"APRENDENDO A ESTUDAR" Consellos para estudar cos fillos

2
“A EDUCACIÓN QUE LLE PROPORCIONES AO TEU FILLO/A É A MELLOR FERRAMENTA PARA O SEU FUTURO” FORMA FÍSICA DO ALUMNO/A Estudar está moi relacionado coa boa saúde física. -DESCANSO: Durmir entre 8 e 9 horas. -ALIMENTACIÓN Almorzar forte polas mañás e traer algo para o recreo. Comer de todo, dieta equilibrada. Suprimir os alimentos excitantes. Cear cedo e lixeiro. -EXERCICIO FÍSICO Realizar exercicio de xeito habitual. En xeral, non se debería de prohibir facer deporte como castigo. HORARIO DE ESTUDO Axudar a establecer un horario de traballo semanal. O horario que fagamos debémolo cumprir. Facelo tendo en conta as nosas ocupacións, dificultades, … Debemos comezar por una materia de dificultade normal , logo facer un pequeno descanso e comezar cunha materia difícil , outro descanso e rematar cunha materia fácil. Nos descansos (5´) estará prohibido ver a tele, móbil, … Aconsellable un paseiño e mirar pola ventá. Aconsellable estudar 1 ou 2 horas diarias, a mesma hora e no mesmo sitio. Facer sempre os deberes. Ser ordenado facilita o estudo. LUGAR DE ESTUDO Deberá ser axeitado e cómodo. Estudar sempre no mesmo lugar e ás mesmas horas . Crear hábito, costume. Un lugar de estudo silencioso e illado de distraccións (sen TV, radio, …). Recomendable deixar fóra do cuarto o móbil (para evitar tentacións). Mesa ampla e cadeira cómoda. Debe contarse cunha luz axeitada (a mellor é a natural) que ilumine desde a nosa esquerda. Preparar o material necesario antes de comezar a sesión de estudo.

Transcript of "APRENDENDO A ESTUDAR" Consellos para estudar cos fillos

Page 1: "APRENDENDO A ESTUDAR" Consellos para estudar cos fillos

“A EDUCACIÓN QUE LLE

PROPORCIONES AO TEU FILLO/A É

A MELLOR FERRAMENTA PARA O

SEU FUTURO”

FORMA FÍSICA DO ALUMNO/A

Estudar está moi relacionado coa boa

saúde física.

-DESCANSO: Durmir entre 8 e 9 horas.

-ALIMENTACIÓN

Almorzar forte polas mañás e traer

algo para o recreo.

Comer de todo, dieta equilibrada.

Suprimir os alimentos excitantes.

Cear cedo e lixeiro.

-EXERCICIO FÍSICO

Realizar exercicio de xeito habitual.

En xeral, non se debería de prohibir

facer deporte como castigo.

HORARIO DE ESTUDO

Axudar a establecer un horario de

traballo semanal.

O horario que fagamos debémolo

cumprir. Facelo tendo en conta as

nosas ocupacións, dificultades, …

Debemos comezar por una materia de

dificultade normal, logo facer un

pequeno descanso e comezar cunha

materia difícil, outro descanso e

rematar cunha materia fácil.

Nos descansos (5´) estará prohibido

ver a tele, móbil, … Aconsellable un

paseiño e mirar pola ventá.

Aconsellable estudar 1 ou 2 horas

diarias, a mesma hora e no mesmo

sitio. Facer sempre os deberes.

Ser ordenado facilita o estudo.

LUGAR DE ESTUDO

Deberá ser axeitado e cómodo.

Estudar sempre no mesmo lugar e ás

mesmas horas. Crear hábito, costume.

Un lugar de estudo silencioso e illado

de distraccións (sen TV, radio, …).

Recomendable deixar fóra do cuarto o

móbil (para evitar tentacións).

Mesa ampla e cadeira cómoda.

Debe contarse cunha luz axeitada (a

mellor é a natural) que ilumine desde

a nosa esquerda.

Preparar o material necesario antes

de comezar a sesión de estudo.

Page 2: "APRENDENDO A ESTUDAR" Consellos para estudar cos fillos

RESPOSTA FAMILIAR

Comprensión e axuda ao fillo.

Valoración do esforzo que se faga,

por pequeno que sexa.

Valorar máis o esforzo que os

resultados.

Firmeza e constancia á hora de

cumprir os compromisos e

responsabilidades planificadas.

Interese polas actividades do fillo, e

polo seu rendemento. Falar con eles.

Confianza e ánimo ao fillo sobre todo

cando os resultados non se

correspondan co esforzo feito.

A AXENDA ESCOLAR, onde se

recollan as tarefas diarias, é unha

ferramenta moi útil se se utiliza a

diario.

PLANIFICACIÓN

Para estudar ben, convén elaborar un

plan de traballo que sexa:

Realista e equilibrado.

Controlado nun principio polos pais.

Colocar unha copia na cociña.

Flexible. Cando exista motivo

xustificado, podemos alterar o PLAN.

COMO PODEMOS AXUDAR?

Interesándome

polo seu estudo diario

Valorando o seu esforzo diario

Acordando xuntos

tempos de estudo

Acordando xuntos tempos para

as actividades de lecer

Preguntarlle tamén por como

está, as súas amizades, etc.

Escoitando tamén as

súas explicacións e razóns

Dicíndolle:

“Quero seguir confiando en ti”

Tamén dicindo o que fixo ben

(aínda que fose pouco)

Esixindo e animando para que

estude todos os días. É a súa

responsabilidade, o seu deber

“Veña, non te desanimes.

Ti sigue, que xa verás como ti podes”

ESTANDO AO LADO/DETRÁS

------

DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN

IES PEDRO FLORIANI

Rúa Pedro Floriani nº 2 - 36800 REDONDELA

Tel: 986 401911

________________________________________________