ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL...

30
1 ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL 1. ESC, Equipamentos SocioCulturais (5). Posúen unha dotación infraestrutural en forma de salas ou espazos especializados que requiren dunha programación e un persoal específicos, que quedan fóra do alcance do obxecto de contrato. Aínda que, como todas as instalacións da RSC, atenden á súa área de influencia e dedican unha parte da súa capacidade e da programación a servizos de proximidade, a súa actividade especializada, dirixida a dar servizo a toda a cidade e ao público en xeral, eríxese na nota distintiva do equipamento e outórgalle unha personalidade e proxección propia dentro da Rede. Son as seguintes: Santa Marta: Artes escénicas (sala Agustín Magán). Casa das Asociacións de Cornes: Espazo maker. Caramoniña: Conferencias e monográficos. Vidán: Medio ambiente e campamentos de verán. Vista Alegre/O Romaño: Espazo dedicado ao circo. 2. CSC, Centros SocioCulturais (13). A súa nota distintiva é a súa dimensión en canto a poboación atendida, territorio referenciado, superficie útil e/ou número de salas. A súa misión principal é a de garantir os servizos de proximidade e traballar na escala barrio/parroquia/zona. Na súa programación buscarán o equilibrio entre as diversas liñas programáticas e tentarán fomentar a participación como eixo de traballo. O persoal vinculado a estas instalacións deberá coñecer ben o entorno e as necesidades dos usuarios. Algunhas destas instalacións poderán ter algunha sala especializada, aínda que esta, pola súa relevancia ou función dentro do conxunto, non lles outorgue a condición de equipamento sociocultural.

Transcript of ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL...

Page 1: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

1

ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC

1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL

1. ESC, Equipamentos SocioCulturais (5). Posúen unha dotación

infraestrutural en forma de salas ou espazos especializados que requiren

dunha programación e un persoal específicos, que quedan fóra do alcance do

obxecto de contrato.

Aínda que, como todas as instalacións da RSC, atenden á súa área de

influencia e dedican unha parte da súa capacidade e da programación a

servizos de proximidade, a súa actividade especializada, dirixida a dar servizo

a toda a cidade e ao público en xeral, eríxese na nota distintiva do equipamento

e outórgalle unha personalidade e proxección propia dentro da Rede. Son as

seguintes:

Santa Marta: Artes escénicas (sala Agustín Magán).

Casa das Asociacións de Cornes: Espazo maker.

Caramoniña: Conferencias e monográficos.

Vidán: Medio ambiente e campamentos de verán.

Vista Alegre/O Romaño: Espazo dedicado ao circo.

2. CSC, Centros SocioCulturais (13). A súa nota distintiva é a súa dimensión

en canto a poboación atendida, territorio referenciado, superficie útil e/ou

número de salas.

A súa misión principal é a de garantir os servizos de proximidade e traballar na

escala barrio/parroquia/zona. Na súa programación buscarán o equilibrio entre

as diversas liñas programáticas e tentarán fomentar a participación como eixo

de traballo. O persoal vinculado a estas instalacións deberá coñecer ben o

entorno e as necesidades dos usuarios.

Algunhas destas instalacións poderán ter algunha sala especializada, aínda

que esta, pola súa relevancia ou función dentro do conxunto, non lles outorgue

a condición de equipamento sociocultural.

Page 2: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

2

3. LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma finalidade que os centros

socioculturais, pero a diferenza deles a súa dimensión poboacional, territorio

referenciado, superficie útil e/ou número de salas é máis reducido.

Nesta tipoloxía existe unha maior diversidade de instalacións e de casuísticas,

en función da titularidade, morfoloxía, tamaño, hábitat circundante e

conectividade co resto da cidade.

Estes inmobles adoitan posuír espazos reservados para as asociacións

veciñais da zona e concentran na actualidade a maioría das fórmulas de co-

xestión e autoxestión da Rede.

2. TIPOLOXÍA POR LOCALIZACIÓN

1. Zona Urbana (13 inmobles, cor vermella): Inmobles localizados na cidade

compacta ou urbe consolidada, cunha alta densidade de poboación.

Conéctanse coa súa contorna a través de itinerarios principalmente peonís (ou

de bicicleta) e posúen unha boa conectividade mediante transporte público.

Nas súas inmediacións atópanse numerosos equipamentos e servizos de todo

tipo.

Nun radio de 250m arredor destes inmobles vive unha poboación aproximada

de 22.500 persoas.

Nun radio de 500 m arredor destes inmobles vive unha poboación aproximada

de 45.000 persoas, se ben esta cifra contabiliza varias veces aqueles

habitantes que residen no ámbito de influencia de varios inmobles.

2. Zona Rururbana (11 inmobles, cor azul): Inmobles localizados no cinto que

rodea a zona urbana. A característica é a heteroxeneidade paisaxística e

ambiental que os circunda. Atopámonos con escenas urbanas que conviven

con retallos de rural, ás veces sen solución de continuidade. Son espazos de

alto potencial de cara á súa integración co resto da cidade.

Nun radio de 250m arredor destes inmobles vive unha poboación aproximada

de 7.500 persoas

Nun radio de 500 m arredor destes inmobles vive unha poboación aproximada

de 15.000 persoas.

Page 3: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

3

3. Zona Rural (20 inmobles, cor amarela): Inmobles localizados no medio rural

e afastados do centro urbano. Na súa contorna atopamos escasa densidade

de poboación. Os usuarios empregan basicamente equipamentos que se

atopan nas proximidades, aínda que case todos teñen no coche o seu principal

medio de transporte.

No seu ámbito de influencia natural, a parroquia, vive unha poboación

aproximada de 15.000 persoas.

Ilustración 1: Mapa sintético da Rede SocioCultural

Page 4: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

4

3. MAPA DE CENTROS

Ilustración 2: Mapa dos inmobles da RedeSociocultural

Ilustración 3: Mapa dos inmobles da RedeSociocultural (ampliación da zona urbana)

Page 5: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

5

4. LISTADO DE EQUIPAMENTOS, CENTROS E LOCAIS SOCIOCULTURAIS

O listado de instalacións nas súas tres tipoloxías é o que segue:

Page 6: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

6

Tipoloxía funcional Nome

Barrio(s) ou parroquia(s) no seu ámbito de influencia

Tipoloxía territorial

Superficie da parcela

(m2)

Superficie construída

(m2)

Habitantes nun radio de

250 m

Habitantes nun radio de

500 m Habitantes da

parroquia

Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche Ensanche Urbano 1.630 1.630 5.403 13.004

Fontiñas As Fontiñas, Concheiros Urbano 453 1.812 2.099 7.448

San Pedro San Pedro, Concheiros Urbano 155 155 2.217 4.285

Cidade Vella Cidade Vella, San Roque Urbano 116 100 1.826 3.992

José Saramago de Vite Vite, Guadalupe, San Caetano Urbano 541 1.626 1.807 3.525

Trisca Quiroga Palacios, Belvís Urbano 174 606 2.256 3.231

Vista Alegre / O Romaño Vista Alegre, Romaño, O Avío Rururbano 1.200 949 1.362 2.802

Pontepedriña Pontepedriña Urbano 360 336 1.462 2.515

Brañas de Andrés Pelamios, Vista Alegre Urbano 83 80 597 2.490

Almáciga Almáciga, Basquiños Urbano 309 100 2.168 2.317

Agustín Bueno do Castiñeiriño Castiñeiriño, Lamas de Abade Rururbano 1.368 805 1.718 2.221

Santa Marta Santa Marta, A Choupana Urbano 2.283 1.593 1.452 2.132

Casa Agraria Meixonfrío, Salgueiriños Rururbano 316 804 810 1.925

Cancelas As Cancelas Rururbano 499 210 660 1.890

Casa das Asociacións de Cornes Cornes, Conxo, Ensanche Urbano 482 1.189 1.174 1.870

Aurelio Aguirre de Conxo Conxo Rururbano 824 321 671 1.781

Caramoniña Almáciga, Bonaval Urbano 96 153 960 1.602

Cardeal Quiroga Pontepedriña, Restollal Urbano 149 149 1.242 1.573

Sar Sar Rururbano 157 99 639 1.508

Amio Amio, San Lázaro Rururbano 275 717 338 1.320

San Lourenzo San Lourenzo Rururbano 2.611 200 237 869

Vidán Vidán, Brandía Rururbano 1.710 506 198 634

Casas Novas Casas Novas Rururbano 1.149 111 255 531

Rocha A Rocha Rururbano 586 264 290 435

Page 7: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

7

Tipoloxía funcional Nome

Barrio(s) ou parroquia(s) no seu ámbito de influencia

Tipoloxía territorial

Superficie da parcela

(m2)

Superficie construída

(m2)

Habitantes nun radio de

250 m

Habitantes nun radio de

500 m Habitantes da

parroquia

Villestro Villestro Rural 1.090 120 2.049

Aríns Aríns Rural 660 297 1.413

Laraño Laraño Rural 3.555 239 1.252

Marrozos Marrozos Rural 2.861 403 1.077

Eixo-Bornais O Eixo Rural 1.000 217 1.036

Bando Bando Rural 5.431 125 1.015

Figueiras Figueiras Rural 1.896 150 1.000

Xosé Mosquera Pérez da Lavacolla Sabugueira Rural 838 328 973

Gracia Tambre Rural 2.802 623 934

Enfesta Enfesta Rural 1.956 451 706

Peregrina Peregrina Rural 924 220 556

Marantes Marantes Rural 2.283 269 390

Verdía Verdía Rural 1.357 356 303

Grixoa Grixoa Rural 12.691 300 266

Busto Busto Rural 1.943 159 222

Santa Cristina de Fecha Fecha (Santa Cristina) Rural 878 350 212

Lamascal Fecha (San Xoán) Rural 1.442 258 211

Nemenzo Nemenzo Rural 1.989 142 208

San Xulián de Carballal Carballal Rural 3.672 69 197

Cesar Cesar Rural 2.172 164 142

Page 8: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

8

De forma provisional e en tanto non estea operativo dentro da Rede o ESC de Vista

Alegre / O Romaño, as súas actividades, horas de programación e demais recursos

ofertados para o mesmo distribuiranse entre as instalacións circundantes actualmente

en funcionamento: CSC de Vite, LSC do Romaño (ao que substituirá), LSC das

Brañas de Andrés e LSC das Casas Novas.

Durante a vixencia do contrato e previo acordo da Xunta de Goberno municipal poderá

modificarse o listado de instalacións que integran a RSC, sen que a adición,

substración ou substitución de novas unidades implique para a adxudicataria a

asunción de máis actividades, horas de programación e demais recursos ofertados

que forman parte do servizo obxecto de contrato. Nese caso o Concello e a

adxudicataria acordarán, de mutuo acordo, a nova distribución dos recursos previstos.

5. PERFIL DEMOGRÁFICO DA POBOACIÓN ATENDIDA

Neste apartado ofrécense algúns datos estatísticos que caracterizan á poboación

residente no ámbito de influencia dos inmobles da rede. A súa inclusión está motivada

pola necesidade de dispor de indicadores obxectivos sobre o funcionamento da RSC,

a eficacia do programa ofertado e a eficiencia das actividades de programación que

teñen por destinatarios segmentos concretos da poboación.

As seguintes pirámides de poboación representan a estrutura por idades da

poboación residente (empadroada) no ámbito de influencia das instalacións da RSC.

Para as instalacións urbanas e rururbanas adoptouse a convención dun ámbito de

influencia de 500 m de radio arredor da localización da instalación. Para as

instalacións rurais representouse a totalidade da poboación da parroquia. No caso de

Fecha foi necesario agregar varias instalacións e os seus ámbitos de influencia para

obter e representar os datos.

Page 9: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

9

Page 10: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

10

Page 11: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

11

Page 12: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

12

Page 13: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

13

Page 14: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

14

A táboa seguinte mostra a composición da poboación residente no ámbito de

influencia dos inmobles da RSC en función da súa orixe (lugar de nacemento).

Tipoloxía funcional

Nome e tipoloxía territorial

Santiago de Compostela

(%)

Resto de Galicia

(%)

Resto de España

(%)

Estranxeiro (%)

Xuvenil do Ensanche 43 38 7 11

Fontiñas 44 41 6 8

San Pedro 45 39 7 9

Cidade Vella 45 37 8 10

José Saramago de Vite 65 26 3 5

Trisca 45 35 5 15

Vista Alegre / O Romaño 59 30 7 4

Pontepedriña 55 32 6 8

Brañas de Andrés 47 35 7 11

Almáciga 48 35 4 13

Agustín Bueno do Castiñeiriño 56 31 5 8

Santa Marta 47 35 8 10

Casa Agraria 53 34 5 8

Cancelas 51 36 5 9

Casa das Asociacións de Cornes 40 40 8 12

Aurelio Aguirre de Conxo 54 35 6 6

Caramoniña 49 36 5 9

Cardeal Quiroga 46 40 7 7

Sar 48 32 7 13

Amio 55 33 6 6

San Lourenzo 55 32 6 8

Vidán 59 30 7 4

Casas Novas 63 22 5 10

Rocha 73 20 3 4

Page 15: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

15

Tipoloxía funcional

Nome e tipoloxía territorial

Santiago de Compostela

(%)

Resto de Galicia

(%)

Resto de España

(%)

Estranxeiro (%)

Villestro 61 28 6 6

Aríns 71 21 4 4

Laraño 62 22 5 11

Marrozos 72 21 3 4

Eixo-Bornais 79 16 1 3

Bando 60 31 5 4

Figueiras 79 14 1 6

Xosé Mosquera Pérez da Lavacolla 74 20 3 3

Gracia 74 18 3 5

Enfesta 81 15 2 2

Peregrina 66 24 3 7

Marantes 70 24 3 3

Verdía 79 16 2 3

Grixoa 76 13 3 9

Busto 83 13 2 2

Santa Cristina de Fecha 78 18 1 3

Lamascal 78 18 1 3

Nemenzo 78 16 1 4

San Xulián de Carballal 65 24 1 9

Cesar 82 15 2 0

Todos os datos demográficos están referidos ao Padrón Municipal de Habitantes

con data 1 de xaneiro de 2016.

6. ENTIDADES COMUNITARIAS VINCULADAS Á RSC

A orixe, natureza e funcións da RSC están directamente vinculadas á existencia,

presenza e actividade das entidades comunitarias, nomeadamente a das

asociacións veciñais, aínda que non só, dando cabida na Rede ao resto de

asociacións sectoriais ou temáticas (culturais, deportivas, xuvenís , etc.).

A integración destas entidades comunitarias na RSC materialízase en:

A existencia de instalacións de titularidade privada cuxa abertura e

mantemento dependen das asociacións que son propiedade das mesmas ou

as alugan para a súa actividade.

A existencia en varias das instalacións de titularidade pública de espazos

cedidos ás asociacións, en exclusiva ou con preferencia de uso, nos que

residen ou desenvolven actividades en réxime de co-xestión e autoxestión.

Page 16: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

16

A táboa seguinte ofrece unha primeira aproximación a esta realidade, a cal resulta

fundamentais para a activación de novas formas colaborativas de xestión no ámbito

da RSC:

Tipoloxía funcional

Nome e tipoloxía territorial

Titularidade / Rëxime de

uso

Asociación veciñal vinculada

Salas reser-vadas das A.V.

Co-xestión

de activi-dades

Nº anual

de activi-dades propias

Nº de entidades comuni-tarias

presentes no

inmoble

Nº de

asociacións rexistradas no ámbito

de influencia

do inmoble

Xuvenil Municipal do Ensanche

Cedido pola Deputación

A.V. Raigame 10 39

Fontiñas Municipal

A.V. As Fontes A.V. O Camiño

11 10

San Pedro Alugueiro privado

Cidade Vella

Alugueiro municipal

A.V. Casco Histórico

10 4 20

José Saramago de Vite

Municipal 9

Trisca Municipal 15

Vista Alegre / O Romaño

Municipal A.V. Ponte do Romaño

1 2

Pontepedriña Municipal

A.V. Pontepedriña

Si Si 13 6

Brañas de Andrés

Cedido pola Deputación

A.V. Brañas de Andrés

Si 12 5 7

Almáciga Municipal

A.V. Francisco Asorey

Si 8 22

Agustín Bueno do Castiñeiriño

Municipal 4

Santa Marta Municipal 1

Casa Agraria

Privada veciñal

A.V. Casa Agraria

Si 6 1 7

Cancelas

Alugueiro municipal

A.V. As Cancelas

4 4

Casa das Asociacións de Cornes

Municipal 11

Aurelio Aguirre de Conxo

Municipal 4

Caramoniña Municipal 8

Cardeal Quiroga Municipal

A.V. Sandra Prego Rial

Si 5 4

Sar Municipal A.V. Sar Si 3 4

Amio Municipal

A.V. Monte do Gozo

Si 10 4 3

San Lourenzo Municipal

A.V. Río Sarela

Si Si 10 2

Vidán Municipal

Casas Novas

Alugueiro municipal

2

Rocha

Cedido pola Deputación

A.C. A Rocha Forte

Si 2 1

Page 17: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

17

Tipoloxía funcional

Nome e tipoloxía territorial

Titularidade / Rëxime de

uso

Asociación veciñal vinculada

Salas reser-vadas das A.V.

Co-xestión

de activi-dades

Nº anual

de activi-dades propias

Nº de entidades comuni-tarias

presentes no

inmoble

Nº de

asociacións rexistradas no ámbito

de influencia

do inmoble

Villestro

Cedido pola Deputación

A.V. A Unión Si 4 7

Aríns

Privada veciñal

A.V. Coto da Nai

Si 8 1

Laraño Municipal A.V. A Xunlla Si 2 1 6

Marrozos Municipal

A.V. Francisco García Beiro

Si Si 2 3

Eixo-Bornais Municipal

A.V. Domingo Cepeda

Si 2 3

Bando Municipal

A.V. Camiño de Santiago

Si 2 7

Figueiras Municipal

A.V. Nova Xeira

Si 7 1 2

X. Mosquera Pérez da Lavacolla

Cedido pola Deputación

A.V. Lavacolla

Si 2 5

Gracia Municipal A.V. A Gracia Si Si 6 1 4

Enfesta Municipal

A.V. Ponte Sionlla

Si 1

Peregrina Municipal

A.V. Río Sarela

Si 3 1

Marantes Municipal

A.V. Rego das Pedras

Si Si 3 1 2

Verdía Municipal

A.V. Santa Mariña

Si 3

Grixoa Municipal

A.V. Monte Longo

1

Busto Municipal

A.V. Campo das Escolas

1

Santa Cristina de Fecha

Deputación (cedido)

A.V. Nosa Señora de Belén

Lamascal Municipal

A.V. San Xoán de Fecha

2

Nemenzo Municipal

A.V. Campo do Monte

San Xulián de Carballal

Municipal A.V. Pasadoiro

Cesar Municipal A.V. Cesar

Ademais das actividades realizadas pola adxudicataria, por unha banda, e pola

Concellaría de Acción Cultural, o resto de departamentos e organismos municipais,

outras Administracións e as persoas e entidades que contraten ou en quen

deleguen, pola outra, a adxudicataria deberá integrar na programación da RSC as

actividades realizadas polas entidades comunitarias baixo o modelo de coxestión e

autoxestión, ademais de fomentar e dinamizar de forma proactiva a súa realización,

dentro da finalidade xeral de mediación sociocultural do servizo.

Page 18: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

18

7. TIPOLOXÍA DE ESPAZOS

Os inmobles da RSC posúen espazos interiores e en moitos casos tamén espazos

exteriores que forman parte integral do inmoble e son aproveitables para a

realización de actividades.

Os espazos internos directamente relacionados coa prestación do servizo reciben o

nome de salas e clasifícanse consonte a seguinte tipoloxía:

Salas especializadas. Posúen características especiais únicas na RSC e acollen

actividades prestadas por persoal técnico especializado.

Adoptan a forma ben dunha sala individual ou ben dun conxunto formado por unha

sala principal e unha ou varias salas complementarias de apoio. Poden chegar a

funcionar como espazo independente do equipamento ou inmoble no que se atopan.

A organización e impartición de actividades especializadas queda fóra do obxecto

de contrato. Porén, si é responsabilidade da adxudicataria a xestión destes espazos

en todo o que ten a ver co sistema de información da RSC (recollida de propostas,

rexistro e documentación das actividades desenvolvidas, e divulgación e

comunicación das mesmas). En todo caso, a adxudicataria facilitará as tarefas de

coordinación entre o Concello e as entidades ou persoas responsables da

organización de actividades especializadas.

Salas normalizadas. Posúen infraestrutura e persoal específico e están presentes

en varias instalacións da RSC, o que lles permite ofrecer servizos compartidos ou

acoller actividades que se replican ao longo e largo da Rede.

Estas salas normalizadas acollen servizos estables, con horarios constantes e

coñecidos ao comezo de cada curso de programación, no que se desenvolven as

seguintes actividades ordinarias:

Bibliotecas (e lectura ou estudo).

Espazos de benestar (xogos, saúde e convivencia).

Aulas de competencia dixital.

Representan aproximadamente o 30% do número total de salas non especializadas

da RSC.

Salas polivalentes. A súa infraestrutura e dotación en material inventariable é

mínima, permitindo o seu uso para actividades de natureza diversa e programación

baixo demanda.

Representan aproximadamente o 45% do número total de salas non especializadas

da RSC.

Salas reservadas. Correspóndense con:

Espazos administrativos, oficinas técnicas, espazos de almacenamento e

outras instalacións reservadas para a xestión interna da RSC.

Page 19: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

19

Salas cedidas de forma permanente a asociacións.

Representan aproximadamente o 25% do número total de salas non especializadas

da RSC.

8. FICHAS DE INMOBLES

Nas páxinas seguintes recóllense as fichas das 44 instalacións que compoñen a

RSC nas que se resumen as súas principais características. Na parte inferior das

fichas recóllese a información máis actualizada dispoñible.

As fichas preséntanse ordenadas do mesmo xeito que nas táboas precedentes,

primeiro os inmobles urbanos e rururbanos e despois os rurais, ordenados en cada

caso de maior a menor poboación residente no seu ámbito de influencia.

Ilustración 4: Lenda interpretativa das fichas

Page 20: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

20

S.ESP.: BIBLIOTECA (FUNDACIÓN ABANCA, NON MUNICIPAL) S.NOR.: SALA DE LECTURA, AULA DE INFORMÁTICA S.POL.: SALÓN DE ACTOS (80 PAX), SALA DE

XUNTAS/REUNIÓNS (20 PAX), SALA POLIVALENTE S.CER.: ESCRITORIO (X10)

S.ESP.: BOXES DE ENSAIO (MÚSICA) ANDAR -1 S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (70 PAX) 3º ANDAR, AULA DE INFORMÁTICA (20 PAX) 1º ANDAR, SALA DE XOGOS 2º

ANDAR, SALA DE CONVIVIO (25 PAX) 1º ANDAR (XUVENIL), SALA

DE CONVIVIO (25 PAX) 2º ANDAR (SÉNIOR) S.POL.: SALÓN DE ACTOS (170 PAX) PLANTA BAIXA, SALA

POLIVALENTE (25 PAX) 1º ANDAR, SALA POLIVALENTE (20 PAX) 1º ANDAR, SALA DE XUNTAS (12 PAX) 3º ANDAR (X2) S.CER.: ESCRITORIO (X3)

S.POL.: SALA POLIVALENTE

S.POL.: SALA POLIVALENTE

Page 21: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

21

S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (30 PAX) 1º ANDAR, AULA DE INFORMÁTICA (15 PAX) 1º ANDAR, SALA DE XOGOS (15

PAX) 1º ANDAR, SALA DE CONVIVIO (10 PAX) PLANTA BAIXA S.POL.: SALÓN DE ACTOS (150 PAX) PLANTA BAIXA (XIMNASIA, BAILE), SALA POLIVALENTE (15 PAX) 1º ANDAR (X5) (CURSOS, OBRADOIROS), SALA DE XUNTAS (10 PAX) PLANTA BAIXA S.CER.: ESCRITORIO

S.ESP.: SALA DE DEBUXO E DESEÑO S.NOR.: SALA DE XOGOS (15 PAX) 1º ANDAR (INFANTIL), SALA

DE CONVIVIO (30 PAX) PLANTA BAIXA (SÉNIOR, SALA DE

LECTURA, INTERNET, EXPOSICIÓNS) S.POL.: TERRAZA (25 PAX) 4º ANDAR, SALÓN DE ACTOS (35

PAX) 3º ANDAR (EXPOSICIÓNS), SALA POLIVALENTE (35 PAX) 2º

ANDAR (CURSOS, XUNTAS, ENSAIO), SALA DE OBRADOIROS (25

PAX) ANDAR -1 (MERENDA), SALA DE XUNTAS (4 PAX) 1º 2º E 3º

ANDAR (X3) S.CER.: ESCRITORIO, ALMACÉN

SERÁ SUBSTITUÍDO POLO NOVO ESC DE VISTA ALEGRE-O

ROMAÑO UNHA VEZ INAUGURADO. S.ESP.: CIRCO

S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (10 PAX) 1º ANDAR, AULA DE INFORMÁTICA (6 PAX) 1º ANDAR, SALA DE XOGOS (15

PAX) S.POL.: SALA POLIVALENTE (35 PAX) PLANTA BAIXA (XIMNASIA, OBRADOIROS, EXPOSICIÓNS), SALA DE XUNTAS (10 PAX) 1º

ANDAR S.CER.: ESCRITORIO, ESCRITORIO (A.V., TALLER) (X2)

Page 22: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

22

S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (15 PAX), AULA DE

INFORMÁTICA (40 PAX) (CINE) S.POL.: SALA POLIVALENTE (15/40 PAX) (XIMNASIA, BAILE), RECIBIDOR S.CER.: ESCRITORIOS (X3) (RESERVADA A.V., SALA DE XUNTAS, SALA DE MÁQUINAS)

S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (35 PAX) 1º ANDAR

(POLIVALENTE), AULA DE INFORMÁTICA (15 PAX) 1º ANDAR

(POLIVALENTE), SALA DE XOGOS (15 PAX) 1º ANDAR (LUDOTECA) S.POL.: SALÓN DE ACTOS (100 PAX) PLANTA BAIXA (XIMNASIA), SALA DE OBRADOIROS (20 PAX) PLANTA BAIXA, COCIÑA

(MERENDA) S.CER.: ALMACÉN (BAIXO ESCENARIO)

S.ESP.: ARTES ESCÉNICAS (SALA AGUSTÍN MAGÁN) S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (40 PAX), AULA DE

INFORMÁTICA, SALA DE XOGOS S.POL.: SALA POLIVALENTE (X4) S.CER.: ESCRITORIO (X3)

Page 23: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

23

S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA S.POL.: SALA POLIVALENTE (140 PAX) 1º ANDAR, SALA

POLIVALENTE (80 PAX) PLANTA BAIXA, SALA POLIVALENTE 2º

ANDAR (ACTOS, CURSOS, OBRADOIROS, XUNTAS, XIMNASIA)

S.POL.: SALA POLIVALENTE (100 PAX) (XIMNASIA, BAILE, XUNTAS), SALA POLIVALENTE (15 PAX) (LECTURA, INFORMÁTICA, OBRADOIROS, COCIÑA)

S.ESP.: ESPAZO MAKER S.NOR.: SALA DE LECTURA (24 PAX) 1º ANDAR, SALA DE

INFORMÁTICA (20 PAX) PLANTA BAIXA S.POL.: SALA POLIVALENTE (80 PAX) 3º ANDAR (CON TERRAZA

ANEXA PARA 32 PAX), TERRAZA (46 PAX) 3º ANDAR, SALA DE

XUNTAS (20 PAX) 1º ANDAR, SALA DE XUNTAS (12 PAX) 1º

ANDAR, RECIBIDOR (8 PAX) 3º ANDAR, RECIBIDOR (12 PAX) 2º

ANDAR S.CER.: ESCRITORIO (X4), ALMACÉN (X2)

S.NOR.: SALA DE LECTURA (35 PAX) 1º ANDAR, AULA DE

INFORMÁTICA (12 PAX) PLANTA BAIXA, SALA DE XOGOS (15 PAX) 1º ANDAR, S.POL.: SALA POLIVALENTE (100 PAX) (ACTOS, XIMNASIA), SALA

POLIVALENTE DIVISIBLE (75 PAX OU 3X25 PAX) (CURSOS), SALA

POLIVALENTE (65 PAX), SALA POLIVALENTE (25 PAX) (X3), SALA

DE XUNTAS (12 PAX) 1º ANDAR, ESPAZO EXPOSITIVO (16 PAX) PLANTA BAIXA, RECIBIDOR (10 PAX) PLANTA BAIXA S.CER.: ESCRITORIO (X3)

Page 24: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

24

S.NOR.: SALA DE LECTURA, AULA DE INFORMÁTICA, SALA DE

XOGOS S.POL.: SALÓN DE ACTOS S.CER.: ALMACÉN

S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (20 PAX) (SALA DE

XOGOS, XUNTAS), AULA DE INFORMÁTICA (7 PAX) S.POL.: SALÓN DE ACTOS (50 PAX) (XUNTAS) S.CER.: ESCRITORIO (A.V., 3 PAX)

S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (10 PAX) S.POL.: SALA POLIVALENTE (60 PAX), SALA DE OBRADOIROS

(10 PAX), RECEPCIÓN (7 PAX) S.CER.: ESCRITORIO (A.V., 15 PAX), ALMACÉN

S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (16 PAX) 1º ANDAR, AULA DE INFORMÁTICA (10 PAX) 1º ANDAR, SALA DE XOGOS (15

PAX) 1º ANDAR S.POL.: SALÓN DE ACTOS (100 PAX) PLANTA BAIXA (CON 2

CAMERINOS), SALA POLIVALENTE (20 PAX) PLANTA BAIXA E 1º E

2º ANDAR (X3) (XIMNASIA, OBRADOIROS), ESPAZO EXPOSITIVO

(SCALEXTRIC), RECIBIDOR PLANTA BAIXA E 1º ANDAR (X2) S.CER.: ESCRITORIO, ALMACÉN (X3)

Page 25: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

25

S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (12 PAX) S.POL.: SALA POLIVALENTE (50 PAX) (XIMNASIA, BAILE, OBRADOIROS) , COCIÑA (10 PAX) (LECTURA, XOGOS) S.CER.: ESCRITORIO (8 PAX)

S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (20 PAX) PLANTA BAIXA S.POL.: SALA POLIVALENTE (40 PAX) PLANTA BAIXA (XOGOS, XIMNASIA, XUNTAS) S.CER.: ESCRITORIO (4 PAX), ALMACÉN

S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (40 PAX) 1º ANDAR, SALA DE

XOGOS (10 PAX) ANDAR 0 S.POL.: SALA POLIVALENTE (50 PAX) PLANTA BAIXA E ANDAR 0

(X2) (XIMNASIA, BAILE, ACTOS, EXPOSICIÓNS), SALA DE

OBRADOIROS (30 PAX) PLANTA BAIXA (COCIÑA), RECIBIDOR (25

PAX) ANDAR 0 (LECTURA, CONVIVIO) S.CER.: ESCRITORIO (A.V.), ALMACÉN

Page 26: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

26

S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA, AULA DE

INFORMÁTICA, SALA DE XOGOS S.POL.: SALA POLIVALENTE

S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA, SALA DE XOGOS, SALA DE

BAILE S.POL.: SALÓN DE ACTOS, SALA DE XUNTAS (X2) (OBRADOIROS)

S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA S.POL.: SALA POLIVALENTE (X2)

S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (25 PAX) 1º ANDAR

(OBRADOIROS, COCIÑA), SALA DE XOGOS (10 PAX) 1º ANDAR S.POL.: SALÓN DE ACTOS (70 PAX) 1º ANDAR (XIMNASIA) S.CER.: ESCRITORIO (A.V.) PLANTA BAIXA, CAFETARÍA

(PECHADA)

Page 27: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

27

S.POL.: SALA POLIVALENTE (50 PAX) 1º ANDAR (ACTOS, CURSOS, XOGOS) S.CER.: ESCRITORIO (A.V.)

S.NOR.: SALA DE LECTURA (14 PAX) (OBRADOIROS), AULA DE

INFORMÁTICA (6 PAX), SALA DE XOGOS (50 PAX) (XIMNASIA, XUNTAS)

S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA S.POL.: SALA POLIVALENTE (X2)

S.NOR.: SALA DE LECTURA, AULA DE INFORMÁTICA, SALA DE

CONVIVIO S.POL.: SALÓN DE ACTOS (100 PAX), SALA DE OBRADOIROS, SALA DE XUNTAS S.CER.: ESCRITORIO (A.V.) (X2)

Page 28: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

28

S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA, AULA DE

INFORMÁTICA, SALA DE CONVIVIO S.POL.: SALÓN DE ACTOS (100 PAX), SALA DE OBRADOIROS, SALA DE XUNTAS S.CER.: ESCRITORIO (A.V.) (X2)

S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (8 PAX) 1º ANDAR (BIBLIOTECA) S.POL.: SALA POLIVALENTE (60 PAX) 1º ANDAR, SALA DE

CURSOS (30 PAX) PLANTA BAIXA (LECTURA, OBRADOIROS, XUNTAS, EXPOSICIÓNS), RECIBIDOR (20 PAX) S.CER.: ESCRITORIO (8 PAX), ESCRITORIO (A.V.), ALMACÉN

S.NOR.: SALA DE LECTURA (2 PAX), AULA DE INFORMÁTICA (8

PAX) S.POL.: SALA POLIVALENTE (25 PAX), SALA DE OBRADOIROS

(25 PAX) (XOGOS, XIMNASIA), AULA DE TV (15 PAX), COCIÑA (20

PAX) S.CER.: ESCRITORIO (A.V., 3 PAX), ALMACÉN

Page 29: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

29

S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA, SALA DE XOGOS, SALA DE

CONVIVIO S.POL.: SALA POLIVALENTE (X2) S.CER.: ESCRITORIO (A.V.)

S.NOR.: SALA DE LECTURA (15 PAX) PLANTA BAIXA

(INFORMÁTICA) S.POL.: SALA DE XUNTAS (90 PAX) PLANTA BAIXA (COCIÑA, ALMACÉN), SALA POLIVALENTE (60 PAX) 1º ANDAR (XOGOS, XIMNASIA), SALA DE OBRADOIROS (20 PAX) 1º ANDAR S.CER.: ESCRITORIO (A.V.)

S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA S.POL.: SALA POLIVALENTE

S.POL.: SALA POLIVALENTE, SALA DE OBRADOIROS (X3), SALA

DE XUNTAS

Page 30: ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC 1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL …santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON-57 … · LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma

30

S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (DEPUTACIÓN) S.POL.: SALA POLIVALENTE (TV, XUNTAS)

S.POL.: SALA DE XUNTAS

S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (DEPUTACIÓN) S.POL.: SALA POLIVALENTE (GRANDE) PLANTA BAIXA, SALA

POLIVALENTE (PEQUENA) 1º ANDAR