aparello dixestivo e excretor

2
O aparello ou aparato dixestivo é o conxunto de órganos dos animais multicelulares que permite a inxestión de alimento, a súa dixestión para obter enerxía e nutrientes, e excretar os refugallos sobrantes non necesarios. Deste xeito, as funcións principais do aparello dixestivo son a inxestión, dixestión, absorción e defecación. O aparato dixestivo difire substancialmente duns animais a outros. Algúns teñen estómagos con múltiples compartimentos, mentres que os estómagos doutros animais só están constituídos por unha soa cámara. O aparello dixestivo adoita dividirse nunha zona anterior, unha zona media e unha posterior, reflectindo a orixe embriolóxica de cada segmento. APARELLO DIXESTIVO

description

documento dixital sobre os sistemas dixestivoe excretor no corpo humano

Transcript of aparello dixestivo e excretor

Page 1: aparello dixestivo e excretor

O aparello ou aparato dixestivo é o conxunto de órganos dos animais multicelulares que permite a inxestión de alimento, a súa dixestión para obter enerxía e nutrientes, e excretar os refugallos sobrantes non necesarios. Deste xeito, as funcións principais do aparello dixestivo son a inxestión, dixestión, absorción e defecación.

O aparato dixestivo difire substancialmente duns animais a outros. Algúns teñen estómagos con múltiples compartimentos, mentres que os estómagos doutros animais só están constituídos por unha soa cámara. O aparello dixestivo adoita dividirse nunha zona anterior, unha zona media e unha posterior, reflectindo a orixe embriolóxica de cada segmento.

APARELLO DIXESTIVO

Page 2: aparello dixestivo e excretor

A excreción é a eliminación dos residuos tóxicos que producen as células do noso corpo. Neste sentido, tamén os pulmóns son, do mesmo xeito que os dous riles, importantes órganos excretores, xa que eliminan un residuo tóxico, o CO2 (dióxido de carbono).

O sangue transporta outros residuos tóxicos distintos ao CO2 até os riles e estes concéntranos até formar un líquido ao que chamamos ouriños.

O Aparello Urinario é o conxunto de órganos que producen e excretan ouriños, o principal líquido de refugallo do organismo. Esta pasa polos uréteres até a vejiga, onde se almacena até a micción (ouriñar).

Despois de almacenarse na vejiga os ouriños pasa por un conduto denominado uretra até o exterior do organismo. A saída dos ouriños prodúcese pola relaxación involuntaria dun músculo: o esfínter vesical que se localiza entre a vejiga e a uretra, e tamén pola apertura voluntaria dun esfínter na uretra.

Non hai máis que unha diferenza entre o Aparello Urinario feminino e masculino: a uretra masculina é algo máis longa e é, ao mesmo tempo, unha vía urinaria e unha vía xenital. En cambio, a uretra feminina é un conduto exclusivamente urinario, sendo independente dos condutos xenitais.

APARELLO EXCRETOR