Aníbal Otero Tribulacións dun lingüista galego · Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no...

12
galegos 11 | 111 / 2010 | 121 lingüista que mellor coñecía a realidade idiomática oral da Galicia popular que falaba galego. Avalan esta afirmación os 53 inquéritos que fixo noutros tantos puntos das catro provincias galegas en 1934 e 1935, recolleitos en 106 den- sos cadernos (dous por cada lugar enquisado). Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no tecido fo- nético, léxico e gramatical da lingua galega —tal como esta era modulada na voz de falantes populares enxebres—, ó servizo dunha empresa filolóxica colectiva, o Atlas Lingüís- tico de la Península Ibérica (ALPI), dirixido no Centro de Estudios Históricos (Madrid) polo eminente fonetista e dia- lectólogo Tomás Navarro Tomás, mestre, nesas dúas disci- plinas, do noso lingüista e dos cinco colegas que fixeron traballo de campo noutras áreas idiomáticas peninsulares: Aníbal Otero Tribulacións dun lingüista galego Xesús Alonso Montero Falamos de Aníbal Otero Álvarez, nado en Barcia (Ribei- ra de Piquín) o 21 de xaneiro de 1911 e falecido no fogar natal o 11 de marzo de 1974. Era fillo de Antonio Otero Pereiro, natural de Barcia e oficial da Administración mi- litar, e Emilia Álvarez López, da mesma aldea, ambos os dous solteiros, tal como consigna o certificado de nace- mento que consultamos. Parella tan atípica, nomeadamen- te no medio rural, xa tiña dúas fillas: Adela (1907-1958) e Florinda (1909-1933). Terían, logo, catro fillos máis sen contraeren matrimonio, segundo información de Horocel Otero Álvarez. Arestora, en vésperas do centenario do nacemento de Aníbal Otero, é de xustiza evocalo; mellor dito, chegou a hora de empezar a facerlle xustiza a quen, en 1936, era o Publicamos o presente traballo do profesor Alonso Montero sobre o gran lingüista Aníbal Otero (grande no saber e aínda máis no infortunio). Tráta- se dun estudo que resume, en parte, algúns capítulos do seu libro, próximo a saír en Xerais, Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, que será presentado en Barcia (Lugo) o 21 de xaneiro do 2011, o día en que se cumpre o centenario do nacemento de Otero.

Transcript of Aníbal Otero Tribulacións dun lingüista galego · Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no...

Page 1: Aníbal Otero Tribulacións dun lingüista galego · Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no tecido fo- ... Manuel Sanchis Guarner, Francesc de B. Moll e Armando Nobre de Gusmão.

galegos 11 | 111 / 2010 | 121

lingüista que mellor coñecía a realidade idiomática oral daGalicia popular que falaba galego. Avalan esta afirmaciónos 53 inquéritos que fixo noutros tantos puntos das catroprovincias galegas en 1934 e 1935, recolleitos en 106 den-sos cadernos (dous por cada lugar enquisado).

Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no tecido fo-nético, léxico e gramatical da lingua galega —tal como estaera modulada na voz de falantes populares enxebres—, óservizo dunha empresa filolóxica colectiva, o Atlas Lingüís-tico de la Península Ibérica (ALPI), dirixido no Centro deEstudios Históricos (Madrid) polo eminente fonetista e dia-lectólogo Tomás Navarro Tomás, mestre, nesas dúas disci-plinas, do noso lingüista e dos cinco colegas que fixerontraballo de campo noutras áreas idiomáticas peninsulares:

Aníbal OteroTribulacións dun lingüista galego

Xesús Alonso Montero

Falamos de Aníbal Otero Álvarez, nado en Barcia (Ribei-ra de Piquín) o 21 de xaneiro de 1911 e falecido no fogarnatal o 11 de marzo de 1974. Era fillo de Antonio OteroPereiro, natural de Barcia e oficial da Administración mi-litar, e Emilia Álvarez López, da mesma aldea, ambos osdous solteiros, tal como consigna o certificado de nace-mento que consultamos. Parella tan atípica, nomeadamen-te no medio rural, xa tiña dúas fillas: Adela (1907-1958) eFlorinda (1909-1933). Terían, logo, catro fillos máis sencontraeren matrimonio, segundo información de HorocelOtero Álvarez.

Arestora, en vésperas do centenario do nacemento deAníbal Otero, é de xustiza evocalo; mellor dito, chegou ahora de empezar a facerlle xustiza a quen, en 1936, era o

Publicamos o presente traballo do profesor Alonso Montero sobre o granlingüista Aníbal Otero (grande no saber e aínda máis no infortunio). Tráta-se dun estudo que resume, en parte, algúns capítulos do seu libro, próximoa saír en Xerais, Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civile no franquismo, que será presentado en Barcia (Lugo) o 21 de xaneiro do2011, o día en que se cumpre o centenario do nacemento de Otero.

Page 2: Aníbal Otero Tribulacións dun lingüista galego · Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no tecido fo- ... Manuel Sanchis Guarner, Francesc de B. Moll e Armando Nobre de Gusmão.

Lorenzo Rodríguez-Castellano, Aurelio M. Espinosa (fillo),Manuel Sanchis Guarner, Francesc de B. Moll e ArmandoNobre de Gusmão.

A fins de 1935, Otero xa fixera a fotografía científica dasdistintas modalidades do idioma galego falado habitualmen-te polas xentes que estaban instaladas no galego. O inxentematerial lingüístico desa “fotografía” foi recolleito cos cri-terios e os métodos elaborados e aprendidos no Centro deEstudios Históricos, que presidía don Ramón MenéndezPidal, un dos fachos da Romanística europea da época. Ásúa beira, don Tomás Navarro Tomás, fonestista con presti-xio fóra de España, foi quen formou os seis xoves lingüistascitados para que levantasen acta de como era o falar hispá-nico nos informadores incontaminados de Reus a Évora, de

Ribadeo a Sevilla, de Granada a Pola deLena, de Burgos, Logroño e Toledo a Cá-ceres, Coimbra, Valença do Minho e A Gu-diña. Na primavera de 1936 estaba reco-lleito todo o material das provinciasespañolas (agás Canarias) e a punto de ini-ciarse a indagación científica no territorioportugués, e, neste momento, vésperas daSublevación do Dezaoito de Xullo, AníbalOtero era, dentro e fóra de España, o filó-logo que mellor coñecía a fonética, a lexi-cografía e a dialectoloxía do galego vivo.Era o froito de case dous anos de investi-gación, pero unha investigación que se be-neficiaba dos principios e criterios da es-cola lingüística española liderada polo sabere o rigor de Ramón Menéndez Pidal, o granMestre, e pola precisión, a pedagoxía e aentrega de Tomás Navarro. Tomás, direc-tor moral e real desa grande empresa quefoi o Atlas Lingüístico de la Península Ibé-rica. En 1936, Aníbal Otero, fillo do seutraballo e destes dous ilustres maxisterios,é o máis importante cultivador da Lingüís-tica galega, e, en Galicia, que carecía naUniversidade de Santiago da especialida-de de Filoloxía Románica, o único lingüis-ta moderno, o único lingüista con forma-ción universitaria á altura dos tempos.

Non había daquela, na Universidadede Santiago —a única de Galicia— os estu-dos de Filoloxía Románica, o que explica,en boa parte, a ausencia de estudosos uni-versitarios da lingua galega, unha das pólas

da Romania máis desasistidas polos investigadores. PeroAníbal formouse na Universidade Central e no Centro deEstudios Históricos á sombra luminosa de dous grandesmestres. En 1936, Aníbal Otero, con 25 anos, era, en Gali-cia, o único investigador do noso idioma con formaciónuniversitaria moderna. De non advir a Guerra Civil, quetronzou a súa biografía profesional, todo fai supoñer queAníbal Otero, antes de cumprir os trinta anos, sería o pro-fesor que en Santiago, cunha Universidade máis atenta árealidade cultural do país, iniciaría e organizaría no ámbi-to académico os estudos modernos de Lingüística galega.

Aníbal, antes de percorrer Galicia en 1934 e 1935, for-mouse con Navarro Tomás nas disciplinas lingüísticas que ofacultaron para ser un bo investigador de campo. Aínda hai

122 | galegos 11 | 111 / 2010

Page 3: Aníbal Otero Tribulacións dun lingüista galego · Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no tecido fo- ... Manuel Sanchis Guarner, Francesc de B. Moll e Armando Nobre de Gusmão.

eruditos hoxe que gaban as transcricións fonéticas do nosolingüista, dignas do rigor do seu meticuloso profesor. Peroantes de iniciar esta formación traballou, desde 1931, condon Ramón Menéndez Pidal nunha tarefa filolóxica moiamada polo Mestre, o Romanceiro hispánico. Desde 1928,Otero tiña contacto epistolar con don Ramón, e, desde esadata, envioulle romances recolleitos, en principio, na Gali-cia oriental, moi rica, contra todas as previsións, nese xéne-ro de literatura da tradición oral. No arquivo Menéndez Pidalcustódianse hoxe decenas e decenas de romances galegosoídos e transcritos por Otero antes e despois da Guerra Civil,algúns dos cales sorprenden ós investigadores de hoxe, con-vencidos de que se trata de versións só existentes na tradi-ción galega. A recolleita de romances foi a primeira ocupa-ción intelectual de Aníbal Otero, que publicou dous mollosdeles en senllas revistas luguesas, Ahora e Guión, no ano 1930.

Xa de cheo no seu labor de colaborador do ALPI, Oterorecollía romances da tradición oral, labor ó que non renun-ciou no período 1936-1941, o triste quinquenio no que onoso lingüista residiu, como preso político, en cinco pri-sións distintas. Aínda na cadea, fose en Tui, San Simón ou

Figueirido, o filólogo arrincaba dalgúns compañeiros de in-fortunio non só voces ou expresións peculiares senón taméntextos da tradición poética oral. Boa parte deles obran hoxenese corpus inmenso do Arquivo Menéndez Pidal, que DiegoCatalán, neto do Mestre, cualificou de “Patrimonio de laHumanidad”.

Perfil políticoPreso político ¿por que? A sorpresa será maior para aquelesque teñan algunha noticia da vida de Aníbal Otero antes doverán do 36, unha vida dedicada de cheo á Romancística eá Lingüística desde moi novo. Hoxe sábese ben que Oteronon militou en ningún partido nos anos da II República eque, nese período, non participou nin sequera en activida-des culturais, dentro ou fóra de Galicia, que tivesen algúntipo de connotación política. Era un investigador “puro”,tanto cando recollía e examinaba romances como cando “fo-tografaba” a realidade lingüística en Galicia ou fóra. Porquecómpre saber que Otero colaborou con Espinosa (fillo) enbastantes lugares da España occidental e central (Zamora,Palencia, Burgos, Segovia…) e tamén cómpre engadir —ou

galegos 11 | 111 / 2010 | 123

Page 4: Aníbal Otero Tribulacións dun lingüista galego · Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no tecido fo- ... Manuel Sanchis Guarner, Francesc de B. Moll e Armando Nobre de Gusmão.

precisar— que Espinosa colaborou co noso investigador ensete puntos (da provincia de Ourense) dos 53 establecidospara Galicia. Dedicouse tan de cheo a estes labores que esadedicación debeu ser, en parte, a causa de que non finaliza-se na Facultade de Filosofía e Letras de Madrid a especiali-dade de Filoloxía Románica.

Aníbal Otero, xa finalizada a investigación galega en de-cembro de 1935, trasladarase a Madrid, onde, nos primei-ros meses de 1936, volve ás clases de Fonética e Dialectolo-xía de Navarro Tomás, unhas clases especiais nas que oprofesor orienta a el e ó xove investigador portugués Arman-do Nobre de Gusmão nas cuestións lingüísticas que os dousvan ter que afrontar cando inicien a investigación en Portu-gal. Iniciárona o 22 de maio na provincia de Lisboa, desdeonde se dirixiron ó norte do país nun Ford (matrícula M-43.353) que lles proporcionou o Centro de Estudios Histó-

ricos para facilitar e axilizar a investigación. Guíao AníbalOtero, quen, na compaña de Gusmão, investigou catorcepuntos, un fronteirizo con Galicia, Paderne. A enquisa nestalocalidade realizárona o 20 de xullo de 1936, ou sexa, dousdías despois de que se producira a Sublevación en España,a sublevación que triunfou en Galicia xusto nese día (agásna localidade de Tui, que resistiu ata o 26).

Os acontecementos “da Espanha” aconsellan suspenderas investigacións lingüísticas mentres, outros datos, nonaconsellen a súa reanudación. O 21 de xullo, Gusmão viaxaa Évora, onde reside a súa familia, e Otero hospédase en Va-lença do Minho no hotel “Rio Minho”, ateigado, por certo,de galegos e non galegos moi dereitistas que —contaban—tiñan problemas nas súas localidades desde o 16 de febrei-ro de 1936, o día que triunfou electoralmente a coalicióndo Frente Popular.

124 | galegos 11 | 111 / 2010

Page 5: Aníbal Otero Tribulacións dun lingüista galego · Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no tecido fo- ... Manuel Sanchis Guarner, Francesc de B. Moll e Armando Nobre de Gusmão.

Otero, pois, hospédase nun avispeiro, nun niño de víbo-ras onde toda prudencia era pouca. Aníbal Otero, en opiniónde todos os que o trataron en Madrid ou en Galicia, era homede natural calado e reflexivo, condición ben patente nos pri-meiros días da súa estanza naquel hotel. Pero aconteceu queo Exército salvador —na terminoloxía da maioría dos hóspe-des— liberou da anti-España, gobernada polo Frente Popular,varias cidades e vilas, entre elas Tui (o 26 de xullo), o que nohotel Rio Minho provocaba aturuxos de entusiasmo entre oshospedados, todos ou case todos españois da “verdadeira Es-paña”, da España correcta de sempre. A estes hóspedes estra-ñáballes o mutismo daquel compatriota, estrañáballes queAníbal Otero non exteriorizase a súa ledicia cando a prensae a radio comunicaban os éxitos militares do Alzamento.

Aníbal, co seu mutismo ou coa súa sobriedade, era, cadadía, máis sospeitoso, como era sospeitoso todo o que se sabía

del: que guiaba un automóbil da República, que andabapolas aldeas facendo preguntas ós “camponeses”, que ano-taba as respostas nuns cadernos pero nunha linguaxe estra-ña, críptica. Tratábase do alfabeto fonético, sistema de sig-nos co que os especialistas rexistran sons e matices da linguaoral que o alfabeto escolar non transcribe. Eses signos sor-prenderon e alertaron á mesma Policía portuguesa que viunaquel estraño “espanhol” —tamén por outras actividades—un axente político, un espía ó servizo do Frente Popular.Con esta caracterización entregouno ás autoridades milita-res de Tui o 5 de agosto de 1936.

Secuestro e extradición¿Con que dereito a Policía portuguesa detivo ó cidadán es-pañol Aníbal Otero Álvarez e con que dereito o entregouás autoridades militares de Tui?

galegos 11 | 111 / 2010 | 125

Page 6: Aníbal Otero Tribulacións dun lingüista galego · Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no tecido fo- ... Manuel Sanchis Guarner, Francesc de B. Moll e Armando Nobre de Gusmão.

Cando foi detido o 5 de agosto de 1936 en Valença doMinho pola Policía portuguesa, o noso lingüista é un ci-dadán español que cumpre, nun país estranxeiro, todas ascondicións administrativas que esixe o país que o acolle:pasaporte legal, documentación pertinente do automóbildun organismo oficial de Madrid, oficios asinados polasautoridades portuguesas para que os presidentes das cáma-ras municipais faciliten un traballo que redundará “A bemda Naçao”… Nese momento, Portugal ten relacións ofi-ciais (diplomáticas e de todo tipo) co Goberno de Madrid,o único legal para a República portuguesa, que aínda tar-dará tres meses en romper esas relacións (a fins de outu-bro). Certo que Otero, nunha misión científica en territo-rio portugués, podía cometer algún delito común e, aíndaasí, tiña dereito ó amparo do embaixador español en Lis-boa, pero en ningún momento Otero foi acusado de serdelincuente común; o seu delito era ser confidente, baixoa coroza dunha actividade científica, do Goberno de Ma-drid, que era o Goberno do Frente Popular, pero o únicolexítimo e legal para as autoridades portuguesas e así o re-coñeceron ata fins de outubro. En calquera caso, se Oterotraballaba confidencialmente para o seu Goberno, non eradesleal cos gobernantes españois aínda que ás autoridadesportuguesas esa sospeitosa información confidencial llesresultara preocupante, preocupación que os levou non só

a deter senón a entregar ó sospeitoso “a Espanha”, ben en-tendido que a España que recibe a este “delincuente” nonten, nin sequera para as autoridades portuguesas, estatutode legalidade. Nós sabemos que, desde o primeiro día,desde o 18 de xullo do 36, o Portugal do semifascista Oli-veira Salazar, que detestaba ó Frente Popular, simpatizou,sen exteriorizalo moito, cos Sublevados, co Alzamento,pero tamén sabemos que cando a Policía portuguesa en-trega a Otero ós militares de Tui, entrégao, indefenso, a ungrupo dunha banda armada que non ten recoñecementoxurídico de ningún tipo nin sequera por parte do Estadoque detivo e “extraditou” ó noso lingüista. Feita a deten-ción, o prisioneiro percibiu a súa total indefensión: se ale-gou que era cidadán dun Estado oficialmente amigo do Es-tado portugués e que, por tanto, tiña dereito a solicitar oauxilio ou o amparo do embaixador antes de que a Policíaportuguesa tomase unha medida irreversible, fracasou, efracasou porque eses policías, en boa lei, non representa-ban ó Estado portugués. Comportáronse e funcionaron,en realidade, como un grupo “paramilitar” en Portugal dis-posto a axudar á banda armada española que, desde o 20de xullo de 1936, con tácticas terroristas, suplantara a au-toridade legal en Galicia.

En efecto, a Aníbal Otero quen o detén, quizais, é o Es-tado portugués, preocupado —incluso sinceramente— polo

126 | galegos 11 | 111 / 2010

O río Eo ao seu paso polo Concello de Ribeira de Piquín.

Page 7: Aníbal Otero Tribulacións dun lingüista galego · Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no tecido fo- ... Manuel Sanchis Guarner, Francesc de B. Moll e Armando Nobre de Gusmão.

proceder estraño deste cidadán estranxeiro; agora ben, efec-tuada a detención, a vía legal é a repatriación —á España leal,que era a legal— ou a conexión co embaixador, pero cégan-lle calquera tipo de saída e entrégano a unhas autoridadesilexítimas e ilegais dentro de España. A Policía portuguesa,pois, non só detén a un cidadán español senón que o se-cuestra, e, horas despois, créndose lexitimada, extradítao,pero extradítao a un territorio da xeografía española que estáocupado por unha banda armada, por unha banda —diríanos terminólogos de hoxe— terrorista. Complétase o esque-ma terrorista co feito de que, entregado ou indefenso Aní-bal Otero ás “autoridades” militares de Tui, estas, deconta-do, íllano nunha cela da prisión municipal do 5 ó 19 deagosto, ou sexa, méteno nunha especie de zulo durante ca-torce eternos días nos que, ignorando o que pasaba fóra dasreixas e desconcertado pola arbitrariedade dos feitos, nonestá en condicións de facer unha lectura correcta da situa-ción e do seu futuro.

O proceso e a condena na lendaDurante anos e anos nos cenáculos antifranquistas, sobretodo nos galegos, espallouse a versión de que Aníbal Oterofora un mártir da Lingüística, o mártir, no tráxico 36, da Lin-güística galega. Neses cenáculos contaban os vellos que oque verdadeiramente incriminou a Otero foron as transcri-cións fonéticas, interpretadas por persoas que non eran dooficio como claves políticas redactadas por alguén que es-taba ó servizo de escuros designios do tenebroso Gobernode Madrid.

Eu mesmo, estudante de Filoloxía Románica en Madrid,oínlla a dous relevantes galeguistas no faladoiro do café Lyond’Or: ó eminente bibliófilo Fermín Penzol e ó etnógrafo earqueólogo Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey).Foi no curso 1952-1953, o último da miña carreira, poucosdías despois de coñecer naquel mesmo café a Aníbal Otero.Esta mesma versión, “grosso modo”, contáronma poucotempo despois outros dous importantes galeguistas: RamónPiñeiro e Luis Viñas Cortegoso.

Os catro informantes coincidían nestes puntos:I. Para a policía portuguesa aquel español que falaba no

mes de xullo cos “camponeses” do norte de Portugal e quetraducía as respostas e as súas propias observacións a un in-sólito sistema de signos, non era de fiar, era perigoso. Así opensaron as autoridades militares e xudiciais de Galicia paraas cales o delito fundamental foron aqueles crípticos textos,as transcricións fonéticas de voces e locucións do falar por-tugués norteño.

II. Sabedor don Xesús Carro, sacerdote compostelán, de

que pairaba sobre o infortunado Aníbal Otero, a quen co-ñecía, a condena a morte, acudiuse no domicilio do fiscal,Ramón Rivero de Aguilar, para facerlle ver que o labor enPortugal de Otero era un labor estritamente filolóxico, e quebaixo ese prisma había que interpretar os cadernos de tra-ballo e as transcricións fonéticas que contiñan.

III. Na lenda, a intervención valente de don Xesús Carroevitou a pena de morte, aínda que non a de varios anos dereclusión (cómpre aclarar que os catro informantes, quenmáis, quen menos, ó referírense a Rivero de Aguilar, facía-no con xenreira e lembraban, de paso, que fora, o 13 deagosto de 1936, o fiscal que condenara a morte ó líder ga-leguista Alexandre Bóveda, polo que os catro informantessentían devoción).

IV. Algún dos meus informantes fixo referencia, conmoi pouca precisión, a unha intervención epistolar de donRamón Menéndez Pidal ante o Consello de Guerra quexulgou ó noso lingüista, intervención que o librou da má-xima pena. Aínda hoxe, relevantes lingüistas hispanos e es-tranxeiros, algúns autores de monografías sobre o ALPI eos seus colaboradores, afirman, sen reservas, que foron asxestións de Menéndez Pidal as que evitaron, “in extremis”,

galegos 11 | 111 / 2010 | 127

Page 8: Aníbal Otero Tribulacións dun lingüista galego · Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no tecido fo- ... Manuel Sanchis Guarner, Francesc de B. Moll e Armando Nobre de Gusmão.

a sentencia fatídica (podemos probar documentalmenteque don Ramón fixo dilixentes xestións desde Cuba, pero,informado tarde do perigo que corría Otero, esas xestiónsou non chegaron ós destinatarios ou chegaron despois doConsello de Guerra).

A Causa 809/36¿Que acontecera, realmente, e qué “probas” aduciron as au-toridades franquistas para procesar, despois do 5 de agos-to, a Aníbal Otero, incomunicado durante catorce días na-quela especie de “zulo” da prisión de Tui? Contra o que dia lenda (as versións orais) dos primeiros anos da Posguerra,que eu mesmo oín (e espallei), non foron as transcriciónsfonéticas o corpo do delito, a causa de que Aníbal Oterofose procesado e, logo, condenado; é certo que ese estrañoalfabeto suscitou sospeitas na Policía, sospeitas que anima-ron ós xendarmes a procurar, na vida e nas pertenzas dolingüista, outros indicios, outras probas. Non tardou a Po-licía portuguesa en bater con varios documentos, un espe-cialmente grave para Otero: unha carta a súa nai. Trátasedunha carta inconclusa, ou sexa, dunha carta que o lingüis-ta estaba a redactar cando os policías portugueses se incau-taron dos libros, cadernos, documentos, etc. que o lingüis-ta tiña no hotel Rio Minho.

Este é o texto:

Srª. Dª. Emilia ÁlvarezQuerida mamá: Supongo que los acontecimientosde España no habrán repercutido ahí y que, por tanto,os encontraréis sin novedad.Yo he decidido permanecer en Portugal en tanto nose decida el triufo del Gobierno, que, aunque es se-guro, puede tardar todavía muchos días. He tomadoesta determinación en vista de haber sido moviliza-das varias quintas y no querer yo, de ninguna mane-ra, combatir contra el Gobierno legítimo de Madrid,cuyo triunfo es cada día más seguro. El Gobierno noha hecho movilización alguna

(Non ten data, que Otero sempre consignaba ó final)

Aquí interrómpese a carta, quizais incautada no momen-to en que se redactaba, por tanto, o 5 de agosto de 1936.Aínda incompleta, hai nela tres afirmacións que compro-meten moi gravemente a Otero:

O Goberno de Madrid non tardará en controlar a situa-ción, en abafar a sublevación

Ese Goberno, o de Madrid, é o “legítimo”…

c)… e el determinou non combater contra o Gobernolexítimo, o que implica que non volverá, de momento, aGalicia onde xa fora mobilizada, entre outras, a súa quinta.

Non é a única carta que escribiu á familia desde a Suble-vación. A Causa contén unha carta da súa irmá Blanca, do10 de agosto, na que se alegra de que non tivese “la malaidea de salir de Portugal cuando tenías pensado y que te«pescasen» para la revolución”. Así pois, nalgún momento,Otero pensou en pasar a fronteira con destino a territorioaínda republicano, idea que comunicou nunha carta á fa-milia. A irmá encárgase de facerlle saber que, na España nonrepublicana, mobilizaron a todos os soldados de cota, e onoso lingüista fora soldado de cota, en Madrid, en 1933. Porconseguinte, a carta da irmá agrava a escrita por Otero á naipois achega un novo dato: que nalgún momento pensou enabandonar Portugal (con todas as consecuencias), pero nonpola fronteira galega.

Non foron estas dúas as únicas cartas comprometedo-ras; hai outra, a que lle escribiu desde Lisboa, o 3 de agos-to, don Claudio Sánchez Albornoz, embaixador de España.É unha carta, en principio, non problemática:

Muy distinguido señor mío:En posesión de su Atta. 2 del cte. puedo comunicar-le que poseo leves noticias mas estas me dejan com-prender que se encuentran bien todos los del Cen-tro de Estudios Históricos de Madrid, lo que me esgrato comunicarle.Con este motivo le saluda atentamente y me ofrez-co suyo amigo.

Non tiña por que comprometer unha carta na que oembaixador lle comunica a Otero, en respostas a unha pre-gunta súa, que no Centro de Estudios Históricos todos(polo tanto, tamén, o director e os colegas do ALPI) esta-ban ben.

Pero non foi así, xa que a carta contén esta postdatamanuscrita: “Tomo nota de sus noticias. Ya llegará la hora”.Este breve texto está presente en bastantes folios da Causapois xuíces e fiscais interpretan que Otero, desde Valen-ça do Minho, facía chegar “noticias” (políticas) ó embai-xador, quen, por se fose pouco, apela a unha hora futu-ra inquietante (para os sublevados).

Na documentación incautada hai outros documentosque, en opinión das autoridades franquistas, incriminan aOtero, algúns tan breves como un número de teléfono deMadrid (77800) que pertencía a un militar republicano óque Otero, axente do Goberno, informaría.

128 | galegos 11 | 111 / 2010

Page 9: Aníbal Otero Tribulacións dun lingüista galego · Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no tecido fo- ... Manuel Sanchis Guarner, Francesc de B. Moll e Armando Nobre de Gusmão.

Probas eficacesPor todo isto, Aníbal Otero é considerado, aínda admitin-do que desenvolvía en Portugal unha actividade filolóxicalegal, un axente perigoso ó servizo do Frente Popular. Defeito, Otero chega a Portugal despois do 16 de febreiro de1936, que foi o día do triunfo electoral da detestada coali-ción política. O propio Otero, en non poucos folios, dos207 da Causa, precisa que entrou en territorio portugués o20 de maio dese ano, declaración que os xuíces do lingüis-ta interpretan ó seu xeito: que Aníbal Otero realiza en Por-tugal estraños cometidos ó servizo do Goberno do FrentePopular.

Emilia Álvarez Álvarez, con intuición de nai, percibiuque ó seu fillo vinculábano politicamente co Goberno doFrente Popular, vinculación que ela que podía desbaratar.Farao o 14 de decembro de 1936, data na que compareceante o xuíz instrutor ó que aporta senllos oficios favora-bles do alcalde, do cura párroco e do xefe da Falanxe. Peronon son estes documentos a baza, segundo a nai, decisi-va; a proba máis elocuente é un mollo de páxinas asina-das, desde 1931, por don Ramón Menéndez Pidal (variosoficios) e don Tomás Navarro Tomás (26 cartas), que de-mostraban claramente que o seu fillo colaboraba en tare-fas filolóxicas, orientadas por estes dous eminentes espe-cialistas, cinco anos antes da existencia do Frente Popular.A nai demostrou que o seu fillo non era unha peza movi-da polo Frente Popular. Agora ben, demostrouno para queno demostrou. Demostrouno para o xuíz instrutor, RafaelRuibal, tenente coronel de enxeñeiros, que o 17 de xanei-ro de 1937 conclúe no seu “Dictamen”:

Queda, pues, probado documentalmente que AníbalOtero llegó a Valença por causas bien determinadas,anteriores a la formación del Frente Popular e inde-pendientes de éste y del consiguiente movimiento delEjército nacional; y que no trajo a esa plaza ningunamisión reservada, confidencial o de espionaje.

Pese a que o “Dictamen”, elaborado e subscrito por unoficial franquista, contén aspectos favorables para o proce-sado, o fiscal da 8ª División (A Coruña) emite, un mes des-pois, un informe no que propón que “debe imponerse alprocesado la pena de reclusión perpetua a muerte” (17-2-1937).

Consello de GuerraNas actas do Consello de Guerra, o fiscal, Manuel MaríaPuga, alférez honorífico do Corpo Xurídico Militar, solici-ta a pena de morte polo “delito de traición” coa agravantede “perversidad del delincuente”. Feita esta petición, inter-vén o defensor, tamén militar e ardoroso franquista, o te-nente de infantería Daniel Vello Martínez, que se pronun-cia nuns termos insólitos nos Consellos de Guerra da época,unha ferramenta inmisericorde para castigar e, tamén, paraaterrorizar á poboación, moi na liña do xeneral Mola, o te-órico e o estratego do terror desde os inicios da Sublevación.Daniel Vello non se limita, como tantos outros defensoresde oficio, a solicitar unha miguiña de clemencia senón quecuestionou partes esenciais da argumentación do fiscal e dorelato do vogal poñente (o temible Rivero de Aguilar), tantoque chega a formular:

galegos 11 | 111 / 2010 | 129

Page 10: Aníbal Otero Tribulacións dun lingüista galego · Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no tecido fo- ... Manuel Sanchis Guarner, Francesc de B. Moll e Armando Nobre de Gusmão.

… como acto punible sólo se le puede atribuir su noincorporación a filas, cuyo conocimiento tenía porcarta de su hermana, haciendo resaltar también que,a pesar de tener facilidad en los primeros días parapasar por Extremadura para Madrid, no lo hizo porno luchar contra el Ejército Nacionalista; consideraal procesado libre de toda responsabilidad en el de-lito que se le acusa y pide en conciencia la pena decuatro años de prisión militar correccional por des-erción al Extranjero en tiempo de guerra…

Na defensa, Daniel Vello formula unha alegación quecase ridiculiza unha acusación do fiscal (“un espía al servi-cio del funesto Gobierno del Frente Popular”). As palabrasdo defensor foron: “… es un tanto extraño ya que un espíano puede delatar su condición de tal abiertamente sin reca-to de ningún género y en público…”. Refírese ó declarado,como testemuñas, por dez hóspedes do hotel Rio Minho,concordes en que Aníbal Otero se declarou comunista, par-tidario do Frente Popular, non contrario ó asasinato de CalvoSotelo… Eu estou convencido de que Aníbal Otero fixo,quizais con matices, estas declaracións, xusto nos días en queeses hóspedes, dereitistas moi belixerantes, provocárono coas

súas preguntas e comentarios. Aquel home tan calado e re-flexivo cometeu a imprudencia de replicar en termos que,no fondo, non eran moi sinceros. Quizais foi certo que, al-porizado polas manifestacións dos hóspedes, se declarase“comunista”, el que estaba a anos luz de selo, pois a súa ide-oloxía era a dun liberal de dereitas, agás en materia relixiosa(era ateo). Téñase en conta que Otero, cando, provocado,fixo declaracións tan graves como pouco sinceras, non eraun temerario. Pronunciábase neses termos en datas nas queel estaba convencido (e así llo escribe á súa nai) de que o Go-berno de Madrid non tardaría en abafar a Sublevación.

Pero agora estamos en Vigo, na prisión municipal, onde,o 5 de marzo de 1937, Aníbal Otero é xulgado nun Conse-llo de Guerra e o fiscal xa pediu para el a pena de morte, seben o defensor, que parece un defensor civil nun sistemademocrático, acaba de solicitar a nimiedade de catro anosde prisión. Cónstame que Aníbal, finalizada a sesión, des-estimou, alá na cerna do seu espírito, a actuación do defen-sor, coñecedor de que o que prevalecía, nestes Consellos deGuerra, era a petición fiscal. De feito, cando o presidentedo tribunal lle pregunta “si tiene algo que manifestar”, o atri-bulado Otero proferiu estas dúas palabras: “Solicito justi-cia”. Temía o peor.

130 | galegos 11 | 111 / 2010

Page 11: Aníbal Otero Tribulacións dun lingüista galego · Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no tecido fo- ... Manuel Sanchis Guarner, Francesc de B. Moll e Armando Nobre de Gusmão.

Sentenza e prisiónA sentenza, moi resumida, reza así:

“Resultando: que Aníbal Otero, en combinación conSánchez Albornoz, embaixador en Lisboa, e centrosoficiais de Madrid, dedicouse a dar noticias do Move-mento Nacional.Resultando: que, no hotel Rio Minho, non se reca-tou de proclamar a súa “filiación comunista” e de ase-gurar o triunfo do Goberno de Madrid.Resultando: que non se incorporou en Galicia á súaquinta, para non loitar contra os marxistas, e que ma-nifestou o desexo de pasar a fronteira por Extrema-dura para unirse ós comunistas e loitar con eles con-tra “la verdadera España”.Fallamos: “que debemos condenar y condenamos[polo delito de rebelión militar] al paisano AníbalOtero a la pena de reclusión perpetua…”.

O que establecía o Código Penal para a reclusión perpe-tua eran trinta anos de privación de liberdade, susceptiblesdos indultos que o Goberno estimase oportunos. De feito,Aníbal Otero estivo en prisión desde o 5 de agosto de 1936

ó 22 de maio de 1941. Neses cinco anos “residiu” en cincocadeas: Tui, Vigo, San Simón, Burgos e Figueirido. Nalgun-has delas, asediando pedagoxicamente ós compañeiros deinfortunio, seguiu recollendo palabras e sons (como se tra-ballase para o ALPI) e romances (como cando traballabapara Menéndez Pidal).

Mentres Aníbal Otero penaba nas cadeas franquistas, oinxente material do ALPI, en parte recolleito por el en Ga-licia e fóra, protagonizou un dramático éxodo: de Madrid(Centro de Estudios Históricos) a Valencia, Barcelona, París(Instituto Francés) e Nova Iorque (Columbia University,onde Navarro Tomás foi profesor, xa no exilio, desde marzode 1939). Da primeira parte do traslado (Madrid-Valencia)responsabilizáronse os milicianos comunistas do V Regi-miento.

Foi unha operación audaz e intelixente de don TomásNavarro, que salvou a magna obra, primeiro dos bombarde-os, e logo, do desleixo ou da rapina franquista. Xa finaliza-da a Guerra Civil, o Goberno de Franco, inducido polo seuembaixador nos Estados Unidos, Juan F. de Cárdenas, tra-tou de procesar e extraditar, por “ladrón” do ALPI, a Nava-rro Tomás, un dos cidadáns españois de máis preclaras vir-tudes, incluída a da lealdade ó Goberno (legal e lexítimo) daRepública. De feito, o “ladrón” devolveu a España os mate-riais do ALPI en 1950, cando percibiu con claridade que oRéxime de Franco era apoiado descaradamente polos vence-dores occidentais da II Guerra Mundial, agradecidos —aíndaque non o manifestasen— a España por ser un baluarte con-tra o comunismo.

Pero don Tomás Navarro xogou unha carta ante as au-toridades españolas do Consejo Superior de InvestigaciónsCientíficas (CSIC): devolvería os materiais se completabana investigación e editaban os datos dos centos e centos decadernos os catro investigadores españois, dous dos calesforan presos políticos, Aníbal Otero de 1936 a 1941, e Ma-nuel Sanchis Guarner, capitán republicano, de 1939 a 1942.Sen dúbida, esta circunstancia tívoa moi presente don TomásNavarro cando “pactou” coas autoridades españolas (doOpus Dei, fundamentalmente) a devolución do ALPI, au-toridades interesadas en demostrar ó mundo o interese pololabor científico transterrado por circunstancias da GuerraCivil. Era, no fondo, un interese para a galería, e próbao beno feito de que o CSIC só publicou, dos dez tomos (e unanexo) da obra, o tomo I. Na ocasión, fíxose unha foto (queera do que se trataba) na que están, con algúns dos colabo-radores, don Ramón Menéndez Pidal e Rafael de Balbín, ocatedrático franquista (do Opus Dei) que dirixiu, con moitotacto, a operación de rescate do ALPI e coordinou, admi-

galegos 11 | 111 / 2010 | 131

Page 12: Aníbal Otero Tribulacións dun lingüista galego · Aníbal Otero realizou esas 53 incursións no tecido fo- ... Manuel Sanchis Guarner, Francesc de B. Moll e Armando Nobre de Gusmão.

nistrativamente, os traballos dos investigadores nesta segun-da etapa. Non está na foto Navarro Tomás, quen, en nonpoucas cartas, precisa que non pisará terra española men-tres goberne Franco, o Franco que amnistiara a moitos exi-liados pero algúns, coma el, “estamos firmes en el principiode no conceder amnistía a Franco” (20-12-1960).

Anibal Otero, que está na famosa foto de 1962, fixo as en-quisas de Portugal, en 1953 e 1954, en colaboración cun xoveprofesor da Universidade de Lisboa, Luis Filipe Lindley Cin-tra. Con tal motivo, facía viaxes a Madrid para asistir a traba-llos de coordinación cos outros colaboradores, e nunha desasviaxes saudeino e comecei a tratalo. Nos meus anos de Lugo(desde 1960) renovei a relación, nalgún momento de certa in-tensidade (filolóxica), especialmente en 1962, ano en que es-cribín as tres primeiras reseñas que se publicaron do primeirotomo do ALPI en España, reseñas nas que, loxicamente, subli-ñaba as investigacións galegas do noso lingüista.

¿Un vencido da vida?Nesta altura, Aníbal Otero era un home con moi poucosazos. A Guerra Civil, que tronzara a súa carreira (e destruí-ra o seu expediente académico), confinouno na aldea de Bar-cia anos e anos despois de saír da cadea en maio de 1941.Alí vive e traballa como labrador, se ben nunha casa quenon é pobre, e alí, para entreterse, segue a recoller palabrase textos literarios da tradición oral; tamén finaliza unha no-vela, Esmoriz (iniciada na prisión), fai versos, escribe prosaspoéticas. De feito, a literatura é a súa ocupación máis senti-da, unha inclinación fonda que xa se manifestara desde 1930,moi novo aínda. É inxente o material literario inédito quehoxe custodia, no Instituto da Lingua Galega (Santiago), oprofesor Antón Santamarina. Alguén, canto antes, deberíaexaminar a fondo esas páxinas, froito, en calquera caso, dequen estaba comprometido intimamente coa escrita poéti-ca aínda que, entre certos eruditos, a dimensión máis coñe-cida e celebrada sexa a de lingüista (fonetista, lexicógrafo…).

Sen perspectivas profesionais, Otero, na súa Barcia natal,pasa a década dos corenta, e en 1949 (o 31 de maio) casacon Asunción Álvarez, curmá da que está namorado —e co-rrespondido— desde mociño moi novo. As familias de Asun-ción e de Aníbal non gustan destes amores, poñen atrancos,pero certa circunstancia propicia o matrimonio. O 9 de de-cembro dese ano nace Horocel cunha doenza —espiña bífi-da— que derruba ó pai, xa moi abatido desde o calvario xu-dicial e penal padecido desde o 5 de agosto de 1936.

Nestas datas, cando acaba de recibir o novo machadazo,escríbelle unha carta don Ramón Otero Pedrayo na que oinvita a colaborar no primeiro volume da Historia de Gali-

za, que el dirixe. Na carta, gasalleira para a personalidade fi-lolóxica de Otero, pídelle un traballo dunhas cen páxinassobre a historia da lingua galega que “V. puede escribirnoscon novedad y ciencia” (12-10-1950). Engade que o seu tra-ballo, ademais de remunerado, constituirá un capítulo dunvolume no que figurarán estudos de Vicente Risco, Floren-tino Cuevillas e o propio Otero Pedrayo. A volta de correo,o noso lingüista, despois de afirmar que non ten a “prepa-ración necesaria”, comunícalle:

La lengua gallega me ha interesado siempre mucho,pero las circunstancias de la vida me han impedidoadelantar en su conocimiento. Sin medios de inves-tigación y lejos de toda biblioteca, yo lo único quepuedo hacer es lo que hago: traballar os meus leiriños(a cursiva é miña).

Nas primeiras palabras (“las circunstancias de la vida”) estáa Guerra Civil, que tronzou a súa biografía profesional, perocómpre aclarar que a carta de don Ramón chega a Barciacando el e Asunción aínda están baixo o impacto da doenzado fillo, que acaba de cumprir dez meses. É o Aníbal que, apartir de agora, publicará ata a súa morte (1974) uns trinta tra-ballos lexicográficos con arriscadas conxecturas etimolóxicas:por ir pasando o tempo, por entreterse. ¡Tan abatido estabae tan falto de expectativas interesantes!

Nos últimos anos a súa saúde psíquica quebrantouse alar-mantemente, e despois de pasar por un sanatorio psiquiá-trico en Santiago, morre en Barcia, na casa natal, o 11 demarzo de 1974. Circula o ruxe-ruxe de que se suicidou, oque non é certo.

A mágoa fonda viña do tráxico verán do 36, aumentadaen decembro de 1949, tanto que dez anos antes do pasa-mento era incapaz de facer o menor esforzo social para pro-fesionalizarse ou para ter unha certa presenza nas institu-cións culturais do país. Anímano persoas moi conscientesda súa valía e formación, como Fermín Penzol, Enrique San-tamarina e Ramón Piñeiro. Foi Piñeiro quen, desde a som-bra, organizou a operación para que Otero fose nomeadomembro de número da Real Academia Galega, designaciónque se formalizou en decembro de 1964. Todo foi inútil, in-cluso un xantar que lle ofrecemos en Lugo uns meses des-pois. Durante catro anos, don Sebastián Martínez-Risco,presidente da institución, instouno unha e outra vez paraque escribise o preceptivo discurso de ingreso, que nuncaredactou. Nunha lacónica carta a don Sebastián reveláballea verdade: “… la mala salud, el poco ánimo y las adversascircunstancias…”.

132 | galegos 11 | 111 / 2010