Amelia earhart

14
Amelia Earhart Amelia Earhart

Transcript of Amelia earhart

Page 1: Amelia earhart

Amelia EarhartAmelia Earhart

Page 2: Amelia earhart

Amelia pasou a maior parte da súa infancia vivindo cos seus avós maternos. En 1914 mudouse a Chicago coa súa nai e a súa irmá. Ao chegar a Primeira Guerra Mundial enrolouse como voluntaria en labores de enfermería.

En 1920 asistiu a un espectáculo aéreo en Long Beach e quedou prendida dos avións. Conseguiu que a levasen a bordo dun biplano no que voou por 10 minutos sobre Os Ánxeles.

Page 3: Amelia earhart

As súas primeiras clases tívoas coa instrutora Anita Neta Snook.

Nese tempo adquiriu un aeroplano ó que chamou ”O canario”

En 1925 uniuse á Asociación Aeronáutica Nacional, construíu unha pista de aterraxe e promoveu a aviación, especialmente en mulleres. Neta Snook e Amelia Earhart (1921).

Page 4: Amelia earhart

En 1928 foi a primeira muller que cruzou o Atlántico en avión con Wilmer Stultz e Louis Gordon que pilotaban o avión, un trimotor Fokker F7, ao que chamaron Amizade. Amelia foi nomeada comandante do voo.Fíxose moi famosa e comezou a facer presentacións por todo o país. Publicou o libro Twenty Hours, Forty Minutes.

1928

Page 5: Amelia earhart

Continuou impulsando a aviación entre as mulleres. Organizou unha carreira aérea para mulleres, fundou a organización “as noventa e nove” con outras pilotos, pois incluía a 99 membros. Superou marcas de velocidade para mulleres no seu Lockheed Vega. En 1931 casou con Putnan.

Lockheed Vega 5b pilotado por Amelia Earhart no Museo Nacional do Aire e do Espazo en Washinton DC.

Page 6: Amelia earhart

En 1932 realizou a viaxe en solitario polo Atlántico no Lockheed Vega, exactamente 5 anos logo de Lindbergh, aterrando en Irlanda.

Page 7: Amelia earhart

Impuxo máis marcas : primeira muller en facer un voo solitario no Atlántico, primeira persoa en facelo dúas veces, a distancia máis longa voada por unha muller sen parar, record por cruzalo no menor tempo. E a súa fama e recoñecemento medrou en todo o mundo recibindo numerosas distincións.

En 1935 realizou un voo desde Honolulu ata Oakland e máis tarde desde Os Ángeles á Cidade de México e de alí a Newark.

Page 8: Amelia earhart

A tráxica travesía ó redor do mundoEn 1935 comezou a planear facer unha viaxe ao redor do mundo. O Lockheed Electra 10E foi a máquina elixida. Marcaría dous fitos: a primeira muller en facelo e a maior distancia posible circunnavegando o globo no seu ecuador.

Page 9: Amelia earhart

•Frederick Noonan foi escollido como acompañante, levaría outros dous tripulantes como técnicos. Pero despegando preto de Pearl Harbor tivo problemas e o aeroplano deslizouse fóra de control con danos considerables. O Electra foi enviado de regreso a California para reparacións.

•Logo de reparar ó Electra, Amelia, partiu dos Ánxeles cara Florida o 21 de maio de 1937. O 1 de xuño saíron de Miami, e rodearon América do Sur con rumbo a África e o Mar Vermello. Despois dirixíronse rumbo a Calcuta o 17 de xuño. Logo a Rangoon, Bangkok, Bandoeng e Singapur.

Page 10: Amelia earhart

•En Bandoeng tiveron mal tempo e avarías no avión. Amelia enfermou de disentería. Partiron de alí o 27 cara a Darwin en Australia.•Chegou a Lae, Nova Guinea o 29 de xuño con 22.000 millas voadas (restábanlle 7.000). Comunicouse co Herald Tribune. Partiu ás 00:00 h o 2 de xullo, crese que o avión tiña 1.000 galóns de combustible para 20 ou 21 horas de voo. A situación atmosférica era desfavorable.

Page 11: Amelia earhart

•No restante mantería comunicación co gardacostas estadounidense Itasca. Ás 7:20 h reportou a súa posición a 20 millas ó suroeste das Illas Nukumanu. Ás 8:00 h fixo o seu último contacto de radio con Lae, en curso á Illa Howland a 12.000 pés de altura. Non se sabe o curso logo de Nukumanu. Despois houbo transmisións curtas ao Itasca pero non se soubo a súa posición porque as mensaxes eran moi breves.

•Ás 20:14 h o gardacostas recibiu a última mensaxe dando a súa posición, cara ás 21:30 GMT determinaron que o avión puido haberse estrelado no mar e comezou a procura.

1928

Page 12: Amelia earhart

Electra, 1937

Page 13: Amelia earhart

•Crese que o aeroplano caeu de 35 a 100 millas da costa da illa Howland e que o puido aboiar debido ós tanques baleiros. •Autorizaron a procura con 9 barcos e 66 avións. Ao redor do 18 de xullo o rastrexo foi abandoado. •Un faro foi construído en 1938 na illa Howland na súa honra. •Houbo multitude de teorías sobre a súa desaparición e o do seu compañeiro.

Page 14: Amelia earhart

Carlota Rial Falcón1ºESO B

I.E.S. FRANCISCO ASOREY