Arte pre románica e románica

39
Arte pre-románica e románica - Martín Pazos García - Rubén García Outón - Iván Varela Bermúdez

Transcript of Arte pre románica e románica

Page 1: Arte pre románica e románica

Arte pre-románica e románica

- Martín Pazos García - Rubén García Outón

- Iván Varela Bermúdez

Page 2: Arte pre románica e románica

Índice:

Arte medieval:

Prerrománica

Santa Comba de Bande

Mosteiro de Armenteira

San Miguel de Celanova

Románica

Praterías

Pórtico da Gloria

Catedral de Ourense

Igrexa de Cambre

Igrexa de Santo Antolín de Toques

Page 3: Arte pre románica e románica

Contexto mozárabe

Os reinos cristiáns dende o século IX inician unha reconquista sobre os pobos musulmáns.

Os cristians que residian en territorios islámicos emigraron ao norte. As características principais son:

-Uso da silleria como material construtivo.-Presenza de arco de ferradura.-Cubertas abovedadas-Fiestras e portas enmarcadas con influencia

musulmá.-Plantas reducidas e con gradación de volumes no

exterior.

Page 4: Arte pre románica e románica

San Miguel de Celanova

Autor: San RosendoTítulo: San Miguel de CelanovaCronoloxia: S.XArte: Pre-románicaEstilo: Mozárabe

Page 5: Arte pre románica e románica

Comentario

O exterior presenta unha silleria e un aleiro adornado.

No interior acentúase a presenza de distintos espazos. A absida ten unha cabeceira plana no exterior e de ferradura no interior.

Ten un presbiterio tan pequeno que a ara do altar ocupa case todo o espazo.

Por último, todo o edificio está cuberto cunha alta boveda de aresta.

Page 6: Arte pre románica e románica

Contexto histórico visigodo

Na primeira etapa da prerrománica sobresaíu o pobo visigodo, o máis románico. Chegaron no s.V en mans dos suevos. A súa capital era Tolouse pero despois a traspasaron a Toledo.

A súa arquitectura caracterízase por:-Utilizar muros de pedra traballada en sillares.-Utilizar o arco de ferradura.-Utilizar cubertas abovedadas e en ocasións

madeira.-Os edificios pouco iluminados.-Utilizar piares cadrados ou circulares.

Page 7: Arte pre románica e románica

Santa Comba de Bande

Título: Santa Comba de BandeAutor: AnónimoCronoloxía: Mitad del s.VIIArte: PrerrománicaEstilo: Visigodo

Arco de herradura

Sillar

Tejado a dosaguas

Gradación de volumes

Page 8: Arte pre románica e románica

ComentarioÉ un edificio contraditorio xa que a súa planta e

volumes contrastan coa pobre decoración.A súa planta é unha cruz grega con cabeceira. A

ambos lados do transepto había dúas cámaras das cales só se conserva unha.

No alzado; a súa sinxeleza contrasta co partido que lle soubo sacar o arquitecto poñendo fiestras a diferentes alturas. A nave principal está rematada cunha cuberta abovedada, o cruceiro cubriuse cunha boveda aresta.

No exterior existe unha gradación de volumes dende a absida até o cruceiro. Os tellados son a dúas augas.

No demais presenta as características principais.

Page 9: Arte pre románica e románica

Planta

Page 10: Arte pre románica e románica

Contexto histórico románico

Ano mil,cada vez hai máis campesiños sobre os que os señores exercían os seus dominios.Os monxes e cregos nos seus mosterios alentaban o amor por Deus.

Para algúns este ano foi un ano de celebración debido a ser un ano tan marcado, pero o certo é que non tivo especial relevancia.

Antes da encarnación de Cristo cando se celebrou o seu sacrificio esixíase a súa morte e non o seu nacemento.

Incluso a natureza lle deu máis importancia ao milenio despois de Cristo, mediante unha eclipse que asustou á población.

Page 11: Arte pre románica e románica

30 anos antes da eclipse o mundo revestiuse dun manto de estrelas.

O nacemento da arte románica coincidiu co afán de embelecer e facer máis vistosas ás construcións.

Por máis que os pobres carecesen de acubillo, a igrexa permanecía orgullosa coas súas torres. Á súa vez debían crear admiración e causar simpatía como símbolo da beleza de Deus.

Page 12: Arte pre románica e románica

Título: Mosteiro de Armenteira

Autor: Abad San EroCronoloxía: Ano 1150, S.XIIArte: Románico

Page 13: Arte pre románica e románica

Comentario:- O cimborrio e a cúpula

O cimborrio de Santa María de Armenteira é bastante particular e pouco frecuente. Elévase sobre o cruceiro ou intersección entre a nave central e o transepto e serve como lanterna de iluminación ó corazón da igrexa mediante os seus catro ventanais.

Sobre os arcos torais do cruceiro que forman un cadrado álzase a cúpula mediante trompas para converter a súa base nun octógono.

Page 14: Arte pre románica e románica

Cabeceira

De monumentais proporcións, a cabeceira é un conxunto nobre e austeiro formado por tres ábsidas escalonadas. Ofrecen un aspecto masivo, casi militar. Os artífices desestimaron as columnas e colocaron largos contrafortes na ábsida central. Ademáis, os vans de iluminación non levan columnas nin molduras senón o simple abucinamiento para a entrada da luz. Os caneciños son de perfil de nacela

Page 15: Arte pre románica e románica

A fachada

A fachada é a parte máis "delicada" do templo. O hastial encontrase dividido en tres corredores por dous grandes contrafortes escalonados. No corredor central ábrese unha gran portada con seis arquivoltas de medio punto moi amplas que caen sobre pares de columniñas. Estas arquivoltas atópanse aboceladas e levan liña de axedrezado. A derradeira décorase con angrelado e o gardapolvos é tamén axedrezado.

Page 16: Arte pre románica e románica

Planta O templo é un gran edificio de tres naves e

cabeceira tripartita, con cúpula no cruceiro

(o cal é pouco frecuente nas iglesias galegas)

e gran fachada monumental.

- As naves

O monasteiro de Armenteira posúe tres naves

que conteñen cinco tramos e se separan

mediante arcos apuntados que se apoian

en piares cruciformes con pilastras adosadas.

El edificio inclúe un claustro ou patio central

porticado que servía como expansión para os

membros da comunidade e ás veces como

Horta.

Cabeceira

Cruceiro

Navecentral

Pilares

Claustro

Nave lateral

Page 17: Arte pre románica e románica

Praterías

Título da obra: Portada das PrateríasAutor: Crese que o Mestre Estebo Cronoloxía: 1103-1117Estilo artístico: Estilo románico

Comentario:A portada de Praterías é o único pórtico románico,

exterior, que se conserva da catedral de Santiago de Compostela. As súas portas dan acceso á nave central do transepto desde a fachada sur da catedral.

Page 18: Arte pre románica e románica

A fachada das Pratarías é a fachada meridional do cruceiro da catedral de Santiago de Compostela e é a única fachada romanica que se conserva na catedral. Construída entre 1103 e 1117 e durante os séculos posteriores se lle han ir engadindo elementos procedentes de outros lugares da catedral. A praza das Pratarías está delimitada pola catedral e o claustro en dous dos seus lados; á beira da catedral está a Casa do Cabildo.

Consta de dúas portas de entrada en degradación con arquivoltas e tímpanos historiados. As arquivoltas están sobre once columnas encostadas, tres son de mármore branco e o resto de granito. Na central aparecen as figuras de doce profetas e nas laterais os Apóstolos. Sobre os tímpanos atópase un gran friso que está separado do corpo superior por unha franxa sostida por canecillos grotescos; neste piso atópanse dúas xanelas que están adornadas por arquivoltas románicas.

Page 19: Arte pre románica e románica

No friso central atópase Cristo, con personaxes e escenas varias, á súa dereita as seis figuras que se ven pertencen ao coro de pedra do mestre Mateo que foron colocadas a finais do S. XIX. A disposición orixinal dos elementos iconográficos quedou desvirtuada desde que no século XVIII foron introducidas numerosas imaxes recuperadas da desmantelada fachada de Azabacherías. Nun medallón central aparece o Pai Eterno coas mans abertas e sobre os arcos no extrados figuran catro anxos con trompetas que anuncian o Xuízo Final.

Page 20: Arte pre románica e románica

No tímpano da porta esquerda aparece Cristo tentado por un grupo de demos. Á dereita aparece unha muller a medio vestir cunha caveira nas mans, que podería ser Eva ou a muller adúltera; esta figura non está orando de xeonllos senón que está sentada sobre dous leóns. Nas jambas aparecen san Andres e Moises. No contrafuerte esquerdo, o bíblico rei David sentado no seu trono coas pernas cruzadas, translúcidas a través da fina tea da súa roupa, e tocando unha viola, personifica o triunfo sobre o mal e é unha obra destacada do románico, esculpida polo mestre Esteban ou mestre das Pratarías; aparece tamén a creación de Adan e Cristo bendicindo.

Moitas destas figuras proceden da fachada románica norte ou do Paraíso (actual fachada da Azabachería) e foron colocadas nesta fachada no século XVIII.

No tímpano da porta dereita aparecen varias escenas da Paixón de Cristo e da adoracion dos Reis Meigos. Nunha das xambas aparece a inscrición que conmemora a colocación da primeira pedra:

Page 21: Arte pre románica e románica

Ficha do Pórtico da Gloria

Título da obra: Pórtico da GloriaAutor: Maestro Mateo (1150-1200 o 1217)Cronoloxía: 1168-1188Estilo artístico: Estilo románico

Comentario:As obras da catedral de Santiago de Compostela finalízanse en 1168

coa contratación, por parte de Fernando II, do Mestre Mateo, o arquitecto que deseña a cripta sobre a que se asenta o último tramo das naves e o pórtico entre as dúas torres. A cripta servirá para salvar o desnivel do terreo, e sobre ela álzase a gran fachada occidental, tras a que se atopa o famoso Pórtico da Gloria.

Page 22: Arte pre románica e románica

Tímpano Central

Xambas

Arquivoltas

Parteluz

Page 23: Arte pre románica e románica
Page 24: Arte pre románica e románica

O Pórtico da Gloria é a culminación da escultura románica en España, situándose a un paso xa do Gótico. A súa construción durou case medio século, polo que o Mestre Mateo recibiu unha renda vitalicia de mans do rei Fernando II.

A obra finalizouse no ano 1211, data da consagración do templo.

O Pórtico consta dunha gran porta central e dúas laterais máis pequenas. No tímpano da gran porta atópase o Salvador, levantando as mans para mostrar as chagas, acompañado polo Tetramorfos; a fila inferior está constituída polos anxos que portan instrumentos da paixón, mentres que a superior ordénanse dúas filas de elixidos.

Page 25: Arte pre románica e románica

Nas arquivoltas represéntanse, de maneira radial, os vinte e catro anciáns da Apocalipse. As 16 estatuas das xambas, que ocupan o lugar do fuste das columnas, aparecen os profetas e os apóstolos, representados cunha naturalidade que anticipa estilos posteriores. Entre as esculturas máis importantes de todo o conxunto destaca o chamado Piar dos Profetas.

Page 26: Arte pre románica e románica

Catedral de Ourense

Título: Catedral de OurenseAutor: AnónimoCronoloxía: Mitad del siglo XIIEstilo: Románico

Page 27: Arte pre románica e románica
Page 28: Arte pre románica e románica

Comentario

Na súa orixe era un edificio de tres naves con transepto e unha cabeceira de tripla ábsida (actualmente moi transformada e mutilada pola construción da xirola). As naves teñen bóvedas e arcos apuntados que apoian sobre piares con forma de cruz con semicolumnas adosadas. Posúe un espectacular cimborrio gótico sobre o cruceiro, que se levantou no ano 1500 aprox.

Page 29: Arte pre románica e románica

A catedral dispón de tres portas románicas perfectamente conservadas.

As portadas meridional e septentrional son similares, con gran riqueza de esculturas e tamén mostra unha clara influencia compostelana do Mestre Mateo.

A entrada occidental (Pórtico do Paraíso) reproduce, de maneira simplificada, a estrutura do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, a cal é posterior a este. Sen embargo, a escultura é máis románica que a de Santiago. Tamén é interesante a policromía que se conserva.

Page 30: Arte pre románica e románica
Page 31: Arte pre románica e románica

Igrexa de Santo Antolín de Toques

Autor: San BenitoTítulo: Santo Antolín de ToquesCronoloxia: S. XArte: Románico, aínda que posúe toques

Pre-románicos

Page 32: Arte pre románica e románica

Comentario:

Esta igrexa, nas súas orixes foi templo monacal. Trátase dun dos edificios máis complexos de toda a Idade Media galega xa que contén pezas de moi diferentes épocas e estilos, ademais, é considerado un dos mais antigos de Galicia.

Atópase a 600 m de altitude, no concello coruñés de Toques. No seu exterior, as pezas máis antigas son utilizadas como remate do aleiro do presbiteiro.

Os arcos da cabeceira son decoracións xeométricas e posúe ventás de doble derrame.

No aleiro da nave, o estilo dos canzorros é dun románico mais moderno, con formas que representan cabezas humanas e, por últumo, as portas laterais presentan arcos semicirculares que semellan arcos de ferradura.

Page 33: Arte pre románica e románica
Page 34: Arte pre románica e románica

No seu interior consérvase

un calvario dun estilo

de transición ao gótico.

Ten un arco triunfal

de arte pre-románica,

e posúe ademais

pinturas renacentistas

no testeiro.

Page 35: Arte pre románica e románica

Igrexa de Santa María de Cambre

Título da obra: Igrexa de Santa María de CambreAutor: Mestre Miguel de Pedro (realizada baixo o

patrocinio da familia Traba)Cronoloxía: Finais do siglo XIIEstilo artístico: Estilo románico

Page 36: Arte pre románica e románica

É unha Igrexa de tres naves con cruceiro e cabeceira con cinco capelas radiais, constituíndo esta última o seu trazo máis distintivo. No interior, as naves divídense en catro tramos compostos por semicolumnas.

Page 37: Arte pre románica e románica

En canto á disposición da complexa cabeceira desta igrexa, debemos dicir que as solucións arquitectónicas que alí se utilizaron foron moi acertadas, posto que o deambulatorio foi resolto mediante arcos faixóns que apeaban en columnas encostadas.

Page 38: Arte pre románica e románica

Entre os absidiolos ábrense xanelas, o mesmo que nas capelas, para dar luz ao deambulatorio. Construíronse poucas igrexas con girola pois a súa existencia indica que por ela desfilaban peregrinos en número elevado.

Page 39: Arte pre románica e románica