As bibliotecas do mundo

of 18 /18
AS BIBLIOTECAS DO MUNDO

Embed Size (px)

description

Presentación elaborada por unha alumna de 3º de ESO do IES de Curtis centrada

Transcript of As bibliotecas do mundo

Page 1: As bibliotecas do mundo

AS BIBLIOTECASDO MUNDO

Page 2: As bibliotecas do mundo

Biblioteca: Lugar onde se gardan libros ou outro tipo

de documentos gráficos e audiovisuais.

Biblioteca do Trinity college (Dublín)

Page 3: As bibliotecas do mundo

Biblioteca de Alexandría Biblioteca de Salamanca

Hai bibliotecas tan antigas como a de Alexandría ou a de Salamanca. A primeira está situada na cidade exipcia de Alexandría e foi fundada a comezos do século terceiro a. C. por Ptolomeo I Sóter, e ampliada polo seu fillo Ptolomeo II Filadelfo.

A biblioteca de Salamanca foi edificada o mesmo ano que a propia universidade, arredor do 1130.

Page 4: As bibliotecas do mundo

Existen algunhas tan modernas como a de Xosé de Vasconcelos, en México, ou a Biblioteca Nacional de Noruega.

Biblioteca de Xosé de Vasconcelos

Biblioteca de Noruega

Page 5: As bibliotecas do mundo

É unha biblioteca situada na cidade do mesmo nome, en Portugal, e que reúne unha enorme cantidade de documentos e publicacións portuguesas. Está dividida en dúas partes. A Biblioteca Joanina é o sector máis importante a nivel cultural.

A Biblioteca de Coimbra

Parte do edificio Joanina Balda

Page 6: As bibliotecas do mundo

É unha das máis antigas de Europa e a máis grande de Reino Unido, só superada pola Biblioteca Británica. Foi creada en 1602 e contaba cunha colección de 2.000 libros. Actualmente conta con 9.000.000 de artigos en 176 quilómetros de baldas.

A Biblioteca da Universidade de Oxford

Bodleian Library (a máis importante dentro de Oxford

en canto á investigación.)

Biblioteca do Queen's College

Page 7: As bibliotecas do mundo

Data do ano 1737 e foi encargada polo monarca Carlos VI. Conta co quinto maior número de volumes do século XV-XIV. Dentro da mesma podemos descubrir un museo e mais de 25 estatuas da dinastía de Hasburgo.

Biblioteca Nacional de Viena

Interior da biblioteca.

Page 8: As bibliotecas do mundo

Situada en Éfeso,Turquía. Foi edificada no 135 d.c. para almacenar máis de 12.000 pergamiños. Foi destruída polos godos arredor do ano 226 d.c.

Biblioteca de Éfeso

Page 9: As bibliotecas do mundo

Actualmente posúe aprox. 150 millóns de artigos e cada ano medra en 3 millóns máis. Contén libros, mapas, xornais, partituras, patentes, manuscritos, selos... O espazo de lectura ten capacidade para preto de 1.500 usuarios.

A Biblioteca Británica

Vista aérea. Interior dunha sala de lectura.

Page 10: As bibliotecas do mundo

A Biblioteca do Vaticano

(Bibliotheca Apostólica Vaticana, en latín) é a biblioteca da Santa Sé, situada na Cidade do Vaticano.

É unha das máis antigas bibliotecas do mundo e alberga unha importante colección de textos históricos. Hoxe a biblioteca garda máis de 1.600.000 libros, antigos e modernos, dos que 8.300 son incunables, máis de 150.000 manuscritos e documentos de arquivos, 300 mil moedas e medallas e 20 mil obxectos de arte.

Corredor principal.

Page 11: As bibliotecas do mundo

Actualmente alberga un total de máis de 13 millóns de libros e 350.000 volumes encadernados de manuscritos e coleccións de mapas, moedas, documentos, fotografías e gravacións sonoras. Segundo algúns especialistas é a segunda biblioteca máis importante do mundo.

Bibliothèque Nationale de France

Page 12: As bibliotecas do mundo

Localizada en Washington DC e distribuída en tres edificios (Edificio Thomas Jefferson Building, John Adams e James Madison Building) é unha das maiores bibliotecas do mundo con máis de 138 millóns de exemplares. Contén por exemplo a Biblia de Gutenberg e o borrador da Declaración de Independencia. O documento más antigo é unha taboíña de pedra do ano 2040 a. C. Tamén alberga obras de arte, debuxos arquitectónicos e valiosos instrumentos como o Stradivarius Betts e Stradivarius Cassavetti. 

A Biblioteca do Congreso Estados Unidos

Biblia de Gutenberg.James Madison Building

Page 13: As bibliotecas do mundo

Real Biblioteca de San Lorenzo de El Escorial

É unha biblioteca renacentista fundada por Felipe II. O 7 de xuño de 1671 declarouse un grande  incendio que levou a grandes perdas para a biblioteca.  Perdéronse máis de 4000 manuscritos en todas as linguas orixinais e copias. Entre as maiores perdas, están os Consellos visigótica e Historia Natural das Indias.

Page 14: As bibliotecas do mundo

A Biblioteca, que debe o seu nome a Ambrosio, o santo patrón de Milán, foi fundada polo Cardeal Federico Borromeo. É unha biblioteca histórica, en Milán,que tamén alberga a galería de arte coñecida como a Pinacoteca Ambrosiana. O edificio foi danado na Segunda Guerra Mundial coa perda dos arquivos dos libretos da ópera da Scala, pero foi restaurado en 1952.

A Biblioteca Ambrosiana

Entrada.

Page 15: As bibliotecas do mundo

Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela

Foi creada ó redor do século XVI. Xa nos seus comezos foi moi apoiada polo arcebispo Alonso III Fonseca, e o seu lema é«Sigillum Reg Universitat Compostellan». A Biblioteca Universitaria estrutúrase nunha biblioteca xeral, once bibliotecas de facultades ou escolas universitarias, e catro bibliotecas intercentros,  repartidas nos campus de Santiago de Compostela e Lugo.

Biblioteca Xeral

Page 16: As bibliotecas do mundo

Vocabulario• Patentes: Documento oficial que garante a propiedade dun

invento ou o dereito exclusivo de explotación .• Incunables: Calquera das obras impresas desde a invención

da imprenta ata principios do século XVI .

. Renacentista: pertencente ó movemento cultural que se inicia en Italia no século XV e se estende despois por toda Europa.

• Pinacoteca: Lugar onde se gardan, conservan e exhiben pinturas.

Page 17: As bibliotecas do mundo

Webgrafía

http://www.laberintos-literarios.blogspot.com/2010/12/paraisos.html

http://palomatorrijos.blogspot.com/2008/09/biblioteca-de-celso-de-la-ciudad-griega.html

Page 18: As bibliotecas do mundo

AUTORA

SOFÍA RÍOS VARELA

3º ESO- B

IES de Curtis

Curso académico: 2010-2011