ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao...

36
ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 30 1982-2012

Transcript of ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao...

Page 1: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012

301982-2012

Page 2: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

Estrada Nacional 634 - Km. 621GOIRIZ -VILLABA (Lugo) - 982 511252

Bispo Sarmiento, 35

MONDOÑEDO (Lugo)

Teléfono 982 521 014

Teléfonos: 988 286 059 - 988 286 060 - 988 286 132Fax: 988 286 060

Estrada Ourense - Lugo, km. 14

32102 - READEGOS - Ourense

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

Page 3: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

A M E N C E R editan:

REALSEMINARIO CONCILIARDE SANTA CATALINA

eASOCIACIÓN CULTURALAMIGOS DE «AMENCER»

----------Praza do Seminario, 1

Apartado, 227740 - MONDOÑEDO (Lugo)

irector:VICTOR AMIEIRO MASEDA, 4º ESO

subdirector:LUIS TORREIRA GARCÍA, 3º ESO

redactor xefe:JUAN JOSÉ MONTOUTO CHAVEZ, 2º ESO

consello de redacciónXAIRO FORMOSO PENA, 4º ESOCRISTIAN FERNANDEZ LÓPEZ, 3º ESOJACOBO CHAO LOMBADERO, 2º ESOERNESTO BARRO JIMÉNEZ, 1º ESODANIEL DÍAZ VILLAMEL, 1º ESO

profesores responsables:OSCAR SANTIAGO SANMARTÍNFÉLIX VILLARES MOUTEIRA

depósito legal: LU -1609-82

número 216xaneiro - febreiro

2012

taboleiro

. tapa: inverno

. taboleiro, 1

. a xeito de cancela, 2

. a carón do lume,3

. follas novas. 5

. faise saber..., 7

. en memoria, 9. Castelao, por Isaac Díaz Pardo, 10. falamos con...

Isaac Díaz Pardo, 11. escribiunos

don Manuel Fraga, 17. así viu Cunqueiro a Galicia

do 2010, porManuel Fraga, 19

. os nosos escritores:Xosé Mª Artiaga Díaz, 23

. escolma, 25

. chispa, 29

. colaboraron, 31

sumario

- 1 -

A M E N C E R

Page 4: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

A XEITO DE CANCELA

- 2 -

A M E N C E R

Comezamos un ano máis da andaina da nosa revistaAmencer. Este ano 2012 é para nós un ano especial xaque a finais de abril, cúmpriranse os trinta anos da saídano número cero.

¡Xa choveu desde aquela! Moitos compañeirosnosos, que nos predecederon, fixeron posible que semantivese aceso o facho de Amencer.

Para conmemorar esta efeméride -non sempre secumpren trinta a nos- estamos a artellar un número espe-cial da nosa revista que tentaremos vexa a luz nosderradeiros días de abril. Estamos chamando á porta demoitos intelectuais galegos, que reciben a nosa revista,para que nos envien unha colaboración para este núme-ro. Agardamos poder ofrecer ós nosos lectores un nú-mero digno dos trinta anos.

Pero, ademais, neste ano 2012, celebraremos outrofeito que nos atingue: os cen anos do pasamento do poe-ta Manuel Leiras Pulpeiro, que terá lugar no mes denovembro. Como é sabido, o médico e poetamindoniense foi alumno no Real Seminario de SantaCatarina. É, xa que logo, un de «os nosos escritores».Co gallo desta celebración faremos tamén un númeromonográfico que tentaremos vexa a luz a finais de outubroou nos primeiros días de novembro.

Por último, dicir que, neste ano 2012, pensamos pu-blicar cinco números (bimensual no curso escolar) sempree cando teñamos financiación.

a redacción.

Page 5: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 3 -

A M E N C E Ra carón do lume

REFRANS E DITOS

- Xa está cantando o galo: é que vai vir o día.- Traballo, pan e viño: todo amodiño, pero seguidiño.- A muller casa tres veces: primeira, co mozo; segun-

da, cos fillos, e terceira, cos netos.- Dixo o folgazán que debíamos ter seis meses de

festa, seis de carnabal e o resto, descansar.- Ata sete, tira Pepe e de sete para riba, tira, Pepe,

tira.- Pola Santa Lucía, merma a noite e crece o día a

pasada da galiña.- Ano domingueiro, nin meda nin palleiro; ano bisexto,

ano de fame: promete e non dá.

Recollidos na barbaría do Romeiro (Mondoñedo) por MANUEL VIGO CHAO

Rotulou:MANUEL TRIGO BELLO, 3º ESO

Page 6: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 4 -

A M E N C E R a carón do lume

O BURRO E O PORCO

Un burro e un porco estaban na mesma corte. O porco facía burla doburro porque tiña que traballar, mentres el comía e dormía.

Cando chegou o San Martiño, un día, á noite, viña o burro cansadode traballar e viu ó porco colgado. Quedou mirando para el e dixo: - Xa meparecía a min. Iso de comer e non traballar en algo tiña que quedar.

Recollido na barbaría do Romeiro (Mondoñedo)por MANUEL VIGO CHAO

Jesucristo se perdió.La Virgen lo va a buscarde huerto en huerto,´de rosal en rosal.Debajo de un rosal blancoun hortelanito estaba.- Hortelanito, por Dios,dime la pura verdad:si a Jesús de Nazaretpor aquí le han visto pasar.- Sí, señora, que le he vistoantes de el gallo cantar.Entre judíos y Judasbien acompañado va.Caminemos, Virgen pura,al monte del Calvarioque muy pronto llegaremos:ya le tendrán crucificado.

Ya le clavaron los pies,ya le clavaron las manosya le dieron la lanzadaen su divino costado.La sangre que Jesucristo derramóestá en el cáliz consagrado.El hombre quela beba serábienaventurado en este mundoy en el otro será rey coronado.El que esta oración digatodos los viernes del añosacará un alma de penay la suya del pecado.El que la sabe no la dice,el que la oye no la deprende.El día del gran juicioverán lo que pasa en ella.

ORACIÓN

CONTO

Recollida en BELESAR (Vilalba)por FÉLIX VILLARES MOUTEIRA,

a quen lla dixo MANUELA GARCÍA que lla oira a súa nai, Nieves López

Page 7: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 5 -

A M E N C E Rfollas novas

A LOBA DA NEVE

Era o sete de febreiro. Todo estaba nevado e Pedro ía de cazacon outros sete. El matou un lobiño. A nai fuxiu cunha ferida na orellaesquerda. Foi detrás dela e, cando se deu conta, estaba só, perdidono medio do monte.

Volveu sobre os seus pasos e viu un rastro de sangue. Atopouós seus compañeiros que estaban a piques de saír na súa busca.Eles cazaran cinco lobos e tres lobiños.

Foron celebralo á taberna. Xa era de noite cando decidiron ircada un para a súa casa. Pedro ía só, a cabalo.

Levaba andada a metade do camiño cando no cumio do montesentiu oubear un lobo. Pensou se sería a nai do lobiño que matara.Empezaron a responderlle moitos lobos e cada un dun lado diferente.

Empezaba a ter medo e fíxolle acelarar o paso ó cabalo. Derepente, ve un lobo á súa dereita. Dado que el sabía que os loboscheiraban o medo, reduciu a velocidade e intentou estar tranquilo.Apareceu outro lobo pola esquerda. Cada vez aparecían máis lobos.

De repente, un lobo asustou ó cabalo e Pedro caiu ó chan. Sóviu como unha loba cunha ferida de bala na orella esquerda se lanza-ba sobre el.

BRUNO ESTEVES FERNÁNDEZ, 4º ESO

Rotulou:ERNESTO BARRO JIMÉNEZ, 1º ESO

Page 8: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 6 -

A M E N C E R follas novas

O PESADELO

Estaba na miña habitación vendo a televisión, cando, de repen-te, atopeime nunha habitación tumbado nunha cama bastante grandeda que non me podía erguer. Descubrín que cos pés chegaba ó teitoe que este se movía.

Deino movido un pouco e alí había unha muller de cara pálidamirándome e facendo uns ruídos raros.

Sen máis, atopeime de pé ao lado da cama e como, por arte demaxia, aquela muller desapareceu e unha nena da miña idadeapareceu diante de min.

Expliqueille o que me pasara e ela díxome que aquela mullerera unha pantasma.

Subimos ata o faiado. Alí había dous cadáveres embalados e apantasma nunha esquina. Eu empecei a ter medo... case me estoupabao corazón... cando, nese momento, espertoume miña nai para ir ócolexio.

JUAN JOSÉ MONTOUTO CHAVEZ, 2º ESO

ALDARA

Un día, pola tarde, saín dar unha volta polos arredores do castelo. Vin unanano por derriba do regato, que pasaba ó pé. Eu pensei que estaría soñando.Funme achegando e vin que era un mouro.

Daquela seguino e, como non podía atravesar o rego, fun la beira. Omouro, ó se decatar que o seguía, botou a correr. Cando estaba un pouco lonxe,virouse e dixo:

- Tas, zas, bras, maldita «tas».Ó momento comecei a ver como as mans se me convertían en patas dunha

cerva... en pouco tempo eu xa era unha cerva.Andei polo monte dun lado para outro coa esperanza de atopar a alguén,

pero nada. Pasaron os anos. Un día vin a meu irmán que viña de caza e púxenmediante del. Lanzoume unha frecha que me atravesou o corazón... daquela recobreia forma humana.

BRAULIO CASABELLA AMIEIRO, 2º ESO

Page 9: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 7 -

A M E N C E Rfaise saber...

... Que foi noticia:

... a viaxe cultural que fixemos a Santiago o pasado día once dexaneiro. O primeiro que fixemos foi ir ver unha obra de teatro que serepresentou no Colexio «La Salle». Despois visitamos o Parlamentode Galicia onde nos ensinaron as distintas dependencias e ondefixemos un pequeno debate. Fomos comer á Cidade da Cultura quevisitamos pola tarde. Despois regrasamos a Mondoñedo.

... o premio que acadou o noso compañeiro de cuarto de ESO,Xairo Formoso Pena, no Concurso de Poesía de Nadal que convocoua Biblioteca Pública de Mondoñedo. O poema premiado foi publica-do na páxina dezanove do número 215 de Amencer e leva por título«¡O Nadal é pra se alegrar!».

... a celebracións dos cento setenta e cinco anos do nacementode Rosalía de Castro en Santiago que se celebrou en toda Galicia opasado día vinte e catro de febreiro.

Rotulou: DIEGO GARCÍA LÓPEZ, 3º ESO

Page 10: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

A M E N C E R

- 8 -

faise saber...

... Que é noticia:

... a celebración de trinta e un cabodano do pasamento do granfabulador mindoniense, Alvaro Cunqueiro, que se celebra o día vintee oito de febreiro. Con este motivo o Concello organizou unha seriede actos. Así, ás once cuarto da mañá haberá unha recepción porparte do Alcalde no Concello; ás once e media, unha ofrenda floranante a campa o escrito no vello cemiterio mnicipal, e ás doce e cuartoo profesor Armando Requeixo falará no Salón de Plenos do Concellosobre a figura do autor de Merlín e familia e dará comezo á lecturapopular do poemario Herba aquí ou acolá. Está previsto que asistaunha representación do Concello de Ferrol.

... Que vai ser noticia:

... a celebración da festa de San Rosendo, patrono da Diocesede Mondoñedo-Ferrol, que vai ter lugar o día un de marzo na CatedralBasílica de Mondoñedo. Con motivo desta celebración haberá, ásdoce da mañá, unha Eucaristía celebrada en Rito Mozárabe, que vaipresidir o bispo da Diocese, don Manuel Sánchez Monge e que vaiser cantada polo coro mixto de Mondoñedo.

... a celebración de Día do Seminario que vai ter lugar o vindeirodía dezaoito de marzo. O lema deste ano é «Paixón polo Evanxeo».

... a publicación do número especial de Amencer co gallo decumprírense os trinta anos da saída, a finais de abril de 1982, do nú-mero cero. Deste número, no que van colaborar varias figuras da lite-ratura galega, faremos unha presentación pública, enmarcada dentrodos actos conmemorativos dos trinta anos de andaina da nosa revis-ta.

VÍCTOR AMIEIRO MASEDA, 4º ESO

Page 11: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

A M E N C E R

- 9 -

en memoria

Rotulou.MARC SILVA CELMA, 3º ESO

No pasado mes de xaneiro, deixáronnosdous persoeiros relevantes da nosa Terra, deGalicia, aínda que en ámbitos moi diferentes.Estamos a referirnos a don Isaac Díaz Pardo ea don Manuel Fraga Iribarne.

Ambos teñen cola-borado na nosa revista,en Amencer. Por iso, e,coma unha pequenamostra de gratitude, reproducimos naspáxinas que van a continuación algunhas dassúas achegas á nosa revista

Page 12: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 10 -

A M E N C E R en memoria

CASTELAO

Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren naArxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden conta-bilizar neste tempo catro dibuxos a lápiz chumbo con tema de cegos(«Os meus compañeiros», hoxe no Museo de Pontevedra), unhascuantas acuarelas e as ilustraciós de cinco libros. Dende o 36 ao 40si dibuxou ou escribiu algo non foron máis que alegatos contra o fas-cismo, as inxustizas e as miserias do home. Xa durante a Repúblicaa maior parte do seu tempoverqueuno no partido galeguista.E dende sempre a súa vida foi uncontinuo compromiso contra o ca-ciquismo e outras lacras da terra.Polo que non se entende ben ointerés de algúns de pretendercanonizalo coma un santo e in-ofensivo artista. Certo queCastelao non era un político pro-fesional, no senso de vivir da po-lítica; mais ben estivo sempredesconfiando e zorregando nospolíticos profesionais e nas súaspromesas. Pro Castelao noslegou o máis alto exemplo deconduta política e nos deixou esaespecie de biblia, o «Sempre enGaliza», na que nos convoca acoñecer o siñificado da nosa his-toria onde está a clave dos nosos males, dende o que se pode facerunha revolución nas conciencias pra millorar a nosa sorte. En Améri-ca estivo sempre suspirando pola súa terra e en particular porPontevedra, a vila que escollera pra vivir e tamén pra morrer, e ninesto, nin o calor do seu povo -que xamais se lle negou a ninguén- lleconcederon na súa derradeira inhumación.

Isaac Díaz Pardo,decembro de 1985.

Page 13: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 11 -

A M E N C E R

D. ISAAC DÍAZ PARDOD. ISAAC DÍAZ PARDOD. ISAAC DÍAZ PARDOD. ISAAC DÍAZ PARDOD. ISAAC DÍAZ PARDO

O que hai que destacar de Luís Seoane é oseu gran coñecemento da historia de Galicia,o seu gran amor a Galicia e o seu compromi-so de poñe-lo todo o servizo deste país.

EU DESTACARÍA O SEUCOMPROMISO CON GALICIA

D. Isaac Díaz Pardo é o Director do Complexo Sargadelos - OCastro. El fundou, con Luís Seoane, o Laboratorio de For-

mas de Galicia. Coñeceu como ninguén a Luís Seoane tantona súa estadía en Galicia como en Arxentina.

Por iso coidamos que ninguén mellor ca el para achegarnos áfigura de Luís Seoane. D. Isaac recibiunos ás nove da mañá do

pasado día oito de abril, no complexo de Sargadelos. Velaquía conversa que mantivemos con el.

en memoria

En 1994, dedicáronlle o Día das Letras Galegas a LuisSeoane. O número 115, correspondente ó mes de abril,

levaba un «Especial Letras Galegas» no que, naspáxinas 17 a 22, na sección Falamos con... aparece aentrevista que, os daquela alumnos de 7º de EXB, lle

fixeron a Isaac Díaz Pardo reproducímola con mesmostitulares que fora publicada daquela

FALAMOS CON...FALAMOS CON...FALAMOS CON...FALAMOS CON...FALAMOS CON...

Page 14: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 12 -

A M E N C E R en memoria

- ¿Cando coñeceu vostede a Luís Seoane?

- Coñecino antes da Guerra Civil, no ano

1932, no taller de meu pai, no que Ile fixo unha

caricatura que aínda ternos nós. Pero cando o

coñecín de verdade foi cando eu volvín a Amé-

rica no ano 1955 e me enterei do valor que tiña

este home e do alcance que tiña. Daquelaempecei a colaborar con el en moitas causas.

- ¿Como era Luís Seoane? ¿Que des-tacaría da súa personalidade?

- Luís Seoane era un artista. Sen dúbidael é coñecido como un artista. El estudara acarreira de avogado por imposición dos pais,pero axiña -o mesmo que Castelao- empezoua facer debuxos críticos na mesma facultade deSantiago. Tiña un gran compromiso conGalicia, coa súa terra, aínda que el nacera enBuenos Aires nun fogar de emigrantes comamoitos galegos; pero cando tiña dous anostrouxérono para Galicia e aquí se educou, polotanto el era galego. O que hai que destacar fun-damentalmente de Luís Seoane é o seu gran

coñecemento da Historia de Galicia, o seu gran

amor a Galicia e o seu gran compromiso depoñelo todo ó servizo deste país. Cando empe-zamos a colaborar aquí en Sargadelos -a parte

de que el pensou que estas empresas tiñan que

ser empresas que recuperasen a memoria his-tórica de Galicia que, por unhas circunstanciasdeterminadas, estaba abandonada- dixo que ía

facer unhas xerras cunhas cabezas de

personaxes medievais para que a xente, aíndaque sexa no bazar, se recorde da Historia de

Coñecín aLuís Seoane

en 1932

EstudiouDereito porimposición

dos pais

Hai quedestaca-lo

seu grancompromiso

de poñelotodo

ó servicio deGalicia

Page 15: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 13 -

A M E N C E Ren memoria

Galicia, porque aquí non se interesa ninguén

da Historia de Galicia. E así fixo as dezaoito

xerras nas que se recuperan os celebres

personaxes medievais que houbo. El ten un

gran paralelismo con Castelao: el era avogado

e Castelao fora médico por imposición dos pais,

os dous eran grandes ilustradores, produtores

de libros, eran uns artistas, os dous pertencían

ó mesmo partido, os dous viviron no exilio -ecase morren os dous no exilio-, os dous tiñanun gran compromiso con Galicia, aínda quehabía unha diferenza de preto de trinta anos.

- ¿Que destacaría do labor de LuísSeoane na súa estadía en Arxentina?

- O que hai que destacar de Luís Seoaneé o seu compromiso con Galicia. Agora esta-mos en Edicións do Castro facendo unha edi-ción facsimilar da revista Galicia Emigrante queel fundara en Buenos Aires. Esta revista, quesupón moitas toneladas de papel, é un gran la-bor de Luís Seoane.

- ¿Que idea tiña de Galicia?

- Que Galicia podía ter mellor sorte da que

tiña, pero que se lle ía facer, que había queapeitar coa sorte que nos diran as cousas e quehabía que tratar por tódolos medios de mellora-

las nosas condicións.

- ¿Que quería para Galicia?

- Esta é un pregunta complicada porque

implica que hai que regresar á historia. Galicia

é un país que se forma polo Camiño de Santia-

Granparalelismocon Castelao

Edicións doCastro vaifacer unhaediciónfacsimilar darevistaGaliciaEmigrante

Había quetratar portódolosmedios demellora-lascondiciónsde Galicia

Page 16: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 14 -

A M E N C E R en memoria

go. No maremagno medieval da alta Idade

Media, no que caeran os países postlatinos, o

Camiño de Santiago supón que, na cultura

postlatina que había aquí, se está creando un

país cunha influencia europea que vén desde

Cluny e iso é o que crea Galicia. Galicia toma

unha cultura diferenciada como a tomou Cata-

luña, como a tomou Castela. Dalgunha maneira

estes países que estaban reconquistando aPenínsula Ibérica -da que unha parte estaba enmans dos musulmáns- significaban unha con-federación de pobos diferenciados, pero que ti-ñan unha idea común. E isto é o queverdadeiramente ten importancia na Idade Me-dia e é o que crea os grandes monumentos: aCatedral de Santiago, o Pórtico da Gloria. OPórtico da Gloria supón a obra máis importanteda escultura e da arquitectura do cristianismoque se fai no mundo. Luís Seoane quería, comatódolos homes da Xeración Nós e do Semina-rio de Estudios Galegos, recuperar outra vez esapersonalidade para Galicia.

- ¿Que destacaría da obra de Luís Seoane?

- Eu destacaría fundamentalmente o seucompromiso político con Galicia.

- ¿Cal é a súa valoración de Luís Seoanecomo escritor e como escritor galego?

- Coido que ten moita importancia e este ano

dedícanlle o Día das Letras Galegas a el e dedícanllopolas letras, non pola pintura. El ten varios libros depoesía, pero a poesía del e todo o que fai el ten

sempre un mesmo compromiso con Galicia, está

tratando de reivindicar cousas de Galicia. Esta é a

Galicia é unpaís que seforma poloCamiño de

Santiago

O Pórtico daGloria supón

a obra máisimportante

da esculturae da

arquitecturado

cristianismoque se fai no

mundo.

De Seoanedestacaría o

seucompromisopolítico con

Galicia

Page 17: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 15 -

A M E N C E R

importancia que ten a obra de Luís Seoane por enci-

ma dos seus valores literarios.

- ¿E como pintor e debuxante?

- Como pintor e coma debuxante e, sobre

todo, coma artista gráfico ten unha importancia

formidable. Posiblemente é o artista gráfico máis

importante e, sen dúbida, o máis moderno queten dado este país. Polo prestixio del e polo valorque tiña é apreciado en todo o mundo como ungran personaxe.

- ¿Que e o que máis admira de Luís Seoane?

- O seu compromiso con Galicia. A partede que Luís Seoane é fundamental na recupe-ración de Sargadelos. Alí en América, a xenteque estaba exiliada pensou que había que vol-ver a Galicia outra vez porque senón estabasecaendo nunha especie moi apartada da terra,nunha especie de sefardismo. Os xudeos quemarcharon fóra de España conservaron a cul-tura española, pero conservárona dunhamaneira que se alteraba, así conservaron ocastelán antigo. Daquela os exiliados, que

estiveron moito tempo fóra, corrían o risco de

converterse un pouco nunha cultura sefardí;entón aconsellóuselles volver e loitar na terra.Tódolos que estaban alí -Luís Seoane, funda-

mentalmente, Rafael Dieste, Lorenzo Varela,

Blanco Amor, Núñez Búa, Antonio Baltar, etc-pensaron que había que vir aquí e crear indus-trias que recuperaran a memoria histórica de

Galicia. De aí que se creara unha sociedade -

que foi fundamental Luís Seoane para ela- oLaboratorio de Formas de Galicia. Como esta-

O artistagráfico máisimportante e,sen dúbida, omáismoderno queten dado estepaís

Os exiliadosvoltan aGalicia paranon caer nosefardismo

en memoria

Page 18: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 16 -

A M E N C E R en memoria

ba descoñecido e esquecido o movemento re-

novador da arte galega, a partir de Castelao,

había que facer unha institución que recupera-

ra a obra e a documentación deste movemento

e de aí naceu o Museo Carlos Maside. Había

que recuperar Sargadelos porque alí houbera

o espírito de empresa máis importante de

Galicia que se perdera por diversas circunstan-

cias. Había que facer tamén unha editorial querecuperara as nosas cousas desde un punto devista non literario senón económico e social danosa terra. Había que recupera-lo Seminario deEstudios Gallegos que, polas circunstancias do36, destruírano. En todo isto que se fixo LuísSeoane foi fundamental.

- ¿Síntese contento de que lle dediqueneste ano o Día das Letras Galegas?

- Síntome feliz porque verdadeiramentesempre tiven unha devoción por el.

- ¿Lembra algunha anécdota de LuísSeoane?

- Hai moitas anécdotas, pero ningunhacontraditoria para a súa personalidade. Era un

home que discutía moito e cando Ile diciamos

que había que ter un pouco de transixencia coascausas, que había que acepta-las cousas, queás veces o que Ile gusta a un non é o mellor, el

dixo: - A min gústame o que me gusta e ademais

gústame que me guste o que me gusta.

Entrevistaron:. ANTONIO BARRERA DÍAZ, 7º EXB. XESÚS VÁZQUEZ MARQUEZ, 7º EXB

Luís Seoanefoi

fundamentalna creación

doLaboratorio

de Formas deGalicia.

Síntome felizde que lle

adicasen oDía dasLetras

Galegas

Page 19: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

A M E N C E R

-1 7 -

en memoria

Na páxina tres do número 111, corresponde ó mes dedecembro de 1993, foi publicada unha carta que o

daquela Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga,nos enviara. Velaquí o texto da devandita carta, cunha

nota da redacción

PEREGRINADE SEMPRE, DESDE O MESMO AMENCER

Queridos amigos de EXB do Seminario MenorDiocesano de Mondoñedo:

Pedídesme que vos mande unhas tiñas sobre asperegrinacións a Santiago, os camiños xacobeos ou o AnoSanto, e abofé que a estas alturas do 93 --no queapareceron tantos libros, guías, discursos, artigos e escri-tos múltiples, sobre a experiencia de peregrinar e mailameta de tan arraigada acción cristiá-- xa non sei que vospodo escribir, cun mínimo sentido de novidade e proveito.

Ocórreseme ante todo pedirvos que non

ESCRIBIUNOS

D. MANUEL FRAGA

Page 20: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

A M E N C E R

- 18 -

esquezades as raíces xacobeas, constitutivas dun patri-monio fundamental da nosa diocese mindoniense --á quetamén eu pertenzo, porque ben sabedes que son natural efregués dunha das súas parroquias máis importantes, deVilalba, por onde pasa o mesmo Camiño de Santiago, avella rota do Norte, procedente de Asturias, que cruzaMondoñedo--. Pero non é cuestión, aquí e agora, de repa-sar historias, doadas de atopar en calquera libro especia-lizado sobre as peregrinaxes a Compostela.

De tódolos xeitos, o que máis nos debe Importaré que non nos sintamos nunca extraviados, á marxe doCamiño Xacobeo ou, mellor dito, da rede vial que, desdehai máis de mil anos, orienta a toda Europa cara a Santia-go, e nos convida a pensar que o home non é o único señor,nin da historia nin da natureza. Por iso é bo que todos nossintamos peregrinos, en disposición de alcanza-lo santua-rio máis transcendente da nosa terra; aquel que nos recordamáis entrañablemente a nosa condición de viatores nestemundo.

Así pois, benqueridos escolares do SeminarioMenor Diocesano de Mondoñedo, a estas alturas do AnoSanto Compostelano, só se me ocorre dicirvos queperegrinedes sempre, con alegría, desde o mesmo Amencer.

MANUEL FRAGA IRIBARNEPresidente da Xunta de Galicia.

NOTA DA REDACCIÓN:

Esta colaboración de don Manuel Fraga lribarne era para o númeromonográfico de AMENCER sobre o Ano Santo Xacobeo 1993. Dado que nos chegoucando xa saíra este número publicámo-la agora neste correspondente ó mes dedecembro. Agradecémoslle ó señor Presidente da Xunta a súa amabilidade enadicarnos un chisco do seu tempo no medio de tantas preocupacións e labores quetivo ó longo destes tempos. Gracias, don Manuel.

en memoria

Page 21: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 19 -

A M E N C E R

ASÍ VIU CUNQUEIROA GALICIA DO 2010

por Manuel Fraga IribarnePresidente da Xunta de Galicia

Poderedes imaxinar o voso ilustre veciño Alvaro Cunqueiro, trans-portado ó ano 2010 -en pleno verán- mentres unhas raiolas de sol, enforma de filigrana, proxectaban parcialmente o rosetón da Catedralsobre o seu rostro de varón compracido e compracente, cando ollabapola fiestra do seu entrañable fogar os pracenteiros aconteceres ves-pertinos da praza mindoniense.

Daquela o espírito de don Alvaro tiña 99 anos e medio, e a súacorpulencia non era máis ca un recordo, aínda que a mesma se poderíaconstatar nas ilustracións gardadas na hemeroteca particular duncoengo, moi versado en materias culinarias. O tempo transcorridoera o de menos. Ó señor Cunqueiro non Ile importaban en absoluto ascifras sumadas polos anos; pero en cambio tiña unha gran preocupa-ción polas témporas e a influencia das mesmas nos ciclos agrarios.E dábase a circunstancia de que, cumprida xa a primeira década doterceiro milenio, mesmo parecía que a luz solar se proxectaba agorado revés, ó saír do rosetón catedralicio cara á praza. Non obstanteese fenómeno non Ile resultaba estraño a ninguén, porque Mondoñedoseguía sendo Mondoñedo, e todo dependía das perspectivas de comomirar á cidade, xa que ás veces, polo efecto das sombras, -como Ileaconteceu ó mesmo escribano nos anos sesenta do anterior século-o coengo mindoniense en cuestión se convertía no Señor Sochantre

en memoria

O 25 de novembro de 1992 (ano XI) foi publicadoo número 100 de Amencer, un especial de máis de cen

páxinas no colaboraron moitos intelectuais de todaGalicia. Nese número aparece, nas páxinas 87-90, a

seguinte colaboración de Manuel Fraga

Page 22: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 20 -

A M E N C E R en memoria

.

de Pontivy, o frondoso val do Masma era o río Aulne, que atravesa adevandita vila bretona, amáis das outras máxicas visións que agorasería moi prolixo referir.

O certo é que ese ilustre veciño voso deu ó prelo, o 16 de abrilde 1977, un traballo aparecido no verán do ano 2010... O texto quizaisnon é moi coñecido; pero vos recomendo a súa lectura, polo insólito ecuriosísimo interese que supón saber como o señor Cunqueiro, trans-portado polo túnel do tempo, trinta e seis anos máis adiante, describea Galicia que está a presentar, por obra e gracia da súa portentosaimaxinación creadora. O ensaio aparece publicado no libro Galicia20021, e comeza constatando un feito político iniciado xa agora, comoproxecto a realizar neste ano de 1992: «Dende que fora establecidoun goberno galego - dicía daquela o mindoniense- coidouse moiespecialmente por este dunha descentralización que fose reducindono posible o poder do Estado e a súa presión sobre a sociedadegalega». Dun xeito implícito o autor recoñece aquí a formulación dunhaAdministración única pola que se pretendía rexer Galicia, de acordocoas propostas oportunamente presentadas polo goberno, ante oParlamento do país, ó longo dun debate sobre o estado da autono-mía, celebrado na primavera do presente.

Tamén recorda Cunqueiro como se conservou o sentimento con-servador da nosa comunidade -valla a redundancia- ó sinalar que«dende o primeiro día, o poder galego decatouse que había queborrar dos espíritos a noción mesma de revolución, e que nun país

agrario e gandeiro, -tal e como foi decidido polo pobo que o fose

Galicia- sería absurdo que o ritmo chamado do trigo ou da vaca (eno preámbulo da lei que o establecía ritmo virxiliano),correspondéranse apetitos desordenados de cambios, os máis pro-

ducidos polas modas que chegaban do exterior». Concorda nestavisión o autor das Crónicas do sochantre coa tese mantida poloxeógrafo e sabio patriarca das letras galegas, Ramón Otero Pedrayo,

------------------------------------------------------1 Galicia 2002. Universidade de Santiago de Compostela Instituto de Estudios eDesenrolo de Galicia. Santiago 1978 (páxs. 88-92). O libro recolle declaracións de14 escritores, ensaístas e artistas, entre os que se atopaba Cunqueiro.

Page 23: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 21 -

A M E N C E Ren memoria

quen estudou sempre a paisaxe do país seguindo os ritmos marca-dos polo poeta Virxilio.

De tódolos xeitos, o fabuloso notario do 2010 matiza a anteriorafirmación, ó constatar que tal espírito conservador non se contradicía,neste tempo futuro, coas innovacións propias do progreso intelectuale mailo avance de certas ideas: «Había liberdade total de informa-

ción - subliña-, e cando por medio desta se producía o que na

lexislación sempre se chamou moda e parte da poboación desexabavela incorporar ó vivir de cotío, o poder galego producía unha situa-

ción piloto, que ía ser vivida porunha parte dos que a desexabancomo norma. Destes ensaios,quedaron algunhas amosas, aschamadas sectas, relacionadasas máis co novo pensamento li-beral, e mesmo anarquista,xurdido da descomposición dosestados marxistas leninistas deEuropa, especialmente o italiano.Estas sectas tiveron unha gran-de importancia no mantementodo espírito de liberdade humana,e educaron con el ó pobo». Unhavez máis, a portentosa visióncunqueirá converte os soños en

posibles realidades, algunhas delas xa cumpridas. Non debemosesquecer que o texto que aquí reproduzo apareceu no verán do 2010;pero en realidade se entregou á imprenta na primavera do 1977, candofalar da descomposición dos estados marxistas- leninistas non só eraretrógrado, senón totalmente aventurado desde o punto de vista dosanalistas políticos máis en boga.

No traballo Cunqueiro expón asemade como se estaba a distri-buí-la poboación no territorio, manténdose «as grandes vilas nun ta-maño moderado», e sobre todo describe maxistralmente como seimpartía a educación, que «era máis de espírito que de letra, tanto

Page 24: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 22 -

A M E N C E R en memoria

que a Secretaría de Estado encarregada dela chamábase Secreta-

ría de Sabiduría e Vida, pois pensouse que o ensino era a parte

máis esencial da calidade de vida. O ensino, baseado nun

'quadrivium': gramática e retórica, aritmética e xeometría, naturezadas cousas, e memoria do home, comprendía esencialmente o

entorno do home galego, tanto físico -as arbres, as aves, os peixes,

os camiños, as paisaxes, etc- coma espiritual, incluídas neste caso

tanto o cantigueiro coma as romarías, os encantos, os lugares e os

obxectos máxicos, como a praia da Lanzada ou a pedra de abalarde Muxía».

Sobre como funcionaba a economía, nese ano do terceiromilenio, afirma que andaba baseada «nas estatísticas e nos agoirosque corrixían a estas, e moitas veces os agoiros serviron moito máisque as estatísticas».

Pero quizais o máis importante é a observación da tarefa funda-mental que ocupaba ó goberno aquel ano: «cando se escriben estasliñas, a meirande preocupación do poder galego era averigua-lacantidade de dita, de felicidade, de confort, que é preciso inxerir navida cotiá do galego. Daquela -di máis adiante- por recomendaciónda Organización Mundial da Saúde, tódolos pobos foron obrigadosa ter unha imaxinación insatisfeita do futuro», para engadir, entreoutros obxectivos a acadar, o espallamento das peregrinaxes a San-tiago, «intención que levan hoxe por todo o mundo misioneirosgalegos mozos do mesmo xeito que aló polo ano 1977 nas grandes

vilas galegas víanse misioneiros mormóns».

Mirade ben, amigos mindonienses --rapaces de hoxe quehaberedes de rexe-los destinos do país no 2010-- se o voso conveciñodon Alvaro Cunqueiro Mora ten razón ou non, ó adianta-la crónica deseano. Eu coido que si; estimo que acerta tan plenamente coma candodescribiu as terras de Bretaña, con absoluta fidelidade, limitándose adicir o que vía en Mondoñedo. Porque a visión dos poetas desa tallaé tan transcendente, que alcanza a sentir con certeza o que realmentenon vemos.

Page 25: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 23 -

A M E N C E Ros nosos escritores

Rotulou:

CRISTIÁN CORNIDE YANES, 3º ESO

Xosé María Artiaga Díaz, "Josechu", veu ómundo na cidade de Mondoñedo o vinteún de maiode 1966. Despois de aprender as primeiras letrasno Colexio das Fillas da Caridade, cursa a primeiraetapa de E.X.B. no Colexio Público de Mondoñedo.No curso 1977-78 ingresa no Seminario de SantaCatalina para face-la segunda etapa de E.X.B., querematará no curso 1979-80. No Instituto deBacharelato "San Rosende" de Mondoñedo fará oBachillerato Unificado e Polivalente. Posteriormenteestudia Dereito na Universidade de Santiago deCompostela. Na actualidade reside na súa cidadenatal.

Ten publicados varios poemas en castelán e engalego no xornal Mondoñedo e na revista dosRadioaficionados de Mondoñedo. Os poemas que

Rotulou

Page 26: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 24 -

A M E N C E R os nosos escritores

figuran na presente Escolma foron publicados noxornal Mondoñedo. O titulado Anceio, no número18 asinado como Josechu; o que leva por título Aela, no número 21 e o que se titula Rabsa, nonúmero 51, co seudónimo de Plebeio Mindonium.O poema titulado Inquedanzas foi publicado nolibro Poesía mindoniense actual. Escolma 2006.Os dous últimos poemas enviounolos para estaocasión.

Josechu díxonos:

“Para min a poesía é a forma máis fonda esincera de expresión dos sentimentos. Imaxino quepara os pintores será a pintura e para os zoqueirose os cacharreiros facer zocas ou cacharros. Adiferenza está en que cáseque tódalas persoassabemos ler e escribir, aínda que moitas vecespodamos parecer analfabetos funcionáis porque ninleemos nin escribimos, nembargantes os músicos,ceramistas ou futbolistas son máis escasos”.

Da poesía de Xosé María Artiaga Díaz escribeArmando Requeixo:

"Velaí, tamén, os poemas evocativos de JosechuArtiaga, balanceando entre a coita por amor e oesquecemento da paixón que xa morreu, sendescoidar tampouco a verba solidaria cosdesherdados do mundo".

a redacción

Page 27: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

-2 5 -

A M E N C E Rescolma

ANCEIO

Aínda eu non te coñecíae xa sabía do teu nome,dos teus beizos, teu sorriso,túa fitada namorada...

No segredo dos teus olloshoubo un intre de sosegomisturado en alicercesde inquedanza e desacougo...

Apegado á almofada-doce sono no teu leito-despertaba cheo de bágoasben cinguido do teu van.

Rotulou:CRISTIÁN A. FERNÁNDEZ LÓPEZ, 3º ESO

Page 28: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 26 -

A M E N C E R escolma

A ELA

Docemente mornos,Mornamente ledos,No sorriso mel bermello dos teus beizosMil ronseles de ledicia e agarimo.Eran tempos de alboradas feiticieirasNa facundia dun amor sen singradura.

Tristemente vagos,Vagamente quedos,No segredo gris noitada dos teus irisHoubo un intre de zozobra e desavinza.Era o tempo do remate do latexoNo reloxio mentireiro do meu peito.

Quedamente rexos,Rexamente chumbeos,Na faciana impresionante do teu corpoUn rexeito de aloumiños no pasado.Son os tempos da lembranza que van idos,É a maxia dun amor mal entendido.

RABSA

Non sei gostar de tiConfeso,Aquí no esteiro do marNon podo,Rapariga amiga se soubesesDa cor da dor da soedadeVerquida nun lenzo...Vou ter eu por ti verbas de amor

Page 29: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 27 -

A M E N C E R escolma

Do menúfar da abidueira,Ó carón do cumprido Miño,ó rentes das ondas,Dunha beira a outra do mundo...Loira espiga de Barcelos¿Como dizer ós teus olliñosde desexos incumpridosnesta breve singradura?

INQUEDANZAS

Á raíña María Antonieta

Adivíñote na inocencia das noites craras,-invención da miña soidade, desatino amigo-,dos seráns longos o breve paseoque conmove e xoga e o asolaga todo.

Adivíñote na espranza dun mañá cedo,-calquera que sexa o seu fado fado amigo-,que leva e non leva un porvir fecundo,no xardín eunuco miña rosa branca...

No torrente do ríode auga doce,

nos bosques en outono enorme espacio,

Page 30: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

- 28 -

escolmaA M E N C E R

na lembranza agarimosa de un día que estou triste,hoxe e sempre, en craridade

te adiviño.

[POR TERLLE DADO UN SENO A AQUELES DÍAS]

Por terlle dado un senso a aqueles díasUn manto da cor da lúaBaixo da pálida noite.Por non terme deixado verte núaUn manto de morna brumaSobor dos xélidos beizos.

[O CUARTO BALEIRO]

O cuarto baleiro,A doce noitada,Aínda levas pousadaNa flor do cabeloA arela prohíbidaDun novo amencer…Aínda levas bordadoAquel sol na túa saiaRoubado ó abrenteDo meu espertar…O porto tranquiloA casa caleadaNo serán en sombraO ronsel que deixaAquel mariñeiroDo meu bo soñar.

Page 31: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

por BRUNO ESTEVES FERNANDEZ, 4º ESO

Busca o nome de DEZ alimentos típicos do antroido

CACHOLATEOZASF

AHAFGBOTYLMÑI

O

MDOESTRCUFRLBS

OTOUGBI

GRILCNA

NZRNRI

OSEOCAOI

TOENEI

GTAHACVR

EELRLSZSSLAHVA

VELOOEAOLEVEIH

IJAASBEOUTRLGC

DUSQCEROSCI

OON

EOMSXOLETUBSRI

SSATANNLECRABV

OATABIRTACOTAO

AABVILAGARCIAN

chispa

- 29 -

Rotulou:DANIEL DÍAZ VILLAMEL, 1º ESO

A M E N C E R

Page 32: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

CHISTE

A M E N C E R chispa

- 30 -

Unha vez ían nun avión un italiano, un francés e un galego. Oitaliano sacou a man pola ventaíña e dixo:

- Estamos en Italia, que acabo de tocar a torre inclinada de Pisa.E di o francés:- Non, estamos en París, que eu acabo de tocar coa man a Torre

Eiffel.- Ai, meu Deus. ¡Canto tedes que aprender! Estamos en Caranza

que saquei a man pola ventaíña e xa me falta o reloxio, dixo o galego.

XAIRO FORMOSO PENA, 4º ESO

COLMO

¿Cal é o colmo dos colmos?- Que un mudo lle diga a un xordo que un cego estáos mirando.

BRUNO ESTEVES FERNÁNDEZ, 4º ESO

á SOPA DE LETRAS ás DIFERENZAS

SOLUCIÓNS á CHISPA DO NÚMERO 215

Page 33: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

colaboraron

de 1º de ESO

Ernesto Barro JiménezDaniel Díaz Villamel

De 2º de ESO

Braulio Casabella AmieiroJuan José Montouto Chaves

de 3º de ESO

Adrián Carballeira MontenegroCristian Cornide YanezCristian A. Fernández LópezDiego García LópezMarc Silva CelmaManuel Trigo Bello

de 4º de ESO

Manuel Vigo ChaoFélix Villares Mouteira

Debuxou a tapa:ADRIAN CARBALLEIRA MONTENEGRO, 3º ESO

A M E N C E R

- 31 -

Víctor Amieiro MasedaBruno Estevez FernándezXairo Formoso Pena

Page 34: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

Page 35: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

CORTINAS - HOGAR:Camiño Real, 53 Campo de Puente, 11Tfno.: 982 245 354 Tfno.: 982 512 82927004 LUGO 27800 VILALBA

ALFOMBRAS: PINTURAS E DECORACION:Camiño Real, 37 Curros Enríquez, 40Tfno.: 982 221 272 Tfno.: 982 245 35427004 LUGO 27004 LUGO

ESPERÁMOLOS NAS NOSAS TENDAS:

CONGELADOS TROULO, S.A.Polígono Industrial de Rábade, F-1, P-1227.370 - Rábade (Lugo)

Luisa Fernández LeiradoResponsable ComercialTel: 982-39-20-08Fax: 982-39-22-97Móbil: 677-583-061e_mail: [email protected]

Page 36: ANO XXX - NÚMERO 216 xaneiro - febreiro 2012 · Os derradeiros dez anos da vida de Castelao trancurren na Arxentina practicamente adicado á política. Apenas se poden cont a-bilizar

Publicidade

Imprenta SUC. MANCEBO - Mondoñedo

A revista AMENCER está subvencionada por: