puntos de partida para os teus debuxos, cada un inspirado nun artista concreto. É un libro moi interesante non só polos traballos que propón, senón tamén porque é unha forma moi orixinal de entender mellor as características de cada pintor.

Energía y fuerza a través de los mandalas,Marion y Werner Kustenmacher

O libro ten duas partes: 1) Breve análise da historia dos mandalas en distintas épocas e culturas: simbolismos e valores artísticos.2) Proposta de Mandalas para pintar: algúns dos máis representativos, acompañados dun texto literario e un análise da súa simboloxía.Para todas as idades

Page 3: AS MIL E UNHA IMAXES · 2020-01-03 · AS MIL E UNHA IMAXES Qué mellor que unha exposición de fermosos libros para conmemorar a Primavera do Libro! Fermosos non só polas palabras

Libros para deleitarse, pasar medo,viaxar, pensar…

Estás na Lúa, Carmén Montalbán-Pilar Millán

Unha obra narrada cunha sensibilidade e cunha sinxeleza exquisitas que se completa con marabillosas ilustracións. Trata dunha nena saharauí que vive coa súa avoa nun poboado do Sáhara A avoa, nun proceso de Alzheimer fulminante, comeza a esquecelo todo.

SMARA, P. Carballeira- Carole HénaffUn neno viaxa co seu pai a Smara, un poboado onde viven refuxiados sharauis. Alí, en medio do deserto escoita, de boca de unha anciá, contos que recollen o modo de vida e as crenzas deste pobo. As ilustracións reflicten o aspecto rústico dos pobos do deserto.

HISTORIAS MÁGICAS DE ORIENTE, Cuentos de IránSelección de tres historias populares orientais publicadas orixinalmente por unha editorial irana, que se caracterizan pola variedade de estilos narrativos. As ilustracións teñen unha gran forza expresiva e resonancias orientais.

MISTY CIRCUS, Sasha el pequeño pierrotVictoria Francés

Mestura de soño, romanticismo e realidade social dickeniana. A autora móvese nun universo cirquense máxico e inxenuo. Personaxes de ollos grandes e melancólicos en tons sepias e grises con cores mais brillantes nos momentos álxidos, recrean un ambiente escuro, triste e cun final esperanzador.

Discurso del oso, Julio Cortázar / Emilio Urberuaga Un oso que habita as tuberías dun edificio va descubrindo a estraña e solitaria vida dos seres humanos. Unha historia encantadora acompañada dunhas bonitas ilustracións. É o primeiro álbum infantil que se publica a partir dun texto de Cortázar, unha composición que o propio autor remitió expresamente a uns nenos en 1952.

El libro negro de los colores, Menena Cottin- Rosana Faría Album ilustrado completamente en negro. Cómo é posible? Porque as ilustracións son texturas, relevos, sensacións. O cor amarelo é suave como as plumas dos pitiños, o vermello ácido como os amorosos e doe como o raspón do xeonllo... Un magnífico libro para nenos que non ven e para todos os que vemos ben cos ollos pero non sempre coa alma

Page 4: AS MIL E UNHA IMAXES · 2020-01-03 · AS MIL E UNHA IMAXES Qué mellor que unha exposición de fermosos libros para conmemorar a Primavera do Libro! Fermosos non só polas palabras

LOS LOBOS DE LA PAREDNEIL GAIMAN-DAVE MCKEAN

Cuento o quizáis banda deseñada, infantil e igualmente interesante para adultos. Unha historia inquietante acompañada dunhas ilustracións moi personais e de grande riqueza de estilos.

EL ÁRBOL ROJOSHAUN TAN

Un fermoso canto ao optimismo por moi mal que pareza que van as cousas. Sempre está aí esa folliña vermella (búscaa en cada imaxe), aínda que as veces pase desapercibida entre o caos, a confusión, a tristura... non hai que perder nunca a esperanza.

CASCANUECES Ed. Andantino Os amantes da música de todas as edades quedarán encantados con este precioso Libro+ CD. O texto, baseado nun conto de E.T.A. Hoffmann e reescrito por Dumas padre, serviu de inspiración para o famoso ballet composto por Tchaikovsky.

Las Aventuras del barón de Munchausen Gottfried A BürgerAdaptación de Eduardo Murias. Ilustraciones de SvetlinLa editorial Vicens Vives, en su colección cucaña, propón unhas magníficas e coidadas adaptacións de clásicos da literatura universal acompañadas na maior parte dos casos de magníficas ilustracións

EL GRAN LIBRO DEL MIEDO, 20+1 Relatos para temblar Ed Parramón Il: Pedro RodríguezSelección de relatos de terror de grandes autores (Maupassant, Poe, Lovecraft...) agrupados en temas (A morte, o mal, a enfermidade e a loucura, o poder da mente) As ilustracións de Pedro Rodríguez, cos seus xogos de luz e sombra, contrastes de cores e expresividade dos rostros, aínda fan mais inquietantes as historias seleccionadas.

M JON J MUTH

Unha novela gráfica baseada na magnífica e inquietante película de Fritz Lang M, o vampiro de Düsseldorf. O estilo fotorrealista das ilustracións recórdanos as, durante un tempo tan de moda, fotonovelas e parécenos que estamos a ver os fotogramas da película de Lang.

LIBRO DE LIBROS, Ed 451editoresUnha antoloxía de textos (de Borges, Cervantes, Clarín, Bradbury...) nos que o libro é o protagonista, ilustrada con grandes pinturas (Klee, Miguel Anxo, Rembrandt...) sobre o mesmo tema. Ofrece información adicional recomendando unha edición da obra seleccionada e autor e ubicación do cadro seleccionado.

Page 5: AS MIL E UNHA IMAXES · 2020-01-03 · AS MIL E UNHA IMAXES Qué mellor que unha exposición de fermosos libros para conmemorar a Primavera do Libro! Fermosos non só polas palabras

Cómo Fracasé en la Vida, Bertrand Santini- Bertrand GatignolUna crítica ferozmente sarcástica ao sistema de valores da nosa deshumanizada sociedade actual. Non se pode dicir máis con menos palabras. É moi curiosa e dota de moita forza á historia a antítese que se buscou entre o que se di e a imaxe. Cando a imaxe é negativa o texto é positivo e ao revés: unha metáfora feliz para mostrar as incongruencias do mundo en que vivimos.

Galicia SONETOS Y OTROS POEMAS, EVARISTO RIBERA CHEVREMONTSelección de sonetos dedicados a Galicia deste poeta portorriqueño descendente de galegos. A edición acompáñase de reproduccións de cadros de González Lagares

CUADERNO DE VIAJE, CRAIG THOMSONCaderno de notas da viaxe que realiza o autor en 2004 por Europa e Marrocos. O autor non utiliza cámara fotográfica senón que realiza debuxos (desde bocexos a auténticas postais con todo luxo de detalles. Os debuxos aparecen comentados, así que coñecemos tamén as impresións e sensacións do autor. Realmente estamos ante un libro de viaxes ilustrado.

ANIMALARIO UNIVERSAL DEL PROFESOR REVILLODJavier Sáez Castán- Miguel Murugarren

Un libro divertido que juega con los lectores proponiéndole la creación de animales fabulosos combinando animales conocidos. La estética de ilustraciones, presentación y texto imitan la de los viejos grabados y dibujos realizados por los naturalistas del siglo XIX, pero si se observan con detenimiento se distinguen pequeñas notas de humor en muchos de los dibujos (por ejemplo las botellas de leche sobre las que descansa la vaca)