Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de...

16
Ao solpor na Praza do Peixe Antom Labranha

Transcript of Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de...

Page 1: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

Ao solpor na Praza do Peixe

Antom Labranha

Page 2: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

Ao solpor na Praza do Peixe -unha oración polas vítimas do franquismo-

Proposta escénica híbrida: unha parte con teor de conferencia contada con certo aire de cantar de cego en tecnoloxía século XXI, e outra parte de recital poético dramatizado.

Eu pertenzo a unha especie de homínidos que dende as súas orixes fálalle aos seus mortos. Sapiens, sapiens... Fáiseme un chisco soberbia esta denominación.

Porén, en calquera caso, non quero reivindicarme en ningunha civilización, nin en ningunha raza (nin celta, nin ibera, nin aria...) porque iso supoñería aceptar algún tipo de prelación,

de auto-exaltación, de afastamento dos outros... de fronteira. I ) A XEITO DE CEGO VEÑO Iranse proxectando as imaxes e, cando a elas, presentando as personaxes (idealizacións literarias sublimadas da realidade) ao tempo que se describe o contexto histórico.

Para non contarmos a historia como a contan os que vencen, sen

reparar en que os inxuriados temos memoria e que nela está o

responso, a oración polos mortos que nos acompañará toda a vida. Alí, nas sombras do que non se discute.

-Nela Valado-

O réxime monárquico de Alfonso XIII, que dende 1924 a 1930 apoiárase na ditadura de Primo de Rivera, tras a caída deste trata de resistir volvendo a unha situación constitucional. O 12 de abril de 1931 celébranse eleccións municipais: en case todos os núcleos urbanos a vitoria das forzas republicanas é contundente. Dous días despois Alfonso XIII abandona España e proclámase oficialmente a República. O golpe de estado de 1936 planeou a “eliminación” das persoas que se tivesen destacado na defensa dos valores democráticos: persecución, encarceramento e mesmo exterminio.

Page 3: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

Moitas das vítimas non tiveran especial relevancia política. Foran denunciadas por veciños adheridos ao nefasto “Alzamiento” do 18 de xullo. Mesmo ás veces as denuncias eran falseadas e esaxeradas, pois os delatores pretendían, así, gañar os favores dos golpistas.

Castelo de San Felipe: 27 de xaneiro do 2014. Homenaxe a Amada García, fusilada nese día do ano 38 (co cravo vermello, seu fillo Gabriel, hoxe finado). Nese paredón fusilaron o 18 de decembro de 1936 a moita xente. Máis dunha ducia eran ou residían en Cedeira. Entre as vítimas houbo varios mariñeiros novos.

“ A derradeira lección do mestre”, do albume Galicia Mártir, de Castelao

“Aínda quece teu peito o leite que a Gabriel lle foi negado”

O labor educativo foi un dos piares da República,

nomeadamente a loita contra o analfabetismo.

Por influencia do mestre, un rapaciño que logo había gañar

a vida andando ao mar, volvérase seareiro da poesía

galega. Vogador na traiñeira auxiliar dun barco tarrafeiro,

adoitaba volver do mar cuns versos no pensamento... para

a súa namorada.

A tarrafa é unha arte tradicional de pesca de cerco.

Foi moi utilizada nesta costa para a pesca de sardiña.

O barco tarrafeiro, naquela época a vapor, remolcaba

unha lancha na que ían os remeiros, que vogando tiñan

que termar da tarrafa (o aparello) a mar aberto: sempre

traballoso, ás veces abondo picado.

Page 4: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

Barco tarrafeiro.

Levantando a tarrafa.

As tripulacións da tarrafa contaban cuns 30

mariñeiros.

Outra arte de pesca moi utilizada, neste caso de arrastre, era a do bou.

Barcos a vela, eran utilizados para transporte de

mercadorías. Atracado, o "Villa de Cedeira" que

desaparecería no 1946, indo para a Coruña cunha

carga de leña. Ao medio do río, o "Melón", que se

afundiu nos baixos de Trasmonte cando o levaban

para reparar a Sisalde .

Dous trincados de lenda

O 21 de xullo do 39, xa rematada a

guerra, dúas ducias de republicanos

conseguiron fuxir nel a Francia.

Fóronse prometendo volver. En torno a

esa promesa xurdiu, silandeiro, un mito

de esperanza.

O bou “Ramón”, de Ares, o barco da liberdade.

Page 5: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

Mulleres afoutas, a ledicia que amosan

oculta a inmensa coraxe coa que

diariamente desenvolvían o seu traballo.

A industria conserveira

desenvolvíase con moito pulo na

comarca. En Cedeira chegaba a

haber unha ducia de fábricas, entre

conserva en aceite, salgado e

fariña de peixe.

Unha desas mozas había de se

engaiolar con aquel rapaz poeta.

A lancha achégase ata tocar fondo, varando no areal.

As mulleres, con caixas e

patelas, metíanse na marea

para carretaren o peixe para a

conserveira.

Así foi como se coñeceron,

ollándose na inmensidade dun

apracible atardecer, cando ela

se debruzou pousando a patela

no bordo da traiñeira.

Esta fábrica, no Areal, á altura dos

Catro Camiños, converteríase nun

campo de concentración. Nela, os

franquistas confinaron varios

centos de demócratas apresados

durante a guerra civil que se

desatou tras o golpe.

Page 6: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

1ª etapa: rexionalista.

Edita: “Solidaridad Gallega”,

O Galego, un ben cultural a protexer.

2ª etapa: nacionalista. Edita: Irmandades da Fala,

Ninguén por falar Galego é menos que os que falan Castellano. A lingua é cerna do que nos define e dignifica como colectividade.

Das Irmandades da Fala xurdiría, no 1931, o Partido Galeguista. Persoas

vinculadas a elas foron perseguidas e mesmo fusiladas. Tamén en Cedeira.

Daquela aínda nevaba en Cedeira nos invernos.

Dunha volta, houbo unha grande nevarada

coincidindo coa lúa chea. Iso inspiroulle a el

un pequeno poema. Publicáronllo no voceiro

das Irmandades da Fala.

Por ese feito sería denunciado e, finalmente,

acabarían executándoo.

En abril de 1936 ao "Mancheste"

estoupoulle a caldeira á altura da

Frouxeira, cando volvían para Cedeira

despois dunha boa xeira, cunha collada

de 30 ou 40 medidas de sardiña.

No barco morreran decontado seis

mariñeiros, outros tantos quedaran

gravemente feridos e varios leves. "Mancheste" (O "San Andrés" do Faragullo, comprado no País Vasco)

Page 7: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

A remolque, na lancha auxiliar, viñan cinco

máis. Sálvanse grazas ao rebulir do mar, que

absorbeu na súa flutuación a onda expansiva.

Libraron, así, tanto de ir a pique coma dun

impacto que os tería rebentado.

Mesmo se dixo pola Vila que ese día foi o mar quen os salvou.

A fatídica noticia chega a unha Cedeira que atardecía serena ao abeiro dunha ría

que se sentía eterna no seu trafegar cotiá.

As campás tocan a rebato alertando a poboación. O son

acelerado e insistente do repenicar racha coa calma que ata

entón aloumiñaba as rúas.

A voz, tremente, esténdese a fume de carozo, alporizando a

veciñanza. Saen lanchas ao rescate. A xente acode ao

peirao, arrepiada, onde permanece nunha angustiosa

espera.

Aínda coa magoante incerteza de se seguiría

vivo, aquel cruento atardecer de abril ela

agardouno esperanzada, na Praza do Peixe.

E alí volverá despois, cada 18 de decembro, a

“encontrarse” con el.

“Toda Cedeira choraba”

Page 8: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

-18 de decembro de 1936-

Pranto mareiro polos demócratas fusilados.

desacougo e soidade

Page 9: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

II ) ACOUTACIÓNS PARA A PERFORMANCE

Antes de prender a luz, escóitase o cantar da voga (Os “auuuhh! auuuhh!” dos homes, o renxer dos estrobos e ou choupar dos remos no mar). Rosalinda entra cunha patela na man, paseniño. Descalza, cun andar lene sitúase baixo do foco. Entrementres el fai o primeiro recitado (limiar), como dunha distancia lonxincua, con moita saudade do tempo. As seguintes intervencións xa teñen a proximidade da resposta ás dela. Ela senta no peitoril da Praza do Peixe sobre o que se estende unha rede (que é todo o que hai no escenario) e agarda envolta no rumor da marusía. Soan as campás da igrexa. Melancólica, pero enérxica, reclamará xustiza, memoria e dignidade.

Na penumbra está el, apenas coa luz dunha candea (dá idea dunha ánima).

Ao final extínguese a luz del e fai o último recitado (coda). Sae con moito sixilo. A luz dela, o foco, perde intensidade e ela érguese e vai cara algures (sae). En itálica fala el (segue sendo novo, pois permanece na idade que tiña. Tamén nova a lembra a ela).

Imaxes: André López (Willy)

Google

Lisardo Martínez Ardura

Memoria Histórica Democrática

Olláparo

Xavier Rodríguez Vergara (Sotavento)

Xosé Cheda

Page 10: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

III ) AO SOLPOR NA PRAZA DO PEIXE

Limiar

O brazo frío da marea apertábache a cintura

e o teu corpo anegado pousouse no courel

arrastrando unha mirada

dixémosnos

nun segundo o universo enteiro.

I Ocultaron os camiños de auga a rexos remeiros. Sobre da terra labrega cegaron vellos carreiros. As rúas claras da vila encheron de neboeiros. Nos vosos nomes cuspiron xenreiras, infamias, medos. Para nos roubar a memoria zafia arañeira teceron! E aínda seguen, meu ben coa farsa do esquecemento. Logo din que son cristiáns Deus os teña no Inferno! Escuma de sal e pranto laios de vento mareiro hoxe veño a recordar recítame aqueles versos!

Page 11: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

Agardareite, amor nas frías tardes de inverno co lume aceso. Diante túa a de chegar a noite apresurada ciscando, no aire terso, milleiros de soños e silencios. Avivarei o lume para lembrar, amor os teus cabelos louros. Entre leilías bicareiche as meixelas núas, luz de lúa, mentres se quecen as túas manciñas brancas.

II

As miñas manciñas brancas escureceron aquel setembro serodio que te prenderon. Arderon os libros todos e os teus cadernos, na casa quedou o frío canda os silencios. Engurradas as meixelas... canos teño xa os cabelos... Canto máis me din que esqueza eu máis te lembro. Aqueles anos de gloria que tanto soñei contigo aquel mundo de ledicia que nos era prometido...

Page 12: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

Non deixes, flor que seque o teu pranto no leito frío. Aperta cos teus beixos aquel soño. Ergue o voo vermello como a pel acariciada ao vento nu. Se sempre, na saudade, lúa chea.

III

Choro como unha cativa que senta á beira do muro e cos salaios randea as perniñas fronte ao mundo. Aos inclementes golpistas, que monstros os alimentan? Tanto sangue derramado violentando a inocencia! Que fantasmas os posúen para sentiren devezo de ceifar a túa vida por un poema de inverno?

Neve, neve, neve... Que che dixo a Lúa espida no berce? Ti no berce espida Lúa branca e leve eu a Terra grave en panos de febre.

Neve, neve, neve.

Page 13: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

IV

Aquí gardo o teu pasado... O rumor da marusía... O naufraxio de abril... As campás entolecidas... Xa non podes navegar por ese mar que reclama a canción da túa voga ao largares a tarrafa. E quen lle dixo aos fascistas que máis que o mar eles mandan? Nunca calarán a voz dos irmandiños da Fala!

Vexo o mar

...nos teus ollos.

Nos teus ollos vexo o mar

o abalo da marea

o vendaval.

Son barcarola de vela

nas ondas a naufragar.

Page 14: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

V Baleira quedou a praza están as redes á espera do barco da liberdade nunha nova Primavera.

A pomba aquela, da Paz, chegará un día traspasará o limiar somnolento da xanela e ficará con nós, así, sen máis pedir ...e nós con ela.

Coda Entrementres vai alá, Rosalinda polo areal ingrávido aledar as redes tristes.

Page 15: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

AMADA GARCÍA

O 27 de xaneiro de 1937, contra un paredón do Castelo de San Felipe,

os golpistas fusilaran a mugardesa Amada García despois de ser

sentenciada a morte nun xuízo-farsa por “bordar unha bandeira do

Partido Comunista” –a acusación, alén de inventada, non podía ser máis

humillante-.

Cando se lle condena, Amada estaba preñada, polo que adían o

fusilamento ata tres meses despois de nacer o fillo -Gabriel-, ao que

aleitaría á vista de todos, o que produciu un movemento de

solidariedade con ela que, porén, non puido salvala.

Outros sete demócratas van ser asasinados canda ela. Os soldados,

mozos recrutados á forza, non teñen valor para lle disparar, e só ela

queda ergueita ata que ordenan repetir os disparos, esta segunda vez

xa inevitablemente dirixidos contra Amada.

Filla de redeira e mariñeiro, seus pais levan na chalana o meniño

envolto nunha manta, cruzando a ría cara Mugardos, entrementres

escoitan as fatídicas descargas.

(Gabriel finou un venres de maio do 2014)

Page 16: Ao solpor na Praza do Peixe - novascedeira.files.wordpress.com · guerra, dúas ducias de republicanos conseguiron fuxir nel a Francia. Fóronse prometendo volver. En torno a esa

I

Entre o ceo e o mar

a madrugada crebou o ar cincento en mil retallos.

Un orballo de faíscas escintila

nas bágoas silandeiras do teu pranto.

E ti segues en pé

tras a descarga.

No chan, a teu carón sete ríos de sangue se derraman.

II

Aínda quece teu peito

o leite que a Gabriel lle foi negado.

- Apunten...! Fogo!

Nova orde desata a treboada.

Boga, vello remeiro

con toda a túa ansia arreda ese meniño deste inferno.

III

A quen importa

bordar unha bandeira? O que importa é teceres coa palabra

con artes de redeira nidios soños de mulleres liberadas.

IV

Se longa foi a espera

xa está chegado o día: teu nome, Amada, gravaremos

no muro, terrible, da ignominia.

Daquela si...

daquela poderás ficar en paz

entre o ceo e o mar.