Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas...

31

Transcript of Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas...

Page 1: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros
Page 2: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

Apuntamentos históricos do

movemento obreiro da CoruñaDe Chacón ás Comisións Obreiras

Page 3: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros
Page 4: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

Apuntamentos históricos do

movemento obreiro da CoruñaDe Chacón ás Comisións Obreiras

Edición ao coidado de:

Luís Alonso Ricardo Gurriarán

C O L E C C I Ó N T E S T E M U Ñ O SN º 1 0

2 0 1 7

Fundación 10 de Marzo

Page 5: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

© Fundación 10 de Marzo, 2017© Do texto: Os autores, 2017

© Deseño de edición e maqueta: Alejandro Vidal, 2011Foto da cuberta: Manifestación contra un despedimento no comité

de empresa de Genosa (A Coruña, 1976)

edita:Fundación 10 de Marzo

Polígono do Tambre

Vía Edison, 1 C

15890 - Santiago de Compostela

Tel.: 981 574 082

Fax: 981 576 807

[email protected]

corrección lingüística: Begoña Méndez Vázquez

(Gabinete de Normalización Lingüística

do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia)

Maquetación: Tórculo Comunicación Gráfica, S.A.

iMpriMe: Tórculo Comunicación Gráfica, S.A.

ISBN: 978-84-939921-6-3

Depósito legal: C 1253-2017

C O L E C C I Ó N T E S T E M U Ñ O SN º 1 0

Page 6: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

7

ÍNDICE

Presentación............................................................................................. 9

Introdución ............................................................................................... 11

ARTIGOS

A loita polos dereitos sociais. O movemento das cigarreiras da Palloza, 1804-1930.............................................................................. 21

Luís Alonso Álvarez

A centralidade do anarcosindicalismo coruñés ........................................ 45

Dionísio Pereira

Conflitividade obreira e folguística na Coruña 1935-1936 ....................... 67

Manuel González Probados

Planificación económica e respostas sociais fronte á (des)orde franquista. As políticas ‘desarrollistas’ e a súa incidencia en Galicia ......................... 79

Honorio Cardoso

1960-1970. O nacemento dun novo sindicalismo visto por un periodista coruñés ............................................................................... 99

Pedro de Llano Cabado

A organización coruñesa do Partido Comunista e as Comisións Obreiras nos anos sesenta....................................................................... 121

Víctor Manuel Santidrián Arias

Militantes comunistas e pioneiros do sindicalismo coruñés na creación das Comisións Obreiras............................................................. 145

Xan María Castro Paz

Page 7: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

CONVERSAS CON SINDICALISTAS E ACTIVISTAS SOCIAIS DA CORUÑA

Conversa con Miguel Mourón Marín, fillo de Nicasio Mourón López (Ferrol, 1927-A Coruña, 1997) ....................................................... 167

Conversa con Roberto Liñeira Graña (A Coruña, 1934) .......................... 179

Conversa con Begoña Palacio Verdini (A Coruña, 1934) ......................... 195

Conversa con Manuel Bermúdez Blanco, Chao (A Coruña, 1938) .......... 205

Conversa con Nicanor Acosta Alonso (A Coruña, 1939) .......................... 219

Conversa con Carlos Vázquez González (A Coruña, 1942) .................... 237

Conversa con Maximino Cacheiro Varela (A Coruña, 1943) .................... 251

Conversa con Manuel Lourenzo Pérez (Ferreira do Valadouro, 1943) .................................................................. 259

Conversa con Gonzalo Porto Vázquez (Santiago de Compostela, 1945) .............................................................. 273

Conversa con Enrique Veira Pino (A Coruña, 1948) ................................ 285

Conversa con Manuel Villares Creo (Lousame, A Coruña, 1949) ............ 303

Conversa con Hortensia Álvarez Folgar, Tensi (A Coruña, 1952) ............ 319

Conversa con Xosefa Hermo Ínsua, Chefa (Noia, 1953) ........................ 339

Page 8: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

121

A organización coruñesa do Partido Comunista e as Comisións Obreiras nos anos sesenta

´A ORGANIZACIÓN CORUÑESA DO PARTIDO COMUNISTA

E AS COMISIÓNS OBREIRAS NOS ANOS SESENTA

Víctor Manuel Santidrián Arias

Nos anos sesenta do século pasado, o Partido Comunista de España (PCE) converteuse na principal forza do antifranquismo. Foi a década do paso da resistencia ao activis-mo social, segundo expresión de Molinero e Ysàs (2017).1 Os cambios da dirección no exilio, a aparición dunha nova xeración de militantes e as formas de loita apuntadas nos documentos da organización nos anos anteriores están detrás dese feito.

A loita guerrilleira, os anos do maquis quedaban xa moi lonxe. Á marxe do sig-nificado do «cambio de táctica» recomendado á dirixencia comunista española por Stalin en agosto de 1948 (abandono da loita armada, transformación da guerrilla nunha especie de servizo de protección dos órganos de dirección do Partido no in-terior, combinación das posibilidades legais e das ilegais, infiltración comunista no sindicato vertical…) faltaba moito para que se fixese realidade.A década dos cincuenta fora a dos anos escuros. O Partido funcionaba ao ralentí, debido á febleza organizativa, consecuencia das caídas ocorridas nos anos anteriores. Porén, na cúpula dirixente exiliada producíronse cambios.

As primeiras informacións sobre a organización galega desta época datan dos informes redactados ao redor do V Congreso do PCE (1954), unha asemblea cun va-lor máis simbólico (era o primeiro despois da Guerra Civil) ca efectivo. O panorama organizativo non era excesivamente prometedor, nin en España, nin en Galicia, nin na cidade herculina. Parece que a principios de 1954 a militancia era cativa e con bastantes anos dunha dura experiencia política que, en moitos casos, a apartaba da actividade. Ademais, as dificultades da clandestinidade condenaban moitos afiliados á soidade, de xeito que «esperan que exista el Partido para trabajar», incapaces de tomaren iniciativas pola súa conta.2 Se os contactos existentes na Coruña eran dúas

1 De la hegemonía a la autodestrucción. El Partido Comunista de España (1956-1982), libro dos profesores Molinero e Ysás, constitúe unha interesante posta ao día dos coñecementos sobre a historia do PCE, polo que está chamado a convertese en referencia bibliográfica.

2 Informe sobre Galicia. Abril 1954, AHPCE (Archivo Histórico del Partido Comunista de España). Rexións e nacionalidades. Informes político-económicos. Caixa 76/1.

Page 9: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

122

A organización coruñesa do Partido Comunista e as Comisións Obreiras nos anos sesenta

persoas, un ano despois da celebración do V Congreso as esperanzas estaban postas en cinco ou seis afiliados, varios deles militantes dos tempos da Guerra Civil, incul-pados nalgún dos procesos dos anos corenta.3

Aínda que, como acabamos de dicir, as novidades introducidas polo V Congreso non foron moitas, facilitaron o desenvolvemento dos cambios nos anos posteriores debido, en parte, á incorporación aos órganos de dirección de militantes procedentes das Juventudes Socialistas Unificadas (JSU). A transformación comezou lentamente a partir do ano 1956, cando un grupo de dirixentes (Fernando Claudín, Ignacio Gallego, Jorge Semprún… encabezados por Santiago Carrillo) se enfrontou ao que daquela desempeñaba a dirección efectiva do Partido: Vicente Uribe. A loita, que se saldou coa vitoria dos «mozos», xirou fundamentalmente arredor da aplicación dos métodos colectivos de dirección segundo o modelo leninista de partido —teoricamente refor-zado a raíz do V Congreso— e, sobre todo, da celebración do XX Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética (1956).

A mellor proba do triunfo das teses de Carrillo foi a Resolución do Pleno do Comité Central adoptada en agosto de 1956. O PCE iniciou a chamada «política de reconciliación nacional», elaborada no Pleno do Buró Político de abril-maio e no do Comité Central de xullo-agosto de 1956.4 Ante a proximidade do vinte aniversario do 18 de xullo de 1936 e dados os cambios habidos na situación mundial e na española, os comunistas españois consideraban que eran xa moitas as opinións dos derrotados que se pronunciaran a prol da reconciliación entre vencidos e vencedores na Guerra Civil. Os comunistas recoñecían que as transformacións vividas no país nos vinte anos posteriores ao comezo da Guerra Civil facían posible un cambio pacífico de réxime que permitise a reconciliación entre os outrora enfrontados. A ditadura de Franco xa non era un bloque monolítico, pois tamén no seo da Falange, da Igrexa e do Exército habíaos favorables á reconciliación nacional. Así pois, o PCE chamaba a todos os españois, monárquicos, democristiáns, liberais, republicanos, nacionalistas vascos, cataláns e galegos, cenetistas e socialistas a acadar o obxectivo do cambio pacífico.

Con esa análise como pano de fondo, Santiago Carrillo presentou o relatorio sobre «La situación en la dirección del Partido».5 Para corrixir as distorsións que as

3 Gervasio García de Cós, Jaime Palomino, Jesús, Cheto, Joaquín o panadeiro (Informe de 1 sobre Galicia. Agos-to 1955, AHPCE. Rexións e nacionalidades. Cartafol 76/1).

4 «Declaración del Partido Comunista de España por la reconciliación nacional, por una solución democrática y pacífica del problema español. Junio de 1956», Arquivo Fundación 10 de Marzo. Fondo Manuel Bravo. Véxase tamén Mundo Obrero, 8, agosto-setembro de 1956.

5 Santiago Carrillo, «La situación en la dirección del Partido». Agosto de 1956. Arquivo Fundación 10 de Marzo. Fondo Enrique Veira.

Page 10: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

123

Víctor Manuel Santidrián Arias

condicións de clandestinidade e o feito de que a dirección traballase no exilio provo-caban na apreciación do interior, cumpría reforzar os métodos de dirección colectiva e o centralismo democrático, seguindo as directrices marcadas polo V Congreso. Ca-rrillo pedía, ademais, unha certa flexibilidade nas formas organizativas para recupe-rar a todos os grupos de comunistas que traballaban en España, mesmo aqueles que non estaban encadrados en células.6

Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros sectores sociais, especialmente aos intelec-tuais. De todos os xeitos, para os comunistas o movemento obreiro seguía sendo fun-damental. Debíanse protexer as formas de organización ilegal que estaban aparecen-do, as comisións de traballadores, converténdoas en organismos estables arroupados pola legalidade, é dicir, polas estruturas do sindicato vertical, tal e como se viña dicindo dende había algún tempo. A participación nas eleccións sindicais era unha das claves tácticas do Partido, porque permitirían coordinar as accións de masas.8

Intentos de mobilización

Algo empezaba a bulir no interior. En febreiro de 1956 ocorreron os sucesos estudantís na Universidade de Madrid e, un ano despois, as mobilizacións de novo na capital estatal e tamén en Barcelona. Por esa razón, a III Sesión Plenaria do Comité Central do PCE, celebrada en setembro de 1957, decidiu preparar unha «xornada de reconciliación nacional» (XRN). Iniciábase unha táctica que aspiraba a acabar coa di-tadura a través dunha acción de masas. Esta táctica —que algúns autores denominan «xornalismo»— baseábase probablemente en «análisis catastrofistas» da realidade española e non en «voluntarismo comunista» (Molinero e Ysàs, 2017: 23 e 27). En Galicia, polo menos, non significou nada máis cá detención de varios camaradas co-ruñeses o 5 de maio de 1958.9

Esa xornada tivo a súa continuación noutra convocatoria, a da «folga nacional pacífica» (FNP) do 18 de xuño de 1959. A FNP desenvolveuse no marco do Plan de

6 Santiago Carrillo (1958), Las tareas de organización del Partido y de la lucha antifranquista. Informe del Buró Político. IV sesión plenaria del Comité Central del Partido Comunista de España (13 y 14 de septiembre de 1958), Arquivo Fundación 10 de Marzo. Fondo David Álvarez Carballido.

7 Dolores Ibárruri, «III sesión plenaria del Comité Central del Partido Comunista de España 7, 8 y 9 de septiem-bre de 1957. Informe de Dolores Ibárruri», páx. 70, Arquivo Fundación 10 de Marzo. Fondo Enrique Veira.

8 Santiago Carrillo (1958), «Las tareas de organización del Partido y de la lucha antifranquista. Informe del Buró Político. IV sesión plenaria del Comité Central del Partido Comunista de España (13 y 14 de septiembre de 1958)», páx. 14 e ss., Arquivo Fundación 10 de Marzo. Fondo David Álvarez Carballido

9 «Al Buró Político». 1959? AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 15-16.

Page 11: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

124

A organización coruñesa do Partido Comunista e as Comisións Obreiras nos anos sesenta

Documento interno do PC da Coruña (AHPCE, ca. 1962)

Page 12: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

125

Víctor Manuel Santidrián Arias

Estabilización promovido polo Goberno, que supuxo importantes cambios na estru-tura económica española. Con ese pano de fondo, o franquismo promulgou a lei de convenios colectivos, que intentaba evitar «que el conflicto se produjera entre los trabajadores y el Estado, como sucedía en la etapa anterior a 1958, lo que les facilitó la consecución de una parte de sus reivindicaciones» (Molinero, 1998: 63). Pero tam-pouco a FNP acadou «las proporciones que sus organizadores y el pueblo esperaban».10 A Declaración comunista recoñeceu que en Galicia non tivo repercusión ningunha, quizais pola debilidade da organización e polo escaso número de militantes: no ano 1959, dous comunistas dos que non coñecemos máis datos sobre a súa identidade, Sabino González e Moreno, parecen ser os responsables do Partido en Galicia.11 O seu traballo aínda se apoiaba nos militantes vellos, moitos deles tocados pola represión. Os informes propuñan substituír os dous responsables e iniciar unha política de ache-gamento á xente nova. Habería que comezar a reorganización enviando a París dez ou quince camaradas para discutir con eles a situación. Ademais, deses militantes sairían os representantes para o VI Congreso do Partido.

Os contactos nas distintas localidades galegas resúltannos coñecidos. No que se refire á Coruña capital, non existía relación orgánica cos camaradas (Joaquín González el Panadero, José María Díaz, Cuenca, Emilio Aguiar, Pedro Alcón, Cheto, Castro, Cari-dad), algúns dos cales caeron na preparación da XRN. No resto da provincia e de Galicia, o panorama tampouco era moi prometedor. Queda resumido no seguinte cadro:

A MILITANCIA NA CORUÑA (1954-1959)12

1954 1955 1959

Pedro Montero Seoane,La Corte

Gervasio García de Cós,Jaime Palomino,

Jesús,Cheto,

Joaquín el Panadero

Joaquín González el Panadero,

José María Díaz,Cuenca,

Emilio Aguiar,Pedro Alcón,

Cheto,Castro,Caridad

10 «Declaración del PCE sobre la Huelga Nacional». Julio de 1959, AHPCE. Documentos 40.11 «Al Buró Político». 1959?, AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 15-16.12 Cadro de elaboración propia con datos procedentes de: «Informe sobre Galicia. Abril 1945», AHPCE. Re-

xións e nacionalidades. Informes político-económicos. Caixa 76/1; Informe de 1 sobre Galicia. Agosto 1955, AHPCE. Rexións e Nacionalidades. Cartafol 76/1 e «Al Buró Político, 1959? AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 15-16.

Page 13: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

126

A organización coruñesa do Partido Comunista e as Comisións Obreiras nos anos sesenta

Da resistencia á oposición

Como dixemos ao comezo destas páxinas, os anos sesenta supuxeron un cambio importante: o PCE converteuse na forza hexemónica do antifranquismo. Símbolo do cambio foi o acceso de Santiago Carrillo á secretaría xeral do PCE no VI Congreso des-ta organización (1960). Os novos Estatutos intentaron consolidar as liñas apuntadas nos anos anteriores: o método colectivo de dirección, unha maior flexibilidade nas formas de organización, a apertura a novos sectores sociais, etc.13 Máis importante aínda era o reforzamento dos comités, «espina dorsal del Partido», encargados da «aplicación creadora» da liña política nas condicións concretas do seu ámbito. Tiñan a obriga de tomar decisións, organizar a actividade e asegurar que os militantes coñecesen a política da organización. Os comités viñan substituír o «sistema de con-tactos», mediante o cal un reducido número de dirixentes desenvolvían o seu traballo sobre a base dunha enorme multitude de entrevistas individuais.14 O tradicional sis-tema de contactos, de citas cotiás, empobrecía a vida política dos grupos de partido. Isto dificultaba, asemade, a incorporación de novos militantes porque os contactos se realizaban con camaradas antigos que, en moitos casos, xa pasaran pola cadea.

Sobre a base dos enunciados ata aquí expostos, traballou en Galicia un mili-tante enviado por París. Trátase de Amador Martínez Ramón, un comunista nado na comarca de Monforte, exiliado dende a fin da Guerra Civil. A principios da década dos sesenta, tras a estancia no interior de Antonio Núñez, de cuxo traballo só coñecemos un dos seus informes,15 a dirección do Partido propúxolle a Amador Martínez Ramón que traballase no interior. O labor de Ramón estendeuse por toda a xeografía galega entre 1960 e 1966, intercalando longas permanencias no país coas saídas a París.16

Un documento de 1962

Foi nese período, concretamente no mes de xullo de 1962, cando o Secretariado do PCE, coa asistencia de militantes do interior, celebrou unha importante reunión para tratar a situación de Galicia.17

13 Estatutos do Partido Comunista de España aprobados en su VI Congreso (1960), Fundación 10 de Marzo. Ma-nuel Bravo.

14 «Intervención de Federico Sánchez», Nuestra Bandera, 25, marzo de 1960, páxs. 63-74.15 «Informe del Partido sobre la caída de Vigo (Antonio)» [1963]. AHPCE. Galicia 46-51.16 A importancia do papel de Amador Martínez Ramón na reorganización do PCE en Galicia dende 1960 foi posta

de manifesto por primeira vez por Gómez Alén, 1995, páx. 68.17 «Acta del Secretariado del 24 de julio de 1962», AHPCE. Documentos 43.

Page 14: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

127

Víctor Manuel Santidrián Arias

Froito dese encontro foi unha resolución, «Propuestas con carácter resolutivo concernientes a las cuestiones del trabajo en Galicia», que consideramos clave para entender a estratexia do PCE en Galicia ao longo de toda a década dos sesenta.18 Da lectura do documento, en cuxa redacción deberon de participar Santiago Álvarez e Enrique Líster, entre outros, tiramos a conclusión de que moitas das tácticas comu-nistas na década dos sesenta (movemento obreiro e campesiño, intelectuais, xuven-tude, universidade, muller, etc.) foron trazadas neste momento.

O labor fundamental das organizacións do Partido sería fortalecer o «carácter político decidido y abierto» das loitas contra a ditadura e polos dereitos democráti-cos. A oposición antifranquista galega debía contribuír á creación dunha «alternativa democrática a la dictadura (…), al unísono con la clase obrera y las masas populares de toda España». Para realizar estas tarefas, o documento esbozaba unha dirección galega e outras por localidades. PL e P encabezarían o Comité Local da Coruña, que estaría formado, ademais, por un camarada mecánico e outro militante. En xuño de 1963, no Comité Local coruñés estaban un traballador da Cros, Daniel, de 30 anos; o electricista Antonio, de 27, e unha muller, Rocío, probablemente en representación das máis de vinte que cotizaban.19

Foi a partir de 1960 cando frutificou a táctica de penetración no sindicato vertical, que tivera como primeira formulación o xa citado «cambio de táctica» de 1948. Os co-munistas tiñan que participar nas eleccións sindicais. E participaron. Celebrados os co-micios, o Partido lanzou unha declaración na que afirmaba que o Goberno os convocara para lle facer fronte ao descontento obreiro provocado polo Plan de Estabilización de 1959.20 As eleccións fixéronse nunhas condicións de falla de liberdades: impedíuselles aos traballadores que coñecesen a normativa para invalidar candidaturas, depuráronse as listas e suprimíronse enlaces nas empresas de máis de 250 traballadores. A pesar de todo isto, o resultado electoral foi moi satisfactorio para os comunistas, porque en centos de empresas saíron elixidas candidaturas non oficiais. Outro aspecto positivo do período electoral foi a aparición do xermolo de unidade de acción entre traballadores

18 «Propuestas con carácter resolutivo concernientes a las cuestiones del trabajo en Galicia. 10 octubre de 1962», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 22. Malia todas as declaracións, a militancia feminina no Partido Comunista foi moi minoritaria ao longo de todos estes anos, como tamén o foi a súa presenza nos órganos de dirección. A información fala de vinte mulleres (Concha, Victoria Díaz Cabanela, Pilar Valiño, Teresa Varela, entre elas) que cotizaban ao PCE na Coruña, número que talvez explica a presenza dunha muller, Rocío, no Comité Local coruñés.

19 «Algunos datos sobre el estado de la Organización del Partido en Galicia... Julio 63», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 53.

20 Comité Central do PCE, «Declaración del Partido Comunista sobre los resultados de las elecciones sindicales y la organización de la lucha de la clase obrera», [Outubro de 1961], Arquivo Fundación 10 de Marzo. Fondo Manuel Bravo.

Page 15: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

128

A organización coruñesa do Partido Comunista e as Comisións Obreiras nos anos sesenta

de todas as tendencias, que podía ser embrión de «comisiones o comités de oposición obrera» apoiados nos «enlaces honrados». Este sería o paso previo a unha coordinación superior nos sindicatos oficiais, tanto no plano local coma no provincial.

«Propuestas con carácter resolutivo concernientes a las cuestiones del trabajo en Galicia» foi redactado cando aínda estaban quentes as brasas das folgas de abril e maio de 1962 en Asturias e as repercusións que tiveron en Galicia. Os comunistas cualificaron eses conflitos como un auténtico salto cualitativo no movemento anti-franquista. Abríase a posibilidade de consolidar as comisións obreiras formadas como organismos estables, non espontáneos: «Para coordinar la lucha entre las diferentes ramas industriales y en el plano local y provincial —dicían as consignas—, son pre-cisos, además, órganos de la oposición sindical a esa escala».21

Ese salto permitiría empezar a falar da creación de comisións permanentes nalgun-has factorías como a Fábrica de Armas e Cros da Coruña, empresas, precisamente, con presenza de militantes comunistas e nas que as repercusións asturianas tiveron impacto.Estabilizadas esas comisións, o seguinte paso sería crear órganos de industria e de carácter local e, posteriormente, formas de organización superiores.22 A militancia comunista estaba chamada a desempeñar un papel determinante neste proceso.

MILITANCIA COMUNISTA NAS EMPRESAS CORUÑESAS (1962-1963)23

Empresa Outubro de 1962 Xuño de 1963

Aluminio 2

Armas sen número 2

Burgo 6

Castros 2

Construción 3 7

Cros 6 3

Chas 2

Pysbe 5

21 «Propuestas con carácter resolutivo concernientes a las cuestiones del trabajo en Galicia. 14 outubro de 1962», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 22.

22 «Propuestas con carácter resolutivo concernientes a las cuestiones del trabajo en Galicia. 10 octubre de 1962», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 22.

23 Cadro de elaboración propia a partir de «Algunos datos sobre el estado de la organización de Partido en Galicia... Julio 63». AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 53.

Page 16: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

129

Víctor Manuel Santidrián Arias

Empresa Outubro de 1962 Xuño de 1963

Fábrica de Tabacos 3

Fenosa 3

Genosa simpatizantes

Monelos 2

Pasaxe 2

Refinería 4

Xardíns concello sen número

Rematamos este apartado cun breve comentario sobre a crise que neste momento estaba a vivir o PCE, en boa maneira reflexo do que pasaba no movemento comunista internacional. Por unha banda, producíronse escisións pola esquerda daqueles grupos que se identificaban coas posturas chinesas, dentro do marco do enfrontamento entre a URSS e a República Popular de China. Por outra parte, tivo lugar o debate entre Santia-go Carrillo, Fernando Claudín e mais Jorge Semprún, que acabou coa expulsión destes dous militantes. Non temos referencias de que eses procesos afectasen a organización galega nin pola documentación consultada nin polos testemuños orais recollidos. En-rique Veira Pino, que naquel entón acababa de ingresar nas Xuventudes Comunistas da Coruña, lembra que nunha reunión se lle preguntou á organización herculina se estaba con Claudín ou con Carrillo. Conta este militante que, probablemente, aquela foi a primeira vez que el e os seus camaradas oíran falar de Fernando Claudín. A resposta foi algo semellante a «nosotros estamos con el Partido».24 Así pois, a dirección de Galicia enviou unha carta a Francia na que rexeitaba «con toda energía la capitulación expre-sada a lo largo de la discusión del caso Claudín y compañero de viaje, es decir, que estamos totalmente de acuerdo con el método empleado por el CE».25

1966-1967

O VII Congreso do PCE celebrouse en 1965. Asistiron varios militantes de Galicia. Na oitava sesión interveu «Andrés Pérez».26 Presentou a súa comunicación sobre o nivel

24 Entrevista a Enrique Veira Pino realizada por Víctor M. Santidrián Arias (A Coruña, 26 de xaneiro de 2000).25 «Carta de Carba... (Galicia). Febrero de 1965», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 94.26 Das 136 persoas que asistiron ao Congreso, formaban a delegación por Galicia Santiago Álvarez e catro mi-

litantes cos seguintes «nomes de guerra»: José López, Andrés Pérez, Juan Pérez, Florencio Ramos. Sabemos

Page 17: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

130

A organización coruñesa do Partido Comunista e as Comisións Obreiras nos anos sesenta

Informe político do PC sobre mocidade e estudantado galego,entre outros sectores (ca. 1966)

Page 18: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

131

Víctor Manuel Santidrián Arias

de desenvolvemento do movemento obreiro no país, destacando dúas ideas: a estreita ligazón existente entre a aparición de comisións e a presenza de militantes comunistas; en segundo lugar, recoñeceu que, malia haber xa en moitas factorías xurados e enlaces comunistas, as comisións que os apoiaban só actuaban cando xurdía un problema.27

Os datos que posuímos sustentan a idea de que, en Galicia, a creación de comi-sións obreiras foi obra, sobre todo, do PCE. A Coruña e Galicia non foron unha excep-ción nesta estreita relación, que constituíu «el caso más significativo de conjunción de las dos vertientes de lucha contra la dictadura, es decir, la oposición política y la conflictividad social, una simbiosis resuelta con un desequilibrio a favor del PCE» (Treglia, 2012: 14). Hai unha conexión directa entre a presenza de organización comunista nunha empresa e a aparición dunha comisión obreira. Con isto non que-remos dicir que a presenza dun militante comunista se traduza automaticamente na creación dunha comisión; a relación que propoñemos é a contraria: no caso de non existir presenza comunista é moi difícil que apareza unha comisión ou, cando menos, que esa comisión se converta nun organismo estable.

Os lazos eran tan estreitos que na Coruña, por exemplo, se afirmaba que as co-misións «han salido del seno del Partido y el P. sigue siendo el alma de las mismas». Isto provocaba un efecto non desexado polo PCE, a saber: non había comisións onde o Partido non estaba organizado.28 Tratábase dun fenómeno non buscado, porque na óptica do Partido Comunista, a aparición de comisións de traballadores era en por si un fenómeno de desgaste do franquismo e porque, ademais, «Las comisiones encuentran caminos abiertos que al Partido se le abrirán más difícilmente». A pesar dos intentos de superar a relación entre o Partido e as comisións obreiras, en xullo de 1967 aínda se informaba de que na capital herculina os progresos obreiros seguían estando directamente relacionados coa organización do PCE.29

O período posterior ao VII Congreso coincidiu, grosso modo, coa substitución de Amador Martínez Ramón, xa localizado pola policía, por outro militante procedente de París: Anselmo Hoyos.30 Hoyos non chegou ata 196731 polo que, entre a marcha de

que un dos asistentes foi David Álvarez Carballido e outro Carlos Núñez. Este último, pola súa banda, afirma que alí estiveron Francisco Fernández Filgueira e José Díaz Carballeira.

27 «Intervención de Andrés Pérez (Galicia). VIII sesión», AHPCE. Congresos. Actas do VII Congreso (1965), páxs. 524 e ss.

28 «Consideraciones que el Comité Local de La Coruña presenta al Provincial. Presentado en la reunión del C. P. en Coruña el 29-6-67 por el secretario de organización (1)», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 164.

29 «Informe de (1). Galicia, julio 1967», AHPCE. Serie Galicia e León. Jacq. 165.30 Amador Martínez foi substituído en marzo de 1966 por Anselmo Hoyos («Informe de Martínez. 13-10-66»,

AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 147).31 1966 segundo Jesús Aneiros (entrevista realizada a Jesús Aneiros por Víctor M. Santidrián Arias na Coruña o

12 de novembro de 2001).

Page 19: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

132

A organización coruñesa do Partido Comunista e as Comisións Obreiras nos anos sesenta

Amador Martínez e a presenza daquel, houbo un período en que non sabemos se viviu algún permanente de París no interior. Probablemente, os contactos establecéronse a través do asturiano Víctor Bayón e de Carlos Núñez. Para este último, «con Ansel-mo, Galicia se contemplaba como un todo. Anselmo era la nueva política, la nueva dinámica, el partido abierto a la sociedad»,32 se ben, segundo outros militantes, os seus métodos caracterizábanse por unha orientación algo máis ríxida no tocante á seguridade.33

Nestes anos centrais da década, os comunistas galegos xa dispuñan dunha espe-cie de buró político. O seu cometido non era o dun órgano de decisión política, senón que se encargaba de coordinar os distintos comités dispersos por toda a xeografía. Pola Coruña estaba presente Jesús Aneiros.34

O PCE pretendía nestes anos converterse nunha organización de masas.35 Os co-munistas galegos tentaron afondar na consigna de se converter nun partido de masas que dese cabida á clase obreira pero tamén a outros moitos sectores da poboación. Aspirábase a que «el Partido esté en todas partes», de forma que actuase como o motor dos movementos de masas, aínda que neles existisen outras forzas políticas. Para que esta proposta se fixese realidade, cumpría «salir a la superficie». O Partido Comunista argumentaba que a situación do réxime era xa de tal debilidade que o recurso á violencia como método de represión non era tan frecuente coma outrora. Por iso, «nuestro Partido no se resigna a la clandestinidad». Iso significaba que os comunistas debían dar a cara nas asembleas e ser unha referencia nos movementos de masas, o que, por suposto, non significaba unha renuncia ás formas clandestinas. Desta forma, o PCE conseguiría

[…] arrancar el lugar que le corresponde a la luz del día, en tanto que representante de un importante sector de la nación. Pero arrancar ese lugar no es ocuparlo después de haber obtenido el derecho legal. Es, por el contrario, ir ocupándolo, creando una situación de hecho; luego de esto, es cuando se nos reconocerá el derecho.36

32 Entrevista a Carlos Núñez, realizada por Víctor M. Santidrián Arias en Vigo (4 de febreiro de 2000).33 Entrevista a Enrique Veira Pino, realizada por Víctor M. Santidrián Arias (A Coruña, 26 de xaneiro de 2000).34 As consideracións sobre o carácter deste buró na entrevista a Manuel Peña-Rey realizada por Víctor M. Santi-

drián Arias en Santiago de Compostela (5 de febreiro de 2000) e na entrevista a Carlos Núñez, realizada por Víctor M. Santidrián Arias en Vigo (4 de febreiro de 2000). Resulta difícil facer unha listaxe dos membros deste órgano dado o seu carácter «informal» e tamén a que podía haber variacións en función das condicións políticas.

35 Referímonos a Santiago Carrillo, «El fortalecimiento del Partido», Mundo Obrero, segunda quincena de xuño de 1966, e «Por un Partido Comunista de masas para acelerar la transición hacia la democracia. Resolución del Comité Executivo del Partido Comunista de España. Abril de 1967», AHPCE. Documentos 48.

36 Santiago Carrillo, «El fortalecimiento del Partido», Mundo Obrero, segunda quincena de xuño de 1966.

Page 20: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

133

Víctor Manuel Santidrián Arias

Evidentemente, a policía podería caer sobre a militancia, polo que esta táctica recibiría críticas. Fronte a elas, os comunistas afirmaban que a represión tiña efectos moi negativos sobre a ditadura, pois crecía o sentimento de rexeitamento contra ela e facilitaba a realización de campañas de solidariedade.37

As eleccións sindicais, unha vez máis

A cerna do traballo desenvolvido polo PCE seguiu sendo o eido sindical, no que se acadaron importantes avances organizativos ao redor das comisións obreiras. En toda España, un acontecemento fundamental para o desenvolvemento da táctica comunista foron as eleccións sindicais de 1966, que rexistraron unha participación masiva, o 83,6 % do censo (Gómez Alén, 1995: 94). As eleccións preparáronse nun coloquio celebrado en Francia ao que asistiron os comunistas que estaban a traballar no movemento obreiro, entre eles unha delegación galega.38 Na reunión puxéronse as bases dunha plataforma común para toda España.39 «No proceso de formacións das candidaturas e na elaboración de programas concretos das empresas xogou un papel determinante o dinamismo das células comunistas», afirma Gómez Alén (1994: 92).

Na consolidación deste novo movemento obreiro foron fundamentais as eleccións sindicais de 1966 que, entre outras cousas, permitiron traballar «a la luz del día», forzando coa súa actuación a aparición de novos espazos de liberdade.40 Os resultados significaron un pulo importante pois permitiron a entrada de moitos militantes nos xurados de empresa. Así, déronse pasos para a coordinación das comisións, tanto xeográfica (no ámbito local e galego) como sectorialmente.

Xurdiron, inicialmente, comisións en cidades e vilas, co obxectivo de crear orga-nismos provinciais, galegos e españois. De forma paralela ao incremento do número de comisións, produciuse unha mellora na súa coordinación en Galicia e en España. O papel das CCOO de Madrid foi fundamental no proceso de articulación do movemento en toda España. De feito, con motivo da celebración das eleccións sindicais de 1966, os traballadores galegos discutiron os documentos da Comisión Obreira do Metal de

37 «Acerca del nuevo movimiento obrero en Galicia. Enero de 1968», AHPCE. Serie Galicia e León. Jacq. 192.38 «Actas taquigráficas del coloquio obrero de septiembre de 1966», AHPCE. Movemento obreiro. Caixa 60.39 Ibídem.40 Santiago Carrillo (1967), Nuevos enfoques a problemas de hoy.

Page 21: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

134

A organización coruñesa do Partido Comunista e as Comisións Obreiras nos anos sesenta

Noticia da detención de militantes comunistas da Coruña (La Voz de Galicia, xuño de 1967)

Page 22: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

135

Víctor Manuel Santidrián Arias

Madrid que, dalgún xeito, se tomaron como exemplo.41 Prevíase a redacción dun es-crito semellante para Galicia.42

No verán de 1967 tivo lugar a I Asemblea Nacional en Madrid (xuño de 1967).43 Dous representantes de Vigo, dous de Ferrol e outros dous da Coruña reuníronse en Galicia o 18 de xullo de 1967 para nomear os delegados que asistirían á capital do Estado.44 Dende ese momento, Galicia tería representación na Coordinadora Estatal de CCOO (Gómez Alén, 1995: 117). Os avances organizativos en Galicia e os contactos estatais favoreceron os encontros das Comisións galegas, que culminaron na convo-catoria da I Reunión Nacional de CCOO de Galicia (1968), celebrada en Bastiagueiro (Alén, 1995: 117).

O difícil proceso de coordinación acelerouse a medida que se poñían de ma-nifesto as vantaxes que xeraba como, por exemplo, controlar o Sindicato do Metal ou as empresas bacallaeiras da provincia da Coruña.45 Foi no Sindicato da Coruña, controlado polos comunistas, onde primeiro se souberon os plans da empresa; das institucións foron transmitidos aos xurados da factoría, comezando así a organiza-ción da defensa.46

A Coruña foi unha das primeiras localidades en que se constituíu unha Comisión Obreira Local (marzo de 1967), na asemblea celebrada o 12 de marzo de 1967 nunha parroquia da cidade. Asistiron, ademais do sacerdote responsable da Juventud Obrera Católica local, uns trinta traballadores de Genosa, Refinería, Fábrica de Armas, Peb-sa, etc. Tratáronse temas como o salario de 250 pesetas diarias con escala móbil, a xornada de 44 horas semanais, a seguridade no emprego e o seguro de desemprego, o dereito de folga e a liberdade sindical mais a atención á xuventude e á muller traballadora. Como obxectivo a curto prazo, os traballadores propoñíanse establecer contacto coas CCOO de Ferrol e Vigo.47 O resultado da reunión foi o «Documento reivindicativo de las Comisiones Obreras de La Coruña», con data do 19 de marzo de 1967 (Gómez Alén e Santidrián, 1996: 79-85). Unha das eivas do traballo sindical

41 A Comisión de Enlaces e Xurados da Metalurxia de Madrid ou Comisión Obreira do metal creárase en setembro de 1964. Supuxo unha ruptura organizativa e un recambio xeracional no movemento obreiro madrileño e, en boa medida, no de toda España (Babiano, 1995: 231 e ss.).

42 Informe de Martínez. 13-10-66, AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 147.43 Aprobouse o documento «Proyecto que Comisiones Obreras proponen a los trabajadores ante la nueva Ley

Sindical» (tamén coñecido como Documento de los 500), sobre a nova lei sindical que preparaba o Goberno.44 «Informe de (1). Galicia, julio 1967», AHPCE. Serie Galicia e León. Jacq. 165.45 «Consideraciones que el Comité Local de La Coruña presenta al Provincial. Presentado en la reunión do C. P.

en Coruña el 29-6-67 por el secretario de organización (1)», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 164.46 «Informe de (1). Galicia, abril-mayo-junio 1967», AHPCE. Serie Galicia e León. Jacq. 165.47 «Fragmentos de una carta de La Coruña de 14-3-67», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 153.

Page 23: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

136

A organización coruñesa do Partido Comunista e as Comisións Obreiras nos anos sesenta

era a excesiva identificación entre o Partido e o novo movemento obreiro, tendencia que se intentaba corrixir.48

Segundo as fontes comunistas, a militancia en España ascendía en xuño de 1967 a un total de 7529 afiliados, excluídos os encadrados no PSUC. Desa cifra, 521 correspondían a Galicia, número non desprezable se o comparamos con outras zonas de maior implantación tradicional do PCE como Madrid (1147) ou Asturias (753).49 Hai que ter en conta, ademais, que 1847 militantes comunistas españois vivían en Europa. Isto quere dicir que a porcentaxe de comunistas galegos con respecto ao total de España non era desprezable, segundo o informe «Datos de organización», de xuño de 1967.Se a mediados dos anos sesenta residían na capital herculina aproximadamente oi-tenta militantes comunistas,50 en xuño de 1967 as cifras eran estas:51

1 2 3 4 5 6 7 8 9

A CORUÑA 6 8 120 17 Si 30 325 130 130

1: Comités; 2: Células; 3: Militantes; 4: Xuventudes Comunistas; 5: Cotizantes; 6: Cargos sindicais; 7: Mundo Obrero; 8: Nuestra Bandera; 9: Nova Galicia

Na mesma data, o Partido Comunista tiña presenza en Pebsa, empresa coruñesa que contaba con 272 traballadores.52 O traballo de Nicasio Mourón e de Pilar Valiño foi clave no desenvolvemento da actividade comunista nesta factoría (Gómez Alén, 1995, páxs. 94-95). Outro lugar con boas expectativas para o Partido Comunista era a Fábrica de Armas, onde había seis militantes entre os 970 traballadores.53 Os tamén comunistas Guillermo Díaz e Roberto Liñeira traballaban en Genosa, que concentraba 300 persoas. Por outra banda, formáronse comisións en Miguel Pascual, Cros, Ferti-

48 «Información de Galicia. 30-31 de agosto de 1967», AHPCE. Serie Galicia e León. Jacq. 168.49 A suma dos datos provinciais dá unha cifra superior á global que achega a documentación: 572 militantes.50 Sobre a cidade da Coruña, remitímonos a «Informe de Martínez. 13-10-66», AHPCE. Sección Galicia e León.

Jacq. 147; «Situación e influencia del Partido en Galicia. 20 de abril de 1967», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 154-155; «Consideraciones que el Comité Local de La Coruña presenta al Provincial. Presentado en la reunión del C. P. en Coruña el 29-6-67 por el secretario de organización (1)», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 164; «Informe de (1). Galicia, julio 1967», AHPCE. Serie Galicia e León. Jacq. 165. Os datos do Comité da Coruña están contrastados coa entrevista a Enrique Veira Pino realizada por Víctor M. Santidrián Arias (A Coruña, 26 de xaneiro de 2000).

51 «Datos de organización. Junio de 1967», AHPCE. Datos de organización 1-3.52 «Consideraciones que el Comité Local de La Coruña presenta al Provincial. Presentado en la reunión del C. P.

en Coruña el 29-6-67 por el secretario de organización (1)», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 164.53 «Fragmentos de una carta de La Coruña del 14-3-67», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 153 e «Informe

de Martínez. 13-10-66», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 147.

Page 24: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

137

Víctor Manuel Santidrián Arias

beria, Emesa, Isolux, Petroliber (Gómez Alén, 1995, páxs. 94-95). Isto significaba que as comisións chegaban directamente a uns dous mil traballadores dos 11 400 empregados nas fábricas da Coruña.

Quedaban fóra a Fábrica de Tabacos, Fenosa, aluminios e, sobre todo, o sector da construción, no que se contabilizaba a significativa cifra de 8500 traballadores.54 Este ramo tiña unhas características moi particulares, porque moitos dos seus traba-lladores compaxinaban o traballo industrial e o campesiño.55 Cumpría, xa que logo, activar a «educación de clase».56 Sabemos que pouco despois os comunistas xa tiñan presenza na construción, concretamente en Unión Cristalera (Gómez Alén, 1995, páx. 94-95). Tamén as pequenas empresas e os negocios de comercio radicados no polí-gono da Grela foron obxectivo comunista pola alta concentración de traballadores.57

Esta «xeografía» das comisións na Coruña permitía afirmar no ano 1967 que «algo más de un cuarto de los efectivos del P. tengan hoy su credencial sindical legal». O PCE tiña presenza en distintos niveis do vertical: metal, pesca, sector do combustible, químicas e, mesmo, construción e transporte. Existían xa perspectivas de accións a escala provincial, como se puña de manifesto na discusión dos conve-nios dese ámbito en bacallaeiras e no metal.58

Pero as mobilizacións madrileñas de principios de 1967 provocaron un endure-cemento da represión gobernamental en toda España. Non esquezamos que o 16 de febreiro dese ano, o Tribunal Supremo ditou unha sentenza pola que as comisións obreiras eran declaradas ilegais. Deste xeito, en 1967 o TOP incoou 154 sumarios máis ca o ano anterior. Un deles foi a causa 311/1967.

O golpe debeuse a que a policía seguiu un grupo de militantes de toda España que asistiran a un curso de formación organizado polo PCE na República Democrá-tica de Alemaña. Segundo a documentación do TOP, o curso tiña como obxectivo o adoutrinamento

[…] en orden a una mayor perfección en el conocimiento de la doctrina marxista con proyección práctica y futura, a desenvolver en España a su regreso, entre otras de pro-gramación, encauzamiento y orientación en los actos de agitación de masas, manejo de artefactos mecánicos de reproducción para la confección de propaganda, compor-

54 «Consideraciones que el Comité Local de La Coruña presenta al Provincial. Presentado en la reunión del C. P. en Coruña el 29-6-67 por el secretario de organización (1)», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 164.

55 «Situación e influencia del Partido en Galicia. 20 de abril de 1967», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 154-155.

56 «Informe de (1). Galicia, julio 1967», AHPCE. Serie Galicia e León. Jacq. 165.57 «Situación e influencia del Partido en Galicia. 20 de abril de 1967», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq.

154-155.58 «Informe de (1). Galicia, julio 1967», AHPCE. Serie Galicia e León. Jacq. 165.

Page 25: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

138

A organización coruñesa do Partido Comunista e as Comisións Obreiras nos anos sesenta

Noticia do xuízo celebrado no TOP (1970)

Page 26: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

139

Víctor Manuel Santidrián Arias

tamiento en situaciones conflictivas con las fuerzas públicas, relaciones en ámbitos fabriles y contactos con otros congéneres con claves a convenir y utilizar para tales fines, aproximación a obreros simplemente descontentos con aprovechamiento de los estados de tensión por estas provocadas.59

«La policía española —dicía unha noticia de La Voz de Galicia—, en unos de los servicios más importantes prestados a la sociedad en los últimos tiempos, ha desbaratado en un tiempo record una campaña de recluta de personal llevada a cabo por el Partido Comunista entre la juventud española». Efectivamente, a finais de xuño de 1967, a de-tención de varias das persoas que asistían clandestinamente á República Democrática Alemá a un curso de formación comunista provocou unha ampla redada en toda España. En Galicia caeron numerosos militantes, a maior parte deles membros das Xuventudes Comunistas da Coruña. Cabe destacar o feito de que nestes anos se incorporaran numero-sos militantes entre os 21 e os 30 anos. A Unión de Juventudes Comunistas contaba con organización relativamente importante na cidade herculina.60 Posuía un sólido Comité Local con dezasete camaradas dirixidos por Maximino [Cacheiro], Enrique [Veira Pino], Waldo [Blanco] e Francisco,61 e tiña presenza nas escolas de Náutica e Maxisterio. No dicir dun dos seus máximos responsables, a organización xuvenil coruñesa estaba acadando un enorme desenvolvemento que se viu cortado pola caída de 1967.

Os procesados foron acusados de asociación ilícita como membros do Partido Comunista. A cita é longa, mais paga a pena reproducila, aínda que non sexa por ou-tra razón que pola súa arrevesada prosa. Como acabamos de dicir, os acusados foron acusados de pertencer ao

Partido Comunista de España que, operando por fuera de la legalidad vigente, persigue como objetivo la mutación por la fuerza de la actual estructura estatal, habiéndose integrado respectivamente en él, los cuales, identificados con sus postulados, y en acatamiento de las consignas que recibían, desarrollaron en el transcurso del año expresado, las labores orgánicas que les eran encomendadas, en general de captación y proselitismo, adoctrinamiento, asistencia a reuniones, asesoramiento, asistencia a

59 A sentenza está recollida en Juan José del Águila Torres: Las sentencias del Tribunal de Orden Público. TOPDAT: Una base de datos para explotar. Trátase dun CD publicado pola Fundación Abogados de Atocha, co apoio da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, dentro do proxecto de investigación Los abogados laboralistas y la lucha por una Justicia democrática, do que foron responsables Rubén Vega García e José Gómez Alén. Véxase tamén «Documentación sobre o Proceso 311/1967». Arquivo Fundación 10 de Marzo. Fondo Enrique Veira. Documentos persoais.

60 «Informe de Martínez. 13-10-66», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 147.61 Segundo Enrique Veira, Francisco pode ser Fernando Porto (Entrevista a Enrique Veira Pino realizada por Víctor

M. Santidrián Arias na Coruña, o 26 de xaneiro de 2000).

Page 27: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

140

A organización coruñesa do Partido Comunista e as Comisións Obreiras nos anos sesenta

reuniones, asesoramiento y presencia en situaciones conflictivas laborales en las áreas geográficas donde tenían fijadas sus correspondientes residencias.

Foi o TOP a instancia encargada deste sumario. O xuízo celebrouse a finais de xaneiro de 1970. O fiscal pediu entre seis e dous anos de prisión para os 34 proce-sados, procedentes de varias provincias españolas. Os avogados da defensa pediron a libre absolución. A sentenza dos acusados coruñeses foi a seguinte: Luís Alonso Álvarez, absolto; Antonio Arias Curto, dous anos de cárcere; José Antonio Beade López, dous anos; Manuel Bermúdez Blanco, un ano; Maximino Melchor Cacheiro Varela, catro anos; Juan María Castro Paz, dous anos; Manuel María Lorenzo Pérez, un ano; Nicasio Mourón López, absolto; Manuel Ramón Núñez Rendal, un ano; Antonio Pena Caridad, absolto; Fernando Porto Vázquez, catro anos; Gonzalo Porto Vázquez, absolto; Jesús Miguel Prego Veira, catro anos; Enrique Sanfiz Amil, ab-solto; Alberto Francisco Suárez Pazos, dous anos; e Enrique Veira Pino, dous anos.

Anotacións sobre distribución de militantes do PC da cidade da Coruña (1968)

Page 28: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

141

Víctor Manuel Santidrián Arias

A organización do PCE en Galicia no verán de 1968

Un ano despois da caída, os efectivos comunistas en Galicia acadaban a cifra de 473 militantes; máis da metade vivían na provincia da Coruña (283), seguida pola de Pontevedra (111) e, moi de lonxe, Lugo (60) e Ourense (19). Estes números supoñen algúns cambios respecto ao estado da organización no ano anterior. Cambios que hai que interpretar, non o esquezamos, partindo da inexactitude das fontes: a clandesti-nidade non favorecía en absoluto a elaboración de estatísticas.

A primeira modificación que observamos refírese ao número total de militantes, que sofre unha diminución en 1968 respecto a 1967: pásase de 521 a 473 afiliados, fronte aos preto de 500 de 1962.62 Poderiamos explicar o descenso polas detencións policiais: foi a organización coruñesa a que máis sufriu a represión neses meses, de forma que os seus compoñentes pasaron de 301 en 1967 a 283 en 1968. Hai outra explicación apuntada por Jesús Aneiros: o reconto de militantes de 1968 está feito sobre datos máis fiables.63

Como acabamos de dicir, a maior forza dos comunistas galegos en 1968 estaba na provincia da Coruña, na que se contabilizaban 283 militantes. Na capital había 64 comunistas, dos que 16 pertencían ás xuventudes.

ESTADO NUMÉRICO DO PARTIDO NA CORUÑA EN AGOSTO DE 196864

FÁBRICA DE ARMAS 2

AVOGADOS 2

BANCOS1 Caixa Xeral de Aforros

1 Banco Central (Xuventude)

BLASCAN 1

COMISIÓNS CÍVICAS1 Conde Medín

1 Hispano Olivetti

CROS 10

DIVERSOS ILLADOS7 mulleres5 homes

62 «Algunos datos sobre el estado de la Organización del Partido en Galicia... Julio 63», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq. 53.

63 Entrevista realizada a Jesús Aneiros por Víctor M. Santidrián Arias (A Coruña, 12 de novembro de 2001).64 «Estado numérico do Partido en Galicia. Agosto 1968» (AHPCE. Serie Galicia e León, Jacq. 208-209) é fonte

da que proceden os datos reflectidos nos cadros deste apartado.

Page 29: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

142

A organización coruñesa do Partido Comunista e as Comisións Obreiras nos anos sesenta

EMESA 1

ESCOLA DE COMERCIO 1

ESCOLA DE NÁUTICA 1

FERTIBERIA 1 escasa actividade

GENOSA 1 escasa actividade

DOCENTES 3

PEBSA5 mulleres3 homes

PETROLIBER 1 escasa actividade

TALLISTA Sen emprego

TARENASA 1

UNIÓN CRISTALERA 1

DEDICADOS A FORMAR C.O.J. 4 en diversas empresas

CÉLULA 3 mulleres

COMITÉ2 homes1 muller

TOTAL DE CAMARADAS 48

TOTAL DA XUVENTUDE 16

COMITÉ LOCAL DA CORUÑA

PORTO Administrativo Responsable Pendente de xuízo

CARLOS Técnico T. V. Organización

PILAR [VALIÑO] Encargada Pebsa Sindical

CHAO [MANUEL BERMÚDEZ] Unión Cristalera Sindical Pendente de xuízo

FERNANDO [LÓPEZ] Caixa de Aforros Axit-prop

PEDRO [JUAN COUTO] Emesa Campo Expreso

NICASIO [MOURÓN] Pebsa Construción Pendente de xuízo

Page 30: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

143

Víctor Manuel Santidrián Arias

Pero independentemente do número de militantes, non parece demasiado arriscado afirmar que o aumento da represión, relacionada coa intensificación das loitas labo-rais en 1967, tivo como efecto non desexado a caída de militantes comunistas, sobre todo na Coruña, co conseguinte estancamento da actividade sindical.65 Non é difícil de entender se temos presente que nalgún momento, como di a documentación co-munista, algo máis dun cuarto dos efectivos do Partido tiñan unha credencial sindical legal.66 Segundo os datos estatísticos do AHPCE, os comunistas galegos sumaban en xuño de 1967 un total de 521 militantes, dos que 209 desempeñaban algún tipo de actividade sindical; deles, 103 ocupaban algún cargo nas estruturas do vertical.67

No mes de xuño de 1968 celebrouse en Francia unha reunión dos comunistas galegos á que asistiron representantes das catro provincias. Acordouse profesionalizar dous camaradas: Jesús Aneiros Andrés como encargado de organización e Luis González Ferreiro para o traballo campesiño. Eses dous camaradas, xunto co representante do Comité Central, formarían unha especie de secretariado.68 Na mesma reunión adop-touse unha resolución na que se marcaban varios obxectivos. En primeiro lugar, os comunistas optaban por dar prioridade ao reforzamento do movemento obreiro, estendendo as comisións pola base. En segundo lugar, pretendían tamén darlle unha atención especial ao campo e ao mar e, finalmente, procuraríase potenciar o move-mento intelectual. Nada que rompera unha tradición de xa bastantes anos.

Bibliografía

Erice, Francisco (2006): «Los condicionamientos del “giro táctico en 1956: el con-texto de la Política de Reconciliación Nacional”», Papeles de la FIM. Revista de investigación marxista, 24, 1.º trimestre, 129-150.

Erice, Francisco (2016): «El Partido Comunista de España, el giro de 1956 y la lectura selectiva del XX Congreso», Nuestra Historia. Revista de Historia de la FIM, 2, 2.º trimestre, 66-88 [https://revistanuestrahistoria.com/numero-2/].

Erice, Francisco (2017): Militancia clandestina y represión. La dictadura franquista contra la subversión comunista (1956-1963), Gijón, Trea.

65 «Informe de (1). Galicia, julio 1967», AHPCE. Serie Galicia e León. Jacq. 165.66 «Situación e influencia del Partido en Galicia. 20 de abril de 1967», AHPCE. Sección Galicia e León. Jacq.

154-155.67 «Datos de organización. Junio de 1967», AHPCE. Datos de organización 1-3.68 «Primera reunión de (2) P. C. (8). 26-6-68», AHPCE. Serie Galicia e León, Jacq. 195. Os nomes dos militantes

profesionalizados proceden da entrevista a Jesús Aneiros realizada por Víctor M. Santidrián Arias (A Coruña, 12 de novembro de 2001).

Page 31: Apuntamentos históricos movemento obreiro da Coruña€¦ · Había que dar paso ás novas xeracións7 e, a pesar da importancia do movemento obreiro, cumpría aproximarse a outros

144

A organización coruñesa do Partido Comunista e as Comisións Obreiras nos anos sesenta

Gómez Alén, José (1995): As CC.OO. de Galicia e a conflictividade laboral durante o franquismo, Vigo, Xerais.

Gómez Alén, José, e Víctor M. Santidrián Arias (1996), A historia de Comisións Obrei-ras de Galicia nos seus documentos, A Coruña, Ediciós do Castro.

Molinero, Carme, e Pere Ysàs (1998): Productores disciplinados y minorías subversivas. Clase obrera y conflictividad laboral en la España franquista, Madrid, Siglo XXI.

Molinero, Carme, e Pere Ysàs (2017): De la hegemonía a la autodestrucción. El Partido Comunista de España (1956-1982), Barcelona, Crítica.

Santidrián Arias, Víctor M. (2002): Historia do PCE en Galicia (1920-1968), Sada, Ediciós do Castro.

Treglia, Emanuele (2012): Fuera de las catacumbas. La política del PCE y el movimento obrero, Madrid, Eneida.

Vega García, Rubén (2009): «Las fuerzas del trabajo: los comunistas en el movimien-to obrero durante el Franquismo», Bueno Lluch, Manuel, e Sergio Gálvez Biesca: Nosotros los comunistas. Memoria, identidad e historia social, Madrid, Fundación de Investigaciones Marxistas/Atrapasueños, páxs. 309-363.