Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato...

28
Anatomía Aplicada 1º Bacharelato TEMA 3 SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos movernos para buscar alimento, fuxir de perigos e depredadores, realizar actividades sociais, etc. O movemento do corpo ou das partes do corpo realízase mediante: - Órganos motrices, como os músculos esqueléticos. - Sistemas de sostén, como o sistema óseo, cartilaxes, tecido conxuntivo e epitelios. - Estruturas de unión entre os anteriores como ligamentos, tendóns e articulacións. - Sistemas de control dos movementos, especialmente o sistema nervioso central, e tamén as hormonas. A capacidade do movemento do ser humano é consecuencia do proceso evolutivo e cada estrutura é resultado dun proceso de selección por adaptación ao medio.

Transcript of Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato...

Page 1: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

Anatomía Aplicada 1º BacharelatoTEMA 3

SISTEMA LOCOMOTOR

Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos movernos para buscar alimento, fuxir de perigos e depredadores, realizar actividades sociais, etc.

O movemento do corpo ou das partes do corpo realízase mediante:

- Órganos motrices, como os músculos esqueléticos.

- Sistemas de sostén, como o sistema óseo, cartilaxes, tecido conxuntivo e epitelios.

- Estruturas de unión entre os anteriores como ligamentos, tendóns e articulacións.

- Sistemas de control dos movementos, especialmente o sistema nervioso central, e tamén as hormonas.

A capacidade do movemento do ser humano é consecuencia do proceso evolutivo e cada estrutura é resultado dun proceso de selección por adaptación ao medio.

Page 2: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

O esqueleto é unha estrutura ríxida ou semirríxida formada por ósos e algúns cartilaxes que corresponde a un 12 % do peso total do corpo. O esqueleto consta, aproximadamente, de 206 ósos. A parte existen outros ósos como as pezas dentarias, os ósos suturais e os ósos sesamoideos. O número de ósos varía ao longo da vida. O feto ten algúns ósos separados para facilitar a súa saida desde a canle do parto (fontanelas no cráneo, maxilar), que cando se suturan dan lugar ás sínfises. Os ósos son órganos vivos e activos en constante remodelación.A maioría dos ósos están articulados entre sí mediante estruturas conectivas complementarias como ligamentos, tendóns, músculos e cartilaxes.Funcións mecánicas do esqueleto:

- Sostén mecánico do corpo. Mantén a estrutura e a morfoloxía básica do corpo humano. - Contén e protexe os órganos internos ante calquera presión ou golpe do exterior.- Soporte dinámico. Colabora na bipedestación, a marcha e demáis movementos corporais.- Transdución dos sons no proceso da audición que se produce no oído medio.

Funcións metabólicas dos ósos:- Almacén metabólico. Reserva de sales de calcio e fósforo. - Almacenamiento de enerxía: a medula ósea amarela actúa como reservorio de lípidos.- Regulación do pH.- Desintoxicación: os ósos poden almacenar metais pesados e outros elementos externos e logo

liberalos lentamente para a súa excreción. Funcións sintéticas:

- Hematopoiese: a medula ósea vermella, que se encontra no tecido esponxoso dos ósos longos encárgase da formación das células sanguíneas.

O esqueleto Tema 3

Page 3: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

Tipos de ósos:

Planos. Dúas dimensións maiores e unha menor. Tecido compacto no exterior e esponxoso no interior. Funcións: protección e inserción de músculos. Exemplos: cranio, escápula.

Longos. Unha dimensión maior que as outras. Tecido compacto no exterior e esponxoso no interior das apófises. As diáfises non teñen tecido óseo no seu interior. Función: movemento. Exemplos: ósos das extremidades

Curtos. Todas as dimensiones parecidas. Tecido compacto no exterior e esponxoso no interior. Función: transmitir forzas. Exemplos: ósos dos pulsos, ósos do pé.

Irregulares. De forma irregular. Tecido compacto no exterior e esponxoso no interior. Exemplos: etmoides, vértebras.

Partes do óso:

- Epífise. Extremo dun óso longo; é unha zona ensanchada que articula con outros ósos.

- Diáfise. Zona longa do óso. - Metáfise. Zona de transición entre epífise e a

diáfise. En épocas de crecemento esta zona está separada da epífise polo cartilaxe de crecemento.

- Apófise. Parte saliente dun óso na que éste se articula ou na que se presentan as insercións dos tendóns e ligamentos.

- Conducto óseo: burato por onde entran ou saen arterias e veas coa función de nutrir o óso.

- Cavidade ósea: espazo cóncavo do óso. Pode ser articular (nas articulacións) ou non articular (inserción de tendóns, arterias, músculos).

O esqueleto

Os ósos están en continua remodelación. Cada óso remodélase polos esforzos sufridos. En caso de lesión intenta recuperar a súa forma orixinal. Na infancia están en constante crecemento e sobre a súa forma interveñen varias hormonas:

- Hormona hipofisaria. Crecemento xeral.- Hormonas tiroideas. Crecemento xeral sobre todo en grosor.- Hormonas sexuais: Crecemento en lonxitude. Osificación.

Tema 3

Page 4: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

O esqueleto: o cranio

O esqueleto óseo da cabeza está formado polo cranio e a mandíbula. O cranio alberga o encéfalo e os órganos dos sentidos, dá soporte estructural á cara e contén os tramos iniciais dos tractos gastrointestinal e respiratorio.

Todos os ósos do cranio están soldados excepto o maxilar inferior que se une a el mediante unha articulación móbil.

Ósos do neurocranio ou bóveda cranial:

- Frontal (1). Plano, impar, central e simétrico. Situado na parte antero superior do cranio, por diante dos ósos parietais e por encima do esfenoides. Está montado sobre o etmoides e o macizo facial. Forma a fronte e contribúe a formar as órbitas dos ollos.

- Occipital (1). Situado na rexión posterior do cranio.

- Dous temporais localizados a cada lado do cranio a nivel dos oídos. Ósos planos que cubren a porción superior e lateral do cranio, por detrás do frontal, por diante do occipital e montado sobre o temporal e o esfenoides. Ambos ósos articúlanse pola sutura saxital.

- Parietais (2) que se encontran a cada lado da cabeza por encima dos temporais.

- Esfenoides (1) que forma a base anterior do cranio.

- Etmoides (1) situado entre o frontal e o esfenoides.

Tema 3

Page 5: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

O esqueleto: o cranio

Ósos do esplacnocranio ou cara:

-Nasais (2) que forman a base do nariz.

-Malares ou zigomáticos (2) que forman os pómulos da cara.

-Lagrimais, (2) situados nas órbitas dos ollos e presentan unha canle lagrimal.

-Cornetes (2) que se encontran nas fosas nasais.

-Palatinos (2) que forman o paladar óseo xunto cos maxilares superiores e contribúen a formar a cavidade nasal, a boca e as órbitas dos ollos.

-Maxilares superiores (2) que contribúen a formar as órbitas, as fosas nasais e a bóveda da boca. No seu bordo inferior presenta alvéolos onde se aloxan os dentes.

-Maxilar inferior. (1) Forma a mandíbula inferior, posúe alvéolos onde se aloxan os dientes.

-Vómer (1) que forma parte do tabique nasal.

Ósos suturais ou wormianos: son osos supernumerarios que poden existir entre os ósos numerarios do cranio.

Cadea de ósos do oído medio:

a. Tímpano

b. Martelo (malleus)

c. Bigornia (incus)

d. Estribo (stapes)

e. Oído medio.

Hioides

Tema 3

Page 6: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

A parte troncal do esqueleto axial está formado por ósos situados na liña media ou eixe corporal que soportan o peso do corpo (columna vertebral) e protexen os órganos internos (caixa torácica). O tronco está constituído por 58 ósos e para o seu estudio considéranse tres partes: columna vertebral, costelas e esterno.

A columna vertebral ou raquis está formada por uns 33 ósos: 7 vértebras cervicais (pescozo), 12 vértebras torácicas, 5 vértebras lumbares, 5 vértebras fusionadas formando o sacro e 4 vértebras fusionadas formando o cóccix (raramente son tres ou cinco).

A columna vertebral constitúe o eixe do corpo e está situada na liña media posterior do corpo. Esténdese desde a base do cranio ata o cóccix. Está constituída por 33 vértebras que se unen por discos cartilaxinosos intervertebrais.

As costelas son ósos longos arqueados e planos que se articulan por detrás coa columna vertebral e por diante co esterno. Son doce pares dos que os sete primeiros forman as costelas verdadeiras, pois se unen directamente ao esterno. Os tres seguintes constitúen as costelas falsas, xa que non se unen ao esterno senón aos cartilaxes das costelas verdadeiras. Os dous últimos pares reciben o nome de costelas flotantes porque a súa extremidade anterior queda libre.

O esterno é un óso plano situado por diante na liña media do corpo. No esterno apóianse as dúas clavículas e os dez primeiros pares de costelas.

O esqueleto axial: o tronco

Cifose

Cifose

Lordose

Lordose

Tema 3

Page 7: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

As extremidades superiores forman o ombreiro (ou ombro), brazo, antebrazo e a man. A cintura escapular está formada por clavícula e omóplata.A clavícula ten forma de S e articula co esterno e a escápula ou omoplata. A escápula é un óso aplanado situado por detrás da caixa torácica. O brazo está formado por un só óso, o úmero. É un óso longo que se articula coa omoplata e coa cabeza do radio. O antebrazo consta de dous ósos. O cúbito está situado cara adentro e o radio cara fóra. O radio é máis curto que o cúbito e algo curvado. O radio pode xirar sobre o cúbito, o que posibilita os movementos da man.A man consta de 27 ósos e está dotada de gran mobilidade e axilidade. Nela diferéncianse 3 rexións: - Carpo: formado por 8 ósos pequenos dispostos en dúas

filas. A primeira articúlase co antebrazo e está formada por: escafoide, semilunar, piramidal e pisiforme. A segunda articúlase cos ósos da palma e está formada por: trapecio, trapezoide, grande e ganchoso.

- Metacarpo: correspóndese coa palma da man e está formado por 5 ósos metacarpianos, un para cada dedo.

- Dedos: formados por 3 ósos cada un: falanxe proximal, media e distal, excepto o polgar que só ten falanxes proximal e distal.

O esqueleto apendicular

O esqueleto apendicular está formado polas extremidades e as respectivas cinturas.

As extremidades inferiores divídense en catro rexións: cadeira ou cintura pélvica, muslo, perna e pé. A cintura pélvica está formada polos ósos ilíacos ou coxais que proveñen da soldadura de tres ósos: ílion, pube e isquion. Está unidos por diante pola sínfise pubiana e xunto co sacro forman a pelve. O muslo está constituido por un só óso, o fémur que vai desde a cadera ata o xeonllo. Articúlase coa cavidade cotiloidea do ilíaco. A perna está constituida por dous ósos longos: a tibia, cara ao lado interno, e o peroné, cara ao lado externo. Os ósos do pé distribúense en tres grupos: - Tarso: constitúe o empeine e comprende 7 ósos:

astrágalo (articula con tibia e peroné), calcaño (forma o talón), cuboide, escafoide e tres cuneiformes.

- Metatarso ou planta do pé: está formado por 5 ósos metatarsianos.

- Dedas: formados por tres falanxes cada un, como os dedos da man.

Nas extremidades existen varios ósos sesamoideos incluídos nos tendóns: nas mans e os pés hai un número variable deles. A rótula, que forma parte da articulación do xeonllo, impide que a perna flexione cara adiante.

Tema 3

Page 8: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

O esqueleto masculino e feminino

Esqueleto masculino Esqueleto feminino

Aspecto do cráneo Robusto GrácilÓsos frontal, temporal e

maxilar inferior Máis grandes Máis pequenos

Arcos supraorbitais Prominentes Suaves

Caninos Grandes Pequenos

Maxilar inferior Cadrado Redondeado

Protuberancia occipital externa Moi pronunciada Pouco pronunciada

Maxilar inferior Cadrado Redondeado

Escápula Grande e angulosa Pequena e redondeada

Maxilar inferior Cadrado Redondeado

Burato pélvico Pequeno Grande

Ósos longos Máis longos e grosos Máis curtos e finos

Ángulo Q aprox. 12º aprox. 16º

Cóccix Inmóbil Móbil

Ósos coxais Estreitos e dereitos causando unha pequena curvatura da columna vertrebral

Anchos e inclinados causando unha gran curvatura da columna vertebral

Canle pélvica Estreita e acorazonada Ancha e circular

Centro de gravidade Por encima do sacro No sacro

Aspecto xeral Máis grande e robusto Máis pequeno e grácil

Insercións musculares Moi pronunciadas Pouco pronunciadas

Tema 3

Page 9: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

Funcións dos músculos:

-Producir os movementos do corpo mobilizando as articulacións.

-Dar estabilidade articular para o mantemento da postura.

-Aporte de calor corporal.-Protección e resistencia.-Estimulación dos vasos linfáticos e sanguíneos.-Respiración (diafragma, intercostais).-Expresión facial.-Mastigación (masetero, temporal).-Fonación (músculos hioidais).-Audición (músculos do estribo).-Visión (orbicular dos ollos, músculos do ollo).

Sistema muscular Tema 3

Desde o punto de vista citolóxico hai tres tipos de tecido muscular: liso, estriado cardíaco e estriado esquelético. Os músculos voluntarios que permiten o movemento do esqueleto son os músculos estriados esqueléticos. O ser humano ten máis de 700.Os músculos esqueléticos únense a ósos, outros músculos ou á pel mediante tendóns. O óso non móbil denomínase orixe do músculo. No óso móbil encóntrase a inserción muscular.

Segundo a acción dun músculo sobre o esqueleto, clasifícase como:

-Flexor: diminúe o ángulo dunha articulación.-Extensor: aumenta o ángulo.-Abductor: separa da liña media.-Aductor: acerca á liña media.-Elevador: movemento cara arriba.-Depresor: movemento cara abaixo.-Supinador: xiro cara arriba.-Pronador: xiro cara abaixo.-Esfinter: peche dun tubo ou cavidade.-Tensor: dá rixidez.-Rotador: movemento sobre un eixe.

Page 10: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

Sistema muscular: músculos da cabeza e pescozo

Frontal. Músculo cutáneo do cranio.Occipital. Músculo cutáneo do cranio. Temporal. Mastigación. Maseter. Mastigación. Digástrico.Pterigoideos (interno e externo).Auriculares (superior, anterior e posterior).Orbicular das pálpebras.Superciliar.Músculos do nariz (dilatador, mirtiforme, piramidal e transverso).Músculos da boca (borla do mentón, buccinador, canino, cigomáticos, cadrado, elevador común, elevador propio, orbicular dos labios, risorio, triangular).Angular da escápulaCutáneo do pescozo.Escalenos (anterior, medio e posterior).Esternocleidomastoideo. Movemento cara adiante e lateral da cabezaRectos da cabeza (anterior e lateral).Longo da cabeza.Músculos hioideos (8).Músculos da lingua (9).Músculos do pabellón auditivo (6).Músculos motores do estribo e do martelo.

Tema 3

Page 11: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

Pectorais (maior e menor). Flexión, adución e rotación do brazo Serratos (maior e menores). Rotan a escápulaSubclavio.Diafragma. Ventilación pulmonar: amplian a cavidade torácica. Intercostais (internos, medios e externos). Ventilación pulmonar: elevan as costelas.SupracostaisTriangular do esterno. Esplenio. Extensión e movemento lateral da cabeza. Angular da escápula.Dorsal ancho. Extensión, adución y rotación interna del brazoRomboidesTrapecio. Eleva e rota a clavícula. Rota a cabezaMúsculos da caluga (9)Músculos espiñais (13). Rotación da columna. Movementos do tronco. Músculos abdominais (oblícuos maior e menor, piramidal, recto maior e transverso). Rotación lateral, inclinación lateral e compresión do abdome.Cadrado lumbar. Músculos perineais (esfinter anal e outros)Esfinter da uretra. Control de vías urinaria e xenital.

Sistema muscular: músculos do tronco Tema 3

Page 12: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

Deltoides. Abdución, flexión, extensión e rotación interna e externa do brazo. Supraespinoso e infraespinoso. Músculos escapulares. Abdución e rotación respectivamente.Redondos (maior e menor). Adución e rotaciónSubescapular. Cubre a parte anterior da escápula. Rotación do húmero.Biceps braquial. Flexiona e supina o antebrazo. Braquial anterior. Flexor do brazoCoracobraquial. Elevador do brazo e depresor do ombreiroTriceps braquial. Extensor do antebrazo. Cubitais (anterior e posterior).Radiais externos (primeiro e segundo).Pronadores (cadrado e redondo). Pronan o antebrazo. Supinadores (curto, e longo ou braquioradial). Palmares (maior e menor).Flexores e extensores dos dedos. Abdutores do polgar (longo e curto).Ancóneo.Oponente do polgar.Lumbricais. Flexión e extensión das dedas Interóseos (palmares e dorsais). Adución e abdución dos dedos

Sistema muscular: músculos do membro superior Tema 3

Page 13: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

- Psoas ilíaco. Flexión da cadeira e rotación externa do muslo.- Cuadrado crural. Rotación externa do fémur.- Xéminos (superior e inferior). Adución e rotación.- Glúteos (maior, medio e menor). Bipedestación.- Obturador (externo e interno). Estabilización da cadeira.- Piramidal da pelve. Extensión, rotación e abdución do fémur.- Cuadriceps femoral (recto femoral, vasto medial, vasto lateral e vasto

intermedio). Extensión da perna. É o músculo máis potente do corpo- Sartorio. Bipedestación e cruzar as pernas.- Tensor da fascia lata. Abdución e rotación do muslo.- Aductores (maior, mediano e menor). Adución, rotación e flexión do muslo.- Pectíneo. Adución do muslo.- Recto interno ou grácil. Adución do muslo- Isquiotibiais (Biceps femoral, semitendinoso e semimembranoso). Flexión da

perna sobre o muslo e bipedestación.- Tibiais (anterior e posterior que son antagónicos). Flexión do pé.- Peroneo (anterior, lateral longo e lateral curto). Abdución e rotación do pé.- Poplíteo. Flexión e rotación do xeonllo.- Sóleo. Bipedestación.- Gastrocnemios (xemelgo interno e xemelgo externo). Bipedestación.- Flexores e extensores das dedas.- Plantar. Flexión plantar.- Pedio. Extensor curto das dedas.- Lumbricais. Flexión e extensión das dedas.

Sistema muscular: músculos do membro inferior Tema 3

Page 14: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

As articulacións

Unha articulación é o lugar no que un óso está en contacto con outros ósos, cartilaxes ou dentes. Xa que os ósos son estructuras ríxidas que non poden flexionarse sin ser dañados, o movemento precisa de tecidos conxuntivos moi flexibles que manteñan unidos os ósos ao tempo que proporcionen mobilidade ao sistema.

1. Articulacións inmóbiles ou sinartroses

-Suturas: ósos unidos por tecido conxuntivo. Frecuentemente cos bordos entrelazados para unha maior solidez (ósos do cranio).

-Gonfoses: ósos unidos por tecido conxuntivo. Cavidade cónica (dentes nas mandíbulas).-Sincondrioses: ósos unidos por cartílago (ósos en crecemento).

2. Articulacións semimóbiles ou anfiartroses

-Sindesmoses: ósos unidos por abundante tecido conxuntivo (ligamentos) que permiten certa mobilidade (articulación de tibia e peroné).

-Sínfises: ósos unidos mediante estruturas planas de cartílago fibroso (vértebras, pubis, unións de costelas ao esternón).

Articulación móbil

Articulaciónsemimóbil

Articulacións fixas

Ósos do cranio Fémur Pelve Vértebras

Tema 3

Page 15: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

3. Articulacións móbiles ou diartroses. Están formadas por unha cavidade sinovial ou cápsula articular que rodea a articulación na que se encontran:

-Cartílagos articulares: láminas ou aneis cartilaxinosos unidos aos ósos que articulan, como os meniscos ou discos articulares. Serven para diminuír o rozamento entre ósos e tendóns.

-Ligamentos: fibras de tecido conxuntivo moi flexible que mantén unidos os ósos que articulan. Algunhas articulacións presentan ligamentos internos, como os ligamentos cruzados do xeonllo.

-Membrana sinovial: envoltura interna conxuntiva elástica e graxa que segrega o líquido sinovial.-Líquido sinovial: líquido viscoso que se licúa co movemento. Enche a cavidade sinovial, lubrifica

as superficies móbiles, alimenta o cartílago, elimina restos desgastados e protexe de infeccións.

Unha articulación móbil pode ser:

-Plana ou artrodial: permite desplazamentos laterais (carpo, tarso, costelas e apófises vertebrais, clavícula sobre o esterno e a escápula)

-Bisagra: superficie cilíndrica que articula con outra cóncava monoaxial. Permite o movemento no plano dos ósos (cóbado, nocello, falanxes)

-Pivote: superficie nunha cavidade na que rota. Permite o movemento nun plano perpendicular (atlas-axis, estremos proximais de cúbito e radio).

-En sela (de montar). Permite dous movementos principais en planos diferentes (carpianos-falanxes).

-Esferoidea. Superfice esférica nunha concavidade. Permite o movemento en todas as direccións (ombreiro, cadeira).

-Elipsoide. Superficie elipsoidal nunha concavidade. Permite movementos limitados en todas direccións (cúbito con escafoides).

As articulacións Tema 3

Page 16: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

Articulacións fixas

PlanaBisagra

Pivote Sela (de montar)

Esferoidea

Elipsoide

Atlas

Axis Úmero

Escápula

Trapecio

Primeiro metacarpiano

Tarso

MetatarsoEscafoides

RadioRadio

Úmero

Cúbito

Page 17: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

Os ósos proporcionan a base mecánica para o movemento: son o lugar de inserción para os músculos e serven como pancas para producir o movemento.Toda panca necesita un punto de apoio, o fulcro (F), sobre o que actúan dúas forzas opostas: potencia e resistencia. A potencia (P) é a forza que provoca o desprazamento. A resistencia (R) é a forza que se opón ao movemento.Existen tres tipos de pancas:

- Pancas de primeiro xénero. Este tipo permite gran variedade de accións, mobilidade e potencia. Exemplo: pescozo.

- Pancas de segundo xénero. Neste caso non se producen grandes desprazamentos pero permite vencer grandes resistencias. Exemplo: pé.

- Panca de terceiro xénero. Permite grandes desprazamientos pero non pode vencer grandes resistencias. Exemplo: brazo.

As articulacións relacionan dous ou máis ósos entre sí mediante unha zona de contacto e permiten o movemento deses ósos en relación uns con outros. Dos tres tipos de articulacións hai dúas, as anfiartroses e as diartroses, que permiten o movemento dos ósos que articulan.

Produción do movemento: ósos e articulacións Tema 3

PR

F

PF

R

P

F

R

Page 18: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

Os músculos producen o movemento, tanto dunhas partes do corpo con respecto a outras, como do corpo na súa totalidade, como sucede cando o corpo trasládase dun lugar a outro, que é o que se chama locomoción.Os músculos esqueléticos poden ser clasificados segundo a súa función:

-Músculos motores ou agonistas: son os músculos que producen o movemento articular. Moven un segmento corporal específico, como por exemplo o tríceps braquial, que é un agonista no proceso de extensión do cóbado.

-Músculos estabilizadores ou fixadores: son os músculos que actúan fixando as articulacións para facilitar o movemiento principal. Exemplo: cando levantamos un obxecto o úmero elévase (aducción) por acción do deltoide (agonista). Para estabilizar o movemento precisa da acción de músculos como o redondo maior, o trapecio e o romboides.

-Músculos neutralizadores: son os músculos que se contraen para contrarrestar unha acción non desexable dalgún músculo motor durante a súa contracción. Exemplo evitar o levantamento do ombro cando se desexa elevar un brazo.

-Músculos antagonistas: son os músculos que realizan unha acción oposta á dun músculo agonista. Exemplo: ao flexionar o brazo o agonista é bíceps braquial, que se contrae e exerce o movemento. O antagonista é o tríceps braquial, que se relaxa. Ao contrario na extensión do cóbado o agonista é o tríceps braquial, que se contrae e efectúa o movemento articular de extender o cóbado e o antagonista é agora o bíceps braquial debido a que é o que se relaxa neste movemento.   

Produción do movemento: músculos Tema 3

Page 19: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

A cantidade de ATP dispoñible polas células musculares é escasa. Cando precisan enerxía recurren á producción de ATP polas seguintes vías:

-Metabolismo anaeróbico: A vía clásica transforma glicóxeno en glicosa, en piruvato e por último en lactato. Esta vía metabólica produce ATP de maneira rápida pero esgótase rapidamente. O lactato producido trasládase ao fígado, que pode volver a convertilo en glicosa. Esta vía permite uns 30 segundos de exercicio intenso. Logo hai que recuperar o glicóxeno, proceso que tarda de horas a días. Outra vía anaeróbica é a da fosfocreatina.

-Metabolismo aeróbico: nesta ruta metabólica consúmese glicosa, ácidos graxos ou aminoácidos nas mitocondrias. Ten un rendemento moito máis alto que o metabolismo anaeróbico pero é un proceso máis lento. Ademáis, precisa osíxeno procedente dos depósitos de mioglobina da fibra muscular ou procedente dos pulmóns a través dos capilares sanguíneos.

En exercicios prolongados case todo o aporte de enerxía é aeróbico. Despois do exercicio, necesítase recuperar o ácido láctico e convertelo en pirúvico, restablecer os depósitos de glicóxeno, restablecer os niveis de fosfocreatina, recuperar osíxeno para sintetizar mioglobina e recuperarse do gasto cardíaco e respiratorio.

Fisioloxía da contracción muscular Tema 3

Durante a contracción muscular gástase energía en forma de ATP para producir movemento. O consumo do sistema muscular é extraordinariamente variable: é moi alto durante o exercicio e diminúe moito en repouso.

Page 20: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

Fisioloxía da contracción muscular Tema 3

A fosfocreatina é un ácido orgánico nitroxenado que actúa como molécula almacenadora de enerxía. Está presente no músculo esquelético: o 95% atópase no musculo esquelético, o resto está no sangue e nas células nerviosas.Prodúcese no fígado, ril e páncreas a partir de aminoácidos como arxinina, glicina e metionina a razón de 1 gramo por día.Pode ceder un grupo fosfato ao ADP para forman creatina e ATP proporcionando enerxía para uns 15 segundos de esforzo intenso. En repouso rexenérase a molécula fosforilada. Tamén está presente noutros órganos que teñen unha alta e fluctuante demanda de enerxía como corazón e cerebro. O uso da creatina está permitido polo Comité Olímpico Internacional (COI), a Asociación Nacional de Atletismo Colegial (NCAA) e por moitos deportes profesionais.A creatina está presente en carnes magras, pescados como atún, arenque e salmón, lácteos e clara de ovo. É importante o seu control en veganos estrictos.

Creatina: α-metil guanido-acético

Page 21: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

A respiración celular é un proceso catabólico no que se produce unha liberación controlada da enerxía contida nas moléculas que a célula utiliza como combustible. Ten lugar, principalmente, nas mitocondrias.

Tema 3Fisioloxía da contracción muscular

Page 22: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

O tecido muscular está formado por células contráctiles (miocitos) especialistas en conseguir traballo mecánico a partir de enerxía química grazas á interacción das proteínas contráctiles actina e miosina. A célula muscular denomínase fibra muscular, o citoplasma sarcoplasma, e o retículo endoplásmico liso chámase retículo sarcoplásmico liso. Non se debe confundir a fibra muscular, que é unha célula viva, con outras fibras como as fibras colágenas, reticulares e elásticas, que se corresponden con material extracelular.A unidade anatómica e funcional é o sarcómero.O tecido muscular, ademais das fibras musculares consta de:

-Unha abundante rede capilar.-Tecido conectivo fibroso de sostén con blastodermos e fibras coláxenas

e elásticas. -Nervios motores.

Tecido muscular Tema 3

Page 23: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

Tipos de tecido muscular segundo a súa función: -Músculo voluntario: baixo o control de la mente.-Músculo involuntario: baixo o control de mecanismos inconscientes.

Tipos de tecido muscular en función da estrutura:-Músculo estriado voluntario ou esquelético. Amosa bandas transversais regulares

a todo o longo das fibras. Está inserido en cartilaxes ou aponeuroses. Está composto por células "multinucleadas" longas (ata 30  cm) e cilíndricas que se contraen para facilitar o movemento do cuerpo e das súas partes. Estas células presentan gran cantidade de mitocondrias. As proteínas contráctiles dispóñense de forma regular en bandas escuras (principalmente miosina pero tamén actina) e claras (actina).

-Músculo estriado cardíaco. Tamén amosa bandas transversais regulares a todo o longo das fibras, aínda que as liñas Z son substituídas por bolas densas. Está composto por células denominadas cardiomiocitos. Forma parte das paredes do corazón. As células son longas, ramificadas cun núcleo central (a veces máis de un). O sarcoplasma que rodea o núcleo presenta numerosas mitocondrias, gránulos de glicóxeno e pigmentos de lipofucsina. La mayor parte del citoplasma está cheo de miofibriñas de disposición lonxitudinal co mesmo patrón estriado do músculo esquelético. As células deste tecido forman unións terminais altamente especializadas denominadas discos intercalares que facilitan a conducción do impulso nervioso.

-Músculo liso involuntario. Atópase nas paredes das vísceras ocas e na maior parte dos vasos sanguíneos. As células son fusiformes e non presentan estriacións, nin un sistema de túbulos. Son células mononucleadas co núcleo en posición central.

Tipos de tecido muscular Tema 3

Page 24: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

O músculo estriado está composto por fibras longas rodeadas dunha membrana celular, o sarcolema. As fibras musculares son células fusiformes ou cilíndricas moi alongadas que conteñen moitos núcleos, nas que se observan (ao microscopio) estrías lonxitudinais e transversais, que manteñen o mismo grosor en toda a súa extensión. Estas fibras son moito máis longas cas do músculo liso.As fibras posúen abundantes filamentos, as miofibriñas. O diámetro das fibras musculares estriadas esqueléticas oscila entre 10 e 100 micrómetros. Estas fibras orixínanse no embrión pola fusión de células longas denominadas mioblastos. Nas fibras musculares esqueléticas, os numerosos núcleos localízanse na periferia, preto do sarcolema. O músculo cardíaco tamén amosa estriacións transversais, pero o núcleo é central e único.A estrutura funcional básica do músculo estriado é o sarcómero.Os músculos esqueléticos están inervados a partir do sistema nervioso central polo que reciben o nome de músculos voluntarios. A maior parte dos músculos esqueléticos están unidos ao esqueleto mediante tendóns, formados por tecido conxuntivo.As contraccións do músculo esquelético permiten os movementos dos distintos ósos e cartilaxes do esqueleto. Os músculos esqueléticos forman a maior parte da masa corporal dos vertebrados.

Contracción muscular a nivel microscópico Tema 3

Page 25: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

Durante a contracción muscular, os músculos contráense acurtando a súa lonxitude ou estíranse de forma pasiva. Tamén poden permanecer da mesma lonxitude.Para que se produza unha contracción muscular é necesario que exista un estímulo nervioso previo. A contracción muscular explícase como un desprazamento dos miofilamentos por acción das proteínas miosina e actina. A contracción está regulada por calcio, ATP e magnesio. A acción do magnesio tamén é a causa da contracción de músculos post mortem.Durante estado de contracción, actina superponse case ao completo sobre os filamentos de miosina, debido a forzas de atracción resultantes de forzas mecánicas, químicas e electrostáticas xeradas pola interacción das pontes cruzadas dos filamentos de actina. En estado de relaxación ou repouso, as fibras de miosina e actina a penas se superpoñen entre sí e as forzas de atracción entre os filamentos de actina e miosina están inhibidas.En todo este proceso también se necesita enerxía para manter a contracción muscular, que provén dos enlaces ricos en enerxía do ATP.

O mecanismo da contracción débese ao estímulo dunha fibra nerviosa, libérase acetilcolina que vai pousarse sobre os receptores nicotínicos facendo que estes se abran para permitir o paso de ións de sodio ao interior da cálula. Estes ións viaxan polos túbulos T ata chegar a activar os receptores de dihidroxipiridina, que son sensibles ao voltaxe. Estes receptores vanse abrir, provocando á vez a apertura das canles de rianodina que van a liberar calcio.O calcio que sae do retículo sarcoplasmático vai directo ao complexo de actina, específicamente á troponina C, transformándoa en troponina T. Neste estado é receptiva ás cabezas de miosina, que se pegan a ela e producen a contracción. Neste proceso o magnesio actúa como catalizador e o ATP como dador de enerxía.O calcio unido á troponina C despréndese e volve ao retículo por medio da bomba de calcio, onde gran parte del calcio se une á calcicuestrina.

Contracción muscular a nivel microscópico Tema 3

Page 26: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

Desde o punto de vista fisiolóxico as contraccións musculares poden ser: - Isotónicas (de igual tensión): son as contraccións nas que as fibras

musculares ademáis de contraerse, modifican a súa lonxitude acurtándose ou alongándose. Son as contraccións máis comúns na maioría dos deportes, actividades físicas e actividades correspondentes á vida diaria, xa que na maioría das tensións musculares que se exercen.

- Isométricas (de igual medida ou igual lonxitude): son as contraccións nas que o músculo permanece estático, sen acurtarse nin alongarse, pero aínda que permanece estático xera tensión.

-Auxotónicas: son as contraccións nas que se combinan contraccións isotónicas con contracciones isométricas. Ao iniciarse a contracción, acentúase máis a parte isotónica, mentres que ao final da contracción acentúase máis a isométrica.

A relaxación ou ausencia de contracción é o momento no que a contracción finaliza. As fibras (miosina, actina) entran na situación de repuoso. Aparece a estría H. A relaxación é resultado do fin do impulso nervioso na placa neuromuscular.

Tipos de contraccións musculares Tema 3

Page 27: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

Un acondicionamiento físico adecuado consta de cinco cualidades físicas: 1. Flexibilidade. É a capacidad que teñen as articulacións de permitir un amplo rango de movemento. Algúns factores como o contorno das superficies articulares, xenéticamente determinado, así como a aparición de artritis pode limitar o movemento articular. Por outra parte, hai que ter en conta que os nenos e mozos son máis flexibles que adultos e, a súa vez, as mulleres son máis flexibles que os homes.2. Elasticidade. É a propiedade que teñen músculos e tecidos de recuperar a súa lonxitude orixinal, despois de seren estirados. No caso dos músculos, a maior elasticidade, maior capacidade contráctil. 3. Forza. Cualidade motriz básica, que serve de soporte ás demáis cualidades físicas. Baséase na tensión xerada por un músculo pola acción dunha contracción voluntaria. Existen dous tipos de forza:

-Forza-resistencia, que permite realizar accións prolongadas que requiren gran esforzo.

-Forza-potencia, que é rápida e permite realizar esforzos máximos nun curto espazo de tempo.

4. Axilidade. Mobilidade dun indivíduo en espazos reducidos, con grandes obstáculos e/ou en condicións de pouca visibilidade, moito ruído, etc.5. Coordinación. Capacidade do indivíduo de sincronizarse e axustarse ao medio que o rodea. Os movementos resultantes ocorren voluntariamente, por contracción coordinada da musculatura necesaria. Nesta capacidade están involucrados varios órganos e sistemas, como o oído, a vista, o sistema nervioso, etc.

Mellora da calidade do movemento Tema 3

Page 28: Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA … · Anatomía Aplicada TEMA 3 1º Bacharelato SISTEMA LOCOMOTOR Os seres humanos, como a maioría dos animais activos, necesitamos

A flexibilidade e a elasticidade están moi relacionadas. Unha elasticidade pobre dos tecidos (músculos, cápsula articular, tendóns, ligamentos, pel, etc.) que rodean unha articulación, pode limitar seriamente a súa flexibilidade. Determinados factores como a idade e o sedentarismo, provocan maior rixidez nos tecidos e por tanto, produce unha limitación no movemento articular. Pola contra, un aumento da temperatura corporal (aínda tan pequena como un grao) incrementa a elasticidade e por tanto a flexibilidade.

Por isto, é moi importante realizar exercicios de estiramento, que serven para:

-Reducir a tensión muscular e relaxar o cuerpo.-Previr lesións e evitar tiróns musculares, contracturas, etc.-Favorecer a circulación sanguínea.-Evitar a perda de mobilidade.-Mellorar a coordinación facendo movementos máis eficaces.-Mellorar o conocimiento do propio corpo.

Os exercicios de estiramento poden realizarse en cualquer momento, antes, durante ou despois da actividade física. Poden realizarse de forma sistemática e prolongada sen tener consecuencias adversas posteriores. Recoméndase realizalos en forma progresiva, é dicir, de menor rango de movemento a maior rango de movemento; e de forma ordeada, é dicir, na orde das zonas do corpo que se vaian a utilizar durante a actividade física.

Mellora da calidade do movemento Tema 3