Aprendo a comentar unha escultura

7
APRENDO A ... ANALIZAR UNHA ESCULTURA. PAUTAS PARA A ANÁLISE DUNHA ESCULTURA. 1. Descripción: aspectos técnicos. 1.1. Tipo de escultura. As esculturas son exentas (tamén chamadas de vulto redondo), cando poden ser contempladas desde todos os ángulos, ou relevos, cando están realizadas sobre unha superfice plana (friso, frontón, chapitel, columna , tímpano ...), de forma que as figuras sobresaen (se sobresaen moito, falamos de altorrelevo, se o fan pouco, baixorrelevo). 1.2. Material e técnica. Poden empregarse materiais moi diversos: madeira, pedra, metal, etc. En canto á técnica, cada material trabállase dunha forma diferente. A madeira tállase, polo tanto, será tallado; o barro, modelado; a pedra ou o mármore, esculpido; o bronce, fundido ... 1.3. Acabado e policromía. A escultura pode presentar unha superfice lisa ou rugosa. Tamén nos pode proporcionar sensación de blandura ou de dureza (mórbido ou terso). Ademais, pode estar policromada ou non. 1.4. Forma. A obra pode ser figurativa ou abstracta. Se é figurativa pode ser naturalista, e estar representada con detalle ou de forma esquemática. Pode ser realista se nos transmite a sensación de que é moi fiel ao que se representa, ou ben, idealizada cando o representado ou retratado está idealizado nos seus rasgos. Así, por exemplo, a escultura grega representa un ideal de beleza, mentres que os retratos romanos tenden a ser realistas. 1.5. Volume. A escultura é trimensional, e por isto comporta un volume. Sen embargo, o volume nun relevo vese reducido suxección ao marco arquitectónico. Os relevos non crean espazo arredor, co que non presenta máis que un só punto de vista cara ao espectador (frontalidade). Pero tamén atopamos frontalidade nas esculturas monumentais exipcias. Pola contra, podemos atopar esculturas que ofrecen multiplicidade de puntos de vista e potencian a súa volumetría. Tamén pode mostar o espazo interno, ocos. O vacío, o oco, é valorado e forma parte da escultura.

Transcript of Aprendo a comentar unha escultura

Page 1: Aprendo a comentar unha escultura

APRENDO A ...

ANALIZAR UNHA ESCULTURA.

PAUTAS PARA A ANÁLISE DUNHA ESCULTURA.

1. Descripción: aspectos técnicos.1.1. Tipo de escultura. As esculturas son exentas (tamén chamadas de vulto redondo), cando poden ser contempladas desde todos os ángulos, ou relevos, cando están realizadas sobre unha superfice plana (friso, frontón, chapitel, columna , tímpano ...), de forma que as figuras sobresaen (se sobresaen moito, falamos de altorrelevo, se o fan pouco, baixorrelevo).

1.2. Material e técnica. Poden empregarse materiais moi diversos: madeira, pedra, metal, etc. En canto á técnica, cada material trabállase dunha forma diferente. A madeira tállase, polo tanto, será tallado; o barro, modelado; a pedra ou o mármore, esculpido; o bronce, fundido ...

1.3. Acabado e policromía. A escultura pode presentar unha superfice lisa ou rugosa. Tamén nos pode proporcionar sensación de blandura ou de dureza (mórbido ou terso). Ademais, pode estar policromada ou non.

1.4. Forma. A obra pode ser figurativa ou abstracta. Se é figurativa pode ser naturalista, e estar representada con detalle ou de forma esquemática. Pode ser realista se nos transmite a sensación de que é moi fiel ao que se representa, ou ben, idealizada cando o representado ou retratado está idealizado nos seus rasgos. Así, por exemplo, a escultura grega representa un ideal de beleza, mentres que os retratos romanos tenden a ser realistas.

1.5. Volume. A escultura é trimensional, e por isto comporta un volume. Sen embargo, o volume nun relevo vese reducido suxección ao marco arquitectónico. Os relevos non crean espazo arredor, co que non presenta máis que un só punto de vista cara ao espectador (frontalidade). Pero tamén atopamos frontalidade nas esculturas monumentais exipcias. Pola contra, podemos atopar esculturas que ofrecen multiplicidade de puntos de vista e potencian a súa volumetría. Tamén pode mostar o espazo interno, ocos. O vacío, o oco, é valorado e forma parte da escultura.

Page 2: Aprendo a comentar unha escultura

No relevo tamén podemos atender á creación de profundidade espacial a través da perspectiva. Na arte romana vémolo na Ara Pacis, podemos falar un relevo pictórcio porque a través de diferentes planos suxírese a idea de espazo. Donatello lógrao a través do schiacciato.

1.6. Composición e movemento. A composición é a distribución dos volumes da figura ou das diferentes figuras. Poden ser simétricas ou asimétricas. Pechadas (a escultura recóllese sobre si mesma) ou abertas (ábrese cara o exterior, potenciando desta forma o movemento). Composición en diagonal, piramidal ... As figuras poden aparecer en repouso ou en movemento. Poden parecernos hieráticas e ríxidas como as esculturas dos faraóns exipcios (con total ausencia de movemento e moi ríxidas na súa postura) ou, no lado oposto, dinámicas (moitas veces empréganse composicións en diagonal para potenciar a idea de dinamismo, ou ben, composicións helicoidais na que o torso xira e o corpo parece trazar unha espiral sobre si mesmo). Unha solución moi usada no Renacemento é o contraposto: que ver a oposición harmónica das diversas partes do corpo humano, unha delas en movemento ou en tensión, e a súa simétrica en repouso. Na arte contemporánea tamén atopamos o movemento real na escultura coa arte cinética.

2. Comentario: aspectos sociais e históricos. 2.1. Identificación. Hai que intentar descubrir o nome da escultura, o seu autor e a época á que pertence.

2.2. Tema e características. Temos que describir o tema que se representa (retrato, tema relixioso, mitolóxico, alegoría, ...), o número de figuras que aparecen e cal é a súa actitude (se están de pé, sentadas, escuestres -a cabalo-, falando entre si, orante, xacente, ...). Podemos falar da anatomía, das proporcións (creación dun canon de proporcións, seguindo unha relación matemática) ou ben, distorsión das figuras (alargamento, ...), das roupas, os plegues.

2.3. Contexto histórico. Para rematar, debemos relacionar a obra co momento en que se crea. Os adornos, o tema representado, etc., pódennos proporcionar información sobre o momento histórico ao que pertence a obra. Neste apartado podemos falar non só do contexto histórico meramente dito, senón tamén do social e da valoración do artista naquela época.

Page 3: Aprendo a comentar unha escultura

ANÁLISE DUNHA OBRA: O DAVID DE DONATELLO.

1. Descripción: aspectos técnicos.É unha estatua de vulto redondo, concebida para ser contemplada desde múltiples puntos de vista. Está realizada en bronce. A técnica empregada foi a fundición. O bronce ao igual que o mármore foron os materias máis empregados no Renacemento, imitando ás esculturas gregas. O acabado pulimentado no corpo de David resalta a súa anatomía e sensualidade. O traballo de cincelado resalta a decoración da armamenta de Goliat. Non vai policromado. É unha obra figurativa, David está representado seguindo un ideal de beleza, mentres a cabeza de Goliat recréase con realismo. A figura está en repouso pero non é unha composición hierática e ríxida. A composición está moi estudada. Aparece a solución clásica do contraposto. A perna dereita soporta o peso do corpo livián, mentres a esquerda descansa sobre a cabeza do derrotado xigante, Goliat. Á perna en descanso contrapónselle o brazo esquerdo que o rapaz apoia na cadeira. Nesta basculación da cadeira discernimos a curva praxiteliana empregada por Praxíteles na século IV a.C (Escultura grega). Dálle sensualidade á anatomía do pastor. Así e todo, a espada que sostén na man dereita coa que acaba de cortar a cabeza de Goliat, a pedra que garda na outra man e a ollada satisfeita, reflexiva e complacente dan idea da súa coraxe e valentía. A figura segue un canon de proporcións. A harmonía, a medida, a orde, a proporción volven a ser fundamentais na escultura, ao igual que o foran na escultura clásica. O tema é un tema bíblico, Goliat, un xigante da cidade filistea de Gat, desafiou aos israelitas a que enviasen o seu representante para loitar contra el; o resultado da pelexa decidiría a victoria no enfrontamento entre ambos os dous pobos. David, un pastor de Belén, ofreceuse a representar aos israelitas. David matou ao seu adversario lanzando unha pedra e despois cortoulle a cabeza. O David de Donatello vai más alá dunha simple escenificación do relato bíblico. Para interpretar correctamente esta escultura, hai que decatarse da presencia do sombreiro florentino e o helmo con visor e ás de Goliat, un claro referente aos duques de Milán, que reiteradamente amezaron e fustrigaron á cidade de Florencia. Así pois, a capital toscana encárnase David e Milán, en Goliat.

2. Comentario: aspectos sociais e históricos. A obra é o David de Donatello. Donato di Niccolò di Betto Bardi, coñecido como Donatello, é un dos escultores máis importantes do Quattrocento italiano.O Quattrocento foi a etapa de indagación e experimentación da nova linguaxe artística e tivo en Florencia o seu foco máis importante. Donatello aprendeu a técnica da escultura en bronce traballando ás ordes de Ghiberti nas portas do baptisterio de Florencia. Colaborou con Brunelleschi, con

Page 4: Aprendo a comentar unha escultura

quen foi a Roma para estudar os monumentos da Antigüedade clásica. O David é unha das esculturas máis importantes do primeiro Renacemento. Por unha banda, é a primeira vez desde a Antigüidade que un escultor se atreve a crear un espido tridimensional de tamaño natural e, por outra, é o inicio da lita do artista para liberarse do marco arquitectónico e das súas limitacións. Foi realizado entre 1444-1446. Estivo situado no patio do Palazzo Médici-Ricardi en tempos de Cosme de Médici. A obra é un dos fitos máis importantes na escultura do primeiro Renacemento. O Renacemento é un movemento artístico que aparece en Italia a comezos do século XV e se prolonga ata finais do século XVI. O contexto histórico, político e social no que se encadra vén marcado por unha organización política en cidades-estados. Italia non era un Estado unificado politicamente, senón un conxunto de territorios independentes, que en moitos casos se organziaban como cidades-estado, cunha vida urbana moi activa. Tal era o caso de Florencia baixo o goberno dos Médicis, ou Milán baixo o control dos Visconti ou dos Sforza. En Italia mantíñase viva a tradición da Antigüidade clásica. O recordo do esplendor da antiga Roma, e os numerosos restos materiais conservados dela por todas partes, mantivo sempre viva a memoria dun pasado digno de admiración que se pretendía superar e, incluso, superar. Ao longo da Baixa Idade Media moitas cidades italianas experimentaron un espectacular crecemento económico, basado na industria e a súa actividade como intermediarios comerciais no Mediterráneo. Emerxeu así unha poderosa e rica burguesía mercantil que pronto se convertiría, como no caso dos Médicis, en grandes mecenas da arte e da cultura. Tamén, a nova mentalidade humanista foi determinante. Fronte ao teocentrismo medieval rexurde o antropocentrismo. O home, como na Antigüedade clásica, converteuse na medida de todas as cousas (interés pola figura humana, edificios a escala humana, confianza na razón humana e na experimentación como fonte de coñecemento). Isto non implicaba un rexeitamento do relixioso, senón unha revalorización da razón humana fronte o teocentrismo medieval. Neste sentido, tamén se tentou conciliar o pensamento antigo co cristianismo. Os mitos pagáns e a filosofía antiga, segundo a nova mentalidade non tiñan por que oporse ao espíritu cristiá, senón que o podían complementar perfectamente. Por exemplo, Platón buscaba a perfección moral do home igual que a relixión cristiá. Con este ánimo, fundouse en Florencia a Academia Neoplatónica, cuxo prpoósito final era precisamente a conciliación do pensamento platónico e o cristianismo. Así, podemos comprender mellor esta escultura. Recupéranse os modelos clásicos. Os nús empregados nas esculturas clásicas para representar aos deuses e deusas gregos, pasa a ser empregado nun heroe bíblico. Os referentes formais a Praxíteles son claros, tal e como fixemos referencia no comentario da obra. Por outra parte, aspirábase a acadar a beleza formal, en contraposición coa tradición medieval, supeditada á mensaxe relixiosa.

Page 5: Aprendo a comentar unha escultura

En canto aos artistas e clientes tamén se producen cambios con respecto á época medieval. Á tradicional nobreza e o clero incorporouse tamén a rica burguesía das cidades italianas. Estendeuse a práctica do mecenazgo. A imitación de Mecenas, amigo do emperador Augusto, moitos príncipes, nobres e burgueses desta época adicaron, por un afán de prestixio persoal (a arte e a cultura outorgaban pretixio aos seus promotores), un gran esforzo ao fomento da arte e da cultura, mantendo nos seus círculos aos máis afamados artistas e intelectuais e financiando as súas obras. Neste sentido destacaron os Médicis, que gobernaron en Florencia durante o século XV. En canto aos artistas, loitaron por diferenciarse socialmente dos artesáns, cos que tradicionalmentes eran identificados. Ata entón, considerárase as artes plásticas (arquitectura, pintura e escultura) como artes mecánicas, xa que implicaban un traballo manual, que se consideraba pouco digno; en cambio, si goazaban de prestixio as artes liberais, que integraban o programa de estudos medievais: o trivium (Gramática, Dialéctica e Retórica) e quadrivium (Xeometría, Aritmética, Astronomía e Música). Os artistas do Renacemento reivindicaron a natureza intelectual da súa arte e isto explica en parte a abundancia de tratados sobre teoría artística que se escribiron, demostrando así a necesidade de coñecementos matemáticos e científicos de todo tipo para a realización da obra arte. Finalmente, foron acandando o seu obxectivo, polo que o Renacemento marca o comezo do ascenso individual do artista na sociedade.

Page 6: Aprendo a comentar unha escultura
Page 7: Aprendo a comentar unha escultura