Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por...

20
1 Arte Prehistórica O Paleolítico Ata hai poucos anos, os arqueólogos pensaban que en Galicia non se producira arte paleolítica, ou que tiña desaparecido completamente. Sen embargo, os gravados e pinturas descubertos nas escavacións da Cova Eirós, no concello lucense de Triacastela (anos 2011-12), cambiaron a percepción e teñen un interese científico excepcional por ser as primeiras mostras de arte rupestre do Paleolítico no noroeste ibérico ( datadas por C14 c. 12.000 a. C.) O Megalitismo (Neolítico) A historia da arquitectura galega comeza hai máis de 5.000 anos, no momento no que aparecen en Galicia os construtores de monumentos megalíticos. O megalitismo (do grego mega=grande e litos=pedra) é un fenómeno cultural que se estende pola fachada atlántica de Europa no período do Neolítico final, unha moda arquitectónica que espallouse rapidamente a partir de dous núcleos de difusión situados na Bretaña francesa e no sur de Galicia e norte de Portugal, ambos con cronoloxías moi similares, en torno ao 3500 a.c. para os exemplos máis antigos. A cultura megalítica caracterízase pola existencia de construcións a base de grandes pedras, na crenza de que a solidez dunha edificación estriba na robustez dos materiais. Dos tres grandes tipos de construcións megalíticas que poden atoparse no arco atlántico europeo (dolmens, menhires e aliñamentos) son sen dúbida os dolmens ou mámoas os máis abundantes en Galicia. 1-DOLMENES (en Galicia mámoas ou antas) Dombate, Axeitos... etc. 2-MENHIRES (en Galicia chámaselles pedras fitas ou lapas ) Lapa de Gargantáns 3-ALIÑAMENTOS (Carnac)

Transcript of Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por...

Page 1: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

1

Arte Prehistórica

O Paleolítico

Ata hai poucos anos, os arqueólogos pensaban que en Galicia non se producira arte paleolítica, ou

que tiña desaparecido completamente. Sen embargo, os gravados e pinturas descubertos nas

escavacións da Cova Eirós, no concello lucense de Triacastela (anos 2011-12), cambiaron a

percepción e teñen un interese científico excepcional por ser as primeiras mostras de arte

rupestre do Paleolítico no noroeste ibérico ( datadas por C14 c. 12.000 a. C.)

O Megalitismo (Neolítico)

A historia da arquitectura galega comeza hai máis de 5.000 anos, no momento no que aparecen

en Galicia os construtores de monumentos megalíticos. O megalitismo (do grego mega=grande e

litos=pedra) é un fenómeno cultural que se estende pola fachada atlántica de Europa no período

do Neolítico final, unha moda arquitectónica que espallouse rapidamente a partir de dous núcleos

de difusión situados na Bretaña francesa e no sur de Galicia e norte de Portugal, ambos con

cronoloxías moi similares, en torno ao 3500 a.c. para os exemplos máis antigos. A cultura

megalítica caracterízase pola existencia de construcións a base de grandes pedras, na crenza de

que a solidez dunha edificación estriba na robustez dos materiais. Dos tres grandes tipos de

construcións megalíticas que poden atoparse no arco atlántico europeo (dolmens, menhires e

aliñamentos) son sen dúbida os dolmens ou mámoas os máis abundantes en Galicia.

1-DOLMENES (en Galicia mámoas ou antas) Dombate, Axeitos... etc.

2-MENHIRES (en Galicia chámaselles pedras fitas ou lapas ) Lapa de Gargantáns

3-ALIÑAMENTOS (Carnac)

Page 2: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

2

4-CROMLECH (aliñamentos circulares) Stonehenge (en Galicia algún moi estragado na zona de

Ortigueira y As Pontes)

Dolmen de Axeitos (Porto do Son) Menhir ou lapa de Gargantáns (Moraña)

1- Mámoas: Son construcións funerarias de carácter colectivo compostas dunha cámara formada

por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un

corredor de entrada composto por pezas máis pequenas. Esta cámara ou anta cóbrese ó exterior

cun túmulo de terra (de 15 a 25 mts. de diámetro por 2 ou 3 de altura) recuberto por unha coiraza

de lousas de pedra. Poucos destes túmulos e coirazas chegaron ós nosos días debido á erosión, ás

labores agrícolas e á acción secular dos buscadores de tesouros que a tradición popular asociou

sempre con estes lugares de enterramento. A imaxe que hoxe temos das mámoas cas súas

cámaras pétreas (antas) ó descuberto é froito dos avatares a historia e das escavacións

arqueolóxicas e non se corresponde co seu aspecto orixinal.

No interior, a cámara (denominada en Galicia anta ou arca) aparecía decorada con pinturas

(meandros, dentes de serra) e gravados, aínda que na maioría dos casos desapareceron. Os

dolmens adoitan aparecer en terreos de montaña media, en zonas de pastoreo, frecuentemente

aliñados seguindo antiquísimos camiños e probablemente servindo de marco que delimita o

territorio de cada clan. A existencia de tales construcións é proba dunha sociedade excedentaria e

cunha preocupación importante polo máis alá. O feito de que se trate de tumbas colectivas

asemella desbota-la existencia dunha xerarquización social estrita e fai pensar nunha sociedade

organizada en pequenos grupos familiares que practicarían un culto ós antepasados considerados

como mediadores entre os vivos e as potencias da natureza. A construción de mámoas finaliza

cara o 2000 a.c. aínda que seguíronse utilizando ata principios da Idade do Bronce.

2-Menhires (lapas): Pedras fincadas verticalmente no chan. A súa finalidade é discutida aínda que

se acostuma a consideralas testemuñas dun culto solar.

Page 3: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

3

3-Aliñamentos: Son conxuntos de menhires agrupados formando ringleiras, descoñécese o seu

significado (Carnac e New Grange).

4-Cromlech: Son círculos líticos de controvertida interpretación, son moito máis escasos que as

mámoas (en Galicia só un caso, hoxe desaparecido, preto de Ortigueira, A Coruña), e de cronoloxía

máis tardía (Stonehenge ca. 1700 a.c.). A súa finalidade é discutida aínda que asemellan ter

funcións astronómicas ou de culto astral. No mencionado caso inglés, un dobre círculo de

menhires alintelados cun altar central, a entrada ao santuario está orientada de tal maneira que

no amencer do día do solsticio de verán (21-22 de xuño) os raios do sol iluminan exactamente a

ara central. Deste feito deduciuse a existencia dun culto solar supondo a existencia dunha casta

sacerdotal posuidora de importantes coñecementos astronómicos e matemáticos, ó menos de

natureza empírica.

Mámoa sen escavar Cromlech de Stonehenge

Idade do Bronce

A presenza desta cultura megalítica en Galicia con trazos moi similares aos do resto da fachada

atlántica europea proba que desde tempos moi antigos o Finisterre galego estivo integrado nunha

comunidade cultural máis ampla e mantivo relacións marítimas coas Illas Británicas e coas rexións

costeiras francesas. Estas relacións continuaron durante a Idade do Bronce, aínda que desta etapa

non coñecemos construcións, tan só achados illados de armas e ferramentas metálicas (machados,

espadas etc.) e pezas de orfebrería de gran calidade (Tesouro de Caldas foto).

Page 4: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

4

A Idade do Bronce pertencen tamén os petróglifos, insculturas ou gravados rupestres que

aparecen espallados por toda Galicia aínda que con unha maior concentración nas Rías Baixas

(Campo Lameiro, Marín, Vigo...). Neles represéntanse algúns animais (cervos) e armas (espadas)

así como barcos, labirintos (Mogor) e outros signos de difícil interpretación que para algúns teñen

un significado astronómico.

Petroglifos de Mogor (Marín)

A Cultura Castrexa

Desde finais da Idade do Bronce, durante toda a Idade do Ferro e con certa continuidade na

época romana, desenvolveuse no noroeste da Península Ibérica unha importante cultura coñecida

co nome de castrexa ou dos castros. Son estes uns recintos fortificados (máis de 4000 coñecidos)

situados en promontorios costeiros ou interiores, sempre en lugares fáciles de defender e

provistos de murallas, fosos e/ou terrapléns. As casas destes poboados son de variadas formas e

dimensións pero predominan claramente as vivendas circulares de pequeno tamaño (3-5 mts.) e

Page 5: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

5

en xeral todo tipo de formas curvas (as vivendas con esquinas escuadradas considéranse

posteriores, e de influxo romano). As cubertas serían cónicas a base dun enramado de xestas

recuberto de colmo (palla de centeo), un sistema aínda en uso nas pallozas dos Ancares.

Castro de Santa Trega (A Guarda): cabana reconstruída e vista xeral

A área de influencia da cultura castrexa desborda os límites estritos da Galicia administrativa

actual estendéndose por Asturias, León e Zamora, aproximadamente na mesma medida en que o

fai nos nosos días o idioma galego. Sobre os pobos que habitaron estes asentamentos existen

numerosas opinións, os historiadores do século pasado considerábanos de raza celta pero, na

actualidade, os estudos paleontolóxicos demostraron a escasa importancia do elemento céltico na

composición da etnia galega. Por outra banda, o substrato céltico é tamén pouco importante

lingüisticamente e ata na cultura material, polo que hai que supoñer que o elemento celta non

puido ser moi importante. A poboación estaría constituída por elementos indíxenas

maioritariamente, cos que se mesturarían aportes procedentes de centroeuropa, coñecedores da

cultura céltica pero non necesariamente celtas. Estes recentemente chegados, polo seu

coñecemento do ferro, convertéronse probablemente nunha aristocracia militar.

Coa chegada dos romanos abandónanse algúns castros (hai indicios de destrucións e incendios)

pero logo se reocupan sobrevivindo nalgúns casos ata tempos medievais. A economía destes

pobos era fundamentalmente agrícola e pastoril, sendo máis importante o marisqueo e a pesca

nos castros costeiros. Coñecían a metalurxia do bronce e do ferro así como unha orfebrería moi

desenvolvida (Diadema de Ribadeo, Torques de Burela ...) e hai indicios claros da existencia de

rutas comerciais de gran amplitude.

Na arte, destaca a importancia da orfebrería, de antiga tradición na Idade do Bronce. As técnicas

son moi variadas (incisión, repuxado, granulado, trenzados, filigrana...) alcanzándose un

sorprendente desenvolvemento que contrasta coa tosquedade da escultura (cabezas, guerreiros,

verracos etc.). Polo que respecta á arquitectura, ademais das vivendas e as obras defensivas dos

poboados, xa comentadas, destacan as pedras formosas, pezas arquitectónicas moi decoradas

Page 6: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

6

que ao parecer serviron de frontis nuns enigmáticos edificios sobre cuxa utilidade non poñer de

acordo os arqueólogos aínda que predomina entre estes a idea de que se trata de pequenas

termas o que demostraría un influxo romano.

Torques de Burela (Lugo) Arracadas de Bedoia (Ferrol)

Guerreiro e cabeza de Armeá (Museo de Ourense)

Idade Antiga: A Presenza Romana

A cultura castrexa presenta unha evidente orixinalidade e un grado de desenvolvemento

comparable ao de moitas rexións de Europa. Non sabemos como podería evolucionar unha cultura

ágrafa como a castrexa si non entrase en contacto coa cultura romana pero non hai que deixarse

enganar polos testemuños dos historiadores romanos (Estrabón, Plinio etc.) que nos presentan

aos habitantes dos castros como bárbaros de estraños costumes, ateos e semisalvaxes.

Page 7: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

7

En todo caso, non ten sentido facer historia-ficción. Para ben ou para mal a cultura galega é

directa herdeira da romana e non da celta como pretendían os historiadores románticos. Os

romanos déronnos o nome, a lingua e os costumes, e de Roma chegounos tamén a relixión cristiá.

Galicia non sería hoxe o que é si a romanización non se producira. A presenza romana en Galicia

non obedeceu nun principio a un plan calculado de colonización pero pronto se deu conta Roma

da riqueza da zona en materias primas (ouro, prata e estaño fundamentalmente) e do interese

que, desde un punto de vista económico, tiña a incorporación de Galicia ao Imperio. Non parece,

fronte ao que pretende a lenda, que a conquista fora especialmente violenta. Houbo sen dúbida

episodios de resistencia, algúns con trazos heroicos como o famoso de Monte Medulio, pero na

maioría dos casos Roma pactou cos pobos indíxenas (consérvanse varios foedus ou pactos escritos

en láminas de bronce), respectando as súas institucións e modo de vida a cambio de asegurarse a

explotación económica do territorio. A asimilación por parte da cultura castrexa do modo de vida

romano e a latinización viñeron despois, de forma progresiva e voluntaria.

Xa que o interese de Roma era fundamentalmente económico non pode estrañar que a maior

parte das obras arquitectónicas romanas en Galicia sexan obras de infraestrutura de

comunicacións (pontes, vías, faros ...) e construcións militares levantadas para garantir o control

da zona (campamentos, murallas etc.). Os romanos son un pobo pragmático, máis preocupados

pola utilidade que pola estética e a súa principal achega céntrase na difusión de técnicas

construtivas de gran transcendencia posterior (muros de perpiaño, arcos e bóvedas ...) que ata

entón eran descoñecidas en Galicia.

Murallas de Lugo Ponte no río Bibei (Pobra de Trives)

No eido das artes decorativas temos algunhas esculturas tanto indíxenas (estelas de Vigo e Lugo)

como de importación (grupo de Mourazos, Mercurios de Taboexa e As Neves...), et amén algún

mosaicos atopados nas escavacións de Lugo. A mellor peza, apesares do seu deterioro, e o Grupo

de Mourazos do Museo de Ourense, peza excepcional dentro da plástica romana de Galicia, tanto

polo material como pola súa formulación clasicista de inspiración culta que deriva de modelos

helenísticos e praxitélicos.

Page 8: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

8

O grupo fórmano dúas figuras núas, masculinas, á maior delas fáltalle a cabeza e o brazo dereito

dende pouco máis abaixo do ombro. O grupo interprétase como Dionysos ebrio asistido polo

sátiro Ampelos - a vide-, tema mitolóxico que deriva de modelos helenísticos e do que existen

numerosos paralelos.

A figura de Dionysos describe no seu contorno unha lixeira "S" que lembra, en liñas xerais, a

actitude do Apollo Lykeios de Praxiteles, o seu indolente abandono, suave ritmo de liñas, cheas de

sensualidade, lixeiro esbozamento dos pectorais e pequeno avultamento como expresión do

órgano sexual. O peso do seu corpo descansa sobre a perna esquerda, mentres a dereita aparece

levemente flexionada, acusando na súa cadeira unha acentuada curvatura. O brazo esquerdo

disponse, case que sen forzas, no ombro de Ampelos, quen ó tempo que ergue a súa cabeza

vixiante, cingue co seu brazo dereito a figura de Baco, apoiando a man sobre as súas costas,

tratando de soster o equilibrio da deidade abafada polos vapores da bebida.

Grupo de Mourazos Estela do Museo de Vigo

A obra, polo ambiente húmido no que permaneceu soterrada, (atopouse no castro da Muradella,

cerca de Mourazos, Verín) chegou ata nós extremadamente erosionada, o que non permite

apreciar os detalles do seu tratamento, senón só os volumes e as formas xerais da mesma. A pesar

desto, constitúe unha peza excepcional dentro da plástica romana de Galicia, tanto polo seu

material -son moi poucos os exemplares de mármore chegados ata nós - coma pola súa

formulación clasicista de inspiración culta.

Page 9: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

9

García Bellido sostén que se trata dunha "interpretación" sobre un modelo de bronce, pola

presenza do tronco da árbore, o que condiciona a posición do sátiro. Suxire tamén a inspiración

nun relevo ou pintura polo modo en que está resolta a parte traseira do grupo escultórico. Estas

peculiaridades levan a Balil a expor que estamos ante unha obra non de arte culto, senón dunha

realización artística provincial hispánica, considerándoa unha peza importada que proviría dun

posible centro de produción aquitano ou itálico, chegada a Galicia no marco do amplo intercambio

comercial do momento, pois nada nos permite individualizar como produción "galega" esta peza.

Mercurio de Taboexa (As Neves). Museo de Pontevedra Crismón de Quiroga (Museo de Lugo)

Page 10: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

10

Idade Media

Cando caia o Imperio Romano e os invasores xermanos aséntense en Europa, Galicia atoparase

nunha situación de desenvolvemento artístico e cultural moi similar ao de moitas zonas do mundo

romano: inferior sen dúbida ao de Italia ou as provincias levantinas da Península, pero superior ao

de Irlanda ou ao da Bretaña francesa. Desta herdanza romana arrinca a arte medieval.

1- O Mundo Prerrománico

No estado actual de coñecementos, parece que o cristianismo introduciuse en Galicia no século

IV logo de Cristo, con todo os testemuños de arte paleocristián, en realidade arte romana tardío,

son moi escasos no noroeste peninsular: tan só algunhas pezas escultóricas (crismón de Quiroga,

sarcófagos de Temes e Vilanova de Lourenzá) e un único edificio, Santa Eulalia de Bóveda, de

controvertida cronoloxía e atribución.

Similar escaseza de testemuños atopamos no período da monarquía que os invasores suevos

estableceron en Galicia. Temos referencias documentais que proban a existencia dalgunhas

dioceses e de mosteiros e eremitorios rupestres pero o conservado redúcese a uns cantos capiteis

reutilizados en construcións posteriores (Capitel de Setecoros, Museo de Pontevedra) e á parte

máis antiga do mosteiro ourensán de San Pedro de Rocas. A partir destes poucos restos pódese

afirmar que a continuidade coa arte romana é total, limitándose os suevos a deixar desenvolver a

tradición artística da zona, que por outra banda se atopaba en fase de franco esgotamento.

Un cambio na situación producirase a finais do

século VI cando, trala conquista de Leovixildo, a

antiga Gallaecia romana, ata agora ocupada polos

suevos, se incorpora á órbita visigoda. Malia a súa

situación excéntrica con respecto ás capitais

visigodas (Mérida e despois Toledo) consérvanse

aquí algúns edificios notables desta época como S.

Fructuoso de Montelios (Braga, Portugal), as ruínas

de S. Xoán de Panxón (Nigrán, Pontevedra), a

igrexa de S. Pedro de Balsemao (Portugal) ou a de

Sta. Comba de Bande (Ourense) construída a

principios do S. VII e restaurada no 872, quizais por

artistas mozárabes.

O edificio, probablemente a igrexa dun antigo

mosteiro, presenta unha clara contradición entre a

coidada disposición da planta e a suave gradación

dos volumes en altura, coa pobreza da execución e a

sobriedade decorativa; asemella como se se

tratase do proxecto dun arquitecto de primeira

liña, executado por un mestre de obras e uns canteiros con escasa preparación e habilidade.

Page 11: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

11

A planta orixinal era de cruz grega con cámaras laterais na cabeceira, -como en S. Pedro da

Nave- e coa capela central destacada. No exterior, falta hoxe a cámara lateral do transepto sur, en

tanto que a do norte tellouse enlazando coas augas do transepto co que se rompeu

completamente o xogo de volumes primitivo, ó que contribúe tamén a adición da espadana

para as campás no século XVIII.

O interior, a pesar da súa sinxeleza, resulta moi atractivo polo partido que o arquitecto soubo

sacar das alturas das naves, con xanelas a distintos niveis que proporcionan unha iluminación

matizada que enriquece o espazo Catro arcos de ferradura sosteñen un cimborrio cuberto cunha

bóveda de arestas, en tanto que as naves cóbrense con bóvedas de canón. Aínda que as bóvedas

de arestas son de tradición romana, sorprende a súa aparición nun edificio visigodo (é o único

caso coñecido) polo que se pensa que podería ser froito da restauración do S. IX . O mesmo

problema se propón coa decoración escultórica (sogueados nas impostas e capiteis das

columnas do arco triunfal) similar á dos edificios prerrománicos asturianos polo que

probablemente corresponda tamén á reconstrución do 872, testemuñada por unha inscrición.

A decoración concéntrase no “arco triunfal” que separa a capela principal do cruceiro. O arco é

de ferradura visigótica (intrados e extrados diverxentes) apeado sobre catro columnas pareadas

e de fuste liso; os capiteis son corintios, moi esquematizados agás un, moito mais clásico que

probablemente sexa reutilizado e proveña (xunto con fustes e bases) da próxima mansión romana

de Aquis Querquernis (Baños de Bande).

Ruínas de San Xoán de Panxón Interior de Santa Comba de Bande

Page 12: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

12

A invasión islámica do ano 711 vai transformar completamente o panorama. Os árabes penetraron

en Galicia, saquearon Lugo e destruíron algunhas igrexas e mosteiros (Samos, por exemplo) pero

retiráronse rapidamente quedando o territorio convertido nunha especie de terra “de ninguén”,

coas cidades abandonadas e carente de institucións de goberno. Paralelamente, pequenos núcleos

de resistencia fixéronse fortes nas montañas do norte tanto en Asturias como en Navarra e pouco

máis tarde no resto dos territorios ao norte do Douro. No caso asturiano, os descendentes de Don

Pelaio (Covadonga 716) fundaron unha monarquía que, aínda que con altibaixos, conseguiu

aglutinar aos elementos refractarios á presenza musulmá. Pronto Galicia incorporouse á órbita do

reino astur recibindo un importante fluxo de emigrantes que fuxían das zonas do sur, ocupadas

polos árabes, para buscar refuxio nas áreas liberadas. Neste momento (principios do século IX)

prodúcese o descubrimento da tumba do apóstolo Santiago e comeza a desenvolverse o culto

xacobeo en Compostela. Sabemos que dous reis asturianos, Afonso II e Afonso III, construíron

igrexas sobre a tumba do apóstolo (atopáronse algúns restos nas escavacións) e emprenderon

unha ampla política de reconstrución de edificios abandonados (Santa Comba de Bande, San

Pedro de Rocas etc.). Pouco se conserva con todo desta etapa, tan só os restos mencionados e os

da igrexa ourensá de San Xés de Francelos, moi transformada por posteriores restauracións.

Xanela de San Xés de Francelos (Ribadavia)

Page 13: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

13

Arte mozárabe e de repoboación

No século X, con Galicia xa definitivamente incorporada á monarquía asturiana, continúa a

política repoboadora e asir a un importante renacemento monástico, fundándose numerosos

cenobios e restaurándose outros que foran abandonados durante a invasión islámica. Destaca

neste momento a figura de San Rosendo, eclesiástico galego emparentado cos reis asturianos,

bispo de Compostela e Mondoñedo e abade de Celanova. Con el relaciónase a diminuta igrexa

mozárabe de San Miguel de Celanova, obra cume da arquitectura galega do século X. O termo

mozárabe, en sentido estrito, alude á arte realizada polos cristiáns en territorios controlados polo

Islam. Con todo, moitas das obras cualificadas de mozárabes leváronse a cabo en territorio cristián

recuperado aos árabes, coa intervención de artistas procedentes do sur. Por iso, hoxe prefírese

falar de arte de repoboación, aínda que sen desdeñar o compoñente mozárabe, é dicir, influído

polo Islam, na devandita arte. Estas influencias son evidentes no caso de Celanova onde os arcos

de ferradura con alfiz, as bóvedas nervadas e de cascarón gaionado e os modillóns de rolos que

decoran os canzorros do tellado, imitan claramente as solucións empregadas na mezquita de

Córdoba.

Igrexa de San Miguel de Celanova

Page 14: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

14

A Galicia Románica

Fronte ao horizonte cultural fragmentado que caracteriza á época prerrománica, o Románico

aparece como o primeiro estilo internacional en Europa, unha única linguaxe artística, aínda con

diferenzas rexionais, falado ao unísono pola maior parte dos pobos latinos pouco logo de pasado o

ano 1000. O nacemento do románico coincide cunha época de expansión económica, urbana e

demográfica (as peregrinacións son unha das manifestacións deste fenómeno), un verdadeiro

renacemento urbano e comercial que pon as bases necesarias para un impresionante movemento

construtivo que levou a Europa a cubrirse dun «branco manto de igrexas». A aparición do estilo

románico coa recuperación da escultura e dos procedementos arquitectónicos romanos (perpiaño,

cubertas abovedadas, arcos de medio punto, ábsidas semicirculares...) non é un feito illado senón

unha manifestación máis dun amplo movemento cultural, o renacemento “do século XII”

chamóuselle, que traerá como consecuencia a aparición das linguas vernáculas e a literatura

romance.

Trala morte de Almanzor e a desaparición do perigo viquingo, Galicia vive unha etapa de

prosperidade e estabilidade na que o Camiño de Santiago únenos, como un cordón umbilical, co

resto de Europa. Por el transitan os peregrinos que viaxan a Compostela e con eles novas ideas,

mercadores e artistas que difunden pola Península as novidades románicas que enraizarán

profundamente na nosa terra. Si exceptuamos uns poucos edificios (S. Martín de Mondoñedo, S.

Antolín de Toques etc.), cuxa filiación e cronoloxía son dubidosas, todo o románico galego se

emparenta dunha ou outro xeito coa Catedral de Santiago, a gran obra do estilo en Galicia e

auténtico foco de difusión da nova arte no área galaica. Na basílica compostelán introdúcense moi

cedo (iniciouse en 1075) as novidades do románico pleno ou segundo románico. Construída como

igrexa de peregrinación empréganse, e desenvólvense, nela as solucións que os arquitectos

franceses experimentaban nese momento para conseguir un tipo arquitectónico que se adecuase,

funcional e simbolicamente, aos ritos propios das peregrinacións.

Sómente cinco grandes igrexas de peregrinación como a Catedral de Santiago levantáronse en

Europa e dúas delas desapareceron. Todos estes santuarios atópanse nalgunha das catro grandes

rutas que conflúen para formar o Camiño Francés que conduce a Compostela. Neles aparecen

unha serie de elementos -a xirola ou deambulatorio, un transepto de tres naves moi destacado e

tribunas ou triforios- destinados a facilitar o tránsito dos peregrinos e a visita ás reliquias, sen

interromper o culto nin ter que cruzar o coro. Ningún destes elementos inventouse en Santiago

pero non é esaxerado dicir que en Compostela logrouse a combinación máis acabada, modélica

pola harmonía das súas proporcións. En torno á fábrica da Catedral compostelán proliferaron os

talleres de canteiros, os mestres de obras e os escultores que difundiron o estilo, pronto moi

popular, polos lugares máis recónditos da xeografía galega. Con moi poucas excepcións, todo o

románico galego depende do foco de irradiación compostelán, relacionándose coas solucións

empregadas alí polo mestre Estevo ou, máis tarde e con maior difusión, coas utilizadas polo

mestre Mateo.

Page 15: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

15

Catedral de Santiago

O actual edificio románico (séculos XI e XII) levántase sobre os restos de dúas antigas basílicas

prerrománicas dos séculos IX e X. Foi construído en catro etapas, nas primeiras, as influencias máis

evidentes son de tipo languedociano (piares compostos, arcos peraltados, bóvedas de canón con

faixóns....). Na última etapa predominan as influencias borgoñonas (tripla portada, arcos

apuntados, bóvedas de crucería... etc.

Cara 1200-1215 debeuse de concluí-lo edificio levantando a fachada occidental (de tipo

normando con dúas torres cadradas e rosetón central) e as escaleiras de acceso. Sen embargo as

obras non se detiveron. Reedificouse o claustro en dúas ocasións (s. XIII e XVI) e engadíronse

capelas de padroado privado ou gremial rompendo a primitiva harmonía do edificio. Por elo, no

século XVII decidiuse recupera-la unidade disfrazando a catedral con fachadas-telón barrocas

(praza da Quintana, Azabachería), rematando as obras no século XVIII coa construción da fachada

do Obradoiro (Casas Novoa).

Planta da Catedral (negro=Románico, verde=Gótico, vermello=Renacemento, amarelo=Barroco)

Page 16: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

16

1- As Basílicas prerrománicas: O descubrimento da tumba do Apóstolo polo bispo Teodomiro nos

primeiros anos do século IX foille comunicado ó rei asturiano Afonso II quen ordenou construír

unha igrexa sobre o sepulcro que Teodomiro atopara. Dela a penas quedan restos, aínda que pola

cimentación que apareceu nas escavacións sábese que teña tres naves e unha cabeceira

rectangular que englobaba o primitivo sepulcro apostólico. Pronto esta igrexa quedárase pequena

polo que foi reconstruída durante o reinado de Afonso III, sendo consagrada polo bispo Sisnando

no ano 899. Desta segunda basílica, de tres naves como a anterior, quedan algúns restos que

permitiron reconstruí-la súa planta. Esta igrexa, destruída por Almanzor no 997, foi reconstruída

por S. Pedro de Mezonzo nos primeiros anos do s. XI e derrubada a finais do mesmo século para

construí-la Igrexa actual. Baixo a catedral hai pois un antigo sepulcro romano, unha necrópole

sueva e as basílicas afonsinas. O problema estriba, en que os restos máis antigos son, como moito,

de finais do século II co que queda un lapso de 150 anos coa época do hipotético enterramento do

Apóstolo.

Situación das basílicas prerrománicas Portada de Praterías

2- A Catedral románica: O edificio actual responde, como vimos, ós esquemas das Igrexas de

peregrinación (3 naves, a central dobre, triforios, e cabeceira con xirola e capelas radiais) con

paralelos en Francia (St. Sernin de Toulouse e Sta. Fe de Conques) As obras desenroláronse en

catro fases:

1ª Fase (1075-l088) Diego Peláez (bispo) /Bernardo o Vello (arquitecto) e Roberto (mestre de

obras): realízanse as tres capelas centrais e os tramos correspondentes da xirola (bóvedas de

aresta sen faixóns). A capela do Salvador ten planta semicircular con tramo recto e pequenos

Page 17: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

17

absidiolos. Ó exterior a planta é rectangular e o muro organízase por medio de dous arcos en mitra

que flanquean a un lobulado. Hai tamén contrafortes para soste-lo empuxe das bóvedas. As

capelas de S. Xoán e S. Pedro, son semicirculares e abríanse á xirola por medio de grandes arcos.

2ª Fase (1093-1105) Diego Xelmirez (bispo) /Mestre Estevo (arquitecto): remátase a xirola

(capelas poligonais e bóvedas de aresta con faixóns) e constrúense os muros do cruceiro (os

altares foron consagrados en 1105). No muro oriental do cruceiro ábrense catro capelas (só queda

a de S. Nicolás, modificada para servir de paso á Corticela). Os tramos do cruceiro divididos por

piares serven de módulos para organiza-las alturas e a anchura do resto do edificio. Tódolos

cambios van unidos a unha nova concepción da iluminación las parte altas o que supón un

crecemento da catedral en altura. Grazas a esta racionalización das proporcións, a obra é

totalmente harmónica.

3ª Fase (1109-1122) Bernardo o Mozo: cubrición do cruceiro e primeiros tramos das naves.

Solucións de tipo languedociano, bóvedas de canón con faixóns, arcos de medio punto peraltados

e piares compostos. Continúase o proxecto anterior (as únicas diferenzas son decorativas), sobre

as naves laterais álzase o triforio, moi sobrio, que se abre á nave por medio de arcos de medio

punto xeminados. Cóbrese con bóveda de cuarto de canón que anula os empuxes da bóveda da

nave central; é unha solución moi complexa que permite que os muros poidan abrirse cunha

dobre serie de xanelas: as inferiores iluminan as naves laterais e a central, mentres que as

superiores ábrense á tribuna pero indirectamente iluminan tamén a nave..

4ª Fase (1168-88) Mestre Mateo (arquitecto): remata as naves e constrúe a cripta (mal chamada

“catedral vella”), o Pórtico da Gloria e a Tribuna sobre o Pórtico, obras nas que aparecen

solucións borgoñonas: bóvedas de crucería, arcos apuntados... que enlazan co gótico.

Nave central Xirola ou deambulatorio

Page 18: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

18

Escultura

Existe un claro paralelismo entre as fases construtivas da catedral e a obra escultórica á que se lle

pode aplica-la mesma periodización. Cara 1100 proxectouse un programa iconográfico completo

para as tres portadas que representarían en conxunto toda a historia da Humanidade;

creación, pecado e promesa de redención. Sen embargo, o programa nunca chegou a

executarse completamente e ademais, a primitiva fachada do Paraíso (hoxe Azabachería), foi

destruída por un incendio en 1117. Algúns dos seus restos foron reutilizados na actual de

Praterías, cuxa disposición lembra bastante á orixinal do Paraiso.

Portada do Paraiso: (consérvanse algunhas pezas e a descrición do Calixtino que permitiron a

Moralejo unha reconstrución hipotética). Representábase nela o dualismo Pecado/Redención

(creación, pecado e expulsión, anunciación=redención). Traballan nela tres Mestres: do Año

(cordeiro) da Traizón e de Praterías) que logo veremos traballando na portada sur.

Portada de Praterías: A portada dedícase a Cristo na súa dobre natureza humana e divina.

No tímpano dereito represéntase a Epifanía e escenas da Paixón e o milagre da curación do cego;

no esquerdo as Tentacións e unha muller cunha caveira no regazo (Eva ou a “muller adúltera”)

representando o triunfo de Cristo sobre o pecado e a morte.

O Pórtico da Gloria

Page 19: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

19

É sen dúbida a obra cumio da arte románica presentando unha perfecta síntese entre os

elementos arquitectónicos, que marcan a súa disposición en tres rúas continuando o esquema de

tres naves da catedral, e escultóricos xa que é un retablo pétreo que alcanza unha perfección ata

entón descoñecida. Poucas obras do arte medieval atraeron tanto a atención de eruditos e

curiosos como este pórtico compostelán, e non é para menos pois tanto no estilo como na

iconografía e na súa grandiosa concepción arquitectónica é obra cumio que supera ás súas

contemporáneas de calquera lugar de Europa.

Sabemos que comezou a construírse ó redor de 1168 e rematouse en 1188 segundo consta na

inscrición dos linteis na que se menciona a un magister Matheum que dirixiu as obras. É probable

sen embargo que Mateu non fose o escultor, senón o planificador do conxunto que inclúe a cripta,

o Pórtico e a tribuna formando un todo unitario. A concepción arquitectónica é de raíz borgoñona

aportando novidades, como as bóvedas nervadas, que se utilizan, quizais por primeira vez, na

península. Sen embargo, a escultura nada ten que ver con Borgoña agás a da cripta. Asemella por

tanto que houbo dous talleres distintos; o da cripta e o do pórtico, e dentro do Pórtico, varios

artífices distintos.

Toda a estrutura se concibe cun complexo simbolismo: a cripta -situada debaixo do Pórtico- é a

zona terrea na que o sol e lúa -esculpidos nas claves da bóveda- proporcionan a luz. O Pórtico

representa unha zona celestial, a Gloria, na que ten lugar o Xuízo Final e, por último, a tribuna

superior, iluminada por uns óculos, simboliza á Xerusalén Celeste na que “non fará falta nin sol nin

lúa porque o Año será a luz” (na clave da bóveda aparece efectivamente un año esculpido).

A iconografía da obra é moi complexa, se pode desentrañar o significado das partes pero non hai

acordo sobre a interpretación do conxunto aínda que asemella tratarse dunha visión sincrética

que sintetiza a visión A gloria segundo o Apocalipse de San Xoán, coa descrición que do Xuízo Final

dáno-lo evanxeo de San Mateo.

No centro do tímpano maior aparece Cristo coroado e ensinando as chagas, “así como lo viste

partir, así volverá”, É un Cristo intemporal, eterno: “o que foi, o que é e o que será”, que aparece

rodeado polo Tetramorfos (os catro evanxelistas cos seus respectivos símbolos) e por anxos que

levan incensarios. A ambos lados, un grupo de anxos cristóforos levan os atributos da Paixón (a

columna, a lanza, a coroa de espiñas etc.). Arriba, unha multitude de pequenas figuriñas que

representan ós 144.000 elixidos que contemplan a Gloria, e na arquivolta, os 24 anciáns do

Apocalipse, que afinan os seus instrumentos dispostos a poñe-la ambientación musical. No

parteluz, Santiago sobre unha columna que representa a “árbore de Iessé” e coroado por un

capitel cun representación da Trinidad (a xenealoxía humana e a divina de Cristo). No arco da

dereita, ten lugar un Xuízo Final bastante atípico (as figuras da clave son Deus e S. Miguel), á

dereita os condenados son torturados por grotescos demos mentres que na metade esquerda do

arco, as almas dos elixidos son arroupadas por anxos que as introducen A gloria. O arco da

esquerda, -sempre dende o punto de vista do espectador- foi obxecto de numerosas

interpretacións (Purgatorio, Limbo..) aínda que as últimas investigacións apunta a que se trate

dunha Anástasis, o descenso de Cristo ós infernos para liberar ós Xustos da Antiga Lei. A figura da

Page 20: Arte Prehistórica - epapontevedra.com de Tarde/Arte... · por 5-8 pezas verticais cubertas por unha lousa de gran tamaño e, ocasionalmente, por un corredor de entrada composto por

20

clave representaría o alma de Cristo, as figuras oprimidas por unha moldura a catividade da morte

e as figuriñas entre follaxes, as almas dos Xustos liberadas por Cristo.

As columnas que sosteñen o Pórtico, apóianse sobre un bestiario de animais monstruosos de

discutida interpretación, aínda que para a maioría dos historiadores simbolizan o paganismo,

sobre cuxos restos levántase a Igrexa cristiá. Nas columnas represéntanse os Apóstolos e os

Profetas; son os amigos de Cristo, os soportes, nunca mellor dito, da súa Igrexa. As figuras

relaciónanse entre elas, conversan, de modo que o espectador convértese nun intruso da sacra

conversa, estas relacións espaciais entre as figuras son un concepto novo que non volverá a

aparecer ata o barroco.

En canto ó estilo hai que diferencia-la escultura da cripta que responde ó chamado “barroco

borgoñón”, figuras con acentos pergaménicos, pregados minuciosos con movementos efectistas e

moi elaborados, da do Pórtico, na cal o concepto é distinto: son figuras-placa, con panos pesados e

ríxidos que lembran a modelos bizantinos (Nerezzi) chegados vía Inglaterra (Mestre da Morgan

Leaf), ou tomados de marfís macedónicos, moi populares.