As Civilizacións Fluviai Resumen Bueno

6
TEMA 9 A PREHISTORIA A QUE CHAMAMOS PREHISTORIA? A Prehistoria é a primeira etapa da Humanidade. Comezou fai uns cinco millóns de anos coa aparición do primeiro ser humanos e finalizou fai uns 3500 anos cando as persoas inventaron a escritura. Carac- terízase porque das fontes das que dispón o historiador, ningunha é escrita . A Prehistoria é a etapa máis longa da Historia, pois fóra dos últimos 7000 anos, o resto do tempo fai referencia á Prehistoria e divídese á súa vez en tres etapas : 1. Paleolítico : vivían da Caza e a recolección 2. Neolítico : descubriron a agricultura e a gandería. Fixéronse sedentarios 3. A Idade dos metáis : aprenderon a usar os metáis O ESTUDO DA PREHISTORIA Ao non existir documentos escritos, é moi difícil estudar a Prehistoria. As persoas encargadas do seu estudo chámanse arqueólogos. Estes personaxes buscan, desenterran e estudan os restos materiais desta época. Estes restos aparecen en lugares denominados xacementos. Ao non haber textos, ade- mais de centrarse en estudar os obxectos que nos quedaron, analizan os fósiles, que son ósos petri- ficados dos nosos antepasados. Quedan moi poucos fósiles. O PROCESO DE HOMINIZACIÓN Os primeiros seres humanos apareceron en África fai 5 millóns de anos. Aos poucos foron cambiando a súa forma ata chegar a ser como o home de hoxe. A esta evolución coñéceselle como o proceso de hominización. CARACTERÍSTICAS DA HOMINIZACIÓN : - Marcha bípeda: ao camiñar sobre os pés liberan as mans que as usan para coller obxectos - Dedo pulgar oponible : grazas a isto poden realizar ferramentas - Crecemento do cerebro : pensan e son capaces de falar - Cambios no tamaño da cara. EVOLUCIÓN DO SER HUMANO 1. Ardipithecus (fai 4,4 millóns de anos) : está considerado como o antepasado común máis antigo, alimentábase principalmente de vexetais, era bípedo 2. Australopithecus (desde fai 4 millóns de anos ata 1 millón de anos) : Era bípedo, contaba cun cerebro aínda pequeno. 3. homo habilis (fai 2,5 millóns de anos) : apareceu convivindo con algúns Australopithecus, foi capaz de elaborar as súas primeiras ferramentas. 4. homo Erectus (fai 1,8 millóns de anos) : Foi a primeira especie en saír de África, comunicábase mediante unha linguaxe sinxela e descubriu o uso do lume 5. homo de Neandertal (fai uns 150.000 anos) : Parecíase bastante a nós aínda que era máis baixo e máis robusto, foi o primeiro en enterrar aos seus mortos

description

sociales 1º eso

Transcript of As Civilizacións Fluviai Resumen Bueno

Page 1: As Civilizacións Fluviai Resumen Bueno

TEMA 9 A PREHISTORIAA QUE CHAMAMOS PREHISTORIA?

A Prehistoria é a primeira etapa da Humanidade. Comezou fai uns cinco millóns de anos coa aparición do primeiro ser humanos e finalizou fai uns 3500 anos cando as persoas inventaron a escritura. Carac- terízase porque das fontes das que dispón o historiador, ningunha é escrita . A Prehistoria é a etapa máis longa da Historia, pois fóra dos últimos 7000 anos, o resto do tempo fai referencia á Prehistoria e divídese á súa vez en tres etapas : 1. Paleolítico : vivían da Caza e a recolección 2. Neolítico : descubriron a agricultura e a gandería. Fixéronse sedentarios 3. A Idade dos metáis : aprenderon a usar os metáisO ESTUDO DA PREHISTORIAAo non existir documentos escritos, é moi difícil estudar a Prehistoria. As persoas encargadas do seu estudo chámanse arqueólogos. Estes personaxes buscan, desenterran e estudan os restos materiais desta época. Estes restos aparecen en lugares denominados xacementos. Ao non haber textos, ade- mais de centrarse en estudar os obxectos que nos quedaron, analizan os fósiles, que son ósos petri- ficados dos nosos antepasados. Quedan moi poucos fósiles.

O PROCESO DE HOMINIZACIÓNOs primeiros seres humanos apareceron en África fai 5 millóns de anos. Aos poucos foron cambiando a súa forma ata chegar a ser como o home de hoxe. A esta evolución coñéceselle como o proceso de hominización. CARACTERÍSTICAS DA HOMINIZACIÓN : - Marcha bípeda: ao camiñar sobre os pés liberan as mans que as usan para coller obxectos - Dedo pulgar oponible : grazas a isto poden realizar ferramentas - Crecemento do cerebro : pensan e son capaces de falar - Cambios no tamaño da cara.

EVOLUCIÓN DO SER HUMANO1. Ardipithecus (fai 4,4 millóns de anos) : está considerado como o antepasado común máis antigo,alimentábase principalmente de vexetais, era bípedo2. Australopithecus (desde fai 4 millóns de anos ata 1 millón de anos) : Era bípedo, contaba cun cerebro aínda pequeno.3. homo habilis (fai 2,5 millóns de anos) : apareceu convivindo con algúns Australopithecus, foi capaz de elaborar as súas primeiras ferramentas.4. homo Erectus (fai 1,8 millóns de anos) : Foi a primeira especie en saír de África, comunicábase mediante unha linguaxe sinxela e descubriu o uso do lume5. homo de Neandertal (fai uns 150.000 anos) : Parecíase bastante a nós aínda que era máis baixo e máis robusto, foi o primeiro en enterrar aos seus mortos6. homo Sapiens (fai uns 175.000 anos) : Son os primeiros da nosa especie, inventou moitas ferra- mentas diferentes, desenvolveu a linguaxe, inventou a arte.

A VIDA NO PALEOLÍTICOO paleolítico transcorreu desde a aparición do ser humano fai 5 millóns de anos ata a invención da agricultura e a gandería hai 11000 anos. Vivían da caza, da pesca e da recolección. A VIDA NÓMADE : Eran nómades, polo que non vivían nun lugar fixo, ían aqueles lugares nos que hai alimento. Viven preto de lagos e ríos. Viven ao aire libre, constrúen chozas. Algúns grupos vivían en covas. A TRIBU : As persoas do paleolítico vivían en tribos duns 20-40 membros. Se estas persoas pertencen a unha mesma familia denomínase clan. Estes membros da tribo protéxense uns a outros. Os anciáns, que eran os que máis experiencia teñen, eran os dirixentes das tribos. En ocasións pelexábanse entre

Page 2: As Civilizacións Fluviai Resumen Bueno

eles mesmos.A CAZA E A RECOLECCIÓN : Normalmente eran cazadores de pequenos animais. Só dedicábanse a cazar grandes animais que estivesen atrapados ou aos que eles retiveran ao crear trampas.Tamén eran carroñeros, é dicir, collen animais que están xa mortos. A pesca apareceu hai 70000 anos. Usaban arpóns e trampas.PRIMEIRAS FERRAMENTAS, A VESTIMENTA E O FOGO : A palabra paleolítico significa pedra antiga e fai referencia a que os homes desta época fabricaron as súas ferramentas de pedra. Para facer esta ferramentas golpeaban as pedras unhas con outras. Tamén usaban os ósos e a madeira. Un feito importante foi o descubrimento do lume, xa que se quentaban, escorrentaban aos animais, cocían os alimentos. Ao principio só controlaban o lume, logo aprenderon a acendelo.AS PRIMEIRAS CRENZAS : Os nosos antepasados crían na existencia de numerosos espíritos que os axudaban para cazar. Levaban a cabo ritos para conseguir o seu favor. As persoas do Paleolítico enter- raban aos seus mortos (o primeiro homo en facelos foi o de Neandertal). A ARTE RUPESTRE : As primeiras representacións artísticas da Historia da humanidade naceron durante o paleolítico. Coñecidas baixo o nome de arte rupestre realizábanse nas paredes e teitos das covas. Na maioría dos casos pintaban animais que pretendían cazar (Mamuts, bisontes). As pinturas rupestres máis destacadas atopámolas na cova de Altamira en Cantabria e en Lascaux en Francia. Os animais representábanse de forma individual, non forman escenas e eran moi realistas. As cores, realizados con ferro, sangue, carbón, aplicábano coas mans ou pinceis feitos con pelo de animais. Algunhas veces, buscando que as figuras tivesen relevo, facíanas en saíntes das rocas.O home prehistórico realizou outras obras, como as Venu, Pequenas esculturas feitas de marfil, pedra ou óso. Representaban a mulleres con formas moi voluminosas. Crese que están relacionadas co culto á fecundidade.

A REVOLUCIÓN NEOLÍTICAHai 13000 anos produciuse un progresivo aumento da temperatura da terra. Os xeos se replegaron cara aos polos. A fauna viuse obrigada a emigrar cara a outros lugares. Os humanos, ante a fuxida dos animais comezaron a atrapalos para asegurarse a obtención de carne e leite. Naceu así a gandería. Case ao mesmo tempo naceu a agricultura, xa que observaron que algunhas sementes florecían ao deixalas caer no chan. A aparición de agricultura e gandería foi un cambio fundamental na historia da Humanidade. O home fíxose sedentario e comezou a vivir en aldeas e en lugares fixos. Isto coñécese baixo o nome de Revolución neolítica. A VIDA NO NEOLÓTICO : As aldeas situábanse preto dos ríos. Facíalles falta auga para eles, plantar e dar de beber aos animais. Comezou a utilizarse a pedra puída para fabricar as ferra- mentas. Empezáronse a fabricar tecidos. Inventouse a cerámica para almacenar o gran que obtiñan das colleitas

A IDADE DOS METAISFai uns 7000 anos apareceron os primeiros instrumentos de metal. Por iso a esta época coñéceselle como idade dos metáis. O primeiro metal utilizado foi o cobre, aínda que non era moi resistente. Logo usaron o cobre e o ferro. Esta idade coñécese tamén como a época dos inventos : A) Inventouse a roda que mellorou os transportes B) A vela, que permitiu aos barcos aproveitar a forza do vento C) o arado fixo posible labrar máis extensión de terreo D) inventaron novos sistemas de regadío e construíron canles

Page 3: As Civilizacións Fluviai Resumen Bueno

TEMA 10 LAS CIVILIZACIONES FLUVIALES.A APARICIÓN DA ESCRITURA.

A escritura apareceu fai uns 5.000 anos, este feito é transcendental para o desenvolvemento das civilizacións. A partir deste momento comezamos o estudo da Historia. Apareceu para lembrar os datos importantes da cidades. Escritura cuneiforme (Mesopotamía) e xeroglífica (Egipto).

DAS CIDADES AOS IMPERIOS.O paso das cidades a imperios debeuse a 3 causas : - Os reis foron aumentando os seus territorios - Nalgúns casos pactaron con pobos veciños, para ter mais forza - Noutras ocasións aumenta- ron a súa poder mediante a guerra.As primeiras civilizacións desenvólvense en Mesopotamia, Exipto, India e China fai uns 5.000 anos. Reciben o nome de civilizacións fluviais, porque están preto de grandes ríos. Todas estas civiliza- cións tiñan 3 características común : - O poder político era forte e centrar no rei - A poboación es- taba moi jerarquizada, é dicir, estaba dividida en dous grupos : minoría de privilexiados e maio- ría sometida - Construíanse grandes obras como canles, palacios, templos e tumbas.

A HISTORIA DE MESOPOTAMIAMesopotamia é unha zona crave para o comercio entre o mar Mediterráneo, Asia Menor e Siria. DIVÍDESE EN DÚAS ZONAS :- Alta Mesopotamia (Asiria) : situada ao norte. Habitada por asirios.- Baixa Mesopotamia (Caldea) : situada ao sur e habitada por sumerios e acadios. A POBOACIÓN MESOPOTÁMICA Os grupos privilexiados constituían unha minoría da poboación. Estaban constituídos por :- A aristocracia : formada polo rei, a súa familia e a nobreza- Os sacerdotes : encargados dos rituais relixiosos.- Os funcionarios : destacaban os escríbas (tiñan moito poder pois sabían ler, escribir e contar).Os non privilexiados constituían a maioría da poboación e podían ser libres ou escravos sen dereitosAs mulleres eran propiedade dos homes, se traballaban cobraban a metade.A CULTURA MESOPOTÁMICA A RELIXIÓN : os mesopotámicos eran politeístas (crían en varios deuses) e representábanos como persoas. Por exemplo, Enlil (deus dos ventos), Ishtar (deusa da guerra, o amor e a fecundidade). Non crían na vida despois da morte.A ARTE : os mesopotámicos inventaron o arco e a bóveda.Os edificios máis importantes foron o palacio e o templo. Preto destes ou no seu interior construíanse zigurats (pirámides graduadas que servían como lugar de culto, observatorio astronómico)A ESCULTURA : Pequenas estatuas e relevos.

EXIPTO : O NILO Hai máis de 5.000 anos xunto ao río Nilo, xurdiu unha das civilizacións máis importantes da Historia, o antigo Exipto. A poboación concentrábase ás beiras do río Nilo nunha estreita franxa á que eles deno- minaban terras negras porque as augas do río deixaban alí un barro moi fértil no que eles sementa- ban. Máis aló estendíanse as terras vermellas, é dicir, o deserto onde apenas vivían animais nin plan- tas, só pequenas tribos e algúns campesiños. Este territorio tamén servía para a defensa de invasións dos países veciños.AS CRECIDAS DO NILOO río Nilo atravesa Exipto, as súas augas : - abastecían ás persoas - era unha vía de comunicación- regaba os campos de cultivo - construíron diques e canles.A vida dos exipcios estaba regulada polo ritmo das augas do río. Cada ano, de xuño a setembro, o río desbordábase e alagaba as beiras e cando as augas retirábanse era a época de sementar. A crecida

Page 4: As Civilizacións Fluviai Resumen Bueno

do Nilo eran fundamental, xa que se se atrasaba ou non se producía as terras eran estériles e producí- anse grandes fames negras. O río Nilo era tan importante para eles que mesmo tiñan un deus, Hapi, que o representaba.A TERRA DO FARAÓNA historia de Exipto comezou no ano 3.000 a.C aproximadamente (momento no que o rei Menes unificou todos os territorios que estaban xunto ao Nilo) e finalizou no 31 a.C (conquista de Exipto polos romanos). Exipto quedou gobernado pola figura do faraón (rei que concentraba todos os poderes, ditaba leis, gobernaba o país, controlaba o comercio e que era considerado como un deus). Na historia de Exipto, destacaron faraóns como Tutankamón, Ramsés IA SOCIEDADE EXIPCIAPRIVILEXIADOS (minoría da poboación que concentraba o poder político e económico) : - O faraón- os nobres : normalmente eran os familiares do faraón. Gobernaban as provincias e vivían en mansións luxosas.-Os sacerdotes : controlaban os ritos relixiosos.- Escríbas : redactaban documentos oficiais e levaban as contas.O RESTO DA POBOACIÓN À SOMETIDA AOS GRUPOS PRIVILEXIADOS :- Campesiños : vivían de forma modesta e pagaban impostos.- Artesáns, comerciantes e serventes : eran persoas libres que realizaban tarefas para un señor a cambio dun pequeno salario.- Escravos : eran prisioneiros de guerra e non tiñan ningún dereito.- As mulleres : normalmente ocupábanse da casa. Un caso especial foi o de Cleopatra (chegou a gobernar como un faraón).A RELIXIÓN. OS TEMPLOSOS DEUSES : Os exipcios eran politeístas, é dicir, crían en varios deuses. O seu Deus principal era o deus Sol, chamado Ra, Amón ou Atón. Outros deuses importantes eran Isis, Osiris e Horus. Tamén adoraban a animais, elementos da natureza e a persoas como o faraón. OS TEMPLOS : construídos en pedra, con teitos planos sostidos por grandes columnas.Formados por :-Unha longa avenida decorado con estatuas de esfinges (figuras con corpo de león e cabeza huma- na) - O pilono muro groso de acceso ao templo - O patio rodeado de enormes columnas - Sala hipó- stila cuberta e chea de columnas - Santuario lugar no que se gardaba a estatua do deus.A VIDA DESPOIS DA MORTEOs exipcios crían na vida despois da morte e que era necesario conservar os corpos para esta segunda vida. Por iso, convertíanos en momias, é dicir, secaban os corpos e envolvíanos con vendas. Despois gardábanos nun sartego e enterrábanos en tumbas. O sartego rodeábase dun axuar, e para impedir os roubos deste, as tumbas estaban cheas de pasadizos. As tumbas máis grandes eran dos faraóns, as máis espectaculares as pirámides de Gizeh.A ARTE EXIPCIA Moi influído pola relixión e pola crenza na vida despois da morte por iso, construían templos como vivendas de deuses e tumbas para defuntos e decorábanas con esculturas e pinturas. Outras obras tiñan unha función política como as pinturas e enormes estatuas que se facían dos faraóns para demos trar o seu poder. A pintura e a escultura seguen unhas normas, que son :- A falta de perspectiva : represéntanse figuras planas.- A frontalidade : os obxectos móstranse de fronte, pero nas figuras humanas, a cara, brazos e pernas aparecen de perfil.- A idealización : as persoas represéntanse máis novas e belas que o que son na realidade.- A inmobilidade e a rixidez : figuras estáticas